11 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaMáis de 150.000 estudiantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime...

    Máis de 150.000 estudiantes de ESO, bacharelato e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2020/21 a partir do vindeiro mércores

    Esta cifra no inclúe a Formación Profesional, etapa na que a matriculación continúa aberta

    Un total de 150.141 estudantes comezarán a partir do vindeiro 23 de setembro –de xeito gradual por mor da pandemia da covid-19– as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Cómpre lembrar que as cifras de matriculación son moi similares as do curso 2019/2020 e non serán definitivas ata dentro dunhas semanas, dado que aínda nos últimos días se realizaron exames de recuperación en secundaria. Ademais, esta cifra non inclúe os datos de matriculación en Formación Profesional, ensinanzas nas que aínda é posible matricularse.

    A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se ditan instrucións sobre o comezo do curso académico 2020/2021, a través das que se dota de seguridade xurídica ás últimas decisións tomadas neste eido, principalmente o adiamento do inicio do curso en Secundaria, a nova distancia xeral de seguridade de 1,5 metros e a opción da semipresencialidade. Cómpre lembrar que todas estas medidas foron acordadas tras a reunión conxunta da Conferencia Sectorial de Educación e do Consejo Interritorial del Sistema Nacional de Salud (o pasado 27 de agosto), da reunión do Consello Escolar de Galicia (o 9 de setembro) e do encontro coa Xunta Autonómica de Directores, os representantes dos centros de Secundaria e os xefes da Inspección educativa nas catro provincias (o pasado 11 de setembro).

    Calendario

    No que atinxe ás datas concretas do regreso gradual ás aulas, o 23 de setembro volverán os alumnos de 1º e 2º de ESO e os de 1º de Bacharelato, 1º de FP de grao medio e 1º de FP de grao superior e as ensinanzas básicas de educación para persoas adultas polas modalidades presencial e a distancia. O día 24 de setembro farano os de 3º de ESO, de 2º de Bacharelato, 2º de FP de grao medio e 2º de FP de grao superior. Finalmente, o día 25 incorporarase o alumnado de 4º de ESO, e todos os cursos de FP Básica.

    No caso das ensinanzas de réxime especial, o alumnado das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño e das deportivas incorporarase nas mesmas datas establecidas para os estudantes de FP. O alumnado das demais ensinanzas de réxime especial incorporarase a partir do 23 de setembro de acordo cos calendarios de organización e funcionamento dos centros.

    Contratación de profesorado

    Malia manter practicamente o mesmo número de alumnado, o curso comeza coa incorporación de arredor de 2.000 novos profesores ao sistema de ensino público, o que supón un incremento do 6,2% sobre a plantilla total de profesorado para este curso.

    Dos preto de 2.000 novos profesores, 1.107 serán para as etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional (847 para reforzar as medidas de seguridade contra a covid e 260 que se incorporan para atender o incremento de oferta); 240 son para Infantil e Primaria (que xa están contratados e traballando nos centros) e 543 son novos docentes de apoio a través do programa ARCO de reforzo educativo (221 para Primaria e 322 para Secundaria).

    Outras medidas

    Cómpre lembrar que, a maiores do reforzo do profesorado, a principal para garantir a seguridade sanitaria e a calidade educativa nos centros, a Xunta de Galicia tomou outras adicionais para facilitar a xestión e organización do inicio do curso nos centros de Secundaria, tales como o devandito adiamento nunha semana do comezo do inicio das clases, a opción de solicitar a semipresencialidade para Bacharelato e FP o incremento das accións formativas dirixidas a profesorado e alumnado en materia hixiénico sanitaria, ou a posibilidade de instalación de mamparas protectoras en aulas e talleres, todas elas recollidas na Orde publicada no DOG.

    Neste sentido, a orde indica que, de non ser posible manter a distancia de seguridade indicada para estas etapas, (e non puidesen atoparse outras solucións como a retirada de material ou o uso doutras aulas máis amplas), previa autorización da inspección educativa, poderá optarse por opcións como o desdobre do grupo de alumnos (xa realizado nas últimas semanas), a instalación de mamparas ou separacións que garantan a protección individual do alumnado ou os desdobres do grupo de alumnos, ou a semipresencialidade rotatoria (agás na ESO). Tamén se especifica que nos talleres de formación profesional e ensinanzas de réxime especial, cando proceda, se adoptarán medidas de seguridade usando pantallas de protección facial.

    No referido á semipresencialidade, a orde indica que a actividade lectiva será presencial con carácter xeral para todos os niveis e etapas do sistema educativo, con prioridade para o alumnado de menor idade e que, excepcionalmente, poderán impartirse semipresencialmente as ensinanzas de bacharelato, formación profesional, así como as ensinanzas de réxime especial.

