Mércores, 23 Xullo de 2025

Galcia rexistra sube ata os 6.889 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.889, deles 1.557 son da área da Coruña, 626 da de Lugo, 818 da de Ourense, 717 da de Pontevedra, 1.222 da área de Vigo, 1.517 da de Santiago, e 432 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 63 están en UCI, 350 en unidades de hospitalización e 6.476 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.766 persoas curadas, rexistrándose 1.436 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.159.616.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Agasallos e nomeamentos de honra con motivo do Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, celebra o vindeiro luns 11 de xaneiro o Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas. A partir das 18:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas procederase ao nomeamento da persoa usuaria de honra na categoría infantil e adulto.

A Concellería agasallará un lote de libros ás persoas usuarias con máis préstamos no ano 2020. Ademais, realizarase unha visita guiada á Biblioteca e ao Museo Municipal. Tamén se agasallarán marcapáxinas a todos os/as asistentes.

Fernando Groba explica a importancia de promover os servizos públicos, como a Biblioteca Pública Municipal, que son de todas e de todos e, en especial, a Biblioteca porque é un espazo que, ademais de facilitar o acceso á cultura, ofrece a posibilidade de estudar nun ambiente tranquilo, seguro e confortable.

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas ten un fondo bibliográfico de 23.078 libros, un total de 4.424 socios/socias e no 2020 tivo un total de 17.800 usuarios/as e ofrece ademais unha sala de ordenadores con conexión segura á rede.

O universo Balbino celebra seis décadas da publicación de Memorias dun neno labrego, que se sitúa entre as obras máis vendidas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou onte no acto de conmemoración do 60º aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego, obra mestra de Xosé Neira Vilas da que destacou a súa capacidade de seguir transmitindo, 60 anos despois, “o orgullo pola lingua e a querenza pola literatura desde a infancia, así como por espertar a paixón pola lectura a numerosas xeracións de galegos e galegas” converténdose, dixo, “na obra máis lida e traducida da literatura galega, best seller e símbolo universal”.

Durante o acto -que tamén contou co presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo; do presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e do presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal- o conselleiro de Cultura destacou a vixencia desta obra que segue presente nas escolas e centros de ensino e entre os centos de lectores que aínda hoxe segue cultivando en todo o mundo. Neste sentido, referiuse ás súas 35 edicións e aos máis de 700.000 exemplares, así como as traducións a idiomas como o alemán, o sueco, o romanés, ucraíno, búlgaro, o esperanto, o checo, o maya ou o ruso e á súa edición en Braille, o que o converten no libro escrito en galego máis traducido e editado.

Herdanza artística

A conmemoración desta efeméride completouse coa presentación do documental Un legado de futuro, un novo contido audiovisual que achega datos relevantes sobre Neira Vilas o seu tempo e a súa obra.

Seis décadas despois da súa publicación e un lustro desde a morte de Neira Vilas, Memorias dun neno labrador -que saíu da imprenta da editorial Follas Novas de Buenos Aires en xaneiro de 1961- segue revalidando o seu posto entre as dez obras máis vendidas en 2020 pola Editorial Galaxia. Ademais, numerosas adaptacións e iniciativas sociais, editoriais, teatrais, audiovisuais, musicais e pictóricas configuran e completan o universo Balbino, a herdanza artística do autor de Vila de Cruces máis universal.

O Concello de Nigrán inviste 10.160 € na ampliación dos elementos de xogo do parque infantil de Praia América

0

O Concello de Nigrán ven de investir 10.160 € a través das baixas do Plan Concello 2018-2019 na ampliación dos elementos de xogo do parque infantil de Praia América. En concreto, instalouse un novo conxunto modular composto por torres con tellado, ponte, tobogán, rede e elementos para trepar, escaleira e un coumpio para nenos e outro para bebés.

“Trátase dun dos parques infantís con maior uso do municipio, polo que consideramos convinte amplialo con máis elementos de xogo, xa que había espazo suficiente”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que nos últimos anos foron renovados todos os parques infantís da localidade e incluso se crearon outros (caso do Torreiro de Camos, Vilariño ou Grela en Nigrán).

O rexedor avanza que seguirá apostando por “crear e mellorar novos espazos de esparexemento” para a infancia pero tamén para maiores cos parques biosaudables e para  deportista con elementos axeitados para o adestramento ao aire libre.

O CAAN pechou 2020, o seu mellor ano, cun novo récord de adopcións e menor número de recollidas

A pesar da Covid, do confinamento e dos peches e restricións pola pandemia, o 2020 vén de converterse no mellor ano na historia do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación, como destacou hoxe a presidenta Carmela Silva. Non só polas excepcionais cifras de adopcións acadadas, que levaron a romper o seu récord anual, senón tamén polo descenso no número de recollidas de cans e cadelas con respecto ao 2019. Estas circunstancias permitiron pechar o ano cun menor número de animais nas instalacións de Meis que se cifra na actualidade en ao redor de 200. A presidenta fixo balance da actividade do centro e destacou que o número de adopcións foi finalmente de 583, con 117 máis que o 2019, en que estaba establecido o anterior récord (466). “O noso obxectivo estaba nas 500, algo que acadamos xa en novembro”. Ao mesmo tempo, subliñou a “clara tendencia á baixa” no número de recollidas, que no 2020 se situou en 1.144, polas 1.332 de 2019 e as 1.788 do 2018.

Linda, primeira adoptada no 2021

2021 comeza tamén con bo pé, ao rexistrarse xa na primeira semana de xaneiro 6 adopcións, a primeira, a de Linda, unha preciosa cadeliña que o día 1 viaxou ao seu novo fogar en A Coruña. A este respecto, Carmela Silva fixo coa imaxe da cadela un chamamento para que a xente continúe a adoptar animais, pero con responsabilidade. “Nestas datas de Nadal moita xente adopta, e quero lembrar que adoptar é responsabilizarse –destacou-. Cando se adopta é para sempre, durante toda a vida dos cans e cadelas. Non son un agasallo, son seres vivos que temos que respectar, coidar e que forman parte da nosa familia cando tomamos esta decisión”.

Máis polo miúdo, cunha media de 1,5 adopcións cada día, 569 das 583 acadadas no 2020 formalizáronse en España, 13 en Portugal e 1 en Holanda. Das primeiras, 523 corresponden a fogares galegos, mentres que o resto dos animais viaxaron a Castela León (20), Asturias (8), Cataluña (4), Madrid (6), Castela A Mancha (1), País Vasco (3) e Andalucía (4). En Galicia a maior parte das adopcións, foron na provincia de Pontevedra, cun total de 425, seguidas por Lugo (68), A Coruña (28) e Ourense (2). E dentro da provincia, a cidade de Vigo ten o maior número de adopcións (50); seguida de Pontevedra (46), A Estrada (36), Meis (26), Sanxenxo (22), Cambados (21), Marín (18) e Vilagarcía (15). A presidenta tamén destacou o éxito que están a ter as campañas desenvolvidas pola institución provincial para fomentar a adopción e, deste xeito, xa son 2.546 as acadadas desde o ano 2015.

[su_image_carousel source=”media: 28234,28233,28232,28231,28230,28229,28228,28227,28226,28225,28224,28223,28221,28220,28219,28218,28217,28216″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O pasado 2020, amais, puideron abandonar o centro algúns dos animais que máis tempo levaban nas instalacións de Meis. Trátase de Apro, que pasou seis anos; Coqui e Nikita, que estiveron catro, e Marce, que pasou tres. No primeiro caso, Apro entrara no CAAN en xullo do 2014 sendo un cachorro de só tres meses e fora recollido no concello de Arbo. Agora chámase “Bico” e vive cunha nova familia en Madrid. Pola súa banda, Coqui fora rescatado no 2016 en Silleda con tan só tres meses e puido deixar no 2020 as instalacións da Armenteira tras ser adoptado por unha familia en Marbella. E en outubro marchouse a Granada Nikita,nacida no 2016 e que levaba toda a súa vida no CAAN, xa que chegara con tan só un mes de idade xunto a outros seis membros dunha mesma camada abandonados en Lalín, dos que ela fora a única supervivente. Por último, Marce, entrara con dous meses de idade en abril do 2017 xunto ao seu irmán Teodoro, despois de que ambos foran abandonados en Lalín, pero este último fora adoptado tan só un mes despois. Neste momento, os cans máis veteranos do centro son Posto e Suillo, ambos recollidos no verán do 2018. Posto, de tres anos, fora recollido en Redondela e Suillo, de seis anos, en Gondomar.

Baixan as recollidas

No que atinxe ás recollidas, hai que sinalar que preto da metade dos 1.144 animais recollidos no 2020 puideron ser devoltos ás persoas propietarias, 340 deles no mesmo lugar onde se produciu o aviso da súa aparición e 230 os recolleron nas propias instalacións do CAAN. “Polo tanto –concluíu Carmela Silva- eu animo a que a xente siga a adoptar e que sobre todo, non abandonemos aos animais. Temos cifras bastante optimistas, co descenso de recollidas, pero o obxectivo ten que ser o abandono cero”.

O CAAN da Deputación presta servizo a 50 concellos da provincia, despois das adhesións no pasado ano 2020 de Ponteareas e O Porriño. Hai que lembrar que as adopcións no centro son gratuítas e o persoal sempre asesora ás persoas interesadas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitar o centro como para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360. Os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados

O Concello de Tui adquiriu unha biotrituradora coma paso previo á creación dun Punto Verde Municipal

0

O Concello de Tui conta dende hai uns días cunha biotrituradora que vai optimizar o triturado de restos de poda municipal. É un paso máis para a próxima creación dun Punto Verde Municipal onde ofrecer á cidadanía un sitio onde depositar os seus restos vexetais e poder recoller, se así o precisan, material triturado de madeira para poder utilizar no proceso de compostaxe doméstica ou compost xerado nos centros de compostaxe do Concello.

A biotrituradora foi adqurida grazas á achega da Xunta para o financiamento de actuacións en materia de residuos municipais que foi destinada ao fomento da compostaxe municipal. Subvención cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Esta nova biotrituradora é unha máquina lixeira acoplada a un remolque polo que os traballos de trituración de material poden realizarse in situ, dando versatilidade e facilitando as tarefas ao persoal do Concello. Precisamente tras a adquisición desta nova maquinaria impartiuse un curso formativo dirixido aos traballadores municipais, que nesa mesma xornada comezaron a empregarla no triturado dos restos de poda de arborado na parroquia de Malvas.

Coa achega da Xunta amais da biotrituradora tamén se elaborou material informativo e de sensibilización do Plan de Compostaxe que o Concello está a levar a cabo. Trátase de paneis informativos dos Centros de Compostaxe Comunitarios situados no centro urbano,  do panel informativo que se vai a instalar no futuro Punto Verde Municipal, o deseño do logotipo do Plan de Compostaxe así como deseño de material para difundir nas redes sociais á Campaña informativa do Plan de Compostaxe.

Por outra parte neste 2021 vaise executar a segunda anualidade desta axuda que, entre outras accións, contempla a restructuración e ampliación da rede de composteiros comunitarios municipais e a adquisición de 300 composteiros individuais para continuar dotando á cidadanía de material co que fomentar a compostaxe doméstica.

Lembramos que este proxecto ten como obxectivo a redución na cantidade de residuos que van ao contedor verde e o aumento do tratamento selectivo de residuos reciclables.

Co lema “Compostate ben, composta en Tui” preténdese concienciar a poboación que a meirande parte dos restos orgánicos son compostables , que compostar é moi sinxelo e que o concello da diversas opcións para a xestión dos restos orgánicos.

A Deputación pecha 2020 coa mobilización de 68 millóns de euros de investimento directo nos concellos a través dos plans provinciais

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance en rolda de prensa “de 3 programas pensados para garantir servizos e dereitos nos concellos”: o Plan Concellos 2020, o Plan de Reequilibrio e o Plan DepoRemse, plans que mobilizaron ata 68 millóns de euros nos municipios da provincia. Estes dous últimos programas, que suman 26 millóns, están practicamente rematados e avanzando a bo ritmo.

En canto ao Plan Concellos 2020, (pódese descargar un resumo nesta ligazón) dotado de 42,2 millóns de euros, “os 59 concellos presentaron 429 obras á liña 1” de investimentos. A presidenta resaltou que os datos “confirman a tendencia dos concellos a realizar obras de maior importe e máis grandes” e tamén que “os concellos xa acompasan as solicitudes ás novas necesidades, moitas delas relacionadas co plan de recuperación e resiliencia. Son moi conscientes de cales son as novas actuacións que hai que poñer en marcha para cumprir o novo paradigma”.

En canto ás actuacións financiadas, Carmela Silva sinalou que “as obras de mellora de camiños son, como vén sucedendo dende o principio, o núcleo do Plan Concellos: un 28% sobre o total”. Ademais, “chama á atención o crecemento de obras en edificacións municipais: recibimos 48 solicitudes, por importe de 3,8 millóns converténdose no segundo apartado en importancia”. Pola outra banda, perden peso as solicitudes nas “obras de alumeado e eficiencia enerxética, xa que a través do Instituto de Desenvolvemento e Diversificación Enerxética (IDAE) se están recibindo moitos recursos da Unión Europea que a Deputación pon á súa disposición á marxe deste plan, co que a necesidade se ve cuberta a través doutros fondos”. Tamén salienta o progresivo incremento dos concellos en equipos informáticos, que alcanzou 13 solicitudes.

A liña 2, dirixida a boa parte da actividade municipal nos concellos, está dedicada a achegas para actividades sociais, culturais e deportivas, pagos a provedores, tarefas de mantemento e reparación e amortizacións de débedas. “A amortización de débeda vai diminuíndo de xeito importantísimo, ata o punto de que este ano só houbo unha actuación neste senso”, asegurou a presidenta. “Isto quere dicir”, valorou, “que os concellos están saneados en gran parte porque durante os 4 anos anteriores puideron usar os recursos da Deputación para facer fronte ás necesidades”. Foron 109 subvencións para actividades sociais, culturais e deportivas, 31 para pagos a provedores, 23 para mantementos e reparacións e só 1 para amortización de débedas.

Na liña 3 do Plan Concellos, “para a contratación de persoal co que facer fronte ás súas competencias”, a Deputación “proporcionou traballo a un total de 912 persoas durante 2020”. A presidenta lembrou que “a duración decídena os concellos porque, como sempre no Plan, son os que teñen a liberdade para decidir como empregan os recursos. O único que se esixe é que se respecten os salarios correspondentes á cualificación profesional, á duración e as condicións de xornada dos contratos, que están rexidas polos convenios”. Os 58 concellos –todos agás Valga, que non presentou solicitudes a esta liña– recibiron achegas para a contratación de 32 especialidades laborais, “o que demostra que é unha liña flexible na que cada concello solicita o que decide” e, como conclusión, salientou que “cada vez dedícanse máis recursos á prestación de servizos”.

DepoRemse e Plan de Reequilibrio

No Plan DepoRemse, pensado para actuacións de mellora da accesibilidade, urbanizacións, reurbanizacións, peonalizacións, proxectos para mellorar a seguridade viaria e iniciativas de mobilidade, “as obras están todas xa practicamente rematadas. Dos 31 proxectos rematáronse 19, 10 están en execución, 1 en fase de contratación (Cangas) e outra pendente de iniciar o expediente de contratación (Meaño)”.

Fixéronse melloras da mobilidade e accesibilidade na Avenida Urbana de Sabarís en Baiona (290.000 €), o proxecto supramunicipal de Cangas e Moaña de interconexión dos seus centros urbanos (710.000 €), mellora da mobilidade nos accesos ao CEIP, residencia da terceira idade e centro de saúde de Crecente (450.000 €), mellora da accesibilidade do colexio Rosalía de Castro do Grove (380.000 €), mobilidade na rúa Vigo e Celta da Guarda (500.000 €), mellora na contorna do centro urbano de Mondariz (215.000 €), actuación na contorna dos centros de elevada atracción da Seara en Poio (500.000 €), mellora da mobilidade nas rúas do Castro e Infesta de Pontecesures (241.000 €), mellora da mobilidade na rúa Doantes de Sangue do Porriño (424.000 €), actuación na contorna do centro de saúde e de maiores de Silleda (450.000 €), mellora da mobilidade na praza do Seixo en Tomiño (500.000 €), proxecto na contorna do CEIP, gardería e polideportivo de Vila de Cruces (435.000 €) e mellora na contorna do recinto de Fexdega en Vilagarcía (310.000 €). En canto a proxectos de seguridade viaria destacandistintos lugares de Barro (70.000 €), na contorna do CPI da Cañiza (100.000 €), en vías de Catoira (435.000 €), en Covelo (86.000 €), na rúa Rosalía de Castro e contorna das Neves (328.000 €), nos accesos á gardería, colexio e pavillón de Ribadumia (168.000 €), en vías de Salvaterra de Miño (170.000 €) e no núcleo da Torre en Tui ( 425.000). DepoRemse dotou de reurbanizacións á rúa da Pedra en Bueu (350.000 €), na contorna da piscina e do centro deportivo de Ponteareas (máis de 420.000 €) e no antigo campo da feira da Devesa en Salceda (470.000 €). Houbo tamén peonalizacións en Campo Lameiro entre a Casa Consistorial e a Chanciña (350.000 €). Finalmente, acometéronse remodelacións: no polígono industrial de Cuntis (500.000 €), na Praza da Igrexa de Fornelos (450.000 €), na contorna do centro de saúde da Illa (450.000 €) e na contorna dos centros educativos de Dena en Meaño (270.000€)

Por último, a presidenta da Deputación fixo un resumo das iniciativas postas en marcha cos fondos do Plan de Reequilibrio, “previsto para a realización de equipamentos culturais, infraestruturas deportivas ou tamén reformas urbanas”. A institución aprobou achegas “situadas entre os 120.000 e os 1,5 millóns de € cos que poder financiar “obras moi importantes que están a transformar os concellos da provincia”.

Para equipamentos culturais puxéronse en marcha recursos para o Centro Torres do Oeste en Catoira (preto de 500.000 €), a Escola de Música de Caldas (800.000 €), o Auditorio do Grove (1,5 millóns), a biblioteca de Nigrán (1,5 millóns de €), a ampliación do Centro Cultural de Rubiós As Neves (400.000 €) e a rehabilitación do antigo mercado para convertelo nun edificio socio-cultural en Moraña (700.000 €). Para dotacións sociosanitarias, o Centro de estancia en Campo Lameiro (400.000 €). No apartado de infraestruturas deportivas recibiron achegas a piscina de Outeiro en Barro (300.000 €), a remodelación do club de piragüismo de Vilaboa (120.000 €), o polideportivo de Crecente (370.000 €), o ximnasio de Forcarei (312.000 €), a remodelación en Silleda do campo da Gandareira (700.000 €), o módulo de atletismo do Porriño (800.000 €), o ximnasio e pista de pádel de Fornelos (550.000 €), os campos municipais de fútbol da Lagoa en Mondariz (420.000 €), a piscina de Bueu (1,5 millóns de €), a remodelación do campo de fútbol de Arcade en Soutomaior (280.000 €) e a mellora do pavillón polideportivo e ximnasio de Rodeiro (350.000 €). Por último, no apartado de humanizacións e reformas urbanas, financiáronse a humanización da Praza de España de Ponte Caldelas (300.000 €), a rehabilitación das vivendas modernistas da Illa (1,5 millóns de €), a urbanización do parque central da Cañiza (00.000 €), a humanización da praza de Barciademera en Covelo (300.000 €), a reforma da praza de España do Mosteiro en Meis (240.000 €), a reforma da praza da Paradela de Gondomar (640.000 €) e a recuperación do espazo público de Pontecesures cara á ría (360.000 €).

O Concello traslada os seus parabéns ao Club Natación Ponteareas polo campionato galego e polo ouro de Sofía Carballo, Carla Alfaro e Pablo Cabana

A concellaría de Deportes, que dirixe en funcións Miguel Bouzó, en nome de todo o goberno quere dar os parabéns ao Club Natación Ponteareas que se alzou esta fin de semana co título de campión galego na clasificación conxunta. Tamén felicita ás nadadoras do Club Sofía Carballo que acadou a medalla de ouro e o título de campioa galega en 50, 100 e 200 braza e Carla Faro nos 100 estilos. Os parabéns tamén son para o nadador Pablo Cabana que se fixo co título de campión galego e medalla de ouro nos 200 Bolboreta. Ademais, o club ponteareán tamén se fixo co subcampionato na categoría feminina. Na categoría masculina, o título foi para o CN Arzúa (sendo o equipo de Ponteareas o 6º clasificado) e na categoría feminina o título foi a parar a mans do C Náutico.

O director técnico do club, Andrés Carrera, amosouse moi satisfeito por este resultado sobre todo pola actitude positiva de todos os integrantes do equipo. Durante o tres días, segundo relata Carreira os nadadores e nadadoras brillaron loitando para acadar logros colectivos e individuais, “un feito que me fai estar moi satisfeito porque os nadadores e nadadoras viñeron a Pontevedra a bater as súas mellores marcas persoais nunha das probas máis importantes da tempada, isto demostra que teñen talento e mentalidade gañadora”.

Andrés Carrera engade que é de destacar, por exemplo, que por primeira vez un equipo de substitución masculina (4×200 libres) subise ao podio, cun bronce. Tamén por primeira vez o equipo feminino conseguía que todas as súas substitucións (4×50 libres, 4×100 libres, 4×200 libres, 4×50 estilos, e 4×100 estilos) subisen ao podio situándose entre o tres primeiros clubs clasificados.

Miguel Bouzó salienta o importante esforzo que realiza o Club ao longo de todo o ano, un feito que se reflicte non só nos resultados acadados polos seus nadadores e nadadoras se non tamén polo éxito das probas que organizan na piscina do complexo deportivo municipal Álvaro Pino.

O campionato galego de natación de inverno, en piscina de 25m. Celebrouse do 3 ao 5 de xaneiro de 2021. Como en todas as competicións que se celebran actualmente, estableceuse un protocolo fronte ao covid-19 que obrigaba a que se celebrase sen a presenza de público e para limitar aínda máis o aforamento de participantes, os equipos femininos competiron nas 3 primeiras sesións mentres que os masculinos fixérono nas 3 últimas.

A federación galega emitíu o evento en directo a través de youtube

“Para o deporte en xeral, e para a natación en particular, é unha gran noticia que se teñan implementado medidas e protocolos adaptados ao contexto marcado polo covid-19, que funcionen e que permitan desenvolver a actividade dos clubs”, explica Andrés Carrera.

O Club Natación Ponteareas tamén quere dar os parabéns á Federación galega de natación e ao Club Natación Galaico, como organizadores impecables desta cita, así como aos clubs gañadores (Arzúa e Vigo) na clasificación masculina/feminina, “e por suposto amosar o noso orgullo por este título de campións por equipos do CN Ponteareas que nos fai albergar esperanzas para futuras citas, autonómicas e nacionais. Parabén a todos!”

Ultimos días para adherirse ao Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela

0

Candidatos de toda a provincia poden solicitar a súa participación no novo Programa de Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela, un proxecto que comprende ata catro itinerarios formativos entre os que destaca o de Novas Tecnoloxías con accións piloto que buscarán desenvolver habilidades para novas profesións baseadas na tecnoloxía.

O 45% dos participantes serán persoas novas e un 15% estarán reservadas a persoas maiores de 45 anos.

Ademais o proxecto contempla itinerarios de apoio ao autoemprego o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprendemento empresarial que ao contrario do que se podería pensar están a experimentar un importante auxe sendo cada día mais as demandas de asesoramento nos últimos meses.

Este tipo de programa de acompañamento á persoas desempregadas son unha gran oportunidade para relanzarse profesionalmente e contar cun asesoramento personalizado para trazar os obxectivos profesionais.

As solicitudes para participar no programa poden tramitarse a través da web www.empresasredondela.gal ou nos enderezos e teléfonos habituais da entidade.

Os colectivos cos que se traballará neste Plan de Emprego son:

  • Persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación: 40
  • Persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas: 5
  • Persoas desempregadas maiores de 45: 15
  • Mulleres desempregadas: 40 TOTAL: 100

Principais Materias

Neste programa a formación xoga un papel clave para a mellora das competencias profesionais de cada persoa usuaria, e deseñase coa intención de situar as persoas usuarias en mellores condicións de partida tanto para o acceso como para o mantemento do emprego.

As Novas tecnoloxías da información e a comunicación xogarán un papel crucial en todos procesos formativos.

O proxecto contará como punto de partida con formación prelaboral, e dicir, aquela dirixida a adquisición de competencias persoais e sociais. Este tipo de formación será administrada como píldoras formativas de curta que terán como obxectivo o posicionamento no mercado laboral, a mellora da autoestima e a formulación dunha busca de emprego activa a través das novas tecnoloxías.

