12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

    Salceda terá unha capela adicada ao Cristo das Angurias

    A parroquia de Santa María contará a partires do vindeiro ano cunha capela adicada ao Cristo das Angurias, ubicada nun baixo da rúa Vigo, no casco urbano de Salceda. A diocese de Tui-Vigo ven de adquirir dito baixo en cumprimento da palabra dada á familia que nos anos 90 donara un terreo á Igrexa para este fin. O terreo, ubicado onde hoxe se atopa o Parque Raíña Aragonta, foi expropiado no seu momento para a construcción do mencionado parque, deixando así sen posibilidade de construcción da ansiada capela.

    Agora, investindo o cobrado pola expropiación, a Igrexa ven de adquirir un baixo no que se ubicará a capela así como locais pastorais para xuntanzas e xornadas de traballo. Trátase dun local de 300 m2, aos que hai que sumarlle outros 100 m2 de terraza. As celebracións relixiosas seguirán a celebrarse na Igrexa Parroquial de Santa María, reservándose a futura capela como lugar de oración e de traballo, que permanecerá aberta para tódalas persoas que queiran achegarse.

    A capela e os locais complementarios ofrecerán servizo tanto á parroquia de Santa María (a máis grande de Salceda), como ás parroquias da contorna. Jesús Martínez, vigairo de economía da diocese de Tui-Vigo, e Fran Ojosnegros, párroco de Santa María, reuníronse esta semana coa alcaldesa, Loli Castiñeira, para expoñerlle o proxecto e comezar os trámites para poder acometer as obras de acondicionamento canto antes, para que o local poida estar dispoñible no ano 2020

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS