14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona despide ao alumnado de intercambio de Pornic

    Baiona despide ao alumnado de intercambio de Pornic

    O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de despedida do alumnado do Lycée du Pays de Retz de Pornic que durante toda a semana estivo de intercambio conviviendo con varias familias do municipio.

    A Concelleira de Cultura, Miriam Costas Iriarte, foi a encargada de darlle a despedida e facercelles entrega de un pequeño agasallo de recordo da visita a vila a cada un dos integrantes  do grupo de estudantes do del Lycée du Pays de Retz de Pornic. Tamén se lles fixo entrega dun recordo para deixar constancia da expereiencia vivida en Baiona no instituto francés. Ao acto tamén acudiu profesorado de ambos os institutos.

    Os franceses e francesas  acudiron acompañados polo estudantado baionés. Os baioneses e baionesas, de entre 16 e 17 anos, estudantes de francés de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato bacharelato, estiveron hay unhas semana, do 4 ao 10 de outubro, en Pornic e agora foi o turno do alumnado francés en BaionaUnha visitamáis especial, se cabe, pois a visita a Baiona está enmarcada nos  actos organizados polo Concello de Baiona con motivo do “25 aniversario Irmandamento de Baiona con Pornic”.

     Baiona e a localidade francesa de Pornic dan un paso máis para reforzar os seus lazos cun intercambio entre alumnado de ambas as vilas.  Chegaron á vila de Baiona 0 17 de outubro e durante  toda a semana percorreron  diferentes zonas do noso municpio e realizaron distintas actividades.

    O programa de intercambio foi impulsado e fomentado polo Concello de Baiona que colaborou co instituto baionés para que os estudantes viaxasen ata a localidade irmá.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.