Desde o inicio da pandemia o Concello da Guarda leva posto en marcha diversas actuacións para axudar a paliar os efectos económicos desta crise.
Recentemente ven de finalizar o prazo de presentación de solicitudes para a primeira liña de axudas, que estaba dirixida a aqueles negocios que tiveron que pechar temporalmente a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021, e que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.
Presentáronse a esta convocatoria un total de 42 empresas, fundamentalmente do sector da hostalería. A estas axudas, que ascendían a un máximo de 700€ por negocio, súmanse a redución do 25% na taxa de lixo que se aplicou a todos os negocios da vila que o solicitaron, e que foi aplicada a un total de 70 establecementos.
Outra das medidas urxentes postas en marcha polo Concello para apoiar ao sector da hostalería consistiu en facilitar a instalación ou ampliación de terrazas, así como a eliminación do cobro das taxas por ocupación de vía pública, tanto durante o ano 2020 como durante o presente ano.
Desde o Concello recordamos que ata o 8 de xullo seguirá aberta a convocatoria para solicitar a segunda liña de axudas que está dirixida a negocios en xeral e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas na vila.
Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.
O rango de gastos subvencionables nesta convocatoria incluirían gastos en material de prevención da COVID, inversións necesarias para adaptar o negocio á pandemia, incluso gastos de arrendamento e de cotas de autónomos e Seguridade Social.
As solicitudes presentaranse ben de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello da Guarda, ben de forma telemática a través da sede electrónica www.aguarda.sedelectronica.gal.
Onte, 30 de xuño, Bodegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, puxo á venda o Albariño “La Val Solidario 2020”, unha Edición Limitada de 200 botellas. A pesar de que na pasada vendima non se puidese celebrar a que sería a súa IV Vendima Solidaria, debido ás restricións impostas pola Covid-19, desde a adega cren importante seguir coa traxectoria social deste proxecto que naceu fai xa catro anos.
Nesta ocasión, a entidade coa que colaborou Bodegas La Val é a Fundación Menela (Rede de Servizos para o Autismo e a Dependencia). Pola mañá acudiron á adega para a presentación do albariño A Val Solidario 2020 os 5 alumnos encargados de elaborar a etiqueta acompañados por tres profesoras do centro e Cipriano Luís Jiménez, director xeral da Fundación e Jose Manuel Varela, xerente da mesma.
Esta iniciativa de carácter social ten por obxectivo colaborar cunha asociación a través dun donativo económico. A idea é facer partícipe a un colectivo na creación do viño solidario, desde a vendima ata que sae á venda o mesmo, e que sexan eles os que deseñen a etiqueta, da que será unha edición limitada co seu nome. As etiquetas foron doadas por Coreti Etiquetas e así o fixeron desde a primeira edición.
O importe íntegro da venda de “La Val Solidario 2020” será destinado ao “Club Deportivo Menela” que pertence á Fundación Menela.
A colaboración permitirá dotar de equipamento ao Club Deportivo Menela, cuxo proxecto deportivo conta coas seccións de atletismo, natación e xadrez, a través das cales, os mozos e mozas de Menela participan en diferentes competicións federadas.
A práctica física e deportiva é unha dimensión crave na calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro Autista pola relevancia que ten en aspectos craves como o benestar físico, a saúde, a inclusión e a participación en actividades cotiás. Por este motivo, Fundación Menela agradece a confianza de Bodegas La Val neste proxecto creativo.
Fernando Bandeira, xerente de Bodegas La Val, sinala: “Para nós sempre é un orgullo poder colaborar en proxectos como este. Fundacións como Menela son moi necesarias pois contribúen á mellora da calidade de vida e do futuro das persoas”.
Cun prezo de 8 euros, as botellas de “A Val Solidario 2020”, pódense comprar xa na tenda en liña (https://bodegaslaval.com/tenda/), na tenda física de Bodegas La Val (Salvaterra de Miño) ou na sede da Fundación Menela en Vigo (C/ Marqués de Alcedo ,19 Vigo).
