Domingo, 27 Xullo de 2025

A San Silvestre Solidaria volve a unir Salvaterra de Miño e Monção

Co lema ‘Veña facer exercicio físico, axudando o próximo’, o vindeiro día 28 de decembro ás 20 horas (19 h, hora portuguesa) terá lugar a saída da San Silvestre Solidaria que, un ano máis, unirá Salvaterra de Miño e Monção. Nesta edición, os participantes de máis idade, tanto na categoría masculina como feminina, recibirán un premio. O mesmo acontecerá co grupo máis numeroso que participe.

A San Silvestre Solidaria, promovida pola Eurocidade Monção– Salvaterra, terá un percorrido de cinco quilómetros polas rúas e prazas das dúas localidades fronteirizas ligadas, hai máis de dúas décadas, por unha ponte internacional sobre o río Miño.

Esta mañá, na sede da Eurocidade no Parque da Lodeira (Monçã0), os responsábeis de Deportes da Câmara Municipal de Monção e do Concello de Salvaterra de Miño, João Oliveira e Edgar Martinez, respetivamente, presentaron o cartel da presente edición salientando, ámbolos dous, “o crecemento dunha proba que xunta exercicio físico con axuda ás familias máis vulnerábeis”.

“A compoñente social é un excelente pretexto para os mozos de 8 anos e os seniores de 88 practicaren deporte” afirmou João Oliveira, expresándose na mesma liña Edgar Martinez ao sinalr que “o máis importante é gozar, facendo o ben xunto das persoas que o precisan”.

Ambos participan na proba, cuxa partida ten lugar na Praza do Concello, en Salvaterra, ás 20 horas (19 h HP), e a chegada na praza Deu-la-Deu, en Monção. As interesadas e interesados en participar nesta proba solidaria só terán que entregar un alimento non perecedoiro que, nunha fase posterior, será distribuído entre as familias con dificultades económicas de ambos os municipios.

Mini San Silvestre para nenos até aos 12 anos

Para que os máis cativos e cativas non queden excluídos desta iniciativa solidaria, arredor das 18:30 horas, terá lugar unha ‘Mini San Silvestre’ para nenos e nenas até aos 12 anos que terá lugar na Praza do Concello, en Salvaterra. A proba ten como obxectivo involucrar aos máis pequenos e pequenas nesta iniciativa deportiva e solidaria.

A organización fai un chamamento á participación á poboación das dúas marxes do río Miño, convidando as persoas de todas as idades a practicar deporte mentres axudan ás familias máis desfavorecidas de ambos os lados da fronteira.

As inscricións están abertas nesta ligazón ou no lugar da proba 30 minutos antes do inicio da mesma. Durante o percorrido, os participantes terán apoio dos bombeiros locais, encontrándose o tráfico rodado condicionado á acción de seguridade da Guarda Nacional Republicana e Garda Civil.

Carta aberta de Roberto Mera en relación coa súa compatiblidade como concelleiro de Ponteareas e avogado

Roberto Mera, concelleiro do Concello de Ponteareas e avogado, vén de remitir unha carta aberta dirixida, tanto aos medios de comunicación coma a opinión pública, de cara a rematar a polémica xurdida “sobre a miña compatibilidade entre o meu cargo no Concello de Ponteareas e o exercicio da avogacía”, sinala o concelleiro ponteareán.

En Comarcas na Rede, para dar por rematado o fío desta polémica e atendendo ao dereito a réplica, públicamos na súa integridade nesta ligazón a carta aberta remitida por Roberto Mera, así como a documentación aclaratoria que adxunta como é o recurso de resposición de Belén Villar sobre a compatibilidade; as alegacións de Roberto Mera ao recurso de Reposición de Belén Villar; o informe xurídico sobre o recurso de reposición de Belén Villar; certificación do Acordo Plenario do 26 de novembro sobre a compatibilidade e, por último, a queixa presentada ante a Valedora do Pobo pola concelleira do PP.

Preto de medio cento de actividades no programa de Nadal de Nigrán

0

O Concello de Nigrán arrancou, co inicio do mes de decembro, unha programación especial de Nadal que concentra preto de medio cento de actividades desde este pasado domingo día 1, no que se celebrou o mercado dos comerciantes da Ramallosa en Panxón, ata a cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro, como punto final. As cinco mochilas vibratorias do Concello estarán a disposición de todas aquelas persoas que as soliciten para garantir así a accesibilidade nos diferentes concertos.

Así, tras celebrar o Día Internacional da Discapacidade hoxe martes 3, o venres 6 de decembro terá lugar o acendido das luces de Nadal na Praza do Concello coa actuación de Peter Punk e o concerto posterior da banda feminina de rock&soul Broken Peach.

Ao día seguinte celebrarase unha das novas iniciativas do Concello neste Nadal, un bingo solidario no Auditorio Municipal co concerto posterior de Argonat Band. Non será a única novidade na programación, o Concello ofrecerá sendos concertos no Templo Votivo do Mar en Panxón (‘Il Bimbi Appassionati‘ e o grupo de música antiga ‘I Colori dell’Armonía‘ o domingo 8 e a Coral Novos Aires o sábado 21) ou unha gala de teatro o día 28 e outra de Afaga o día 27, ademais, colaborará cos comerciantes na celebración das 12 badaladas o mediodía do 28 na Alameda de San Campio.

Como é preceptivo nestas datas, os nenos serán os protagonistas na programación non só na Cabalgata do día 5 de xaneiro, se non moi especialmente durante o periodo de vacacións escolares. O Concello, ademais de organizar a ludoteca de Nadal e ofrecer a visita dos paxes reais ou Papá Noel a tódolos colexios e a Praza Rosalía de Castro e Auditorio, ofrecerá diferentes sesións de contacontos os días 27 de decembro e venres 3 de xaneiro, e os musicais ‘A voar’ de Cé Orquestra Pantasma o domingo 29 e ‘Pedro e o lobo’, de Prokofiev, o xoves 2. Novamente, prográmase unha excursión a Perlim o xoves 26 (inscrición previa do 16 ao 20 de decembro) e o colexio Humberto Juanes realizará dous festivais solidarios o xoves 19 e venres 20.

Citas xa tradicionais como o baile de maiores (día 15) ou o pasarrúas da Rondalla de Parada (martes 24) e o concerto de corais (día 14) mantéñense na programación un ano máis xunto aos papanoeles surfeiros ou moteiros os dous o día 22 e o cine-club Alice Guy o 19.

No eido deportivo, os clásicos torneos solidarios multiplícanse co ‘Encesta un alimento’ do C.B. Nigrán (21 e 22), fútbol-sala (27, 28 e 29) e patinaxe (20) no Pavillón, o de xadrez Laroca no Auditorio (20, 21 e 22) e, finalmente, a carreira San Silvestre organizada polo Concello o sábado 28.

“En definitiva, deseñamos unha programación pensando en todas as idades e en todos os gustos para que ninguén se sinta fora”, resume o alcalde, Juan González.

Tomiño reforza a súa aposta polo Servizo de Axuda no Fogar

0

O Concello de Tomiño segue a facer unha aposta estratéxica polo Servizo de Axuda no Fogar, un servizo orientado ao coidado de persoas en situación de dependencia que o municipio oferta dende hai anos. Un servizo cualificado polo Goberno local que preside Sandra González como “indispensable” e que ano tras ano mellora coa formación continua e específica dos seus traballadores e traballadoras.

Esta semana, 19 auxiliares socio-sanitarios recibían de mans da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e da concelleira de Benestar, Cristina Martínez, os diplomas como participantes na segunda edición do curso de atención socio-sanitaria especializado en persoas con Alzhéimer e outras demencias, realizado nos meses de maio e xuño.

Foron en total 100 horas de formación, 40 teóricas e 60 prácticas, nas que as 18 mulleres e o home participantes aprenderon a entender as alteracións de conducta e emocionais máis habituais nestes casos e a como enfrontarse a elas, proporcionando aos usuarios e usuarias a mellor resposta posible e mellorar así a súa calidade de vida e a dos seus coidadores/as.

[su_image_carousel source=”media: 9348,9347,9346,9344,9343,9342,9341″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A concelleira de Benestar salienta a disposición do Concello a continuar organizando accións formativas especializadas “que permitan dar resposta á demanda actual non só das 113 persoas usuarias do servizo, senón tamén do mercado laboral”.

“Son proxectos –salientou Martínez– de formación que non só melloran a competitividade dos profesionais, senón que tamén fan que aumente a percepción de calidade do servizo que teñen as persoas usuarias”. Por este motivo, o Concello xa está organizando coa empresa adxudicataria do servizo, IDADES S.L., novos cursos formativos para o vindeiro ano.

O programa de axuda no fogar inclúe servizos de fisioterapia, acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables, así como tamén material técnico como grúas de mobilización persoal, camas articuladas, andadores, cadeiras de rodas, cadeiras de ducha-baño e outros materiais necesarios para o coidado de persoas maiores ou enfermas.

Na actualidade, 40 auxiliares socio-sanitarios realizan un total de 40.000 horas mensuais para atender aos 113 usuarios e usuarias. O Concello de Tomiño investiu este ano 564.000 euros neste servizo.

A Guarda da a benvida ao Nadal este xoves

0

A Casa dos Alonsos acolleu, este martes, a presentación da axenda coa programación para este Nadal 2019/2020, cun programa cargado de actividades para nenos e maiores. O alcalde, Antonio Lomba, acompañado das concelleiras de Comercio e Cultura, Fátima Rodríguez e Montserrat Magallanes, respectivamente, era o encargado de facer público este programa que se alongará ata os primeiros días de xaneiro do 2020.

Tal e como quedou de manifesto A Guarda terá un Nadal moi especial este ano, repetindo a Pista de Xeo na Alameda da Guarda, incorporando un Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e un espazo para Obradoiros e actividades infantís na Praza de Juan Bautista e, xa para por o broche final, unha Cabalgata de reis magos moi especial.

As actividades programadas arrancan xa na xornada deste xoves co acendido do alumeado de Nadal, unha xornada que comezará a partires das 18:00 h na Praza do Reló con actuación de Mere-Clown co espectáculo ‘Aparvaolimpiadas’, o acendido do alumeado de Nadal e o concerto infantil de ‘Luis Vallecillo’.

Variedade de propostas para todas as idades

Entre as actividades culturais destacan, Animación e Ludoteca para nenos e nenas, Concertos para a mocidade, Cantos de Nadal e Concertos do Conservatorio. Doutra banda, salientouse na presentación deste programa “a implicación por parte das asociacións” que colaboran, como cada ano, na decoración das prazas na campaña Decora o Teu Nadal, acompañando aos Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro “ou organizando mercadiños solidarios, exposicións, chocolatadas e sorteos de chegues regalo”.

Maiores e pequenos poderán tamén este ano gozar da Pista de Xeo que quedará instalada na Alameda. Como novidade deste ano, a Guarda contará cun Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e, xa na Cabalgata de Reis outra das novidades será o acompañamento das carrozas por ‘La Fiesta Escénica’ cun percorrido dende a Alameda ata o Concello ás 18:00 h.

As rúas serán, este ano, os grandes escenarios da programación de Nadal co obxectivo, “de xerar un maior movemento de persoas pola vila, favorecendo a mobilidade das persoas polo casco urbano e incentivando as compras no comercio local”.

Pista de Xeo

A Alameda da Guarda contará novamente cunha Pista de Xeo que estará en funcionamento do 5 de decembro ao 19 de xaneiro.

O horario da Pista de xeo será de Luns a venres de 16:00 h a 21:30 h e as fines de semana de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:30 h, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00 h a 21:30 h e os días 24 e 31 de decembro de 12:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h.

Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais. Cada entrada para a Pista de Xeo terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1 €. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a Pista de Xeo poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20, tamén se poderán mercar ‘in situ’ na Pista de Xeo na Alameda da Guarda.

As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados. Cada local participante aparecerá nunha lona na propia pista de xeo e terá un cartel anunciador da campaña no seu establecemento. Tamén se disporá de espazos publicitarios no interior destas instalacións, un lugar para dar visibilidade aos servizos e produtos das empresas que desexen incluír publicidade alí.

Dende o Concello da Guarda lembrouse ao comercio e ao sector hostaleiro “o importante esforzo económico que supón traer novamente á Guarda unha Pista de Xeo”, polo que se pediu a súa colaboración e implicación para facer que o seu funcionamento sexa o agardado e se converta nunha tradición do Nadal Guardés.

Coa instalación desta Pista de Xeo preténdese incentivar o consumo e as estancias de visitantes na Guarda, nunha das épocas de maior afluencia e máis importantes para o tecido económico guardés como é o Nadal.

Aberto o prazo para os «IV Premios María Luz Morales» de ensaio sobre o audiovisual

Coa publicación das bases na páxina web da Academia Galega do Audiovisual, –que se poden consultar nesta ligazón–, ábriuse o prazo de presentación de traballos para os ‘Premios María Luz Morales’ de Ensaio sobre audiovisual, certame que busca recoñecer a figura da escritora e xornalista María Luz Morales Godoy e promover a investigación científica no ámbito audiovisual e que, nesta edición, terán como sede a Deputación de Pontevedra.

O premio foi presentado ó abeiro da feira Culturgal no que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou a importancia deste certame: “Tomamos agora o relevo destes premios que manifestan a grande revolución audiovisual que vive Galicia, con proxectos que están a recibir recoñecemento nacional e internacional”. Desta forma, os premios María Luz Morales naceron no ano 2017 e están organizados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións galegas.

Máis polo miúdo, os ensaios presentados ó certame poderán ser de dúas modalidades, ensaio escrito e videoensaio, e cada unha destas modalidades terá dúas categorías, unha que abarca calquera aspecto do audiovisual do ámbito internacional e outra na que se recollerán ensaios que estean relacionados especificamente co audiovisual galego. O premio para cada unha das catro categorías será de 1.200 euros e un trofeo conmemorativo. Ademais, os ensaios gañadores serán publicados na web da Academia Galega do Audiovisual, tanto en texto como en vídeo. Os traballos deberán entregarse por correo electrónico no enderezo [email protected] antes do 3 de maio do 2020.

A entrega de premios, na que se anunciarán os traballos gañadores, será acollida pola Deputación de Pontevedra en xuño de 2020. Deste modo, con este certame preténdese recoñecer a labor de María Luz Morales, que foi, tal e como explicou Silva, “pioneira do xornalismo cultural no século XX que en 1924 se fai cargo da crítica cinematográfica co pseudónimo masculino de Felipe Centeno, nome dun personaxe de Benito Pérez Galdós, porque daquela as mulleres tiñamos que asinar con nomes de homes”.

María Luz Morales (A Coruña, 1889 – Barcelona, 1980) foi unha escritora e xornalista especializada na crítica de cinema e de teatro. Dirixiu o xornal ‘La Vanguardia’ durante a Guerra Civil, sendo a primeira muller na historia de España en ser directora dun diario estatal. Foi activista feminista, republicana e galeguista represaliada polo franquismo, e autora dunha extensa obra literaria. Considerada unha referencia da incorporación da muller á actividade xornalística e intelectual na España do século XX, mantivo a actividade xornalística ata os 91 anos de idade.

O PP asegura que nunca estiveron contra a compatibilidade de Mera, “só pedimos que se cumprira a Ley”

O Partido Popular de Ponteares “agradedeu a rectificación da Alcaldía de Ponteareas” levando novamente a Pleno o acordo da compatibilidade de Roberto Mera engadindo un novo punto “no que limita a compatibilidade do oficio de avogado de Mera”, tal e como os populares aseguran ter defendido dende o prinicipio.

O Partido Popular de Ponteareas asegura que “xamais se manifestou en contra destas compatibilidades” e que se rexeitou en xullo a proposta de compatibilidade de Roberto Mera, foi porque, segundo sinalan “supoñía un trato de favor e non se garantía que non se producisen conflitos de intereses”.

A decisión de poñer a cuestión en coñecemento da Valedora do Pobo, explica a portavoz popular Belén Villar, estivo motivada “polo ‘rodillo’ que aplicou o alcalde nese pleno e que contou co apoio do PSOE”.

Foi esta situación a obrigou a que por parte da alcaldía, sinala o PP, “decidírase limitar a compatibilidade para axustarse á lei”, levándoa de novo a pleno e engadindo un apartado no que se especifica que “o interesado deberá absterse de levar aqueles asuntos nos que poida menoscabar ou estrito cumprimento dos seus deberes como concelleiro con adicación exclusiva do Concello de Ponteareas ou poida comprometer a súa imparcialidade ou independencia como tal, debendo axustar a súa actuación, aos supostos de abstención previstos non artigo 23 dá li 40/2015, de 1 de outubro”.

Este punto, engadido no recente Pleno era, segundo o PP, o que levaban solicitando dende o primipio e o motivo polo que decidiron cambiar o seu voto e apoiar a compatibilidade, “xa que agora si cumpre coa lei”, apuntan.

Por último, o PP considera “vergoñento” que no canto de estar agradecidos o Goberno local salga criticando que agora voten a favor cando, aseguran, “deberían calar e explicar porqué non se limitou a compatibilidade desde o principio” sobre todo tendo en conta que, ese mesmo día, “aprobouse unha compatibilidade para un funcionario público, que tamén é avogado, e limitábanse as súas funcións”.

Os populares aseguran que o seu compromiso é facer “unha política construtiva” pero o seu traballo tamén é “fiscalizar a tarefa do alcalde e dos seus edís” polo que anuncian a súa frontal oposición a calquera “política de amiguismos”.

Clausura do curso de restauración de mobles e tapicería do «Depo en Marcha» en Ponteareas

A deputada de Cohesión Social, Olga García Ballesteros e o concelleiro de Mocidade do Concello de Ponteareas, Miguel Bouzó, entregaron os diplomas do curso de Restauración de Mobles e Tapicería ofertado pola Deputación de Pontevedra dentro do programa ‘Depo en Marcha’.

Un total de quince mulleres participaron neste curso desenvolto na Casa Cultural ‘Antorcha’, en Cristiñade aprendendo a realizar reparacións e restauracións de diferentes elementos de decoración e pezas para darlle unha segunda vida.

‘Depo en Marcha’ é un programa pensado para favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra a través de distintos talleres que axuden a optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a súa calidade de vida. Está dirixido a asociacións, federacións ou confederacións e fundacións que desenvolven diferentes actuacións e traballos no ámbito das persoas maiores.

O Pleno de Ponteareas rexeita o recurso contra a incompatibilidade de Mera cos votos de BNG, PSOE… e PP

O Pleno da Corporación Municipal de Ponteareas, celebrado o pasado martes, rexeitou o recurso presentado pola portavoz popular, Belén Villar, sobre a incompatiblidade de Roberto Mera para que puidera exercer o seu traballo de avogado. O recurso foi rexeitado cos votos do BNG, PSOE e, sorprendentemente, cos votos do PP, quen podendo retirar o mesmo preferíu mantelo e votar en contra.

Coa súa postura, sinala o Goberno local, “o PP aceptou agora a compatibilidade de Mera e que este poida exercer como avogado e concelleiro do Goberno sen ningún límite engadido aos que xa prevé a lei”. Nese cambio de postura, sinala o executivo local, “Villar pasou de afirmar que “dedicarse al ejercicio de la abogacía es completamente incompatible con sus funciones” a dar o visto bo a adicación exclusiva de Mera e a súa actividade de avogado”.

Para o goberno, a decisión da portavoz do PP “revela que fixeron xogo suxo durante meses con ataques persoais para desprestixiar a Mera, utilizando de forma fraudulenta á Valedora do Pobo e faltando ao respecto aos informes do secretario municipal”. Tralo Pleno, o Alcalde remitíu un certificado do acordo á Valedora do Pobo para que arquive a queixa presentada por Belén Villar. Segundo Represas “debe ser a primeira vez que a Valedora recibe unha queixa que aos poucos días é rexeitada pola mesma persoa que a presentou”.

No mes de xullo o Pleno de Ponteareas, co informe favorábel do asesor xurídico municipal, autorizou a Roberto Mera a compatibilidade entre as súas funcións como concelleiro de goberno e o exercicio da avogacía. O Partido Popular foi a única forza que votou en contra.

No mes de agosto Belén Villar recorría o acordo e presentaba unha queixa perante a Valedora do Pobo. Segundo o PP, a compatibilidade de Mera vulneraba a lei e debía ser anulado. No seu recurso e queixa Villar sinalaba que “es obvio que no es compatible el horario de concelleiro con una actividad privada de abogado” engandindo que “dedicarse al ejercicio de la abogacía es completamente incompatible con sus funciones”.

Segundo o PP, Mera debía escoller a adicación exclusiva no Concello ou á avogacía ou ben acollerse a unha adicación só parcial. Ademais, os populares denunciaban a existencia de conflicto de intereses entre o cargo de concelleiro e o exercicio da avogacía que segundo o PP afectaba ao deber de imparcialidade e independencia esixible ao edil no goberno local.

No seu recurso, Villar remataba advertindo que “la actividad privada consistente en el ejercicio de la abogacía, en el presente caso, no debería ser compatible con el desempeño por el Sr. Mera de su trabajo como concejal, toda vez que esa función pública que desempeña puede verse menoscabada”.

En novembro o asesor xurídico e secretario municipal emitíu un informe rexeitando os argumentos de Belén Villar e aclarando novamente que a compatibilidade da avogacía e o cargo de concelleiro é legal ao estar permitida pola lei e amparada por sentenzas xudiciais e que a dedicación preferente de Mera ao concello estaba asegurada. Respecto ao conflito de intereses o asesor xurídico sinala que as afirmacións de Villar “baséanse en suposicións” e recorda que a Lei de Réxime Xurídico do Sector Público xa establece as causas de abstención por razóns de parentesco ou profesionais que obrigan aos funcionarios e cargos públicos a non intervir nos asuntos nos que poidan ter intereses. O asesor xurídico incluso decide introducir no acordo esa referencia ao deber de abstención por lei, a pesares de “que resulta obvia”, concluindo que por elo “o recurso debe ser rexeitado”.

Ponteareas mellora a seguridade viaria en Montes de Abaixo, Nogueira

A concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote, du conta dos traballos de pavimentación do vial que discorre entre Montes de Abaixo, en Nogueira, e a estrada provincial EP-4005, unha obra que se enmarca dentro do planeamento de mellora da rede de estradas e pistas municipais.

Este plan contempla ademais das reparacións das estradas xa pavimentadas, a pavimentación completa das pistas de terra sempre que sexa preciso para mellorar o servizo ás e aos cidadáns.

Estas obras, realizadas por unha empresa comarcal, tiveron un custe total de 43.692,08 € (IVE incluído) e permitiron a mellora da capa de rodadura en 825 metros, distribuídos nun tramo principal de 641 metros e un ramal de 184 metros de lonxitude.

Financiadas con fondos propios a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, as obras contemplaron a limpeza previa das marxes e a apertura de cunetas ao longo de todo o tramo, tanto do principal como do ramal.

“Damos cumprimento así a unha demanda da veciñanza da zona ao estar a via moi deteriorada e podemos adiantar que nos vindeiros meses procederemos á mellora e pavimentación doutros viais en distintos puntos do concello”, explica a concelleira Chus Garrote.

Nigrán celebra o seu primeiro encontro interxeracional na escola infantil Dunas

0

O Concello de Nigrán celebrou esta mañá na Escola Infantil Dunas (Panxón) o seu primeiro encontro interxeracional entre nenos e maiores, unha experiencia que será ofrecida aos demais centros do municipio ao resultar sempre moi enriquecedor para as diferentes xeracións implicadas. Así, un grupo de cinco persoas de idade achegouse á escola acompañado polas concelleiras de Maiores, Educación, Igualdade e Servizos Sociais e máis tarde do alcalde e o edil de Deportes para compartir todos xuntos unha mañá de intercambio de experiencias, aprendizaxe e convivencia.

Así, un grupo de cinco persoas de idade achegouse á escola acompañado polas concelleiras de Maiores, Educación, Igualdade e Servizos Sociais e máis tarde do alcalde e o edil de Deportes para compartir todos xuntos unha mañá de intercambio de experiencias, aprendizaxe e convivencia.

“Sabemos que estes encontros son moi beneficiosos para os nenos e tamén para os maiores, xuntos enténdense moi ben e aprenden mutuamente; para un neno ter a atención dun adulto co que compartir xogos é moi importante e para os maiores resulta moi emocionante”, explica a súa directora.

[su_image_carousel source=”media: 9297,9296,9295″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Así, a xornada arrancou coa lectura por parte dos maiores do conto “Un agasallo diferente”, de Marta Azcona; un libro co que os ‘avós’ Almanzor, Pepe, María, Carmiña e Bea amosaron aos cativos que ás veces o obxecto máis sinxelo e enxebre pode ser tanto ou máis divertido que o xoguete máis elaborado do mercado, paralelamente, contribuíu a concienciar aos pequenos do consumismo innecesario que caracteriza o Nadal.

Con este mesmo obxectivo, o Concello organizou na entrada da escola unha exposición de xoguetes antigos fronte aos modernos, moitos deles aportados desinteresadamente polo establecemento de Patos ‘Mixter X. El museo del tiempo’ , entre eles destacaban sendas bonecas dos anos 30 e 40, unha roda dos anos 20, xogos antigos de construción, un tren… Non faltaban tampouco trompos, cromos, o xogo da oca ou mesmo papeliños dos caramelos que os avós gardaban con mimo como colección.

Boa parte da mañá transcorreu no patio exterior, onde os maiores lles ensinaron en pequenos grupos que ían rotando como xogar ás bolas, ás chapas, á goma ou a construír con bloques de madeira. Finalmente, todos xuntos deron conta dunha merenda a base de chocolate e rosca e, como despedida, os preto de 50 nenos que integran a Escola Infantil Dunas lles cantaron a cantiga de Magín Blanco “Meu avó ieié”.

Arbo organiza un Campamento de Nadal para conciliar a vida familiar e laboral

0

O Concello de Arbo desenvolvera neste mes de decembro, e os primeiros días de xaneiro do 2020, un campamento destinado aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e que se inclúe dentro das actividades do Nadal Cultural 2019-2020.

O campamento, que ten o prazo de inscrición aberto ata o día 18 de decembro, desenvolverase os días 23, 24, 26, 27 30 e 31 de decembro amais do 2, 3 e 7 de xaneiro do 2020. A iniciativa que se desenvolve a través do programa ‘Arbo Concilia 19/20’, busca que nas vacacións escolares de Nadal veciñas e veciños poidan conciliar a vida laboral e familiar.

Nenas e nenos participantes poderán facer traballos en grupo, adquirir hábitos de vida saudables, compartir experiencias recreativas e aumentar os lazos de amizade e serán os encargados de acompañar aos reis magos na Cabalgata de Reis organizada polo Concello de Arbo para o día 5 de xaneiro.

As inscricións realizaranse por orde de inscrición nas oficinas xerais da Casa do Concello en horario de 8 h a 15horas. Para máis información no teléfono 986 66 50 00 ou na páxina web www.concellodearbo.es

A Guarda aposta pola reforestación do Camiño de Santiago con especies autóctonas

0

O Concello da Guarda desenvolverá unhas xornadas medioambientais, ao abeiro do programa ‘O Camiño Aguárdate’ presentado hai uns días, nas que amais dunha andaina, inclúese unha actividade de reforestación en colaboración A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

‘O Camiño Aguárdate’, é un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e pór en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.

As Xornadas Medioambientais desenvolveranse os días 6 e 7 de decembro e inclúen unha andaina guiada entre A Pasaxe e un espazo do Monte Santa Trega onde se realizará unha reforestación, que será a segunda actividade proposta. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de decembro enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 986 614 546. As prazas son limitadas.

A andaina percorrerá un treito do Camiño de Santiago entre A Pasaxe e A Sangriña, que se correspondería coa entrada en Galicia do Camiño Portugués pola Costa. Nesta ruta falarase sobre a temática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, dando a coñecer as especies autóctonas forestais que convivían antigamente no camiño.

A actividade pecharase cunha plantación de especies autóctonas nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos, na que se ensinará e explicará os asistentes a forma correcta de plantación e do seu posterior mantemento.

O PP de Ponteareas reúne preto de 300 persoas no Xantar de Nadal

O PP de Ponteareas celebrou o seu tradicional Xantar do Nadal, nun restaurante da localidade nun acto no que participaron preto de 300 persoas. O presidente provincial, Alfonso Rueda; a deputada, Ana Pastor, e varios alcaldes e portavoces populares acompañaron á presidenta local, Belén villar, para felicitar as festas aos veciños da Vila do Corpus.

Rueda aproveitou a ocasión para lanzar unha mensaxe en clave autonómica solicitando unidade aos seus e advertindo que “quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país”.

Belén Villar, pola súa banda, agradeceu a mobilización realizada polo seu equipo, “cada comensal pagou 25 euros polo seu prato, non é fácil que a xente se anime porque decembro é un mes de moitos gastos”. Felicitou as festas aos asistentes e ademais de desexar saúde, paz e amor, pediulle ao 2020 “que lle permita aos galegos seguir tendo un presidente da Xunta como Alberto Núñez Feijóo”.

Pola súa banda Ana Pastor, a número dous en Madrid, tamén felicitou o Nadal e asegurou que o PP “sempre terá a Ponteareas no mapa a nivel estatal”. Comprometeuse a deputada a impulsar o proxecto de ampliación da EDAR, “aínda que o PP non goberne” porque, dixo, “non se poden perder os cartos destinados polo Goberno de Mariano Rajoy a Ponteareas”.

Preto de 140 persoas participaron nos cursos «Depo en Marcha» que rematan esta semana

Un total de 137 persoas finalizan esta semana oito obradoiros enmarcados no programa ‘Depo en Marcha 2019’, organizado pola Deputación de Pontevedra para promover o avellentamento activo nos concellos da provincia. Estes talleres desenvolvéronse en cinco municipios: Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Mos, Redondela e Vigo.

Deste xeito, en Pontevedra pecharase este martes 3 de decembro o obradoiro ‘Bailes de salón’, na que participaron persoas da Agrupación Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CC.OO. de Pontevedra. O xoves, pola súa banda, rematará no mesmo concello o curso ‘Ximnasia de mantemento’, que contou con participantes da Asociación de Veciños Heroes de Pontesampaio 1.809.

No concello de Vigo, outros dous obradoiros chegan ó seu termo. Así, o xoves 5 rematará tanto o curso ‘Elaboración de xabóns’, ó que acudiron integrantes da Asociación de Vecinos Nosa Terra de Alcabre, como ‘Restauración de mobles e tapicería’, que contou con participantes pertencentes á Asociación de Vecinos San Roque.

O día 5 tamén rematará o obradoiro ‘Aerodance’, que contou coa participación de persoas da Asociación do Centro Recreativo y Cultural de Torroso, no concello de Mos. Ademais, está previsto o fin en Vilagarcía de Arousa do curso ‘Ioga’, impartido a integrantes da Asociación Cultural Malveiras. Tamén en Vilagarcía de Arousa, pero o día 4, chegará ó seu final o obradoiro ‘Informática. Iniciación’, ó que acudiron persoas da Asociación de Vecinos Agustín Romero de Cornazo. Finalmente, outras persoas da Asociación de Veciños Cultural e Deportiva o Eixo rematarán o mércores 4 de decembro o obradoiro denominado ‘Conservas artesanais’.

Os principais obxectivos do programa ‘Depo en Marcha’, promovido pola Deputación, son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade.

«Camiñada Solidaria» de Andatui en favor de SOS Tomiño Baixo Miño

0

O vindeiro domingo, 22 de decembro, o club Andatui organiza unha nova edición da ‘Camiñada solidaria’ a favor de SOS Tomiño Baixo Miño, unha iniciativa que, neste 2019, acada xa a súa oitava edición. A saída está prevista para as 10 horas dende o palco da música sito na Corredoira de Tui.

Dende aí, os e as participantes percorrerán as rúas e prazas do casco antigo de Tui en dirección ao paseo fluvial, para logo cruzar a Ponte Internacional e visitar o interior da muralla de Valença do Minho, punto dende o que se emprenderá novamente o regreso a Tui.

Esta Camiñada Solidaria, cun percorrido de 9 quilómetros e de dificultade moderada e apta para tódolas persoas.

Dado o carácter solidario deste evento, non é precisa inscrición previa. As e os participantes só deberán presentarse no lugar da saída, a hora indicada (10 h) cun mínimo de 1 quilo de alimentos non perecedoiros que irán destinados a SOS Tomiño Baixo Miño.

O «Maija» vencedor da Liga de Outono de J80

O Maija de José Luis Pérez, Roberto Simón, Miguel Larrán e Javier Pérez alzouse vencedor na tarde de onte, en Baiona, da última edición da liga de Outono AXA J80, celebrada desde o pasado mes de outubro na baía baionesa. A regularidade de resultados que o monotipo do Monte Real logrou nas doce regatas disputadas ao longo de catro xornadas permitíronlle manterse sempre nos postos de cabeza e levar o triunfo final.

Empezaron segundos por detrás do Namasté tras o primeiro asalto, pero unha vez que lograron subirse á primeira posición, xa non houbo tripulación capaz de facelos baixa. Lograron o liderado na segunda xornada, revalidárono na terceira e chegaron á final con claras aspiracións ao título.

Onte sábado saíron ademais convencidos, e pouco puideron facer os seus rivais para arrebatarlles a anunciada vitoria. O Maija mantivo a regularidade pola que se caracterizou durante toda a liga e asinou dous terceiros e un cuarto nos parciais.

Acabou a liga con 22 puntos, a 11 do Cansino de Fernando Yáñez que, con 33 puntos, quedou segundo. O bronce da competición, con 36 puntos, foi para o Spaco de Santiago Estévez.

[su_slider source=”media: 9267,9266,9265,9264,9263,9262,9261″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

Pola súa banda, o Luna Nueva, de Juan Luís Tuero e o Namasté de Luís de Mira quedaron cuarto e quinto respectivamente, con 39 e 42 puntos; e completaron a clasificación o Pazo de Cea de María Campos, que onte se impuxo na terceira proba celebrada; o Miúdo de Nico Domínguez, cunha tripulación de alumnos da Escola de Vela do MRCYB; o Petrilla de Jaime Barreiro, que con Javier de la Gándara a bordo puido asinar onte un primeiro posto nunha manga; o Mondo de Bernardo Macedo; o SND Cormorán de Francisco Martínez; o Ferralemes de Jaime García e o Ay Carmela de Juan Martínez Pazó.

Unha vez finalizada a competición na auga, o Monte Real Club de Iates, organizador do campionato, acolleu a entrega de premios aos gañadores. Os vencedores da última edición da liga de monotipos recibiron os seus trofeos no marco dunha cea á que asistiu toda a frota, membros da xunta directiva do club e representantes de AXA, patrocinador do campionato.

Posto o punto e final á liga de Outono, o Monte Real dá por clausurada a tempada deportiva do 2019, na que organizou un total de 11 competicións, dúas delas especiais e exclusivas para a clase J80. En 2020, os monotipos volverán ter un protagonismo especial, sendo os encargados de inaugurar o calendario a súa participación na liga de Inverno a partir do próximo mes de xaneiro.

Clasificación xeral final. Liga Outono AXA J80

1)  Maija · Jose Luís Pérez Vázquez · 22 Puntos
2) Pousado · Fernando Yáñez ·  33 Puntos
3)  Spaco · Santiago Estévez ·  36 Puntos
4) Luna Nova · Juan Luís  Tuero ·  39 Puntos
5)  Namasté · Luís De Mira·  42 Puntos

O Clúster de Comunicación premia a obra «Mulleres do silencio» editada pola Deputación de Pontevedra

O Catálogo ‘Mulleres do Silencio’, editado pola Deputación de Pontevedra, coa iniciativa da comisaria Rosario Sarmiento e impreso por Tórculo Comunicación, acaba de ser galardoado co Premio ‘Paraugas’ polo Clúster de Comunicación Gráfica de Galicia ao mellor libro.

A deputada provincial Ana Laura Iglesias recolleu o galardón na cerimonia de entrega que tivo lugar en Ourense, onde subliñou que a edición desta obra, que recolle a esencia da exposición que co mesmo nome visibilizou o talento de 19 mulleres da arte galega do século XX, se enmarca na prioritaria aposta pola igualdade que ten a institución provincial. Iglesias reiterou o firme compromiso da Deputación, “un eixo no que seguiremos traballando ata que todos e todas poidamos resgardarnos baixo o mesmo Paraugas”.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, mostrou a súa emoción “xa que trátase do segundo premio que nos dan esta semana vinculado á igualdade. Esta obra é un exemplo do que para o noso goberno significa dar voz ás mulleres”. Silva agradeceu en primeiro lugar o premio á comisaria da exposición da que xurdiu o catálogo, Rosario Sarmiento, “que ideou como tiña que plasmarse esa mostra de mulleres artistas en páxinas”, para recoñecer logo todo o “excelente traballo” dos departamentos da Deputación implicados na edición deste libro: o Servizo de Igualdade, que asumiu a coordinación, o de Comunicación Institucional, encargado do seu deseño e maquetaxe, e o de Servizos Lingüísticos, que revisou e traduciu os textos. E estendeu o agradecemento á empresa Tórculo, que foi a encargada de realizar a impresión da obra.

Carmela Silva lembrou que as artistas galegas cuxa traxectoria recolle ‘Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz’ estiveron “historicamente ocultas” a pesar das súas grandes aportacións “ata o punto de ser precursoras de moitas mulleres artistas que hoxe están a ser protagonistas da revolución cultural que vive Galicia”. Apuntou a este respecto que “un dos eixos fundamentais polos que se rexen as nosas políticas” por ser “o gran reto deste século XXI para a sociedade” e para o que aínda, como subliñou a presidenta, “queda moito camiño por percorrer”.

“Non seremos unha sociedade plenamente democrática sen igualdade”. Nese senso, dedicou tamén o premio “a todas as feministas que nos abriron camiño e grazas as que temos todos os avances conseguidos”. “Como di Yolanda Castaño –sinalou– no limiar doutro catálogo, o da exposición ‘Sempre Marzo’, o noso obxectivo é “que nunca se enfríen as brasas da páxina” escrita polo feminismo desde hai séculos. Sen dúbida, o século XXI será o século das mulleres”.

O catálogo xa estase a repartir nos centros escolares “porque nos parece unha semente máis para inculcarlles aos máis novos e novas como debe ser ese futuro en igualdade”.

«Un Nigrán de talentos» premia as aptitudes das persoas con discapacidade

0

O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo ‘Un Nigrán para todos’, ofrece este martes 3 a partir das 17:30 horas no Auditorio Municipal a ‘I Gala Un Nigrán de Talentos’ coa que conmemora o Día Internacional da Discapacidade. O obxectivo desta xornada é visibilizar, a través dunha ducia de persoas como protagonistas, as diferentes aptitudes nas que cada un destaca.

Paralelamente, o Concello lanza un reto viral para que as persoas amosen mediante unha fotografía en redes sociais o seu talento especial baixo o hashtag #UnNigrandeTalentos. A celebración deste día arrancará ás 11:00 horas dende a Casa do Concello cunha marcha ciclista.

“Todas as persoas, absolutamente todas, temos un talento especial, e no caso das persoas con diversidade existe unha tendencia a non visibilizalo socialmente, polo que dende o Concello queremos rachar con esta imaxe e estereotipo erróneo”, subliña o alcalde, Juan González.

Así, durante esta gala conducida polo director de Teatro do Ar Pedro Villar e que contará coa actuación da cantante Lucía Doval, intervirán persoas como Nacho Fernández, campión de España de slalom para persoas con parálise cerebral; Horácio Pelaez, persoa con discapacidade intelectual que aprobou unha oposición a ordenanza; Berni Costas, campión de baloncesto en cadeira de rodas; Yolanda Manrique Pereira, pintora de renome internacional con trastorno do espectro autista… Unha ducia de talentos aos que o Concello de Nigrán desexa amosar o seu recoñecemento público á vez que contribuír a rachar coas etiquetas negativas sobre as diferentes capacidades das persoas.

Durante a gala, o Concello de Nigrán disporá das mochilas vibratorias e, para finalizar, o CEE de Panxón servirá uns petiscos elaborados polos seu alumnado.

Tui súmase aos actos do Día Mundial da SIDA

0

A casa do Concello de Tui iluminouse de vermello nesta pasada noita con motivo do Día Mundial da SIDA que se celebra este domingo 1 de decembro. O lema deste ano é ‘As comunidades marcan a diferenza’ co que se quere recoñecer o papel fundamental que as comunidades teñen desempeñado e continúan a desempeñar na resposta ao SIDA a nivel local, nacional e internacional.

Por outra parte o departamento de Servizos Sociais ten repartido material informativo, con información sobre o virus do VIH e a prevención da SIDA tanto na Biblioteca Pública Municipal de Tui coma en distintos bares.

Máis de 200 elementos lumínicos alumearán o Nadal de Ponteareas

Este domingo día 1 de decembro, a partir das 17:30 horas, Ponteareas acenderá o alumeado de Nadal nun a acto festivo que arranca coa animación de rúa que ofrecerá o espectáculo ‘A luz do camiño’ ao pé da gran bola lumínica de 17 metros de diámetro. Antes, na carpa da Praza Maior, a partir das 16:30 horas, veciñanza e visitantes poderán facer as súas compras no mercadiño solidario e arredor das 18:30 horas será o momento de facer brillar o centro urbano.

Con todas as luces colocadas xa en máis de 30 rúas e prazas para para ambientar o centro urbano, o Concello adxudicou a través dun concurso público a colocación e mantemento do alumeado especial de Nadal que ten un custe total de 39.930,00 IVE incluído.

Máis de 210 elementos lumínicos repartidos en 69 cortinas lumínicas, 64báculos, 44 decoracións en árbores, iluminacións en fachadas de edificios municipais e prazas, carteis de nadal, diferentes motivos varios e 1 bola de luz xigante adobiarán Ponteareas. A toda esta ornamentación súmase o atrezzo de rúa e unha pirámide de 9 metros colocada nunha rotonda.

Un alumeado singular, innovador e atractivo, baseado na sustentabilidade, a través do uso de novas tecnoloxías máis eficientes e sostibles coma o LED no que priman as cores brancas cálidas con formas de cortinas lumínicas, cordóns, guirnaldas e fíos de luz en rúas e fachadas. Nas rotondas predominan as estruturas cónicas e unha bola de grandes dimensións coronará a praza da Música donde arrancarán as festas de nadal con animación de rúa.

O programa de nadal está deseñado unha vez máis e segundo o Goberno local, para satisfacer o gusto de públicos diversos e con actividades para toda a familia. Non faltará a música, os obradoiros, as exposicións e por segundo ano consecutivo os Ranchos de Reis cobrarán protagonismo para prolongar esta tradición que Ponteareas soubo conservar ata os tempos actuais. O domingo 22 de decembro a partir das 17 horas o II Festival Internacional de Danzas de Reis percorrerá as rúas de Ponteareas para conquistar o escenario do auditorio municipal ás 18 h.

A concelleira de Promoción Económica adianta que a pista de patinaxe abrirá o 3 de xaneiro ata o 30 de xaneiro para reactivar as compras e que a clientela do comercio local atope un novo premio pola súa fidelidade.

Baixo a carpa da praza Maior desenvolveránse diferentes actividades infantís para que as familias gocen de tempo libre para facer as súas compras mentres as cativas e os cativos aprenden xogando.

O BNG de Redondela aposta pola restauración polo cargadoiro de Rande

0

A aprobación dos Orzamentos da Xunta para o ano 2020, servíu de argumento á Asemblea Local do BNG de Redondela, para a presentación de varias emendas. Mellora da seguridade viaria da estrada que enlaza Redondela con Pazos de Borbén, ao seu paso por Reboreda; pivotaxe do Peirao de Cesantes; mellora da Seguridade Viaria no entorno do CEIP Outeiro das Penas, formaban parte do paquete de iniciativas dos nacionalistas. Entre elas destacaba, unha partida de 300.000 € para a recuperación do Cargadoiro de Mineral ‘Coto Wagner’ en Rande.

O Cargadoiro construíuse a mediados dos anos 60 para Minerosiderúrxica de Ponferrada, que despois de varias décadas converteuse nun destacado elemento do patrimonio industrial do entorno do Estreito. “O abandono ao que as diferentes administracións somenteron a esta estructura de ferro, xunto ao interese do actual presidente da Autoridade Portuaria por derrubalo”, moveron á Asemblea do BNG a presentar a proposta de recuperación.

“Existe un interese de movementos culturais e sociais, ademáis de veciñanza en xeral por conservar tamén este elemento industrial. Cómpre vontade política, e colaboración polo que débense dar pasos con partidas orzamentarias”, apuntan dende a organización nacionalista. Recordan igualmente como “diversas mocións e propostas aprobadas polo Pleno de Redondela iban nesa liña”.

Recentemente constituíse a asociación ARPE (Asociación Rande Proxecto Europeo), que “pretende conseguir a distinción de Patrimonio Cultural Europeo, de toda esta parte do Concello de Redondela”.

A recuperación do Cargadoiro necesita de financiamento por parte de diversas administracións, tanto europeas, estatais como galegas. O goberno galego debe dar os primeiros pasos, psoto que o patrimonio cultural, dunha maneira ou doutra depende da Xunta, “de aí a iniciativa que presentamos para os orzamentos do ano 2020”, rematan na súa nota dende a Asemblea Local do BNG.

Salvaterra de Miño adhirese ao «Pacto dos alcaldes sobre o Clima e a Enerxía»

O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en pleno a adhesión ao Pacto dos alcaldes sobre o clima e enerxía, compromenténdose a reducir as emisión de CO2 e aumentar a súa resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.

Nesta liña e no mesmo Pleno, o Grupo de Goberno solicitou a RENFE “un aumento das liñas que paran na estación de Salvaterra de Miño”, co fin de potenciar o uso do transporte colectivo e menos contaminante fronte o uso dos vehículos particulares que contaminan moito máis.

Para fomentar o uso do tren o Equipo de Goberno solicitou a parada na estación de Salvaterra de Miño de catro liñas de tren xa existentes, tanto dirección  Vigo–Ourense como Ourense–Vigo e a realización dun estudio “para crear novas liñas, en ambas direccións, que faciliten os horarios laborais dos veciños e veciñas para desprazarse aos seus traballos”.

A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto dos Alcaldes, unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios en Europa co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.

O Pacto consiste no compromiso das cidades asinantes en ir máis alá dos obxectivos adoptados para o ano 2020 pola UE para reducir as emisións a través de medidas de eficiencia enerxética, de accións relacionadas coa promoción das enerxías renovables e da mobilidade urbana sostible.

Brownie sin gluten (o cómo de un error se obtuvo un gran éxito)

Curiosamente uno de los postres más famosos del mundo es fruto de un error: al parecer, hacia finales del siglo XIX, un cocinero que estaba elaborando un bizcocho de chocolate olvidó echar levadura a la masa. El resultado de este despiste fue todo un éxito: un riquísimo postre de chocolate, húmedo, tierno y con corteza crujiente que pasó a la historia de la repostería con el nombre de Brownie (por su color marrón, brown).

Hoy vamos a vestir de fiesta nuestro brownie sin gluten porque, como sabéis, en casi todas partes ya se ha dado el pistoletazo de salida a la carrera hacia las navidades; así que, en vez de echarle nueces a la masa, como es habitual, lo cubriremos con una capa de chocolate con almendras y/o con una crema de chocolate y queso. ¡Irresistible!

¡Vamos allá!

Ingredientes

(ojo, como lo vamos a hacer sin gluten, nos aseguraremos de que todos los ingredientes sean aptos para celíacos)

Para el brownie:

  • 80 g mantequilla sin sal
  • 150 g azúcar glas
  • 140 g chocolate negro de cobertura
  • 2 huevos
  • 130 g de almidón de maiz (Maizena, por ejemplo)
  • 1 pizca de sal

Para la cobertura:

  • 125 chocolate de cobertura
  • 30 g almendra picada (¡si es crocanti, mucho mejor!)
  • 20 ml aceite vegetal

Para la ganaché de queso:

  • 125 g nata
  • 1 hoja de gelatina
  • 25 g chocolate blanco de fundir
  • 20 g chocolate con leche de fundir
  • 80 g queso mascarpone o queso crema tipo Philadelphia

Ganaché de queso Mascarpone o queso crema (podemos prepararla el día anterior)

  • Hidratamos la gelatina en agua hasta que esté blandita. Escurrimos y reservamos.
  • Calentamos la nata hasta que hierva. Le añadimos la gelatina y revolvemos para disolverla.
  • Volcamos la nata caliente sobre los chocolates troceados y mezclamos hasta que se fundan.
  • Añadimos el queso y dejamos que enfríe en la nevera, cubierta con film plástico pegado a la crema (mejor de un día para otro, o mínimo tres o cuatro horas).

Elaboración del brownie

  • Encendemos horno a 180º.
  • Fundimos el chocolate al baño maría.
  • Ponemos la mantequilla a punto de pomada.
  • Añadimos el azúcar a la mantequilla y batimos con energía hasta que se forme una crema suave (puede parecerte que no se hará porque al principio está un poco seco, pero verás como batiendo lo consigues).
  • Incorporamos a la mezcla el chocolate fundido.
  • Añadimos los huevos, uno a uno.
  • Incorporamos ahora el almidón de maíz con la sal y mezclamos bien hasta que todo quede bien integrado.
  • Forramos un molde con papel de horno, echamos la mezcla y horneamos durante 30-40 minutos.
  • Sacamos del horno y dejamos templar antes de desmoldar. Debe quedar húmedo.
  • Si optamos por cubrirlo con chocolate, una vez frío lo metemos un rato en el congelador.

Cobertura de chocolate y montaje

  • Fundimos el chocolate al baño maría y lo mezclamos con el aceite; añadimos las almendras picadas y mezclamos. Dejamos enfriar un poco.
  • Sacamos el brownie del congelador, cortamos los lados para que queden bien iguales y, sobre una rejilla, lo cubrimos con el chocolate con almendras.
  • Si queremos decorarlo con la ganaché de queso, dejamos que enfríe, incluso podemos tenerlo en la nevera.
  • Metemos la ganaché en una manga pastelera con una boquilla lisa y hacemos pequeños montoncitos, o tiras rectas paralelas… o le echamos imaginación y lo decoramos como más nos guste.
  • Espolvoreamos con cacao o con chocolate rallado… ¡¡Y a disfrutarlo!!

Podemos optar por el clásico brownie con nueces troceadas en la masa, que comeremos sólo o acompañado de nata montada o de una bola de helado de vainilla, nata… ¡¡Al gusto!!

¡Que lo disfrutéis!

Parte de esta receta está adaptada del blog Bavette

Berta Dávila, «Carrusel»

Levabamos tempo sen ter novas de Berta Dávila, tanto no eido da poesía como no da narrativa. E chegaron, por fin, o pasado verán, co prestixioso premio de novela García Barros debaixo do brazo e un título suxestivo: ‘Carrusel’. Agora materialízase ese traballo coa súa edición impresa por parte de Galaxia e, estou seguro, non deixará a ninguén indiferente.  

‘Carrusel’ é unha novela curta que se centra nunha única personaxe, unha escritora que padece unha crise creativa derivada de distintos sucesos persoais sobre os que reflexiona e sobre os que necesita volver unha e outra vez para atopar a saída do seu particular labirinto. E deste xeito, reflexionando sobre as cuestións que a levaron a tal situación, é como se argalla a novela. Falamos, xa que logo, dun texto de caracter intimista e moi persoal, no que a protagonista delibera sobre certa enfermidade mental que padece, curiosamente a mesma que o seu tío Carlos, ao que semella xunguida por un fío moi especial (ao igual que á avoa Úrsula), e tamén sobre a maternidade, sobre a súa relación co pasado, sobre a vida e o amor, e sobre as pantasmas familiares que parecen torpedear o seu avance vital.  

Non espere o lector unha narración lineal que, neste contexto, poderiamos considerar un tanto forzada, senón unha sucesión de pensamentos e reflexións cos que se vai construíndo aos poucos esta novela. Subidos ao carrusel de pensamentos da autora, seriamos coma ese neno que vai sentado no cabalo e, por mor da velocidade de xiro do artefacto, só ve retallos da realidade que deberá recompor mentalmente.  

Esta estrutura resulta moi áxil na lectura, pero é arriscada en tanto que pode chegar a resultar caótica se non se manexan con habilidade as ferramentas axeitadas. O lector pode sentirse perdido neste carrusel de sensacións no que se adentra en canto abre as primeiras páxinas do libro. Pero Berta Dávila demostra un gran oficio ao saír airosa do atranco deixando, ademais, un pouso gorentoso no noso padal e rabuñaduras no noso entendemento que tardarán en cicatrizar.

Con todo e con iso, o mellor desta novela non ten que ver, ao meu entender, coa estrutura nin co tratamento das personaxes, senón coa linguaxe empregada. ‘Carrusel’ é un relato para saborear con degoxo en tragos curtos e para volver a ela unha e outra vez. Empoleirada na súa traxectoria como poeta, a autora cisca para nós palabras precisas e atinadas creando imaxes moi fermosas que son quen de endulzar a lectura para calquera amante da estética literaria. Con clara vocación de estilo, ‘Carrusel’ é toda unha viaxe de sensacións abeiradas á beleza.

Berta Dávila

Carrusel

Galaxia

¡Muchas gracias Sr. Presidente!

Quiero agradecer a nuestro querido oresidente, eso sí, en funciones, la buena gestión realizada con la segunda convocatoria electoral en menos de un año. Gracias a ella se han logrado varias cosas. En primer lugar, que cada español sea un poco más pobre, no en vano, se han gastado alrededor de 140 millones de Euros par las mismas.

Eso sí, después para pagar la paga extra a los pensionistas debemos de echar mano de la famosa hucha de las pensiones, que la verdad, que de tanto que se ha tirado de ella, no sé cómo todavía tiene algo, pero claro, las elecciones son las elecciones.

En segundo lugar, por el que debe de ser el abrazo más caro de la historia, ya que después de haber despilfarrado el dinero mencionado anteriormente, apenas 24 horas después de los resultados electorales y habiendo bajado en escaños ‘los rojos’, ‘los morados’, que se quedaron de ese color por el batacazo y se encuentran en peor posición que en el mes de abril, tienen sin embargo en esta ocasión, abrazo para la concordia. La verdad es que resulta muy curioso.

En tercer lugar, también hay que agradecer que los actos del mencionando en el título, haya provocado que por fin el lobo, perdón, quería decir los verdes, o para muchos la ultraderecha, se haya convertido en la tercera fuerza política de éste país, ya que los naranjas, se han esfumado como un zumo mañanero. Resulta que de Europa no podemos copiar los altos salarios, el bienestar social, las tecnologías avanzadas… No. Aquí copiamos la ultraderecha, esto es España.

Pero aún hay que agradecer otra cosa más y es la la división social que ha provocado en éste país, haciendo aflorar algo que siempre ha estado ahí, pero que por unas cosas o otras, no estaba llamando mucho la atención, por un lado, cómo se ha demostrado con el auge del color verde, esa España cansada de la clase política actual, de la deriva que se ha mostrado ante muchas situaciones como la catalana, la falta de interés por el pueblo, y por otro lado, el independentismo y falta de sentimiento como nación que ha provocado el crecimiento de partidos y regiones ya consagradas, pero el renacer de otros que parece que se estaban muriendo y el surgimiento en regiones que nadie se esperaba, una dualidad en ésta caso, que sinceramente espero que no acarre mayores problemas en el futuro y que sea muestra de madurez de un sentido democrático, pero por desgracia, esto es España y hay un dicho que dice que la historia se repite…


Lo que si tengo claro que se repite, es nuestro deseo de recomendar buena música para nuestros lectores y esta semana lo vamos a hacer con Kenji Kawai por un lado, el fantástico compositor japonés con una banda sonora del 2011 y por otro lado, con el guitarrista peruano Ciro Hurtado, espero que los disfrutéis y que las luces de Vigo no os cieguen.

Kenji Kawai

Sound of Gantz Perfect Answer

2011

Paso a paso sigo descubriendo más obras del afamado compositor japonés Kenji Kawai, cómo hemos comentado en otras ocasiones, una gran desconocido en nuestro país, salvo para los fans del ánime, ya que Kenji ha compuesto la banda sonora de algunos de los más conocidos.

‘Gantz: Perfect Answer’ es la segunda parte de Gantz, una película japonesa de acción y drama basada en el manga del mismo nombre.

Dividido en 18 cortes, el disco es un fantstico amalgama de los sonidos del compositor japonés, donde nos podemos encontrar algunos sonidos clásicos de su filmografía, con maravillosos momentos al piano, desde el tema con el que comienza el disco, ‘Into The Gantz Field’ hasta con el que se cierra, ‘A Perfect Anwser From The Gantz’ y es que Kenji sabe aportar esa fuerza y esos sonidos que a las películas en las que participa con su música logrando crear momentos verdaderamente especiales e inolvidables.

