15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO PSdeG asegura "a rebaixa histórica" na peaxe da AP-9 no 2021...

    O PSdeG asegura “a rebaixa histórica” na peaxe da AP-9 no 2021 cos Orzamentos Xerais do Estado

    Guillermo Meijón recalca que o PP con Aznar prorrogou por décadas a concesión e que o BNG quedou fora de xogo por non defender unha demanda histórica dos galegos: "a rebaixa é cuestión de prazos"

    O coordinador dos deputados do PSdeG, Guillermo Meijón, asegurou onte que as peaxes da AP-9 experimentarán ao longo deste ano “unha rebaixa histórica” a través dos máis de 63 millóns de euros que incorporan os orzamentos xerais do Estado

    “A pesares da irresponsabilidade do BNG e do PP de votar en contra dos orzamentos, o goberno presidido por Pedro Sánchez cumprirá con Galicia na rebaixa das peaxes”, garantiu Meijón, antes de subliñar que o goberno de España está traballando para que a incorporación desas rebaixas e bonificacións se faga realidade “no menor tempo posible de acordo aos prazos legais e necesarios”.

    “Cónstanos que o ministerio de Transportes está traballando coa concesionaria nos pasos necesarios para facer efectivos eses descontos”, destacou o deputado pontevedrés, logo de que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desvelase que requiriu ao ministro Ábalos que as rebaixas entraran en vigor “o antes posible”.

    Ademais, Guillermo Meijón recalcou que esas rebaixas “son froito do compromiso do socialismo galego, que asumiu resolver parte do agravio de Galicia coas peaxes da AP-9 en cordinación co goberno” e non do BNG, a única forza progresista de toda España que votou en contra dos orzamentos do Estado. “Sen orzamentos, o non habería rebaixa das peaxes, e o BNG quedou fóra de xogo ante unha medida histórica e necesaria para Galicia”.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.