21.2 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas limita o horario dun concerto no Paseo Matutino atendendo ás queixas...

    Ponteareas limita o horario dun concerto no Paseo Matutino atendendo ás queixas veciñais

    Logo de anunciar a posta en marcha dun Plan de Convivencia e Civismo en Ponteareas, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, adoptou unha primeira medida dirixida a conciliar o dereito ao ocio e o dereito ao descanso da veciñanza. O pasado 2 de xullo a Federación de Comercio e Hostelaría Banastra solicitou no Concello autorización para celebrar unha Festa Ibizenca o sábado 27 de xullo, con comezo ás oito da tarde e que concluiría cun concerto dun DJ na rúa Paseo Matutino entre as doce media da noite e as dúas da madrugada.

    Á vista da solicitude, Roberto Mera mantivo varios encontros cos organizadores para transmitirlles a necesidade de limitar o evento a un horario máis razonábel que fora respectuoso co dereito ao descanso da veciñanza “dunha rúa que xa soporta de por si unha elevada contaminación acústica por tráfico, locais de ocio e persoas na rúa”.

    Mera explica que “como medida provisional, decidimos que todas as solicitudes de concertos presentadas con posterioridade ao 1 de xullo terán como horario límite, durante o verán, as doce e media en sábados e as once e media no resto dos días, coa única excepción das festas patronais, como sempre aconteceu”. A medida é provisional á espera de ver o resultado do proceso de participación veciñal que se porá en marcha para aprobar o Plan de Convivencia e Civismo e do que sairá unha normativa municipal definitiva que regule os horarios.

    Pola súa parte, a veciñanza da rúa tivo coñecemento das pretensións dos organizadores pois estes anunciaron o evento cun horario até as dúas da madrugada sen agardar a resposta municipal. Un grupo de residentes no primeiro tramo do Paseo Matutino mantivo unha reunión con Mera, quen lles trasladou a decisión do goberno local de limitar o horario previsto polos organizadores, decisión que foi ben valorada até o punto de que nesta semana se presentaron máis de cen sinaturas de veciños e veciñas respaldando a decisión municipal.

    Mera agradeceu a “comprensión dos organizadores que finalmente modificaron a súa solicitude, refacendo o programa até as doce e media”. O edil nacionalista recoñeceu ser conscente “do malestar dalgúns hosteleiros” aos que lles pedíu “empatía cos seus veciños” e un esforzo por facer compatíbel “o ocio, os seus negocios e os dereitos dos que non participan deses eventos e queren respecto para o seu dereito ao descanso”.

    Roberto Mera sinalou que “desde o goberno seguiremos apoiando á hostelaría, as súas iniciativas e actividades, pero velando pola convivencia e os dereitos de todos os cidadáns”.

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS