11.5 C
Pontevedra
Venres, 9 de Decembro de 2022
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda festexa o Samaín

    A Guarda festexa o Samaín

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano diversas actividades para festexar o Samaín na Guarda.

    Por una banda a Biblioteca Pública Municipal oferta do 27 ao 31 de outubro a actividade “Facemos un trato” coa cal os usuarios deste servizo levarán un doce de agasallo ao facer un préstamo dun libro.

    Para a xornada do luns día 31 de outubro a Praza do Reló será o epicentro das celebracións do Samaín dende as 17:30h da tarde con Obradoiros de Tattoos terroríficos e  Pintacaras e a partires das 18:30h con música a cargo do grupo “Crónicas Pop”, con animación de baile para os máis pequenos.

    O fin de festa será sobre as 20:30h cunha Queimada de Defuntos e chocolate quente para todos.

    Montserrat Magallanes, Concelleira de Cultura, convida a toda a poboación guardesa a participar nestas actividades dunha festividade que, ano a ano, se consolida nos nosos calendarios e que desfrutan, sobre todo, os máis pequenos da casa.

    COLABORACIÓNS

    Nazaret López, «Pecados veniais»

    Ás veces non resulta doado establecer o punto no que se sitúa a liña feble que separa uns xéneros literarios de outros. É coma participar nunha especie de xogo no que os autores rachan as barreiras establecidas e descolocan ao lector, quizais para provocar unha lectura diferente do texto que presentan.

    Despilfarro

    Según la RAE, despilfarro significa "Gasto excesivo y superfluo" y la verdad, que no se me ocurre un término mejor para definir lo que está ocurriendo en muchos de nuestros ayuntamientos con tantas plazas a arreglar y tanto peatonolizar.

    Alba Guzmán Falcón, «Xoaniña de Deus»

    Alba Guzmán era, ata o de agora, unha autora practicamente descoñecida para o gran público, a pesar de contar no seu haber cunha morea de premios en certames de poesía e tamén de narrativa.

    Henrique Dacosta, «O estraño caso da bicicleta amarela»

    Henrique Dacosta vén de entregar ao prelo unha nova proposta narrativa. E digo “narrativa” e non digo ben, pois este volume, «O estraño caso da bicicleta amarela», leva o clarificador subtítulo de «Oito contos e unha traxicomedia» e tal é o contido da obra: oito relatos breves de extensión variable e unha pequena peza teatral, a primeira da que teñamos constancia e da que falaremos máis adiante.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    74 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    5 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS