15.4 C
Pontevedra
Mércores, 19 de Maio de 2021
Máis
    HomeÉ NoticiaAreeiro recomenda prestar atención ao oídio ante o dano das infeccións mal...

    Areeiro recomenda prestar atención ao oídio ante o dano das infeccións mal controladas

    A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de publicar un novo aviso fitosanitario no que asegura que neste momento da campaña da viña o oídio é o patóxeno no que se deben centrar as observacións, xa que as infeccións mal controladas poden causar graves danos directos e tamén indirectos, ao incidir sobre a podre.

    O persoal lembra que a viña non está libre de danos polo oídio ata o pintado, e que as infeccións por este fungo se dan en condicións moi amplas (entre os 4 e os 40°C, sendo óptimo sobre os 25 e os 30º e con humidades relativas entre 40 e 100%, xunto con luz difusa). A EFA fai esta observación malia ter observado ausencia de síntomas na maioría de parcelas observadas, ou só algúns grans afectados con síntomas aínda activos pero en remisión nas viñas con danos previos, así como avance, tanto na folla coma nos acios ou nos pampos, nas plantas testemuña sen tratar.

    O persoal da EFA tamén observa que o oídio pode evolucionar de xeitos distintos tras este período de precipitacións segundo a variedade, o historial da parcela e o tipo de choiva, pero nas fincas con danos será necesario aplicar un último tratamento, unha vez se estabilice a climatoloxía, para previr máis danos. No resto de parcelas este tratamento tamén resultaría conveniente á espera de que se produza o pintado, aínda que a observación dos acios “rebuscos” libres de enfermidade farano menos necesario. Se a última intervención foi feita moi recentemente e con funxicidas sistémicos ou penetrantes, asegura o persoal técnico, poderá obviarse a aplicación.

    Ademais, desde Areeiro aseguran que non se deben descoidar as labores que favorezan a aireación e iluminación dos acios, moi importantes nun ano coma este de continuo desenvolvemento vexetativo que fai que gromos e vexetación acompañante medren de xeito significativo.

    En canto ao mildio, EFAreeiro alerta da necesidade de controlar as precipitacións ás que apuntan as axencias meteorolóxicas, que prevén certa inestabilidade con precipitacións cuantiosas mañá e posibilidade de manterse ata luns ou martes. É preciso vixialas xa que, de ter a intensidade suficiente, poderían lavar os produtos aplicados esta semana, en especial nas viñas onde houbo ou veñen tendo problemas. Se fora así, potencialmente sería necesario renovar as intervencións. No resto de viñas, ante a diversidade de situacións e de tempo transcorrido desde a última intervención, a observación periódica das plantas segue a ser necesaria para tomar a decisión adecuada, ao non estar as uvas libres de dano por non terse acadado o pintado.

    Malia iso, Areeiro asegura que na meirande parte de viñas visitadas as follas e os acios están sans, mesmo cando houbo condicións favorables ao mildio, e que a presenza de manchas en zonas innacesibles ao tratamento foi moi esporádico. Neste momento as uvas teñen menor sensibilidade ao fungo, polo que as precipitacións non deberían xerar problemas graves.

    Non se observaron síntomas de botrite en ningunha viña, nin nas variedades máis sensibles, pero Areeiro recomenda observar a evolución nas viñas con orificios, rachos ou outros danos nos acios se as plantas se manteñen molladas por mor da choiva durante un tempo longo. Tampouco houbo practicamente síntomas de Black rot nas follas, nin sequera en plantas testemuña: só en plantas abandonadas. O risco é moi baixo, mesmo con condicións favorables pola elevada humidade.

    En canto ás Couzas do acio, producíronse poucas ou nulas capturas nas trampas da rede de seguimento, pero convén realizar controis aos acios antes de tratalos para non aplicar insecticidades innecesariamente. No que ten que ver co mosquito verde e cicadélidos, houbo capturas reducidas nas que predominou o Zygina rhamni (que non causa danos) sobre o mosquito verde. Areeiro lembra que algúns síntomas que se lle poden asociar aos cicadélidos son, en realidade, froito de déficits hídricos. No caso dos ácaros, os síntomas de erinose de verán son cada vez máis comúns e están a causar deformacións nas follas máis novas, pero sen requirir tratamento. Areeiro confirma tamén a presenza de acarose, con 60 individuos por folla, nalgunha viña do Salnés.

    A EFA tamén detectou eirugas vivas de Cydalima perspectalis en buxos probablemente debido a unha aplicación inadecuada de insecticida, así como eirugas L5-L6 e algunhas L2 e crisálides, o que indica que hai un solapamento de estados de desenvolvemento que pode causar danos durante un longo tempo. Deste xeito, o persoal recomenda renovar os tratamentos tralas choivas se aínda non se fixeron ou se, mesmo facéndoo, seguen a ter eirugas vivas.

    Nas maceiras, a humidade e temperaturas elevadas elevan o risco de moteado, polo que poden aparecer novos síntomas. Será preciso tratar nas plantas onde afecte ás mazás, respectando o prazo de seguridade do funxicida nas variedades de recolección temperá. En canto á couza da mazá (Cydia pomonella), a cifra máxima de captura foi dun adulto, pero xa que a praga pode afectar tamén ás colleitas recoméndase manter a vixilancia das trampas e tratar se se superan os 2 adultos capturados. Do mesmo xeito, cómpre vixiar os froitos porque as penetracións deprécianos e favorecen que se instalen fungos de podremia sobre eles.

    Por último, nos cítricos observouse unha presenza xeneralidade colonias de pulgón e mosca branca: follas terminais enroladas e elevada presenza de melaza (manifestada nun recubrimento branco ou brillante das follas), que pode derivar en fungos de fumagina que dificultan a fotosíntese. Sería conveniente, sinala o persoal da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, eliminar os gromos afectados e aplicar un tratamento se son moitos ou son innaccesibles.

    COLABORACIÓNS

    ¡¿Libertad?!

    Hace unas semanas decía Spain is different y hoy me vuelvo a reafirmar en lo dicho. El estado de alarma se acabó en España ante la inoperancia de nuestros políticos; todos ellos, del primero al último, me da igual el color. Nadie ha sido capaz de plantear una alternativa al mismo después de año y pico de pandemia.

    Bea Sanfa, unha visión moi persoal de plans, receitas, viaxes e moito máis

    A día de hoxe podemos dicir que contamos no noso xornal cunha nova colaboración moi interesante e auténtica a cargo da soberina Bea Sanfa. Para nós é unha ledicia poder contar con esta sección que de seguro vos axudará nestes tempos que estamos a vivir.

    Nee Barros Fernández, «Identidade»

    «Identidade» é unha peza teatral que chega a nós como o primeiro traballo de Nee Barros, e nos presenta a un autor ao que haberá que prestar atención na súa andaina polas nosas letras. Poderiamos falar, de primeiras, de que é un texto preñado de sinceridade e rotundidade, pois o título é bastante contundente e, por se houbese algúnha dúbida, leva un subtítulo aínda máis aclaratorio: «A normalidade do non-común». E tal é o alicerce sobre o que se constrúe a súa historia: a revelación da normalidade na construción dunha identidade.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    4 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    1 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    38 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    30 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    1 POSTS0 COMMENTS