18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda recibe a «Fala» unha nena saharauí participante no programa «Vacacións...

    A Guarda recibe a «Fala» unha nena saharauí participante no programa «Vacacións en Paz»

    O luns 29 de xullo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu na Casa do Concello a representantes a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí,grazas á cal «Fala», unha nena de 10 anos de idade, pode pasar este verán cunha familia de acollida na vila da Guarda.

    Este colectivo leva traballando dende o ano 1992 en diversos temas humanitarios, de sensibilización política, educación, deporte, pero sen dúbida o seu proxecto estrela é «Vacacións en Paz», mediante o cal nenos e nenas saharauís de entre 7 e 13 anos teñen a posibilidade de escapar do verán do Sáhara, onde se poden alcanzar os 50º de temperatura para poder ter un respiro con familias de acollida de toda Galicia. Este ano un total de 300 nenos e nenas participan nesta experiencia, na que tamén se inclúe unha atención médica grazas a diversos convenios co Sergas e clínicas privadas.

    Dende o colectivo resaltan a importancia de sensibilizar o problema do pobo saharauí, para que sexan quen de voltar á súa terra e recuperar as súas vidas nun Sáhara libre.

    A Delegada de Zona da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí quixo agradecer o apoio recibido por parte do Concello da Guarda, facendo un convite a todas aquelas familias que desexen participar no seu programa «Vacacións en Paz», para seren familias de acollida de cara ao verán 2020, indicando que poden contactar con este colectivo chamando ao teléfono 986 26 26 37.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.