Venres, 8 Agosto de 2025

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de renovación do firme das estradas do Baixo Miño e Val Miñor

A Xunta vén de recibir 10 ofertas para executar as obras de renovación integral do firme en máis de 30 quilómetros da estrada autonómica PO-552 e nun treito da PO-325, ao seu paso polos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Vigo, Nigrán e Baiona.

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade suporá un investimento autonómico de 1,8 millóns de euros e o obxectivo é comezala este mesmo verán. Os traballos contan cun prazo de execución de catro meses.

No marco da actuación, acondicionarase a capa de rodadura en toda a lonxitude da PO-552, de 30,4 quilómetros de lonxitude, reforzando a seguridade viaria.

Deste modo, proponse unha actuación diferenciada, segundo o estado do firme nas diversas zonas e que beneficiará principalmente ao termo municipal de Oia, xa que se renovará a senda peonil. Nos treitos entre os puntos quilométricos 0+100 e 1+730, 2+380 e 2+950, e 17+040 e 44+400 procederase ao fresado do firme e á reposición da calzada coa correspondente rega de adherencia.

Carril-bici entre Baiona e A Guarda

Paralelamente, este contrato inclúe a reposición do revestimento rugoso do carril-bici con capas de resina sintéticas e pintarase de novo no treito entre Baiona e A Guarda para que recupere a súa cor orixinal. Ao mesmo tempo, demoleranse os treitos de beirarrúas en mal estado para a súa reconstrución.

Na estrada PO-325 actuarase entre os puntos 9+670 e 9+760 e desde o 15+000 ata 15+800 con fresados e reposición do pavimento e, ao igual que na PO-552, procederase ao pintado de todas as marcas viarias horizontais e das zonas cebreadas.

O departamento de Infraestruturas da Xunta continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos usuarios.

Mondariz reclama a retirada das restricións á circulación na PO-254

0

Despois das obras de reparación na ponte que une Mondariz e Mondariz-Balneario pola estrada autonómica PO-254, a Xunta de Galicia introduxo severas restricións á circulación de vehículos de máis de 3,5 t sen previo aviso nin xustificación, feito que indignou ao Concello de Mondariz.

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, contactou coa Axencia Galega de Infraestruturas e a Xefatura Territorial de Infraestruturas da Xunta de Galicia para reclamar a retirada inmediata da sinalización que limita a circulación de vehículos de máis de 3,5 toneladas pola estrada autonómica PO-254 e pedir explicacións ao respecto desta medida unilateral.

Esta nova restrición, que non foi anunciada nin comunicada previamente ao Concello de Mondariz, foi introducida despois das obras de reparación na ponte que une Mondariz e Mondariz-Balneario pola estrada autonómica PO-254, que se prolongaron durante varios meses e foron cuantificadas pola propia Xunta de Galicia en 1,4 millóns de euros.

“Estamos preocupados polas consecuencias sociais e económicas que causa esta medida, xa que estamos a falar dunha vía de comunicación fundamental para Mondariz. Compartimos a indignación da veciñanza máis afectada pola restrición e insistiremos ata lograr unha solución”, sinala Barros.

O Porriño melloras as rúas de Torneiros cun investimento de máis de 90.000 euros da Deputación

As principais rúas do barrio de Torneiros, en O Porriño, renovaron o seu pavimento cunha campaña de asfaltado emprendida polo Concello en colaboración coa Deputación, que achegou os máis de 90.200 euros da actuación. As obras, que supuxeron unha mellora nos accesos a varios equipamentos públicos con importante demanda cidadá, foron visitadas hoxe polo deputado de Cooperación, Santos Héctor, e a alcaldesa, Eva García de la Torre. Estiveron acompañados pola deputada Ana Laura Iglesias e varios/as concelleiros/as.

Destacouse que Torneiros é un barrio moi densamente poboado, cunhas 5.000 persoas, o que equivale a un 25% do número de persoas empadroadas en O Porriño. “É unha poboación maior que a que existe en moitos concellos da provincia”, destacou Santos Héctor, polo que este investimento significa atender as necesidades de moita xente “e dar un servizo digno a unha aglomeración urbana que medrou moitísimo nos últimos anos”. O deputado recalcou que en Torneiros hai numerosos equipamentos e dotacións públicas, como o edificio multiusos do Concello, onde está a oficina municipal de Porremprego, a oficina dos Servizos Públicos de Emprego, Medio Ambiente da Xunta de Galicia ou o Viveiro de Empresas. A carón destas rúas está tamén o colexio Antonio Palacios, o Instituto de Ensino Secundario Ribeira do Louro ou a igrexa de San Rosendo, ademais de dotacións deportivas como o campo de fútbol. Un gran conxunto de equipamentos públicos que mobilizan a moitas persoas, “polo que tamén era necesario apostar pola seguridade viaria”, lembrou Santos Héctor.

A alcaldesa Eva García de la Torre destacou que Torneiros é un “núcleo importantísimo para O Porriño” e explicou que pola configuración urbanística con que se deseñou e executou no seu día “daba pé a un certo abandono”. Así explicou que o actual Goberno municipal apostou por mellorar os espazos públicos e instalar servizos municipais, como o Porremprego. “Pouco a pouco, transformamos Torneiros nun lugar interesante para vivir e imos dándolle a importancia que ten”.

Finalmente, agradeceu o traballo dos seus colaboradores, como o tenente de alcalde, Pedro Pereira, “que ten moita capacidade e ocupouse destas obras, polo que hai que agradecerllo publicamente”. García de la Torre recoñeceu expresamente o marco de colaboración institucional e financiamento regrado por parte da Deputación, “que é exactamente o mesmo que fai con tódolos concellos da provincia”.

13 pasos de cebra para optimizar a seguridade  viaria

As obras en Torneiros abrangueron unha superficie próxima aos 10.000 metros cadrados de viais públicos, nos inclúen 13 pasos de cebra sobreelevados para garantir a seguridade viaria e a accesibilidade. Ademais, sinalizáronse as sete “isletas” de organización do tráfico e catro prazas de estacionamento para persoas con diversidade funcional nas proximidades dos equipamentos públicos. A obra incluíu tamén todo o pintado da sinalización horizontal e a colocación en rasante de tódalas tapas de rexistro dos servizos soterrados.

A Deputación de Pontevedra leva investidos en O Porriño en torno a 10,5 millóns de euros dende o ano 2015, é dicir, dende o cambio no Goberno provincial. Neste tempo realizáronse preto de 60 obras financiadas con cargo ao Plan Concellos. Este ano, o municipio da Louriña recibe 1.167.000 euros do plan de financiamento regrado da Deputación aos concellos de menos de 50.000 habitantes. Por outra banda, o Goberno local tamén ten prevista a contratación de 25 persoas desempregadas con cargo á Liña 3 (de Emprego) do Plan Concellos. O Porriño é un dos concellos da provincia que máis partido tira deste tipo de axudas da Deputación, pois dende o ano 2015 ten contratado xa a 195 parados/as.

Continúa na Guarda a programación polo Día do Libro

0

Nesta semana continúan as actividades programadas dende a Concellería de Cultura polo Día do Libro como os “puntos de libros”, que, caracterizados coa temática mariñeira que nos identifica, permitirán aos veciños levar un libro de agasallo. Estes puntos están situados no Concello, na Praza de Abastos e na Biblioteca Municipal e contan coa colaboración de O Piueiro e a comisión de Festas da Virxe do Carme.

Nesta semana, a partires do día 22 de abril, colocarase tamén un mural na entrada da Biblioteca, na que os lectores da Biblioteca Pública Municipal da Guarda poderán deixar as súas mensaxes e comentarios.

O sábado 24 terá lugar a segunda proposta escénica adicada desta volta aos mais pequenos da casa e da man da compañía Migallas cos seus “Contos do Chupete”, xa no Centro Cultural ás 12:00h., as prazas para esta actividade están xa cubertas.

E xa para rematar, entre os días 23 de abril e 22 de maio, aqueles que realicen compras de libros nas librerías da Guarda por valor de 30€ ou mais obterán un bolso de agasallo na Biblioteca Pública Municipal.

Chega a II edición do Ciclo Aida Fernández Ríos da man da Deputación e da RAG de Ciencias

A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias presentaron hoxe o convenio da segunda edición do “Ciclo Aida Fernández Ríos”, que se celebrará entre abril e decembro, destinado a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social e impulsar o labor científico en Galicia. A presidenta Carmela Silva xunto ao presidente da RAGC, Juan Lema, e a vicepresidenta Alicia Estévez, detallaron a programación que ten por obxecto difundir a ciencia e a tecnoloxía, e que este ano versará sobre contaminación por microplásticos, as pandemias silenciosas, o impacto do cambio climático e da saúde na economía, as mulleres e a ciencia, os exoplanetas e as adegas circulares.

Amais de poñer en valor a Aida Fernández Ríos, a investigadora que da nome ao ciclo, a figura de Jimena Fernández de la Vega a quen este ano dedícase o Día da Ciencia en Galicia, terá un papel protagonista nas xornadas. O Pazo Provincial da Deputación acollerá o 3 de xuño a conferencia central que versará sobre a traxectoria desta muller, pioneira da xenética médica en España e que, xunto a súa irmá xemelga Elisa, foi a primeira licenciada en Medicina pola USC. Nese sentido, a presidenta provincial, Carmela Silva, desvelou que neses días se presentará unha nova camelia no Xardín “Con nome de Muller” do Castelo de Soutomaior, “un lugar ligado tamén á ciencia”, que levará o nome de Jimena Fernández de la Vega, “facendo así que a ciencia teña un espazo moi especial”. Carmela Silva felicitou á RAGC por dedicar este 2021 a enxalzar a figura desta científica xa que “se a ciencia moitas veces é invisible para o conxunto da cidadanía, se ten nome de muller esa invisibilidade é moito maior”.

A presidenta provincial aplaudiu a programación “con temas potentes que inflúen directamente no día a día da humanidade”, e tamén agradeceu ás persoas que intervirán por “comprometerse a achegar a ciencia á cidadanía e de forma moi particular á mocidade”. Neste senso destacou que “é fundamental espertar o interese pola ciencia” xa que  “non é soamente de quen se dedica a ela, senón que forma parte da nosa vida”. Por este motivo, Carmela Silva recoñeceu a importancia de que as administracións públicas se comprometan coa ciencia.

Pola súa banda, o presidente da RAGC, Juan Lema, salientou a “moi boa sintonía” existente entre a Deputación e a Academia que preside, xa que “estamos a traballar cóbado con cóbado e a realizar un labor conxunto moi satisfactorio para ambas partes”. Para Lema “non é habitual o interese tan grande dunha entidade como a Deputación de Pontevedra no ámbito de promoción da ciencia, vai moito máis aló do financiamento e é un exemplo para outras administracións”. Lema insistiu que o obxectivo común da RAGC e a Deputación con este ciclo “é poñer a ciencia na cidadanía, na rúa, para que entendamos entre todos e todas que na ciencia temos que depositar as nosas esperanzas”.Ao finalizar a súa intervención, Lema verteu as súas palabras no libro de honra da Deputación, onde deixou constancia do apio do ente provincial á ciencia.

Enfoque multitemático de divulgación científica

O programa presentado por Alicia Estévez, como coordinadora deste ciclo, constará dun primeiro bloque de dez relatorios impartidos por once persoas expertas das tres universidades galegas, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) dependente do CSIC, do Centro Oceanográfico de Vigo, da Universidad Complutense de Madrid e da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. As conferencias, dirixidas ao público en xeral, celebraranse do 29 de abril ao 1 de xullo, en formato webinario e semipresencial con streaming.

