Tag: andaina
Nigrán abre a inscrición para un novo roteiro por Monteferro o martes 18 coincidindo co solpor
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán 'Equilibrio Natural', ofrece novamente este martes 18 de agosto un roteiro especial por Monteferro coincidindo co solpor ante o éxito do celebrado a semana pasada. Os interesados deben inscribirse previamente no mail turismo@nigran.org indicando os seus datos e presentarse ás 19:00 no Monumento á Mariña Universal no alto de Monteferro.
Andatui organiza o sábado a VI Ruta Histórica de Tui
O sábado 8 de agosto o club Andatui organizará a VI Ruta histórica de Tui que estará guiada por un historiador tudense. A ruta, de aproximadamente 4 quilómetros e con saída desde a praza da Inmaculada ás 21:00 horas, permitirá coñecer distintos aspectos da historia tudense.
Medio centro de maiores, na andaina «Coñecendo a pé a nosa contorna» de Nigrán
O Concello de Nigrán estreou esta mañá con preto de medio cento de maiores o seu programa municipal 'Coñecendo a pé a nosa contorna', consistindo este nunha andaina polo camiño portugués pola costa dende Priegue á Ramallosa (fíxose neste sentido inverso para rebaixar a dificultade).
IV Xornada de Irmandade Mos-Ponteareas
O vindeiro día 27 de outubro terá lugar unha nova andaina de Irmandade entre Mos e Ponteareas, unha iniciativa, totalmente de balde, que con esta acada xa a súa cuarta edición e que cada ano conta cun maior número de participantes.
Suspendida a andaina prevista para o sábado na Guarda
O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha decidiron suspender a andaina prevista para este sábado día 19 de outubro pola Senda da Fraga do Barragán, debido ás previsións meteorolóxicas desfavorables.
Andaina en Nigrán con motivo do Día Internacional das persoas maiores
O Concello de Nigrán celebra este martes 1 de outubro o 'Día Internacional das Persoas Maiores' promovido dende a OMS cunha andaina pola Foz (A Ramallosa). A xornada arrancará ás 10:30 horas na Alameda de San Campio, na Ramallosa, onde a monitora Pilar Husling dirixirá ás 10:45 horas unha actividade física