Este é o cuarto ano que Bodegas La Val aposta por crear un “Viño Solidario”, un proxecto persoal co que a adega quere mostrar o seu compromiso, non só cunha maneira especial de traballar a terra, senón tamén coa sociedade. Esta acción naceu en 2017, onde a recadación da I Vendima Solidaria doouse a ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia); a II foi en favor de ASPANAEX (Asociación en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra) e a III da Asociación Alento. Para o próximo setembro, se a situación actual permíteo, Bodegas La Val xa baralla varias Asociacións coas que colaborar na que sería a súa V Vendima Solidaria.
Fundación Menela
Fundación Menela, entidade de iniciativa social clasificada como benéfico – asistencial e de interese galego, é titular dunha Rede de Centros e Servizos para o Autismo e a Dependencia que traballa coa misión de “contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e defender a súa dignidade como cidadáns, dando resposta a necesidades específicas ao longo de todo ou o seu ciclo vital”.
Tras a súa constitución en 1989 asume a titularidade, en 1998, do Centro de Educación Especial Menela, referente no campo da atención especializada a nenos e nenas con TEA en Galicia. En 1993 inaugúrase, en Nigrán, o Centro de Día e Residencial Castro Navás para persoas adultas, impulsando o valor do traballo como ferramenta de inclusión social. O Edificio CAMI ponse en marcha en 2004 co Servizo de Diagnóstico e o Servizo de Atención Temperá e Apoio Integral, o Servizo de Apoio Familiar e o Centro de Formación que, desde o ano 1999, realiza actividades formativas ocupacionais e de especialización profesional.
Dentro da Rede de Centros e Servizos inclúese a empresa Castro Navás S.L., que nace en 1998 coa finalidade de favorecer a inclusión socio laboral de persoas con TEA e, en 2006, a Fundación Tutelar “ Camiño do Miño” que desenvolve accións de asesoramento ás familias, orientación, tutela e administración do patrimonio da persoa tutelada.
Bodegas La Val
Bodegas La Val nace en 1985, converténdose así nunha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas. Situada na Leira Arantei, en Salvaterra de Miño, conta cunha adega equipada coas tecnoloxías máis punteiras do sector e ten unha superficie de 6.000 m2. Os seus viñedos en propiedade atópanse enmarcados en tres leiras: Finca Arantei, Finca Porto e Finca Taboexa e en total suman 53 hectáreas. Bodegas La Val mantén unha produción anual ao redor de 500.000 botellas, e está presente en máis de 20 países en todo o mundo.
Na actualidade produce 8 viños: La Val (Albariño), Finca Arantei (Albariño), La Val Fermentado en Barrica (Albariño), La Val Crianza Sobre Lías (Albariño), La Val Vendimia (Albariño), Más que 2 (Condado), La Val Treixadura (Treixadura), La Val Sousón (Sousón).
A Deputación de Pontevedra vén de constituír a Comisión Interdepartamental co obxectivo de elaborar de xeito participativo e con visión estratéxica unha Axenda Urbana e Rural propia para converter á provincia de Pontevedra nun espazo máis sostible, resiliente, inclusivo e seguro. A presidenta Carmela Silva presidiu esta mañá xunto ao vicepresidente César Mosquera a reunión de constitución da comisión que traballará establecendo redes con institucións, sectores estratéxicos e o tecido social, e estará integrada por persoal dos servizos de Infraestruturas (que coordina a comisión), Mobilidade, Turismo, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza.
Dende hoxe mesmo, que se ten constituído o grupo de traballo, a Deputación inicia o procedemento de elaboración da Axenda Urbana, centrándose, nun primeiro momento, na diagnose da situación de partida da provincia para poder obter un documento estratéxico que contemple os principios, obxectivos, criterios e pautas de actuación para o desenvolvemento sostible e integrador da provincia. Para elo a Comisión Interdepartamental seguirá a metodoloxía da Axenda Urbana Española que conta con fichas de axuda para poder poñer en marcha o plan. A Axenda Urbana e Rural da provincia identificará as áreas funcionais do territorio que, en moitos casos, coincidirán coas comarcas o que permitirá ser máis eficaces á hora de implantar accións ou programas. Amais determinará as actuacións que se levarán a cabo, establecendo prioridades e ordenándoas en función da súa tipoloxía (se se trata de actuacións de carácter normativo, de planificación, de financiación, de mellora da gobernanza, de transparencia e participación, de intercambio e difusión de coñecemento ou boas prácticas e experiencias). Finalmente, o plan establecerá unha calendarización das actuacións e marcará os indicadores de avaliación de resultados.
Amais, a Comisión Interdepartamental de Axenda Urbana e Rural para a provincia tamén valorará a presentación de propostas ao programa de axudas á elaboración de proxectos pilotos de Plan de Acción Local que contempla o compoñente 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno do Estado. Para elo a comisión da Deputación de Pontevedra traballará dende unha visión estratéxica, holística, integrada e sostible de acordo cos obxectivos establecidos na Axenda Urbana Española e aliñados coa Axenda 2030, a Nova Axenda Urbana das Nacións Unidas e a Axenda Urbana da Unión Europea. Coa constitución deste grupo de traballoa Deputación sitúase ao nivel de institucións provinciais como Barcelona ou Granada, que están tamén a traballar no desenvolvemento de Axendas Urbanas de ámbito provincial. A institución leva xa máis de tres anos traballando naaplicación dun modelo de desenvolvemento integral da provincia sostible. Deste xeito xa no 2019 presentou un estudo da aplicación da Axenda 2030 nos programas da Deputación de Pontevedra. Tamén ten en marcha outras iniciativas transformadoras, centradas na Axenda 2030, no impulso da accesibilidade, na eficiencia enerxética, na loita contra o despoboamento ou no impulso da conectividade e a dixitalización na provincia como Ágora, o Plan Estratéxico de Fondos Europeos, o Plan Estratéxico Provincial de Turismo 2021-2023, o programa ReacPon, a estratexia provincial de Infraestruturas e Vías, ou os Plan de Mobilidade Urbana Sostible, DepoRemse ou de Reequilibrio, así como os Plans de Sustentabilidade Turística nos destinos Condado-Pardanta e Deza-Tabeirós-Montes.
Valença avança com o desconfinamento da atividade cultural com um pacote de 18 atividades culturais distribuídas pelos meses de julho e agosto.
A programação de verão avança já sexta-feira, 2 de julho, às 21h00, com um concerto da Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo, na Igreja de Santo Estêvão. Sábado, 3 de julho, às 21h00, no mesmo local será a vez de subir ao palco os Vocalis Contrasta e o Projeto X.
Em 10 de Julho programa-se o concerto do Grupo de Cordas 6tàs9, na Igreja do Convento de Ganfei, às 21h00.
16 de julho o Jardim Municipal recebe um concerto da Academia de Música Fortaleza de Valença, às 21h00.
Em 17 de Julho o palco será para o jazz com o ciclo Mosteirazz , no Mosteiro de Sanfins. Programa-se a atuação dos Kasual Quartet às 16h30 e dos Semfins, às 18h30.
Entre 23 e 25 de julho, será a vez da Cultura da Eurocidade brindar Valença e Tui com uma programação que trará até à nossa cidade seis espetáculos de animação de rua.
Em 24 de Julho será a vez dos Pedaço de Mau subir ao palco, às 21h00, no Jardim Municipal de Valença.
A programação de julho encerra com os concertos dos Dark Side Project em 30 de Julho, no Jardim Municipal, às 21h00 e dos Metáfora, em 31 de Julho, também no Jardim Municipal, às 21h00.
