17.6 C
Pontevedra
Domingo, 13 de Outubro de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaComezan as xornadas online "Mirando más allá de la E.I.I y la...

    Comezan as xornadas online “Mirando más allá de la E.I.I y la ostomía”

    A Asociación de enfermos de Crohn e Colitis Ulcerosa de Vigo (ACCU Vigo) leva case 30 anos atendendo a persoas con enfermidade de Crohn e Colitis Ulcerosa. E desde fai 2, informan e asesoran ás persoas ostomizadas.

    ACCU Vigo pon en marcha “Mirando más allá de la E.I.I. e la ostomía”. Un proxecto de 12 xornadas en liña onde profesionais de diversos campos falarán de temáticas non só médicas, senón doutros moitos puntos de interese para pacientes, familiares, coidadores ou profesionais; como poden ser a nutrición, o aspecto psicolóxico, as incapacidades laborais e/ou o certificado de discapacidade, dietas, orientación laboral, e moitos outros aspectos.

    Ademais, contarán coa participación do equipo médico da unidade de EII do Hospital Álvaro Cunqueiro, que falarán de temas como vacinas da Covid, tratamentos, coidado de ostomías e consellos.

    Estas xornadas gratuítas darán comezo este sábado 24 de abril, de 10:30 a 12:00 aproximadamente, e iranse desenvolvendo ata o mes de decembro.

    As persoas interesadas poden inscribirse a través dun mail a vigo@accuesp.com ou enviando un whatsapp ao 646384122.

    Este proxecto leva a cabo co patrocinio da farmacéutica Janssen, que por segundo ano consecutivo apoia a ACCU Vigo en proxectos de apoio e información a pacientes.

    Desde ACCU Vigo queren destacar que estas doenzas, non se tratan só da parte médica que axuda a controlar os síntomas ou a simple colocación dun estoma. Hai todo un proceso de aceptación, e unha adaptación, onde é necesario a intervención doutros tipos de profesionais, máis aló do equipo médico. E son moitas as dúbidas que chegan a esta entidade de onde se debe acudir para un tema ou outro, ou descoñecemento da existencia deses profesionais, ou o papel que eles poden ter en certos temas tan fundamentais para unha mellora da calidade de vida, ás veces tan mermada, das persoas que padecen estas doenzas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.