11.8 C
Pontevedra
Martes, 14 de Maio de 2024
Máis

    Tag: inicio de curso

    A Escola de Cantería ultima os preparativos do novo curso que chega con todas a medidas de seguridade

    O vindeiro 1 de outubro a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra abrirá as súas portas ao novo curso 20-21 con clases presenciais pero con todas as medidas de seguridade e prevención fronte á Covid-19. O centro, que reabriu tralo confinamento a comezos de xuño, conta cun estrito protocolo que supón unha intensificación na limpeza e desinfección e o mantemento da distancia de seguridade entre as persoas para garantir o cumprimento de todas as medidas ditadas polas autoridades sanitarias.

    Máis de 150.000 estudiantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2020/21 a partir do vindeiro mércores

    Un total de 150.141 estudantes comezarán a partir do vindeiro 23 de setembro –de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19– as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

    A Escola de Música de Mos comeza o curso con todas as medidas anti Covid-19 e sen sufrir disminución de alumnado

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co Presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e o edil da parroquia de Torroso, Alberto Méndez; visitou esta tarde a Escola de Música de Mos e o Conservatorio Profesional de Música de Torroso, sitos no Centro Dotacional de Torroso, con motivo do comezo do novo curso 2020/2021 que hoxe se inicia “con ilusión e afrontándoo con todas as medidas de seguridade protocolarias ante a COVID-19” segundo declaran desde a directiva do Centro Cultural Recreativo de Torroso.

    Inicio do curso escolar no Conservatorio de Música na Guarda con novos protocolos polo Covid-19

    O Alcalde da Guarda e a tenente de alcalde visitaron as instalacións e mantiveron diversas xuntanzas co equipo directivo e profesorado para valorar e por a disposición todos os recursos necesarios para o cumprimento de todas as medidas sanitarias neste recinto, onde se tiveron que facer algunhas melloras, instalación de sinalécticas, cartaces, cambios de aulas, disposición de hidroxel, entre outras. Dende o Concello trasladóuselle ao director que se reforzará a desinfección no inmoble. Así mesmo o director do centro explicou a nova distribución de espazos para cumprir coas distancias de seguridade.

    A Escola Municipal de Música abre a matrícula para o curso 2020/2021

    Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.

    12 voluntarios colaboran cos centros educativos do municipio para coordinar entradas e saídas seguras do alumnado

    O Concello de Nigrán, a suxerencia das direccións e anpas de todos os centros educativos públicos do municipio, creou un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado nos colexios. Esta foi unha das propostas que xurdiron na reunión convocada pola Concellería de Educación a fináis de agosto para analizar conxuntamente a aplicación do protocolo Covid-19 da Xunta nos colexios de Nigrán.

    Ábrese o prazo das axudas municipais para comedor e material escolar coincidindo co inicio do curso

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron de que onte, data na que se iniciaron as clases para parte do alumnado de Educación Infantil e Primaria, saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, BOPPO, as axudas para material escolar e comedor do Concello de Mos, co que se abre o prazo de presentación de solicitudes para as familias mosenses interesadas en optar a elas.

    O CRA do Rosal, listo para a volta ás aulas

    O Concello do Rosal traballa co CRA María Zambrano para unha volta ás aulas segura. Atendendo ao novo protocolo pola Covid-19, os operarios municipais remataron estes días os traballos de mellora e preparación das distintas unitarias, nas que se acondicionaron os espazos para poder acoller a todo o alumnado con seguridade e con todas as medidas de prevención necesarias.

    O PP de Nigrán propón axudas para as familias ante o inicio do curso escolar 2020/21

    En vista das dificultades de moitas familias para conseguir as máscaras e o custo engadido que supón os produtos de hixiene para os centros educativos tanto públicos como concertados, o Pp de Nigrán a presentado unha moción para que se dote unha partida económica de 55.000€ dos fondos destinados á pandemia co fin de prover ás familias das máscaras cirúrxicas para os alumnos; tamén aos profesores e aos centros dos produtos de hixiene necesarios.

