Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas. Repartidas case por igual con respecto ao xénero, o 60% das persoas que se apuntaron a clases o curso pasado, tiñan entre 25 e 45 anos; habendo un 20% de menores de 25 e outro tanto de maiores de 45.
A docencia estivo a cargo esta vez de Radio Ecca, que desenvolveu o seu traballo de formación a través dunha aplicación on-line e só dúas clases presenciais á semana. O esforzo das persoas máis constantes e que non faltaron practicamente a ningunha clase, viuse recompensado cos aprobados a todos os ámbitos da ESO ou, ao menos, a algúns deles, o mesmo que ocorreu nas probas para o acceso aos ciclos medios e superiores.
O Concello está apuntando xa para o vindeiro curso que comezará a principios de outubro de 2019. As persoas interesadas poden inscribirse ou informarse na Oficina de Desenvolvemento Local de Emprego do Concello de Tomiño.
A concelleira de Educación, Cristina Martínez, salientou a aposta decidida do Concello “pola accesibilidade á formación de todas as persoas; compromiso desta e das anteriores lexislaturas do goberno local”.
O Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio. A alcaldesa accidental e concelleira de Emprego e Formación, Verónica Tourón expresou a súa confianza en que a Xunta “atenda a nosa petición e poidamos poñer en marcha este programa necesario para as persoas demandantes de emprego do noso concello, xa que é un programa integral de formación, prácticas e inserción laboral”.
O plan que se solicita á administración autonómica acollería persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.
As persoas beneficiarias participarían nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en catro itinerarios formativos: Administración e Atención ao cliente, Almacén, Produción Industrial e Hostalería, ademais prácticas en empresas da zona coas que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado.
O Concello de Salceda conta cunhas instalacións idóneas para levar a cabo este tipo de programas no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón, onde se establecería o programa e as técnicas que atenderían ás 100 persoas participantes. No caso de ser concedida esta iniciativa sumarase ás iniciativas municipais que nos próximos meses porá en marcha a Concellería de Emprego.
O luns 29 de xullo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu na Casa do Concello a representantes a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí,grazas á cal «Fala», unha nena de 10 anos de idade, pode pasar este verán cunha familia de acollida na vila da Guarda.
Este colectivo leva traballando dende o ano 1992 en diversos temas humanitarios, de sensibilización política, educación, deporte, pero sen dúbida o seu proxecto estrela é «Vacacións en Paz», mediante o cal nenos e nenas saharauís de entre 7 e 13 anos teñen a posibilidade de escapar do verán do Sáhara, onde se poden alcanzar os 50º de temperatura para poder ter un respiro con familias de acollida de toda Galicia. Este ano un total de 300 nenos e nenas participan nesta experiencia, na que tamén se inclúe unha atención médica grazas a diversos convenios co Sergas e clínicas privadas.
Dende o colectivo resaltan a importancia de sensibilizar o problema do pobo saharauí, para que sexan quen de voltar á súa terra e recuperar as súas vidas nun Sáhara libre.
A Delegada de Zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí quixo agradecer o apoio recibido por parte do Concello da Guarda, facendo un convite a todas aquelas familias que desexen participar no seu programa «Vacacións en Paz», para seren familias de acollida de cara ao verán 2020, indicando que poden contactar con este colectivo chamando ao teléfono 986 26 26 37.
O Concello de Nigrán abre o mércores coa festa da escuma na Praza do Concello e as actuacións das orquestras América e Televisión no Ceán os festexos de San Fiz, patrón do municipio. Esta celebración, organizada directamente polo Concello, estenderase por vez segunda vez consecutiva durante dous días (o mércores 31 de xullo e o mércores 1 de agosto, festivo local) con múltiples actividades para nenos e maiores e coa participación de grupos de referencia en Galicia, outogándolle a entidade que merece aos festexos do patrón da localidade.
Así, hoxe mércores, 31 de xullo véspera de San Fiz dende as 18:30 horas ten lugar unha festa da escuma na praza do Concello aberta á participación principalmente dos nenos. Ese mesmo día, ás 21:00 horas, a verbena no torreiro do Ceán correrá a cargo de América e Orquestra Televisión. O propio día do patrón, festivo en Nigrán, a Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un pequeno concerto ás 10:30 na Praza do Concello, posteriormente, ás 12:00 horas, será a Misa Maior cantada pola coral Novos Aires de Nigrán na Igrexa de San Fiz e ás 13:30 novamente a Agrupación Musical de Belesar tocará neste recinto ata a gran tirada de fogos ás 14:00 horas. Finalmente, pola noite terá lugar a verbena dende as 21:00 horas coas Orquestras Solara e Grupo Azar
“Trátase do patrón do municipio e do festivo local de Nigrán, polo que dende o Concello queremos darlle a esta celebración a entidade que merece”, resume o rexedor, Juan González.
Comezou sendo a xuntanza dun grupo de amigos para poder gozar, en directo, da música que facía un membro da asociación. Debido ao éxito acadado, pasou a ser un escaparate para a promoción dos grupos locais. Hoxe, tan só oito anos despois, o Berete Rock é todo un referente na música e unha cita obrigada para os amantes do rock. Esa “xuntanza de amigos” converteuse nun Festival –en maiúsculas– polo que pasaron grupos da talla de Stoned at Pompeii, The Killer Barbies ou Aphonic.
Así que, con estes antecedentes, o sábado 3 de agosto, no extraordinario escenario natural que ofrece o Paseo Marítimo de Chapela, o rock será o que mande nun festival que comezará as 21:30 horas e que foi presentado na Casa do Concello de Redondela pola alcaldesa, Digna Rivas; o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, e membros da Asociación Berete Rock.
Este ano, tal e como se sinalou, o festival segue medrando e contará cun cartel que fará vibrar ás e os rockeiros: Vhäldemar, Cherokee, Rúa do Ruído, Collón de Lola e Doctors compartirán escenario, nun festival que, como sinalabamos, xa é un referente da música rock e que ten carácter totalmente gratuíto. Esa gratuidade non fai máis que poñer en valor o traballo que ten que desenvolver a Asociación Berete Rock, –unha asociación sen ánimo de lucro e sen socios– como organizadores do evento, xa que a ninguén se escapa a complexidade que ten a organización dun festival destas características e o custe económico que ten e que é cuberto pola achega do Concello de Redondela, as firmas patrocinadoras e a venda de merchandising.
Pero, todo esforzo ten recompensa e o feito é que ano tras ano, o Berete Rockincrementa, non só súa calidade, senón a cantidade de público que atrae. Ao ser un evento ao aire libre, sinalaban dende os organizadores durante a presentación “fai difícil contabilizar o número de asistentes” pero este sitúase, na última edición, preto dos 1.500 participantes “número que esperamos ir aumentando ano tras ano”.
Na presentación do VIII Berete Rock, o concelleiro de Cultura do Concello de Redondela, Daniel Boullosa, facía fincapé na importancia que estes eventos teñen “de cara a contar cunha programación na que teñan cabida todos os estilos musicais, neste caso o rock”. Doutra banda, Boullosa amais de incidir na importancia de que as actividades culturais “chegaran a todas as parroquias”, chamaba a atención sobre o aspecto turístico destas actividades porque, asegurou, “os festivais son, nestes momentos, un novo xeito de facer turismo”.
Pola súa banda, Digna Rivas, alcaldesa de Redondela, agradecía e puña en valor “o traballo da asociación que foi quen de converter este festival nun referente para os amantes do rock”. A alcaldesa redondelá adiantou a súa intención e do concelleiro de Cultura de manter unha reunión “coa Asociación Berete Rock, ao igual que temos pensado realizar cos demáis colectivos culturais de Redondela, para analizar as vías de colaboración que contribúan a que este festival vaia, cada ano, a máis”.
En resumo, un Festival con maiúsculas o que se vivirá no paseo de Cardona –fermoso onde os haxa– o sábado 3 de agosto a partir das 21:30 horas e totalmente gratuíto. Pódese pedir máis?
A Deputación de Pontevedra levará a súa programación cultural no vindeiro mes de agosto aos concellos de Crecente e Arbo, con propostas dirixidas a todos os públicos e que se desenvolverán sobre todo nos espazos públicos destes municipios.
Así, Anxo Moure e Servando Barreiro presentarán «A música da auga, contos e cantos do río Miño» o día 11 en Crecente e o 13 de agosto en Arbo. Trátase dun espectáculo ao aire libre que a través da música e a narración pretende divulgar a riqueza fluvial e cultural da provincia, sensibilizando sobre o coidado dos cauces fluviais e dando a coñecer a xeografía do Miño e o seu patrimonio lingüístico, etnográfico e mitolóxico cos nomes dos peixes, das árbores de ribeira, das embarcacións tradicionais, das artes da pesca e da propia toponimia.
En Crecente a actividade terá lugar ás 21 horas no Parque Cuíña, mentres que en Arbo será na praza do Consistorio, ás 20 horas. Moure e Barreiro protagonizarán un pasarrúas musical coa gamela tradicional do Miño e ofrecerán unha sesión de contos e cantigas baseadas no libro “A música da auga”. Durante o seu espectáculo haberá unha exposición de maquetas tradicionais do río Miño (batuxo, barca de pousa, barca das dornas, batela, carocho e gamela).
A
alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, expresou o pasado venres na
reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de
Vigo, o seu máis “fondo rexeitamento a que a parcela de Duches, en
Rande, sexa destinada ao almacenaxe de contedores.
Dende o Concello informouse do
cambio de membro a pesar de
terse comunicado dita circunstancia, o cambio non foi realizado xa
que, segundo a propia Autoridade Portuaria, “tiña que ser
comunicado pola Xunta de Galicia e esta non o fixo”.
En todo caso, a insistencia da alcaldesa deu como froito que puidera
tomar parte na reunión de traballo con voz e voto “como
corresponde á representante do cuarto municipio en importancia da
provincia de Pontevedra ao que, polo que parece, algúns están
dispostos a facer calar por calquera medio”, concluíu Digna Rivas.
A
alcaldesa redondelá defendeu a postura manifestada no seu momento
pola veciñanza do municipio totalmente contraria ao uso que se
pretende por parte de Autoridade Portuaria viguesa. “A miña
obriga, neste foro, –asegurou Digna Rivas– é defender os
intereses dos meus veciños e veciñas por enriba de calquera outra
consideración”.
A
postura amosada polo Porto de Vigo, deixa ao descuberto “as
mentiras ditas polo exalcalde Javier Bas na campaña electoral”,
asegurou a rexedora local redondelá quen lembrou que o exalcalde
“asegurou á veciñanza que o tema estaba resolto e paralizado,
chegando incluso a amosar unha infografía aos votantes cun
megaproxecto con piscinas e zonas verdes para uso público algo que,
agora, amósase que era totalmente falso”.
Lembroulle
Digna Rivas ao Consello de Administración que a anulación polos
tribunais da Delimitación de Usos Portuarios (Plan de Costas), deixa
sen soporte legal o seu uso para a xestión privada. De feito,
sinalou Rivas, polo de agora a parcela “só pode der utilizada como
aparcadoiro de camións e remolques de servizo portuario”.
Doutra
banda, explicou a alcaldesa de Redondela, a parcela que afecta ao
dominio público portuario “atópase na zona do cargadoiro de
Warner e como é ben coñecido, na zona atópase o cargadoiro de
minerais que, a día de hoxe, está incluído no catálogo
patrimonial nunha contorna protexida”.
No
PXOM de Redondela, que está en proceso de tramitación, “o que se
pretende é ampliar esa contorna incluíndo a parcela de Duches,
amais de estudar unha solución urbanística que permita poñer en
valor a zona por estar a lámina de auga en Zona de Red Natura”,
engadiu Digna Rivas.
A
maiores, engadiu a rexedora redondelá, “o Plan de Reordenación
Litoral, apoia ás teses dos veciños e veciñas ao defender a zona
do cargadoiro e arredores como zona «de mellora ambiental e
paisaxística»”.
A
alcaldesa Digna Rivas informou aos presentes que, dende o Concello,
xa se entregou o informe realizado polo arquitecto Carlos Falagán
onde se opón á afección da zona. Por último, Rivas lembrou a
todos os presentes que o Plan de Ordenación Litoral, no seu artigo
40 e no que fai referencia á rede de espazos naturais de Galicia,
formula como obxectivos
Preservar os seus valores e mellorar a funcionalidade do ecosistema.
Manter as súas características naturais evitando a súa alteración
Procurar a súa conectividade ecolóxica
Manter o fraxil equilibro das condicións que configuran o medio
natural evitando a presión e ocupación da súa contorna próxima.
A aposta do Concello de Nigrán polo medioambiente, dista moito de ser unha mera declaración de boas intencións –como por desgraza acontece noutros concellos– senón que é unha filosofía de traballo que dende o pasado mandato desenvolve o executivo de Juan González coa aplicación de medidas concretas, ben estudadas e planificadas. A maiores, e dende o convencemento de que a loita pola conservación medioambiental é de todos e todas, o Concello de Nigrán traballa na concienciación da veciñanza incentivando, como é neste caso concreto, o uso de vehículos híbridos ou eléctricos.
Así, o Pleno de Nigrán, co apoio do Partido Popular, único grupo da oposición, aprobaba no pleno de onte a entrada en vigor da bonificación dende o exercicio 2020 do imposto de rodaxe nun 50% aos vehículos híbridos ou a gas (GLP) e nun 75% aos eléctricos ou híbridos enchufables, etiquetados estes últimos pola DGT como ‘0 emisións’. Previamente aprobárase en pleno a modificación da ordenanza e agora Nigrán sitúase na vangarda dos municipios españois e europeos que fomentan verdadeiramente o uso das enerxías limpas entre os seus cidadáns.
Cómpre salientar o feito de que, dende o mes de maio, Nigrán é o único municipio de Galicia que conta cun punto de carga público e gratuíto xestionado polo propio consistorio e, ademais, conta na súa flota con vehículos eléctricos.
Un vehículo eléctrico utilizando o punto de recarga gratuíto xestionado polo Concello de Nigrán
Actualmente, no padrón de vehículos de Nigrán figuran 4 vehículos ‘0 emisións’ e 60 ‘Eco’, e todos eles verían bonificado o seu respectivo imposto de Rodaxe con esta modificación da ordenanza. Paradoxalmente e debido aos parámetros de CV e cilindrada que se teñen en conta neste imposto, hoxe en día un turismo híbrido está pagando máis que un convencional. “Con esta modificación, un Toyota Auris híbrido pasaría de pagar 106 € a 53 €”, exemplifica Diego García, edil de Medio Ambiente. “Trátase de incentivar entre a veciñanza a compra de vehículos sostibles; é un transporte moi silencioso e o 100% eléctrico non produce ningún tipo de emisións”, resume o alcalde, Juan González, quen considera “unha labor da administración promover o uso de enerxías limpas e facilitar o acceso a elas”.
Un paso adiante na loita contra o cambio climático Por outra banda, nesta ocasión o goberno local aprobou tamén co consenso absoluto da Corporación adherirse ao Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, cuestión que no derradeiro mandato tivera que quedar sobre a mesa ante o rexeitamento de parte da oposición. Deste xeito, o Concello intégrase no maior movemento mundial de autoridades para a loita contra o cambio climático, asumindo os compromisos da Unión Europea en materia de clima e enerxía para o ano 2030. González é precisamente responsable da primeira concellería de Galicia ‘Axenda 2030-Obxectivos do Desenvolvemento Sostible’, iniciativa da ONU que inclúe moitas medidas medioambientais que Nigrán quere reforzar dende a política local e que comprende, entre outros aspectos, formar parte deste pacto lanzado en Europa no ano 2008 e que reúne xa a case 8.000 autoridades locais pertencentes a 57 países de todo o mundo (en Galicia está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda).
Este plan inclúe medidas para o freo do cambio climático, consistentes na reducción de consumos enerxéticos e a substitución de enerxías fósiles por renovables, reducindo así a pegada de carbono do municipio. Estas medidas aplicaranse sobre edificios, instalacións, equipamentos e o transporte, tanto público como privado, e nos ciclos de tratamento de aguas residuais e dos residuos sólidos urbanos. Ademáis, o Plan de Acción implica o deseño de medidas de adaptación ao cambio climático, preparando así ao Concello de Nigrán para facer fronte aos riscos e vulnerabilidades aparellados a este proceso. O Concello ten un prazo de dous anos, contado a partir da data do acordo municipal de adhesión ao Pacto, para aprobar este Plan de Acción. Despóis, cada dous anos, terá que dar conta dos seus avances na procura dos obxectivos previstos para o 2030.
Para acompañar tanto a elaboración do Plan de Acción como da súa implementación, o Concello contará co apoio da oficina técnica do Pacto dos Alcaldes, posta a disposición dos 313 concellos galegos pola Direccion Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Esta oficina, a través do Centro de Asistencia aos Concellos e do Observatorio de Fondos e Convocatorias, realizará un asesoramento personalizado ao Concello de Nigrán, tanto na elaboración do Plan de Acción como na súa implementación.
Modificación de crédito Por outra banda, o goberno aprobou unha modificación de crédito de 313.448 € para pagar 353 facturas de 2018 e 2019, todas elas conformadas por técnicos municipáis e correspondentes a traballos correctamente realizados. Entre elas, a máis cuantiosa corresponde aos 94.000 € da subvención denegada pola Xunta para mellorar o acceso ao Parque Empresarial Porto do Molle (rúas Gándara e Ponte Muíña) ao non concedérselle ao Concello unha ampliación do prazo de finalización, cuestión que está sendo reclamada nos xulgados ao non entender o goberno local que non se aceptaran os informes nos que se incidía en que as choivas persistentes impedían o pintado da estrada. A seguinte factura é de 28.000 € correspodentes a materiais de obra, 21.000 € para a realización de actividades turísticas, 24.000 € de conservación de maquinaria, 12.000 € para actividades deportivas ou 2.000 € para emerxencia social. “Hai que ter en conta que temos un orzamento prorrogado, son traballos realizados por empresas, a maioría urxentes, e lóxicamente teñen que ser abonados”, explica o alcalde, Juan González, que recalca que o Concello ten débeda 0 con entidades financieiras e, a partir de agora, tamén con proveedores.
Finalmente, aprobouse por unanimidade o establecemento e fixación dos prezos públicos das escolas deportivas e actividades culturais municipáis para o curso 2019/2020 sen incremento algún con respecto ao anterior periodo.
O Grupo Municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, pedirá no pleno deste martes 30 de xullo, o cumprimento do acordo plenario aprobado en novembro de 2017 polo Pleno da Corporación, polo que se bonificaba nun 95% ás herdades recibidas polos fillos. Segundo González Carrera, o incumplimento dos acordos plenarios “supón un desprezo por parte do Goberno cara aos concelleiros e concelleiras da oposición”.
González Carrera cualifica de “lamentable” que non se cumpra un acordo plenario “que aprobaba a bonificación dun imposto, cando menos inxusto, que teñen que pagar os fillos cando reciben a herdade dos seus pais e que, en casos, pode chegar aos 6.000 euros”.
O portavoz de ACiP lembra que “existen diferentes sentenzas que anulan dito imposto e, no caso de Ponteareas, dito imposto segue a aplicarse polo incumplimento do Goberno local ao non ser publicado dito acordo no BOPPO para que entre en vigor e, pol
Nigrán, pioneiro nunha chea de cousas, pasará a selo tamén, a nivel europeo, na loita contra a contaminación. O Concello que preside Juan González conta dende esta semana no río Muíños (ao seu paso por Porto do Molle) coa primeira biobarda contra a contaminación de Europa, fabricada pola Asociación do Monte Galego de xeito experimental e co obxectivo de recolectar os residuos flotantes, entre os que destacan os plásticos.
Esta barreira, construída artesanalmente con grandes botellas de plásico reutilizadas, rede e cordas, xurdíu en Guatemala no 2017 co obxectivo de reducir a cantidade de desperdicios que chegaban a Honduras polas canles dos ríos, confirmándose unha retención do 95%. Agora da o seu primeiro salto a Europa en Nigrán, onde precisamente ten a sede a Asociación do Monte Galego, xurdida na parroquia de Camos tralos incendios de 2017.
A iniciativa presentada por esta entidade foi acollida con entusiasmo dende o o goberno local, xa que precisamente na súa loita por evitar que se contaminen os oceános, este verán instalaron recolle-cabichas artesanais nos areais e se levou a cabo con gran éxito a primeira campaña municipal de concienciación #SanXoanSenLixo. “As nosas políticas teñen ao medioambiente como prioridade, así que estamos moi orgullosos de que Nigrán sexa a porta de entrada a Europa das biobardas, unha trampa de escasísimo custe económico e cunha eficacia contrastada”, sinala o alcalde, Juan González, quen precisamente é responsable da primeira concellería de Galicia ‘Axenda 2030-Obxectivos do Desenvolvemento Sostible’, axenda da ONU que inclúe moitas medidas medioambientais que Nigrán quere reforzar dende a política local.
O obxectivo da Asociación do Monte Galego é que tras instalar esta primeira biobarda artesanal de xeito experimental (para a que obtiveron os pertinentes permisos de Augas de Galicia) poidan presentar o seu funcionamento e resultados á Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica para que se extenda o seu uso.
“O río Muíños non ten moitos residuos flotantes porque non se atopa inmerso nunha zona urbana ou de industria contaminante, polo que somos conscientes de que non se vai a recoller gran cantidade de desperdicios, pero servirá para grabar un vídeo e poder explicar mellor como funciona”, comenta César Pérez, presidente da Asociación do Monte Galego, quen durante os vindeiros 2 meses irá recollendo periódicamente os materias freados pola biobarda para completar o estudo.
La política española se diluye cómo lágrimas en la lluvia, pero esta semana, la dejamos de lado ya que hace unos días nos ha dejado Rutger Hauer, el mítico actor holandés que dio vida a Roy Batty, el célebre replicante de la película de Blade Runner con música de Vangelis, así que en esta ocasión, un pequeño homenaje para este gran actor del cual los aficionados al buen cine, nunca nos olvidaremos.
Blade Runner no sería lo mismo sin la magistral interpretanción de Rutger Hauer, un actor que no sólo vivió de ser replicante, ya que actuó en más de 140 películas, algunas tan conocidas cómo Lady Halcón o Batman Begins, además era un reconocido activista medioambiental. También publicó un libro titulado Todos esos momentos: historias de héroes, villanos, replicantes y Blade Runner. Fundó la Rutger Hauer Starfish Foundation para luchar contra el Sida, fundación benéfica inspirada en la cita hindú: “Si le das a un hombre un pescado lo alimentas un día, si le enseñas a pescar, lo alimentarás por siempre”.
Pero ninguno de nosotros podrá olvidar, esa interpretación en Blade Runner, princpalmente la mítica escena, que por cierto, la cual el actor cambió el diálogo original añadiendo elementos de inspiración propia…
Yo he visto cosas que vosotros no creeríais. Atacar naves en llamas más allá de Orión. He visto rayos-C brillar en la oscuridad cerca de la Puerta de Tannhäuser. Todos esos momentos se perderán en el tiempo, como lágrimas en la lluvia. Es hora de morir.
Acabamos de celebrar el 25 de julio, Día de Galicia, y en esta sección quiero aprovechar para homenajear a Galicia y a Santiago con la receta del que quizás sea nuestro dulce más universal: la Tarta de Santiago. ¿Sabías que la composición y elaboración de la Tarta de Santiago están reguladas según una Orden publicada en el DOG del 17 febrero de 2010*?
Pues sí, esta Orden regula la Denominación geográfica Tarta de Santiago, y en ella se describen los ingredientes en sus justas proporciones y se detalla minuciosamente el proceso de elaboración.
Nombre: Tarta de Santiago. Componentes básicos: almendras, azúcar y huevo. Aroma: típico a yema y almendra. Sabor: típico a almendra. Textura: esponjosa y granulada. …
Mmmmmm
La Orden se acompaña de una interesantísima información sobre la introducción de la almendra en Galicia durante la Baja Edad Media y su empleo para usos terapéuticos y gastronómicos, principalmente para la elaboración de dulces. Y por supuesto se incluye el posible origen de esta tarta, que se remonta con probabilidad al siglo XVI en el que ya hay noticias de la elaboración de una Torta Real hecha a base de almendra, huevo y azúcar, que probablemente evolucionó en lo que hoy conocemos como Tarta de Santiago.
Os recomiendo leerlo con detenimiento porque es realmente curioso.
Así que, siguiendo rigurosamente la receta del DOGA, hoy haremos una deliciosa Tarta de Santiago que, por supuesto, no necesita llevar gluten, ya que la opción “sin forro” se elabora exclusivamente con almendra, huevo, azúcar, ralladura de limón y vino dulce o brandy o aguardiente de orujo.
Seguiremos las proporciones indicadas de 33% del peso total de almendra, 33% de azúcar y 25% de huevo:
¡Vamos allá!
Ingredientes
• Almendra de buena calidad: 300 g La almendra tendremos que molerla. Lo ideal es molerla en casa, pero si no tienes esa opción, puedes utilizar la almendra que ya se vende molida, aunque no es lo mismo • Azúcar: 300 g • Huevos: 3 • Ralladura de limón • Vino dulce o brandy o aguardiente de orujo. • Azúcar glas
Elaboración
(Reproduzco entre comillas algunos párrafos del texto de la Orden) Una vez molida la almendra, la mezclamos con el azúcar y añadimos “progresivamente los huevos, amasándose enérgicamente hasta conseguir una masa de textura fina. En ese momento podrá añadirse, según arte culinario, ralladura de limón y/o vino dulce, brandy o aguardiente de orujo”.
Llenado: vertemos la masa en un molde circular que previamente podemos untar con mantequilla u otro antiadherente.
Horneado: introducimos en el horno, previamente calentado a 180 o 200 grados Cocemos durante unos 30 minutos Sacamos del horno y dejamos enfriar
Decoración: según he leído, la tradición de decorar esta tarta con una cruz de Santiago comenzó en 1924, en la conocida Confitería «Casa Mora» de Santiago; hoy en día es otro de los requisitos que debe cumplir este dulce: “una vez frío el producto, se decora cada tarta espolvoreando con un cernidor el azúcar glaseado sobre la plantilla con el logotipo de la Cruz de la Orden de Santiago, quedando lista para su comercialización”.
La verdad es que es un dulce exquisito. Bo proveito!!
*Puedes consultar la ORDEN de 10 de febrero de 2010 por la que se aprueba el Reglamento de la indicación geográfica protegida Tarta de Santiago y de su Consejo Regulador, se nombra el Consejo Regulador provisional y se da publicidad al pliego de condiciones del producto Tarta de Santiago en este enlace.
O equipo de goberno de Salceda visitou esta semana as obras de construcción do novo centro de saúde, na Rúa Mártires de Sobredo. O encargado da construcción do edificio trasladoulles á alcaldesa e aos concelleiros e concelleiras que a acompañaron o estado actual das obras, que avanzan a bo ritmo, e que neste momento se atopan no proceso de instalación dos elementos precisos para os diferentes suministros: electricidade, auga, climatización, gas, etc.
As previsións apuntan a que no verán de 2020 o novo edificio poida entrar en funcionamento, pechando así o actual centro de saúde ubicado na Rúa Compostela que a duras penas cumpre co seu cometido na actualidade. A concelleira de Sanidade Gela Ledo, adiantou que, amais da posta en marcha do edificio, o Concello “solicitará á Xunta de Galicia que se dote do persoal e material precisos para que o servizo ás veciñas e veciños sexa o que lle corresponde á nosa poboación”.
O novo edificio conta con unha superficie total de 1.321,11 m2, dividida en dúas plantas, aos que hai que sumar 168 m2 de espazos exteriores descubertos. A nova instalación albergará dúas consultas de pediatría, unha consulta de enfermería de pediatría, 5 consultas de medicina xeral con cadansúa consulta de enfermería anexa e unha consulta de matrona. No exterior do edificio o Concello de Salceda executou xa as obras de urbanización da Rúa Mártires de Sobredo, incluídas no Plan Concellos 2017.
Unha vez rematada a visita, a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, asegurou que “as obras avanzan a bo ritmo e alegrámonos da previsión de apertura en tan só uns meses. O novo centro de saúde de Salceda será unha realidade no ano 2020”.
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe diversas melloras en estradas de cinco concellos da provincia, cun orzamento que suma máis de 2 millóns de euros, destinadas, como subliñou Carmela Silva, a consolidar o modelo de estradas que ten en marcha a institución para “recuperar a seguridade viaria, a mobilidade peonil e os espazos públicos para a xente”.
A presidenta provincial incidiu en que estas obras “van seguir sendo un dos obxectivos prioritarios desta Administración” e que a Deputación “vai seguir a transformar esta provincia e a convertela nunha referencia en todo o que ten que ver co tratamento das infraestruturas”.
Silva detallou que os proxectos aprobados beneficiarán a cinco concellos da provincia: A Cañiza-Arbo, A Lama, A Guarda e O Grove. Máis polo miúdo, a primeira das obras previstas comprende a reposición do firme e mellora da seguridade viaria na EP 5003 entre A Cañiza e Arbo, que sairá a licitación cun presuposto de 886.829,11 euros. Amais da reposición do firme na maior parte da estrada, tamén se revisará a sinalización vertical de velocidade, elevaranse varios pasos de peóns, reordenarase a explanada das inmediacións do centro de ensinanza de Valeixe e redistribuiranse os espazos da plataforma para favorecer o tránsito peonil.
A Xunta de Goberno aprobou tamén o proxecto de ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 0307 de Peso a Caroi, no concello de A Lama, cun presuposto base de licitación de 940.182,85 euros. Esta obra consistirá na ampliación da superficie viaria, co fin de dotala dunha cuneta de seguridade na marxe dereita, beirarrúas por ambas marxes, carrís de case 3 metros e unha berma na marxe esquerda.
No caso de A Guarda, a Deputación aprobou o proxecto modificado da execución de recuperación de espazos e mellora peonil na rúa Concepción Arenal EP 3401 acceso ao Porto, que pasa a ter un orzamento base de licitación de 1.288.021,90 euros, cun incremento de 116.137,77 sobre o orixinal, para diversas melloras destas obras.
Finalmente, adxudicouse á empresa Narom S.L., cun orzamento de 210.586 euros, a execución da mellora da intersección mediante unha rotonda na EP 9101, no punto quilométrico 5+150 en O Grove-San Vicente Igrexa, no que dita estrada se cruza con dúas vías municipais. No lugar implantarase unha rotonda con sendas peonís a súa volta, comunicadas mediante pasos de peóns elevados. Amais, tamén se contemplan obras de canalización, saneamento e abastecemento, así como a instalación de novos puntos de luz en LED. A actuación completarase co repintado de marcas viarios e a colocación da correspondente sinalización vertical.
A parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo, no casco urbano de Salceda. A diocese de Tui-Vigo ven de adquirir dito baixo en cumprimento da palabra dada á familia que nos anos 90 donara un terreo á Igrexa para este fin. O terreo, ubicado onde hoxe se atopa o Parque Raíña Aragonta, foi expropiado no seu momento para a construcción do mencionado parque, deixando así sen posibilidade de construcción da ansiada capela.
Agora, investindo o cobrado pola expropiación, a Igrexa ven de adquirir un baixo no que se ubicará a capela así como locais pastorais para xuntanzas e xornadas de traballo. Trátase dun local de 300 m2, aos que hai que sumarlle outros 100 m2 de terraza. As celebracións relixiosas seguirán a celebrarse na Igrexa Parroquial de Santa María, reservándose a futura capela como lugar de oración e de traballo, que permanecerá aberta para tódalas persoas que queiran achegarse.
A capela e os locais complementarios ofrecerán servizo tanto á parroquia de Santa María (a máis grande de Salceda), como ás parroquias da contorna. Jesús Martínez, vigairo de economía da diocese de Tui-Vigo, e Fran Ojosnegros, párroco de Santa María, reuníronse esta semana coa alcaldesa, Loli Castiñeira, para expoñerlle o proxecto e comezar os trámites para poder acometer as obras de acondicionamento canto antes, para que o local poida estar dispoñible no ano 2020
A concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, participou na entrega de medallas do «I Trofeo Agility Concello de Ponteareas», no que salientaron pola súa actuación os cánidos Ringo, acompañado de Carlos Vázquez; Onza acompañada de Inés Freire e Pelusa acompañada de Brais Blanco.
Foron moitos os equipos participantes acadando a cifra de máis de 100 cans inscritos que ofreceron un auténtico espectáculo de habilidade e rapidez superando todo tipo de obstáculos en tempos moi reducidos. Durante tres días a veciñanza puido desfrutar de balde deste entretido deporte grazas ao apoio da Concellería de Deportes do concello de Ponteareas.
A Guarda acolle do 5 ao 12 de agosto as «Festas do Monte 2019», celebración catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia, unha semana chea de actividades culturais, deportivas e de ocio e tempo libre. A programación de actividades arranca na xornada do sábado 3 de agosto cos torneos de Hockey e as Carreiras Pedestres.
O luns día 5 de agosto celebrase o Pregón ás 20:00 h na Praza do Reló, que correrá a cargo de María Nava Castro Domínguez, directora da Axencia de Turismo de Galicia. Pola noite verbena coas orquestras América SL e Xacobeo na Alameda da Guarda.
Para a xornada do martes día 6 de agosto celebrase o Torneo de Fútbol Base do Sporting Guardés, un festival folclórico no Auditorio de San Bieito e pola noite verbena coas orquestras Israel e D´Moda.
O mércores día 7 de agosto celebrase a Marcha Cicloturista Popular, o Torneo de Fúbtol Sénior, o XIV Rock in Fervenza e pola noite verbenas coas orquestras Passarela e Limón.
Na xornada do xoves día 8 de agosto terá lugar o XIX Campionato Exhibición de Xadréz ao aire libre e pola noite verbena coas orquestras Claxxon e Ibiza.
O venres día 9 de agosto as pistas deportivas do Codesal acollen o I Torneo de Petanca e pola noite verbena coas orquestras Galilea e Nazaret.
Como ven sendo habitual, na mañá do sábado terá lugar o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, un evento que congrega a milleiros de persoas entre a Alameda da Guarda e o Porto. Pola noite verbenas na Alameda coas orquestras La Oca Bang e Noche de Estrellas.
O Domingo é a subida ao Monte, na cal as Bandas Mariñeiras realizan os seus xuramentos con comida popular e posterior desfeita. Á noite verbena coas orquestras Ámbar e Azúcar.
O luns 12 de agosto ás 24:00h terá lugar a Gran Tirada de Fogos de Luces no Porto da Guarda, coa que se pon o punto e final a unha semana de festexos.
Dende o Concello da Guarda pídese a colaboración cidadá “para que se respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas”.
O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo esta mañá na Casa do Concello unha reunión con Corina Porro nun dos seus primeiros encontros oficiais como nova delegada da Xunta en Vigo. A visita, á que asistiron máis membros do goberno local, servíu para que o rexedor lle transmitise persoalmente os asuntos competencia do goberno autonómico que máis urxen no municipio e, neste sentido, priorizou a necesidade de desatascar a situación da rúa Otero Pedrayo.
Ademais, González referíu aspectos das futuras obras de mellora da seguridade vial na PO-552 e da senda peonil e ciclista de A Ramallosa a Gondomar, quedando emplazados para tratar tamén outros temas como a necesidade de renovar e ampliar o IES Val Miñor ou dotar de cociña propia o CEIP Humberto Juanes.
“Hay unha total disposición á colaboración dende as dúas partes. Queremos mantener unha relación cordial e de entendemento coa Xunta de Galicia e estamos seguros de que estes catro anos vai a haber un diálogo fluído que nos beneficiará a todos”, sinalou o rexedor, quen destacou a súa boa relación persoal con Corina Porro tras ter coincidido no pasado el como responsable de Érguete e ela como alcaldesa de Vigo.
Tal e como lle explicou o alcalde á nova delegada, o Concello de Nigrán solicitou oficialmente no mes de xuño, nunha das primeiras xestións como novo goberno, unha reunión coa Axencia Galega de Infraestruturas que permita desbloquear a situación da rúa Otero Pedrayo, en estado calamitoso e de titularidade autonómica, de feito, o goberno local leva solicitado dende 2016 a sinatura dun convenio de colaboración coa Xunta (mesmo mediante unha moción plenaria aprobada por unanimidade en xullo) sen obter resposta, este silencio mantense incluso despois de que o Concello remitise á Conselleria de Infraestruturas en xullo de 2017 un anteproxecto que cifraba a actuación en 1,2 millóns (documento que o alcalde de Nigrán se comprometera a enviar tras manter unha reunión coa conselleira).
Esta estrada autonómica que une as parroquias de Nigrán e Panxón acumula decenas de denuncias dos veciños debido a lesións e accidentes ao ter as beirarrúas peor conservadas de todo o municipio, ademáis, resulta imprescindible a reparación do seu firme, o pintado do mesmo e a instalación de medidas correctoras de velocidade para evitar accidentes, así como o arranxo na rede de saneamento e pluviais. “É algo urxente e prioritario para Nigrán e Corina Porro amosou unha boa disposición para darlle resposta”, destaca González.
Ademais, o alcalde trasladou a Corina Porro a total conveniencia de manter a regulación semafórica na PO-552 na súa intersección con Cotros (á altura da panadería La Pintora), xa que as futuras obras de mellora da seguridade vial nesta estrada contemplan sustituílos por unha semi-rotonda. “Os semáforos foron instalados hai máis de catro anos como medida de seguridade vial e demostraron funcionar moi ben, os veciños están moi satisfeitos e desexan que se manteñan”, incide o alcalde, quen destaca que a semi-rotonda “suprimiría o aparcamento da panadería dificultando moito a continuidade do negocio e, ao mesmo tempo, dificultando o acceso dos veciños ao barrio”, indicou o rexedor, quen destacou que “froito das alegacións do Concello sí se solventou o problema que existía no camiño das Barreiras”. Por outra banda, o alcalde referiu os problemas da nova senda peonil e ciclista A Ramallosa-Gondomar, onde moitos veciños viron moi dificultado o acceso ás súas casas ao obligárselles a desplazamentos máis longos. Neste sentido, destacou o problema que supón a nova semi-rotonda da Xunqueira, ao carón dunha empresa de gas butano, xa que os camións teñen moitas dificultades para circular nela, dificultando o tráfico e mesmo pondo en perigo a seguridade viaria.
Finalmente, o alcalde e a nova delegada quedaron emplazados a manter futuros encontros para tratar aspectos como a necesidade de renovar e ampliar o IES Val Miñor ou dotar de cociña propia o CEIP Humberto Juanes. “Temos unha canle de comunicación aberta que, de seguro, vai beneficiar aos veciños de Nigrán”, finalizou González.
Logo de anunciar a posta en marcha dun Plan de Convivencia e Civismo en Ponteareas, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, adoptou unha primeira medida dirixida a conciliar o dereito ao ocio e o dereito ao descanso da veciñanza. O pasado 2 de xullo a Federación de Comercio e Hostelaría Banastra solicitou no Concello autorización para celebrar unha Festa Ibizenca o sábado 27 de xullo, con comezo ás oito da tarde e que concluiría cun concerto dun DJ na rúa Paseo Matutino entre as doce media da noite e as dúas da madrugada.
Á vista da solicitude, Roberto Mera mantivo varios encontros cos organizadores para transmitirlles a necesidade de limitar o evento a un horario máis razonábel que fora respectuoso co dereito ao descanso da veciñanza “dunha rúa que xa soporta de por si unha elevada contaminación acústica por tráfico, locais de ocio e persoas na rúa”.
Mera explica que “como medida provisional, decidimos que todas as solicitudes de concertos presentadas con posterioridade ao 1 de xullo terán como horario límite, durante o verán, as doce e media en sábados e as once e media no resto dos días, coa única excepción das festas patronais, como sempre aconteceu”. A medida é provisional á espera de ver o resultado do proceso de participación veciñal que se porá en marcha para aprobar o Plan de Convivencia e Civismo e do que sairá unha normativa municipal definitiva que regule os horarios.
Pola súa parte, a veciñanza da rúa tivo coñecemento das pretensións dos organizadores pois estes anunciaron o evento cun horario até as dúas da madrugada sen agardar a resposta municipal. Un grupo de residentes no primeiro tramo do Paseo Matutino mantivo unha reunión con Mera, quen lles trasladou a decisión do goberno local de limitar o horario previsto polos organizadores, decisión que foi ben valorada até o punto de que nesta semana se presentaron máis de cen sinaturas de veciños e veciñas respaldando a decisión municipal.
Mera agradeceu a “comprensión dos organizadores que finalmente modificaron a súa solicitude, refacendo o programa até as doce e media”. O edil nacionalista recoñeceu ser conscente “do malestar dalgúns hosteleiros” aos que lles pedíu “empatía cos seus veciños” e un esforzo por facer compatíbel “o ocio, os seus negocios e os dereitos dos que non participan deses eventos e queren respecto para o seu dereito ao descanso”.
Roberto Mera sinalou que “desde o goberno seguiremos apoiando á hostelaría, as súas iniciativas e actividades, pero velando pola convivencia e os dereitos de todos os cidadáns”.
As clases PSA RETAIL ORC 4-5, RÍAS BAIXAS J80 e MARTIN MILLER FÍGARO foron as encargadas de inaugurar este xoves, día grande de Galicia, a clasificación do 44º Conde de Gondoma –Trofeo Banco Sabadell, que se celebra estes días en Galicia baixo a organización do Monte Real Club de Iates de Baiona.
Cos grandes barcos disputándose a etapa –aínda por finalizar– de case 100 millas ata o Carrumeiro Chico, en Corcubión, os marcadores do trofeo abríronse coas puntuacións dos ORC 4-5 e monotipos, que completaron unha travesía costeira de case 30 millas desde Baiona ata o faro Camouco, nas proximidades de Ons, e regreso ata o final de proba situado na illa sur de Cíes.
Lucindo grímpola do Monte Real Club de Iates, o Unus de Luís García Trigo, foi o vencedor da xornada na clase PSA RETAIL ORC 4-5, tras asinar un tempo de 5 horas e 19 minutos nas 29,6 millas en disputa. O barco do club organizador superou á Burla Negra de Juan José Martínez Silva, do Club Náutico Castrelo do Miño; e ao Balea Dous de Luís Pérez, do Real Club Náutico de Rodeira; dúas grandes tripulacións, aspirantes tamén á vitoria final da clase, que se tiveron que conformar coa segunda e terceira posición de etapa.
Unha etapa que resultou algo complicada pola meteoroloxía, que marcou a travesía dos veleiros dificultando a saída con chuvascos e néboa, complicando con algo de ondada o paso por Carallones e freándoos con algunha encalmada nas proximidades das Illas Cíes. A pesar de todo, o vento do sur, cuns 12 nós de media, impulsou de popa aos veleiros ata o Camouco, permitíndolles alcanzalo en menos de tres horas. O primeiro barco en dobralo foi o Luna Nueva de Juan Luís Tuero, o mellor sen dúbida de toda a frota de 8 metros na clase RÍAS BAIXAS J80. Coa súa tripulación habitual, o asturiano completou unha moi boa regata manténdose na cabeza durante todo o percorrido e fíxose coas primeiras papeletas para o gran premio final. Impúxose sobre o Maija de José Luis Pérez, tamén do Monte Real, ao que sacou seis minutos; e ao Mondo de Bernardo Macedo, que ocupa o terceiro posto do podio provisional.
Na clase MARTIN MILLER FÍGARO, tamén puntuada en tempo real, o Bouvento, patroneado por Fernando Rey gañou a regata do día, unha proba que finalizou por baixo das seis horas. Lidera a clasificación provisional seguido polo Ladeira de Genoveva Pereiro, que cruzou a liña de chegada un cuarto de hora despois do primeiro; e o Tutatis de Víctor Fernández, que empregou 6 horas e 25 minutos en completar percorrido.
Continúa a disputa do Carrumeiro Chico
Na competición STORAX ORC 1-2-3, que agrupa aos grandes barcos, as tripulacións continúan aínda a esta hora a súa particular batalla pola xesta do Carrumeiro Chico, a gran proba do Conde de Gondomar, con case 100 millas de percorrido.
O Yess Too, do portugués Rui Ramada, foi o primeiro barco en chegar á zona coñecida como el Cementerio de los griegos e virar o mítico faro ás 18:59 , tras 8 horas de navegación. Quedan aínda por diante varias horas máis de travesía ata cruzar a liña de chegada.
O Aceites Abril dos irmáns Pérez Canal e o Pairo 8 patroneado por Luís Bugallo, mantivéronse durante toda a proba non moi afastados do barco luso e moi pegados entre si, deixando claro que queren facerse coa vitoria da mítica proba unha vez compénsense os tempos.
O Bon III, con Victor Carrión á cana, é outro dos que van pisando forte na competición, no ronsel dos tres primeiros sen distanciarse nunca demasiado.
Unha vez finalizada a longa travesía, o Monte Real Club de Iates ofrecerá ás tripulacións os xa tradicionais ovos con chourizo e caldo, para que os regatistas poidan recuperar forzas tras o arduo esforzo dunha das probas máis duras do calendario náutico español.
O sábado 27 retómase a competición Tras unha xornada de merecido descanso para os veleiros do Carrumeiro, o 44º Conde de Gondomar – Trofeo Banco Sabadell renóvase o sábado 27 coa celebración da segunda xornada a partir do mediodía. A proba en disputa será, nesta ocasión, un percorrido dunhas 32 millas rodeando a illa de Ons.
Aínda quedarán para o final da competición dúas probas máis, do tipo barlovento sotavento, programadas para o domingo para partir do mediodía no fondeadero das illas Cíes. Será entón cando se complete o programa do trofeo, descubríndose a configuración do podio de gañadores.
44º CONDE DE GONDOMAR · TROFEO BANCO SABADELL Clasificación provisional trala primeira xornada. Xoves, 25 de xullo de 2019
CLASE PSA RETAIL ORC 4-5 1. Unus · Luis García Trigo · MRCYB 2. La Burla Negra · Juan J. Martínez · Cn Castrelo Miño 3. Balea Dous · Luis Pérez · Rcn Rodeira
CLASE RÍAS BAIXAS J80 1. Luna Nueva · Juan Luis Tuero · MRCYB 2. Maija · José Luis Pérez · MRCYB 3. Mondo · Bernardo Macedo · MRCYB
CLASE MARTIN MILLER FÍGARO 1. Bouvento · Fernando Rey · MRCYB 2. Ladeira · Genoveva Pereiro · MRCYB 3. Tutatis · Victor Fernández · MRCYB
CLASE STORAX ORC 1-2-3 >> A clase compite na subida ao Carrumeiro Chico e a clasificación coñecerase na mañanciña, unha vez remate a proba.
O Concello de Nigrán ven de instalar dúas novas pistas multideportivas en Panxón (contorna do pavillón) e no Ceán (rúa Reverendo José María Pérez Alonso), ambas situadas a carón dos respectivos parques infantís e cun investimento total de 27.735 € ao cargo do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o goberno local reforza as infraestruturas deportivas para os nenos nestas parroquias e, ao mesmo tempo, amplía a oferta dos parques infantís existentes. En ambos casos corresponde a unha demanda das entidades veciñais á que se lle dá resposta.
“Están situadas en zonas onde os nenos non tiñan á opción de xogar nun espazo público seguro ao futbol ou baloncesto, polo que consideramos que é un investimento deportivo moi necesario”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán, quen destaca que se trata dun deseño realizado exclusivamente por técnicos municipais para que sexa resistente e versátil e levado a cabo pola firma lucense Sport Equipalia.
A pista conta cunha planta de formigón de 10×17 metros previamente realizada por operarios do Concello, pechada en estrutura de aceiro galvanizado por inmersión e dotada de dúas entradas tipo burladeiro, unha no centro de cada lateral. A malla está electrosoldada en aceiro. A pista multideportiva dispón de porterías con ocos de 3×2 metros pechada con rede de nylon e, ademais, conta con dous taboleiros de minibasket de metacrilato de 1.200×900 mm.
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un novo aviso fitosanitario no que asegura que neste momento da campaña da viña o oídio é o patóxeno no que se deben centrar as observacións, xa que as infeccións mal controladas poden causar graves danos directos e tamén indirectos, ao incidir sobre a podre.
O persoal lembra que a viña non está libre de danos polo oídio ata o pintado, e que as infeccións por este fungo se dan en condicións moi amplas (entre os 4 e os 40°C, sendo óptimo sobre os 25 e os 30º e con humidades relativas entre 40 e 100%, xunto con luz difusa). A EFA fai esta observación malia ter observado ausencia de síntomas na maioría de parcelas observadas, ou só algúns grans afectados con síntomas aínda activos pero en remisión nas viñas con danos previos, así como avance, tanto na folla coma nos acios ou nos pampos, nas plantas testemuña sen tratar.
O persoal da EFA tamén observa que o oídio pode evolucionar de xeitos distintos tras este período de precipitacións segundo a variedade, o historial da parcela e o tipo de choiva, pero nas fincas con danos será necesario aplicar un último tratamento, unha vez se estabilice a climatoloxía, para previr máis danos. No resto de parcelas este tratamento tamén resultaría conveniente á espera de que se produza o pintado, aínda que a observación dos acios “rebuscos” libres de enfermidade farano menos necesario. Se a última intervención foi feita moi recentemente e con funxicidas sistémicos ou penetrantes, asegura o persoal técnico, poderá obviarse a aplicación.
Ademais, desde Areeiro aseguran que non se deben descoidar as labores que favorezan a aireación e iluminación dos acios, moi importantes nun ano coma este de continuo desenvolvemento vexetativo que fai que gromos e vexetación acompañante medren de xeito significativo.
En canto ao mildio, EFAreeiro alerta da necesidade de controlar as precipitacións ás que apuntan as axencias meteorolóxicas, que prevén certa inestabilidade con precipitacións cuantiosas mañá e posibilidade de manterse ata luns ou martes. É preciso vixialas xa que, de ter a intensidade suficiente, poderían lavar os produtos aplicados esta semana, en especial nas viñas onde houbo ou veñen tendo problemas. Se fora así, potencialmente sería necesario renovar as intervencións. No resto de viñas, ante a diversidade de situacións e de tempo transcorrido desde a última intervención, a observación periódica das plantas segue a ser necesaria para tomar a decisión adecuada, ao non estar as uvas libres de dano por non terse acadado o pintado.
Malia iso, Areeiro asegura que na meirande parte de viñas visitadas as follas e os acios están sans, mesmo cando houbo condicións favorables ao mildio, e que a presenza de manchas en zonas innacesibles ao tratamento foi moi esporádico. Neste momento as uvas teñen menor sensibilidade ao fungo, polo que as precipitacións non deberían xerar problemas graves.
Non se observaron síntomas de botrite en ningunha viña, nin nas variedades máis sensibles, pero Areeiro recomenda observar a evolución nas viñas con orificios, rachos ou outros danos nos acios se as plantas se manteñen molladas por mor da choiva durante un tempo longo. Tampouco houbo practicamente síntomas de Black rot nas follas, nin sequera en plantas testemuña: só en plantas abandonadas. O risco é moi baixo, mesmo con condicións favorables pola elevada humidade.
En canto ás Couzas do acio, producíronse poucas ou nulas capturas nas trampas da rede de seguimento, pero convén realizar controis aos acios antes de tratalos para non aplicar insecticidades innecesariamente. No que ten que ver co mosquito verde e cicadélidos, houbo capturas reducidas nas que predominou o Zygina rhamni (que non causa danos) sobre o mosquito verde. Areeiro lembra que algúns síntomas que se lle poden asociar aos cicadélidos son, en realidade, froito de déficits hídricos. No caso dos ácaros, os síntomas de erinose de verán son cada vez máis comúns e están a causar deformacións nas follas máis novas, pero sen requirir tratamento. Areeiro confirma tamén a presenza de acarose, con 60 individuos por folla, nalgunha viña do Salnés.
A EFA tamén detectou eirugas vivas de Cydalima perspectalis en buxos probablemente debido a unha aplicación inadecuada de insecticida, así como eirugas L5-L6 e algunhas L2 e crisálides, o que indica que hai un solapamento de estados de desenvolvemento que pode causar danos durante un longo tempo. Deste xeito, o persoal recomenda renovar os tratamentos tralas choivas se aínda non se fixeron ou se, mesmo facéndoo, seguen a ter eirugas vivas.
Nas maceiras, a humidade e temperaturas elevadas elevan o risco de moteado, polo que poden aparecer novos síntomas. Será preciso tratar nas plantas onde afecte ás mazás, respectando o prazo de seguridade do funxicida nas variedades de recolección temperá. En canto á couza da mazá (Cydia pomonella), a cifra máxima de captura foi dun adulto, pero xa que a praga pode afectar tamén ás colleitas recoméndase manter a vixilancia das trampas e tratar se se superan os 2 adultos capturados. Do mesmo xeito, cómpre vixiar os froitos porque as penetracións deprécianos e favorecen que se instalen fungos de podremia sobre eles.
Por último, nos cítricos observouse unha presenza xeneralidade colonias de pulgón e mosca branca: follas terminais enroladas e elevada presenza de melaza (manifestada nun recubrimento branco ou brillante das follas), que pode derivar en fungos de fumagina que dificultan a fotosíntese. Sería conveniente, sinala o persoal da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, eliminar os gromos afectados e aplicar un tratamento se son moitos ou son innaccesibles.
O Concello de Salceda de Caselas vén de lembrarlle á veciñanza que teñen a súa disposición un servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello para solicitar a recollida do mesmo. O Concello denuncia que, nos últimos tempos, “estánse a multiplicar os casos de abandono de enseres na vía pública sen notificación previa, dando unha imaxe moi pouco apropiada das rúas da vila”.
Dito abandono de enseres acontece, en moitas ocasións, en pleno casco urbano e nas fins de semana ou días de festa. Lembran, dende o Concello, que é obrigatorio avisar antes de depositar os obxectos na rúa, e que estes deixaranse unicamente nos puntos comunicados e autorizados.
Cómpre salientar que o servizo de recollida de enseres “é un servizo público e gratuito ao que pode acceder calquera veciño ou veciña de Salceda”, polo que o Equipo de Goberno insta á veciñanza “a facer un uso apropiado do mesmo, e a non depositar obxectos na rúa sen aviso previo, obxectos que en moitas ocasión pasan días nas vías públicas ata que alguén dá aviso do mesmo para que o servizo de vías e obras do Concello proceda á súa retirada”.
Así mesmo, denuncian dende o Equipo de Goberno a situación que se está a dar co servizo de reciclaxe de cartón, “xa que en moitas ocasións as caixas de cartón son depositadas enteiras ó lado dos contedores, en vez de desmontadas dentro dos mesmos, dando tamén unha imaxe de suciedade pouco acaída para a vila”, sinalan dende o Concello de Salceda.
O Concello de Salceda de Caselas tamén quere lembrar que conta cunha ordenanza de ornato público que establece diferentes sancións para quen a incumpla. Dende o equipo de goberno “apelan á responsabilidade da veciñanza para manter o entorno limpo e nas mellores condicións medioambientais sen necesidade de recurrir a este tipo de sancións”.
Mellora do valado e peche perimetral; ampliación da sinalización de perigo e estudar posibles sancións tanto a vehículos como peons que ainda así accedan ás canteiras, son as tres medidas que se acordaron hoxe na reunión entre Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curíosos.
Á reunión presidida por Eva García, asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de Pocasa (Porriñesa de Canteiras) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira Arcace nº 21 que é actualmente á que acuden máis bañistas e curiosos. Por parte municipal, ademáis da alcaldesa; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, así como o enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado que asesora técnicamente ao Concello de Porriño.
A medida máis inmediata que se vai acometer será impedir o acceso ás pistas mineiras mediante un portalón ao que só teña acceso o persoal autorizado. Tratase dun portalón xa existente que vaise a adiantar para colocarse noutro punto onde teña máis efecto disuasorio. Será executado de inmediato por persoal de Pocasa como titular da concesión.
No que atinxe a sinalización, a pesares de que hai dabondo, acordouse colocar outros sinais de que está prohíbido e que é perigoso o baño nesas canteiras. “Non é unha zona de ocio, é unha zona mineira onde non está permitido o acceso”, precisou a alcaldesa Eva García.
Doutra banda o Concello de Porriño vai estudar a ordenanza municipal “para ver se teñen cabida posibles sancións con multas tanto a conductores e vehículos como peons que, a pesares das prohibicións, accedan a esas canteiras xa sexa para o baño ou para sacar fotografías”, explicou Eva García.
Todas estas medidas “son para protexer a seguridade de todos” dixo a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta anterioridade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou a alcaldesa.
Esta situación xurde logo de que das 30 explotacións de granito existentes actualmente no Porriño, tan só 9 atopanse operativas e con producción testimoniais. As restantes atópanse en paralización temporal e sen actividade extractiva.
Nun informe elaborado para o Concello de Porriño polo enxeñeiro de minas, Jerónimo Turrado, subliñábase que o principal problema sitúase na canteira Arcace nº 21, en Atios “pola acumulación de auga de choiva, pola facilidade de acceso tanto en coche coma a pé, e logo polo fácil acceso para bañarse aproveitando unha rampla”.
“Todo isto a pesares de que o acceso é a través dunha pista mineira pola que só poden circular vehículos autorizados e que a sinalización e peche perimetral da canteira Arcace impide que alguén poida acceder á mesma por despiste ou involuntariamente”, segundo sinala o infome do enxeñeiro.
Lémbrase que a canteira está pechada con desquites e cachotes de granito coas pintadas «Perigo» e «Prohibido pasar» de xeito que aqueles que aínda así acceden a bañarse na canteira actúan intencionadamente.
O informe técnico alerta de que hai outras cinco canteiras co posible risco de que sexan utilizadas por bañistas. Todas elas son arrendamentos parciais da concesión Benedicta nº 1544 da que é titular Porriñesa de Canteiras.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregou os diplomas do curso federativo de monitor de fútbol base. Acompañado do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, e de membros da Federación Galega de Fútbol, o rexedor local fixo entrega dos diplomas deste curso avaliado pola Escuela Nacional de Entrenadores da RFEF, que a súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o curso federativo adestrador básico de fútbol.
A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada polo Concello de Valladolid para participar na festa da Virxe de San Lorenzo, para o que elaborará unha alfombra na Praza Maior da capital castelá. Para iso compoñentes da Asociación de Alfombristas de Ponteareas viaxarán o próximo día 7 de setembro a Valladolid para, de xeito conxunto cos alfombristas vallisoletanos, confeccionar unha alfombra de 200 m2.
A alfombra que vai realizar a delegación de Ponteareas estará no tramo central, sendo leste un lugar de Honra, xa que así o quixeron os organizadores da mesma pola importancia e repercusión que teñen a nivel internacional as alfombras de flores de Ponteareas.
A Virxe de San Lorenzo está declarada oficialmente Patroa de Valladolid e Alcaldesa Perpetua da Cidade desde 1917, con motivo da Coroación Canónica da imaxe e o Concello de Valladolid fixou a súa festividade o día 8 de setembro, coincidindo coa celebración da Natividade da Virxe.
A madrugada do oito de setembro é costume que un grupo de voluntarios, dirixidos por José Antonio Gerbolés, elaboren unha alfombra artística na Praza Maior. Empregan niso varias horas: o seu delicado traballo ocúpalles, practicamente, toda a noite.
Pola mañá, a imaxe sae en procesión ata a Catedral, arroupada por representantes institucionais e de confrarías; aos que se unen, no seu regreso, sendo entón cando pasa sobre a alfombra.
Desde a Asociación de Alfombristas de Ponteareas agradeceron ao Concello de Valladolid “e moi espacialmente a Jose Antonio Gerboles (que é un namorado das alfombras que se fan en Ponteareas con motivo do Corpus Christi) por contar coa Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas para a elaboración da alfombra deste ano 2019”.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla unha ampliación de dúas unidades, creando así ata 35 prazas máis.
Dúas aulas adaptadas a diferentes tramos de idade, dependendo da demanda, pasando de 63 a máis de 90 prazas necesarias, sinalou Marta Valcárcel, “para un Concello en pleno crecemento, que a día de hoxe ten unha poboación infantil de 0 a 3 anos de máis de 250 nenos e nenas”.
A alcaldesa de Salvaterra salientou o feito que “este é un dos poucos Concellos que, a día de hoxe, co problema de envellecemento e despoboamento no rural, consegue non só manter poboación, senón crecer, e un claro exemplo é o nacemento nos últimos tres anos de máis de 250 nenos e nenas e o numeroso número de xente nova que cada ano decide vir vivir ao noso municipio, en gran medida debido a calidade de vida que se encontran aquí en Salvaterra de Miño”.
Ese crecemento ten moito que ver, sinala a rexedora local, “coa calidade de vida que ofrece este concello que non atoparán noutro lugar” e salientou a existencia de amplas zonas verdes, o Parque Público A Canuda, máis de 40 km de sendas polos ríos, zonas deportivas, wiffi gratuíta, campamentos de conciliación e unha ampla oferta cultural, entre outras moitas cousas.
O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán no esteiro de A Foz (A Ramallosa), abre mañá venres a súa treceava edición cunha primeira xornada na que presumirá da internacionalidad do jazz galego e na que reivindicará o papel da muller nesta música co trío Hey Cats. Así, os músicos galegos de jazz máis recoñecidos serán os protagonistas liderando formacións internacionais feitas ex-profeso para a ocasión, arrancando ás 21:00 horas co cuarteto do saxofonista Pablo Castaño e seguido ás 22:30 do tamén cuarteto do saxofonista Xosé Miguelez e o pianista Jean-Michel Pilc Quartet.
Porén, serán tres mulleres de diferentes nacionalidades ás que por vez primeira abran o festival ás 19:30 h no escenario do Rilla na Rúa (cara a Alameda da Ramallosa) interpretando temas só compostos por mulleres, obxectivo do seu proxecto ‘Hey Cats’ no que veñen investigando dende a ESMAE de Oporto para, precisamente, visibilizar o papel da muller nesta música. Esta primeira xornada rematará coa clásica jam-session liderada nesta ocasión polo trío do pianista Martín Lopo. O Nigranjazz, ao que se une Cervezas Alhambra como colaborador, conta tamén co apoio da Deputación de Pontevedra, a Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE), a Fundación Mayeusis, Elemental Chefs, Rodosa ou ACentralFolque.
PABLO CASTAÑO residiu en New York durante dez años onde compartíu moitas horas de música con Yago Vazquez e estableceron unha conexión musical verdadeiramente máxica. A eles únenselles Iago Fernández, un dos bateristas novos máis prestixiosos en Europa, e o contrabaixista Paco Charlín, un histórico do jazz en Galicia formado en EEUU e gran responsable do enorme crecemento do Jazz na nosa comunidade. O cuarteto de Pablo Castaño encádrase dentro da tradición jazzística, composto por saxofón, piano, contrabaixo e batería. Influenciado sen dúbida polos cuartetos e pequeños ensembles esenciais da historia do jazz liderados por instrumentos de ventos; desde Lester Young, Charlie Parker, John Coltrane a un longo etc. Aínda que unha das formacións que máis inflúe neste grupo podería ser o cuarteto de Wayne Shorter.
XOSÉ MIGUÉLEZ, recente gañador do premio Martin Codax na categoría de Jazz, ven de gravar o seu primeiro disco en Kansas con músicos americanos e nesta ocasión estará acompañado polo franco- americano Jean Michel Pilc, un dos pianistas máis destacados da súa xeración, de Carlos Barreto, unha institución do contrabaixo en Portugal e Marcos Cavaleiro, baterista portugués de enorme curriculum. O cuarteto “XOSÉ MIGUÉLEZ/ JUEAN-MICHEL PILC” reúne a catro músicos de tres nacionalidades diferentes que comparten a súa ansia pola busca insaciable e libre de expresión artística. O pianista e compositor autodidacta Jean-Michel Pilc tocou con numerosos xigantes do jazz como Roy Haynes, Billy Hart, Michael Brecker, Dave Liebman, Jean Toussaint, Rick Margitza, Kenny Werner, Marcial Solal, Michel Portal, Daniel Humair e Marcus Miller, Kenny Garrett, Lenny White, Chris Potter, John Abercrombie, Mingus Big band, Lew Soloff ou Richard Bona, entre outros. Xose Migué lez está considerado actualmente como un dos saxofonistas má s destacados da nova generació n de mú sicos de jazz da pení nsula ibérica. O seu proxecto musical má s recente, ” Ontology”, gravado en Estados Unidos e que se presentou en agosto de 2018 na sala ” Blue Room” do American Jazz Museum en Kansas City.
‘HEY CATS’ nace na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Oporto (ESMAE),onde deciden xuntarse tres mulleres de diferentes partes do mundo co obxectivo de crear un proxecto que visibilice á muller na música. Así, despois dun traballo de investigación decátanse de que hai moitos temas famosos compostos por mulleres, pero que, con todo, os seus nomes non o eran tanto; acabamos elaborando un repertorio que abarca temas de jazz, boleros e composicións propias. Todo composto por mulleres que, a pesar das dificultades, loitaron por ter un lugar no mundo da música.
O Nigranjazz continúa o sábado coa gran actuación estelar ás 22:30 da cantante americana Deborah Carter, quen ademais ofrecerá unha master-class matinal no Auditorio do Edificio Tecnolóxico de Porto do Molle. Deborah Carter reúne para a ocasión a Xan Campos ao piano e Chus Pazos á batería xunto a Mark Zandveld ao contrabaixo. Previamente, outro dos músicos galegos de jazz máis internacionais, o saxofonista Fernando Sánchez, amosará o seu quinteto no escenario do Esteiro de A Foz. O Escenario do Rilla na Rúa abrirá a xornada ás 19:30 con Off-Room, trío 100% nigranés.
Trece anos ás costas e un dos mellores festivais do noroeste peninsular
O Nigranjazz, festival señeiro do Concello de Nigrán, cumpre 13 anos sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas.
Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek, Kurt Rosenwinkel…
Pero non hai que esquecer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigranjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.
A Praza do Seixo de Tomiño, acolle este venres 26 de xullo, dentro do ciclo «O Son da Praza», a 26ª edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas «Do Lusco ó Fusco», coa colaboración do Concello. O festival é para todos os públicos e comezará ás 22:30 horas, con entrada libre. Nesta edición participarán agrupacións de Austria e Polonia, ademais dos grupos Virxe do Alivio, de Tomiño e Do Lusco ó Fusco, da Guarda.
Por outra banda, e tamén dentro dos actos culturais programados na axenda de verán municipal, o sábado 27 de xullo, celebrarase o Encontro Internacional de Bandas de Música. Será no Espazo Fortaleza de Goián, ás 21:00 horas. Tamén para todos os públicos e con entrada de balde. Neste caso, ademais da banda anfitrioa, a Agrupación Musical de Goián, actuarán as bandas da UVCD de Candeáne de Lagares.
“Reivindicamos e defendemos o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade”, dixo a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, ante os centos de veciños que encheron a Praza do Calvario respondendo ao chamamento ralizado dende o Concello para reivindicar unha sanidade pública e de calidade.
A alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández, dirixiuse aos concentrados, manifestando que “a sanidade pública é un dereito que ten que ser intocable e que nunca debera ser empregado de maneira partidista por parte de quen ten a responsabilidade de xestionar os recursos públicos. Trátase dunha cuestión transversal, dun dereito que temos na nosa condición de persoas humanas”, dixo.
Nese sentido, lembrou que O Rosal leva anos vendo como se precariza a atención primaria no municipio. Dende o falecemento da matrona titular, Xulia Suárez, no 2010, foron recortando servizos. “Por iso estamos hoxe aquí concentrados, para reivindicar e defender o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade. Estamos fartos de que se precarice a sanidade pública no noso concello”, reclamou.
Así mesmo, engadiu que O Rosal é o concello do Baixo Miño cun peor rateo, en condicións normais, de pacientes por persoal sanitario. Así, dixo, o persoal médico ten un total de 4.701 pacientes repartidos entre tres profesionais, que atenden a 1.502, 1.643 e 1.556 persoas cada un, mentres a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda un máximo de 1.200 pacientes por médico.
Estas cifras xa de por sí negativas e precarias en termos sanitarios, vense agravadas en situacións de vacacións e baixas de persoal, xa que moitas veces non se repón ós profesionais. Nese sentido, Ánxela Fernández indicou que, agora mesmo, só dous médicos están atendendo a 4.701 pacientes.
“As consecuencias máis inmediatas desta decisión son a precarización da atención primaria coa redución do persoal sanitario, que conleva un retraso forte de ata case 20 días nas citas da atención primaria en moitos casos, así como que os veciños do centro de Saúde de San Miguel de Tabagón teñan que desprazarse ata o centro do Rosal para ser atendidos”, denunciou a alcaldesa, lanzándolle unha pregunta á Consellaría de Sanidade e ao SERGAS, “acaso no verán podemos elixir non poñernos enfermos?”
Do mesmo xeito, relatou os pasos que leva dado o concello diante da Consellaría de Sanidade e do SERGAS dende que tomou posesión como alcaldesa, manifestando que só obtiveron unha resposta tipo por parte do SERGAS, alegando falta de persoal. Así mesmo, manifestou que seguen esperando ser recibidos polo conselleiro Vázquez Almuiña, cita solicitada o pasado 5 de xullo nunha reunión de todos os alcaldes do Baixo Miño, despois de analizar a situación sanitaria na comarca.
A alcaldesa rosaleira rematou manifestando que “a sanidade pública é un ámbito que supera o ámbito competencial do concello. Non obstante, dende aquí quero trasladarlle á Xunta de Galicia, quen ten a responsabilidade de resolver esta situación”, e insistiu en que dende o goberno municipal defenderán o interese colectivo, “loitando pola defensa do que consideramos un dereito e unha necesidade básica da nosa veciñanza, o dereito a unha sanidade pública, digna e de calidade”, reclamou.
Máis de medio cento de representantes de colectivos sociais e promotores de eventos e espectáculos públicos participaron onte nun encontro informativo organizado pola Concellaría de Bo Goberno do Concello de Ponteareas para informar sobre o novo procedemento de ocupación de dominio público para actividades e espectáculos.
Na presentación do acto, o alcalde Xosé Represas enmarcou a reunión “nos traballos de modernización da administración municipal que iniciamos con este novo mandato para gañar en eficacia e eficiencia e facer máis doada para os cidadáns a tramitación de expedientes”. O alcalde sinalou que, “logo de sanear o Concello economicamente e organizar a plantilla de persoal coa aprobación en 2018 da Relación de Postos de Traballo, o noso reto agora é poñer orde no funcionamento interno do Concello modernizando o seu aparello administrativo”.
Represas explicou que nos vindeiros meses “seguiranse revisando e mellorando os procedementos internos de tramitación de expedientes que afectan á veciñanza, revisaranse as ordenanzas municipais e regulamentos, crearanse organigramas e protocolos para as unidades administrativas e un completo servizo de atención cidadán”.
O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, explicou que o novo procedemento para ocupación de dominio público para eventos e espectáculos “é un primeiro paso nese proceso de modernización” e salientou que “co protocolo creado e o formulario de solicitude deseñado porase fin a multitude de problemas e disfuncións que se producían nesta materia”.
Segundo Mera, “co novo procedemento protéxese aos organizadores e espectadores ao requirirse o seguro de responsabilidade civil así como as certificacións que acreditan que as instalacións ou estruturas que se utilicen reunen as condicións técnicas e de seguridade que esixe a Lei”. Mera adiantou que “nas vindeiras semanas continuaremos revisando e mellorando outros procedementos na mesma liña que o realizado neste caso”.
No encontro interviron máis dunha vintena de asistentes para plantexar dúbidas e suxestións. O novo formulario está xa dispoñíbel na páxina web do Concello.
Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Povo de Barbeira, entre o 27 de xullo e 5 de agosto desenvolverase, a unha e outra beira do río Miño, o «34º Folk Monção O Mundo a Dançar» que, como en anteriores edicións, promete volver a encantar a milleiros de persoas nos espectáculos a realizar tanto no Alto Minho –Monção, Barbeita, Melgaço, Valença, Vila Nova de Cerveira, Paredes de Coura, Ponte de Lima, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca– coma en Galicia –Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa–.
Nesta edición de 2019, estarán presentes neste festival, un dos máis recoñecidos a nivel nacional con certificación CIOFF dende 2006, grupos procedentes de Benim, Bolivia, Chile, Croacia, Filipinas, Xapón, México, Portugal, Rusia e Servia, agrupando a preto de 500 participantes.
Durante o festival, os participantes estarán aloxados en Monção. Durante estes días, 120 voluntarios e voluntarias, tanto portugueses como estranxeiros, ocuparanse de todos os traballos que leva aparellados un evento desta categoría como son cozinha, limpeza, loxística, guías, interpretes, etc.
Até o 31 de agosto pode visitarse no Mercado Municipal de Tomiño a mostra «Unha de tres»; unha exposición plástica colectiva, na que Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati expoñen collages figurativos ou abstractos cun fondo crítico á situacións sociais e políticas actuais. Emilio Cabeiras, iniciado na Escola de Artes e Oficios de Vigo, expón traballos de serigrafía artística
A concelleira Cristina Martínez acompañou aos artistas na inauguración da mostra, celebrada o sábado pasado. Tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Francisco Campo.
A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, que dirixe Eva Gil, colabora con Banastra na promoción da praza de abastos como punto de referencia de produtos frescos e de calidade. A praza de abastos, que conta con aparcamento para a clientela, ofrece proximidade e o asesoramento dos profesionais que están ao frente dos postos, ofrecendo prezos competitivos e unha ampla variedade de produtos.
Para achegar a praza de abastos ás familias, todos os sábados do mes de agosto os pequenos a partir de seis anos poden participar no obradoiro de cociña de 11 h a 13 horas. Totalmente de balde, as familias interesadas deberán inscribirse mediante whatsapp no número de teléfono 644 896 840. Cómpre que as interesadas e interesados incríbanse canto antes xa que o máximo de prazas dispoñibles para esta actividade é de 20.
Só tres semanas despois da toma de posesión o goberno reuniu ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes e presentou as grandes liñas que marcarán o mandato: transición ecolóxica, axenda urbana, máis dereitos, axenda dixital e innovación. “Este é o noso proxecto para seguir a transformar a provincia nestes catro anos e queremos que os concellos o compartan con nós e se corresponsabilicen”.
Con esta apelación, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, e de deputadas e deputados do goberno, chamou hoxe ás alcaldesas e alcaldes dos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes, a colaborar e buscar consensos “para construír máis provincia entre todas e todos”. Na reunión de alto nivel no Salón de Plenos do Pazo Provincial, “só tres semanas despois da nosa toma de posesión”, Silva presentou as grandes liñas que marcarán o mandato destes próximos catro anos e detallou os proxectos, nos que xa se está a traballar, destinados “a beneficiar aos concellos para con eles seguir a mellorar a vida da xente. Temos unha folla de ruta clara, un modelo traballado con rigor e queremos a coparticipación de todas e todos”. A sustentabilidade cara á transición ecolóxica, a axenda urbana, máis dereitos e máis equidade, a axenda dixital e unha provincia que sexa un referente en innovación serán os principais eixos de acción que, amais de marcar de forma transversal a política do goberno, serán os obxectivos de todos aqueles proxectos e programas que se desenvolverán cos concellos.
Así, a presidenta confirmou ás alcaldesas e alcaldes da provincia que o Plan Concellos seguirá a ser a principal ferramenta da Deputación para achegar recursos mediante os principios de autonomía e corresponsabilidade municipal, transparencia, equidade, e libre concorrencia. Carmela Silva, que se uniu á reclamación de moitos concellos “para que a Xunta poña en marcha un instrumento similar do reparto dos recursos”, avanzou respecto ao Plan Concellos que “estamos a analizar medidas que permitan unha maior eficiencia na execución dos proxectos para garantir a execución dos orzamentos que aproba a Deputación. Por elo, “queremos acordar cos Concellos medidas como que os seus proxectos sexan maduros e listos para licitar, que os cambios de destino dos fondos non alteren os prazos de xustificación, amais dunha reducións dos tempos de finalización das obras. “É evidente, dixo a presidenta, que haberá causas de forza maior que non o permitan, pero temos que recordar que hai concellos con obras do plan 2017 das que aínda non se recibiron nin unha soa certificación e que outros teñen o Plan 2018-2019 sen ningunha obra iniciada“.
A financiación europea seguirá a ser unha peza clave para seguir a transformar a provincia e avanzar na axenda medioambiental, unha das grandes prioridades destes catro anos. Silva sinalou que “estamos nun momento clave para a planificación de intereses comúns polo que Deputación e concellos debemos ir da man á hora de situarnos con forza diante do novo período de fondos”. A presidenta marcou obxectivos para conseguir financiación no marco da transición ecolóxica como favorecer unha economía verde respectuosa co patrimonio; reducir as emisións e contribuír á mellora da calidade do aire; avanzar na loita contra a desigualdade; recuperar novos espazos públicos; incrementar a mobilidade sostible; desenvolver a axenda dixital en termos de inclusividade e de creación de emprego ou Implantar enerxías renovables e avanzar no reequilibrio territorial. Neste sentido Carmela Silva citou a Axenda 2030 da ONU, a Axenda Urbana Española e o novo marco plurianual de fondos comunitarios 2021-2027, que fará que estas planificacións tomen corpo normativo e se convertan en oportunidades de financiación para os concellos e a Deputación. Amais, a asignación económica do FEDER para o desenvolvemento urbano sostible medrará ao 6%. “Isto significa, lembrou a presidenta, que a cantidade de Fondos que terá o Ministerio de Facenda para que os entes locais levemos a cabo estratexias urbanas sostibles vai medrar en cantidade e calidade. Por iso, apelou a comezar a traballar nunha estratexia conxunta diante da programación de Fondos 2021-2027 e unha nova dinámica de traballo cos concellos para establecer prioridades comúns que permita situar a nosa provincia e a súa singularidade diante deste novo marco multiaxenda.
Nesa aposta cara á Transición Ecolóxica, Silva insistiu que “impulsaremos a adaptación ao cambio climático e o reto da transición tanto nas accións da propia Deputación como na súa relación cos concellos. Crearemos unha estratexia de traballo en base ás directrices da ONU e as conclusións que se acorden no Cumio Mundial de 2019, centrada en cinco áreas prioritarias: a transición global cara enerxías renovables; infraestruturas e cidades sostibles e resilentes; agricultura e ordenación sostible dos nosos espazos naturais, incluíndo a xestión dos parques forestais; a resilencia e adaptación aos impactos climáticos e a converxencia de financiación pública e privada cunha economía de emisións netas cero”. Amais, se manterán as axudas ao tecido socioproductivo do sector primario e traballarse cos concellos para a mellora dos Parques Forestais, continuando coas liñas de axuda para a creación de espazos e de posta de valor dos nosos montes.
Desde Novas Tecnoloxías a Deputación converteuse no pasado mandato no referente tecnolóxico dos concellos para afrontar con éxito a transformación dixital con plans como a administración electrónica, o Padrón de Habitantes, o Servicio de Impresión e Dixitalización, o Servicio IDEPo ou de asistencia en materia de protección de datos. De cara á forte aposta pola axenda dixital, esa colaboración vaise impulsar aínda máis cun maior soporte de asistencia técnica, con novas solucións tecnolóxicas de software que permitan mellorar a xestión interna dos concellos e coa creación dun centro permanente de dixitalización de fontes documentais de xeito que se poida preservar o arquivo histórico e acadar un arquivo dixital único. Este proxecto atópase nunha fase moi avanzada e estímase que estará operativo nun prazo aproximado de 8 meses.
Tal e como informou a presidenta aos concellos, a sustentabilidade tamén marcará as políticas de mobilidade e infraestruturas coa recuperación do espazo público como eixo estratéxico da acción política, “polo que en colaboración con concellos continuaremos traballando na procura dunha mobilidade amable e sustentable”. O servizo de infraestruturas e vías provinciais incluirá o sostemento, mellora e novas actuacións en todo o viario provincial, incluídas os tramos urbanos, así como as accións desenvolvidas mediante convenios de mellora de tramos urbanos para a súa posterior cesión a os concellos. A presidenta comprometeuse coas alcaldesas e alcaldes que “a limpeza, o desbroce e a preparación de vías provinciais serán unha constante, para o que melloraremos a comunicación coas entidades locais na procura dunha ordenación regulada das tarefas a desenvolver”.
A promoción económica da provincia tamén seguirá a ser un eixo transversal da acción do goberno. Silva confirmou que “intensificaremos a colaboración cos concellos tanto na implementación de acción formativas para persoas desempregadas como cos programas que se desenvolven cos concellos”. Programas como DEPOEMPRENDE na Escola, na ESO e na FP de fomento da cultura emprendedora seguirán a ter un protagonismo importante, e se avanzará no fomento do emprendemento na xuventude e na poboación en risco de exclusión social, “temas, dixo a presidenta, nos que os concellos poden ser grandes aliados”. Amais se seguirá a apostar polo apoio á mobilidade estudantil en Europa (ERASMUS); cos programas de fomento do emprego e de adquisición de competencias profesionais (AFD e LABORA 2020) e co apoio a persoas emprendedoras e pequenas empresas a través do programa SMARTPEME que desde a súa posta en marcha chegou a máis de 2000 pymes, emprendedores e asesorados/as. Entre as novidades, o goberno consolidará o programa “O teu primeiro emprego”, con contratos en prácticas, amais de abrir canles de colaboración cos pequenos concellos para programas formativos para mozos e mozas desempregados/as e poboación en situación de risco social como TIC emprendes; e unha nova liña de traballo de SMART PEME para que desde os concellos se impulse o asesoramento TIC ao tecido empresarial local.
Carmela Silva informou tamén ás alcaldesas e alcaldes das novidades que se implantaran na área de igualdade, “na que esta Deputación é referente en Galicia e no Estado”, un servicio transversal que velará polo desenvolvemento de accións e programas con perspectiva de xénero en todas as areas. “Seguiremos apostando, dixo a presidenta, porque as mulleres teñan mais presencia, e pola loita contra a violencia machista e a reivindicación dos dereitos con accións contundentes para a súa visibilización. Amais, se implantarán novos programas nos concellos con campañas de sensibilización e unha nova programación para a formación de persoal municipal na Escola Maria Vinyals.
En canto ao Turismo, se a aprobación do Plan Estratéxico 2017-2020 marcou a pasada lexislatura, neste mandato afrontaranse catro grandes retos: un modelo sostible; o posicionamento do destino en base aos valores de marca (sustentabilidade, autenticidade, excelencia, atemporalidade e internacionalidade; o compromiso coa excelencia e a Implantación dunha xestión intelixente. A presidenta adiantou que se ampliará a rede de oficinas de Rías Baixas e haberá novas liñas de colaboración cos concellos adheridos á rede de oficinas da DEPO no eido da innovación convertendo estas oficinas municipais en espazos modernizados con TIC,s. Tamén na elaboración de materiais promocionais e actualización da información “e ao través de Tourist Inside Rías Baixas instalaremos tótems multimedia en enclaves turísticos para obter información acerca do perfil das persoas visitantes”. “Tamén, dixo Silva, ampliaremos a web de Turismo Rías Baixas creando espazos de información e promoción turística dos concellos, e desde a Rede de Destinos Turísticos Intelixentes trasladaremos a todos os concellos asesoramento para ser un territorio intelixente a nivel turístico. Desenvolveremos as campañas de sostibilidade turística cos concellos que desexen adherirse e impulsaremos un acordo municipal de fomento do turismo ambientalmente responsable”. A presidenta confirmou que seguirá a colaboración cos pequenos concellos na obtención da Q de calidade e tamén reforzarase o papel dos concellos na Mesa Provincial do Turismo. “Impulsaremos tamén o programa de emprendemento Turistic, dixo Silva, e no marco da Mesa do Camiño traballaremos nun informe de situación dos Camiños que transcorren pola provincia para garantir a súa seguridade e accesibilidade de cara ao Xacobeo 2021”.
“Máis equidade e máis dereitos” será o obxectivo do goberno provincial “que seguirá a poñer ás persoas no centro da acción política”. Na súa relación cos concellos, Carmela Silva sinalou que se mellorará a prestación de servizos básicos e a procura da igualdade de oportunidades entre a cidadanía e entre os territorios. Por iso alertou das novas demandas, a situación de despoboamento e de soidade de maiores e dependentes, “o que fará que nesta lexislatura poñamos aínda mais acento na colaboración cos pequenos concellos. Por iso avanzaremos no eido da atención social e cos programas de inclusión e integración das persoas. De feito, dixo Silva, melloraremos e equilibraremos o sistema cos concellos no financiamento de servizos socio comunitarios, ampliaremos os programas destinados a educación en valores a un maior número de concellos, incrementaremos o número de persoas beneficiarias da teleasistencia nos pequenos concellos e aumentaremos os programas sobre hábitos saudables, envellecemento activo, prevención na saúde, respiro familiar, etc …
En canto á Cultura, Silva tamén confirmou que se seguirá a impulsar un sistema de reparto de recursos a través de liñas de concorrencia competitiva, e tamén en programas xa existentes como Musigal ou Pontegal para os que se están a analizar novas propostas de xestión, “seguindo coa liña de transparencia e equidade que implementamos nas nosas propostas”. A presidenta tamén avanzou ás alcaldesas e alcaldes as novidades do Servizo ORAL, no que un total de 53 concellos de menos de 20.000 habitantes e 9 entidades teñen delegada na Deputación algunha competencia de carácter tributario. Á nova oficina virtual tributaria unirase moi cedo a páxina WEB do ORAL e manteranse as xornadas de formación para os concellos, dado a da demanda dos mesmos. Trabállase tamén unha nova plataforma de intercambio de documentación e en novos modelos de ordenanzas.
O vicepresidente Mosquera anuncia que neste ano haberá subvencións para limitar a 30 quilómetros hora os núcleos urbanos de vilas e cidades O vicepresidente César Mosquera puxo en valor que apenas poucas semanas despois de tomar posesión a equipa de goberno xa ten proxectos e liñas estratéxicas concretas que poder presentar a alcaldes e alcaldesas. Indicou que, se ben o bipartito ten un programa claro e un goberno rodado, iso é algo “extraordinario”, ten moito traballo detrás, e facilita as previsións que poidan facer os concellos, confrontando co que acontece con outras administracións.
O nacionalista subliñou que neste ano o departamento de Mobilidade aprobará unha liña de subvencións en prol da seguranza viaria. Lembrou que no pasado mandato os concellos puideron acceder a axudas para a redacción de Plans de Mobilidade Sustentable (PMS), e subliñou que neste exercicio o obxectivo será dar axudas para aplicar o plan e, en concreto, para limitar a velocidade máxima do viario dos núcleos urbanos de vilas e cidade a 30 quilómetros hora. Mosquera destacou que esta medida está no borrador do Regulamento de Tráfico dende hai anos e vai ser unha realidade inminente, polo que a Deputación pretende colaborar no financiamento dos custes asociados á súa implantación cos concellos que queiran ser pioneiros. “Quen o queira afrontar vai ter toda a axuda deste goberno, porque trátase de dar un paso concreto na dirección de ir facendo vilas máis amables e baixar a sinistralidade, que baixou no Estado pero en Galiza sigue subindo”, afirmou. No relativo a outras medidas, o vicepresidente Mosquera destacou que o traballo en compostaxe seguirá adiante con máis forza, así como tamén outras liñas de actuación como as de Patrimonio. Asegurou, así mesmo, que os concellos deben responsabilizarse e presentar os proxectos para os que optan a subvencións maduros, cos permisos e listos para licitar para así non ter recursos paralizados.
Finalmente, Mosquera lamentou a actitude do alcalde de Cerdedo-Cotobade e voceiro do PP, de quen dixo chegou á reunión con “consignas externas”, “afirmacións desafortunadas” e “de formas bastante feo”. Indicou que Cubela confundiu o encontro con alcaldes cun pleno provincial. Subliñou, ante a petición de máis fondos para o Plan Concellos que a Deputación destina todos os cartos que pode a este plan, lembrando que pasou dos 18 millóns de euros a 43 millóns de euros. Tamén sinalou que se a Xunta dse fixese cargo de centros que deberían ser da súa competencia (Príncipe Felipe, Mouriscade ou Areeiro, entre outros), poderían subirse os recursos do plan en 20 ou 30 millóns de euros.
A Casa do Concello de Mos foi escenario, na tarde de onte, do acto de recepción a Juan Ferrón, deportista do Club Natación Mos, que participou na World Paralimpic Series de Berlín con excelentes resultados; e aos demais nadadores e nadadoras do Club Natación Mos –47 en total– pola boa tempada realizada. Ao acto para felicitar aos nadadores/as mosenses asistiron parte dos preto de 50 rapaces integrantes do equipo acompañados das súas familias, membros da directiva do Club; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Deportes, e membros da Corporación Municipal.
O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, (único representante galego na FEDC, Federación Española de Deportes para Cegos) participou o pasado mes de xuño na World Paralimpic Series de Berlín de Natación Adaptada, e logrou uns grandes resultados tanto por tempo como por puntuación.×
Por outra banda os resultados máis destacados da tempada dos nadadores do Club Natación Mos en xeral foron os seguintes: 17 nadadores clasificados para os diversos Campionatos Galegos, 6° posto de 30 clubs na Liga Galega Infantil de Natación, 3° posto na Liga Provincial de Clubs de Natación, 12° clasificado de 31 na Liga Benxamín, 3 medallas no Trofeo Internacional Promesas do Lérez, 14 medallas no Trofeo Marismas de Redondela, 9 medallas no Trofeo Amizade, e 10 Medallas no Trofeo Codesal. Trátase duns resultados moi salientables nas diversas ligas e trofeos disputados nesta última tempada.
No caso concreto de Juan Ferrón, o pasado día 6 xuño nadou na capital alemana os 100 metros bolboreta na sesión matutina, onde logrou o pase á final Youth na sesión vespertina, mellorando o tempo da mañá, cerca da súa MMP, sendo 3° por puntuación multidiscapacidade e 2° por tempo.
O día 7 xuño nadou os 100 metros Libres, cun tempo de 1:00,73 non logrou o pase á final, pero aproximouse á súa mellor marca en piscina de 50 metros.
O día 8 de xuño nadou os 50 Libres asinando nas preliminares un tempo de 28,00.
O día 9 de xuño nadou os 50 metros bolboreta. Pola mañá nadou en 29,57 logrando o pase á final Youth e na sesión vespertina logrou mellorar o tempo da sesión matinal logrando ser 3° por puntos de multidiscapacidade pero 1° en marca e facendo MMP.
Así mesmo a fin de semana do 15 e 16 de xuño tanto Juan como o adestrador do Club Natación Mos, Alberto ‘Xouba’ Pereira, viaxaron ata Tenerife para participar no Campionato de España por clubs de Natación, o Tenerife Top Training.
O Concello da Guarda o abeiro do programa de fomento da empregabilidade «O teu primeiro emprego» da Deputación de Pontevedra, ten concedida unha axuda para a contratación de 4 persoas en situación de desemprego. As e os solicitantes deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego como demandantes de emmprego ou co cartón de mellora de emprego co código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.
Os postos ofertados son unha persoa con Licenciatura / Grao en Historia / Grao en Xeografía e Historia. O tipo de contrato será en prácticas a tempo completo, cunha dureción de 6 meses prorrogables e o código CNO é o 28221023 00
Grao en Arquitectura. Contrato en prácticas a tempo completo de 6 meses prorrogables do código CNO 2.4511016 00.
Licenciatura / Grao en ciencias da Actividade Física e do Deporte. Contrato en rpácticas a tempo completo de 6 meses prorrogables. 37231077 00.
Diplomatura en Xestión e Administración Pública / Grao en Dirección e Xestión Pública. Contrato en prácticas a tempo completo de 6 meses de duración prorrogables.
Este plan ten por finalidade facilitarlles ás persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional o acceso, dentro da provincia, a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados para adquirir experiencia profesional e facilitarlles a súa futura inserción no mercado laboral.
Amais da antedita inscrición no Servizo Público de Emprego, as persoas solicitantes deberán estar en posesión da titulación do posto de traballo a desenvolver e non teñen que ter transcorridos máis de 5 anos dende a finalización dos seus estudos. Así mesmo é requisito imprescindible que non estiveran contratadas en prácticas pola mesma ou distinta persoa física ou xurídica por tempo superior a un ano.
Dentro do programa #AVeciñanzaConta, o Goberno local do Rosal celebrou onte unha unha reunión coa directiva do club Acanor Atlético Novás de balonmán, unha xuntanza na que se falou sobre o futuro e a planificación dos orzamentos do vindeiro ano.
O Acanor Atl. Novás é un equipo cunha ampla traxectoria e vinculación co Rosal. A aposta do club coa canteira de rapaces e rapazas de idades moi novas é fundamental. Decenas de nenos e nenas do Rosal e concellos limítrofes xogan nas escolas deportivas e nos equipos base, con idades que abarcan dende os 4-5 anos ata os equipos de adultos que xogan en categoría de división honra de prata nacional.
Para o goberno que preside Ánxela Fernández Callís, “escoitar, colaborar e traballar son pezas claves para coñecer de primeira man o traballo que fan as asociacións do noso pobo”.
Vinte e catro persoas superaron o Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), coa colaboración do Concello de Tomiño. Entre os participantes hai cinco mulleres de Tomiño e Comarca do Baixo Miño, case todas, xogadoras de equipos da zona. Con este curso, de iniciación, as persoas que o superaron poden adestrar en fútbol até en 3ª rexional.
A clausura do curso tivo lugar este mediodía no Concello de Tomiño, coa asistencia de representantes da RFGF en Vigo, da Escola de Adestradores e do Concello. Por parte deste último estiveron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Deportes Francisco Campos. Este último salientou a oportunidade de formarse coma adestrador/a de deportes de base, tanto pola súa saída laboral coma pola súa función social.
A alcaldesa resaltou a importancia de transmitir paixón polo deporte pero ao mesmo tempo, valores de compañeirismo, solidariedade e superación. Segundo adiantou a rexedora, existe a posibilidade de organizar outro curso de perfeccionamento.
O representante da RFGF felicitou aos participantes, aconsellándolles colexiarse, para poder aproveitar vantaxes coma a de obter o carné de adestrador/a ou a de formar parte dunha bolsa de traballo. O obxectivo desta actividade foi a de dotar aos adestradores e adestradoras das mellores ferramentas para poder exercer a súa labor formativa.
O curso desenvolveuse de forma intensiva entre o 8 e o 19 de xullo, de 9:00 h a 15:00 h, na Escola Obradoiro de Goián e no campo de fútbol O Regatiño.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenente de alcalde e concelleira de Ensino e Eventos, Cristina Fernández, recibirón hoxe no salón de plenos da Casa do Concello aos nenos e nenas que pasarán o verán en Ponteareas grazas ao programa «Vacacións en paz» promovido pola asociación Solidarieade Galega co Pobo Saharaui. Ata o mes de setembro, nenos e nenas vivirán con familias ponteareás ás que alcalde e tenente de alcalde agradecen a súa xenerosidade.
“Grazas á colaboración destas familias este verán seis nenos e nenas chegados dos campamentos saharauis gozarán de dous meses na nosa vila. Esta iniciativa de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui permite, cada ano, que estas dúas culturas sigan a ser irmás”, explica Cristina Fernández.
Pola súa banda, o alcalde Xosé Represas adianta que nestes días procederase á sinatura do convenio que, como cada ano, “contribúe a que este intercambio sexa posible e reforza o espírito solidario tanto da asociación como das familias”.
Conchi Fernández, delegada de zona da asociación, agradeceu a colaboración do Concello e das familias acolledoras e agarda contar para o vindeiro ano “con máis familias para que máis nenos e nenas poidan gozar dunhas vacacións en paz”. Os e as interesadas en participar deberán porse en contacto coa asociación no número de teléfono 986 262 637.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.