Los amantes de las bandas sonoras, desearán cómo ocurre en mi caso, seguir encontrando más pequeñas obras maestras como esta y disfrutarlas.


Ciro Hurtado

Altiplano

2019

El guitarrista de origen peruano Ciro Hurtado nos presenta un nuevo trabajo, en ésta ocasión, inspirado en el Altiplano, esa zona montañosa de los Andes.

El trabajo está dividido en diez piezas y nos encontramos con temas instrumentales y otros cantados, y cómo no haciendo referencia a ése impresionante lugar de nuestro planeta.

Ciro Hurtado es un estupendo músico que no oculta sus orígenes y en esta ocasión ha logrado un bello trabajo, que cuando lo escuches por primera vez, no hace falta que antes hayas leído el título, ya que inmediatamente te transporta al Altiplano peruano.

Ciro sigue haciendo magia con su guitarra, sus composiciones son bellas y los temas cantados muy agradables para escuchar, sobre todo para los latinos que podemos entender las letras, por lo que, sin lugar a dudas, un disco para los amantes de la buena música.

«Bancos da Amizade» para loitar contra o acoso escolar e a soidade

0

O Concello de Nigrán instalou esta mañá, na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros ‘bancos da amizade’ de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades.

“Recibimos a petición dunha veciña de Priegue no verán e dunha persoa maior da Ramallosa para que os fixeramos en Nigrán e non dubidamos nin un segundo, inmediatamente llos encargamos ao Centro Ocupacional do CEE Juan María; estamos encantados porque outros concellos da comarca coñecedores da nosa iniciativa xa anunciaron que se sumarán”.

O rexedor local lembra que Nigrán foi pioneiro “investindo en mochilas vibratorias para que as persoas xordas gozaran da música e a raíz disto outros moitos municipios de Galicia tamén o farán” polo que expresa a súa esperanza de que “cos bancos suceda o mesmo”.

A iniciativa encádrase no proxecto de Goberno ‘Un Nigrán para todos’ que, durante o pasado mandato e no que vai deste, desenvolveu iniciativas (pioneiras case sempre) de cara a acadar a accesibilidade universal e, en definitiva, un Nigrán amable coas persoas e que cre na diversidade.

Consecuentes co propio mensaxe que transmite este banco, feito a base de listóns de madeira de diferentes colores, o Concello de Nigrán encargou a súa fabricación ao taller de carpitería do CEE Juan María, que tamén se ocupou da súa instalación esta mañá precisamente a carón da caseta de ventas coa que contan no Alameda de A Ramallosa e enfrentando un banco a outro para favorecer a comunicación entre as persoas.

Esta idea chegou a España a inicios deste curso escolar cando unha nena dun colexio de Burgos o promoveu no seu centro a través dunha carta que se fixo viral nas redes sociais. “Este banco combate o bullying e a soidade en xeral, axuda ás persoas ás que se marxina pero tamén evita as conductas dos que causan esa marxinación e, en definitiva, apela a solidariedade e fraternidade das persoas e á aceptación da diversidade, así que en Nigrán non podían faltar”, incide González.

Adiada ata o domingo 15 a visita guiada á Xinzo da «Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea»

A Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea, de Ponteareas, vén de dar conta do cambio de data para a visita guiada a Xinzo que tería que desenvolverse este vindeiro domingo, 1 de decembro. As malas previsión meteorolóxicas para mañá domingo, obrigan a este adiamento para poder realizar a actividade nas mellores condicións posibles.

Esta será aprimeira das actividades que desenvolva a recen creada asociación, unha iniciativa coa que buscan poñer en valor o rico patrimonio de todas e cada unha das parroquias ponteareás. Esta primeira visita guiada á parroquia de Xinzo contará cun guía de excepción como é Juan Ibáñez Rodríguez, fondo coñecedor da parroquia e o seu patrimonio histórico e monumental.

O horario de saída, en principio manterase ás 10 horas do vindeiro domingo 15 de decembro, dende a igrexa de Santa Mariña de Xinzo, no barrio da Portela. Dende aí sairase para visitar a continuación a quintana da Igrexa, no mesmo barrio. O siguiente punto de interés na ruta serán os restos da antigua rectoral e a igrexa de Santa Mariña de Espiñeiros, no lugar do Salgueiral.

Os participantes no roteiro achegaranse despois ao lugar do Viso. Alí visitarán o calvario de Santa Mariña de Xinzo, o cruceiro do Viso e a casa do Crego, desplazándose despois ata o barrio do Souto, onde se atopa a fermosa capela de San Sebastián. A andaina continuará no barrio da Granxa, coa visita á actual rectoral de Santa María de Xinzo.

O último punto de interés da ruta será o túnel do Confurco, no lugar do Rego da Vide, no barrio do Confurco, para regresar polo Camiño Real, que vai de Confurco cara Arnoso, Areas, Ponteareas, A Franqueira, A Cañiza, Melón, etc.

Recomendacións do Areeiro para poda das viñas, froiteiras e plantas leñosas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar unha serie de recomendacións para que agricultores, viticultores e cultivadores poidan ter en conta despois deste último mes de choivas e cando as previsións meteorólóxicas anuncian tempo seco para a vindeira semana.

Neste senso, Rosa Pérez, do Departamento de Artrópodos e Control Integrado, advirte que a prevista baixada importante das temperaturas, especialmente as mínimas, non fai recomendables algunhas operacións, por exemplo as aplicacións de tratamentos con produtos de cobre, que non deben facerse por debaixo dos 8 graos centígrados. Amais, destaca que o uso de produtos fitosanitarios “non debe ser o único medio para procurar un bo estado sanitario dos cultivos senón que debe combinarse con outros (culturais, físicos, entre outros) dentro da estratexia global de control integrado”.

Amais, a Estación fai diversas recomendacións para as podas das viñas, froiteiras e plantas leñosas en xeral. Sinala que desde o punto de vista fitosanitario, e tendo en conta que os cortes son vías de entrada dos fungos patóxenos da madeira, aquelas persoas que aínda non fixeran as podas deberían esperar a que haxa un período máis longo de tempo seco. Neste senso, as condicións de elevada humidade que haberá ata pasados un mínimo de 4 ou 5 días despois de que pasen estas precipitacións, serán favorables ás esporas destes fungos e polo tanto ás posibles infeccións.

No caso de ter que facer podas obrigatoriamente por razóns de dispoñibilidade de tempo, as plantas enfermas que tiveran marcado no verán por ter observado síntomas daquelas patoloxías deben deixarse para o final. Ademais, debe procurarse non facer cortes de elevadas dimensións, nunca realizalos en horizontal e si o máis verticais posible, facelos sempre limpamente e sen rachos, e desinfectar as tesoiras cando menos entre planta e planta.

Para a protección das feridas de poda en xeral, no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio de Medio Ambiente están autorizados dous: copolímero etilenovinílico 69%, para cítricos e froiteiras folla caduca, e piraclostrobin 0,5% + boscalida 1% para viña. Ademais, tamén hai produtos naturais, concretamente a base de Trichoderma spp, fungos antagonistas a diferentes fungos parasitos, que se poden empregar para defender ou protexer as plantas fronte a estes fungos prexudiciais. No citado rexistro están autorizados Trichoderma atroviride (cepa SC1) e Trichoderma atroviride (cepa I-1237), que deben ser aplicados nun prazo máximo de 2 semanas despois da poda. Por último, os restos das podas deben eliminarse para evitar problemas fitosanitarios.

Outras recomendacións de Areeiro están relacionadas coa sanidade dos cultivos. Neste outono de choivas repetidas é conveniente arrancar as plantas secas (e retiralas das fincas e destruílas), e tamén segar a herba e evitar as acumulacións de auga na contorna do colo das plantas e na zona de influencia das raíces para limitar condicións favorables ao desenvolvemento de fungos patóxenos das raíces como Phytophthora spp. ou Armillaria spp. Para protexer as plantas fronte a estes parasitos tamén hai organismos de control biolóxico que se poden aplicar por pulverización ao solo como son Trichoderma asperellum (cepa ICC012) máis o Trichoderma gamsii (cepa ICC080) ou Trichoderma harzianum rifai (cepa T-22).

No caso do buxo, a Estación Fitopatolóxica refírese á Calonectria pseudonaviculata (Cylindrocladium buxicola), para sinalar que algunhas sebes da provincia amosan desde hai unhas semanas as típicas manchas escuras que provoca nas follas, así como a aparición de liñas negras ao longo dos bordes cuadrangulares das ramiñas, e as subseguintes defoliacións producidas por este fungo. A EFA advirte que no control deste fungo son fundamentais as prácticas culturais de eliminación continua das follas secas caídas tanto nas plantas como no solo (debe retirarse tamén a capa superficial) ou a procura de condicións o máis ventiladas posible para as plantas. Estas prácticas poden facerse en momentos de claros entre períodos de choiva, e non telas feito nestes días provoca a situación actual dalgunhas sebes. E debido a que para a semana próxima o tempo previsto é seco, débese aproveitar para aplicar un tratamento, e antes de facelo haberá que proceder novamente á retirada dese material seco. En España segue sen haber funxicidas rexistrados para este uso, pero noutros países están autorizados xa os funxicidas kresoxim-metil e tetraconazol.

Por outra banda, no que respecta ao piñeiro, xa se atoparon os primeiros niños brancos da procesionaria, que as eirugas desta praga forman para protexerse do frío invernal. Areeiro lembra que estes niños pódense formar non só en piñeiro senón tamén nos cedros. Polo tanto, e mentres hai poucos, poden eliminarse cortándoos con todas as precaucións posibles, xa que posúen pelos urticantes, que poden afectar, mesmo seriamente, ás persoas e a animais como os cans), e destruíndoos de xeito inmediato para evitar problemas futuros. Se os niños están a elevada altura na árbore é conveniente aplicar un insecticida a elevada presión.

Ponteareas remata a mellora do vial entre o campo de fútbol de Moreira e a estrada provinicial

A Concellería de Vías e Obras que xestiona Chus Garrote executou nestes días as obras de pavimentación do camiño do campo de fútbol Moreira EP-4005 adxudicadas por un total de 53.274,94 € a través dun concurso público aberto.

Financiadas con fondos propios e cunha achega do plan MARCO da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), estas obras contemplan a pavimentación dun tramo moi demandado pola veciñanza da zona dado o mal estado da capa de rodadura.

Veciños de Cristiñade, Moreira e Nogueira empregan a diario este vial que agora se asfaltou dende o campo de fútbol a estrada provincial EP-4005.

A empresa actuou en 1.139,94 m comezando por unha limpeza das marxes e apertura de cunetas ao longo de todo o tramo. Seguidamente procedeuse ao barrido da superficie e aos traballos necesarios para o posterior asfaltado de 6.968,00 m2 .

Estas obras enmárcanse no planeamento que esta concellería ten previsto para a mellora de viais no rural.

Chus Garrote sinalou que o Goberno local era consciente “da necesidade de mellora deste traxecto pero faltaban os pertinentes permisos da Confederación Hidrográfica ao tratarse dun tramo que transcorre ao lado do río”. Precisamente por iso, a concelleira agradecía “a paciencia dos veciños e das veciñas e os comentarios positivos que nestes días nos están trasladando”.

A vida de María Vinyals, protagonista da primeira «Barferencia» de finais de 2019 na Guarda

O pasado xoves día 28 de novembro celebrouse a primeira Barferencia do ciclo finais 2019 no bar «Bugus Zentral» da Guarda, unha Barferencia que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» contando coa ponencia de Silvia Cernadas.

Silvia Cernadas Martínez, explicou aos presentes como foi a vida desta grande e polifacética muller do século XIX, froito das súas investigacións que a levaron a contactar e buscar información con boa parte dos seus descendentes e familiares directos e indirectos. Silvia Cernadas, nada en Soutomaior no ano 1988, é investigadora e Guía oficial de Turismo, Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.

[su_image_carousel source=”media: 9200,9198,9197,9196,9195″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Entre as súas principais liñas de investigación destacan a historia da nobreza e os castelos, especialmente o de Soutomaior, sobre o que versa o seu proxecto de tese de doutoramento; a historia da fronteira con Portugal na Idade Media, que comezou a estudar no seu Traballo de Fin de Máster, e a historia das mulleres na Galicia contemporánea, centrándose na figura de María Vinyals. Ten publicado artigos e participado en varios congresos en relación a todos estes temas.

María Vinyals (1875-1940?) coñecida como a “Marquesa roja” polas súas ideas sociais e políticas, destacou como escritora e feminista pero acabou morrendo na miseria e no esquecemento. Nesta Barferencia falousese desta muller tan vencellada ó Castelo de Soutomaior e cuxa vida ben podería ser levada ó mundo do cine ou a televisión.

A segunda Barferencia deste ciclo terá lugar o vindeiro xoves día 26 de decembro ás 20:30h na «Cervexería La Bodega» e versará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento», a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación.

Xunta e Concello de Salvaterra asinan o convenio para a reforma do antigo consultorio médico de Leirado

A conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, veñen de asinar un convenio de colaboración para a reforma do antigo Consultorio Médico de Leirado, co fin de destinalo a un centro onde se presenten servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, enmarcados dentro do programa de desenvolvemento Rural Sostible.

Se ben o Concello de Salvaterra de Miño “é un concello cun casco urbano moi rexuvenecido –subliña a alcaldesa– conta ao mesmo tempo cun rural onde se concentra un maior número de persoas maiores, que en moitos casos viven soas ou pasan a gran parte do día soas”. Por este motivo dende o Equipo de Goberno considerouse “prioritario” crear un espazo destinado exclusivamente para as persoas maiores, “un punto de referencia, onde poidan socializar, realizar diversas actividades, culturais, deportivas…, en fin, un espazo para os nosos maiores que tanto nos deron e que tanto nos ensinaron. Agora é o momento de devolverlle todo ese traballo e esforzo, coa creación deste centro de referencia”, matiza Valcárcel.

O inmoble localízase no lugar de San Roque e estivo sempre moi vinculado a vida dos seus veciños e veciñas, xa que naceu sendo praza de abastos, punto neurálxico da vida da parroquia e ten máis de 50 anos de antigüedade.

Carmela Silva, “nesta provincia hai unha verdadeira revolución cultural e, maiormente, ten nome de muller”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presidiu onte, xunto ás deputadas e aos deputados provinciais a gala dos terceiros Premios Provinciais á Xuventude, presentada pola escritora galega Silvia Pena. No acto, que encheu de mocidade o Salón de Plenos do Pazo provincial, Silva, vestida cun modelo de Miriam Cartagena, alumna de ESDEMGA, como xesto á nova categoría de moda e deseño dos premios, quixo deixar patente o seu optimismo polos proxectos galardonados “cheos de valores, de principios, que mostran esperanza e ilusión. Fronte ao momento actual, cunha sociedade que empeza a ter tintes totalitarios, con xente cavernícola, doutra época, xenófoba, machista, que non entende que o que queremos é construír un mundo mellor, eu son optimista, estou segura que imos cambiar o mundo”, afirmou.

Carmela Silva destacou “o talento que hai na provincia de Pontevedra. Está a acontecer algo extraordinario, hai unha verdadeira revolución cultural e, maiormente, ten nome de muller. Estou encantada de que sexa así”. Neste eido a presidenta engadiu que “temos moita creatividade e capacidade para facer fronte ás dificultades, como así o deixaron constar as 17 mozas e 12 mozos que hoxe foron premiados”. A presidenta recolleu o pesar de todas elas e todos eles cando afirmaron que “son tempos difíciles para crear” e fixo un chamamento para potenciar o talento: “o que fai grande ás sociedades é a creatividade. O ser humano é un ser creativo e por iso a humanidade é tan marabillosa, así que estes premios son unha obriga para nós, para visibilizar todo o que se está poñendo en marcha na provincia”.

Neste eido Silva tivo palabras para Nee Barros, autor dun dos vídeos que se proxectaron na gala, ao que lle pediu que se “multiplicase”. “Precisamos unha sociedade onde a xente moza e diversa rache cun mundo que non respecta o noso planeta, que está moi enfermo e non lle podemos poñer xa máis tiritas, senón que temos que facer unha operación de cambio total. Está nas vosas mans e estades a facelo con valentía, coa alegría da mocidade. Non deixedes que ninguén apague esas ganas e forma de intentar cambiar o mundo”, destacou a presidenta.

Tamén tivo se detivo en Miriam Cartagena, a alumna de ESDEMGA que deseñou o modelo que Carmela Silva luciu durante a gala. “Trátase dun modelo espectacular deseñado por una nova deseñadora, e é totalmente sustentable, feito de xeito artesanal e a man”.

[su_slider source=”media: 9180,9179,9177,9176,9175,9174,9173,9172,9171,9170,9169″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″][su_slider source=”media: 9169,9170,9171,9172,9173,9174,9180,9179,9177,9176,9175″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″ speed=”800″]

Pola súa banda a presentadora, Silva Pena, que clausurou a Gala recitando un dos seus poemas, enxalzou a importancia dos Premios da Xuventude da Deputación de Pontevedra para impulsar “o interior das cabezas da mocidade, o talento, a creatividade, o traballo pero tamén o compromiso dos máis novos” . Neste eido, este ano, a principal novidade dos galardóns, elaborados pola Escola de Cantería da institución provincial, foi a inclusión dunha modalidade nova, a de deseño e moda.

Polo miúdo, na categoría de ‘Iniciativa social’ o primeiro premio foi para ArteCalavera S.C. (Pontevedra), gran triunfadora da tarde con catro galardóns, polo seu proxecto ‘Voces Ocultas’, nado da necesidade de romper co prefixo ‘dis’. Nesta modalidade o segundo premio foi concedido ex aequo á Asociación 85C (Vigo) e á Asociación Xuvenil Lazoiro (Salvaterra do Miño).

En ‘Iniciativa Empresarial’ o primeiro premio foi para “ArteCalavera S.C.” (Pontevedra) polo proxecto Estudio Bonobo, fundada coa motivación de buscar unha alternativa formativa no campo das artes e da creatividade, co obxectivo de crear proxectos de carácter social que contribúan ao desenvolvemento cultural e persoal da cidade de Pontevedra e arredores.

Na modalidade de ‘Educación en Valores’ gañou o alumnado de 1º e 4º da ESO do IES Illa de Ons (Bueu) polo proxecto “Miserábeis”, centro interdisciplinar a partir do teatro musical como procedemento para educar en igualdade e nas competencias clave de carácter intelectual e socio-emocional.

Pola súa banda, en ‘Contido Dixital’, o primeiro premio quedou deserto por decisión do xurado e o segundo foi para ArteCalavera S.C. (Pontevedra) polo proxecto Bonobo Live Sessions.

En canto a ‘Traballo Musical’, na modalidade de música clásica, o primeiro premio foi para Nuria Casa Suárez (Pontevedra) por ‘Suite Neo Clasique 1: Prelude’ e o segundo para Sara Mínguez (Vigo) por ‘El Jardín Flotante: Preludio, La Creación’. Pola súa parte, na modalidade adiada a outros xéneros musicais o primeiro premio foi para ArteCalavera S.C. (Pontevedra) por ‘A Miña Maneira’ e o segundo para Héctor Rodríguez, Ángela Álvarez, Sara Ariadna Álvarez, Jairo Daponte e Diego Maya (Moaña, Cangas, Mos e Tomiño) por ‘Fantasy World’, e para Carlos Morales (Mos) por ‘Disorder 4: Empty’.

En ‘Traballo literario’, o primeiro premio foi para Brais Suárez González (Vigo) por ‘Murmansk, viaje al final del día’, e o segundo para María José Argibay (Ponte Caldelas) por ‘Eu quería fregar’. En poesía, o primeiro Rebeca López Vilar (Vigo) por ‘Antracita en los Pómulos’ e o segundo para Belén Viéitez Ferradáns (Moraña) por ‘Ourizo’.

En ‘Fotografía’ a categoría tamén estaba dividida en dous subgrupos, ‘serie fotográfica’ e ‘fotografía’. A serie fotográfica gañadora foi a presentada por Claudia Gómez (Pontevedra), co título ‘Os ollos da rúa’, e o segundo premio é para Iago Manoel Souto (Ponte Caldelas) por ‘A realidade paralela’ e para Helena Constela Lorenzo (Poio) por ‘Estelas’. En canto á fotografía o primeiro premio é para Rosa Pardal Aragunde (Valga) por “’Habitación Nº E’, e o segundo é para a dobre premiada Helena Constela, nesta ocasión por ‘Hora de Xantar’”.

Por último, en ‘Deseño e Moda’ o primeiro premio foi para Ángel López Pérez (Marín) por ‘Los Mensajeros’, cunha mensaxe esperanzadora respecto á tecnoloxía.

Xunto á mocidade premiada, tamén tiveron un rol protagonista na gala o cantante Pablo Lesuit, que ten colaborado con artistas como Jorge Drexler, e Nee Barros, estudante e coorganizador da manifestación pola defensa climática de setembro, que elaborou un vídeo con imaxes e mensaxes sobre os ODS que se puido visualizar ao comezo da gala dos III Premios da Xuventude da Deputación de Pontevedra.

A Guarda aposta pola dinamización e posta en valor do Camiño Portugués pola Costa

O Concello da Guarda acolleu este pasado mércores día 27 de novembro de 2019 a presentación do Proxecto «O Camiño Aguárdate», un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.

A presentación contou coa presenza do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e representantes de A Jalleira AFEA e da Comunidade de Montes de Camposancos.

O proxecto pretende sensibilizar, especialmente entre a poboación local, os valores que o camiño representa a nivel cultural, natural, e sobre todo social. O presente proxecto pivota sobre a divulgación dos valores ambientais e patrimoniais da ruta e sensibilización sobre a evolución socioeconómica e o impacto percibido, implicando a peregrinos e poboación local, abrindo pontes a coñecer a experiencia dos peregrinos.

Xornada Medioambiental

A primeira actividade de «O Camiño Aguárdate» terá lugar os días 6 e 7 de decembro cunhas Xornadas Medioambientais nas que se inclúen unha andaina guiada entre A Pasaxe e un espazo do Monte Santa Trega onde se realizará unha reforestación, que será a segunda actividade proposta, en colaboración con A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 5 de decembro enviando un correo a [email protected] ou chamando ao 986 614 546, As prazas son limitadas.

[su_image_carousel source=”media: 9163,9162,9161″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Esta actividade consta dunha ruta polo tramo do Camiño de Santiago entre A Pasaxe e A Sangriña, que se correspondería coa entrada en Galicia do Camiño de Santiago pola Costa. Nesta ruta falarase sobre a temática das especies invasoras ao longo do camiño e os métodos para a súa erradicación, dando a coñecer as especies autóctonas forestais que convivían antigamente no camiño.

A actividade pecharase cunha plantación de especies autóctonas nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos, na que se ensinará e explicará os asistentes a forma correcta de plantación e do seu posterior mantemento.