    Ademais, a orde recolle a realización de accións formativas para o profesorado, tanto no relativo ás ferramentas tecnolóxicas para docentes como ás ferramentas institucionais para o ensino mixto.

    ESO

    Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 94.664 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 1,5 % máis ca no curso 2019/20.

    Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:

     Centros públicosCentros privados concertadosCentros privados non concertados
    A Coruña 28.354 alumnos10.185 alumnos975 alumnos
    Lugo7.138 alumnos2.013 alumnos268 alumnos
    Ourense5.659 alumnos3.194 alumnos144 alumnos
    Pontevedra25.073 alumnos10.664 alumnos997 alumnos
    Total66.224 alumnos26.056 alumnos2.384 alumnos

    Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse case un 9% respecto do curso anterior:

     2019/20   2020/21
    A Coruña1.292 alumnos1.407 alumnos
    Lugo531 alumnos578 alumnos
    Ourense424 alumnos462 alumnos
    Pontevedra1.123 alumnos1.223 alumnos
    Total3.370 alumnos3.670 alumnos

    Bacharelato ordinario

    Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería, indican que 31.371 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón que a cifra se mantén case invariable respecto do curso 2019/20.

     Centros públicosCentros privados non concertados
    A Coruña10.739 alumnos2.629 alumnos
    Lugo2.869 alumnos294 alumnos
    Ourense2.334 alumnos562 alumnos
    Pontevedra10.086 alumnos1.858 alumnos
    Total26.028 alumnos5.343 alumnos

    No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española incrementouse nun 6,3%:

     2019/202020/21
    A Coruña289 alumnos 307 alumnos
    Lugo89 alumnos95 alumnos
    Ourense64 alumnos68 alumnos
    Pontevedra251 alumnos267 alumnos
    Total693 alumnos737 alumnos

    Ensinanzas de adultos

    No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o descenso do alumnado, ata os 11.378 estudantes, é do 7% respecto do curso 2019/20.

    A distribución por provincias e ensinanzas no curso 2019/20 é a seguinte:

     A CoruñaLugoOurensePontevedraTotal
    Ensinanzas básicas nivel I211 alumnos211 alumnos28 alumnos191 alumnos641 alumnos
    Ensinanzas básicas nivel II218 alumnos30 alumnos24 alumnos162 alumnos434 alumnos
    Ed. Secundaria adultos niveis I e II2.030 alumnos512 alumnos511 alumnos1.830 alumnos4.883 alumnos
    Bacharelato presencial529 alumnos47 alumnos110 alumnos444 alumnos1.130 alumnos
    Bacharelato semipresencial/distancia1.584 alumnos317 alumnos200 alumnos555 alumnos 2.656 alumnos
    Ensinanzas non regradas201 alumnos355 alumnos370 alumnos708 alumnos 1.634 alumnos

    Ensinanzas artísticas e deportivas

    Pola súa banda, o número total de estudantes nas ensinanzas artísticas acada este curso os 10.488, un 1,7% menos ca no curso anterior.

    En concreto, nas ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería, o número de alumnos será de 8.367, un 2,4 % menos ca no ano académico 2019/20:

     A CoruñaLugoOurensePontevedraTotal
    Conservatorios de música e Centros autorizados de música3.428 alumnos1.058 alumnos955 alumnos2.926 alumnos8.367 alumnos

    No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 349, un 3% menos ca no curso 2019/20; mentres que nas de arte dramática haberá 173 alumnas e alumnos, un 3% máis ca no ano académico anterior.

    Pola súa banda o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño aumenta case un 1%, con 727 estudantes. No caso dos estudos superiores de deseño haberá 795 matriculados, un 4% máis ca no curso anterior; mentres que nos estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais haberá 77 alumnos, 8 menos ca no 2019/20.

    Finalmente, nas ensinanzas deportivas o incremento de alumnado é de case o 8%, acadando os 2.240 alumnos.

    Formación Profesional

    No caso da Formación Profesional a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que -contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos sexa de arredor de 56.000, o que suporía un crecemento do 5% respecto do curso 2019/20.

    Centros escolares

    Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:

     A CoruñaLugoOurensePontevedraGalicia
    Educa. Primaria e Secundaria (1)54252164164
    C. de ESO17321638
    C. de ESO e ensinanzas postobrigatorias83352570213
    C. de ensinanzas postobrigatorias4311123399
    C. de primaria, ESO e  ensinanzas postobrigatorias (1)33472670
    C. de adultos (2)322310
    TOTAIS2338069212594
    • Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.

    Inclúense nesta categoría os centros que imparten exclusivamente ensinanzas de adultos

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.