    104 nenas e nenos inician o luns 14 o curso na Escola Infantil Municipal de Ponteareas baixo estrictas normas de seguridade

    A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, informa do inicio do curso escolar 2020-2021 na escola infantil municipal o vindeiro luns 14 de setembro. Inician o curso un total de 104 nenas e nenos. Por idades, 50 son da etapa 2-3 anos, 43 de 1-2 anos e só 11 no grupo de 0-1 anos. A situación da pandemia condicionou a decisión das familias dos máis cativos, de aí o menor número de nenos e nenas da etapa de 0-1 ano. A Directora da Escola e as educadoras xa trasladaron ás familias o novo protocolo para o comezo do curso.

    A alcaldesa e a concelleira de Educación comprobaron os protocolos no primeiro día de volta ás clases

    A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiron esta mañá ao CEIP “Antonio Palacios” para comprobar in situ o desenvolvemento dos protocolos anti-covid no primeiro día de volta ás clases.

    Nais e pais de 5º de primaria do CEIP Pazo da Mercé non levarán aos seus fillos a clase o venres

    As nais e pais da ANPA Eira da Liñaza das Neves, non levarán aos seus fillos de 5º de Primaria o vindeiro venres, día 11. A medida, comunicada á concelleira de Ensino das Neves, Pilar González Casas, ten coma obxectivo protestar pola actitude da Consellería de Educación da Xunta de Galicia en relación co número de alumnos que terán que estar na aula de 5º curso do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.

    A Policía Local verificará que o acceso aos centros docentes realícese de xeito seguro no comezo das clases

    Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado. Tamén se efectuará a mesma vixilancia na saída dos escolares.

    O Concello de Nigrán desinfecta todos os accesos aos centros educativos e marquesiñas ante o inicio do curso escolar

    O Concello de Nigrán, a través da empresa municipal de limpeza CESPA, iniciou esta semana as labores de desinfección na contorna dos colexios, coincidindo co inicio do curso escolar, e noutras zonas máis sensibles como as marquesiñas onde os nenos esperan o autobús e son moi concorridas.

    O PP da Cañiza reclama ao Goberno local que garanta a limpeza dos colexios

    O Partido Popular reclama ao Concello da Cañiza, e ao seu alcalde, Luis Piña, que garanta a limpeza dos colexios de acordo cos protocolos de adaptación ao contexto da COVID e acabe coa incerteza que está xerando entre as familias. O voceiro do PP, Miguel Domínguez, di que as nais e os pais están pedindo que se responsabilice xa da limpeza dos centros de ensino e deixe de poñer escusas.

    A Concellería de Ensino planifica cos equipos directivos o inicio do curso escolar en Ponteareas ante a COVID19

    A Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, convocou ás direccións de todos os centros educativos,conservatorio e da escola infantil a unha reunión participativa na que abordar o comezo do curso. Os e as responsables dos centros educativos puideron solventar as dúbidas que tiñan sobre aplicación da normativa COVID19, contactos sanitarios para casos de alumnado afectado, maior protección para o profesorado, etc.

    O Concello das Neves moviliza todos os seus recursos para extremar a seguridade, limpeza e hixiene na volta ás aulas

    Representantes de centros educativos das Neves participaron nunha reunión convocada polo Goberno local, presidida polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acompañado pola concelleira de Ensino, Pilar Gonzalez Casas, para poñer en común as medidas a tomar neste comezo de curso, marcado pola COVID-19, e establecer a colaboración do Concello ante a "falla de instrucións por parte da Xunta, a día de hoxe".

    EU Son do Porriño presenta unha moción “por un comezo de curso seguro”

    O grupo municipal de EU Son no Porriño vén de presentar unha moción para os eu debate plenario que recollen unha serie de puntos que permitirían, ao seu entender, "un comezo de curso seguro" tendo en conta o inminente inicio do curso escolar en Educación Infantil e Primaria, –10 de setembro–, e en Secundaria, –16 de setembro–. Un inicio de curso que, sinala EU Son, está cheo "de novas que enchen de inquedanza á comunidade educativa e especialmente ás familias e o alumnado".

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.