  • Coñecemento de habilidades persoais e sociais para o emprego (Carta de presentación, C.V., entrevista de traballo, intelixencia emocional, técnicas de coaching, etc)
  • Coñecemento de recursos para o emprego (en colaboración con outras entidades, darase difusión a distintos programas como Rede Eures, ETT´s, charlas de empresas, etc)
  • TIC´S aplicadas a busca de emprego.
  • Formación lingüística.
  • Preparación para a proba teórica do carné de conducir.
  • Fomento da capacidade emprendedora (talleres de emprendemento activo).

Os tres itinerarios formativos tocan as materias de: comercio, turismo, administración e Novas tecnoloxías e estará acampañados dun programa de práctica laboral, no que se abordarán materias como: xestión e contro do aprovisionamento, marketing dixital e comercio electrónico, operación auxiliares de servizos administrativos ou robótica.

Pola súa banda tamén haberá un Programa de acompañamento á empresas que comprenderá servizos tales como: realización de procesos de preselección, seguimento de persoas incorporadas, fomento e asesoramento en Responsabilidade Social Empresarial, convenios en prácticas, colaboración no deseño e implantación de accións formativas específicas para a cobertura de postos de traballo.

Baiona agradece a voluntariado e particulares a colaboración na compra de agasallos para as nenas e nenos das familias máis desfavorecidas

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, quere “felicitar publicamente o labor de axuda, solidariedade e servizo ás familias menos favorecidas, a todo o grupo de voluntarias e voluntarios, que colaboraron nas labor de comprar, e mesmo, aquelas persoas particulares que fixeron achegas para que todas as nenas e nenos, independentemente da situación económica das súas familias, poidan gozar de agasallos novos e dun Nadal feliz”.

O Concello de Baiona puxo en marcha , por primeira vez este Nadal, esta iniciativa que ten por obxecto principal que calquera neno ou nena que pertenza a unha familia que se atope en risco de exclusión reciba un obsequio nestas datas marcadas pola compra de detalles con motivo da festividade dos Reis.

Unha iniciativa que non fora posible sen o gran labor levaba a cabo por este grupo de voluntarios que de forma desinteresada contribuíron co seu traballo a que a campaña fose todo un éxito e os nenos e nenas da vila menos desfavorecidos reciben agasallos novos nun día tan especial como o é o Día de Reis.

Por iso, o Alcalde mostra todo o seu agradecemento en nome do equipo de goberno e manifesta que “non ten palabras para agradecer a todas as persoas que participaron. Fun testemuña de  a  ilusión, responsabilidade,  ganas,  disposición e  formas de expresalo e  enchéronme de emoción durante estas datas tan especiais”, sinalou.

Para todas estas persoas van este recoñecemento “por todo o exemplo de solidariedade e empatía. Ninguén mellor que vós representa o espírito de solidariedade do pobo de Baiona e merecedes o maior dos recoñecementos polo voso compromiso en favor da sociedade”, conclúe o rexedor.

Esta iniciativa pioneira posta en marcha polo concello, que ten como obxectivo primordial que nenas e nenos poidan gozar dunhas festas o máis felices posibles, cumpre outros obxectivos como son contribuír a axudar coas súas compras ao comercio local, á súa dinamización e á participación activa na campaña “Este Nadal, Non Distánciesche do Comercio Local de Baiona”.

O Rancho de Reis de Salceda continúa fiel á súa cita

Salceda de Caselas vivíu unha xornada de Reis histórica ao contar coa tradicional actuación do Rancho de Reis da Feira e á estrea do seu Rancho Infantil, conseguindo un relevo xeracional dunha das tradicións máis singulares do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. A parte máis emotiva da mañá foi a estrea do Rancho Infantil da Feira asegurando a continuidade da tradición.

Con tan só tres meses de ensaio, os dous danzantes e a dama demostraron a súa valía, que nada ten que desmerecer aos maiores. Organizado pola Asociación Cultural A Feira, esta versión do Rancho de Reis fixo unha serie de actuacións previas o pasado domingo tres de xaneiro en diferentes puntos do barrio da Feira, amosándolle a súa danza á veciñanza e evitando que a xente se xuntara nun único punto, en prevención fronte á COVID19. O rancho conta cun total de catro danzantes e unha dama, que se van relevando para conseguir a formación de dous danzantes e unha dama.

A COVID19 non foi quen de parar esta tradición recuperada hai máis de 20 anos pola Asociación Cultural O Serán. Así, mudouse o lugar da actuación a unha ampla zona acotada do torreiro de Santa María de Salceda, e os danzantes e a dama incorporaron a máscara protectora ao seu vestiario, composto de prendas de cores vistosas. A actuación que posteriormente solían realizar no centro da vila da esfarrapada foi mudada tamén por un pequeno acto no Centro Cultural da Feira.

O Rancho de Reis de Salceda é diferente de todos os demáis, e único pola súa formación e pola súa música. Na súa danza, dous danzantes loitan por conseguir a unha dama, nunha competencia por ver quen resulta o mellor bailarín. A dama, representada por unha nena, será a encargada de elixir ao gañador, obsequiándoo cunha riberirana que bailará en exclusiva con el.

O Rancho de Reis marca tamén o final do Nadal e o comezo do Entroido. Tradicionalmente, no día de Reis, comezaba o enfrontamento entre a Feira e Castro Barreiro, actuando cada Rancho no seu barrio, converténdose no comezo da rivalidade que remataba no Martes de Entroido, cando se voltaban a enfrontar os dous Ranchos de Entroido, cunha formación máis ampla, composta por seis danzantes e dúas damas cada un.

A Xunta administrou o 65% das vacinas da primeira remesa enviada polo Goberno central

A Xunta de Galicia vacinou, ata o 5 de xaneiro, coas primeiras 18.500 dose, a algo máis de 12.000 persoas de 152 centros sociosanitarios, cumprindo o plan elaborado pola Consellería de Sanidade, segundo o cal, cada semana vacinaranse ao redor de 12.200 persoas, aínda que non se descarta vacinar a máis, se se garante a chegada comprometida polo Ministerio de Sanidade.

Ata o de agora, a Xunta recibiu 37.500 dose, das que 18.550 pertencen á última remesa que chegou o pasado luns, día 4 de xaneiro. Hoxe martes está previsto vacinar a 4.715 persoas máis. Non púidose administrar ata hoxe polo tempo para adecuar a temperatura.

A previsión é finalizar a vacinación da primeira dose a mediados deste mes de xaneiro.

O departamento sanitario galego mantén, polo de agora, unha reserva dun terzo das vacinas por se se produce unha rotura do stock, para garantir a administración da segunda dose.

O Servizo Galego de Saúde quere agradecer o excelente traballo dos equipos de vacinación. Persoal de enfermería que está a traballar cunha gran profesionalidade e unha actitude impecable.

O Club Natación Ponteareas proclámase campión galego na clasificación conxunta

O campionato galego de natación de inverno, en piscina de 25 metros, chegou co comezo de ano e disputouse do 3 ao 5 de xaneiro de 2021. Como en todas as competicións que se celebran actualmente, estableceuse un protocolo fronte á Covid-19 que obrigaba a que se celebrase sen a presenza de público.

Para limitar aínda máis o aforo de participantes, os equipos femininos competiron nas 3 primeiras sesións mentres que os masculinos fixérono nas 3 últimas. A federación galega emitiu o evento en directo a través de youtube.

O Club Natación Ponteareas alzouse co título de campión galego na clasificación conxunta. Na categoría masculina, o título foi para o CN Arzúa (sendo o equipo de Ponteareas o 6º clasificado) e na categoría feminina o título foi a parar a mans do C Náutico de Vigo (sendo subcampión o CN Ponteareas).

O director técnico do club do condado, Andrés Carrera, mostrouse moi satisfeito por este campionato autonómico, sobre todo pola actitude positiva de todos os integrantes do equipo. Durante os tres días, segundo relata Carrera: “brillou un colectivo sobre as individualidades e iso faime estar moi satisfeito porque os nadadores e nadadoras viñeron a Pontevedra a bater as súas mellores marcas persoais nunha das probas máis importantes da tempada, isto demostra que teñen talento e mentalidade gañadora”.

É de destacar, por exemplo, que por primeira vez un equipo de substitución masculina (4×200 libres) subise ao podio, cun bronce. Tamén por primeira vez o equipo feminino conseguía que todas as súas substitucións (4×50 libres, 4×100 libres, 4×200 libres, 4×50 estilos, e 4×100 estilos) subisen ao podio situándose entre os tres primeiros clubs clasificados.

No aspecto individual, destacamos tamén as medallas de ouro e o título de campioa galega de Sofía Carballo en 50, 100 e 200 braza e Carla Faro nos 100 estilos e o título de campión galego e medalla de ouro de Pablo Cabana na 200 Bolboreta.

Para o deporte en xeral, e para a natación en particular, é unha gran noticia que se implementaron medidas e protocolos adaptados ao contexto marcado pola Covid-19, que funcionen e que permitan desenvolver a actividade dos clubs.

Desde o club, queren dar o parabén á Federación galega de natación e ao Club Natación Galaico, como organizadores impecables desta cita, así como aos clubs gañadores (Arzúa e Vigo) na clasificación masculina/feminina, e por suposto mostrar o orgullo por este título de campións por equipos do CN Ponteareas que fai albergar esperanzas para futuras citas, autonómicas e nacionais. Parabén a todos!

[su_image_carousel source=”media: 28183,28181,28185″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Aumentan de maneira exponencial o número exponencial de casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.700, deles 1.470 son da área da Coruña, 619 da de Lugo, 764 da de Ourense, 735 da de Pontevedra, 1.260 da área de Vigo, 1.453 da de Santiago, e 399 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 362 en unidades de hospitalización e 6.281 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 58.303 persoas curadas, rexistrándose 1.431 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.153.347. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións. Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Os Reis Magos visitaron A Guarda

0

A programación do Nadal 2020-21 chegou ao seu fin na Guarda coa visita dos Reis Magos que o pasado martes día 5 de xaneiro fixeron un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída tivo lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos foron recibidos polo Alcalde da Guarda e partiron en tres vehículos clásicos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.

Os Reis Magos visitaron a Guarda co desexo de facerse ver polos nenos da vila sen pór en risco a saúde de nenos nin de maiores, polo que propuxeron un itinerario que percorreu os barrios e parroquias do municipio.

O entramado urbano, así como a limitación de tempo, non permitíu chegar a todas as rúas, na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que se propuxo un itinerario longo que priorizou as longas avenidas e sobretodo permitíua chegar ata os diferentes lugares máis distantes do centro.

Foron moitos os veciños que agardaron nas súas vivendas para sentir a chegada dos Reis dende as xanelas, outros decidiron achegarse ás grandes avenidas gardando a distancia de seguridade (2m.) entre grupos de convivintes.

Os Reis fixeron o percorrido en coches descapotables, para ser así visibles, non en carroza polo que o percorrido foi mais áxil e rápido que nunha Cabalgata tradicional, percorrendo uns 22km en total.

Dende o concello recordase que unha vez rematadas as datas do Nadal, todos aqueles que non desexen conservar as luces repartidas nos centros educativos as poderán depositar nos contedores de residuos eléctricos ubicados no primeiro andar da Praza de Abastos da localidade, para ser reutilizados pola empresa que os fabricou.

O Concello de Nigrán abre o prazo ao sector hostaleiro e taxista para solicitar as primeiras axudas directas municipais da comarca

0

O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata o 17 de febreiro o prazo para que taxistas e sector hostaleiro do municipio afectado polo peche sanitario de novembro poidan solicitar as primeiras axudas municipais da comarca. O Concello destina a este fin 120.000 € do remanente de Tesourería para establecer subvencións directas de entre 1.115 € e 1.080 € aos autónomos do sector e 750 € aos desempregados sen ningún tipo de prestación. A cantidade da subvención finalmente incrementouse sobre o acordado inicialmente para incluír tamén a bonificación na hostalaría do recibo trimestral da auga e a parte proporcional do lixo (un mes) e, no sector do taxi, a axuda será de 70 € para compensar o 75% do imposto de Rodaxe. Igualmente, para os desempregados da restauración sen dereito a ningún tipo de prestación establécense 750 €, sendo Nigrán a primeira administración en ter en conta a situación das persoas contratadas por conta allea.

Os interesados poden consultar as bases na sede electrónica do Concello de Nigrán (a través da web www.nigran.es) e presentar as solicitudes no Rexistro (electrónico ou presencial) incluíndo toda a documentación requirida e os formularios anexos cubertos.

“Tramitamos estas bases en tempo record e as levamos ao pleno de Decembro sen agardar aos informes do interventor para poder acelerar ao máximo o pago aos hostaleiros, asumimos esa responsabilidade legal que vai implícita porque somos consicientes da urxencia. A situación é complicadísima, a Xunta foi quen decretou o peche e non vou a entrar en críticas, pero desde o goberno local non pechamos os ollos á realidade e tomamos a iniciativa de aprobar as primeiras axudas da comarca e sen esquecer aos desempregados sen prestación”, destaca González.

Así, segundo se contempla, as persoas beneficiarias son os autónomos do sector afectados pola orde de peche derivado das limitacións decretadas desde a Consellería de Sanidade o 4 de novembro (empadroados no municipio e titulares dun negocio no mesmo) e traballadores por conta allea sen dereito a ningún outro tipo de prestación (empadroados en Nigrán e que traballaran no sector un mínimo de 15 días antes da obriga de peche ao público, independientemente de que o establecemento non estea situado no municipio). No caso dos autónomos a axuda é compatible con calquera outra que establezan as distintas administracións co compromiso adquirido de permanecer abertos un mínimo de 3 meses despois de serlle outorgada  e, no caso de desempregados  do sector sen ingresos, o compromiso é o de busca activa de emprego.

As subvencións resolveranse por concorrencia non competitiva, é dicir, ata esgotamento de fondos por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas, puidendo ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles se é preciso. “Non quedará ninguén fora, todo o que cumpra os requirimentos mínimos percibirá unha axuda”, finaliza o alcalde.

Máis axudas

A maiores, o propio rexedor confirma que manterá para o ano 2021 a bonificación do 75% da taxa por terrazas (máximo permitido por lei) e, adicionalmente, continuará co servizo de reparto gratuíto para os hostaleiros, medida que tomou con gran éxito o goberno local tras o peche decretado o 4 de novembro. A maiores, o Concello creou neste Nadal un plan de apoio a artistas locais mediante a súa contratación para dinamizar o comercio de proximidade e animar as festas.

O Concello de Tomiño agradece a xenerosidade da veciñanza pola alta participación no cribado

0

Como medida para afrontar a alta incidencia que o municipio viña presentando durante as últimas semanas nunha tendencia ascendente, o Concello de Tomiño propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR. O pasado 30 de decembro habilitou un formulario na páxina web municipal para que se inscribisen aqueles que estivesen interesados en colaborar e tan só dous días despois de publicalo completáronse as 2.500 prazas dispoñibles.

Nun primeiro momento intentouse que este cribado se fixese no propio municipio, pero debido á falta de persoal e a unha complexidade loxística que retrasaría bastante o inicio do mesmo, optouse por facelo no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Tomando como referencia cribados realizados noutros municipios, onde a asistencia non foi voluntaria senón que os propios centros de saúde se encargaban de citar aos cidadáns, o Sergas agardaba unha participación moi baixa, polo que a cifra de 2.500 inscritos foi toda unha sorpresa.

“Desde o Concello de Tomiño queremos agradecer enormemente a mostra de xenerosidade e civismo amosada polos veciños e veciñas, que mostraron ser un exemplo na empatía cos demais axudando a frear un problema que durante as últimas semanas está afectando tanto ao noso municipio. Foi moi emotivo ver como todo o mundo se afanou nesta cuestión”, comenta a rexedora Sandra González.

Durante a última semana xa realizaron a proba a maior parte dos inscritos, polo que é previsible que o cribado finalice nos próximos días. Espérase que esta medida sirva para identificar a positivos asintomáticos dos que non se tiña constancia, axudando así a reducir a propagación do virus.

Ponteareas aproba o orzamento para o 2021 que supera os 18 millóns de euros

O concello de Ponteareas, no Pleno ordinario do mes de decembro celebrado o martes 29, vén de aprobar coa ampla maioría que conforma o goberno municipal de BNG-PSOE, 12 de 21 concelleiros, o orzamento para o exercicio 2021, despois de rexeitar as alegacións presentadas en base ao informe de intervención. Os partidos da oposición, PP e ACIP, cun total de 9 concelleiras/os votaron en contra.

O goberno do BNG e do PSOE aprobou así o orzamento do Concello para 2021 que suma un total de 18,3 millóns de euros. Un orzamento municipal no que destacan as partidas destinadas a políticas sociais, con máis de 3 millóns de euros, os investimentos destinados a infraestruturas básicas como o saneamento e as actuacións de mellora da eficiencia enexética nos edificios públicos que suman case 4 millóns de euros.

Son uns orzamentos “equilibrados” para atender as necesidades cambiantes que pode provocar a crise da Covid-19 e que permitirán atender “con solvencia” todos os servizos básicos e acometer novos investimentos pero sen pór en risco a situación económica do Concello. O orzamento para 2021 conta cun informe de intervención que reflexa que a proposta de orzamento conta cun “aforro neto” de 1.565.962,86 euros e salienta o

criterio de prudencia utilizado á hora de calcular os ingresos, sendo coincidente coa formulación requerida pola Intervención Xeral do Estado de estimar os ingresos en termos de recadación.

O importe da débeda destinada en exclusiva a investimentos está moi por debaixo do límite legal, tendo o Concello marxe de endebedamento de varios millóns de euros, se no futuro fose preciso para novos investimentos ou para necesidades puntuais de adiantar investimentos mentres non se reciben fondos doutras administracións, principalmente de fondos europeos. “Unha situación que non se deu noutras épocas e que é o resultado da xestión económica realizada nos últimos cinco anos” afirmou o alcalde, Xosé Represas.

Chus Garrote salientou as axudas e subvencións para os colectivos máis desfavorecidos, a partida destinada duplícase con respecto a 2019, último exercicio anterior ao COVID, pasando dos 117.000 euros destinados á axudas de emerxencia social ao 234.000 que figuran nas previsións do capítulo 4 de subvencións en benestar social para o 2021.

O alcalde tamén se referíu ás áreas de Benestar Social que se incrementaron en 1,3 millóns de euros en 5 anos, pasaron de 1.990.000 euros en 2015 aos 3.310.953,14 € na previsión para 2021, “un 66% máis que en 2015, un exemplo claro da aposta deste goberno polas políticas de benestar, destinando os recursos necesarios para quén máis o necesita”.

Dende o goberno municipal defenderon a xestión económica realizada nos últimos cinco anos que marca un antes e un despois na economía municipal, representando estes anos os mellores da historia económica do Concello. “Cúmprese co obxetivo de débeda e de estabilidade, así como a regra de gasto sen comprometer a sostenibilidade financeira”.

O alcalde Xosé Represas lembroulle ao Partido Popular que “tan só seis anos antes, no ano 2014, o remanente de tesourería arroxaba a cifra de máis de cinco millóns de euros negativos”.

“O Concello logrou sentar as bases da recuperación económica para moitos anos. Falamos dun cambio económico no que pasamos da ruína e a quebra do Concello na que o Partido Popular deixou o Concello en 2015 á estabilidade, recuperación e investimento”. Ponteareas é agora o Concello de Galicia, que en proporción ao orzamento e ao número de habitantes, realiza un maior investimento público. Así o recolle no seu informe a federación da construcción.

O alcalde indicou que “por desgraza” aínda hoxe nos vemos obrigados a pagar os “despilfarros” de anteriores gobernos do PP. Así recentemente, o Concello destinou máis de 27.000 euros a pagar unha condena xudicial por intereses de demora dunha obra de 2006 que o goberno do PP non pagou. Un caso que non é único pois, con anterioridade, desta mesma obra xa se pagaran máis intereses de demora.

O Pleno rexeitou as dúas alegacións presentadas, tomando como base o informe de intervención que conclúe que non procede estimar as alegacións, posto que non están baseadas en ningunha das causas previstas legalmente, o informe tamén indica que a documentación do expediente do orzamento municipal para o ano 2021 estaba completa e contaba cos informes precisos para a súa aprobación e que, en todo o momento, se cumpriron os trámites esixidos pola lexislación aplicable e conta cos informes necesarios para a súa aprobación. En canto ás dotacións orzamentarias, considera que son suficientes para dar correcto cumprimento a todas as obrigas esixíbeis e compromisos contractuais en vigor.

Por último, Represas indicou que Ponteareas está ao día de todas as obrigas legais con entidades supramunicipais encargadas do control das contas do Concello, demostrando así “a absoluta transparencia da xestión económica da economía local”.

O Concello de Tui homenaxea a Evaristo Rodríguez que se xubila logo de 30 anos no departamento de Vías e Obras

0

Na xornada onte xubilouse o traballador do Concello de Tui Evaristo Rodríguez Castiñeira, despois de 30 anos de servizo no departamento de Vías e Obras. No salón de Plenos do Concello realizouse un sinxelo acto de homenaxe e despedida no que participaron membros do equipo de Goberno, dos grupos políticos presentes na corporación municipal e compañeiros de traballo.

O PSdeG asegura “a rebaixa histórica” na peaxe da AP-9 no 2021 cos Orzamentos Xerais do Estado

O coordinador dos deputados do PSdeG, Guillermo Meijón, asegurou onte que as peaxes da AP-9 experimentarán ao longo deste ano “unha rebaixa histórica” a través dos máis de 63 millóns de euros que incorporan os orzamentos xerais do Estado

“A pesares da irresponsabilidade do BNG e do PP de votar en contra dos orzamentos, o goberno presidido por Pedro Sánchez cumprirá con Galicia na rebaixa das peaxes”, garantiu Meijón, antes de subliñar que o goberno de España está traballando para que a incorporación desas rebaixas e bonificacións se faga realidade “no menor tempo posible de acordo aos prazos legais e necesarios”.

“Cónstanos que o ministerio de Transportes está traballando coa concesionaria nos pasos necesarios para facer efectivos eses descontos”, destacou o deputado pontevedrés, logo de que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desvelase que requiriu ao ministro Ábalos que as rebaixas entraran en vigor “o antes posible”.

Ademais, Guillermo Meijón recalcou que esas rebaixas “son froito do compromiso do socialismo galego, que asumiu resolver parte do agravio de Galicia coas peaxes da AP-9 en cordinación co goberno” e non do BNG, a única forza progresista de toda España que votou en contra dos orzamentos do Estado. “Sen orzamentos, o non habería rebaixa das peaxes, e o BNG quedou fóra de xogo ante unha medida histórica e necesaria para Galicia”.

Medio Ambiente investirá preto de 200.000 euros nas obras de mellora do parque público de Maceira, Covelo

0

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda adxudicou por un importe de 190.575,00 euros, IVE incluído, a obra de mellora do parque público de Maceira, no Concello de Covelo (Pontevedra). O obxecto do contrato é intervir neste parque para evitar a súa perda de protagonismo e dotalo dunha configuración máis actual, accesible e humanizada, de forma que resulte máis atractivo e se poña en valor como espazo de convivencia para toda a veciñanza.

O parque está delimitado perimetralmente polas estradas autonómicas PO-255 y PO-261 e por un edificio municipal no que se localiza unha sucursal de correos e a casa cultural de Mosteiro. Esta zona leva moitos anos sen ser obxecto de ningún tipo de intervención integral polo que presenta unha composición espacial e un mobiliario bastante anticuados e con acabados que, en xeral, teñen un regular estado de conservación. Do mesmo xeito, os percorridos entre as distintas plataformas están resoltos mediante escaleiras, o que imposibilita a existencia duns itinerarios minimamente accesibles.

A intervención prevista neste espazo público, que comezará neste mes de xaneiro, aspira a convertelo nun ámbito atractivo que se converta nun espazo de convivencia, encontro e esparexemento dos veciños e se integre plenamente coa contorna, a través do emprego de materiais e acabados xa utilizados noutras intervencións no eido rural do municipio.

Os traballos previstos no contrato contan cun prazo de execución estimado de tres meses e foron adxudicados á empresa Rocas Graníticas do Condado. Concretamente, a intervención incluirá a creación de recorridos accesibles entre as distintas plataformas do parque, comunicando a zona inferior na que se localiza a área infantil, co resto de plataformas e viarios perimetrais mediante ramplas accesibles.

Do mesmo xeito, o proxecto busca potenciar o uso da zona intermedia e superior como lugar

de encontro da veciñanza, para o cal se dotará de mobiliario actualizado e materiais con acabados suaves e naturais (especialmente nos pavimentos e muros). Por último, dotarase ai parque de alumeado led con iluminación indirecta nas zonas de estancia e mediante proxectores na parte inferior, modificando e ampliando a existente.

Intervención enmarcada no Plan Hurbe

A intervención sobre o parque de Maceira foi froito dun convenio de colaboración asinado o pasado 30 de xuño entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Covelo, no marco do chamado Plan Hurbe. En virtude deste acordo, ambas partes se comprometeron a cofinanciar as obras necesarias para acometer a mellora e modernización do parque público de Maceira.