O segundo bloque de actividades contará con cinco conferencias presenciais en institutos de Secundaria e Bacharelato entre os meses de setembro e decembro deste ano. Estas charlas, que serán impartidas todas por mulleres, teñen como finalidade achegar a ciencia á poboación máis nova e fomentar as vocacións científicas, así como concienciar ao alumnado de que nenos e nenas teñen as mesmas capacidades e poden chegar a ser o que se propoñan.

O ciclo estrearase o xoves 29 de abril coa catedrática de Ciencias de Materiais da Escola de Enxeñería Industrial da UVigo, Carmen Pérez, e o investigador do Instituto Español de Oceanografía no Centro Oceanográfico de Vigo, Jesús Gago, que falarán sobre contaminación por microplásticos, a súa incidencia na sociedade actual e o seu impacto no medio mariño.

O xoves 6 de maio intervirán o catedrático de Microbioloxía da Facultade de Veterinaria da Universidad Complutense, Bruno González Zorn, e o catedrático de Fisioloxía do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC, Carlos Diéguez. Analizarán as pandemias silenciosas, en concreto a resistencia aos antibióticos e a obesidade.

Tamén a catedrática de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión da Universidad de Las Palmas e académica da RAGC, Beatriz González López-Valcárcel, e o catedrático de Economía da UVigo, Xavier Labandeira, terán relatorio o xoves 27 de maio sobre os impactos económicos do cambio climático e da saúde, centrando o tema na covid-19 e nos aspectos económicos dun dos principais desafíos presentes e futuros da humanidade, o cambio climático.

A conferencia central sobre as mulleres e a ciencia e será o xoves 3 de xuño. Xoana Pintos, doutora en Bioloxía pola USC e especialista en estudos de xénero e na presenza da muller no eido científico, destacará a figura da médica e xenetista Jimena Fernández de la Vega, nomeada Científica Galega do Ano 2021 pola RAGC. Tamén intervirán Carmen González, investigadora científica do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC en Vigo, e o catedrático da área de Física da Terra da Facultade de Ciencias do Mar da UVigo, Gabriel Rosón, que farán unha semblanza de Aida Fernández Ríos, tanto desde o punto de vista persoal como científico.

O xoves 17 de xuño, a catedrática de Astrofísica da Universidade da Coruña, vicepresidenta da Sociedad Española de Astronomía e académica da RAGC, Minia Manteiga, centrará o seu relatorio nos exoplanetas e os métodos que usan os astrónomos para a detección de planetas. O ciclo pecharase o xoves 1 de xullo cunha conferencia a cargo da catedrática de Química Analítica da USC, Marta Lores, que falará sobre a función dos polifenois na industria vitivinícola e a vinificación sostible.

O prazo de inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias xa está aberto na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.gal), e todos os participantes recibirán posteriormente un certificado de asistencia.

O Concello de Tomiño pon en marcha o Circuíto Cultural 2021

0

O Concello de Tomiño vén de publicar as bases do “Circuíto Cultural” 2021 co obxectivo de promocionar un ano máis as agrupacións musicais tradicionais do municipio. Aquelas asociacións que cumpran cos requisitos poderán ser contratadas por un terceiro tendo unha parte da súa retribución económica aboada pola administración local.

Desde o Concello entenden a cultura como unha práctica social construída no diálogo e na comunidade, entendendo a cidadanía non só como unha mera espectadora e consumidora, senón como suxeito activo que participa na creación cultural. “A creación e interpretación da música tradicional é un ben inmaterial que coñecemos, gozamos e que é necesario coidar. Asumimos como responsabilidade impulsar a creación de novas agrupacións relacionadas co folclore musical local ofrecendo unha liña de axudas que permita o descubrimento e contratación das mesmas”, afirman desde o goberno local.

Poderán solicitar a inclusión no Circuíto Cultural as seguintes agrupacións: bandas de música, corais, bandas de gaitas, treboadas, pandereiteiras, murgas ou charangas e grupos de acordeóns. As Comisións de Festas e outras entidades organizadoras deberán poñerse en contacto coas agrupacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural para contratalas e concretar a data da actuación, sendo exclusivamente un acordo entre as dúas partes.

CONTÍA MÁXIMA E CRÉDITO ORZAMENTARIO

As contías máximas dos distintos tipos de agrupación con sede social en Tomiño son as seguintes:

  • Banda de Música 400,00 €
  • Corais 200,00 €
  • Bandas de gaitas (con máis de 30 compoñentes) 300,00 €
  • Grupos de Gaitas 200,00 €
  • Treboadas 200,00 €
  • Pandereteiras 150,00 €
  • Murgas ou Charangas 150,00 €
  • Grupos de Acordeóns 150,00 €

O crédito orzamentario total comprende o gasto por importe de 14.000€ con cargo á partida 334.226.99 do vixente orzamento.

As solicitudes poderán ser presentadas a través da Sede Electrónica do Concello de Tomiño ata o 2 de decembro de 2021, sendo este o único xeito válido de presentación para as asociacións. O modelo de solicitude está dispoñible na Sede Electrónica e na páxina web do Concello de Tomiño.

O prazo de presentación das solicitudes será cunha antelación mínima de 30 días á data da actuación solicitada. Toda aquela solicitude que sexa presentada fóra de prazo poderá ser desestimada.

O Concello de Nigrán aumentará o contrato do Servizo de Axuda no Fogar para poder duplicar o número de beneficiarios

0

O goberno de Nigrán presentará no pleno ordinario de abril  o novo prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación do ‘Servizo de Axuda no Fogar’ (actualmente prorrogado) aumentando a licitación de 165.000 €/anuais a 580.000 € e primando a calidade sobre a oferta económica. A duración será de dous anos con posibilidad de aumentalo a outros dous (de 2021 a 2025) sumando un total de 2.319.000 €, cifra histórica neste servizo de caracter social.  Este gran incremento responde, principalmente, á vontade do goberno local de duplicar o número de beneficiarios, sendo actualmente unhas 60 persoas. O importe da licitación supón un máis dun 10% dos recursos ordinarios do orzamento, polo que o alcalde, como fixo coa tramitación da Biblioteca Municipal con toda a corporación a favor, levará ao vindeiro Pleno do 26 de abril unha petición de delegación de competencias para poder levar adiante a contratación.

“Este servizo clave da nosa política municipal ‘Un Nigrán para todos’ é básico para mellorar a calidade de vida das persoas dependentes porque atende prácticamente a todos os aspectos da súa vida cotiá para que poidan seguir nos seus domicilios sen caer na exclusión social, ademais, é compatible con outros servizos como Xantar na Casa”, destaca o alcalde, Juan González.

Desde a Concellería destacan a principal  novidade, que é que puntúa a garantía da calidade do servizo (51 puntos) por riba da mellor oferta económica (49 puntos) e inclúe tamén como baremo a mellora das condicións laborais dos empregados co obxectivo de garantir máis xornadas laborais completas. Ademais, o contrato por vez primeira dá cobertura a todos os días da semana incluídos sábados pola tarde, domingos e festivos (a intensidade horaria depende de cada programa individualizado pero nunca será inferior a unha hora diaria).

Entre os criterios vinculados coa calidade figura o apartado de ‘melloras de axudas técnicas’ comprendendo tres lotes puntuables nos que se especifican aportacións da empresa como cadeiras de rodas, guindastres de mobilización persoal con arnés universal, camas articuladas, asentos xiratorios de bañeira, muletas, almofadas antiescaras, andadores… Valóranse tamén as melloras relativas a atencións complementarias, como por exemplo, o servizo profesional de fisioterapia a domicilio ou de podoloxía, o acompañamento, ou unha bolsa de horas a maiores dun máximo de 350 horas/ano. Igualmente, o contrato está adaptado á nova realidade sanitaria e especifica que debe correr á conta da empresa fornecer de máscaras ou xel hidroalcohólico aos  empregados (ao marxe da vestimenta ou transporte, que tamén corre a cargo da empresa). Finalmente, o contrato mesmo regula a cobertura dos servizos mínimos en caso de folga legal do servizo.

O Servizo de Axuda no Fogar está dirixido a mellorar a calidade de vida das persoas usuarias (dependentes ou persoas maiores con déficits de autonomía) favorecendo a autonomía no seu domicilio mantendo as súas redes de relación familiar e social, retardando ou evitando a institucionalización ou exclusión social. Para elo, o usuario recibe axuda nas actividades da súa vida diaria (hixiene persoal, apoio en cambios posturais, supervisión do réxime alimenticio ou de medicación…), de acompañamento para consultas ou tratamentos ou xestións e de necesidades domésticas da vivenda (limpeza, compra ou preparación de alimentos, lavado de prendas…), de atención psicosocial e educativo .

Comezan as xornadas online “Mirando más allá de la E.I.I y la ostomía”

ACCU Vigo pon en marcha “Mirando más allá de la E.I.I. e la ostomía”. Un proxecto de 12 xornadas en liña onde profesionais de diversos campos falarán de temáticas non só médicas, senón doutros moitos puntos de interese para pacientes, familiares, coidadores ou profesionais; como poden ser a nutrición, o aspecto psicolóxico, as incapacidades laborais e/ou o certificado de discapacidade, dietas, orientación laboral, e moitos outros aspectos.

Ademais, contarán coa participación do equipo médico da unidade de EII do Hospital Álvaro Cunqueiro, que falarán de temas como vacinas da Covid, tratamentos, coidado de ostomías e consellos.

Estas xornadas gratuítas darán comezo este sábado 24 de abril, de 10:30 a 12:00 aproximadamente, e iranse desenvolvendo ata o mes de decembro.

As persoas interesadas poden inscribirse a través dun mail a [email protected] ou enviando un whatsapp ao 646384122.

Este proxecto leva a cabo co patrocinio da farmacéutica Janssen, que por segundo ano consecutivo apoia a ACCU Vigo en proxectos de apoio e información a pacientes.

Desde ACCU Vigo queren destacar que estas doenzas, non se tratan só da parte médica que axuda a controlar os síntomas ou a simple colocación dun estoma. Hai todo un proceso de aceptación, e unha adaptación, onde é necesario a intervención doutros tipos de profesionais, máis aló do equipo médico. E son moitas as dúbidas que chegan a esta entidade de onde se debe acudir para un tema ou outro, ou descoñecemento da existencia deses profesionais, ou o papel que eles poden ter en certos temas tan fundamentais para unha mellora da calidade de vida, ás veces tan mermada, das persoas que padecen estas doenzas.

Arbo adhírese ao convenio da Xunta para conceder axudas á hostalería local

0

O Concello de Arbo vén de adherirse ao convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para incrementar as axudas ao sector da hostalería previstas no Plan de Rescate da administración autonómica. Este convenio supón que o Concello complementará, con fondos procedentes das arcas municipais, as achegas autonómicas concedidas. Deste xeito concederá outros 1.000 euros máis por cada local hostaleiro solicitante das subvencións lanzadas pola Xunta.

A adhesión a este plan de rescate da Xunta permitirá axilizar e simplificar a tramitación destas subvencións ademais de incrementar a contía da axuda recoñecida, de tal xeito que si o empresario solicita a subvención autonómica e lla conceden, automaticamente se lle outorgará tamén a achega municipal que abonará cos cartos do Concello a propia Xunta.

