A concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, participou na entrega de medallas do «I Trofeo Agility Concello de Ponteareas», no que salientaron pola súa actuación os cánidos Ringo, acompañado de Carlos Vázquez; Onza acompañada de Inés Freire e Pelusa acompañada de Brais Blanco.
[su_slider source=”media: 2733,2734,2735,2737,2738″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″]
Foron moitos os equipos participantes acadando a cifra de máis de 100 cans inscritos que ofreceron un auténtico espectáculo de habilidade e rapidez superando todo tipo de obstáculos en tempos moi reducidos.
Durante tres días a veciñanza puido desfrutar de balde deste entretido deporte grazas ao apoio da Concellería de Deportes do concello de Ponteareas.