12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoMedio centenar de persoas benefícianse dos cursos organizados polo Concello de Tomiño

    Medio centenar de persoas benefícianse dos cursos organizados polo Concello de Tomiño

    Máis de 50 persoas aproveitaron os cursos de preparación dos exames de ESO, ciclos medios, superiores e de competencias clave, organizados polo Concello de Tomiño, co fin de achegar formación a aquelas persoas que interromperon os seus estudos secundarios ou primarios por diferentes causas. Repartidas case por igual con respecto ao xénero, o 60% das persoas que se apuntaron a clases o curso pasado, tiñan entre 25 e 45 anos; habendo un 20% de menores de 25 e outro tanto de maiores de 45.

    A docencia estivo a cargo esta vez de Radio Ecca, que desenvolveu o seu traballo de formación a través dunha aplicación on-line e só dúas clases presenciais á semana. O esforzo das persoas máis constantes e que non faltaron practicamente a ningunha clase, viuse recompensado cos aprobados a todos os ámbitos da ESO ou, ao menos, a algúns deles, o mesmo que ocorreu nas probas para o acceso aos ciclos medios e superiores.

    O Concello está apuntando xa para o vindeiro curso que comezará a principios de outubro de 2019. As persoas interesadas poden inscribirse ou informarse na Oficina de Desenvolvemento Local de Emprego do Concello de Tomiño.

    A concelleira de Educación, Cristina Martínez, salientou a aposta decidida do Concello “pola accesibilidade á formación de todas as persoas; compromiso desta e das anteriores lexislaturas do goberno local”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS