Martes, 16 Setembro de 2025

O Porriño paga aos seus provedores “antes que nunca”

O Concello do Porriño pechou o  cun ano cun período medio de pago de 42,81 días tal e como reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda no último trimestre do exercizo económico do 2023 que recolle o periodo medio de pago a provedores (PMP) das entidades locais. 

Así, en dous anos e medio o executivo que preside Alejandro Lorenzo baixou en 458 días a cifra, reducindoporcentaxe de morosidade no pago a provedores nun 91%. A máis baixa de toda a serie histórica. 

Alejandro Lorenzo, “O periodo medio de pago a provedores é un dos principais medidores da saúde financieira dun Concello, ademais dun indicador de solvencia e credibilidade”

O balance arroxa máis datos económicos positivos para o municipio, cunha ratio de operacións pagadas de 44,3 días mentres a ratio de operacións pendentes de pago se sitúa en 26, 80 días. O importe de pagos realizados no último cuatrimestre supera os 6 M de euros fronte aos 573.000 pendentes. 

“O periodo medio de pago a provedores é un dos principais medidores da saúde financieira dun Concello, ademais dun indicador de solvencia e credibilidade”, explicou o alcalde. Neste sentido cabe destacar que as contas da entidade local gozan de boa saúde unha vez tramitado o pago das facturas atrasadas de 2017 a 2020, tras un proceso de fiscalización, depuración e revisión, que lastraban estes datos ao inicio de ano. Moitas delas foron devoltas por non cumplir cos requisitos de contratación pública, estar duplicadas, etc. 

Os datos económicos actuais tradúcense nunha vantaxe competitiva para o Concello que lle permite un maior aforro e seguir sendo o concello con menor presión fiscal sobre a veciñanza da provincia. “Seguimos traballando para que continúe baixando o tempo que tardan en cobrar os nosos provedores e estabilizar un contexto económico que promova o desenvolvemento do Porriño”.

Nigrán ofrece unha excursión a Padrón o domingo 14 de abril

0

O Concello de Nigrán, dentro do seu programa de turismo social para a veciñanza da terceira idade, abre a inscrición este venres 5 de abril de 9:30 a 12:30 no Pavillón Municipal de Panxón para participar o domingo 14 de abril nunha excursión a Padrón (A Coruña), onde se celebra un dos mercados dominicais máis concurridos de Galicia xa desde a Idade Media (por iso se realiza a excursión neste día).

O prezo é de 25 €/persoa e inclúe transporte, visita á feira, comida no restaurante Scala (empanada, pescada á romana con cachelos e ensalada, tenreira asada, postre e bebidas) e baile no mesmo lugar ata as 18:00 horas. A excursión está destinada a veciñanza xubiladaempadroada en Nigrán e a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata un  máximo de 2 inscritos/persoa e ata esgotarse as prazas dispoñibles.

O Concello de Ponteareas consegue que a ITV inclúa de novo a inspección de vehículos agrícolas sen sair do municipio

O Concello recupera a posibilidade de que as persoas propietarias de vehículos agrícolas poidan realizar a inspección técnica sen saír do municipio. A área de Seguridade realizou esta reclamación á empresa que xestiona este servizo logo de comprobar que a vila non aparecía no listado para este ano 2024. Deste xeito, as persoas que o precisen xa poden solicitar a cita para os días 12, 15, 16 e 17. 

Así, os profesionais da empresa que xestiona a Inspección Técnica de Vehículos (ITV) agrícolas desprazaranse ata a explanada do campo de fútbol de Pardellas o 12 e o 17 de abril desde as 09:00 horas ata as 13:30 horas así como os días 15 e 16 de abril en horario tanto de mañá como de tarde. As persoas propietarias deste tipo de vehículos poden solicitar unha cita previa a través da páxina web e no caso de que precisen axuda para realizar o trámite, poderán acudir ás oficinas do Concello. 

O edil de Seguridade, Juan Carlos González, indica que “na actualidade hai algo máis de 1.500 unidades agrícolas polo que non podíamos permitir que os nosos veciños e veciñas se desprazaran ata O Porriño para pasar a revisión, sobre todo, porque o traslado encarece este proceso” e apunta que “para o Concello é importante que se leven a cabo estas inspeccións porque iso repercute de forma moi positiva na seguridade de todos e de todas”. De igual xeito, avanza que “continuaremos atentos para que o municipio continúe contando con este servizo para a nosa poboación”

As cifras de visitantes na Semana Santa confirman un marzo de récord en Tui

0

A Semana Santa impulsou os datos turísticos do mes de marzo en Tui, tal e coma constatan as estatísticas da Oficina Municipal de Turismo de Tui, no paseo da Corredoira. Durante o mes pasado neste punto de información turística foron atendidos  1.191 visitantes, unha cifra que supera nun 60% á rexistradas no mesmo mes de 2023.  

Do total de 1.191 persoas que demandaron información na Oficina de Turismo 303 eran peregrinos e peregrinas e 888 turistas. 

Das persoas que estaban realizando Camiño Portugués, a meirande parte eran estranxeiros, 174 persoas, procedentes principalmente de Alemaña, Portugal, Reino Unido, Australia ou Estados Unidos. 129 eran de nacionalidade española provenientes de Madrid, Barcelona, Las Palmas ou Murcia. 

Mentres o turismo foi maioritariamente nacional xa que dos 888 turistas, 835 eran españois procedentes principalmente de Madrid, Asturias, León ou Biscaia, e 53 eran estranxeiros de Estados Unidos, Reino Unido ou México. 

A concelleira de Turismo Ana María Núñez, destaca que “estes datos de usuarios da Oficina Municipal de Turismo sinalan as tendencias neste sector pero non reflicten a realidade do auxe nas cifras turísticas que vive a nosa cidade, toda vez que as novas tecnoloxías e a facilidade no acceso á información reduce considerablemente a interacción do turista ou visitante coa oficina de turismo”.  

É importante, tamén, o auxe que no mes de marzo experimentou o Camiño Portugués, do que a nosa cidade é a porta de entrada en Galicia de tres rutas xacobeas (o Camiño Portugués histórico ou central, o Camiño Portugués da Costa e o Camiño Torres, que dende Salamanca e Braga chega a Valença e Tui). Así segundo os datos publicados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago foron 4.695 os peregrinos e peregrinas que en marzo realizaron o Camiño Portugués. Así o incremento foi dun 88% con respecto a marzo de 2023, en parte debido á coincidencia da Semana Santa neste mes. Deste total de 4.695 peregrinos o 59%, 2.410 persoas, eran de procedencia internacional, principalmente de Portugal (674), Alemaña (343), Estados Unidos (175) ou Brasil (133).  O 41%, 1.948 persoas, eran nacionais que chegaron  de Andalucía (515), Madrid (377), Castela A – Mancha (178), Canarias (160) ou Castela -León (159).

Aínda en referencia co Camiño Portugués cómpre destacar que Tui foi en marzo o primeiro lugar escollido polos peregrinos do Camiño Portugués para iniciar a súa peregrinación con 1.870 peregrinos, seguida de Porto (1.105) ou Valença (968). No cómputo de todos os Camiñosunicamente Sarria, no Camiño Francés, con 9.329 peregrinos supera á cidade como punto de inicio da peregrinación.

Nos tres primeiros meses deste ano 2024 foron 5.932 os peregrinos que teñen realizado o Camiño Portugués, dos que 3.327 foron estranxeiros e 2.267 españois. Esta cifra supón un incremento do 55% en relación ao ano pasado. España, Portugal, Alemaña, Estados Unidos e Brasil foron os principais puntos de orixe das persoas que no que levamos deste ano realizaron o Camiño Portugués.

A concelleira de Turismo, Ana Núñez, salienta coma este datos “recollen a crecente desestacionalización da afluencia de peregrinos e turistas e o importante dinamismo que move ao sector turístico tudense que nesta Semana Santa -a pesar das inclemencias meteorolóxicas- tivo unha alta ocupación”. Engade que “esta circunstancia evidencia que camiñamos no sentido correcto, sen presa pero sen pausa, apostando por  aunar esforzos na promoción turística da nosa cidade e poñendo en valor os recursos naturais e patrimoniais que atesoura a cidade, así como deseñando e potenciando as experiencias turísticas que o sector no seu conxunto ofrece ao visitante ao tempo”. A concelleira sinala que “é preciso continuar avanzando na profesionalización, na mellora continua e na innovación do sector turístico e gastronómicopara ofrecer a mellor experiencia turística posible aos nosos visitantes pois sempre recordamos ou  queremos volver a aqueles lugares onde vivimos experiencias que se gravaron na nosa memoria”.

Luis López apela á importancia da colaboración entre a Deputación e entidades para mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades especiais

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou o recoñecemento da Deputación aolabor pola inclusión social das persoas que presentan algún tipo de trastorno do espectro autista (TEA) que realizan os profesionais da Asociación Autismo Bata durante unha visita á sede desta entidade en Vilagarcía. Acompañado pola deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, o mandatario provincial reafirmou o apoio do goberno provincial ás iniciativas que esta entidade ten en marcha como oprograma de apoio en contextos naturais dirixido a persoas no espectro do autismo, as súas familias e aos centros educativos. Un proxecto doque se benefician preto de 65 usuarios de xeito directo, así como as persoas do seu círculo, en todo o territorio da provincia. 

Despois de percorrer as instalacións desta asociación en Vilagarcía e escoitar as explicacións sobre o traballo que realizan nestas aulas e as necesidades que presenta a entidade e os seus usuarios, o mandatario provincial deixou clara a vontade da Deputación de manter a colaboración coa Asociación Autismo Bata en todo o que sexa posible para que continúen ofrecendo un servizo que mellora non só a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista, senón que tamén favorece a súa integración na sociedade e mesmo facilita a conciliación da vida familiar e laboral dos seus familiares.

Neste sentido, Luis López puxo en valor a importancia deste colectivo fundado no ano 1989 como unha “ponte” imprescindible para conectar ás persoas, neste caso TEA, cos recursos que ofrecen as distintas Administracións. Unha colaboración que presta a Deputación a entidades como Bata para contribuír a integración dos seus usuarios na sociedade e a poñer a súa disposición o servizo especializado e de calidade que requiren estas persoas e os seus familiares.

É por iso que Luis López quixo darlles os parabéns e expresar o agradecemento do goberno provincial polo seu labor a todas as persoas que dan forma ao colectivo Autismo Bata. Do mesmo xeito, reiterou o compromiso da Deputación para manter a colaboración nas súas iniciativas. 

Compromiso coa inclusión

A visita do presidente da Deputación á sede deste colectivo, enmárcase nunha serie de visitas con entidades sociais que traballan a prol da inclusión social e laboral de todas as persoas. Despois de garantir o apoio ao labor de Down Pontevedra Xuntos, Luis López confirma a colaboración con Autismo Bata como reflexo do goberno provincial co tecido asociativo pontevedrés para mellorar a atención ás persoas que presenten calquera tipo de necesidade especial.  

O Porriño impulsa a declaración da ‘Festa dos Callos, e a ‘Feira apícola Rías Baixas’ como festas de Interese Turístico de Galicia

O Concello do Porriño iniciará os trámites necesarios para declarar a Festa dos Callos e a Feira Apícola Rías Baixas, dous emblemáticos eventos da localidade, como Festas de Interese Turístico de Galicia, en recoñecemento á súa importancia cultural, gastronómica e turística para a rexión. 

Festa dos Callos é un evento enraizado na cultura e tradición do municipio que este chegará xa á súa trixésimo primeira edición. Esta festividade, que se celebra anualmente os meses de setembro/outubro, é unha ocasión única para exaltar os sabores da gastronomía local e para compartir momentos de convivencia e fraternidade coa comunidade e visitantes. “A Festa dos Callos, ademais de ser unha celebración gastronómica, é unha oportunidade para poñer en valor os nosos produtos e os nosos artesáns, así como para dinamizar a nosa economía local e promover o turismo na nosa rexión”, expuxo a concelleira de Turismo, Vanessa Ucha, “Cada ano, a festa atrae a un gran número de visitantes, que quedan cautivados pola autenticidade e o ambiente festivo que se vive nas nosas rúas”. Neste sentido, a declaración da Festa dos Callos como Festa de Interese Turístico de Galicia non só recoñecería o valor e a trascendencia desta festa para O Porriño, senón que tamén abriría novas oportunidades para a súa promoción e difusión a nivel rexional e nacional. “Ademais, esta declaración contribuiría a reforzar a nosa identidade cultural e turística e a poñer en valor os nosos recursos gastronómicos e turísticos”, continuou a edil. 

Unha declaración á que aspirará tamén a Feira Apícola Rías Baixas, un evento emblemático en toda a rexión que se celebra cada ano na vila do Louro. Esta feira, que pon en valor tradición apícola do concello e a calidade dos nosos produtos derivados da colmea, é un verdadeiro escaparate da cultura e gastronomía local. 

A Feira Apícola Rías Baixas non só é un evento de interese para os amantes da apicultura e da natureza, senón tamén unha oportunidade para dinamizar o sector turístico e promover a identidade do Porriño como destino turístico. Cada ano, a feira atrae a un gran número de visitantes, que gozan das actividades, exposicións e degustacións que se organizan durante os días do evento. 

“A súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia tamén nos permitiría reforzar o noso compromiso co turismo sostible e responsable e poñer en valor os nosos recursos naturais e gastronómicos”, concluíu a concelleira. 

O primeiro paso para iniciar a solicitude deuse hoxe no pleno da corporación, onde as propostas do executivo foron aprobadas, sumándose á do Xogo da Ola que se está a tramitar tamén.

As alfombras florais de Ponteareas, candidatas a Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco

O Ministerio de Cultura do Goberno de España, presentou a mediados de marzo, a candidatura de “A tradición da creación de alfombras florais e composicións rituais con materiais naturais” á Unesco na súa sede de Paris, para entrar na lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, que será avaliada en 2025.

É unha candidatura Internacional impulsada por varios países, Bélxica, México, Italia, Malta e España. A proposta da Xunta de Galicia as alfombras do Corpus Christi de Ponteareas, única con expediente BIC, son as que representasen a Galicia dentro desta candidatura Internacional.

A localidade de Ponteareas, no sur da provincia de Pontevedra, alcanzou especial fama pola celebración da festa de Corpus Christi, onde os veciños confeccionan artísticas alfombras de flores naturais para o paso da procesión do Santísimo Sacramento desde fai máis de douscentos anos, sendo pois a celebración máis antiga da península ibérica.

Trátase dunha obra colectiva que expresa a cultura popular das xentes de Ponteareas que, ao longo de douscentos anos, souberon conservar e promover esta celebración, recoñecida como “Festa de Interese Turístico Internacional”.

No domingo de Corpus son máis de vinte alfombras as que enchen as rúas e prazas de Ponteareas, nunha profusión de colorido, creatividade e beleza que enfeitizan a propios e visitantes. Más dun quilómetro de alfombras con miles de flores, matas e arbustos, coidadosamente esfolladas e mesturadas para obter unha auténtica obra de arte efémera. Vi

A importancia do patrimonio cultural inmaterial non estriba na manifestación cultural en si, senón no acervo de coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración e iso prodúcese nolos nosos Portais do Corpus. As Alfombras de Flores do Corpus Christi de Ponteareas son de seu, patrimonio cultural inmaterial que recolle prácticas e expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes.

Ao redor das alfombras atopámonos cun elemento aglutinador onde se traballa na preparación do material das mesmas, pero tamén onde os máis novos aprenden, desde moi temperá idade, e onde se transmiten eses coñecementos de xeración en xeración.

Desde a Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas queren agradecer á Xunta de Galicia “por elixir ás Alfombras de flores de Ponteareas como representante de Galicia nesta candidatura internacional que promove o Ministerio de Cultura do Goberno de España”.

Redondela mantén a punto os seus areais no comezo da primavera

0

Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de revista as praias do municipio. Logo das limpezas realizadas durante o inverno para retirar o lixo arrastrado polos temporais aos areais, os traballos centráronse agora na posta a punto das infraestruturas e mobiliario urbano.

Os traballos na praia de Cesantes incluíron a reparación e reposición dos elementos de madeira danados polos temporais deste inverno, como as pasarelas que permiten o acceso de persoas con mobilidade reducida ata o mar, e tamén varandas e táboas do paseo que estaban en mal estado, así como o mobiliario urbano. Na zona do areal próxima á escultura da Virxe do Carme están a restaurarse as figuras dedicadas á fauna da enseada, que se atopan deterioradas.

A concelleira, Pilar Martínez, sinala que “nunca antes se fixera un mantemento deste nivel nas praias de Cesantes e Chapela nesta época do ano”, e ambos areais se atopan en perfecto estado nesta Semana Santa, “a mágoa é que o mal tempo non permita gozar deles plenamente”, lamenta a edil.

[su_image_carousel source=”media: 82437,82439,82436″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O departamento de Medio Ambiente reparou tamén os paneis informativos tanto nas praias como nos paseos fluviais, e instaláronse taboleiros novos no paseo do río Maceiras con información sobre a fauna e a flora da zona. Outros paseos de madeira cos que conta o municipio ao longo dos ríos iranse reparando “por tramos”, explica a edil, coa reposición dos elementos danados durante o inverno

Outra das preocupacións da concelleira de Medio Ambiente é a situación da zona das dunas, con presenza de especies invasoras, polo que xa se realizaron traballos para eliminalas, e o compromiso de Pilar Martínez é o de facer o mantemento destes espazos naturais “ao longo de todo o ano para evitar a proliferación das especies foráneas”.

Colaboración do voluntariado

Algúns dos traballos para mellorar a situación dos espazos naturais organízanse desde o Concello en colaboración co programa de voluntariado municipal. “A limpeza e restauración dos colectores de almacenaxe que se atopan na praia da Punta será realizada por voluntarios”, sinala Martínez. Tamén se organizarán xornadas de limpeza nas praias de Chapela e Cesantes coa colaboración do voluntariado nas próximas semanas.

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0

O teatro ten o seu propio lugar nas festas de San Telmo xa que hai catorce anos se celebra a Semana de Teatro Amador na que os grupos locais poñen en escena as súas montaxes, na meirande parte dos casos elixindo precisamente esta cita para a estrea das obras. Dende a concellería de Cultura apostouse, coma lembra a concelleira Sonsoles Vicente, por brindar as compañías afeccionadas tudenses a oportunidade de actuar no Teatro Municipal nas mesmas condicións en que o fan as compañías profesionais. Esta iniciativa conta cada ano co respaldo do público que enche o patio de butacas para gozar das distintas representacións.

Nesta XIV Semana de Teatro Amador participan a CAI do Espazo Xove, Chirlomirlo de Randufe, Aloia de Pazos de Reis, San Fins de Rebordáns e A Insua de Caldelas, que estrearán aquí as súas novas montaxes.

As entradas están á venda en tui.gal ao prezo de 2€ até o día da función ás 18 h. Resérvase unha porcentaxe para a venda no despacho de billetes o día da función dende unha hora antes. 

Abrirá a XIV Semana de Teatro Amador, o luns 1 de abril ás 20 h a CAI, a Compañía Artística Interdisciplinar do Espazo Xove, que dirixe Laura Villaverde con “Efecto rabaño”. É unha acción escénica contemporánea que nos mergulla no caótico mundo interior dun grupo de adolescentes mentres loitan contra o control parental, exploran a súa identidade a través da lectura e da música, e enfrontan os conflitos existenciais propios da xuventude. Sabela Martínez Villaverde, Celia Bugarín Brocos, Candela García Martínez, Lucía Piñeiro Benavides, Eugenia Seoane Urceira, Ilán Munro Espinosa e Eva Afonso Ribeiro forman o elenco da obra.

O martes, 2 de abril, ás 21 h será a quenda o grupo de teatro Chirlomirlo da Asociación Cultural Xuntanza de Randufe que porá en escena “Don Juan”. A obra escrita por Manuel Diz González é unha adaptación ao século XXI do clásico de José Zorrilla. Areta Bolado dirixe ao elenco formado por Pilar Álvarez Aballe, Jose Amancio Muíños González, Pablo Alfaya Pérez, Noelia Solla Diz, Alba Martínez Domínguez, Alberto Sánchez Murias, Graciela González Patricio, Juan Carlos López Pazo e Manuel Diz González.

O grupo de teatro Aloia da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis actuará o mércores 3, ás 21 h, estreando a obra “Proceso pola sombra dun burro”. Bego Bras dirixe esta comedia satírica escrita por Friedrich Dürrenmatt. Forman o elenco Estela Rey, Eva Pazo, Germa Pérez, Manuel Gómez, Marta Pazo, Miguel Enríquez, Miguel A. Pazo, Merchi Rodríguez, Román Bugarín, Samuel Otero, Secundino Domínguez e Candela Souto. A obra achéganos á liorta entre asneiro e un dentista pola sombra dun burro.

O xoves 4 ,ás 21 h, será a quenda do grupo de teatro San Fins, da Asociación Cultural San Fins de Rebordáns con “A Familia”. Laura Villaverde, autora do texto, dirixe a Antonia Novás, José Álvarez, Juana Dávila, Concepción Pereira, Mª Isabel González, Álvaro Iglesias, Concepción Costa, Angela Oliveira e Katia Rocha nesta comedia. A obra relata o que acontece cando a familia Perillo vende un monte de madeira e decide repartir os cartos cos seus fillos emigrados que deberán vir a Galicia para recibir a súa parte.

Pechará esta XIV Semana de Teatro Amador o venres 5, ás 21 h, o grupo de teatro A Insua da Asociación Cultural A Insua de Caldelas con “Os montesecos e os capulletos”. Sofía González Durán é a autora e directora desta comedia inspirada en “Romeo y Julieta” de Shakespeare ofrecendo unha visión do amor máis actual e menos torturadora, que convida a cuestionar o amor encorsetado sen contemplar que é diverso, que hai moitas clases de amor, e que o amor é libre. O elenco está formado por Consuelo Besada Gándara, Gabriel López González, Josefa Carrera Núñez, María del Mar Alonso Ubiña, Rosa María González Núñez, Sofía Pimentel Fernández e Vanesa Villar Costa.

San Nomedio, as Neves, quere seguir libre de eólicos

0

As Comunidades de Montes do concello das Neves afectadas polo de construción dun parque eólico no monte San Nomedio reuníronse esta semana e mostran a súa total oposición a dito proxecto.

Nas últimas semanas algunhas comunidades e tamén propietarios particulares da zona foron contactados telefonicamente ou tamén nunha visita aos barrios por parte dunha empresa de servizos topográficos que lles pediu a actualización dos datos da propiedade de certos terreos, o que tería que ver co posible impulso do parque eólico nomeado “Coto dos Lobos” no monte San Nomedio.

As directivas das Comunidades de Montes de Vilacoba, San Pedro de Batalláns, Taboexa, Rubiós, San Xosé e Santiago de Ribarteme reuníronse esta semana ao coñecer estes contactos, para avaliar a nova situación sobre un proxecto que saíu a luz no ano 2021 cando os concellos recibiron consulta sobre o documento ambiental de inicio.

Neste período de consultas as comunidades e o Concello das Neves presentaron alegacións en contra do proxecto que implicaría instalar 7 aeroxeradores de 220 metros de altura na contorna do monte San Nomedio tendo a poboación máis cercana a so 504 metros, cos seus enormes viais de acceso, liñas eléctricas de enterconexión, etc. A afección sería brutal sobre o medio natural, patrimonial, turístico, hídrico, paisaxístico e cultural.

Novamente estas comunidades mostran a súa firme oposición e farán o posible para que este proxecto non se leva adiante.

O Concello de Nigrán clausura o seu primeiro campamento de Semana Santa totalmente gratuito

0

O Concello de Nigrán, tal e como fai no Nadal e no verán, ofreceu agora por vez primeira un campamento de Semana Santa co obxectivo de facilitar a conciliación laboral das familias, xa que as crianzas teñen vacacións escolares. 

O campamento, organizado desde o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Nigrán, estivo destinado a nenos e nenas empadroados no municipio con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolveuse os días 25, 26 e 27 de marzo no C.E.I.P. Humberto Juanes, de 9:00 a 14:30 horas.

Tratouse dunha actividade totalmente gratuíta e participaron 56 rapaces e rapazas de Nigrán.

“Os campamentos non só supoñen a conciliación labortal senón que fan que os nenos e nenas poidan aproveitar as vacacións e disfrutar do tempo libre participando en actividades de educación non formal, xa sexan culturales, educativas, ambientais ou deportivas” declara Juan González, Alcalde de Nigrán que aproveita para “mostrar o profundo agradecemento á dirección do Colexio Humberto Juanes, sempre disposta a ofrecer de xeito desinteresado e facer do seu centro educativo un espazo aberto á cidadanía”.

Redondela iniciará en abril as obras de asfaltado do Camiño da Traída

0

A concelleria de Infraestruturas e do Concello de Redondela, que dirixe Roberto Villar, acometerá a partir do 1 de abril os traballos de asfaltado nos camiños da Traída e Valeiro, en Chapela. O edil explica que as obras nestes camiños de Chapela prolongaranse durante dúas semanas, xa que se actuará en dez tramos onde se rexistran fochancas.

Nalgúns destes tramos tamén se canalizarán as augas pluviais. As reparacións faranse con asfaltado en quente. Trátase dunha metodoloxía de traballo que é máis laboriosa, pero deste xeito “as reparacións son máis efectivas e duradeiras”, explica Villar. Está previsto que os traballos rematen no prazo de dúas semanas, o 15 de abril, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Desde o departamento de Infraestruturas el Sostibilidade avanzan que poderia haber algún peche do tráfico puntual por mor destas obras. Por outra banda explican que os traballos deberán facerse extremando as medidas de precaución pola presenza de peóns e especialmente, xa que este camiño forma parte dun dos tramo do Camiño Portugués pola Costa.

Últimas prazas para o curso de citricultura ecolóxica do GDR Terra e Auga

O GDR Terra e Auga desenvolverá dende o 6 de abril ao 22 de xuño o curso teórico-práctico de Citricultura Ecolóxica para o que xa só quedan as últimas prazas. Co obxectivo de converter as terras baldías en produtivas con cultivos axeitados ás condicións medioambientais e respectando sempre o equilibrio e harmonía co medio natural o GDR organiza este curso para repartido en cinco xornadas teóricas e prácticas.

A parte teórica desenvolverase en algún dos dez concellos do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas tendo en conta a demanda mentres que a  parte práctica realizarase na parcela piloto do GDR en Rubiós, As Neves.

Esta acción enmárcase na estratexia de desenvolvemento sostible Reverdecendo que o GDR Terra e Agua desenvolverá nos vindeiros anos. 

A primeira xornada será o día 6 de abril arredor do cultivo de cítricos e do seu manexo dende a preparación do solo á plantación. A segunda xornada será o 20 de abril abranguerá cuestións como a poda, o raiado e a enerxía na citricultura ecolóxica. O 11 de maio terá lugar a terceira xornada que centrará a súa atención no solo, na súa fertilidade e abonado. Para os días 8 e 22 de xuño prográmanse as dúas últimas sesións nas que se darán pautas de actuacón fronte a enfermidades e pragas e se obterán coñecementos sobre ventaxas da cuberta verde e manexo da biodiversidade.  

As persoas que desexen máis información deberán contactar no número de teléfono 986 663 329 ata o 1 de abril.

O GDR promove o coñecemento da terra para un mellor aproveitamento e ferramenta para a dinamización económica do territorio.

Esta formación é financiada por Fondos Europeos a través do programa LEADER 14-20, gracias a convenio de colaboración entre o GDR e a AGADER, da Conselleria de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Vida e deporte triunfan nunha nova e exitosa edición do ‘Basket sen barreiras’ do CB Nigrán

0

O Club Baloncesto Nigrán organizou a VIII edición do torneo basket Sen Barreiras no pavillón de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para A ASOCIACIÓN FRANGIL contra a leucemia. Preto de 30 equipos de baloncesto e máis de 300 xogadores e xogadoras déronse cita durante dous días no Pavillón de Panxón en horario de mañá e tarde.

As xornadas de mañá serviron especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade . Para iso contaron co centro Juan María que gozaron de diferentes actividades e unha marabillosa convivencia cos xogadores e xogadoras do CB Nigrán.

Para as xornadas de tarde habilitáronse 3 pistas onde xogaron os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías alevín, benjamín e babi. Estas dúas últimas o luns de tarde e a categoría alevín pechando o torneo o martes de tarde.

Á entrega de medallas asistiron o alcalde de Nigrán Juan González, a concelleira de igualdade Patricia Diego e Roberto Garrido , concelleiro de Cultura.

Cada xogador/a participante realizou un donativo para a Asociación FRANGIL que foi depositado na urna que se atopou no pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes ao torneo tamén colaboraron con este fin solidario achegando o seu donativo na devandita urna.

Todo o recadado durante os dous días de torneo así como durante a semana na que a urna visitou os diferentes colexios de Nigrán, será entregado á asociación FRANGIL contra a leucemia.

Desde a directiva do Club queren agradecer a axuda e colaboración da Fundación a Caixa, do Concello de Nigrán, da Federación Galega de Baloncesto, das direccións e claustros dos centros educativos de Nigrán, do resto de entidades colaboradoras así como de todos os clubs participantes, adestradores e familias, que fixeron posible o éxito deste BASKET SEN BARREIRAS.[su_image_carousel source=”media: 82390,82403,82402,82401,82400,82399,82398,82397,82396,82395,82394,82393,82392,82391,82389″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As cabinas literarias de Redondela celebran o seu primeiro aniversario de funcionamento cun balance moi positivo

0

Esta semana cúmprese un ano dende que se abriron as cabinas literarias, e a avaliación desde o Concello de Redondela é moi positiva tanto pola cantidade de libros que se ofrecen, e que amosan a participación da veciñanza, como pola proximidade da cultura escrita a todos os públicos gañando espazos nas rúas e prazas.

O Servizo de Normalización Lingüística, que dirixe a alcaldesa Digna Rivas, felicita tamén á veciñanza de todas as idades “polo seu respecto e civismo”.

Despois dun ano as cabinas locen en perfecto estado, e non se tenen rexistrado pintadas, nin roturas, polo que Rivas fala “dun gran exemplo para todas e todos nos, e tamén para
toda Galicia”.

As cabinas literarias de Redondela son froito dun proxecto que naceu en marzo do ano pasado para darile “uha nova vida” as cabinas telefónicas en desuso.

A día de hoxe seguen a formar parte do mobiliario urbano reconvertidas en pequenas bibliotecas para uso da veciñanza e visitantes. Os seus andeis contan con ducias de libros doados pola veciñanza e volumes editados polo Concello sobre as súas parroquias.

A alcaldesa sinala que neste ano “a cantidade de libros multiplicouse grazas ás doazóns da cidadanía” e hai de todo tipo: novelas, contos infantis, literatura xuvenil ou libros de historia, entre outros, ademais de exemplares que o Concello edita sobre Redondela.

A acollida destas cabinas literarias “superou todas as expectativas” e cumpriuse co obxectivo de promover a lectura. As cabinas están instaladas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución e Praza de Ponteareas, en Redondela, e tamén na Av. de Redondela de Chapela.

O BNG de Ponteareas presenta unha batería de propostas en apoio ás persoas con trastorno do espectro autista

O BNG proporá no pleno deste martes en Ponteareas unha batería de propostas para mellorar a calidade de vida das persoas e familias que conviven co Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), pondo o foco nas dificultades que atopan no seu día a día.

A través da súa concelleira Verónica Bargiela, o BNG sinala que “o coñecemento da realidade das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo é clave para lograr a súa plena inclusión e para que poidan vivir nun ambiente de tolerancia, respecto e igualdade verdadeira. Por este motivo, o BNG propón “facilitar a accesibilidade cognitiva das persoas con TEA, dispondo de pictogramas e sinaléctica que facilite a comprensión dos espazos e edificios públicos, iniciando tamén unha campaña dirixida a entidades privadas, comerciantes e asociacións para que se poidan adherir á iniciativa municipal e sinalizar osseus servizos e locais”.

A concelleira do BNG aclarou que “non todo o mundo comprende o que nos rodea do mesmo xeito. Por iso asadministracións públicas como o Concello de Ponteareas deben traballar pola accesibilidade universal, procurando que os espazos públicos e servizos sexan comprensibles e utilizables por todas as persoas en condicións de seguridade e confort da forma máis autónoma e natural posible.”

Bargiela lembrou que “cando o goberno local regresou ao pasado en materia de mobilidade e eliminou caprichosamente os pictogramas das rúas peonís, alterou ás persoas con diferentes trastornos que se desprazaban con maior autonomía grazas a estes símbolos”

O Bloque aposta tamén na súa iniciativa pola posta en marcha “dunha campaña de sensibilización para facilitar a inclusión social das persoas con TEA, especialmente nos centros escolares, fomentando a empatía e o respecto á diversidade dende as idades máis temperás”. Na mesma liña, o BNG avoga pola formación para familias, para profesionais que traballan con persoas con este trastorno e para o persoal municipal que atende ao público. Ademais, expoñen a necesidade de “coidar a quen coida”, ofrecendo atención psicolóxica ás persoas coidadoras e as persoas con TEA que deixan de recibir axudas ao chegar á idade adulta. 

Entre as múltiples propostas, o BNG menciona o dereito ao lecer das persoas con trastorno do espectro do autismo, propondo “ter en conta as súas necesidades nas actividades festivas con accións como acoutar unha zona de volume reducido nos desfiles de rúa, continuar a iniciativa do anterior goberno local de asignar unha franxahoraria para que as atraccións das festas reduzan o volume ou garantir as prazas suficientes e o apoio específico e especializado en actividades comocampamentos”.

Por último, dado que o martes 2 de abril se conmemora o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o BNG propón accións simbólicas como a iluminación da fachada da Casa do Concello de cor azul, a colocación do lazo no balcón e a divulgación desta data para visibilizar o TEA e concienciar ao conxunto da sociedade.

“Dende o Bloque instamos ao goberno local a adoptar unha postura activa, coa posta en marcha progresivadestas medidas sinxelas para continuar o traballo iniciado polo goberno do BNG neste ámbito, xa que serán de grande axuda para este colectivo”, sinalou Verónica Bargiela. “Non podemos retroceder nin un paso atrás. Ponteareas debe seguir avanzando para, transformar as nosas contornas e que todas as persoas poidan ter acceso e facer uso das mesmas en igualdade”, concluíu a edil do BNG.

A OMIX da Guarda abre a inscrición para dúas actividades a desenvolver en abril

0

A OMIX do Concello da Guarda abre a inscrición para as dúas actividades programadas para este mes de abril. As actividades van dirixidas principalmente a mocidade pero naturalmente pode solicitar praza toda persoa que esté interesada. 

As accións propostas son, por unha banda, unha Máster Class de oratoria: Como ser influente a través da palabra, na que a través dunha conferencia  moi dinámica e divertida da man de Santiago Martínez da escola de oratoria Elocuencia, obteremos ferramentas e técnicas que nos axudarán tanto no ámbito persoal como profesional, para grandes e pequenas reunións, coas que proxectaremos seguridade, elaboraremos mensaxes eficaces e dominaremos o espazo tanto dixital como presencial.  A xornada será o día 11 de abril dende as 17 ás 20  horas para a que será necesario inscribirse previamente na OMIX. 

A segunda das accións ofertadas é Cociña de supervivencia, un obradoiro de cociña para aquelas persoas que están pensando en emanciparse ou xa o están e non queren sobrevivir a base de bocadillos, nin procurar ingredientes imposibles. Neste caso serán dúas xornadas, os días 19 e 26 de abril, dende as 18 ata as 20 horas nas que elaboraremos e degustaremos receitas ricas e sinxelas. 

Para os dous obradoiros haberá que inscribirse na OMIX da Guarda a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext 7

As persoas con ideas de negocio e as empresas de recente creación poderan solicitar un espazo no Centro de Emprendemento de Ponteareas

A ordenanza reguladora do Centro de Dinamización Empresarial e Espazo Coworkingentra en vigor o próximo 3 de abril toda vez que o Boletín Oficial da Provincia xa publicou a aprobación definitiva. Deste xeito, a partir desa data as persoas e as empresas que desexen alugar un espazo poderán presentar as solicitudes correspondentes a través da sede electrónica ou do rexistro xeral do Concello. 

Poderán optar ao acceso e uso das instalacións do espazo Coworking as persoas emprendedoras e novas empresas con menos de dous anos de antigüidade que desenvolvan a súa tarefa preferentemente no ámbito da cultura, novas tecnoloxías e a rexeneración urbana así como o benestar e os servizos ás persoas, entre outras cuestións. Tamén poderán solicitalo as empresas mentoras co obxectivo de crear un lugar compartido de experiencias e aprendizaxes empresariais. 

No caso do viveiro de empresas, poderán dispoñer dun espazo aquelas iniciativas que comecen a súa actividade económica ou de recente creación sempre e cando non excedan os 2 anos de funcionamento. Para iso, deberán cumprir unha serie de requisitos como que o domicilio social e o de actividade se estableza no termo municipal. 

Os usuarios e as usuarias terán a súa disposición diferentes servizos como conexión Wifi e por cable, impresora e fotocopiadora, destrutora de papel, zona común de descanso con neveira e microondas e unha sala de formación que conta cunha pantalla táctil traulux e un taboleiro dixital e de videoconferencia. 

Neste sentido, a tarifa para dispoñer dun posto no espazo Coworking, aberto e equipado con mesas e cadeiras é de 60 euros ao mes, unha oficina no viveiro de empresas, 25 euros ao mes e a sala de reunións, 20 euros á hora. Pola súa banda, a sala de formación e a de usos múltiples poderase alugar por 150 euros a sesión cada unha delas. 

O horario de apertura das instalacións do centro é de 24 horas durante todos os días da semana co obxectivo de facilitar o acceso aos lugares de traballo e os usuarios e as usuarias poderán acceder ás instalacións mediante os dispositivos dixitalizados cos que conta o edificio. De igual xeito, as persoas emprendedoras e as iniciativas empresariais poderán dispoñer dun espazo ata un máximo de 18 meses.

Nigrán convoca un novo concurso de carteis ‘Nigranjazz-Quin Alborés elevando o premio aos 700 euros

0

O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés-Nigranjazz’, aumentando a 700 euros o premio a proposta gañadora para festexar así a maioría de idade do festival (desde a súa orixe o premio foi sempre 500 €). O certame ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2024 na súa XVIII edición e o prazo de presentación de propostas remata o 30 de Abril (Día Internacional do Jazz).

O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o evento desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis. As bases  completas poden consultarse na web do Concello www.nigran.es ou na propia Casa Consistorial. 

​Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas propias bases, poidendo enviarse as propostas por correo electrónico, por Rexistro ou Correos, seguindo as indicacións facilitadas na convocatoria.

​“O Concello de Nigrán mantén unha vinculación estreita co mundo do jazz a través da súa programación cultural e estamos moi orgullosos de unir con este certame música e deseño baixo o paraugas do jazz, por iso consideramos que era hora de subir a contía do premio para seguir contanto con participación de alto nivel”, explica o alcalde, Juan González.

Concello de Redondela e Patrimonio taballam na creación dun paseo peonil e un miradoiro no viaduto de Madrid

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura e Patrimonio, Rita Pérez, mantiveron esta semana unha xuntanza de traballo por vídeo conferencia co Director Xeral de Patrimonio do Estado, Juan Tejedor Carnero, e o subdirector do departamento, Bernardino Pérez Crespo de cara a peonalización do antigo viaduto a Madrid que é un ben de patrimonio histórico “pero tamén un elemento de identidade e símbolo de Redondela”, sinala Rivas.

A petición do Concello de Redondela, a Dirección Xeral de Patrimonio realizou xa un estudo de sobre o estado do viaduto, para garantir a súa seguridade no caso de dotalo dun uso peonil.

Agora o goberno local xestionará co Ministerio de Cultura a posibilidade de facer na superficie un miradoiro “que ofrecería unhas vistas espectaculares sobre Redondela, con paisaxes sobre a vila pero tamén sobre o mar e a montaña” explica a concelleira Rita Pérez.

O Concello de Redondela expuxo ante os responsables de Patrimonio que este novo paseo peonil sobre o viaduto “dotaría dun gran valor socio-cultural ao propio monumento e m concienciaría á cidadanía sobre o seu valor histórico”. O goberno local engade ademais que sería “unha vía de acceso segura para os peregrinos que realizan o Camiño Portugués pola Costa” que chegan a Redondela desde Vigo na ruta cara Compostela. Deste xeito evitaríase que os peregrinos crucen a estrada N-552, que rexistra un elevado volume de tráfico.

O viaduto vello foi construído en 1876, e utilizouse durante case un século para o paso dos ferrocarrís entre Vigo e Ourense. En 1971 a construción da nova variante entre a estación de Redondela e Os Valos fixo que se pechase definitivamente o viaduto. Leva máis de 50 anos en desuso, e a súa reconversión nun paseo peonil e un gran miradoiro devolveríalle o esplendor a esta icona da Vila dos Viadutos.

Luis López confirma a colaboración con Down Pontevedra Xuntos como mostra do compromiso da Deputación pola inclusión social

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, amosou o apoio da Deputación ao labor da asociación Down Xuntos Pontevedra durante unha visita á sede desta entidade na rúa Gorgullón de Pontevedra. Acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e a deputada de Igualdade e Benestar Social, Sandra Bastos, Luis López confirmou a concesión dunha axuda a este colectivo para levar a cabo o proxecto ‘Reforzo da Linguaxe Oral. Área Vida Adulta’. Unha iniciativa da que se benefician 51 persoas da zona norte da provincia que consiste na prestación dun servizo especializado de logopedia para os usuarios e na instrución dos familiares para facilitar o desenvolvemento da habilidade da fala e da linguaxe na contorna doméstica.

“Cando dicimos que queremos que a provincia vaia a máis, colectivos como Down Pontevedra Xuntos son determinantes. Queremos sumar esforzos porque para unha administración como a Deputación son a canle perfecta para, a través das axudas que proporcionamos, chegar a estes colectivos. Polo tanto temos que ir da man de Down Pontevedra Xuntos”, recoñeceu o presidente da Deputación.

Despois de percorrer as instalacións desta asociación en Pontevedra e escoitar as explicacións sobre o traballo que realiza e as necesidades que ten esta entidade, o mandatario provincial reafirmou a vontade do goberno da Deputación de manter a colaboración con Down Pontevedra Xuntos en todo o que sexa posible para que continúen ofrecendo un servizo que mellora a calidade de vida das persoas con Síndrome de Down ou con algún tipo de discapacidade intelectual. “Sumámonos deste xeito á conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down que ten lugar este xoves”, contextualizou o dirixente.

Neste sentido, Luis López puxo en valor a importancia deste colectivo fundado no ano 1991 por familiares de persoas con Síndrome de Down. O presidente provincial non só destacou o labor realizado pola inclusión social, a educación e a formación dos seus usuarios, tamén agradeceu o esforzo realizado para que as familias poidan conciliar a vida familiar e laboral. “Quero agradecer o traballo de todos os profesionais que traballan nesta asociación de Down Xuntos Pontevedra. Case 20 persoas que grazas a eles, as familias, nenas e nenos teñan un modo de vida acorde aos tempos que debemos vivir”, valorou Luis López.

A colaboración da Deputación con este proxecto de Down Pontevedra Xuntos reflexa o compromiso do goberno provincial co tecido asociativo pontevedrés para mellorar a atención ás persoas con Sindrome de Down, con algunha discapacidade intelectual ou con todas aquelas persoas que presentan necesidades especiais.

O programa ‘Vacacións en paz’ busca familias de acollida no Rosal

0

O programa ‘Vacacións en paz’ busca familias de acollidas no Rosal. O Concello achega a súa colaboración a esta iniciativa da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) a través da que cada ano nenas e nenos procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís de Tindouf pasan os dous meses de verán en Galicia.

As familias interesadas en participar deberán acoller a unha nena ou un neno durante os meses de xullo e agosto, nos que as temperaturas no Sáhara superan os 50 graos. Deste xeito, con ‘Vacacións en paz’, familia e asociación facilitan ás e aos menores asistencia médica e alimentación, ademais de favorecer a convivencia e integración, perfeccionar a aprendizaxe do castelán e do galego, promover valores de tolerancia e solidariedade e ofertar unha alternativa de lecer á rapazada.

A concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Beatriz Rodríguez, anima ás familias rosaleiras a sumarse a esta iniciativa que “ofrece a infancia nada nun clima de guerra unha estancia agradable na que coñecer formas distintas de vida, contribuíndo á súa formación e tamén a mellorar e potenciar o entendemento entre os pobos galego e saharauí”.

Rodríguez visitou o pasado mes de decembro os campamentos saharauís de Tindouf nun encontro organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e de Sogaps co fin de coñecer de primeira man a realidade das persoas refuxiadas e os proxectos de axuda humanitaria impulsados dende Galicia, así como visibilizar o apoio institucional de diferentes administracións locais galegas á causa saharauí.

As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información chamando ao teléfono de Sogaps 678 727 382.

Luis López anima a participar na Festa do Requeixo e o Mel das Neves

0

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, animou a toda a cidadanía e ás persoas que visitan nesta Semana Santa a provincia a achegarse os vindeiros 30 e 31 de marzo ás Neves para desfrutar Festa do Requeixo e do Mel, que leva 31 anos celebrándose neste concello. “O requeixo e o mel das Neves son xa un emblema da nosa cultura e gastronomía. Dous produtos 100 % Rías Baixas que contribúen a facer da nosa provincia, como recoñece National Geographic, un dos cinco mellores destinos gastronómicos do país”, afirmou Luis López durante a presentación deste evento gastronómico que tivo lugar este mércores na sede de Vigo da Deputación, na que o presidente provincial estivo acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro; e o rexedor das Neves, Jose Manuel Alfonso.

O mandatario provincial salientou a importancia das festas gastronómicas como motores para impulsar a economía local e o turismo, pero tamén, especialmente en municipios como As Neves, para facer fronte ao reto demográfico. “Falamos dun evento que dinamiza a economía local, desde a gandería ata o comercio, dunha festa que atrae visitantes de dentro e fóra das nosas fronteiras e dunha celebración que consolida e enriquece ás Rías Baixas como destino turístico gastronómico”, argumentou López.

A presentación contou tamén cunha exhibición do cociñeiro pontevedrés con estrela Michelin Iñaki Bretal, que empregou o requeixo e o mel das neves para elaborar un prato de alta cociña. “Os teus compañeiros de profesión e os alumnos aos que ensinades no Carlos Oroza, tamén tedes boa parte de mérito no éxito que está a ter a nosa provincia como destino turístico. Grazas ao voso labor podemos dicir que somos un paraíso gastronómico”, personalizou Luis López na figura de Iñaki Bretal para expresar o agradecemento da Deputación polo labor do sector da restauración e a gastronomía da provincia.

Despois de facer fincapé na tradición dunha celebración que acumula xa 31 edicións e que pon en valor dous produtos 100 % Rías baixas como son o requeixo e o mel, Luis López quixo tamén poñer en valor o traballo do alcalde Jose Manuel Alfonso e o seu equipo de goberno no Concello das Neves. Un goberno ao que Luis López volveu tender a man da Deputación. “Nese camiño de avance, a Deputación será un socio leal”, díxolle o presidente citando algúns dos proxectos que o ente provincial ten en marcha neste municipio como é o apoio á celebración desta festa gastronómica, o convenio de colaboración para a humanización da Praza de Santa María de Liñares ou a posta en marcha neste Concello do HUB de loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural.

“Se hai algo que caracteriza as festas gastronómicas como a do Requeixo e o Mel das Neves é que son sinónimo de unión, puntos de encontro e de confraternidade. Tres principios que rexen a nosa acción de goberno e que tamén dan sentido ao labor que realizamos desde esta sede da Deputación en Vigo”, concluíu Luis López, antes de reiterar a invitación a desfrutar desta festa a todo o mundo.

Nigrán dará a coñecer este domingo os vídeos que mellor simbolizan a súa natureza

0

Nigrán lanzou este ano a segunda edición do premio ‘Ollo con Nigrán’, un concurso vídeo literario que quere potenciar a creación artística en lingua galega ao tempo que divulga a gran riqueza natural do municipio. E fíxoo con máis participación ca o ano pasado. Na presente edición presentáronse 29 vídeo creados por máis de 50 persoas de todas as idades. Os gañadores serán dados a coñecer o vindeiro domingo 24 ás 19.00 horas nunha gala no Auditorio Municipal.

O xurado, composto polo xornalista Julián González, a poeta e profesora de galego Ana Fernández, e a bióloga Josefa Fernández Rodríguez destacaron a “orixinalidade das propostas” e decidiron repartir 4 premios máis dos previstos. Todos os gañadores e gañadores recibirán vales que suman un valor de máis de 1.000 euros para gastar nos comercios locais que se apuntaron no formulario de inscrición que compartiu o Concello.

O certame consta de tres categorías: Estelas, para nenos e nenas de Nigrán nada no ano 2012 ou posteriores, Lourido, mozos e mozas de Nigrán nadas entre o ano 2006 e 2011 e Monteferro, para persoas nadas antes do ano 2006. Esta concurso forma parte da programación municipal do Mes da Natureza.

O alcalde, Juan González, destaca que con este certame queremos mostrarlle a todo o mundo “que temos unha natureza privilexiada que ten de todo dende as praias ata os miradoiros máis impresionantes”. Ademais tamén incide que “Ollo con Nigrán permite ver as miradas que os veciños e veciñas teñen do noso municipios, descubrir xoias ocultas e aprender en conxunto que a nosa natureza é unha gran riqueza”.

O equipo técnico do PXOM de Redondela manterá reunións informativas cos veciños en todas as parroquias en abril e maio

0

Tal e como se comprometeu o goberno de Digna Rivas, o equipo técnico que elaborou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Redondela realizará reunións informativas en todas as parroquias para dar a coñecer o planeamento urbanístico a toda a veciñanza. Hoxe mércores publicouse no DOG a aprobación inicial do PXOM, e desde mañá, dia 21, queda exposto ao público e ábrese o período de alegacións.

O prazo que establece a normativa é de dous meses, pero o goberno redondelán decidiu amplialo ata os tres meses “para favorecer que toda a veciñanza teña tempo de estudalo, saber como lle vai afectar e poida facer as alegacións que estime oportunas”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Desde mañá e durante tres meses a cidadanía terá á súa disposición aos técnicos nas dependencias municipais para explicarlles todo o relativo ao PXOM e asesoralos. Este servizo estará dispoñible todos os días de luns a venres de 8:30 a 14:30 horas na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños.

Reunións informativas nas parroquias en abril e maio

Tal como se comprometeu a alcaldesa Digna Rivas faranse reunións informativas en todas as parroquias co equipo técnico redactor do plan “para resolver dúbidas e atender as inquedanzas da cidadanía”. Realizaranse nos meses de abril e maio, en datas xa acordadas cos propios centros parroquiais para facilitar a asistencia da veciñanza. En todos os casos as xuntanzas realizaranse en horario de 17.00 a 19.00 horas.

A primeira das reunións será o martes 9 de abril no Centro Cultural de Saxamonde e o mércores 10 de abril en Quintela; o luns 15 de abril a xuntanza será en San Estevo de Negros, o martes 16 de abril en Cabeiro e o mércores 17 de abril en Vilar. O luns 22 de abril será a reunión no Viso, o martes 23 en Ventosela e o mércores 24 en Reboreda.

No mes de maio as reunións serán o luns día 6 en Cesantes, o martes 7 en Trasmañó, e o mércores 8 en Cedeira. No Multiúsos do Piñeiral de Chapela será o martes 21 de maio e no Multiúsos da Xunqueira o mércores 22.

O encontro científico-técnico de ‘Pinus pinaster’ impulsa a confluencia da investigación científica coa xestión operativa do monte

0

A Asociación Forestal de Galicia desenvolveu durante dous días un encontro científico–técnico transfronteirizo sobre os montes de ‘Pinus pinaster’, coñecido popularmente como piñeiro do país ou piñeiro bravo. O encontro impulsou a confluencia da investigación científica e da xestión do monte en Galicia e Norte do Portugal, pois o evento contou con investigadores, propietarios forestais, empresas de servizos forestais e aserradoiros de transformación da madeira.

O obxectivo do evento foi o de debuxar a folla de ruta para o ‘Pinus pinaster’ nos próximos anos en Galicia e Norte de Portugal, ante retos como o cambio climático e o avance de pragas e enfermidades.

As conclusións do evento apuntan á necesidade de proseguir os esforzos en mellora xenética, unida a unha silvicultura dirixida a obter madeira de maior calidade e que sexa máis rendible para os propietarios.

[su_image_carousel source=”media: 82303,82302,82301,82300,82299″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

No debate do encontro, reflexionouse sobre cuestións como os modelos silvícolas a aplicar en monte ou as vantaxes da introdución de planta mellorada nas novas plantacións.

Visitas a monte

Como parte deste encontro, fixéronse visitas a monte a unha parcela de ensaios de ‘Pinus pinaster’ ubicada no monte veciñal de Soutelo (Salceda de Caselas), instalada no 2021 de xeito conxunto polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a Asociación Forestal de Galicia. Trátase dunha parcela na que se están ensaiando un total de 12 xenotipos resistentes ó nematodo do piñeiro.

Outra das visitas técnicas foi ó monte demostrativo de Mouriscados (Mondariz), impulsado pola Asociación Forestal de Galicia en colaboración coa comunidade de montes veciñais de Mouriscados (Mondariz). No monte demostrativo de Mouriscados visitáronse traballos de plantación con planta mellorada, procedente de estaquilla, así como unha plantación experimental de 2,7 hectáreas de planta resistente ó nematodo do piñeiro.

O percorrido polo monte veciñal de Mouriscados concluíu nunha zona na que, tras un recente incendio, restauráronse antigas terrazas. É un traballo que se fixo con material controlado de ‘Pinus pinaster’, acompañado de rexeneración natural, e de franxas de bidueiros en determinadas zonas.

O GDR Condado Paradanta presenta este venres a súa nova marca corporativa no Pazo de Pegullal de Salceda de Caselas

As cores e palabras da nova marca fan un guiño á estratexia de crecemento sostible que aposta polos recursos naturais, pola riqueza da terra e pola importancia da auga que a rega e os ríos que configuran o territorio destes dez concellos. A nova marca pretende a unidade e que toda a veciñanza do territorio do GDR se sinta integrada e representada neste organismo. O territorio de actuación do GDR é o formado polos concellos de O Condado, A Paradanta e o de Salceda de Caselas.

A nova imaxe corporativa renderá homenaxe a auga que da vida e sustento, a terra fértil e produtiva e a conexión dá comunidade coa súa contorna. Un deseño a tres cores que se enlazan dun xeito harmónico ao igual que o equilibrio que a estratexia de desenvolvemento sostible do GDR quere acadar nos vindeiros anos. Tres cores que se unen para facer posible a vida, ao igual que se unen os dez Concellos para coidar e potenciar os recursos naturais e patrimoniais.

Durante o evento tamén se presentará a nova estratexia Leader 2023-2027 adiantando os eixos fundamentais nos que se traballará e os criterios de baremación para puntuar as solicitudes de proxectos.

Desde o GDR apostan pola arte como instrumento para valorizar o patrimonio, o rural e a identidade dos dez Concellos, motivo polo que o Pazo Pegullal converterase en escenario dun espectáculo de danza ao aire libre.

A Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), a Deputación de Pontevedra, o Clúster de Turismo, alcaldesas e alcaldes dos dez concellos e asociacións e colectivos representativos do tecido social, cultural e económico estarán presentes neste acto.

O GDR aposta por dous ingredientes que simbolizan a vida e tamén a produtividade, unha meta que estes dez Concellos queren acadar nos ámbitos medio ambientais, económicos e socioculturais.

Concello e Club Natación Mos presentan o XI Campionato de Natación Escolar Val da Louriña

A Piscina Municipal do Pavillón ‘Óscar Pereiro’ de Mos acolleu a presentación da décimo primeira edición do Campionato de Natación Escolar ‘Val da Louriña’, un acto que contou coa presenza da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o presidente do Club Natación Mos, Adrián Trillo; a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez e os monitores deportivos da Piscina Municipal, Lorena, Salva e Nacho.

Durante a presentación anunciouse que a XI Edición do Campionato Escolar terá lugar o vindeiro 28 de abril, domingo, e nela poderán participar nenas e nenos nacidos entre os anos 2010 e 2017 (ambos inclusive).

O Club Natación Mos, xunto ao Concello de Mos, pon en marcha unha nova edición do Campionato de Natación Val da Louriña, que acada a súa undécima edición o próximo 28 de abril.

“Este Campionato naceu como forma de potenciar a natación no noso Concello, e entre a cativada dos colexios; e seguir garantindo a aparición de novos nadadores de éxito no municipio”, declararon as representantes municipais Arévalo e Rodríguez.

Pola súa banda o presidente do Club mosense, Adrián Trillo, informou de que “este ano a gran novidade do Campionato será a entrega do Trofeo de Campión ao colexio que máis puntos obteña”.

Tamén dende o Club Natación Mos destacaron “a gran colaboración que leva habendo dende hai máis dunha década entre o Concello e o Club para sacar adiante un Campionato no que foron descubertos cativos que a día de hoxe son parte do equipo de natación” como tamén agradeceron “o gran labor de todo o persoal da concellería de Deportes de Mos” xa que “a meirande parte dos participantes no campionato veñen dos cursiños municipais, xerme da potenciación da natación no Concello de Mos”, salientou Trillo.

O papel das mulleres emprendedoras no ámbito científico, no marco do programa de pódcasts ‘Ciencia en feminino’ da Deputación

A Deputación de Pontevedra ofrece este xoves unha conferencia sobre o papel das mulleres emprendedoras no ámbito científico no marco de ‘Ciencia en feminino’, o programa de pódcast e videopódcast que promove xunto a GCiencia para reivindicar o papel da muller nas ciencias e na investigación. Catalina Fernández de Ana Portela, bióloga e CEO de Hifas da Terra, será a encargada de afondar na relación entre ciencia e emprendemento feminino xunto á deputada provincial Sandra Bastos. A conferencia de ‘Ciencia en feminino’ poderase seguir a través de GCiencia e das súas plataformas de Facebook, Youtube, Google Podcasts, Spreaker, Spotify, IHeart, Deezer, Podchaser e Apple Podcasts.

Esta iniciativa, que promove a Deputación de Pontevedra ao abeiro da campaña ‘Seguimos con todas e para todas’, deseñada para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, ofrecerá en total dúas charlas coloquio e dúas conferencias que afondarán, entre outras cuestións, nas vocacións femininas, o emprendemento na ciencia, a investigación no estranxeiro ou os teitos de cristal. A primeira das conferencias terá lugar este xoves, da man de Catalina Fernández de Ana Portela, e a segunda será o 11 de abril con Begoña Vila, astrofísica especializada no estudo de galaxias que traballa como enxeñeira de sistemas na NASA que se centrará nos teitos de cristal na ciencia e a tecnoloxía.

No que respecta ás charlas-coloquio xa está dispoñible a primeira delas, centrada nas vocacións científicas, na que participaron Alicia Bruzos, bióloga especializada no cancro en animais mariños; Uxía García, primeira doutora aeroespacial da Universidade de Vigo; e Blanca Moncunill, paleontóloga na Universidade da Coruña. A segunda charla terá lugar o 4 de abril, para abordar cuestións relacionadas coa investigación no estranxeiro. Neste caso daranse cita Raquel Lama, investigadora sobre a viroloxía molecular dos peixes en Francia; Cristina Lazcano, investigadora sobre o cambio climático en California; e Carmen Figueiras, investigadora sobre a gripe en Londres.

A Cañiza entrega 55 novos composteiros domésticos para a reciclaxe de residuos orgánicos no rural

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, deu conta da entrega este pasado luns, de 55 novos composteiros para a reciclaxe de residuos orgánicos destinados a vivendas unifamiliares. Esta nova achega, que reflicte o compromiso do Concello da Cañiza coa sostibilidade e o medio ambiente, engádese ás outras 75 unidades entregadas con anterioridade e que fan que nestes momentos, o rural do municipio conte cun total de 130 composteiros domésticos.

Na entrega dos composteiros, Cristina Cabana, formadora da empresa Ancaria, impartiu unha charla sobre que é a compostaxe, como compostar, que produtos e materiais podemos verter nos composteiros e por último como montalos de xeito eficiente. Ao mesmo tempo o Concello fixo entrega dunha guía de reciclaxe e montaxe para que a veciñanza non perda as pautas que se deron na charla.

Cun coste de 11.011,00 € estes 130 composteiros e aireadores, súmanse ás distintas iniciativas de información e edición de folletos e guías que formaron parte da campaña de compostaxe doméstica #acañizacoidadaesostible que tivo un investimento total de 16.505,61€ dos que 13.497,30 € foron subvencionados pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta e a Unión Europea cos fondos NextGeneration EU ao abeiro das axudas para financiar actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal.

Luis Piña subliñou que se está a traballar “para adquirir máis unidades de xeito que entre todos poidamos baixar as cifras de residuos do contedor verde”. A maiores dos evidentes beneficios, o alcalde da Cañiza chama a atención sobre o feito “da redución das toneladas a reciclar e tamén da factura mensual da recollida de Sogama que a día de hoxe supera os 7.500 €/ mes por retirar e tratar os residuos da Cañiza. Un total de 1.580 t de lixo anuais que no pasado ano 2023 supuxeron un custe para as arcas municipais de 88.684,71 €”.

Con todo o Luis Piña subliñou que A Cañiza “é un dos concellos que menos pagan por tonelada á Sogama xa que cumprimos con todas as condicións para que a Sociedade Galega do Medio Ambiente, encargada de xestionar o noso lixo do contedor verde, rebáixenos o prezo da tonelada de 66 €/t a 56,1 €/t”.

“Esta rebaixa de 9,9 €/t, débese a que realizamos campañas de reciclaxe, rebaixamos nos últimos anos a cantidade de residuo a reciclar e ademais xa estamos preparados para a recollida do residuo marrón no casco urbano”, explica o rexedor local.

Nesta liña, Piña tamén recordou que o Concello adquiriu en decembro de 2022 un novo camión de recollida de residuo marrón, por 49.005,00 €, cunha subvención de 30.000,00 da Consellería de Medio Ambiente da Xunta e cofinanciado tamén pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos 2022 cunha axuda de 15.203,75 € aos que o Concello sumou 3.801,25 € de fondos propios.

Trátase dun camión non compactador de recollida de biorresiduos que recollerá materia marrón no núcleo urbano e que estará operativo cando abra a nova planta de tratamento biolóxico de SOGAMA en Arbo, onde se trasladarán os residuos para posteriormente tratalos e transformalos en compost ou biogás.

Para depositar esta fracción orgánica o Concello tamén adquiriu 700 unidades de cubos específicos para os domicilios do núcleo urbano que se repartirán nos vindeiros meses.

‘As nosas Conquistadoras’ homenaxea a mulleres destacadas das parroquias redondelás de Trasmañó e Quintela

A iniciativa ‘As nosas Conquistadoras’ ten por obxecto homenaxear a mulleres de Redondela que exemplifican a importancia da participación da muller na sociedade. Nace dentro do programa do 8M do municipio para estender a loita pola igualdade máis alá da celebración dun só día.

‘As nosas Conquistadoras’ nace como continuación da xa coñecida exposición ‘Conquistadoras’ do Concello de Redondela. A alcaldesa Digna Rivas, explica que “este goberno comprométese coa loita pola igualdade durante todo o ano, por iso a intención desta actividade é alongar a programación do 8M, para que non quede nun só día”.

“Son as propias asociacións de veciños e veciñas dasparroquias as que escollen á muller homenaxeada en cadacaso”, sinala a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa.

Este domingo, día 17, celebrarase dous recoñecementos: ás 12.00 horas na A.D.C. de Rande homenaxe a Carmen Álvarez Álvarez, e ás 18.00 horas na Casa Cultural de Quintela a Carmen Darriba Amoedo. Ademais dos actos organizados en cada caso coas asociacións de veciños, o Concello faralles entrega dun ramo de flores e un retrato orixinal feito en directo pola artista Alba Fernández Troiteiro, que quedará exposto no Centro Cultural de cada parroquia “como homenaxe e recordo do seu traballo e a súa historia de vida” engade Rivas.

A primeira homenaxe no marco deste programa fíxose o ano pasado. En San Estevo de Negros foi recoñecida Mercedes Portela Rodríguez, polo seu traballo como carteira en correos durante moitos anos. En Ventosela homenaxeouse a Celsa Míguez Bouzón, por ser a muller de maior idade, e en Saxamonde a muller elixida foi Sofía Vilaboa, tamén escollida pola súa parroquia por ser a de maior idade. En Cesantes foi recoñecida a mestra Carmen Barreiro Seoane, mentres que en Cabeiro a eluxida foi Balbina Castro Balado.

A intención deste acto é, polo tanto, recoñecer o valor das mulleres redondelás cunha homenaxe na súa propia parroquia, “achegando a loita pola igualdade a todos os lugares sociais e de promoción cultural do municipio”explica a edil de Igualdade.

Redondela abre o vindeiro xoves, 21 de marzo, o período de exposición pública do PXOM

0

O Concello de Redondela abre o próximo xoves día 21 a exposición pública e o período de alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. O goberno local facilitará á cidadanía todos os medios dispoñibles para que coñeza o plan e poida facer as súas alegacións. O prazo que establece a normativa é dun período de dous meses, pero o goberno redondelán decidiu amplialo ata os tres meses “para favorecer que toda a veciñanza teña tempo de estudalo, saber como lle vai afectar e poida facer as alegacións que estime oportunas”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Durante os tres meses deste período de alegacións a cidadanía terá á súa disposición aos técnicos nas dependencias municipais para explicarlles todo o relativo ao planeamento urbanístico e asesoralos. Este servizo estará dispoñible desde o 21 todos os días de luns a venres de 8:30 h a 14:30 h horas na Oficina de Turismo, na rúa Isidoro Queimaliños.

Para facilitar o acceso da veciñanza a toda esta información o Concello contratou tamén o servizo dun visor dixital ao que poderán acceder na páxina web do Concello, tanto desde as súas casas como acudindo á oficina de información do PXOM. Dun xeito cómodo os veciños e veciñas poderán buscar a través deste visor as súas parcelas “cun funcionamento moi sinxelo e intuitivo”, apunta o concelleiro de Urbanismo Antonio Cabaleiro. Na páxina do Concello inclúese un vídeo explicativo coas indicacións para utilizar o visor.

Reunións informativas nas parroquias

O compromiso do goberno de Rivas é facer reunións informativas en todas as parroquias co equipo técnico redactor do plan “para resolver dúbidas e atender as inquedanzas da veciñanza”, afirma a alcaldesa. Realizaranse nos meses de abril e maio, nas datas que se acorden cos propios centros parroquiais para facilitar a asistencia da veciñanza. Rivas afirma que desde que chegou á Alcaldía era consciente de que a tramitación do Plan Xeral debía ser a súa prioridade, “e traballouse coa empresa redactora, funcionarios e técnicos do Concello e o resto de grupos políticos para retomar os traballos e conseguir que o documento fose unha realidade”.

No Viso, Redondela, os incendios apáganse no inverno

0

Dende a Comunidade de Montes Veciñais en man Común do Viso tense claro dende hai anos que os lumes apáganse en inverno. A xestión diaria do monte, o estar pendente de cada necesidade do monte e o seguimento permanente da súa evolución é a principal ferramenta para loitar contra a lacra dos incendios forestais. Así o indican dende a Xunta Directiva do monte veciñal do Viso: “un monte abandonado e sen xestión, nun territorio tan antropizado, leva tarde ou cedo á súa destrución polas lapas, sobre todo coa desastrosa situación actual de cambio climático ”.

Por este motivo, a actividade é constante neste monte, que se xestiona baixo estándares internacionais de xestión forestal sostible. No último ano traballouse en multitude de áreas e fíxose un importante esforzo para reducir a biomasa no entorno das zonas da parroquia habitadas lindeiras co monte veciñal. 

No monte Espiño traballouse sobre 12,62 ha do rexenerado de piñeiro, reducindo a súa densidade e rozando o mato. Neste caso contouse cunha axuda para actuacións silvícolas da Consellería de Medio Rural. Reforestáronse 4,91 ha destruídas no incendio do ano 2016, das cales a metade foron de piñeiro do país e a outra metade de castiñeiros, bidueiros e carballos. Esta actuación contou cunha axuda da Xunta de Galicia para forestación de rasos. Tamén se realizaron pequenas repoboacións con frondosas en zonas do monte Outeiro Grande e do monte Espiño.

A propia comunidade realizou xornadas de voluntariado coa veciñanza enmarcadas no Día da Árbore nas que, entre o ano 2023 e o 2024, repoboáronse máis de 800 frondosas caducifolias en zonas de defensa contra incendios no entorno de vivendas na zona de Saramagoso, onde previamente se cortara o eucalipto alí presente, e no entorno da senda alternativa ao Camiño de Santiago que pasa polo monte comunal. Rozáronse pistas forestais no monte Espiño, rozouse a parcela da Lomba e rozouse e podouse o arborado do entorno do Miradoiro do Outeiro Grande. Na Nogueira, cunha axuda do Plan Social de Ence, actuouse sobre dúas zonas de matogueira e arborado moi próxima a vivendas. Xa recentemente rozouse unha zona de difícil acceso no entorno das casas no lugar da Feixoeira, na base da Peneda.

O traballo é permanente e a xestión dos montes do Viso busca fomentar unha importante descontinuidade arbórea e definir de maneira estratéxica franxas de defensa pasiva contra incendios forestais. Así pois, nos vindeiros meses seguirase traballando coa roza de pistas forestais, e realizarase un esforzo importante no monte que os comuneiros do Viso teñen na Peneda, un lugar emblemático da comarca no que os incendios provocaron importantes danos no pasado.

Nigrán estrea un proxecto piloto de ‘arte terapia’ para persoas con padecementos psico-emocionais

0

O Concello de Nigrán estreou este mes no Auditorio Municipal un programa piloto a nivel nacional para introducir a ‘Arte Terapia’ no tratamento das persoas con diversos problemas de saúde mental (desde ansiedade a crise post-traumática, dó, depresión, crise vital…). Deste xeito, o Concello toma nota efectiva da recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS) en novembro de 2019 de que os gobernos e administracións introduzcan as artes no sistema sanitario como complemento ao tratamento farmacolóxico e para a prevención de doenzas.

​En concreto, esta novidosa iniciativa que se desenvolverá en 6 sesións matinais de aquí a maio, nace de xeito totalmente altruísta da man de Julio Francisco Fóthy, médico de familia do Centro de Saúde Val Miñor, e a arteterapeuta Lucía González Vicente da Fundación Eomaia, e o obxectivo é abrir o programa no mes de setembro a tódolos cupos do ambulatorio.

​“É un orgullo ofrecer desde o Concello de Nigrán este programa que, sabemos, non substitúe á atención médica, pero axuda na contención emocional da persoa que está agardando por unha consulta e , ao mesmo tempo, estimula a súa autonomía e autoxestión, así que estamos moi agradecidos a Julio Francisco e Lucía González de terse dirixido a nos con esta proposta”, explica o alcalde, Juan González. “Non se trata en ningún caso dun obradoiro de pintura nin un curso para aprender técnicas, sendo o propio  médico de cabeceira quen prescribe a intervención, como se fose unha receta”, subliña Roberto Garrido, edil de Cultura coordinador desta iniciativa. 

​ “Confeccionamos grupos donde tengamos la seguridad que cada uno pueda expresarse y conocerse a si mismo en pro del desarrollo personal; tiene que haber un equilibrio de caracteres para que no se solapen unos a otros”, explica Fóthy, quien estará en cada sesión “en la retaguardia” para poder apoyar a Lucía González, arteterapeura cuxos anos de experiencia avalan os bos resultados obtidos. “El arte es un medio de expresión que acompaña, que te descubre a ti misma, y el proceso creador es imprevisible como la vida misma, por eso es muy importante para mi que un profesional médico como Julio reconozca sus beneficios y lo prescriba”, explica Lucía, quen traballa fundamentalmente coa acuarela para que as persoas “flúan” co pincel deixándose levar e sen pensar demasiado. “Isto non é un obradoiro libre, son sesións previamente moi preparadas, dirixidas en todo momento, cunhas normas claras e que culminan cunha ‘recollida’, isto é un encontro compartido nesta contorna segura para que a xente marche con asuntos cerrados e non con problemas abertos. ”, matiza.

​“Este es un programa piloto. Sabemos que los resultados van a ser buenos porque conocemos la experiencia al respecto. Así que a partir de septiembre trabajaremos para lograr fondos que lo cubran y que los pacientes sean derivados de manera equilibrada de los 9 cupos del CS Val Miñor Xunqueira, con la posibilidad de ampliar la oferta a los CS Gondomar, CS Panxón, CS Baiona. Queda mucho trabajo”, recoñece Julio.

O Rosal abre a mente a novas masculinidades con Joshua Mateo nos ‘Cafés en igualdade’

0

A vida de Joshua Mateo é unha lección de superación. Fillo de Sesé Mateo, asasinada pola súa ex parella non 2017, con 25 anos e orfo pola violencia machista cambiou o seu rumbo laboral: deixou a informática para converterse en axente de Igualdade de Xénero e ofrecer charlas e talleres na comunidade educativa e a público adulto coa experiencia de quen ten vivido de primeira man a lacra da violencia de xénero.

Director de proxectos en Xénero Educa, Mateo será o protagonista da vindeira charla dos ‘Cafés en Igualdade’ do Rosal, que este xoves 21 de marzo abordará as ‘Novas masculinidades. Outra forma de ser home’, novas formas de relacionarse que queren rachar coas desigualdades, apostando polas relacións entre iguais e loitando contra todas as formas de violencia contra as mulleres. Nesta ocasión a cita será ás 17.30 horas na Abadía das Eiras.

O seu traballo a prol da igualdade e na loita contra a violencia de xénero mereceulle a Joshua Mateo o galardón na categoría de ‘Resiliencia’ na XVIII entrega de recoñecementos a persoas, proxectos e institucións do Ministerio de Igualdade con motivo do 25N, no que se premiou o seu labor de formación e defensa dos dereitos de orfos e orfas da violencia machista.

O Concello do Rosal puxo en marcha os ‘Cafés en Igualdade’ co obxectivo de achegar á veciñanza temas de interese e de grande actualidade dun xeito cómodo e distendido e percorrendo diferentes puntos de encontro no municipio, tamén nos barrios. Unha iniciativa que sesión tras sesión converteuse xa “nun referente para rosaleiros e rosaleiras, un lugar de aprendizaxe no que resolver dúbidas, abordar novos temas ou soamente desfrutar do lecer conciliando a vida familiar, laboral e persoal. Sen dúbida, unha oportunidade única de promover o diálogo, a reflexión e o apoio mutuo, enriquecendo o tecido social e fortalecendo lazos”, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. 

Os ‘Cafés en Igualdade’ continuarán con sesións de balde os últimos xoves do mes ata maio en horario de 17.30 a 18.30 horas. O proxecto conta co financiamento do Ministerio de Igualdade a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero 2023-2024.

A Deputación destina máis de 1,75 millóns de euros para que 11 concellos da provincia contraten a 54 persoas, afronten gasto corrente e impulsen novos investimentos

A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar preto de 1,76 millóns de euros para que 11 concellos da provincia impulsen novos investimentos, afronten gasto corrente e contraten a 54 persoas ao abeiro das tres primeiras liñas do Plan +Provincia. Benefícianse destes recursos A Estrada, Arbo, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Lalín, Meaño, Moaña, O Grove, Silleda e Vilagarcía de Arousa. “Avanzamos no reparto de fondos do Plan +Provincia, e este ano xa aprobamos preto de 11 millóns de euros para os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes”, asegurou o presidente provincial, Luis López.

No marco da liña 1, de investimentos, a Xunta de Goberno aprobou 908.000 euros para catro concellos: Arbo, Cerdedo-Cotobade, Covelo e Lalín. Desta maneira, Lalín recibirá 729.686 euros para a adquisición de terreos par a Gran Praza; Cerdedo-Cotobade 63.609 euros para as obras de recollida de augas pluviais e pavimentado de pistas nos lugares de Cuiñas e Costiñas (38.174 €) e a instalación de cinco columnas de iluminación de aceiro galvanizado na PO-233 e substitución 23 luminarias entre PQ 5+450 e PQ 6+730 nas parroquias de Borela e Almofrei (25.434 €), e Covelo 32.175 € para a reforma interior da Escola de Redondo.

Ademais, Arbo contará con 83.212 euros para o proxecto de mobilidade peonil no treito antigo da EP-5201 Arbo-Cabeiras-Barcela na contorna da Igrexa de San Sebastián, que completarán os 332.851 € que xa recibiu ao abeiro dun convenio firmado entre Deputación e Concello. Desta maneira, o orzamento total será de 416.064 € e estará financiado integramente pola institución provincial.

No caso da liña 2, de gasto corrente, o presidente provincial informou que a Xunta de Goberno da Deputación acaba de aprobar 287.975 euros para os concellos de Moaña, Silleda e Vilagarcía de Arousa. En concreto, A Moaña diríxense 91.144 euros para o servizo de limpeza viaria e a Silleda 73.815 euros para servizos enerxéticos e de mantemento integral do alumeado público exterior. Ademais, Vilagarcía de Arousa recibirá 123.015 euros para o Combate Naval (46.415 €), o VII Festival Internacional de Música Clásica (30.000 €), un programa para fomentar a igualdade de xénero (13.246 €) e catro proxectos: un de estimulación cognitiva e psicomotriz (12.654 €), o Empatiza (8.869 €), “Non te deixes enganar” (6.125 €) e o de intervención socioeducativa dende o teatro do oprimido (5.614 €).

Por último, ao abeiro da liña 3, de activación de emprego, a institución provincial aproba 571.177 euros para a contratación de 54 persoas desempregadas nos concellos da Estrada, Catoira, Meaño e O Grove. En concreto, A Estrada recibirá 194.973 € para contratar a 15 traballadores como peóns forestais (4), peóns de obras públicas (3), oficiais de 1ª albaneis (2), axudantes electricistas (2), conserxe (1), oficial de 1ª fontaneiro (1), auxiliar de biblioteca (1) e condutor de camión (1); O Grove disporá de 174.608 € para 18 persoas que ocuparán os postos de peóns de obras públicas (5), auxiliares administrativos (4), peóns de limpeza (3), peóns de xardinería (2), condutores (2), auxiliar de cultura ou animador sociocultural (1) e axudante de museo (1); Meaño beneficiarase de 109.364 € para contratar a 12 traballadores como peóns de obras públicas (4), albaneis (3), operario condutor (1), traballador forestal (1), limpador (1), técnico de educación infantil (1) e coidador da terceira idade (1), e Catoira recibirá 92.230 € do Plan +Provincia para que 9 persoas ocupen os postos de peóns de obras públicas (6), peón de limpeza (1), condutor (1) e auxiliar ou axudante de museos (1).

Semana Santa de Valença arrancou no Domingo

As celebrações da Semana Santa, em Valença, começaram no domingo, 17 de março, com a Procissão dos Passos e prolongam-se até 1 de abril. A Procissão dos Passos foi a primeira grande cerimónia da Semana Santa de Valença e percorreuas várias Capelas dos Passos, da Fortaleza.

Esta procissão reconstitui os passos de Jesus Cristo desde o Pretório até ao Calvário e saiu da Igreja da Colegiada de Santo Estêvão.

Na Coroada, em frente a capela do Senhor do Encontro, decorreu um dos pontos altos da celebração, o emblemático “Sermão do Encontro”. Esta manifestação religiosa foi organizada pela Santa Casa da Misericórdia e Paróquia de Santa Maria dos Anjos de Valença.

No fim de semana de 23 e 24 de março o destaque vai para a recriação histórica dos vários capítulos da vida de Cristo com o “Via Crucis” e Mercado Nazareno, na Fortaleza, numa iniciativa da Câmara Municipal.

24 de março é, também, Domingo de Ramos, decorrendo a bênção dos ramos na Capela do Bom Jesus, na Coroada, às 11h00, seguida de procissão para a Igreja da Colegiada de Santo Estêvão.

Entre 24 e 30 de março, das celebrações da Semana Santa, destacam-se o “Lava Pés”, a Oração de Noa, a Narração da Paixão e Adoração da Cruz, a Procissão do Enterro do Senhor, a Exposição do Senhor do Túmulo e a Vigília Pascal.

Domingo, 31 de março, é dia do Compasso Pascal percorrer as casas dos valencianos mantendo uma tradição secular de anunciar a boa nova da ressurreição de Cristo. 

As celebrações da Semana Santa de Valença encerram com o emblemático “Lanço da Cruz”, segunda-feira de Páscoa, em Cristelo Covo, às 16h00.

Arbo continúa traballando na mellora das súas infraestruturas deportivas

0

O Concello de Arbo vén de recibir unha achega de 33.268,59 € da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas (PEID) para a reforma dos vestiarios do Campo de Fútbol Municipal de Arbo. O obxecto do presente proxecto reside na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

A intervención é o resultado de dúas necesidades:

a) Unha funcional: Dotar ao campo de futbol de máis vestiarios.

b) Unha construtiva: Resolver a patoloxía da entrada de auga pola fachada.

Ademais procédese a facer accesible un aseo de público dos xa existentes, xa que actualmente non cumpre normativa.

O obxecto do presente proxecto consiste na intervención funcional consiste en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.

Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.

O acceso aos novos vestiarios proxéctase desde o exterior, polo que se realizará a apertura do oco para o acceso, así como para unha xanela, que permita a ventilación dun dos novos vestiarios.

O PSOE tomiñés denuncia “o caos” do servizo de recollida de lixo

0

O grupo socialista de Tomiño, no Pleno celebrado o día 14 de marzo, realizou unha pregunta sobre a situación na que se atopa a realización do novo prego de condicións para licitar a concesión da xestión do servizo público de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos, transporte á planta e limpeza viaria. Lembran as concelleiras socialistas de Tomiño que sobre esta cuestión xa se preguntara no pasado mes de decembro contestando o Goberno “que estaba sendo redactado por unha consultoría”.

Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras socialistas o Concello de Tomiño fixeron fincapé na sesión plenaria que “a última prórroga do contrato coa empresa adxudicataria rematou en marzo de 2023, hai xusto un ano, e que a empresa adquiriu o compromiso de continuar prestando o servizo ata o 31 de decembro do 2023.

Ante este descontrol e o que cualifican de “nula xestión por parte dos gobernantes de Tomiño, así como a falta de transparencia neste proceso”, as socialistas pediron explicacións e volveron a preguntar si é certo que se voltou prorrogar o contrato en Xunta de Goberno e os termos e condicións desa prórroga, “pois a día de hoxe a situación segue a ser caótica na recollida do lixo e na limpeza viaria no noso Concello”, aseguran as concelleiras, obtendo como única resposta por parte do portavoz do grupo de Goberno “que están a redactar un novo prego novedoso e con moitas sorpresas, e que se detectamos eivas no servizo fagámosllo saber”.

As socialistas consideran que está contestación solo evidencia a falta de compromiso, de traballo e seguimento diario nun tema tan importante para o benestar da veciñanza como este.

Por outra banda, o grupo socialista preguntou cal é a razón de que unha persoa allea e externa ao Concello contacte con donos e donas de locais comerciais en Goián co obxectivo de alugalos e cal vai ser o fin ó que serán destinados eses alugueiros.

A sorpresa das socialistas foi maiúscula cando o voceiro do Bloque “manifesta en sede plenaria que non pode nin quere dar esa información”.

Violeta de Santiago e Mirta Misa consideran “inconcebible e inasumible” que un Goberno negue información á Corporación Municipal en sede Plenaria, “o órgano que representa a todos e todas as veciñas de Tomiño”.

“É algo que nunca pensamos que poidera ocurrir –aseguran–, e moito menos dun goberno que presume de progresista, pero que nas súas formas demostra día a día ser opaco e moi pouco democrático. A falta de transparencia e o secretismo absurdo son unha vez máis, a maneira sistemática de gobernar dos nacionalistas que seguen a tomar decisións de costas ós veciños e veciñas de Tomiño” denuncian as concelleiras Socialistas”

O PSOE guardés asegura que o Goberno do PP “leva tarde, mal e a rastro uns orzamentos que amosan unha total falta de proxecto para a Guarda”

0

O Grupo Municipal Socialista da Guarda votou en contra, no último Pleno da Corporación aos orzamentos 2024 presentados polo goberno do PP que “amais de presentalos tarde, mal e a rastro”, afirma a portavoz municipal socialista, Fátima Rodríguez, amosan unha “total falta de proxecto para A Guarda.

A portavoz do PSdeG-PSOE fixo un pormenorizado análise dos motivos que levaron ao seu grupo a votar en contra dos orzamentos, comezando porque, afirma, “amosan unha pésima xestión dos recursos do Concello” reservando este ano 23.570,17 € para levar a cabo melloras na rede de abastecemento da auga, “o que estaría moi ben se no 2023 non tiveran perdido 30.000 € dunha subvención conseguida por nós para o mesmo fin” afirma o Grupo municipal socialista que lamenta que o Concello teña “un equipo de goberno que perde subvencións (xa contabilizamos varias desde que están ao mando), e ten que quitar cartos do peto dos/as guardeses/as para facer as cousas”.

Outro dos motivos é a falta de criterio á hora de investir os cartos xa que, afirma Fátima Rodríguez, “a maior inversión que realizarán con fondos propios (29.000 €) será na creación dun parque canino no Castelo de Santa Cruz. Se o que queren é dinamizar este elemento patrimonial, e postos a inverter diñeiro no mesmo, cremos que habería outras opcións mellores”.

Entre esas “opcións mellores” os socialistas poñen o exemplo “da creación dunha área de lecer para nenos/as e adultos/as ao estilo do Parque dos Sentidos, ou destinalo a ser espazo que podan ocupar creadores/as locais ou foráneos/as de distintas disciplinas artísticas onde poder impartir formación, levar a cabo encontros, exposicións, etc., accións que polo menos axudarían a atraer visitantes e incluso habitantes á vila”.

Asegura Rodríguez non estar en contra da creación dun parque canino pero “un ben patrimonial como o de Santa Cruz, non nos parece un sitio axeitado, estando ademais dita intervención á expensas da autorización de Patrimonio”.

Outro dos motivos da negativa do Grupo Municipal Socialista a apoiar as contas para o 2024 é o que consideran “faltar á palabra coas asociacións e comisións de festas” e lembran que cando estaba o PP na oposición “pedían duplicar as subvencións a entidades de iniciativa social como San Xerome, Érguete, Avelaíña, etc., pero estando no poder xa non o consideran importante, posto que o orzamento non reflexa esa ampliación de asignacións”.

Ademais, lembra o PSOE guardés, “durante a campaña electoral prometeron a todas as comisións de festas que asumirían instalación de carpas, baños portátiles, etc. pero no orzamento só aparece designación de fondos para unha única comisión de festas. Terán que facer enxeñería económica para cumprir as súas promesas, se é que as poden cumprir”.

Unha cousa ten clara o PSOE, as contas presentadas “non teñen en conta as necesidades da Guarda: Non aparece neste orzamento ningunha partida para complementar a parte que non cubre a subvención de máis de 1 millón e medio de euros que acadáramos nós para a reforma da piscina municipal”.

Na súa opinión tamén destinan poucos fondos ao mantemento dos centros educativos (esta tería sido unha das nosas prioridades para esta lexislatura, os edificios dos colexios son antigos e cada vez demandan máis arranxos).

Reducen a inversión en accións de desenvolvemento local dirixidas aos negocios locais. Este ano destinan 3.000€, cando en 2022 se gastaron 17.000€, e en 2023 foron 8.000€.

Reducen con respecto ao último orzamento as inversións para a redacción de proxectos. Un equipo de goberno que se prece sempre ten que ter na recámara varios proxectos redactados, para que cando xurda a oportunidade poda presentalos e conseguir subvencións coas que poñelos en marcha.

Consideran que as expostas son razóns máis que suficentes para votar en contra duns orzamentos que reflicten a falla de xestión do equipo de goberno do PP, “da súa pouca visión e nulo proxecto de futuro que teñen para A Guarda”.

“Que se pode esperar dun goberno sen chispa, sen motivación, que non realizou ata o de agora ningún cambio significativo. Un goberno ao que tanto parecía desgustarlle o noso traballo cando estaba en oposición, pero que agora copia e mantén a gran maioría das nosas iniciativas”, apunta a portavoz socialista, Fátima Rodríguez.

“A poboación esperaba máis deles/as, e na rúa xa está o run-run de que neste Concello non hai rumbo ni ninguén o volante, e non hai rumbo porque o patrón do barco, en lugar de navegar, que sería o que se espera del, pois está a outras cousas…”, conclúen os e as socialistas da Guarda