10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo realizará melloras de circulación no parque empresarial

    Arbo realizará melloras de circulación no parque empresarial

    O Concello de Arbo vai invertir 88.570,39 € na mellora da Circulación no Parque Empresarial de Arbo. As citadas obras pretenden resolver os problemas de circulación e dar un servizo digno a unha serie de industrias situadas no polígono. As obras acaban de ser adxudicadas e o prazo de execución das obras é de tres meses.

    As obras de “MELLORAS DA CIRCULACIÓN NO PARQUE EMPRESARIAL DE SAN XOAN DE BARCELA-ARBO” , contan con financiamento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no importe de 74.396,46 € que corresponde ao 80% do investimento subvencionable de 92.995,75 € (que incluiría  obras, máis honorarios de  redacción do proxecto e dirección das obras), en virtude de resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de data 09.06.2022 e son necesarias dado os difíciles xiros que soportan os vehículos pesados para acceder ás industrias.

    As obras fundamentalmente refírense a unha renovación do pavimento asfáltico actual cunha capa de aglomerado en quente nas interseccións e as obras necesarias para encaixar unhas glorietas no terreo existente. O pavimento actual está totalmente asfaltado.

    “É unha intervención que aborda tres asuntos relevantes: Preparación do terreo, pavimentación e sinalización de viais e a sinalización, que permitira unha maior seguridade á circulación de traballadores e traballadoras da zona e das e os veciños da zona,  cunha rotonda mellor deseñada e que minore a velocidade dos vehículos. Facilitará o tránsito de camións nesa área de expansión empresarial” – manifesta o alcalde de Arbo Horacio Gil

    Obras a realizar

    As obras incluídas neste proxecto pretenden mellorar a circulación de vehículos no parque empresarial de Arbo. Durante as obras non se afectan as instalacións existentes, só actúase sobre o pavimento dos viais en dúas interseccións, consistindo as mesmas en :

    1. Preparación do terreo
    2. Pavimentación e sinalización de viais
    3. Sinalización

    O rexedor manifesta que “As obras proxectadas non alteran en absoluto o estado final da superficie asfaltada do polígono, deixándoa tal e como se atopa na actualidade, respéctase o seu trazado tanto en planta como en alzado, non afectando para nada o deseño da calzada, aparcamentos e beirarrúas, actuando unicamente sobre a superficie asfaltada e foron demandadas polos veciños e veciñas asi como polos empresarios da zona”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.