11.5 C
Pontevedra
Venres, 9 de Decembro de 2022
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA escritora Inma López Silva visita este mércores o Club de Lectura...

    A escritora Inma López Silva visita este mércores o Club de Lectura da biblioteca municipal de Ponteareas

    O Club de Lectura da biblioteca municipal de Ponteareas contará este mércores 26 de outubro cunha visita moi especial, a da escritora Inma López, que durante o encontro falará co público asistente sobre unha das súas obras máis notables, ‘Aqueles días en que éramos malas’, unha novela de personaxes e de marcado cariz feminista que permite facer unha completa radiografía dos problemas sociais actuais.

    O público poderá gozar dunha ollada intimista sobre catro mulleres que pasan os seus días no cárcere da Lama que lembran eses días do pasado e as reviravoltas das súas vidas ata chegar ao cárcere que, mesturadas coa voz confesional da autora, achega ao lector e á lectora experiencias e circunstancias, lembranzas e vivencias, que fan que se humanice a estas mulleres.

    As actividades do Club de Lectura enmárcanse no programa de animación á lectura para persoas adultas posto en marcha pola Concellaría de Cultura. Durante estas xuntanzas as e os seus integrantes debaten sobre a obra escollida, sobre o seu estilo literario, a propia acción, os personaxes, a temática… ou incluso sobre experiencias persoais evocadas por cada un dos e das participantes durante a lectura. Como sinala o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, “non se trata dunha reunión de especialistas en literatura, senón de persoas ás que lles gusta a lectura e ás que lles gusta compartir este pequeno pracer co resto de usuarios e usuarias do club”.

    Con esta visita Inma López únese á longa lista de escritores como Ledicia Costas, Francisco Castro, Alfonso Pexegueiro, Xabier Quiroga, Juan José Lago Pereira, Juan José Pérez Labaca… que, ademais de analizar unha das súas obras, compartiron co Club de Lectura a súa experiencia sobre o mundo da creación literaria.

    Escritora e crítica teatral, Inma López naceu en Santiago de Compostela en 1978 e licenciouse e doutorouse en Filoloxía. Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade de Sorbonne Nouvelle, actualmente combina a actividade literaria coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. É autora dunha ampla obra literaria que foi recoñecida cos premios máis importantes da literatura galega. Como narradora cultivou o xénero breve en libros como ‘Rosas, curvos e cancións’ (2000), o ensaio feminista ‘New York, New York’ (2007) ou o polémico ‘Chámame señora, pero trátame como a un señor’ (2018). Tras o éxito de aclamadas novelas como o que presenta este mércores no club de lectura, Premio Ollo Crítico 2017, publica agora a súa entrega máis esperada: ‘O libro da filla’.

    Groba convida a todas as persoas interesadas a unirse ao Club de Lectura. Para participar só hai que poñerse en contacto coa biblioteca municipal de Ponteareas chamando ao 986 660 765 ou enviando un correo electrónico ao enderezo bibliotecamuseo@ponteareas.gal.

    COLABORACIÓNS

    Nazaret López, «Pecados veniais»

    Ás veces non resulta doado establecer o punto no que se sitúa a liña feble que separa uns xéneros literarios de outros. É coma participar nunha especie de xogo no que os autores rachan as barreiras establecidas e descolocan ao lector, quizais para provocar unha lectura diferente do texto que presentan.

    Despilfarro

    Según la RAE, despilfarro significa "Gasto excesivo y superfluo" y la verdad, que no se me ocurre un término mejor para definir lo que está ocurriendo en muchos de nuestros ayuntamientos con tantas plazas a arreglar y tanto peatonolizar.

    Alba Guzmán Falcón, «Xoaniña de Deus»

    Alba Guzmán era, ata o de agora, unha autora practicamente descoñecida para o gran público, a pesar de contar no seu haber cunha morea de premios en certames de poesía e tamén de narrativa.

    Henrique Dacosta, «O estraño caso da bicicleta amarela»

    Henrique Dacosta vén de entregar ao prelo unha nova proposta narrativa. E digo “narrativa” e non digo ben, pois este volume, «O estraño caso da bicicleta amarela», leva o clarificador subtítulo de «Oito contos e unha traxicomedia» e tal é o contido da obra: oito relatos breves de extensión variable e unha pequena peza teatral, a primeira da que teñamos constancia e da que falaremos máis adiante.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    74 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    5 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS