Tag: ribadetea
A Xunta solicítalle de novo a Ponteareas a documentación necesaria para as obras da 1ª fase do saneamento de Ribadetea
A Xunta vén de reiterarlle ao Concello de Ponteareas a solicitude da documentación municipal necesaria para impulsar as obras da 1ª fase do saneamento da parroquia de Ribadetea.
Ribadetea reclama o proxecto de execución do saneamento “para a totalidade” da parroquia ponteareá
A plataforma polo saneamento de Ribadetea solicitou por Rexistro una reunión coa Directora de Augas de Galicia para insistir en reclamar a redacción do proxecto de execución da totalidade da parroquia. Cómpre salientar que actualmente estase a redactar un proxecto de execución parcial que abarca tal solo ó 20 % dos veciños de Ribadetea.
O Concello mellora a mobilidade e seguridade do Centro Cultural de Ribadetea cunha nova rampla peonil e o valado da terraza
O Centro Cultural de Ribadetea conta xa cun acceso renovado que mellora a mobilidade e a seguridade das instalacións.
Os veciños de Ribadetea indignados polo retraso do saneamento
Os veciños de Ribadetea amosan a súa indignación polo retraso do saneamento da parroquia. Dende a Plataforma Veciñal de Ribadetea queren lembrarlle, unha vez máis, á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade, que Ribadetea está dentro da Rede Natura 2000.
O CDL de Ribadetea, Ponteareas, acollerá unha xornada formativa sobre as doenzas do castiñeiro
A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por Rosa Covelo, organiza este mes unha nova xornada formativa, nesta ocasión enfocada cara á detección e loita contra as doenzas do castiñeiro, o chancro Cryphonectria parasitica e a avespa Dryocosmus kuriphilus. O curso celebrarase o vindeiro 26 de xullo no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, en Ribadetea, en horario de mañá.
Ponteareas lembra á Xunta os seus compromisos coa ampliación da depuradora e o saneamento de Ribadetea
A alcaldesa en funcións de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, e o segundo tenente de alcalde, Roberto Mera, mantiveron a pasada semana unha reunión co Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luís López, para abordar a colaboración da Xunta en relación con diferentes necesidades en infraestruturas básicas de Ponteareas.
Ribadetea suspende a súa tradicional “Festa da Tortilla”
A Asociación de Veciños 'San Xurxo' de Ribadetea, en Ponteareas, vén de anunciar a suspensión da Festa da Tortilla que se desenvolvía ininterrompidamente dende hai 16 anos, grazas ao esforzo e traballo da propia AA.VV. o que a converte na segunda máis antiga de Galicia despois da de Laro, en terras de Silleda.
Ribadetea prepárase para vivir un Rancho de Reis, o primeiro dende hai máis de medio século
O domingo 29 de decembro, a parroquia ponteareá de Ribadetea vivirá un Rancho de Reis, o primeiro dende hai máis de medio século e que chega da man do Rancho de Reis de Fozara nunha iniciativa da Asociación de Veciños de Ribadetea que busca, entre outras cousas, poñer en valor unha tradición centenaria.
O BNG de Ponteareas urxe á xunta a que informe das previsións para o saneamento de Ribadetea
O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, presentou unha iniciativa que se debaterá no Parlamento Galego para urxir á Xunta a que cumpra os seus compromisos en relación co saneamento da parroquia ponteareá de Ribadetea. Luís Bará e Xosé Represas reuníronse en Ribadetea coa Plataforma polo Saneamento para darlle a coñecer a iniciativa do BNG demandando á Xunta informe das previsións para a redacción do proxecto integral de saneamento.
Luz verde ao saneamento integral de Ribadetea
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia ven de encargar o proxecto de saneamento integral da parroquia de Ribadetea, unha das máis poboadas do municipio e que convive cos espazos protexidos das marxes do río Tea.
Ponteareas licita por máis de 60.000 euros os traballos do parque forestal de Ribadetea e Xinzo
Co obxectivo de dar un paso máis na protección do medio ambiente e poñer en valor o patrimonio natural, o Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación os primeiros traballos do parque forestal Seixiforna-Viveiro no monte veciñal de Xinzo e Ribadetea por un importe de máis de 60.000 euros.
A Deputación adxudica a mellora da estrada Pazos-Ponteareas ao seu paso por Ribadetea
As obras de mellora da seguranza viaria para 2,2 quilómetros da estrada EP-2703 ente Pazos e Ponteareas ao seu paso pola localidade de Ribadetea, no concello de Ponteareas, acaban de ser adxudicadas formalmente pola Deputación á empresaCivis Global por presentar a mellor oferta de entre as 16 firmas aspirantes. O...