Galicia rexistra un total de 2.763 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.763, deles 689 son da área da Coruña, 203 da de Lugo, 235 da de Ourense, 440 da de Pontevedra, 734 da área de Vigo, 355 da de Santiago e 107 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 161 en unidades de hospitalización e 2.565 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 115.035 persoas curadas, rexistrándose 2.375 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.968.619.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 877.828. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

A Concellaría de Vías e Obras de Ponteareas inviste máis de 33.000 euros no asfaltado dunha vía en Cristiñade

A concellaría de Vías, Obras e Iluminación, que dirixe Chus Garrote, vén de rematar a mellora dunha pista municipal na parroquia de Cristiñade, unha actuación na que se investiron 33.120,59 euros e que permite reparar unha vía que presentaba un pavimento extremadamente deteriorado e cuxa reparación fora solicitada pola veciñanza, petición atendida agora pola concellería que xestioina a concelleira socialista.

Esta nova actuación proxectada pola segunda tenente de alcaldesa consistiu na repavimentación da estrada que une os barrios da Urcela e do Paseo, en Cristiñade, actuación que tamén incluíu unha limpeza das marxes e das cunetas, nun total de 504 metros de lonxitude. A obra, realizada pola empresa Narom S.L. e que tiña una prazo de execución dun mes, acaba de ser recentemente recepcionada.

“Esta actuación entra dentro da programación da nosa Concellaría de reasfaltados de vías cun elevado tránsito das distintas parroquias, vías que, coma esta, se atopan cun firme moi degradado e en moi malas condicións”, explica Chus Garrote.

“contamos con ir pouco a pouco dando solucións e resposta ás necesidades dos veciños e das veciñas”, concluíu Chus Garrote.

A Audiencia anula a sentenza que condeaba a Audasa a devolver as peaxes cobradas a usuarios da AP9 afectados polas obras de Rande

A sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu o recurso de apelación interposto por Autopistas del Atlántico Concesionaria Española (Audasa) contra a sentenza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra que a obrigaba a devolver as peaxes cobradas a usuarios da AP-9 afectados polas obras de ampliación da ponte de Rande, realizadas entre febreiro de 2015 e xuño de 2018.

O tribunal, polo tanto, revogou a resolución que acollía parcialmente a demanda interposta polo Ministerio Fiscal, á que se adheriron as asociacións Adicae e En Colectivo, así como particulares, contra a concesionaria.

Os demandantes sostiñan que a empresa incorreu nunha práctica abusiva prohibida pola Lei de Defensa dos Consumidores e Usuarios ao cobrar integramente a peaxe, a pesar de que no tráfico da autoestrada se xeraron problemas de fluidez como consecuencia da execución dos traballos. A Audiencia, con todo, considera que cando a normativa de consumo inclúe como obxecto de control de abusividade “as prácticas contractuais non negociadas individualmente” ten en conta unha realidade diferente á deste caso, no que se axuizan as condicións fixadas para a explotación dunha concesión administrativa. 

Así, o tribunal salienta que non se poden incluir no concepto de “prácticas abusivas” as incidencias concretas relacionadas co cumprimento do contrato de uso da autoestrada. Os xuíces entenden que non existe unha relación directa entre o pago da peaxe e as condicións nas que se presta o servizo. Desta forma, explican que a peaxe, como prezo polo uso dun servizo público xestionado por unha empresa, se fixa pola Administración en función de varios criterios, sobre os que non pode entrar a xurisdición civil. Así, lembran que os tribunais civís non poden exercer un control de razonabilidade sobre as condicións da concesión nin poden controlar a determinación do prezo.

A peaxe, segundo a sentenza, fíxase en virtude dun acordo entre a Administración e a concesionaria, os cales teñen en conta diversos factores, entre eles a incidencia das obras. O prezo que o usuario paga por usar a vía, polo tanto, “non retribúe, en proporción e equilibrio perfectos, a circulación segura e fluída no tramo correspondente”. Ante a realización duns traballos necesarios e obrigados nun tramo da autoestrada, segundo sinalan os maxistrados, “tómanse en consideración todos os factores para a súa execución, especialmente no ámbito económico e financeiro, cos previsibles inconvenientes que pode provocar na fluidez na circulación”. Así, subliñan que esa actividade “se desenvolve baixo a vixilancia e control da Administración”, á vez que resaltan que “non é función dos tribunais civís o examinar a bondade dos acordos relativos ao contrato de concesión, a valoración de se procede a redución das peaxes, en función das condicións en que se presta o servizo, acordar o seu aumento con carácter extraordinario ou incidir na duración do prazo da concesión”.

“Temos que insistir en que a peaxe ten un sistema de fixación moito máis global, con intereses económicos varios, no que o tempo da concesión é tamén elemento relevante, polo que se debe concluir que non existe unha relación directa entre concreta prestación do servizo a cada usuario e a peaxe que paga cada un”, sinala o tribunal. Na sentenza tamén lembra que “se trata dun contrato masa, que non conta con condicións xerais, e, desde a perspectiva do usuario, limita a súa liberdade para contratar ou non contratar, coñecedor de que en caso de asumir o contrato utilizando a autoestrada, tanto este como as condicións de uso regúlanse por normas administrativas”. Os maxistrados subliñan que exemplo destas limitacións é que o concesionario, unha vez terminada a obra, “carece de liberdade para fixar unha peaxe superior”.

As Neves e Ponteareas desenvolven o terceiro obradoiro de emprego ‘Coidar de nós’

Os concellos de Ponteareas e As Neves están levando a cabo conxuntamente unha nova edición dun obradoiro de emprego ‘Coidar de nós’ que consta de dúas áreas, a de traballo socio-sanitario e a de traballo forestal.

Os obxectos de actuación práctica para a súa execución no desenvolvemento do proxecto son axudar ao Servizo de Axuda a Domicilio do Concello das Neves, para diminuír a lista de espera; complementar o servizo da residencia municipal da terceira idade; crear un parque forestal para uso público en Ponteareas e un arboreto na Chan de Vide, en As Neves e rehabilitar espazos verdes como parques forestais para facilitar aos veciños un punto de encontro para o desenvolvemento de actividades o aire libre.

Un total de 20 alumnos e alumnas dos dous concellos están a formarse neste obradoiro, que ten unha duración de 9 meses, durante os que as e os participantes reciben os salarios correspondentes aos seus postos.

O obradoiro está sendo financiado pola Consellería de Emprego con 346.946 euros. 

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a unha nova concentración o 21 de abril

0

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda vén de facer un chamamento á participación de toda a veciñanza nunha concentración que se realizará o próximo mércores 21 de abril ás 20 horas na Praza Avelino Vicente da Guarda. Esta concentación forma parte das que as distintas plataformas integradas en SOS sanidade pública realizarán en distintas vilas e cidades galegas “para esixir da Xunta de Galiza a recuperación do sistema sanitario público galego trala pandemia da COVID-19”.

A Plataforma lembra que a pandemia chegou “a unha atención primaria debilitada polos gobernos do PP, sen suficientes recursos humanos, materiais e organizativos que limitou a súa capacidade para poder asumir a enfermidade e ao mesmo tempo atender adecuadamente as outras patoloxías” e poñen por exemplo A Guarda “que durante unha boa parte da pandemia contou en algúns momentos coa metade do persoal médico que lle corresponde”.

Imaxe de arquivo dunha das concentracións convocadas pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda, anterior á pandemia da COVID-19

“As barreiras de acceso aos Centros de Saúde e ás especialidades hospitalarias, que suspenderon consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas afecta a saúde da poboación e está xerando un gran malestar tanto do persoal sanitario como a a nível social”, explica a Plataforma guardesa na súa convocatoria.

Aos anteditos problemas, engádese “a dificultade de comunicarse cos Centros de Saúde e de recibir asistencia presencial” un problema cualificado de “serio” é para o que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda “esixe solucións inmediatas”.

Para a Plataforma, todos estes motivos son máis que suficientes para que “todo o pobo da Guarda participe nesta concentración”.

Gonzalo Caballero propón acordar xa o mapa de prioridades sobre os proxectos para fondos europeos ante o “suspenso” da Xunta

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, emprazou hoxe ao presidente da Xunta a aceptar a “man tendida” dos socialistas galegos para acordar a importancia dos proxectos que opten a fondos europeos. Chamou a superar a “opacidade, falla de rumbo e de compromiso” amosados polo goberno galego, que obtivo un “suspenso clamoroso” e que na súa “fuxida cara adiante” corre o risco de que se perdan as axudas.

“Galicia ten que aproveitar a oportunidade”, subliñou o líder dos socialistas galegos logo de lembrar que o mércores comparecerá por terceira vez o conselleiro de Economía nunha comisión de reactivación que “xa excedeu o prazo de duración” que PP e BNG acordaron para, dicían, tela rematada no pasado mes de xaneiro.

Por iso, Caballero chamou de novo ao acordo co presidente da Xunta e coas forzas políticas para evitar a perda de axudas para Galicia, logo de que pasaran de anunciar sete proxectos, que despois foron 106 e finalmente 354, co cal “ninguén cre xa que teñan unha estratexia”.

Diante do risco de que estes proxectos terminen sendo “papel mollado”, emprazou a “comezar a facer as cousas ben”, polo que ofreceu o coñecemento e o impulso dos socialistas galegos para que Galicia “non quede rezagada”. “Nós estamos dispostos a acordar o mapa de prioridades”, asegurou.

Desescalada

Ademais, o secretario xeral do PSdeG dirixiuse ao presidente da Xunta para esixirlle que “aclare a súa posición sobre o estado de alarma”, que hai seis meses según Feijóo era “demoledor e contraproducente” e agora resulta “imprescindible” para Feijóo.

“Non pode estar sempre con bandazos e levando a contraria”, sinalou, non sen requirirlle “lealdade” no consello interterritorial para levar adiante unha desescalada “segura”.

Máxime, como dixo Gonzalo Caballero, logo de aprobar en solitario unha lei de saúde con visos de “inconstitucionalidade” porque se arroga a competencia de restrinxir dereitos e liberdades fundamentales. “Foi un exceso”, incidiu no relativo á norma paralizada por un recurso ao Tribunal Constitucional,

De feito, chamou ao PP a que “se aclare”, porque mentres Ayuso reivindica unha falsa “liberdade” para Madrid, Feijóo tenta en Galicia sobordar a Constitución.

Fronte a este xeito de actuar “xerando conflitos e problemas”, Gonzalo Caballero fixo un chamamento á “responsabilidade” e á “prudencia”, e comprometeu o apoio do PSdeG ás decisións da Xunta “coa información e o respaldo do comité clínico” para seguir avanzando na desescalada e na batalla contra o coronavirus.

Reforma do Estatuto

En paralelo, Gonzalo Caballero reivindicou hoxe o papel do Estatuto do 81, actualmente vixente, como base para “camiñar cara ao futuro” e chamou a afrontar a súa reforma logo da pandemia para “fortalecer a autonomía e o autogoberno” e xerar “novos dereitos e liberdades para os galegos e as galegas do século XXI”.

Así, emprazou a PP e BNG a “deixar o maximalismo” das posicións “inmobilistas” dos conservadores e do “separatismo e autodeterminación” dos nacionalistas para acadar un “gran acordo en base a un galeguismo construtivo e integrador no que todos os galegos esteamos cómodos”.

O líder do PSdeG lembrou a xornada do pasado sábado na que participaron o ex ministro de Xustiza Francisco Caamaño e o catedrático de Dereito Político da USC Ramón Máiz, para reivindicar un proxecto de “galeguismo integrador”, que aposta polo autogoberno a partir dunha posición “autonomista, galeguista e federalista”.

Ademais, anunciou que os socialistas galegos traballarán de forma inmediata por vía parlamentaria para reclamar ata 30 transferencias para Galicia que resultan viables no actual marco constitucional e estatutario e que xa foron adquiridas por outras autonomías.

EU-Son O Porriño presenta unha moción para establecer un Plan de Vixilancia Ambiental sobre a actividade das canteiras en Budiño

O Grupo Municipal de EU-Son no Porriño deu conta da presentación dunha moción encamiñada a que o Concello do Porriño inste á Xunta de Galicia, concretamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ao deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental sobre a actividade mineira na parroquia de Budiño artellando, de ser o caso, os cambios normativos precisos para acadalo.

O plan, segundo a moción da formación asemblearia, debe ter como obxectivo fundamental “non só verificar o cumprimento dos condicionamentos establecidos nas concesións de explotación e de restauración senón tamén a súa suficiencia”. Nesa liña, EU lembra que “veciñas e veciños de Budiño, dos barrios Vitureira e Vacaría, seguen a padecer ruídos, pó, desprendementos e fendas nas edificacións”.

Esquerda Unida sinala que unha vez reunidos con representantes das empresas “para procurar un compromiso de valoración dos danos nas vivendas polas vibracións”, estas aseguran “que as medicións realizadas cos sismógrafos son aceptables”, delegando o control do ruído ao Concello de O Porriño.

Outro motivo de queixa, e non só da veciñanza, é o relativo ás augas ao constar, asegura EU, “probas gráficas da contaminación dos regatos”. Con respecto a ese problema, Esquerda Unida lembra que acaba de ser admitida una petición de Ecoloxistas en Acción ante a Comisión de peticións do Parlamento Europeo nº 1472/2020 “para que se investigue ás concesións Eidos, Forna, e Benedicta sitas en O Porriño, que presuntamente contaminan regatos que desembocan no río Louro e que afectan á ZEC Gándaras de Budiño (Rede Natura 2000), e que tras a investigación se leve a cabo unha avaliación de impacto ambiental”.

Para EU, que a veciñanza sexa escoitada e as súas peticións antendidas, “é unha cuestión de xustiza” polo que, ao seu entender, o Concello “debe liderar a reparación da débeda histórica con Atios e Budiño, parroquias afectadas”. No caso de Budiño, “o primeiro e máis urxente paso, aínda nun tema que non é materia municipal, ha de ser apelar á administración competente, dotada das ferramentas necesarias, para que faga uso delas ante esta situación”, conclúe EU.

V Semana das Ciencias, ponte entre o alumnado ponteareán e as persoas vinculadas as ciencias das universidades galegas

“Unha vez máis o alumnado dos nosos centros educativos e o seu profesorado superou as expectativas amosando un amplo interés pola ciencia, realizando traballos de complexidade e calidade e participando nas distintas conferencias ofertadas”, adianta a alcaldesa en funcións e concelleira de Ensino de Ponteareas, Cristina Fernández Davila ao facer un primeiro balance da Semana das Ciencias que pecha o seu ciclo de conferencias e seminarios que brindou a oportunidade tanto ao alumnado como ao profesorado de aprender da man de recoñecidas e recoñecidos científicas/os das universidades galegas.

Baixo o título Vida Verde, Vida Azul as e os conferenciantes ofreceron coñecementos sobre a importancia da auga tanto salgada como doce e da súa estreita relación coa vida nos nosos bosques e montañas. Preservar os mares e océanos e cambiar o rumbo para un futuro máis sostíbel foi un dos obxectivos da conferencia que ofreceu a doutora e científica do Campus do Mar, Noelia Estévez, para un total de 26 aulas dos centros ponteareáns.

A doutora en química, Elena Falqué, e a doutora en farmacia, Mº Concepción Pérez ensinaron ao alumnado e profesorado de máis dunha ducia de aulas as propiedades e características das distintas augas minerias e os seus beneficios para a saúde.

A televisiva Patrica Puga reuníuse con máis de dezasete aulas para ofrecerlles coñecementos sobre plantas silvestres e os seus posibles usos culinarios incentivando aos e ás participantes ao respecto pola natureza xa que cada planta ten unha función que desenvolver no seu hábitat.

O profesorado ampliou coñecementos da man de Andrés Pose, María Dolores Sangiao e Rodrigo Porto, docentes no CIFP A Granxa, que abordaron a importancia dun bo deseño e planificación dos hortos escolares, así como as necesidades de preparación da terra e as especies axeitadas para que a experiencia resulte exitosa.

Grazas a Ciencia en Movemento, por quinto ano consecutivo, o alumnado aprendeu coa actividade do Museo das Ciencias encamiñada tamén a coñecer a intensa relación entre todos os elementos naturais.

“Estamos orgullosos, un ano máis, da actitude do noso alumnado e profesorado que incrementa ano tras ano a súa implicación. As actividades deste ano tiveron como obxectivo concienciar da importancia de preservar a vida natural, de aprender de todos os beneficios que ofrece e de amosar de xeito práctico como inflúe cada un dos nosos xestos diarios e que consecuencias boas ou malas ten para o noso planeta”, explica Fdez. Davila.

A Semana das Ciencias de Ponteareas estreitou unha vez máis os vínculos coa estratexia de futuro “Ponteareas, Hábitat Saudábel” e súmase aos esforzos que realiza o goberno ao longo do ano na concienciación e difusión da necesidade dunha vida sostíbel e da consecución dos Obxectivos de Desnevolvemento Sostíbel (ODS 2030).

Cristina Fernández Davila engade que a semana das ciencias seguirá viva e nestes intres coa participación da infancia e da mocidade dos centros desenvólvese unha nova ferramenta didáctica que poderán empregar ao longo de todo ano, tanto os centros educativos coma a veciñanza en xeral.

As augas de Cabo Silleiro acolleron o III Campionato Open de Pesca Submarina Vila de Baiona

0

Baiona acolleu o pasado sábado 17 de abril o III Campionato Open de Pesca Submarina Vila de Baiona. Un evento organizado polo Club subacuático Pérez-Sub, coa colaboración do Concello anfitrión, que reuniu a numerosos deportistas en augas de Cabo Silleiro.

En canto ao formato da proba, foi individual con saída desde terra e constou de varias categorías: Senior, Veteranos, Feminina e Sub23. Os tres primeiros de cada categoría recibiron trofeo. O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a Concelleira de Deportes, Miriam Costas, foron os encargados de entregar os premios aos participantes.

Así, no podio xeral o primeiro premio foi para Iván Costa García, club Nauga, o segundo para José Díaz Fiaño, club Nauga, e o terceiro para Miguel Ángel Costas Moreira, club Terra dous Mares. En canto ás categorías quedaron da seguinte maneira: Senior, primeiro, segundo e terceiro premio para: Iván Costa García, club Nauga, José Díaz Fiaño, club Nauga, e Óscar Ramos Torres, club Pérez-Sub; Veteranos: José Luis Peso Teodosio, club Pérez-Sub, Segundo Morante García-Patrón, club Pérez-Sub, e Federico Gil García, club FMDAS; A clasificación Sub23: Miguel Ángel Costas Moreira, club Terra dous Mares, Lucas Blanco Rouco, club Terra dous Mares. En canto á clasificación da categoría feminina contou cunha única participante Sandra Osorio Arca do club Terra dous Mares.
Tamén se entregou un distintivo á peza maior conseguida no campionato. O premio foi para José Luis Peso Teodosio, club Pérez-Sub, que pescou un abadexo de 4,600Kg.

[su_image_carousel source=”media: 34903,34905″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

O Campionato está incluído no Calendario Oficial da Federación Galega de Actividades Subacúaticas para a tempada 2021. Foi un Open aberto a deportistas FEGAS, fosen socios ou non do club, que quixeron compartir unha mañá de pesca submarina. Tivo unha duración de 5 horas e aplicouse o regulamento vixente para os campionatos galegos desta modalidade.

A edición foi todo un éxito xa que se contou entre os participantes con varios campións de España e campións galegos chegados de toda Galicia e varias comunidades autónomas.
Os Quilos de peixes conseguidos durante a celebración desta terceira edición do campionato foron doados integramente á Fundación Casa Caridade Vigo-Hogar San José (Comedor Social), do mesmo xeito que aconteceu en edicións anteriores. Chegáronse a obter máis de 200kg de peixe.

En 2021 é o terceiro ano que se celebra o campionato de pesca submarina Vila de Baiona organizado polo Club subacuático Pérez-Sub, un dos máis antigos e numerosos de Galicia, coa colaboración do Concello de Baiona.
O consistorio baionés ten un gran compromiso co deporte, punto que se viu confirmado polos medios facilitados por este municipio para a celebración do evento.
O campionato adaptouse aos momentos que estamos a vivir polo que contou cun protocolo Covid aprobado pola Xunta e a Federación Galega de Actividades Subacuáticas, e se realizazon as debidas probas aos deportistas inscritos.

Aberto o prazo de alegacións para presentar reclamacións sobre o Inventario Municipal de Bens e Dereitos de Salvaterra de Miño

O pasado xoves 15 de abril publicouse, no Boletín Oficial da Provincia (BOP), a aprobación inicial do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Salvaterra.

Neste Inventario recóllense, entre outros, a definición de camiños públicos e bens municipais, e polo tanto ábrese un prazo de dous meses, que rematarán o 16 de xuño, para presentar as alegacións ao mesmo.

A situación sanitaria imposibilita que se poidan facer reunións nas parroquias informando do mesmo, polo que dende o Concello de Salvaterra ponse a disposición de todos os seus veciños e veciñas o inventario, para revisar e presentar as alegacións pertinentes, na páxina web do Concello (ftp://ftp1.concellodesalvaterra.gal/INVENTARIO/INV_PDF/ –  utilizar navegador explorer ou mozilla), ademais os mapas e as fichas estarán a disposición no Salón de Plenos ou en secretaria do Concello.

Este domingo no Rosal maxia e letras co Mago Teto para ilusionar e divulgar en galego

0

Nova actuación esta fin de semana para toda a familia ao abeiro da programación especial organizada polo Concello para este abril, mes do libro no Rosal, co que se busca conmemorar o Día do Libro que se celebra o vindeiro día 23 ao tempo que se convida á veciñanza de todas as idades a desfrutar da lectura e da literatura de moitas formas diferentes. Así, este domingo 25 de abril chega ao Auditorio Municipal (19.00 h) o Mago Teto con ‘As nosas letras’, o seu primeiro espectáculo coa dinamización e defensa do galego como vehículo condutor das diferentes maxias coas que sorprenderá nesta actuación.

Con este espectáculo o Mago Teto rende unha homenaxe á cultura, á tradición e ás costumes galegas a partir dunha escolma de destacadas peza da literatura galega: dende as primeiras manifestacións literarias en galego no misterioso Medievo ata as letras das cancións escritas nos últimos anos, pasando polos Séculos escuros, o Rexurdimento ou o século XX coas súas guerras, ditaduras e prohibicións que tanto influíron na situación actual da lingua galega.

Durante a tarde o público poderá desfrutar de marabillosas maxias a través das que se espertará en todas as persoas presentes o coñecemento histórico e contemporáneo do galego levando a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubriralles a incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, verán aparecer os debuxos de Castelao da man do seu espírito ou desfrutarán da adiviñación semántica coas obras de Risco, Rosalía de Castro ou Blanco Amor. En definitiva, unha unión de maxia e letras coa que ilusionar e divulgar en galego.

