11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño, sede da iniciación ao tiro con arco

    Tomiño, sede da iniciación ao tiro con arco

    Fin de semana de estrea para arqueiros e arqueiras en Tomiño. O club Arco Trasno organizou en colaboración co Concello un campionato indoor de iniciación no pavillón da Carballa, unha competición moi especial pensada  para todos aqueles rapaces e maiores que se acaban de iniciar no tiro con arco e que aínda non participaron nunha competición oficial. Un xeito de que os e as deportistas vaian collendo táboas no desenvolvemento dunha competición oficial, con cronómetro e sinais acústicas e luminosas.

    En total foron 15 deportistas, 6 principiantes do club tomiñés e outros 9 arqueiros e arqueiras da escola de tiro con arco portuguesa SATA. Unha xornada na que as e os participantes fixeron unha serie de tiradas como adestramentos, moi importantes para que se acostumen ás condicións dunha competición real. Ao final do campionato fíxose unha entrega simbólica de trofeos aos primeiros e segundos clasificados e clasificadas e de medallas aos terceiros e cuartos, onde os rapaces e rapazas sentiron a emoción de subirse ao podio. A xornada rematou cunha merenda para todas e todos os participantes para repoñer forzas.

    Con esta competición o club dá por rematada a tempada de cursos de iniciación á espera de recibir cursos de instrutores para os mestres e mestras o vindeiro mes de novembro en Goián. Serán uns cursos formativos que, a través da colaboración do Concello, permitirán facerse instrutores e instrutoras a persoas de Galicia e Asturias da man de IFAA-Spain.

    Dende o club agradécese a colaboración do Concello non só nesta formación, senón tamén na obtención de todo o necesario para seguir practicando este deporte no municipio. Pola súa banda, o Concello que quere dar os parabéns ao club Arco Trasno por todo o labor que está a desenvolver para levar o deporte do tiro con arco a toda a veciñanza.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.