Cómpre lembrar que a Xunta puxo en marcha este programa no ano 2010 para contribuír á posta en valor das vilas galegas e dos núcleos rurais a través da colaboración cos concellos na execución de diversos tipos de actuacións orientadas a frear o despoboamento, a potenciar as infraestruturas, servizos e equipamentos públicos e, en definitiva, a mellorar o benestar e a calidade de vida dos seus habitantes.

Na última década e con cargo ao Plan Hurbe, a Consellería de Medio Ambiente ten executado ou comprometido un total de 317 actuacións urbanísticas en decenas concellos galegos, actuacións coas que se mobilizarán 148,96 millóns de euros. Este esforzo tamén terá continuidade no ano 2021, durante o cal a Xunta convocará unha orde de axudas bianual dotada con 2,3 millóns de euros -1,3 millóns para este ano- destinados á creación ou mellora de infraestruturas municipais en concellos de menos de 50.000 habitantes, en liña cos obxectivos de dinamización social e humanización fixados polo devandito programa.

Os Servizos Sociais de Tui distribuíron este Nadal os alimentos recollidos a cambio de libros na Biblioteca Municipal

0

Os libros transformáronse durante este Nadal en alimentos no mercadiño solidario organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Tui en favor dos Servizos Sociais Municipais. Os libros destinados ao expurgo conformaron un mercadillo no que a veciñanza podía escoller aqueles exemplares do seu interese e cambialos por produtos de Nadal e alimentos non perecedoiros.

A acollida brindada polos veciños e veciñas de Tui superou as expectativas iniciais da campaña. Persoal do departamento de Servizos Sociais recolleu estes alimentos e posteriormente os distribuíu entre as familias as que presta axuda, contribuíndo deste xeito a que seu Nadal fose tamén máis doce.

O Concello de Tui quixo agradecer “a colaboración da veciñanza así como a do persoal da Biblioteca Municipal”.

Os Reis Magos percorreron o concello da A Guarda para encher de ilusión aos nenos e nenas nos seus barrios e parroquias

0

Onte martes día 5 de xaneiro os Reis Magos visitaron a Guarda facendo un percorrido que os levou polas distintas prazas e rúas e, posteriormente por todos os barrios e parroquias. A comitiva real saía ás 17:30 h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos eran recibidos polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba e, dende aí, partiron en tres vehículos antigos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.

Os Reis Magos á súa chegada á Guarda expresaron o seu desexo de facerse ver polos pequenos e pequenas da vila sen pór en risco a súa saúde, polo que propuxeron un itinerario que percorreu os barrios e parroquias do municipio.

O entramado urbano, así como a limitación de tempo, non permitiu chegar a todas as rúas, na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que propuxo un itinerario longo que prorizou as longas avenidas e sobretodo permitiu chegar ata os diferentes lugares máis distantes do centro

[su_image_carousel source=”media: 28148,28147,28146,28145,28144,28143,28142,28141,28140,28139″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A veciñanza agardou nas súas vivendas a chegada dos Reis e só naqueles casos nos que a comitiva non pasaba preto e non se miraba dende a xanela, achegaronse ás grandes avenidas gardando sempre a distancia de seguridade.

Os Reis fixeron o percorrido en coches descapotables, para ser así visibles, non en carroza polo que a cabalgata foi máis áxil e rápida que as tradicionais.

Antonio Lomba recordou cun vídeo (https://youtu.be/utQiJDMijUI) a todos os nenos e nenas da vila, que as luces que se repartiron nos colexios os guiarán dende os balcóns e ventás das vivendas da vila. Estas luces, de fabricación local, xa se repartiron polos diferentes centros educativos da vila, para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que as deixaban colocadas nas ventás esta pasada noite.

Menna, el remunerado

Hace muchos, muchos años, cuatro magos orientales descubrieron en el firmamento una estrella nueva, cuya luz destacaba, entre todas las que la rodeaban. Era la señal que durante tanto tiempo, habían estado esperando. Por fin, el tiempo se había cumplido y el tercero de los Mesías, que según ellos, debía inclinar el combate a favor de las fuerzas del Bien, ya se encontraba de camino.

Los cuatro magos se llamaban Melchor, que significa ‘Mi rey’; Gaspar, que quiere decir ‘El que se acerca’ ; Baltasar, ‘El protegido de Dios’ y finalmente Menna, ‘El remunerado’. Este último procedía del país en el que nace el sol y era el más rico y sabio de todos elllos. Una noche, hacía ya varios meses, había visto la estrella por primera vez. Lo primero que hizo fué cerciorarse de su descubrimiento; lo segundo enviar mensajeros anunciando el descubrimiento, a sus amigos Melchor, Gaspar y Baltasar. Después de eso, organizó el gobierno de su reino, lo mejor que supo, preparó una caravana cargada de tesoros, medicinas y provisiones, y partió, dispuesto a no volver, hasta haber conocido al Enviado.

Pero Menna, no sólo era el más rico y sabio de los cuatro magos, –sus conocimientos de medicina, física y astronomía eran legendarios– sino también, él que poseía un alma más pura y generosa. Así, que mientras sus tres compañeros forzaban a los camellos, hasta el límite de sus fuerzas, para llegar cuanto antes a su destino, el bueno de Menna se iba deteniendo aquí y allá, socorriendo a todos los pobres y enfermos, que le salían al paso.

De esta manera, Menna se fue quedando, más y más rezagado; tanto, que cuando Melchor, Gaspar y Baltasar ya se encontraban cerca de Belén, él aun no había divisado las montañas de Jerusalén. Cuando estaba entrando en las afueras de la ciudad, el mago vio a una niña, que sentada en el borde del camino, lloraba amargamente. Al preguntarle la causa de su desgracia, la niña respondió:

—Noble señor, mis padres han caído enfermos y mis hermanos y yo, no tenemos nada que comer. Por eso es por lo que lloro y por eso os pido, que si podeis hacerlo, me ayudéis.

Sin dudarlo un instante, Menna ordenó a su séquito que se detuviese y acto seguido, se fue con la niña, hasta la choza en que vivía. Allí encontró a los padres, ardiendo de fiebre y cubiertos de llagas y al resto de los niños, famélicos y apenas vestidos, con unos pocos harapos. Tras ordenar a su gente que repartiera ropa y alimentos, entre los pobres del lugar, Menna procedió a limpiar el cuerpo de los dos enfermos. Después de explorarlos cuidadosamente, ordenó que encendiesen fuego y empezó a preparar algunas medicinas.

La voz de que un santo había llegado a aquellas tierras, no tardó en extenderse a lo largo y ancho de Jerusalén. A la mañana siguiente, una multitud de enfermos y necesitados se concentraba a las puertas de su tienda. Menna no se inmutó, y tras reconocer a los padres de la niña y comprobar que ya se encontraban mucho mejor, se dispuso a atender, a todos los que se encontraban allí, y aun a los que iban llegando, uno por uno.

Cuando por fin salió de Jerusalén, Menna intentó apresurar el paso. Pero no pudo ser. Su noble corazón se negaba a pasar de largo, cada vez que veía a alguien, que podía necesitar de su ayuda. En las proximidades de Belén, sufrió una de las mayores desilusiones de su vida. Un mensajero de Baltasar le esperaba, para comunicarIe que no siguiera buscando al niño y saliera de allí cuanto antes. Pues Herodes estaba furioso y quería matarlos a todos, a ellos y al ‘enviado’.

Fue así, como el cuarto rey mago no pudo llegar a tiempo, para conocer al ‘Enviado’. Sin embargo, Menna no renunció a la idea que le había traído desde tan lejos, y allí mismo, en las afueras de Belén, se hizo la solemne promesa, de que no volvería a casa, hasta encontrarle. Tarde o temprano, terminaría por hacerlo.

Pasaron los años y Menna continuó repartiendo, su cada vez más menguada fortuna, entre los pobres y los necesitados. Ahora ya no le acompañaba un fastuoso cortejo. ¿Para que? Sus pertenencias eran tan escasas, que podía llevarlas el mismo. El ‘mesías’ continuaba sin aparecer. Pero aun así, su ánimo, no decayó ni un instante.

Una tarde, el sabio descansaba a la sombra de un olivo. Cuando de pronto, una luz más brillante que el sol apareció ante él y le dijo:

—Marcha a Jerusalén. Busca a María, la madre del ‘rey’ y ella te conducirá hasta donde se encuentra.

El ya viejo y pobre mago, así lo hizo. Una vez en la ciudad, consiguió encontrar a María, muy cerca del mercado. La siguió y tras una larga caminata, terminaron desembocando en la explanada del Templo. Allí, un niño de apenas 10 años, hablaba sobre las profecías y el Juicio Final, y dejaba asombrados a los sacerdotes, ante la sencillez y sabiduría de sus respuestas.

Al terminar de hablar, el niño se acerco hasta Menna y cogiéndole de las dos manos le dijo:

—Tu me has estado buscando durante muchos años y yo te he estado esperando para decirte, que todo lo que hiciste con esos pobres y enfermos, también lo hiciste conmigo.

Así que Menna escuchó esto, sintió un escalofrío que le recorría de los pies a la cabeza. Tuvo muy claro, que todas las penalidades sufridas, todos aquellos años lejos de su país, habían merecido la pena. Por fin podía morir en paz. El mago miró aquellos ojos azules y dulces del niñó y no pudo evitar, que dos lágrimas rodaran por sus mejillas. Emocionado como estaba, Menna no sabía que hacer. Finalmente, sus viejas y temblorosas manos, extrajeron del fondo de su túnica, la última moneda de su fabuloso tesoro y sin dudarlo un instante, se la ofreció al niño. Este, la tomo entre sus manos y tras observarla detenidamente, levantó la mirada hacia el anciano mago y le dijo:

—Tu nombre es Menna, que significa ‘El Remunerado’. Cierto que no eres rey, ni el que se acerca, ni mucho menos, el protegido de Dios. Pero en verdad eres, el mejor de todos ellos. Por que tus compañeros se dieron mucha prisa, para ser los primeros en presentarme sus ofrendas y no dudaron en dejarte abandonado a tu suerte, reprochándote los retrasos que les ocasionabas. No fueron capaces de darse cuenta, que todo lo que hacías por esa gente, lo estabas haciendo por mi. Y por eso te digo que serás recompensado, no con una, sino con cien veces lo que diste.

Asi sea.

Os Reis Magos visitaron onte os puntos neurálxicos de cada parroquia de Nigrán en tres cabalgatas simultáneas

0

Os Reis Magos de Oriente cumprirán a súa anunciada promesa aos nenos e nenas de Nigrán multiplicando a súa visita ao municipio con tres ‘cabalgatas’ simultáneas só posibles grazas a súa maxia e á colaboración das entidades veciñais e culturais. Deste xeito, a comitiva real ao completo visitará ao longo do día 5 un punto neurálxico de cada parroquia co obxectivo de evitar concentracións e cumplir estrictamente co protocolo sanitario. O Concello repite así mesma filosofía levada a cabo coa programación cultural para a infancia.

“Desde o Concello pedimos con moita antelación este esforzo aos Reis Magos e non o dubidaron, son conscientes do duro que foi este ano para os nenos e nenas de Nigrán e sempre tiveron claro que non ían a faltar, eles mesmo me transmitíron que veñen con máis ganas que nunca. Agora o obxectivo é que cada crianza os reciba sen desprazarse da súa parroquia para evitar aglomeracións”, sinala Juan González, alcalde de Nigrán, quen avanza que virán con algún día de antelación ao municipio para axudar nos preparativos e seremos testigos delo a través dun vídeo que se estreará este domingo en redes sociais do Concello.

Os Reis Magos conversan cos nenos e nenas en Chandebrito

Neste novo formato con protocolo anticovid cada neno e nena puido ver como os tres Reis chegaban camiñando a súa parroquia para despois, xa sentados nos seus tronos, poder falar persoalmente con eles mantendo sempre a distancia de seguridade e recibindo ademais do Paxe Real un paquete individual de caramelos e chuches (viñan cargados de 700 kg, todos aptos para celiacos). O Concello recomendaba o uso de máscara incluso no caso dos menores de 6 anos para anular calquera posible risco.

A ausencia de choiva axudou que todos os actos puideran celebrarse en exterior. A comitiva comezaba a xornada en Chandebrito ás 12:00 horas para camiñar desde a rúa Laxes á Asociación de Veciños. Pola tarde estiveron simultáneamente ás 17:00 horas no Torreiro de San Roque de Camos, en Parada na Praza da Igrexa e en Priegue no Torreiro. Na quenda das 19:00 horas, estiveron simultáneamente na Praza do Concello de Nigrán, na Ramallosa no Parque da Feira e en Panxón no inicio do Paseo Marítimo.