O espectáculo terá entrada de balde e con aforo limitado a 60 persoas, polo que será necesaria inscrición previa a través da web do Concello para reservar entrada. A actuación desenvolverase cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade marcados polas autoridades sanitarias.

Programación do mes

A programación deste mes complétase cunha proposta interactiva na que se invita a toda a veciñanza a participar no concurso de fomento da lectura que se está a celebrar, para o que hai que enviar un vídeo recomendando un autor e un libro e mesmo lendo un parágrafo da obra. Ademais, membros do Club de Lectura do CPI Manuel Suárez Marquier están a facer as súas recomendacións de forma visual e diferentes rosaleiros e rosaleiras participarán na lectura de ’27 historias para tomar sopa’ poñéndose ante a cámara para ler as historias para nenos e nenas que recolle o libro.

Todas estas iniciativas estanse a difundir durante todo este mes de abril a través da web e das redes sociais do Concello, como tamén se difundirá o premio ao bo lector na categoría de Infantil, Xuvenil e Adulto, que dará a Biblioteca municipal e que se entregará o vindeiro 23 de abril.

Dende o Concello quérese agradecer a colaboración desinteresada de todas as persoas que participan neste proxecto, promovendo unha cultura segura pensada para todos os públicos.

Tomiño presenta a nova edición de O Siñor Afranio, a obra que recolle a fuxida de Antón Alonso Ríos

0

Este sábado tivo lugar no Mercado de Tomiño a presentación da terceira edición do libro O Siñor Afranio, a obra que narra as memorias do político e líder agrarista Antón Alonso Ríos como fuxido das forzas sublevadas en 1936, un periplo de máis de dous anos no que percorre o sur de Galicia facéndose pasar por esmoleiro ata lograr chegar a Bos Aires. Publicada por primeira vez en 1979 pola Editorial Castrelos da man de Xosé María Álvarez Blázquez, foi reeditada pola Editorial A Nosa Terra no ano 1996, atopándose esgotada ata a elaboración desta nova edición realizada polo Concello de Tomiño a cargo da historiadora Natalia Jorge Pereira.

O emotivo acto tivo foi tamén retransmitido en directo por streaming a través das redes sociais, acompañándoo por esta canle familiares e persoas achegadas ao protagonista desde países como Arxentina, Perú, Estados Unidos ou Francia. Foi presentado pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen estivo acompañada por Bieito Alonso, responsable da anterior edición do libro feita por A Nosa Terra, e por María Ortega, deputada provincial de Patrimonio Material, Memoria histórica e Normalización Lingüística.

A presentación da obra supón poñer un broche de ouro a catro anos de memoria iniciada co proceso participativo polo cal o IES de Tomiño pasou a chamarse Antón Alonso Ríos. Virían despois outros actos como as xornadas en homenaxe ao mestre desenvolvidas no ano 2017, das cales se extraeron importantes contribucións que estarán presentes nesta nova edición do libro. Algunhas delas son as lembranzas de varios membros da súa familia; as conclusións extraídas da mesa redonda celebrada o último día das xornadas nas que se mostra a súa dimensión máis humana, elaboradas pola xornalista Rita Alonso; intervencións dos historiadores Xosé Manoel Seixas e Xosé Manuel Malheiro; reflexións do cineasta Víctor Aparicio, creador do documental O Siñor Afranio protagonizado por Luis Tosar ou un relato de ficción elaborado polo xornalista tomiñés José Benito Fernández, afincado en Madrid, entre outras novas aportacións que complementan a obra orixinal.

“O Afranio non só é un percorrido pola traxectoria vital de Alonso Ríos, é unha reflexión filosófica, antropolóxica e etnográfica dun país que está a piques de sufrir un absoluto traumatismo”, sinalou na súa intervención Bieito Alonso, quen salientou a importancia fundamental de seguir mantendo vivo o movemento memorialista, ao igual que destacou a deputada María Ortega, quen agradeceu ao Concello de Tomiño ter promovido esta reedición sobre “unha figura referente da potencialidade do noso país que temos que recuperar”.

Clave na historia por ser unha das primeiras achegas das memorias dos exiliados da guerra, O Siñor Afranio é tamén un periplo pola Galicia rural da época, un retrato das valentes e solidarias xentes que arriscando a súa vida axudaron a salvarlla a moitas persoas. “Cómpre destacar o papel das dobremente invisibilizadas, as mulleres loitadoras, coprotagonistas deste libro de fuxidos, porque son elas as que visten, esconden e lle dan de comer a Afranio, as que contribuíron a que hoxe poidamos falar de Alonso Ríos”, declarou a rexedora.

Foi especialmente destacable a intervención por videoconferencia desde Arxentina de Diego Clemenz Alonso, neto do protagonista, un momento cargado de emoción no que aproveitou para mandar agradecementos e felicitacións en nome de toda a familia.

O acto finalizou coa proxección dun vídeo elaborado polo alumnado do IES Antón Alonso Ríos, un momento cargado de emotividade no que se repasaron as vivencias do líder galeguista a través de ilustracións elaboradas polos propios alumnos e alumnas.

Ao remate foron repartidos exemplares do libro entre o público asistente, onde a alcaldesa aproveitou para lembrarlle a aquelas persoas que non puidesen asistir ao acto que poden solicitar un na Casa do Concello. “Queremos que O Siñor Afranio continúe estando nas casas de Tomiño como un tesouro, como sempre foi”, afirmou.

A Xunta licita obras de mellora de firme nas estradas PO-510 e PO-400 do Porriño, Salceda, Salvaterra e As Neves

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar as obras de mellora do firme nas estradas PO-510 e PO-400, ao seu paso polos concellos do Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e As Neves, cun investimento de 985.000 euros.

A Plataforma Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación deste contrato ao que as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 18 de maio.

Na estrada PO-510 os traballos desenvolveranse entre os puntos quilométricos 0+000 e 15+750. Entre os puntos quilométricos 0+200 e 2+700, a estrada PO-510 atravesa o polígono industrial das Gándaras, polo que ten un importante tránsito de vehículos pesados. Para mellorar o seu estado, proxéctase un recrecido e unha ampliación da plataforma, ademais da posta a cota dos pozos de rexistro.

Na estrada PO-400 a intervención acometerase entre os puntos quilométricos 2+300 e 4+800, efectuando o fresado e a reposición do firme. No treito entre os puntos quilométricos 2+300 e 3+900 executarase un reforzo do firme incrementando o paquete existente en toda a plataforma.

Tamén se aproveitarán estes traballos para reforzar a seguridade viaria co acurtamento dun dos terceiros carrís de adiantamento, nuns 100 m de lonxitude, a renovación dos captafaros e a disposición de balizas.

Ademais, na  zona de Budiño, no Porriño, reconfigurarase a sinalización horizontal para permitir xiros á esquerda en camiños públicos que poidan dar servizo aos veciños.

A Xunta continúa traballando na mellora e conservación da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas seguras e eficientes.

O Porriño solicita que empresas, Bispado e aseguradoras implicadas que cheguen a un acordo para arranxar a Capela do Cristo

O Concello do Porriño “agarda que o Bispado de Tui-Vigo e as empresas e aseguradoras implicadas, cheguen a un acordo para resolver as actuais diferenzas que manteñen e se poida arranxar a capela e, por conseguinte, a administración municipal sexa quen de reabrir o parque e a zona de lecer pública do Cristo”, manifestou hoxe Pedro Pereira, concelleiro responsable do Patrimonio.

Pereira avogou por “unha saída dialogada e razoable” do contencioso existente desde que o 16 de marzo do ano pasado, un guindastre de grandes dimensións precipitouse contra a cuberta da capela e tamén alcanzou ao edificio líndante de “Telefónica”. Aquel suceso saldouse só con danos materiais e sen feridos, grazas a que a poboación estaba confinada no primeiro estado de alarma pola pandemia.

Desde entón, o recinto relixioso e parte dos espazos públicos do parque do Cristo permanecen valados e pechados.

O concelleiro fixo esta apelación tras ter coñecemento o Concello de que a Diocese de Tui-Vigo, propietaria da capela do Cristo, ven de presentar unha reclamación contra as empresas e aseguradoras implicadas por aquel sinistro. En concreto, a demanda admitida a trámite polo Xulgado nº 2 do Porriño, presentouse contra “Promociones Romansil SL”; “Allianz compañía de seguros”; “Grupo de Montaje Espinosa Gruesga SL”; “Asefa SA seguros y reaseguros”; “Tüv SüD Atisae” e “Caser seguros”.

Se a demandante e os demandados non acadan antes unha solución negociada, o caso chegará a xuízo ordinario.

Galicia rexistra un total de 2.767 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.767, deles 677 son da área da Coruña, 205 da de Lugo, 226 da de Ourense, 448 da de Pontevedra, 732 da área de Vigo, 370 da de Santiago e 109 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 166 en unidades de hospitalización e 2.568 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 114.901 persoas curadas, rexistrándose 2.373 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.963.439.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 866.001.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

Miguel Domínguez xestiona coa Xunta a dotación dun camión de emerxencias para o GES da Cañiza

0

O voceiro municipal do PP da Cañiza, Miguel Domínguez, emprendeu xestións coa Xunta de Galicia para que acceda á dotación dun camión de emerxencias de última xeración ao Concello ante a próxima posta en marcha do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), concedido polo Goberno galego ao municipio para a axeitada atención das incidencias na bisbarra da Paradanta.

O concelleiro popular trasladoulle esta petición ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, nun encontro que foi solicitado fai varias semanas e que tivo lugar a primeira hora desta mañá no edificio administrativo do executivo autonómico en Pontevedra.

Nesta xuntanza, Miguel Domínguez informou ao representante rexional de que o pleno da Cañiza aprobou a semana pasada por unanimidade o convenio de adhesión ao GES e que, para a súa óptima actuación, é preciso dotar ao servizo dun camión de atención de emerxencias, orzamentado nuns 200.000 euros, cos sistemas operativos de vangarda.

“Hai algunhas semanas, tras comprobar como os demais municipios da provincia aos que se lle concedeu o GES se poñían a traballar na súa implantación e A Cañiza ía con retraso, pedín unha entrevista co delegado territorial, xa que quería trasladarlle as necesidades que temos á vista de que o goberno local incurre nun pasotismo absoluto nos temas de importancia para os veciños”, detallou Domínguez, que agradeceu a celebración desta reunión e a “sensibilidade” do delegado e da Xunta co municipio.

O voceiro popular, que saíu con “boas sensacións” sobre a aceptación por parte do Goberno galego desta importante demanda loxística para o GES, agarda que nas vindeiras semanas haxa unha resposta sobre a mesma e instou ao goberno socialista da Cañiza “a poñerse a traballar dunha vez porque xa van case dous anos de lexislatura e nin están e, o peor de todo, nin se lles espera”.

“Dixen que traballaría polos veciños, que defendería o seu benestar e que actuaría en base ao interese xeral da Cañiza durante toda a lexislatura fora cal fora o resultado electoral e dende o cargo que me tocara desempeñar e é o que estou facendo ante a absoluta inacción, parálise e incapacidade do goberno de Luís Piña”, aseverou Domínguez, que engadiu que “pensaba que na oposición tería que facer máis ben unha labor de fiscalización, control e propostas, pero a verdade é que non nos queda máis remedio que xestionar, intermediar e pedir porque o goberno local non o fai e temos que tentar paliar o abandono que sofren os veciños”.

