10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránOs bebés de Nigrán chegarán cunha caixa regalo baixo o brazo

    Os bebés de Nigrán chegarán cunha caixa regalo baixo o brazo

    Os bebés nacidos en Nigrán virán cun agasallo baixo o brazo. O Concello vén de investir 3.000 € na compra de 100 caixiñas de madeira de ‘engaiolarte’ para todos os neonatos que se empadronen no municipio. Cada unidade contén dous libriños especialmente destinados a bebés (en galego, ilustrados en cartón duro, para disfrutar co tacto, e con alto contraste) e un saquiño térmico de sementes feito a man (pensado para aliviar os cólicos do lactante, para o que hai que quentalo no microondas 20 segundos e poñelo no bandulliño da crianza, por riba da roupa). As familias de Nigrán que, a partir de agora, teñan un bebé, poden solicitalo na Oficina de Información Cidadá ensinando o Libro de Familia e o Padrón ou se veñen a solicitar a Tarxeta Benvida.

    “Esta iniciativa xa a levaramos a cabo con gran éxito a través de ‘Apego’ e agora a repetimos pola nosa conta para seguir tendo esta mostra de cariño e agradecemento coas familias que elixen Nigrán para criar aos seus fillos”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña tamén o obxectivo de “promover o amor polos libros e pola lingua galega desde o berce”.

    As caixiñas foron encargadas á editorial ‘Engaiolarte’, que naceu no ano 2014 encargándose primeiramente de libros pensados para as idades máis temperás, que son os que conteñen as caixas: libros coidadosamente traballados, que ademais de divertir axudan ao desenvolvemento psicomotriz das crianzas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.