Maís actividades

«O Camiño Aguárdate» traerá á Guarda ademais unhas Xornadas Divulgativas sobre o Camiño de Santiago e visitas teatralizadas.

As Xornadas Divulgativas contarán coa participación de especialistas universitarios e do mundo empresarial co obxectivo de debater sobre o Camiño de Santiago e a súa evolución e atraer á poboación local a que se interese e reflexione sobre a importancia que ten en moitos aspectos da vida diaria da vila, realizaranse en varias sesións no vindeiro ano 2020.

As visitas teatralizadas mistura a creatividade teatral, a divulgación dos valores patrimoniais entorno ó camiño e a revalorización da peregrinaxe coma forma diferente de viaxar.

A compañía Os Quinquilláns, serán os encargados de realizar as visitas teatralizadas que terán lugar no Castro do Monte Santa Trega cun total de 8 sesións, para o público xeral e alumnos de secundaria, ata a primavera do 2020.

ACiP leva ao xulgado “a negativa” do Goberno local de facilitarlles acceso á información do Concello

ACiP vén de anunciar a presentación, o pasado día 25 de novembro, dunha denuncia no Xulgado do Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra contra o Concello de Ponteareas “ante a negativa reiterada do alcalde de dar acceso a expedientes solicitados en base ao artigo 14 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Administracións Públicas (ROF).

A denuncia, asinada polos concelleiros Juan Carlos Gonzalez Carrera, Luis Alberto Rodríguez Cerdeira y Manuel Gregores Martinez e pola concelleira Raquel Bautista Alfaya, interponse logo de que, segundo ACiP “se lle advertira á Alcaldía en varias ocasións que a súa actitude distaba moito do que debería ser o normal funcionamento do Concello onde os concelleiros da oposición, entre as súas funcións, teñen a de fiscalización da xestión e funcionamento do Goberno Municipal” e para o que a Lei, sinalan, lles outorga o acceso aos diversos expedientes municipais.

Lembra Alternativa Ciudadan de Ponteareas que o ROF dí, textualmente, que “Todos los miembros de las Corporaciones Locales tienen derecho a obtener del Alcalde o Presidente o de la Comisión de Gobierno cuantos antecedentes, datos o informaciones obren en poder de los servicios de la Corporación y resulten precisos para el desarrollo de su función.”

O portavoz de ACiP asegura que as advertencias realizadas á alcaldía, foron feitas “co fin de non xudicializar a vida municipal e non chegar a unha situación innecesaria dentro de un sistema democrático” pero a súa negativa, engaden, “obriganos a por dos nosos petos os costes da presentación de esta demanda de recurso administrativo defendendo os nosos dereitos”.

González Carrera asegura que “en ningún caso” van permitir que se lles impida dende o Goberno local exercer o seu dereito “a defender aos veciños” e afirma que tras esta negativa agóchase o motivo de que “non teñamos constancia oficial da desastrosa xestión que esta realizando este goberno”.

Logo de acusar ao Executivo local de “aplicar o rodillo” á hora de gobernar, lamentan que “as súas palabras na toma de posesión de que a transparencia e o consenso era o seu ideario, quedaran no esquecemento”.

Baiona entrega os premios dos concurso de debuxo e slogan con motivo do 25N

0

A Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Baiona, que xestiona Yasmina Moreira, entregou os premos ao alumnado de educación secundaria dos centros educativos do municipio de Baiona (CPI Cova Terreña e IES Primeiro de Marzo) gañador no concurso de debuxo e slogan con motivo do 25N.

O concurso tiña como obxectivo  promover, dentro do ámbito educativo, a reflexión en torno á promoción da  igualdade entre mulleres e homes así como a loita contra a violencia de xénero. O contido das obras debía enviar unha mensaxe que incidira na reflexión en torno á  promoción da  igualdade entre mulleres e homes e/ou  a loita contra a violencia de xénero.

As premiadas da primeira categoría foron:

  • Primeiro Premio: Lucía P.D. que cursa  3º da ESO do IES Primeiro de Marzo.
  • Segundo Premio: Lúa L. M. que cursa 4º da ESO no CPI Cova Terreña.
  • Terceiro Premio: Abril R. C. que cursa 3º da ESO no IES Primeiro de Marzo.

O Primeiro Premio da segunda categoría –da cal só se presentou unha persoa inda que cunha calidade técnica óptima– foi para Jordi R. R. que cursa bacharelato no IES Primeiro de Marzo. 

Debido á calidade das obras concedéronse 8 ACCESIT, xunto cos premiados, estes debuxos formarán parte do calendario oficial do Concello para o ano 2020.

  • Noa P. V. que cursa 3º de ESO no IES Primeiro de Marzo
  • Janice J. que cursa 1º da ESO no IES Primeiro de Marzo.
  • Lilin W. que cursa 1º da ESO no CPI Cova Terreña
  • María G. R. que cursa 4º da ESO no IES Primeiro de Marzo
  • Paula G. D. que cursa 3º da ESO no IES Primeiro de Marzo
  • Valeria F. G. que cursa 1º da ESO no IES Primeiro de Marzo
  • Eliana G. V. que cursa 3º da ESO no IES Primeiro de Marzo
  • Aroa Cedeira Garbín que cursa 4º da ESO no IES Primeiro de Marzo.

Esta actividade enmárcase no IV PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES 2019 – 2023 do Concello de Baiona, na área de ‘Socialización. Eliminar os roles e estereotipos de xénero’ que ten como obxectivo estratéxico “Impulsar cambios socioculturais que fomenten e consoliden a eliminación dos roles e estereotipos ” e, como obxectivo operativo 2 “Sensibilizar na igualdade entre mulleres e homes no ámbito educativo” e  que establece a medida 3.2.1  “En colaboración cos centros educativos, continuar desenvolvendo accións de sensibilización sobre xénero e igualdade de oportunidades dirixidas ao alumnado de todas as etapas”.

Mondariz prepara unha zona azul gratuíta no centro urbano

0

Os comerciantes e hostaleiros de Mondariz, tanto os membros de Merca Mondariz coma os que non forman parte desta asociación, foron convocados recentemente polo goberno a unha reunión informativa sobre a nova zona azul gratuíta que se prepara no centro urbano e a próxima campaña de Nadal.

“Unha vez renovado o contrato de aluguer polo terreo que acolle actualmente o aparcadoiro público municipal, o goberno transmitiu aos comerciantes e hostaleiros da vila o seu plan de crear unha zona azul gratuíta no centro urbano nos primeiros meses de 2020 para fomentar a mobilidade de vehículos”, explica o alcalde e concelleiro de Desenvolvemento Económico e Turismo, Xosé Emilio Barros. “Detrás desta medida non hai unha intención recadadora, senón a vontade de satisfacer unha demanda do comercio local”, matiza.

Aínda que todavía é cedo para explicar o funcionamento desta zona azul gratuíta, o goberno ten en mente aplicar un sistema de discos horarios coa colaboración dos comerciantes e hostaleiros locais e habilitar máis espazos de aparcamento no centro urbano. “As normas desta zona azul gratuíta estableceranse nunha futura ordenanza reguladora”, sinala Barros.

Durante a reunión tamén se informou aos comerciantes e hostaleiros da programación municipal de Nadal. O alumeamento especial da tempada acenderase o sábado, 7 de decembro. Este ano, como novidade, instaláronse arcos de luz en todas as parroquias. Coa fin de reducir costes ante a difícil situación financieira do Concello, a concellería de Cultura encabezada por Anxos Carballo buscou opcións económicas e creativas para decorar a vila e organizar a Cabalgata dos Reis Magos.

Durante a tempada de Nadal tamén haberá ambientación musical a través de megafonía. Durante a reunión, o goberno ofreceu aos comerciantes e hostaleiros da vila a posibilidade de utilizar este servizo para anunciarse mediante cuñas publicitarias.

O Rosal abre a inscrición para participar no Campamento de Nadal

0

Dende o pasado luns, 25 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para participar no campamento de Nadal que organiza o Concello do Rosal e que se desenvolverá nos meses de decembro e xaneiro de 8:45 h a 14:15 h.

Nos seguintes enlaces pódense descargar as bases, a solicitude, a autorización de recollida de menores e o cuestionario de saúde e autonomía, documentos que deben cubrirse para poder participar.

O prazo para realizar a solicitude de participación remata ás 14:00 h do 11 de decembro. As persoas interesadas deberán presentar a documentación requerida no Rexistro do Concello.

A Guarda recibe dúas flores de honra nos «Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019»

0

O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.

Neste acto A Guarda foi premiada con dúas flores de honra, destacando o enorme potencial que reúne o municipio polo seu emprazamento e o seu patrimonio. Segundo quedou de manifesto o Castelo de Santa Cruz e o Monte de Santa Trega constitúen dous fitos sobre os que se teñen construído grandes actuacións na vila como son o paseo marítimo, a Senda Litoral, o Sendeiro Azul, que permiten conectar a zona urbana coa desembocadura do Río Miño.

Resaltouse nestes premios, o nivel de recursos e a funcionalidade dos espazos axardinados da Guarda, pondo en valor os proxectos realizados recentemente coma o entorno do Castelo de Santa Cruz, a Rúa Concepción Arenal, recuperación das Casas Indianas, entre outras.

Asi mesmo púxose como bo exemplo o espazo do Centro Cultural e a Biblioteca Municipal, zona axardinado moi preto da Alameda da Guarda.

O ente promotor de Vilas en Flor está formado pola Fundación Juana de Vega, Asvinor e Agaexar, entregando nesta xornada galardóns para 16 municipios galegos.

O xurado visitou previamente A Guarda o pasado 14 de outubro, onde comprobaron «in situ» todo o traballo realizado a nivel medioambiental, a xestión de residuos e a mellora do entorno da vila. Nuns días remitirán un informe no que se indicarán as medidas a tomar para continuar coas melloras da vila.

O Club Natación Ponteareas presenta os equipos para a tempada 2019-2020

O Club Natación Ponteareas presentou a súa tempada 2019-2020 nun acto celebrado no auditorio municipal Reveriano Soutullo e que contou coa presenza do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Deportes, Nahir Covelo e a concelleira de vías e Obras, Chus Garrote.

O club ponteareán, que comeza esta tempada con 141 licenzas de deportistas que van dende a escola de natación ata grupo de alto rendemento, adiantou que o equipo absoluto competirá na división de Honra Galega (entre os 6 mellores clubs de Galicia) con 2 nadadores bolseiros no Centro de Tecnificación Deportivo de Pontevedra –compoñentes do equipo Nacional de Augas Abertas– e 4 no Grupo de Especial Seguemento tamén en Pontevedra.

[su_image_carousel source=”media: 9117,9116,9115,9114,9113,9109,9112,9111,9110,9118,9119″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Nesta tempada 2019-2020 e por primeira vez, o equipo feminino participará en decembro na Copa de España de Clubs que se celebrará en Madrid, onde coincidirán con equipos como o Club Natación UCAM Fuensanta da nadadora olímpica Mireia Belmonte.

O Club espera que os seus nadadores e nadadoras estean presentes en Campionatos Galegos e Nacionais, e como nas dúas últimas tempadas, en probas internacionais.

“Un horizonte ilusionante, cheo de probas, competicións e organización de eventos o que teñen por diante as nadadoras e nadadores” asegurou o presidente do C.N. Ponteareas, Andrés Carrera quen tamén lembro que este ano haberá probas importantes en Ponteareas como a Travesía a nado Vila do Tea, pero tamén como o Campionato Galego de Augas Abertas e a etapa final do Circuito Galego de Augas Abertas “que se van a disputar en augas do Tea”, concluíu Carrera