“Os veciños da Cañiza teñen que saber que poden acudir a nós e que imos traballar arreo por eles porque para o PP o que máis importa é A Cañiza”, apostillou Domínguez, que agarda que as negociacións coa Xunta cheguen a bo porto e que, en breve prazo, se aprobe a necesaria dotación do camión de emerxencias.

Salvaterra acolle a exposición: “Rio Minho-Memorias Transfronteirizas”

A Casa do Conde, edificio histórico de Salvaterra de Miño, acollerá nos vindeiros días a exposición itinerante “Rio Minho-Memorias Transfronteirizas”, un proxecto froito da colaboración administrativa entre os municipios do baixo e alto Miño, España e Portugal.

Esta iniciativa pretende por en valor o gran potencial turístico do territorio transfronteirizo así como destacar a gran riqueza natural, cultural e patrimonial da zona. O río Miño érguese, neste caso, coma un destino ecoturístico vertebrador da cultura e coma un recurso de referencia nacional internacional.

A Estratexia de Cooperación intelixente para o Río Miño Transfronteirizo

SMART MIÑO é un proxecto da Deputación de Pontevedra (beneficiario principal), a Comunidade Intermunicipal Alto Minho, a Fundación Centro de Estudos Eurorexionais e a A grupación Europea de Cooperación Transfronteiriza Rio Minho (AECT Rio Minho), cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A exposición Rio Minho-Memorias Transfronteirizas está producida pola CIM Alto Minho, en colaboración cos socios AECT Rio Minho e Deputación de Pontevedra.

Esta exposición recorreu os seguintes concellos e cámaras fronteirizas:

  • Tui 21/07 a 07/08  >  Anexo a Sala Municipal de Exposicións
  • Melgaço 12/08 a 26/08  >  Casa da Cultura
  • Tomiño   29/08 a 13/09  >  Mercado de Tomiño
  • Caminha 18/09 a 05/10  > Museo Municipal de Caminha
  • A Guarda  9/10 a 20/10  >   Hall da Casa dos Alonso
  • Monção 15/12 a 10/01  > Biblioteca Municipal

Tomiño reformará a cuberta do Auditorio de Goián e instalará novo equipamento técnico

0

O Concello de Tomiño levará a cabo obras de mellora no auditorio de Goián consistentes na mellora do seu equipamento e na reforma da cuberta. O edificio, remodelado no ano 2015 para habilitar os espazos necesarios para a creación da Escola de Música, será tamén intervido para adecuar as instalacións en diversos aspectos como a iluminación e o son, co fin de que poidan cubrir as necesidades actuais de uso.

O proxecto de reforma inclúe varios ámbitos de actuación. Por un lado completarase a impermeabilización do edificio a través da intervención na cuberta do auditorio. Por outro, levarase a cabo unha ampliación do escenario, retirando as escaleiras que son innecesarias trala creación dun novo acceso lateral na anterior intervención, e farase unha reforma da cabina de control, permitindo aos técnicos ter unha referencia directa do que acontece no escenario durante as diferentes actuacións escénicas.

A actuación irá acompañada dunha mellora do equipamento técnico das instalacións, tanto na iluminación como no son e no audiovisual.  O actual sistema de iluminación só permite iluminar a caixa escénica, impedindo unha correcta exposición dos personaxes situados na boca do escenario desde o bordo ata uns 2 metros de profundidade. Resolverase este problema coa instalación de luminarias de tipo LED situadas a ambos lados do escenario e desde a parte superior da parede frontal da cabina que permitan iluminar todo o que poida acontecer no escenario.

Adecuarase tamén o espazo escénico coa instalación de carrís que permitan a mobilidade da estrutura de aluminio sobre a que se dispoñen elementos escénicos como as cortinas, panos e bambalinas, permitindo o seu desprazamento inmediato durante os actos e substituirase o sistema de proxección para adecualo a diversas funcionalidades alén do cinema. No ámbito do son, instalarase un novo equipo que garanta a unha cobertura homoxénea en todo o salón ademais dunha correcta intelixibilidade.

“Estas melloras permitirán que o escenario se poida adaptar facilmente aos distintos usos que ten na actualidade, tanto para ser empregado para concertos da banda como para o teatro, mellorando notablemente a calidade das actuacións e facilitando o traballo do persoal técnico”, explica o concelleiro de obras, Alexandre Pérez.

O proxecto atópase pendente de adxudicación e conta cun orzamento base de 110.000 euros, que serán financiados ao abeiro do Plan Concellos 2020.

Outras intervencións no Auditorio

Ademais destas obras de mellora, no Auditorio tamén está prevista a instalacións de paneis solares para o autoconsumo de enerxía fotovoltaica, unha intervención que se fará tamén na Casa do Concello. Ademais, recentemente vén de ser concluído o camiño que conectará o edificio coa praza Pintor Antonio Fernández, unha actuación encadrada no proxecto “Máis Goián” co que se pretende conectar os distintos equipamentos públicos da vila goianesa a través da mobilidade peonil.

Mos, concello pioneiro en entregar medidores de C02 á hostalería

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou que o Concello ven de facerlle un pedido á empresa mosense Rodavigo de aparatos medidores de CO2 para todos os negocios de restauración do municipio, e axudalos así a que se axusten ao Plan de Hostalería Segura de Galicia que esixe garantir a calidade do aire no local.

Deste xeito a alcaldesa declarou ao respecto desta medida municipal de apoio aos hostaleiros que “desde esta administración local consideramos que a restauración precisa nestes intres máis apoio que nunca por atoparse nunha tesitura enormemente delicada, de xeito que estamos en constante busca de posibles vías de colaboración asumibles desde o Concello e esta é una delas”. A rexedora local mosense informou ademais de que o pedido xa está realizado e a entrega aos hostaleiros dos medidores de CO2 realizarase a vindeira semana.

O director xeral da empresa mosense Rodavigo, á que o Concello lle encargou os medidores, Nazario Correa, destaca que atopar un medidor de CO2 non é algo tan sinxelo, non está en calquera tenda de electrodomésticos, aínda que é seguro que se vai a popularizar de forma inmediata.

Coa obriga de implantar medidores de CO2 para controlar a calidade do aire nos establecementos, e ante as dificultades de atopar estes dispositivos en cadeas de electrodomésticos locais, os propietarios lánzanse de inmediato a Internet, algo que non terán que facer neste caso os hostaleiros mosenses pois disporán do seu medidor a semana que ven do que lle fará entrega o Concello de Mos.

Os distribuidores destes aparatos temen que o caso dos medidores de CO2 sexa similar ao das máscaras, por exemplo, cunha demanda súbita e desproporcionada, que provoque un desabastecemento en pouco tempo. En calquera caso, como subliñan, o medidor é un investimento que se fai unha soa vez e non require ningún tipo de mantemento.

Ademais, no caso de Mos, existe a alternativa dun distribuidor pioneiro neste material, Rodavigo, grazas ao que o Concello convírtese tamén en municipio pioneiro en obsequiar aos seus hostaleiros con esta nova tecnoloxía obrigatoria a partir do vindeiro 23 de abril.

Cómpre lembrar ademáis que, a empresa Rodavigo, é a que a pasada primavera lle doou ao Concello de Mos 2.000 mascarillas infantís FFP2 para repartir entre nenos e nenas mosenses de 3 a 14 anos de idade, e agora volta a colaborar coa administración local mosense aportando o 50% do custe dos dispositivos medidores de C02.

SmartPepe pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como utilizar Instagram para promover unha empresa, como xestionar e comercializar vivendas e apartamentos turísticos, falarase de Blockchain: unha tecnoloxía que pode cambiar o mundo, e de como crear unha páxina profesional con WordPress.

En concreto, este martes 20 impartirase o obradoiro Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II, estarán a cargo de Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, quen falará da utilidade desta ferramenta para dirixirse ao público potencial e conectar de xeito rápido coas audiencias.

O mércores 21, Sonia Torres, Técnica en Empresas e Actividades Turísticas, impartirá Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos, obradoiro que plantexará a importancia dunha boa xestión da man das novas tecnoloxías de comercialización e marketing en liña para aumentar reservas e beneficios.

Para finalizar, o xoves 22, chegará Blockchain: a tecnoloxía que pode cambiar o mundo a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da potencialidade desta nova ferramenta. Por último e no mesmo día, María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro Crea unha páxina profesional con WordPress II, dando continuidade ao anterior.

A Xunta vacinou o sábado a máis de 11.000 persoas do grupo de poboación entre 60 e 65 anos

A Xunta de Galicia vacinou contra a COVID-19, na xornada do sábado, a 11.286 persoas pertencentes ao grupo poboacional de entre 60 e 65 anos. Así, ao redor do 70 % das persoas convocadas para recibir a primeira dose acudiu a súa cita de vacinación.

Dun xeito desagregado, e de acordo aos 14 puntos de vacinación habilitados por Sanidade, nos diferentes distritos sanitarios, na área sanitaria da Coruña e Cee un total de 2.331 persoas foron vacinadas coa primeira das doses da vacina; 848 na área sanitaria de Ferrol; 1.964 na área sanitaria de Santiago-Barbanza; 1.191 na área de Pontevedra-O Salnés; 2.164 na área de Vigo; 1.321 na área de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 1.467 na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Na xornada de onte domingo continuaron as vacinacións en grandes recintos.

A Guarda esixe á “rectificación e aclaratoria” sobre unha imaxe da festa do monte que ilustraba unha información sobre o botellón

0

O concello da Guarda, a través da Concellería de Turismo, Festas e Festexos que xestiona Rafael Álvarez, vén de esixir unha “rectificación e aclaratoria” á La Voz de Galicia trala publicación dunha imaxe de tres persoas, da banda máis antigua da Festa do Monte da Guarda, facendo o ritual da xura anual, para ilustrar dita información sobre as medidas que os concellos tiñan implementado para loitar contra o “temido botellón”.

A información, de feito, sinalaba que A Guarda, era un dos concellos cunha normativa máis específica ao respecto, porén, utilizaba unha foto dunha celebración declarada de Interese Turístico como a Festa do Monte, para ilustrar a noticia algo que, evidentemente, “nada quen que ver co botellón do que se fala na información”, subliña o Concello guardés.

Dende a Concellería de Turismo, Festas e Festexos da Guarda, o concelleiro Rafael Álvarez sinala que “non entrando a valorar o contido do artigo, queremos manifestar o noso total desacordo coa desafortunada publicación da imaxe dunha festa declarada de Interese Turístico, como é a Festa do Monte relacionándoa co fenómeno do botellón”.

O enfado do Grupo de Goberno da Guarda é estensivo a “innumerables veciñas, veciños e achegados nestas festas que non entendemos a falta de rigor xornalístico”. Esa falta de rigor, insiste o comunidado do Concello da Guarda “pon de manifesto a desinformación sobre unha festa moi importante na nosa contorna, que se vén celebrando dende 1913 e que nada ten que ver co temido botellón”.

Por ese motivo, o Concello da Guarda solicita “encarecidamente unha inminente rectificación e aclaratoria ue disvincule totalmente esta imaxen da Festa do Monte co botellón, para non seguir danando a imaxe dunha festa que varias xeracións de guardeses e guardesas levamos no noso ADN”, conclúe o escrito de Rafael Álvarez.

A Deputación aproba o convenio con Salvaterra para cumprir unha “demanda histórica” de mellora da seguridade nos accesos ao colexio de Leirado

A Deputación de Pontevedra dá os primeiros pasos para mellorar a mobilidade peonil e a seguridade viaria nos accesos ao CEIP Leirado de Salvaterra pola estrada provincial EP-4006, que une As Neves e Ponteareas. Deste xeito, a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar o convenio co concello a través do cal se investirán máis de 214.000 € para dar resposta á unha das demandas histórica de Salvaterra.