O Pleno de Ponteareas aproba por unanimidade a adhesión do Concello ao Eixo Atlántico

A Corporación de Ponteareas vén de aprobar no último Pleno do ano, celebrado o pasado martes, a adhesión do Concello ao Eixo Atlántico, entidade que promove a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. O Concello xa solicitara formar parte da asemblea do Eixo Atlántico, que reúne a cerca de 40 municipios. A proposta do goberno BNG-PSOE foi aprobada por unanimidade recibindo tamén o apoio do PP e do grupo independente ACIP.

O goberno municipal mostrou a súa satisfacción polo apoio recibido para esta integración que consideran que vai a resultar moi positiva para o futuro de Ponteareas.

O Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular, unha asociación transfronteiriza, integrada polas principais cidades da Galiza e da rexión norte de Portugal, naceu en 1992 e ten actualmente 38 membros. Promove, entre outros aspectos, o desenvolvemento e a cohesión económica, social e cultural das cidades que conforman a asociación. As atividades do Eixo Atlántico agrúpanse en catro grandes grupos temáticos: turismo, cultura e educación, deporte e sustentabilidade.

Plan estratéxico do Eixo Atlântico para a recuperación frente á pandemia

O Goberno de Ponteareas considera que a adhesión se produce nun intre crucial, pois o Eixo Atlántico definíu un plan estratéxico para a recuperación fronte á pandemia. As súas liñas de actuación van dirixidas á revitalización económica, a transición dixital, a transición verde, a cohesión social e a cultura. “Coa nosa presenza no Eixo Atlántico, Ponteareas poderá participar activamente no deseño de novas políticas e nas propostas que dende a asociación se trasladarán ao Goberno do Estado para definir o destino dos fondos de reconstrución da Unión Europea”, salientou o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas.

Galicia rexistra un total de 5.991 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.991, deles 1.224 son da área da Coruña, 531 da de Lugo, 688 da de Ourense, 751 da de Pontevedra, 1.113 da área de Vigo, 1.336 da de Santiago, e 348 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 56 están en UCI, 342 en unidades de hospitalización e 5.593 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 57.660 persoas curadas, rexistrándose 1.421 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.137.651.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

O Concello de Nigrán pecha a programación de Nadal mañá mércores co concerto de ‘Xardín Desordenado’

0

O Concello de Nigrán ofrece como colofón final á programación cultural de Nadal o concerto de Xardín Desordenado mañá 6 de xaneiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal con entrada limitada ao aforo sanitario.

Trátase dunha banda viguesa de músicos de distintas orixes pero co jazz como punto común, adicándose a musicar poetas galegos baixo ritmos desde o swing e blues ata a bossa nova e o bolero. Nesta ocasión desenvolverán un concerto homenaxe a Carvalho Calero, o autor ao que se lle adicou o Día dás Letras Galegas 2020 (o concerto estaba previsto para o maio e despois outubro pero foi suspendido en ambos casos por mor das restricións sanitarias).

Os asistentes poderán gozar de poemas dos seus libros “Futuro condicional”, “Cantigas de amigo e outros poemas” e “Reticéncias”, ademais, o espectáculo complétase con poemas de escritores que tamén foron designados para o Día das Letras Gallegas noutras edicións.

Os Reis Magos agradecen o esforzo dos nenos e nenas de Tomiño a través dun vídeo

0

A complicada situación que atravesa o concello en relación á pandemia da Covid-19 fixo que por motivos de seguridade se tomase a decisión de suspender a tradicional cabalgata de reis. Non obstante, as súas maxestades de Oriente non quixeron esquecerse dos nenos e nenas de Tomiño.

A través dun vídeo da súa visita a Tomiño, quixeron agradecer aos cativos o seu esforzo e valentía nun ano especialmente duro para todos eles, unha actitude exemplar que merece ser recompensada con moreas de agasallos cos que viñeron cargados. Na súa visita real ao concello, ao que chegaron en barco a través do río Miño, estiveron coa alcaldesa Sandra González e visitaron áreas como o Espazo Fortaleza, a Casa do Concello ou o Mercado de Tomiño, onde aproveitaron para comprar produtos locais de calidade, como adoitan facer todos os anos.

Durante os últimos días, os nenos e nenas do municipio tamén recibiron nas súas casas unha postal das súas maxestades de Oriente. Na misiva, os reis lamentan que este ano non poidan desfilar e repartir caramelos e agasallos polas rúas de Tomiño, pero felicitan a valentía e fortaleza dos máis pequenos. Perante a súa visita na noite de reis, solicitan aos máis pequenos que lles deixen máscaras e xeles hidroalcohólicos nun cuarto ventilado, e aseguran que os agasallos veñen desinfectados, polo que non hai nada do que preocuparse.

O vídeo está dispoñible na seguinte ligazón.

Gondomar preparado para recibir aos Reis Magos e celebrar unha cabalgata moi especial

0

Todo preparado en Gondomar para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que, a pesar das circunstancias que estamos a vivir, non quixeron deixar de pasar polo municipio e participar nunha cabalgata algo diferente pero igual de especial que a doutros anos: unha cabalgata estática na que serán os pequenos os que, seguindo un camiño marcado, achéguense ata eles para saudalos e recibir os seus caramelos.

A cabalgata arrincará á 17.00 horas da tarde de hoxe martes 5 de xaneiro coa recepción oficial de Gaspar, Melchor e Baltasar no concello de Gondomar por parte do alcalde, Paco Ferreira, e integrantes do seu equipo de goberno. Posteriormente sairán ao balcón da Casa Consistorial para saudar aos pequenos e pequenas, e as familias alí reunidas.

Una vez nos seus tronos, dispostos no interior da carpa da Praza Paradela, recibirán a cativada que poderán pasar ante eles e saudalos, e lembrarlles que agasallos esperan baixo a árbore esa noite.

Un dispositivo de máis de unha vintena de persoas, entre efectivos de Protección Civil, Garda Civil, Policía Local e voluntarios, vixiará o correcto desenvolvemento do evento que terá como punto de partida a esquina da Avenida Elduayen coa Praza Paradela en sentido descendente. Todo percorrido estará valado e no chan marcaranse con tiras de espera á distancia de seguridade que debe manterse. Tras saudar aos Reyes, a carpa abandonarase polo lado contrario da entrada dirección ao palco de música.

Para a ocasión disporase de 150 quilos de caramelos que se repartirán en bolsas individuais e pechadas aos nenos e nenas que mentres esperan a súa quenda poderán gozar dos seres máxicos que comporán este ano a cabalgata como son a Raíña da Neve, un Oso Polar ou fadas, así como divertirse cos simpáticos trasgos e as súas bromas.

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, lembra que “aínda que diferente quixemos que o Nadal mantivese a ilusión e maxia que sempre ten no noso municipio” e por iso adaptamos “as actividades á situación que vivimos, compaxinando a seguridade da nosa veciñanza coa posibilidade de vivir o mellor posible o Nadal”.

Entre esas iniciativas, pensadas principalmente para os máis pequenos, destaca a plataforma dixital que permitiu que máis de 700 nenos recibiran unha videochamada persoal nas súas casas dalgunha das súas maxestades, xerando momentos de sorpresas, risas e moita ilusión nas familias, e facendo máis sinxela a espera da noite do 5 de xaneiro.

A Deputación acompaña aos concellos na adaptación das súas normativas sobre residuos coa edición dunha guía sobre xestión do ‘lixo electrónico’

Os 61 concellos da provincia, así como as cámaras municipais do norte de Portugal xa dispoñen dunha ordenanza guía sobre xestión integral dos Residuos Eléctricos e Electrónicos (RAEE) que vén de publicar a Deputación de Pontevedra. O documento está colgado do portal web do proxecto europeo ESTRAEE e consiste nunha completa proposta que permitirá aos entes locais que o desexen adaptar as súas normativas municipais sobre residuos para o tratamento dun tipo específico de lixo extremadamente contaminante e cada vez máis presente.

O modelo de ordenanza debulla, ao longo de 31 páxinas a importancia de tratar adecuadamente este tipo de residuos, que en España medran ao ritmo dun 12% ao ano e cuxa xestión está regulada por unha directiva europea dende 2012 e un real decreto en España dende 2015. Precisamente, a Deputación decidiu impulsar o proxecto transfronteirizo Estraee, financiado con fondos Interreg, dentro do programa Poctep, cun orzamento total de 2.145.000 euros, para impulsar o cumprimento deste marco legal na nosa provincia. O primeiro froito do programa foi a reconversión de nove puntos limpos que dan servizo a 11 concellos (Vilagarcía de Arousa, Meaño, A Lama, Silleda, Ponteareas, A Guarda, Gondomar, Nigrán e o da Mancomunidade do Morrazo, que atende a Cangas, Bueu e Moaña).

A ordenanza, que está dispoñible no enderezo www.estraee.depo.gal/areas, aclara que deben considerarse como RAEE tódolos aparellos de aire acondicionado, monitores, lámpadas, tubos fluorescentes, grandes aparellos informáticos de informática, telecomunicacións, luminarias, reprodución de son ou imaxe, equipos de música, ferramentas eléctricas, xoguetes, equipos de lecer, produtos sanitarios, equipos de vixilancia e control, máquinas expendedoras, equipos de xeración eléctrica, pequenos equipos de informática, paneis fotovoltaicos de máis de 50 centímetros e, por suposto, pilas e teléfonos móbiles.

O texto incide especialmente na prevención para reducir a cantidade de lixo eléctrico e electrónico e fixa os criterios de adaptación dos puntos limpos municipais para a súa conversión en ecocentros adaptados á xestión integral deste tipo de residuos dentro dos principios de economía circular. Deste xeito deberán contar con báscula, catro gaiolas acumulables, catro contedores, dez palés, estantes metálicos, sistema de control de acceso, impresora de etiquetas, equipo informático, soleira en formigón e instalación eléctrica. Ademais deberán separar os fluxos segundo o tipo de RAEE. Ademais deberán contar cun rexistro de entrada na que serán anotadas tódalas operacións de entrada. En canto ás cantidades máximas que se poden depositar por persoa e visita establécense unhas marxes, segundo a tipoloxía de RAEE.

Con todo, o modelo de ordenanza tamén deixa claro que as empresas distribuidoras de RAEE deberán aceptar obrigadamente a entrega do material equivalente ao adquirido cada vez que se produza unha venda. O equipo vello mesmo poderá entregarse noutro momento, dando un prazo á persoa compradora que non poderá ser inferior a 30 días naturais. Este tipo de establecementos, cando teñan máis de 400 metros de superficie expositiva, deberán ter prevista a recollida nos seus puntos de venda dos RAEE máis pequenos de maneira gratuita, sen obriga de comprar outro produto.

Finalmente, a ordenanza insta ás entidades locais a fomentar a prevención para promover un uso responsable, favorecer a compra de produtos de segunda man, mellorar a recollida separada, fortalecer a inspección e control e proporcionar a máxima información ás persoas usuarias.

O Rosal adobía o seu comercio con adornos realizados polos nenos e nenas do concello

0

Nestes días de Nadal que están a piques de rematar, o comercio do Rosal vístese de gala dun xeito moi especial. Nos seus escaparates e tendas locen uns adornos de excepción, xa que foron elaborados con moito agarimo polas alumnas e alumnos dos colexios do municipio.

Durante a última semana lectiva do ano os colexios do Rosal colaboraron nesta iniciativa do Concello que agora busca contribuír a que os reis magos fagan as súas compras en clave local, nos establecementos e comercios do municipio.

[su_image_carousel source=”media: 28067,28068,28070,28071″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Debuxos, pezas xeométricas en tres dimensións, manualidades e moitos máis adornos froito da creatividade das nenas e nenos rosaleiros son o resultado desta iniciativa, que o concello distribuíu polos diferentes establecementos.

“Trátase dunha iniciativa moi bonita na que as persoas máis novas do Rosal, as nosas nenas e nenos, xa están a axudar e contribuír a mellorar o noso municipio coa súa creatividade e co seu agarimo” declaraba a alcaldesa, Ánxela Fernández, que engadía que “comprar no comercio local é moi importante sempre, pero este ano é esencial que apostemos polos comercios das nosas veciñas e veciños”

O Concello da comezo así a unha semana repleta de actividades en torno á chegada dos Reis Magos con espectáculos e percorridos polos barrios cumprindo con todas as medidas de prevención.

A Xunta concede máis de 192.000 euros a seis asociacións e dez comercios do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta para impulsar o sector

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, anunciou que o Goberno galego vén de conceder, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, 192.414€ a seis asociacións e dez comercios das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta. En concreto concédense axudas á Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (Acitui), Centro Comercial Aberto da Guarda, Adeto Tomiño, Mercado Municipal de Tomiño, Asociación Local de Comerciantes de Ponteareas e Praza de Abastos de Ponteareas para o desenvolvemento de diversos proxectos que mobilizarán 169.514 € para a promoción deste ramo.

Paralelamente, tamén se outorgaron 68.323 € en axudas a dez establecementos comerciais destas bisbarras para a execución de iniciativas de innovación, dixitalización e novas formas de comercialización que contribuirán á modernización dos seus negocios cun investimento global de 119.861 €. Entre os beneficiarios figuran catro establecementos de Tui, dous da Guarda e un de Tomiño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Crecente.

Por este motivo, Luisa Piñeiro desprazouse, xunto ao director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, ata a cidade de Tui para manter un encontro co presidente de Acitui, Juan Carlos Blanco Lorenzo, e outros representantes do colectivo, xa que é unha das entidades beneficiarias dos apoios da Xunta ao recibir unha das máximas achegas, 25.523 €, para impulsar ao sector no municipio cun investimento de 34.030 €. Esta contía orientarase a gastos de funcionamento –incluíndo medidas de protección fronte á Covid-19–, accións de dinamización comercial, como un vehículo de reparto, e campañas de fidelización como as do Venres Negro, o Nadal, o Día dos Namorados, os desfiles solidarios ou a feira de oportunidades.

Os representantes autonómicos, que visitaron a sede da asociación no centro da localidade, interesáronse polos proxectos impulsados e amosaron a súa confianza en que “sirvan, co apoio do Goberno galego, para manter unha boa actividade comercial malia os difíciles momentos actuais pola crise da Covid-19 e para colaborar cunha entidade que está a piques de cumprir o seu 25 aniversario e que rebasa o cento de asociados, que teñen a súa propia historia cada un e aos que lles queremos amosar toda a nosa proximidade e colaboración”.

“Estamos a apoiar decididamente ao comercio, porque cremos que é un sector estratéxico e fundamental tanto para Tui como para os demais municipios das bisbarras do sur de Galicia. E por iso sostemos e reafirmamos o noso compromiso con eles, xa que xeran moito emprego e riqueza, son os que dan vida ás nosas vilas e ademais, no caso do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, demostran unha gran valentía e emprendemento, xa que coas axudas recibidas pretenden impulsar investimentos por preto de 300.000 €”, detallou a delegada territorial.

Todo disposto en Redondela para recibir a visita dos Reis Magos

0

“A crise sanitaria da COVID-19 que durante o pasado ano 2020 privounos de moitas cousas, non impedirá que as nenas e nenos de Redondela poidan gozar da chegada dos Reis Magos”. Así o aseguraban a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Eventos, Marta Alonso, na presentación da programación de Nadal.

Así que, con todas as medidas de seguridade que os propios Magos de Oriente esixiron ao Concello redondelán, nenos e nenas poderán gozar dunha cabalgata estática que, pese a ser atípica, encherá aos máis pequenos e pequenas de ilusión nunha das xornadas máis ‘máxicas’ do ano.

Redondela

Os Reis Magos estarán en Redondela, no Campo da Feira, o día 5 de xaneiro en horario de 11 h a 14:30 horas e de 16 horas ao peche. Para evitar aglomeracións, haberá sinais de distanciamento entre os grupos familiares que terán dous itinerarios de entrada e un de saída. Persoal municipal engargarase de controlar, en todo momento, o aforo e o cumprimento das medidas de seguridade.

Chapela

Os Reis Magos, tamén estarán na tarde do día 5 en Chapela, na Alameda Rosalía. A súa cualidade de Magos fai posible que tamén reciban aos nenos e nenas no mesmo horario de 11 h a 14:30 horas e de 16 horas ata o peche. Ao igual que en Redondela, haberá un punto de entrada e un de saída para evitar cruces de persoas e estableceranse distancias obrigatorias entre grupo para permitir que, pequenos e pequenas, poidan poidan gozar da visita real con seguridade.

Parroquias

De cara a evitar que os nenos e nenas que viven nas diferentes parroquias de Redondela teñan que facer desprazamentos, os Reis percorrerán todas e cada unha delas para encher de ilusión esta xornada especial para cativos e cativas. Así que as súas Maxestades de Oriente visitarán Cesantes, Cedeira e Reboreda entre as 16 h e as 17:30 horas; O Viso de 17:30 h a 19 horas; Santo Estevo de Negros e Quintela de 17:30 h a 18:30 horas; Cabeiro e Saxamonde entre as 18:30 h e as 19:30 horas; Ventosela de 19 h a 20:30 horas; e, finalmente, Trasmañó e Vilar entre as 19:30 h e as 20:30 horas.

Para inspirar aos Reis Magos

Chegadas estas datas, é tradición que nesta sección dediquemoslle unhas liñas á literatura infantil e xuvenil. Por iso traemos a esta páxina tres obras doutros tantos autores e autoras que poden servir para inspirar aos Reis Magos no seu traballo. Gonzalo Navaza, Ledicia Costas e Xosé Neira Cruz, achegan propostas poéticas e narrativas para os máis pequenos da casa.

Gonzalo Navaza, «Fábulas contadas»

As fábulas son pequenos clásicos da tradición literaria; historias breves, case sempre en verso, maiormente protagonizadas por animais (que non deixan de simbolizar o comportamento dos seres humanos), e sempre agochan algún tipo de ensinanza, denuncia ou sentenza moral da que aprender. A súa valía exemplarizante e o seu enfoque satírico fixeron deste xénero algo imperecedoiro que, a pesar de ter as súas orixes na Grecia clásica, foi quen de pervivir a través dos séculos até os nosos días. A proba máis clara e máis actual é este libriño de Gonzalo Navaza, no que recompila algunhas das máis populares dotándoas dunha nova vida ao vertelas ao galego.

E como fai sempre Navaza, ilustre argallante das nosas letras, xoga coa palabra de tal xeito que o verso semella fluír sen tropezos, acadando unha naturalidade na que se agochan as dificultades dun traballo coma este. As súas fábulas en nada desmerecen as dos seus predecesores (dende Esopo a La Fontaine ou Samaniego), e aínda diría que o sitúan entre os grandes fabuladores da literatura. A única gralla que lle vexo é a súa brevidade, pois unha vez repasadas as dez historias que o integran, o lector queda con fame de máis.

Como complemento, unha breve e contundente introdución a cargo de Antonio Reigosa, un dos meirandes coñecedores e divulgadores da tradición oral galega e de calquera cousa relacionada coa mitoloxía popular, e unhas fermosísimas ilustracións a cargo de Orelí Pello, unha francesa dotada da retranca galega, nas que xoga á metáfora visual cun cromatismo exultante e unha forza narrativa na propia imaxe fóra de toda dúbida.

Gonzalo Navaza

Fábulas contadas

Ilustracións de Orelí Pello

Xerais


Ledicia Costas, «A señorita Bubble baixo cero»

Xa fai tres anos que Ledicia Costas nos presentou a unha personaxe ben peculiar: a señorita Bubble, unha inventora de tintes retrofuturistas que encaixa niso que se deu en chamar o “steampunk”. Pois ben, o que agora nos presenta é unha nova aventura da carismática Lady Bubble, desprazada para a ocasión a Laponia, no Polo Norte, onde deberá enfrontarse a outra personaxe sobradamente coñecida: Papá Noel, a quen o estress lle provocou algún tipo de avaría que o fai mudar en “Papá Cruel” (porque “cruzou ao lado escuro”, aclara a contracapa do libro), capaz de maltratar aos elfos que traballan canda a el. Ao tempo, tamén terá que atender a un numeroso grupo de pingüíns afectados polos residuos tóxicos verquidos ao mar dende a fábrica de xoguetes, que acoden a ela en demanda de axuda.

Con estes prantexamentos, a señorita Bubble protagoniza unha historia trepidante, cun toque reivindicativo en clave feminina, na que se enfronta á responsabilidade de salvar o Nadal e, ademais, axudar aos elfos e máis aos pingüíns, fronte a un Papá Noel que se afasta descaradamente de calquera tópico bonachón ao que nos ten acostumados. A habilidade narrativa de Ledicia Costas, da que fai gala en cada nova entrega, será quen de arrastrar ao lector ao longo das súas páxinas coma se viaxase nun dos trineos empregados pola protagonista.

Ao igual que na primeira entrega, ilustra esta nova aventura Andrés Meixide co seu estilo colorista e minucioso. Un acerto non só pola demostrada calidade do seu traballo, senón para darlle un toque de unidade ao que promete converterse nunha saga literaria para nenos.


Ledicia Costas

A señorita Bubble baixo cero

Ilustracións de Andrés Meixide

Xerais


Xosé A. Neira Cruz: «O enigma do baúl pechado»

Neira Cruz, un habitual dos premios literarios sobradamente recoñecido, vén de acadar un novo galardón, o Carlos Mosteiro, de literatura infantil, cunha narración de aventuras que se apoia na relación de amizade entre os seus protagonistas, un descarado multiculturalismo, e o poder da palabra como forza motriz do relato. A aventura comeza cando Max, o protagonista principal, atopa un misterioso baúl nun vertedoiro, que non tarda en pasar a mans do enigmático señor Lin, dono dun bazar ateigado de tesouros de toda clase. Pero Max está interesado en desvelar o seu contido, empurrado por unha misteriosa conexión coa súa avoa dende alén do océano que entronca a historia co realismo máxico. De maneira que terá que recurrir á colaboración dos seus amigos (e do pecuiar Consello de Debaixo da Manta) para poder acceder ao interior da tenda do señor Lin e procurar a maneira de desvelar o misterio.

Deste xeito organízase un grupo integrado por rapaces de distintas nacionalidades que terán que colaborar para chegar a bo porto na súa aventura mergullándose na súas propias tradicións e, sobre todo, no valor da súa amizade. E terano que facer coa axuda dun versículo máxico sobre o que descansa o poder que permitirá abrir o baúl. Velaí a forza da palabra.

Mais a forza da palabra tamén podemos atopala na propia narración. Neira Cruz fai gala dunha linguaxe directa e fluida que, por momentos, se volve lírica. Unha acción ben dosificada e a sorpresa a cada volta de páxina, arrastrarán ao lector a través da historia. E viaxará acompañado polas fermosísimas imaxes de Luz Beloso, un dos nomes máis representativos da ilustración galega que, vaia mágoa, perderon as cores no proceso de impresión. Unha lástima, a xulgar polo maxistral resultado que se adiviña nos seus trazos.

Xosé A. Neira Cruz

O enigma do baúl pechado

Ilustracións de Luz Beloso

Galaxia

Gonzalo Caballero propón fortalecer o sistema de rastrexo e realizar o maior número de PCR posibles para “controlar os rebrotes do Nadal”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo hoxe á Xunta que eleve o número de PCR ata o máximo diario que o Sergas poida asumir, visto o descenso experimentado na cantidade de probas ao longo destas datas, a efectos de poder avaliar axeitadamente os rebrotes producidos durante o Nadal.

“Os expertos que están asesorando ao PSdeG dinnos que hai un aumento na taxa de positividade, polo que non nos podemos relaxar nin baixar a garda”, sinalou Gonzalo Caballero, ao tempo que puxo en valor “o comportamento responsable” que está tendo a cidadanía galega en termos xerais nestes días de festividade.

Precisamente por iso, o líder socialista advertiu de que reducir o número de PCR pode ser “un espellismo” ao non reflectir o incremento de contaxios real, polo que incidiu en que cómpre facer todas as probas “que o Sergas sexa capaz de facer”, no entorno das 7.000 diarias polo menos.

Para iso, Gonzalo Caballero requiriu mellorar o sistema de rastrexadores, visto que Galicia está á cola á hora de detectar a orixe dos contaxios ao non ser quen de concretar de onde vén o virus en “dous de cada tres casos”. É necesario rastrexar ben a trazabilidade dos contaxios para determinar a quen facer PCR e detectar así os contaxios, entre eles os asintomáticos. Así mesmo, reclamou á Xunta que “fortaleza” a Atención Primaria para dar unha mellor atención sanitaria aos galegos e ás galegas.

Ademais, no contexto do inicio deste 2021 que ten que ser “o ano da esperanza, da ilusión e da reconstrución”, o máximo dirixente socialista abundou en que “a primeira vacina” que enviou o goberno de España a finais do mes pasado “ten que ser a primeira pinga de esperanza”. Iso si, chamou a “seguir extremando as cautelas” e a actuar “con prudencia”.

Axudas económicas

En paralelo, Gonzalo Caballero non esqueceu aos sectores económicos que o están “pasando moi mal” por mor da pandemia, como a hostalería e o comercio. E, neste senso, criticou que o goberno de Feijóo pecha o 2020 con datos “arrepiantes”.

