11.4 C
Pontevedra
Mércores, 15 de Maio de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela únese á Chocolatada Solidaria da asociación Andaina

    Redondela únese á Chocolatada Solidaria da asociación Andaina

    O Concello de Redondela colabora na campaña de mobilización da Chocolatada Solidaria da asociación Andaina, axudando a súa expansión e publicidade por toda a contorna. Ten como obxectivo acadar os 4000 euros necesarios para a  instalación no seu centro educativo dunha cociña para o módulo formativo de hostalería dos alumnos do Programa de Prelaboral. Para facelo, organizan un reto solidario en colaboración con Pegadas con alma, unha asociación redondelá dedicada a recadar fondos de forma altruísta. 

    “Andaina e Pegadas con Alma están facendo unha labor solidaria para mellorar a calidade da educación dos rapaces e rapazas do municipio con necesidades especiais. Consideramos este tipo de accións imprescindibles, polo que loitaremos para facelo posible”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

    O desafío consiste en mobilizar a poboación para organizar distintas  chocolatadas durante as datas de nadal, nas que a xente da contorna poderá doar cartos para Andaina e gozar dunha cunca de Chocolate quente e un petisco doce.  A intención da campaña é sumar a participación das escolas, centros deportivos, centros culturais, empresas e comercios da contorna para que colaboren de forma libre.

    A iniciativa aínda está na súa fase inicial, polo que precisa que se impliquen o maior número de centros e empresas posibles. As datas para celebrar a merenda poden variar segundo a necesidade de cada colectivo, pero a idea e que sexa preto do nadal, momento consideran idóneo para este tipo de actividades. 

    É necesario que cada centro encárguese da súa propia elaboración do chocolate e o donativo por cada cunca escólleo cada organizador, encontrando un balance no que consideren apropiado. Aqueles centros educativos ou empresas que prefiran almorzar ou merendar con outro alimento que non sexa o cacao, poden organizalo da mesma forma. Dende Andaina poden facilitar o contacto dun cátering ou provedor, así como os carteis. Para inscribir o teu centro só tes que enviar un correo a: asociacionandainaredondela@gmail.com.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.