A través deste convenio actuarase entre o punto quilométrico 5+900 e a conexión coa PO-402 que da acceso ao CEIP Leirado, mellorando a seguridade viaria e a mobilidade peonil nun tramo que presenta, na actualidade, escasas beirarrúas e cunetas non transitables. Deste xeito, e dando resposta ás inquedanzas da veciñanza da vila, crearase un camiño escolar seguro cara o centro escolar e traballarase na redución da velocidade no tramo seguindo o modelo de mobilidade sostible e segura da Deputación nas estradas provinciais

Máis polo miúdo, a actuación contempla executar un paso sobreelevado para dar acceso ao seu alumnado de forma segura así como a redución da velocidade do tráfico rodado aos 30 quilómetros por hora, á altura do colexio. Tamén se construirá unha senda peonil de 2,5 metros de ancho dende o CEIP ata o cruce coa PO-402, crearase unha beirarrúa de formigón coloreado para dar continuidade ao itinerario peonil existente no inicio do treito antigo e, na marxe esquerda, unha beiravía. Amais, a reforma comprende unha zona de estacionamento de autobuses segura e ben delimitada á beira do colexio, a execución dunha nova capa de rodaxe e novo pavimento, pintado e sinalización horizontal e vertical.

O Banco Municipal de Voluntariado da Guarda celebra a súa primeira reunión

0


O pasado 15 de abril tivo lugar a primeira reunión de traballo co grupo de persoas inscritas no Banco Municipal de Voluntariado do Concello da Guarda; unha primeira xuntanza que servía para dar a benvida e agradecer ás persoas “o seu interese en participar e compartir o seu tempo con este proxecto” e, ao mesmo tempo, iniciar os pasos para perfilar as accións ás que dar resposta e que entre as e os particiapantes perciben como necesarias.

Así e tras debuxar un percorrido por distintas accións levadas a cabo polo Concello na área de voluntariado e escoitar as propostas e ideas das persoas voluntarias, sinaláronse dúas accións ás que darlle forma a través de accións de voluntariado.

A primeira acción estaría situada no ámbito da intervención social e que sería a de acompañamento a persoas maiores que viven soas ou que están moito tempo soas, e coas que interverían en espazos de ocio e sociabilización.

A outra acción sería unha actividade de medioambiental, como a recollida de lixo en praias e a súa posterior transformación dese lixo nalgunha representación artística, como un elemento de concienciación.

O seguinte paso será ofertar unha formación específica para este grupo de voluntarias e voluntarios tratando de facilitar ferramentas para axudarlles a desenvolver estas accións e paralelamente desenvolver estas ideas/accións para a súa posterior posta en marcha.

Dende a OMIX da Guarda, convidan e animas ás persoas que así o desexen “a unirse a este proxecto de participación que agardamos que siga crecendo”.

Tortilla mexicana de interior gallego, o cómo aprovechar sobras de una laconada o un cocido (y sin gluten)

Seguro que conocéis el famoso anuncio de una crema de chocolate en el que se cantaban los ingredientes: leche, cacao, avellanas y azúcar… ¡Na na na! Pues yo os propongo cantar también los ingredientes de nuestra sencillísima receta de hoy y, además, en vez de contaros cómo hacerla, os envío un vídeo rapidísimo en el que queda muy claro el proceso.

Así que:

Grelos – lacón – chorizo y tetilla… ¡Tor ti lla!

Aunque las tortillas de maíz rellenas son un plato típico de México, éstas tienen un marcado acento gallego, ya que, como veis, las hemos rellenado de productos muy nuestros. Yo he utilizado unas tortillas sin gluten que venden en muchos supermercados, pero también podríais probar a hacerlas en casa.

Como el lacón con grelos, y el cocido, son platos de otoño, invierno, primavera… bueno, y seguro que hay quien también los hace en verano…, y no hay laconada ni cocido sin sobras (1), os propongo una forma sencilla de aprovecharlas.

Sin más… ¡Que suene ya esa Muiñeira de Chantada mientras preparamos nuestras riquísimas tortillas de maíz mejicanas de interior gallego!

Bo probeito!

  1. Respecto a esto de las sobras, hay una frase que me dijeron un día, que creo que recoge muy bien ese espíritu de las grandes fuentes llenas de comida de las abuelas, tías, madres…: “Se non sobrou, non chegou!” Pues nada, que sobre, que ya lo aprovecharemos.

A Axenda 2030 e as mulleres na administración pública, protagonistas dunha nova xornada da ‘Escola María Vinyals’

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Cátedra Iberoamericana, veñen de converter á Axenda 2030 e á administración pública en protagonistas dunha xornada “potentísima” da Escola de Igualdade María Vinyals que terá lugar os xoves 22 e 29 de abril.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada da deputada de Igualdade, Vicky Alonso, da directora da iniciativa María Xosé Rodríguez Galdo, e da directora da Cátedra Iberoamericana da USC, María Cadaval, enxalzou a importancia destas sesións que se desenvolverán de forma mixta, presencial e on line, e “na que se achegará a mirada lila de mulleres moi recoñecidas para reivindicar o seu papel na xestión da Axenda 2030 dende as administracións públicas”.

A xornada “A Axenda 2030 e o papel das mulleres na administración pública do futuro”, que xaten xa aberta a inscrición a través de www.depo.gal, pretende poñer no centro ás mulleres porque, tal e como subliñou a presidenta Carmela Silva, “é fundamental que esteamos dicindo como queremos que se implante e desenvolva a Axenda 2030 xa que todo o que formula ten moito que ver coa posición que ocupamos no mundo”. Ao respecto a presidenta recordou a relación das mulleres coa pobreza, “que ten nome de muller”; coa ciencia ou tecnoloxía, “onde as mulleres estamos aportando moitísimo e demandamos ter máis presenza ou visibilidade”; coa loita a favor da igualdade, “onde temos que esixir a perspectiva de xénero en cada proxecto”; ou coa sustentabilidade e loita contra o cambio climático, “na que as mulleres están a levar a bandeira para asegurar un planeta con vida de calidade”.

Carmela Silva: “Trátase dunha xornada potentísima na que se achegará a mirada lila de mulleres moi recoñecidas para reivindicar o seu papel na xestión da Axenda 2030 dende as administracións públicas”

Tamén remarcou a presidenta o papel das mulleres nas institucións públicas, outro dos eixos temáticos da xornada. Neste eido, Carmela Silva asegurou que “somos maioría xestionando nas administracións públicas pero dirixindo non. Por iso queremos escoitar voces de mulleres que falen dende a administración, de todo o que aportan en canto á Axenda 2030”. “Precisamos ter reflexión –engadiu a presidenta-, coñecemento e seguir sumando no mundo voces de mulleres que teñen moito que aportar e que o fan dende a análise profunda e moi elaborada. Iso é feminismo, a filosofía máis potente xamais creada”.

Pola súa banda a directora da xornada, Mª Xosé Rodríguez Galdo, explicou que “a covid, e todo o que significa, nos está obrigando a repensar moitas cousas”, entre as que a catedrática salientou a importancia da sustentabilidade e a discriminación que sofren as mulleres. “De aí que teña todo o sentido o título da xornada, para poñer en valor o papel tan grande e importante das mulleres nas administracións públicas e na Axenda 2030”, asegurou. Ao respecto, a directora da Cátedra Iberoamericana da USC, María Cadaval, quen tamén recordou o protagonismo da igualdade no marco da Axenda 2030 (ao ser un dos seus dezasete ODS), engadiu que “aínda que teoricamente debe existir a igualdade na administración non a hai e non se pode desperdiciar a metade do talento. Esta é unha razón de peso para organizar esta xornada”.

Programa

A Axenda 2030 e o papel das mulleres na administración pública do futuro comezará o xoves 22 de abril co acto de apertura e dúas mesas redondas que contarán con destacadas poñentes. Na primeira mesa O papel das mulleres no liderado dos servizos socio-sanitarios participarán a catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, María África González; a CEO de Nanogap, Tatiana López, e a xefa de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro, Ana Concheiro. Na segunda mesa co título O papel das mulleres en prol da investigación e educación pública de calidade, participarán a primeira directora da Unidade ‘Mujeres y Ciencia’ do Ministerio de Educación, Capitolina Díaz; a directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo, Elena Rivo, e a presidenta de Estalmat, Elena Vázquez.

A segunda parte será o xoves 29 coa mesa O liderado feminino na administración e o seu avance cara unha igualdade real, na que a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández, conversará coa primeira muller en ser nomeada Directora Financieira da OCDE, Ana José Varela, a presidenta da Asociación ‘Mujeres en el sector público’, Concepción Campos, e a titular da Asesoría Xurídica do Concello de Vigo, Margarita Parajó. A última mesa sobre Cidades sostibles: un reto para o liderado feminino no mundo local na procura de institucións sólidas, contará coa intervención da responsable da Área de Territorio de Vitoria Gasteiz, Ana Oregi, a xornalista especialista en comunicación e redes sociais na administración pública local, Amalia López, e a directora da ORAL da Deputación, Inmaculada Viña.

Na clausura de “A Axenda 2030 e o papel das mulleres na administración pública do futuro” será ás 13 horas e nela participarán, amais de Carmela Silva, María Xosé Rodríguez Galdo e María Cadaval, e a avogada xeral do Estado, Consuelo Castro.

‘SEA’ acorda cos concellos da Guarda e O Rosal avanzar no estudo dun polígono compartido que atraia investimentos de Galicia e Portugal

0

A xerente de “Suelo Empresarial del Atlántico”, (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse este venres ao Concello da Guarda para abordar conxuntamente co alcalde da localidade, Antonio Lomba e a rexedora do Rosal, Ánxela Fernández Callís, a posibilidade de retomar o estudo sobre un polígono industrial compartido entre ambos os Concellos que sirva de revulsivo económico á zona e permita atraer investimentos tanto de Galicia como do norte de Portugal.

Despois das conversacións mantidas previamente con ambos os rexedores, este venres déronse importantes avances de colaboración institucional de fronte ao impulso do polígono de forma conxunta. Deste xeito, SEA retomará o estudo do proxecto de chan industrial compartido, que se situaría na zona limítrofe entre ambas as localidades, e que xa se comezou a expor no ano 2004.

Beatriz Sestayo lembrou que Suelo Empresarial del Atlántico dispón xa do proxecto sectorial, elaborado en 2007, e que tan só terá que ser agora actualizado. Ademais, a entidade, dependente do Ministerio de Transportes, xa conta cunha parte importante dos terreos en propiedade. En concreto, posúe 45.000 metros cadrados dos 260.000 previstos que contemplaba o plan sectorial, a expensas do que determinen os consecuentes informes.
O polígono situaríase nas parroquias de Gándara na Guarda e da Cunchada e O Rosal, no límite entre ambos os concellos.

“Máximo esforzo” dende SEA

Beatriz Sestayo puxo en valor a “magnífica” colaboración institucional establecida para recuperar un proxecto para o que comprometeu “todos os esforzos” para analizar a súa viabilidade.

“É moi importante ou asentamento poboacional, en lugares magníficos como este do Baixo Miño, e temos un proxecto que só hai que actualizar”, subliñou Beatriz Sestayo, que emprazou a todas as administracións a “comprometerse para que sirvamos de motor para crear emprego e, en definitiva, para mellorar a calidade de vida dúas pobos de Galicia”.

“Desde SEA comprometo ou máximo esforzo para que este proxecto saia á luz, traballando co máximo rigor e buscar a implicación de todas as administracións, como a Xunta para a mellora dá comunicación viaria con este polígono empresarial”, engadiu.

Pola súa banda, os rexedores da Guarda e O Rosal comprometéronse con SEA a encargar un estudo de viabilidade que reflicta a necesidade socio económica de desenvolver esta área industrial. En paralelo, iniciarán os contactos co sector empresarial para coñecer e testar a demanda existente.

Antonio Lomba lembrou a “ inquedanza” no Baixo Miño por este polígono, como unha oportunidade de conseguir emprego na comarca, aínda que as posibilidades ofrecidas previamente por parte doutras administracións, entre elas, a Xunta, “non foron boas”. “É agora é a primeira vez que se abre esa posibilidade e isto fainos albergar esperanzas e esperamos que coa túa xestión, Beatriz, poidamos comezar traballar para sacar adiante este polígono”, destacou Antonio Lomba, que mostrou o seu agradecemento persoal a Beatriz Sestayo.

Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, que tamén agradeceu a colaboración da xerente de SEA, incidiu na importancia de impulsar este proxecto tanto polo “propio asentamento poboacional non ámbito rural, unha aposta dá SEA que inicia e que para nós é fundamental non Baixo Miño e tamén na posición estratéxica que temos non ámbito Porto-Vigo”, porque “ temos que ter a capacidade de camiñar con Portugal”.

Na reunión participaron tamén o director comercial de “SEA”, José Rey; Montserrat Magallanes, tenente de alcalde e Miguel Español, concelleiro de Obras. Tras a reunión no Concello, realizouse unha visita presencial aos terreos nos que se situaría o posible polígono.

Manifesto Miñor denuncia o recheo da canteira no lugar de Penide en Prado (Morgadáns)

0

Manifesto Miñor vén de denunciar o recheo dunha canteira existente no barrio de Prado, na parroquia de Morgadáns, explotación que “levaba varios anos durmida”. Segundo MM, logo de ter recibido numerosas queixas veciñais, comprobaron que no anteditor barrio de Prado, no lugar de Penide, estaba a desenvolverse “unha actividade intensiva co obxecto de selar a canteira; tan intensiva como o movemento de varios camións de grande tonelaxe, así como a pa excavadora achanzando a terra e soterrando os entullos de todo tipo que ían deitando os citados camións.

Segundo o portavoz de Manifesto Miñor, Antonio Araújo Quintas, puideron comprobar “segundo os anagramas dos devanditos camións, o nome de  tres empresas carrexando e vertendo terra, xabre, entullos, etc.”.

Logo de realizar as correspondentes averiguacións no Concello, Manifesto Miñor asegura que “non consta expediente aberto ao respecto, ignorando se teñen licenza municipal ou calquera outra autorización sectorial ao respecto”.

Orballiña

Cómpre salientar que se trata dunha zona sensible polo existencia, na proximidade da devandita canteira que están aterrando, de abundantes olleiros de auga, nacentes de regueiros con troitas, unha zona húmida na que habitan as dúas especies de Orballiña que esixten en Galicia, a Drosera Rotundifolia e a Drosera Intermedia moito máis escasa.

Amais, segundo informa a veciñanza, atravesan a zona varias traídas de auga veciñais polo que, para Manifesto Miñor, “resulta evidente que estamos a falar dun espazo de grande interese natural que cómpre protexer e vixilar calquera actuación que se faga no mesmo ou na súa contorna”.

Por iso MM pide que o Concello de Gondomar e a Concellería de Medio Ambiente “actúen con dilixencia” por se houber que tomar medidas que eviten males maiores, “protexendo así un espazo natural de tanta importancia, e que os traballos de selado da canteira se fagan axustados á legalidade e seguindo os criteriso técnicos, medioambientais, etc., necesarios”.

A Deputación adxudica a mellora da mobilidade peonil na estrada Tabagón-Goián no concello do Rosal

0

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a primeira fase das esperadas obras de mellora da mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián, que une O Rosal con Tomiño, que contan cun orzamento de preto de 650.000 euros e cun prazo de execución de dez meses. O proxecto está enmarcado no modelo de mobilidade sostible, amable e segura que se está a levar a cabo nas estradas provinciais.

A primeira fase de actuación levarase a cabo nun treito de case dous quilómetros entre Tabagón e As Eiras, coa que, como explicou a presidenta provincial, Carmela Silva, “vaise reconverter de xeito integral a estrada, para darlle prioridade ás persoas que circulen a pe” amais de dar solucións aos problemas existentes e satisfacer as necesidades da propia estrada, mellorando a rede viaria, as súas infraestruturas e contorna.

Os traballos contemplan a creación dun carril de uso exclusivo peonil e ciclista, para o que se aumentará a superficie da plataforma actual da calzada, así como a renovación do firme da estrada, coa consecuente redución da velocidade da circulación a trinta quilómetros por hora. Ademais, reformarase tamén a rede de drenaxe e canalización soterrada para a futura renovación do alumeado público. A nova EP-3303 contará cun ancho de 9,10 metros dos que 2,5 estarán dedicados ao carril de uso peonil e ciclista mentres que o resto da calzada estará dedicada aos vehículos, coa excepción de dous espazos de 0,5 metros a ambos lados da estrada.

O Concello de Tui destina case 240 mil á segunda liña de axudas Reactiva Tui

0

O Concello de Tui destina 238.686,86 euros á segunda liña de axudas Reactiva Tui dirixida a persoas autónomas e microempresas do Concello de Tui. Deste total 190 mil euros están financiados con fondos propios e 48.686,886 a través da cantidade adicional da liña 2 do Plan Concellos da Deputación. 

As bases reguladoras desta segunda liña de axudas Reactiva Tui foron aprobadas por unanimidade en pleno, o pasado 25 de marzo, dentro do Plan de Reactivación económica local.

Tratase de axudas dirixidas aos establecementos comerciais, hostaleiros e demais negocios da cidade afectados polo peche perimetral, que mantivo ao Concello de Tui illado durante máis de 100 días, así como polas restricións sanitarias impostas para seguir facendo fronte a pandemia. Estes establecementos deberán acreditar unha baixada de facturación no último trimestre do ano 2020 superior ao 30% respecto ao mesmo período de 2019.

O prazo para a solicitude das axudas comezará tras a publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia. Está pendente tamén a aprobación definitiva do expediente de recoñecemento de crédito extraordinario 1/2021, que habilita o importe destinado a facer efectivas tales axudas polo importe correspondente a aportación municipal.

As axudas de Reactiva Tui II oscilarán entre os 1.000 e os 1.500 euros. Poderanse beneficiar das mesmas persoas autónomas e microempresas de ata 10 traballadores en función da súa plantilla, co obxectivo de contribuír o mantemento da súa actividade económica e de emprego.

As solicitudes tramitaranse por rigoroso orde de entrada, tendo en conta que deben contar no momento da presentación con toda a documentación requirida. Coa experiencia adquirida tras a tramitación das axudas do primeiro Reactiva Tui modificouse o proceso de tramitación facéndoo máis sinxelo.

Cómpre lembrar que o Concello de Tui habilitou dentro do Plan de Reactivación  económica local para facer fronte a pandemia máis de 1.000.000 de euros. Deste total 280 mil euros destináronse á primeira liña de axudas dirixida a autónomos e microempresas.  Sumando os 240 mil euros desta segunda liña, no período dun ano o Concello de Tui ten mobilizado máis de medio millón de euros para apoiar aos sectores económicos da nosa cidade máis afectados pola covid-19.

Esta segunda liña é complementaria coa primeira liña na que se concederon 114 axudas cun importe de preto de 100 mil euros a aqueles establecementos que cumprían con todos os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Para explicar con detalle a convocatoria Reactiva II o luns 3 de maio está prevista unha xornada informativa, de xeito telemático, dende a casa do Concello. A Concellería de Emprego, Comercio e Igualdade informa que as persoas autónomas e empresarias que teñan dúbidas sobre o proceso de solicitude poden consultar co centro de Municipal de Formación en Guillarei no 986 60 32 28 ou no correo electrónico [email protected]. As bases desta convocatoria unha vez publicadas poderán consultarse na área de Comercio na web municipal tui.gal.

‘Descúbreas’ reivindica a voz das “aloitadoras” que comezan na industria musical

Música feita por mulleres, reivindicación feminista e visibilidade ás artistas da provincia. A explanada de Montero Ríos de Pontevedra, ao pé da escalinata exterior do Pazo Provincial, foron onte o escenario perfecto para o “programón”, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, do evento de “Descúbre-as” co que a institución devolveu a música en vivo á cidade de Pontevedra da man “das nosas aloitadoras e conquistadoras, as nosas brillantes activistas da vida cotiá na música”.

A gala, celebrada co estrito protocolo Covid co que a Deputación desenvolve os seus actos culturais, conxugou diferentes accións protagonizadas por mulleres, con actuacións en directo, proxección de audiovisuais e a presentación da iniciativa de mentorización deste programa, que busca “visibilizar e apoiar” ás mozas da provincia que queren comezar a súa carreira na industria musical.

Conducido pola compositora viguesa Natalia Rial, Natary Feel, a gala reuniu sobre o escenario a tres das músicas con maior proxección na provincia. Dunha banda, Mariña Paz e Irene Teijeira, vocalista e guitarrista respectivamente do grupo Furious Monkey House, e alumnas do Estudo Bonobo de Pontevedra, que interpretaron os temas “Empire of ants” e “Pink+White”. E doutra, a da violonchelista Margarida Mariño, que tocou as pezas “Alcume” e “Enxame”.

[su_image_carousel source=”media: 34786,34784,34783″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A presidenta provincial Carmela Silva enxalzou o papel que están a acadar as mulleres na música e na cultura en Galicia, “unha auténtica revolución”, e detallou o programa de mentorización de “Descubre-as”, a “potente plataforma” promovida pola institución para “favorecer que as rapazas da provincia con inquietudes musicais adquiran coñecementos con titorías para axudarllas na proxección das súas carreiras”. Beneficiaranse nesta primeira edición oito mozas de entre 16 e 26 anos, que recibirán un programa de titoría e asesoramento personalizado co obxectivo de lanzar a súa carreira musical. O programa, para o que seguen abertas as solicitudes, terá unha duración de dous meses con acceso a bolsas dun valor cada unha de 1.000 euros.

Audiovisuais

O evento desta tarde tivo tamén un marcado carácter revindicativo da axenda feminista “para seguir loitando pola igualdade e acabar coas discriminacións que tamén sofren as mulleres no mundo da música”. De feito, proxectáronse diferentes audiovisuais, entre eles o vídeo colaborativo creado no marco de “Descúbre-as”, no que vinte rapazas de diferentes escolas de música da provincia uniron as súas voces xunto a 15 instrumentos (un total de 35 participantes) para interpretar a canción “Matriarcas”, de Guadi Galego.

Os outros dous audiovisuais que se exhibiron deixaron patente a relación da música co feminismo a través de reportaxes de artistas e cancións icónicas. No primeiro deles con mulleres que marcaron a historia da música coma Nina Simone, Aretha Franklin, The Runaways, Madonna ou Gloria Gaynor e, no segundo, con temas en defensa da igualdade e artistas máis actuais coma Zahara, Ana Tixous, Kesha, Cristina Aguilera, Demi Lovato, Rozalén, Mala Rodríguez, Gatta Catana, Guadi Galego, Sés ou Pauliña.