Cando “as rendas caeron en 6.000 millóns de euros”, a Xunta “só deu axudas directas por 22 millóns de euros en todo o ano 2020”, remarcou o responsable do PSdeG, para urxir ao goberno galego que apoie aos autónomos e aos pequenos negocios.

Volta ao cole

Finalmente, nun contexto de “falla de información detallada” dos contaxios por parte da Xunta nestas datas de Nadal, Gonzalo Caballero considerou convinte coñecer as conclusións do comité clínico sobre o reinicio do curso escolar e, que si así o dicen esas conclusións, pode ser razoable pasar ese reinicio deste venres, día 8, ata o vindeiro luns, día 11.

Redondela celebrará a Feira do día 6 de xaneiro rodeada de estritas medidas de seguridade sanitaria

0

A Concellería de Feiras e Mercados do Concello de Redondela, que xestiona Vicente Lamas, vén de anunciar a celebración, o vindeiro día 6 de xaneiro, do mercado quincenal que, habitualmente e en condicións normais, celébrase os días 6 e 21 de cada mes.

A feira do vindeiro 6 de xaneiro desenvolverase ocupando toda a extensión da Avenida Mendiño que, polo tanto, quedará cortada ao tráfico. A medida, sinala Vicente Lamas, “permitirá a colocación da totalidade dos postos do mercado e, ao mesmo tempo, posibilitará que poidan manter entre eles as distancias de seguridade que marca a normativa anticovid”.

“As medidas de seguridade serán estritas e de obrigado cumprimento”, sinala a alcaldesa Digna Rivas que non dubida da colaboración das veciñas e veciños “que durante os momentos máis duros da crise sanitaria actuaron con sensatez e responsabilidade”.

Policía Local e Protección Civil vixiarán o cumprimento das normas sanitarias no que fai referencia ao uso obrigatorio de máscaras e ao mantemento das distancias mínimas de seguridade. Amais, estableceranse rutas de entrada e saída no recinto para evitar tanto aglomeracións como cruces innecesarios de persoas.

“Estamos nun momento moi delicado desta crise sanitaria coa que estamos obrigados de convivir” apunta a alcaldesa de Redondela que lembra que, en tan só cinco días e segundo os datos da Consellería de Sanidade, “en Galicia pasamos dos 5.625 casos activos aos 5.905 desta mañá, datos máis que preocupantes e que obrigan, máis que nunca, a actuar con responsabilidade”.

En todo caso, a celebración desta feira, apuntan Digna Rivas e Vicente Lamas, “é un factor importante para a reactivación da economía local”, de aí que para poder celebrala coas máximas garantías, o Concello decidira ocupar a totalidade da Avenida Mendiño e para a que se habilitarán itinerarios alternativos para o tráfico rodado que estarán debidamente sinalizados.

Teo Oya, Saray Borrajo e Candela Reche, gañadores do Concurso de Postais de Nadal de Mos

0

Un total de 31 nenos e nenas mosenses de entre 3 e 12 anos participaron na última edición do concurso de postais de Nadal, que xa conta cos gañadores de cada unha das tres categorías. O fallo do xurado fíxose público durante un acto que se celebrou esta mañá na Biblioteca Municipal e no que tamén se levou a cabo a entrega de premios a cargo da concelleira de Cultura, Sara Cebreiro. Para elo respectáronse escrupulosamente os protocolos e medidas anti COVID-19 e só asistiron os tres gañadores acompañados dalgún familiar.

O xurado estivo integrado nesta edición, e como xa se ven facendo desde hai catro anos, polos propios rapaces e rapazas participantes no concurso, que foron os que votaron ás súas creacións favoritas de entre as que se presentaron a concurso. O xurado elixiu como vencedor da categoría 1 -de 3 a 5 anos- a Teo Oya Rodríguez, na categoría 2 -de 6 a 8 anos- a Saray Borrajo Pérez; e na categoría 3 -de 9 a 12 anos-, a Candela Reche Barciela. Os gañadores recibiron como premio un vale regalo para produtos de librería e papelería e un diploma. Nas primeira e segunda categorías participaron 9 cativos en cada unha delas, e na terceira a cifra de rapaces participantes foi de 13.

[su_image_carousel source=”media: 28037,28036,28035,28038″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Coa chegada do Nadal chega cada ano a Mos o concurso infantil de postais de Nadal para cativos de 3 a 12 anos de idade. O concurso caracterízase pola calidade e orixinalidade das postais presentadas, así como polos seus valores positivos. A edil de Cultura do Concello de Mos, Sara Cebreiro, declarou sobre o concurso que “desde a administración local queremos aproveitar esta época tan marabillosa do ano, aínda que atípica nesta ocasión por mor da crise sanitaria, para potenciar a creatividade dos nosos escolares e sobre todo fomentar a lectura e a escritura nos nosos cativos mediante o tradicional concurso de postais de Nadal do Concello de Mos”, explicou a concelleira Cebreiro.

As características que debían cumprir as postais dos nenos participantes para poder entrar en concurso eran as seguintes: podían ser en galego ou en castelán, podíaselle engadir ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc.; podíanse empregar os materiais que se desexasen: ceras, lapis, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc.; o tamaño non debía exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a medida mínima era de medio folio A4 por un só lado; en relación ao tema, os pequenos podían engadir tamén unha frase na postal, que podía ser un desexo que non fora de carácter material ou expresando que lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.; e, por último, a postal debía ser obra do/a propio/a neno/a, incluíndo ao final, como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto. Só se aceptou unha postal por persoa.

Os Reis Magos visitan hoxe as parroquias de Baiona e mañá estarán na cabalgata estática instalada no parque da Palma

0

O Concello de Baiona, ao igual que case que todos os concellos galegos, decidiu modificar a súa tradicional cabalgata de Reyes, que habitualmente percorría as súas rúas máis importantes o 5 de xaneiro, para trocala por unha “cabalgata visitable e estática”, coas  tres carrozas de Melchor, Gaspar e Baltasar que os veciños e veciñas poderán admirar, con distancia de seguridade, no parque da Palma.

Esta é a aposta para evitar aglomeracións que deseñou a Concellería de Cultura que xestiona Miriam Costas, que está a organizar un dispositivo especial para que a tarde do 5 de xaneiro colóquense as carrozas neste espazo seguro. No céntrico parque da Palma, nenas e nenos poderán visitar aos Reis Magos entre as 17:00 h e as 21:00 horas. Neste evento do Nadal os Reis Magos “estarán atentos e saudando a todas as persoas que pasen polo percorrido que estará controlado, marcado coas pautas de seguridade e tomaranse todas as medidas de seguridade pertinentes”.

Así mesmo, para garantir que ninguén quede sen ver aos Reis Magos e co fin de evitar aglomeracións o propio día 5 de xaneiro, un día antes, o 4 de xaneiro, a comitiva real desprazarase ata distintos puntos nas parroquias baionesas.

“Desde o Concello de Baiona escribimos un email aos reis meigos de oriente para que fixesen un esforzo extra na nosa localidade e fagan un alto no camiño o luns día 4 para visitar aos nenos e nenas das nosas parroquias”, matiza a Concelleira de Cultura, Míriam Costas, encargada do departamento que deseñou toda a programación do Nadal de Baiona.

Na folla de roteiro das súas maxestades para este día figuran as seguintes visitas: Baredo de 17:00 h-18:00 h (Cruceiro en barrio Cancelo), Fontes-Baíña (rotonda CEIP Fontes-Baíña) de 19:00-20:00 h; a Belesar, (esplanada CEIP de Belesar), de 17:00 h-18:00 h e Sabarís (na Praza Vitoria Cadaval) de 19:00 h-20:00 h.
As carrozas estarán en puntos fixos das parroquias. En cada carroza, unha plataforma de 9 m. estarán nos seus tronos os Reis Magos, acompañados de 2 paxes reais, para que os nenos poidan velos.

En Sabarís cortarase a Avenida Julián Valverde entre o cruzamento de Vitoria Cadaval e Benito Fariñas desde as 18:30 h ás 20:00 horas para que os nenos, desde a praza, poidan ver ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

En todos os puntos crearase un corredor para que as pequenas e pequenos poidan achegarse sen risco nin para eles nin para os Reyes se ben non se poderá subir a xunto aos Magos de Oriente. Manteranse sempre todas as medidas de seguridade ditadas polo protocolo COVID.
En canto aos habituais caramelos, este ano non serán lanzados desde a cabalgata, senón que serán distribuídos polos paxes dos Reis Magos en bolsas individualizadas. Os paxes tamén serán os encargados de facer chegar á comitiva real as cartas de última hora daqueles nenos e nenas que queiran facerllas chegar ás súas maxestades de oriente.

“Unha comitiva estática e o público pasando ordenadamente e con distancias”, así será a cabalgata de Reyes da vila mariñeira este ano. Rebelouno esta tarde o alcalde, Carlos Gómez Prado, “que a pesar da situación sanitaria non quere renunciar nin á Cabalgata de Reyes nin aos festexos propios do Nadal”.

“Desde o Concello de Baiona mándase unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía xa que se van a poñer as medidas de seguridade e preventivas necesarias, cumprindo a normativa marcada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O obxectivo xeral é reducir ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia á vez que se goza da oferta cultural do Nadal”, matizou o rexedor.

O Alcalde e a Concelleira de Cultura quixeron agradecer o traballo realizado polo departamento de Cultura, encargado de deseñar toda a programación de nadal, e aos operarios do concello que “Fixeron un magnífico traballo de iluminación con respecto ás carrozas. Traballan a contrarreloxo para poder gozar dunhas carroza iluminadas con millóns de puntos led”.

A Xunta reforza a partir de mañá as liñas de autobús que conectan Baiona, Gondomar e Tomiño con Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade engade 86 frecuencias máis cada semana a estas liñas, que tamén dan servizo a outros concellos situados ao sur da cidade, como A Guarda, O Rosal, Tui e O Porriño.

Desde mañá, a conexión entre Baiona e Vigo incorpora en dúas liñas 36 servizos máis cada semana. Trátase de 16 expedicións de ida –15 en días laborables e 1 os domingos– e outras 20 de volta –de luns a venres–.

No seguinte cadro amósanse os horarios dos novos servizos, que incrementan a frecuencia de paso dos autobuses entre Baiona e Vigo, o que permite reducir os tempos de espera.

Nome da RutaSaídaChegada
BAIONA-RAMALLOSA-MALLÓN-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA8:009:00
BAIONA-RAMALLOSA-MALLÓN-NIGRAN-CORUXO-VIGO EA8:009:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA11:0012:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA15:0016:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA17:0018:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA12:0013:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA16:0017:00
BAIONA-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA18:0019:00

Na liña entre Gondomar e Vigo tamén se engaden 35 servizos máis cada semana na liña, que se corresponden con 20 expedicións de ida e 15 de volta de luns a venres.

No seguinte cadro indícanse as rutas e os horarios, que duplican o número de frecuencias de ida desta liña cada día laborable. Deste xeito, refórzase a atención a primeira hora da mañá e redúcese á metade o tempo de espera entre cada autobús ao longo do día, que pasa cada dúas horas.

Nome da RutaSaídaChegada
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA8:009:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA12:0013:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA16:0017:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA20:0021:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA9:0010:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA13:0014:00
GONDOMAR-RAMALLOSA-LOURIDO-PANXÓN-CANIDO-VIGO EA17:0018:00

Na liña entre Tomiño e Vigo, que tamén discorre por outros municipios da súa contorna, engádense 15 servizos máis cada semana en dúas liñas. Correspóndense con 10 expedicións de ida e 5 de volta.

Nome da RutaSaídaChegada
CAMPOSANCOS-TABAGÓN-GOIÁN-TORRÓN-TUI-PORRIÑO-VIGO EA-HOSPITAL A. CUNQUEIRO15:0016:30
CAMPOSANCOS-TABAGÓN-GOIÁN-TORRÓN-TUI-PORRIÑO-VIGO EA10:3012:15
CAMPOSANCOS-TABAGÓN-GOIÁN-TORRÓN-TUI-PORRIÑO-VIGO EA10:0011:45

O aumento dos servizos nestas dúas liñas incrementa as posibilidades de conexión con Vigo en sentido ida e inclúe unha expedición que chega ata o hospital Álvaro Cunqueiro.

Estas melloras súmanse ás activadas o 23 de decembro no marco dos novos contratos que completan a implantación do Plan de Transporte Público de Galicia nesta área. Así, a comarca do Baixo Miño e o sur da bisbarra de Vigo contan cunha rede de 66 liñas de autobús interurbano que acadan agora aos 53.000 servizos anuais.