Xoves, 27 Marzo de 2025

O tradicional magosto de Arbo enche a vila de castañas e chourizo

O Concello de Arbo prepara a celebración do  magosto popular o próximo día 30 de outubro na Praza Consistorio.

A  tradicional celebración que vai pola súa setima edición terá lugar a partires das 17:00 horas, e garántese que haberá castañas e chourizos asados gratuítos para todos os asistentes.

A festa do Magosto é unha celebración propia do outono, na que as castañas son as protagonistas principais e que en Arbo se recuperou e se puxo a disposición de todos os arbense esta tradición no ano 2014.

Dende o Concello animamos a todos os que se queiran achegar a Praza do Concello o domingo 30 de outubro e disfrutar dunha tarde divertida con castañas, chourizos, xogos e música.