11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoVinte e catro persoas da zona fórmanse coma adestradoras de fútbol base...

    Vinte e catro persoas da zona fórmanse coma adestradoras de fútbol base en Tomiño

    Vinte e catro persoas superaron o Curso Intensivo de Monitor de Fútbol Base, organizado pola Escola Galega de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), coa colaboración do Concello de Tomiño. Entre os participantes hai cinco mulleres de Tomiño e Comarca do Baixo Miño, case todas, xogadoras de equipos da zona. Con este curso, de iniciación, as persoas que o superaron poden adestrar en fútbol até en 3ª rexional.

    A clausura do curso tivo lugar este mediodía no Concello de Tomiño, coa asistencia de representantes da RFGF en Vigo, da Escola de Adestradores e do Concello. Por parte deste último estiveron a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e o concelleiro de Deportes Francisco Campos. Este último salientou a oportunidade de formarse coma adestrador/a de deportes de base, tanto pola súa saída laboral coma pola súa función social.

    A alcaldesa resaltou a importancia de transmitir paixón polo deporte pero ao mesmo tempo, valores de compañeirismo, solidariedade e superación. Segundo adiantou a rexedora, existe a posibilidade de organizar outro curso de perfeccionamento.

    O representante da RFGF felicitou aos participantes, aconsellándolles colexiarse, para poder aproveitar vantaxes coma a de obter o carné de adestrador/a ou a de formar parte dunha bolsa de traballo. O obxectivo desta actividade foi a de dotar aos adestradores e adestradoras das mellores ferramentas para poder exercer a súa labor formativa.

    O curso desenvolveuse de forma intensiva entre o 8 e o 19 de xullo, de 9:00 h a 15:00 h, na Escola Obradoiro de Goián e no campo de fútbol O Regatiño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.