A programação de agosto arranca a 7 de agosto com o espetáculo de Verão no Jardim Municipal, às 21h00.
Em 13 de Agosto com um concerto da Carminho nas Cortinas São Francisco, às 21h00. A 14 de Agosto o palco será para os Calema, às 21h00.
Julho será ainda enriquecidos com três espetáculos de teatro, a cargo da Companhia Comédias do Minho.
Todas as atividades terão lotação limitada e seguirão as normas emanadas pela Direção Geral de saúde.
O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres do mes de xullo.
As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, están xa esgotadas dende hai días.
A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal (Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita remitindo un correo electrónico a [email protected].
Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.
O pleno da Corporación aprobou onte o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas. Trátase da aprobación provisional do PXOM, que agora debe ser refrendada pola Xunta de Galicia mediante a súa aprobación definitiva para a súa entrada en vigor. A administración autonómica dispón de tres meses para resolver dende o intre no que reciba o documento aprobado no día de onte.
A alcaldesa Cristina Fernández e a segunda tenente de alcaldes, Chus Garrote, amosáronse moi satisfeitas coa aprobación provisional do Plan e “confiadas en que esta será a definitiva. Estamos convencidas de que a Xunta de Galicia dará o seu visto bo ao PXOM e Ponteareas verá cumprido o seu obxectivo de contar cun plan urbanístico case 20 anos despois da suspensión das normas subsidiarias”. O Plan Xeral aprobouse cos votos a favor do goberno local (BNG e PSOE), a abstención do PP e o voto en contra de ACIP.
A socialista Chus Garrote salientou que “o goberno do BNG e PSOE herdou en 2015 un Concello paralizado urbanisticamente dende 2002. Fomos capaces de aprobar o plan en 2016, pero en 2017 a Xunta rexeitouno esixindo numerosos cambios. Atendemos o requirimento da Xunta en 2019, cunha nova aprobación, que de novo non satisfacía as esixencias da administración autonómica. Desta vez, a iniciativa do Concello, estableceuse unha coordinación entre os técnicos municipais e os da Xunta para asegurar que o documento responda as súas esixencias”. Garrote explicou que “os propios técnicos do concello confirman que o Plan aprobado onte atende todos os requirimentos da Xunta”.
Pola súa banda, a alcaldesa Cristina Fernández afirmou que “o Plan cumpre coa Lei e cos desexos da administración autonómica, polo tanto non hai máis escusas: o PXOM deberá ser aprobado pola Xunta de Galicia o antes posíbel. Ponteareas non pode permitirse un novo retraso”.
Cristina Fernández amosouse optimista cos efectos que terá o novo PXOM unha vez sexa aprobado pola Xunta. “Reactivará a nosa economía e a creación de emprego, atraerá investimentos de emprendedores ao novo solo industrial, garantirá os postos de traballo das actividades e instalacións empresarias sobre as que hoxe penden ameazas de demolición e peche, dará solución ao comercio e hostalaría que sen PXOM non podía legalizar a súa actividade e dará para o Concello terreos para novos equipamentos deportivos, sanitarios, educativos ademais de proporcionarnos espazos públicos como parques ou aparcadoiros”, salientou a rexedora nacionalista.
O aparcamento municipal do Aral de Baiona amplía o seu horario de servizo a 24 h a partir de hoxe día 1 de xullo durante toda a tempada estival.
O Concello de Baiona, como é costume, aumentará o horario de apertura da instalación durante o verán. Durante as 24 horas do día haberá un operario no aparcamento para axudar e facilitar aos usuarios e usuarias no que fose necesario.
O concelleiro encargado da infraestrutura municipal, Óscar Martínez, destaca que “ o novo sistema de acceso mellorará a experiencia das persoas que utilicen este aparcamento, realizando automaticamente o desconto do 20% da tarifa de rotación para os vehículos que tributen no municipio”.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca, que coa mellora do servizo e a modificación da ordenanza municipal que rebaixou as tarifas, “queremos garantir un servizo público, de calidade que beneficie o máximo posible á veciñanza de Baiona”.
Así mesmo, lembra que “todos os veciños e veciñas do municipio poden gozar dunha hora de aparcamento gratis todos os días do ano ( tamén sábados, domingos e festivos ) os doce meses do ano”.
A partir de hoxe queda aberta a praia fluvial de Luneda, na Cañiza, cun aforo reducido ao 75% da súa capacidade. Os usuarios da praia deberán autoregularse para evitar calquera situación que poña en risco a súa saúde ou a propagación da enfermidade da Covid-19.
Hai que recordar que o nivel de restriccións que as autoridades sanitarias aplican ao Concello da Cañiza é MEDIO-BAIXO.
A reducción do aforo ao 75% fai que o máximo de persoas permitido establézcase en 225 persoas.
Deberase manter a distancia de seguridade de 1,5 m, ou na súa falta o uso de máscara. As normas para o uso da máscara son as seguintes:
Exceptuado: durante o baño, mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal.
Obrigatorio: nos accesos, desprazamentos e paseos; no uso dos vestiarios, agás nas duchas, sempre que non se poida manter a distancia de seguridade interpersoal entre persoas non conviventes.
As zonas de estadía terán unha capacidade mínima de 4 m2 /persoa, agás conviventes. A situación de obxectos persoais, toallas, hamacas e demáis elementos colocaranse nesta zona de xeito que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal.
Recoméndase un límite máximo de 15 persoas por grupo, agás no caso de persoas conviventes.
O Concello do Porriño anuncia a concesión de achegas a catorce comunidades de traídas de augas do municipio por un importe global que suma 77.607 €, segundo informa a Concellería de Infraestruturas, que dirixe Pedro Pereira. Este departamento convocou, por segundo ano consecutivo, este lote de achegas municipais ao que se presentaron catorce comunidades. Todos os solicitantes foron aceptados e non quedou ninguén excluído xa que cumprían cos criterios recollidos na convocatoria.
Recibiran as achegas as comunidades de Cerquido; San Jorge-Mosende; Chan-Casal-Orbenlle; A Pereira-Torneiros; Atios; Cruz-Budiño; Rozadas-Eirís; Carracido; Chenlo; Vitureira-Budiño; Cans; A Graña-Cans e Torneiros. Aínda resta unha solicitude máis que corresponde á comunidade de usuarios zona centro de Atios, que dispón dun prazo dun mes para a subsanación da documentación aportada, segundo explicou o concelleiro Pereira Fernández.
O Concello do Porriño destinou para este exercicio 2021 un importe total de 95.000 €. A convocatoria publicouse en marzo no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) a través da Concellería de Infraestruturas e Urbanismo e ten por obxecto apoiar e promover, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de subvencións entre as comunidades de usuarios de augas de consumo do Porriño que reúnan os requisitos establecidos nas bases.
O obxecto das axudas comprende a contratación de obras de reparación, substitución de redes de distribución cando non superen os 20 metros, así como os gastos correspondentes a analíticas de control sanitario e os gastos de mantemento e conservación en captación de augas, sistemas de almacenamento e potabilización e mantemento das instalacións.
Para estas axudas estableceuse un importe máximo de 8.000 euros por peticionario.
No ano 2020 repartíronse un total 59.976 euros en achegas municipais que acadaron dez comunidades solicitantes, polo que este ano 2021 incrementouse tanto o número de comunidades beneficiadas como o importe total das achegas concedidas pola comisión de avaliación que presidiu o concelleiro de Infraestruturas, Pedro Pereira asistido por técnicos municipais.
Vila Nova de Cerveira voltou a ser o centro das atenções na cooperação transfronteiriça. O concelho foi escolhido para acolher o Encontro de Cooperação Transfronteiriça ao mais alto nível, com representantes de entidades de Portugal e Espanha, numa organização da Secretaria de Estado da Valorização do Interior, em parceria com a CCDR-N e o AECT Rio Minho.
A partilha de experiências e a troca de boas práticas por parte de diferentes agentes de cooperação transfronteiriça, assim como a discussão dos desafios futuros da partilha estratégias nos espaços luso-espanhóis, foram os principais objetivos desata jornada de trabalho que decorreu no Cineteatro Marreca Gonçalves.
Na sessão de abertura, o diretor do AECT Rio Minho e Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, manifestou a “grande expetativa e esperança” que esta fronteira tem na aplicação de “um plano real e efetivo para os territórios transfronteiriços e que, após a aprovação da Estratégia Comum de Desenvolvimento Transfronteiriço Portugal-Espanha, na Cimeira da Guarda de 10 de outubro, se assista a um verdadeiro ponto de viragem que concretize uma visão mais próxima aos cidadãos sobre o desenvolvimento e coesão dos territórios fronteiriços”.
Presente na sessão de encerramento, a Ministra da Coesão Territorial, Ana Abrunhosa, destacou que “entre a Galiza e o Norte de Portugal, entre Portugal e Espanha, já se pensa em conjunto, já existe uma estratégia, e já há projetos em carteira mal os recursos apareçam” A governante acrescentou o importante papel dos autarcas de ambos os lados, demonstrando “um trabalho incansável e que têm sido verdadeiros parceiros da cooperação transfronteiriça, juntando-se para resolver os problemas comuns, dando o exemplo aos governos de Portugal e de Espanha”. Ana Abrunhosa deixou ainda uma mensagem para o concelho anfitrião: “Que melhor município do que Vila Nova de Cerveira [para receber este encontro] que, no Norte de Portugal, vai ser beneficiário de alguns dos maiores e mais simbólicos investimentos transfronteiriços dos últimos anos”.
O Presidente da Xunta da Galicia também marcou presença nesse Encontro de Cooperação Transfronteiriça, ressalvando que “a Europa nasce das regiões limítrofes e desenvolver-se-á enquanto houver uma política regional intensa e que se traduza nos instrumentos analisados no seio desta reunião”. Alberto Núñez Feijóo disse ainda que “é um regionalismo europeu que faz com que nossas nações tenham um desenvolvimento harmonioso e solidário”, e que, só desta forma, ajuda o grande mosaico da Europa a conseguir uma imagem coerente, onde nenhuma das suas realidades será esquecida”.
O Encontro de Cooperação Transfronteiriça contou ainda com as intervenções do Secretário de Estado de Política Territorial y Función Pública (Espanha), Víctor Francos, do Embaixador de Portugal em Espanha, João Mira-Gomes, da Embaixadora de Espanha em Portugal, Marta Betanzos Roig, do Secretário General del Reto Demográfico (Espanha), Francesc Boya Alós, do Presidente do Conselho Diretivo da Agência para o Desenvolvimento e Coesão, IP (Portugal), Nuno Oliveira dos Santos, da Secretaria Geral de Fondos Europeos (Espanha), Mercedes Caballero Fernandez, do Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo Aller, do Presidente e Vice-Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, António Cunha e Beraldino Pinto, respetivamente, e de representantes de AECT’s Galiza- Norte de Portugal, de Eurocidades, de Comunidades de Trabalho.
Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.
Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.
Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.
As persoas interesadas teñen que inscribirse, até este venres, 2 de xullo, enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo [email protected]. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso. A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.
Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.
Onte tivo lugar no Multiusos das Pozas de Mos, unha mesa do sector do comercio, organizada polo Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos.
O acto foi inaugurado pola alcaldesa do Concello de Mos, Nidia María Arévalo Gómez, que aproveitou a ocasión para agradecer a asistencia desinteresada das empresas participantes, así como de todas as empresas do municipio e arredores que colaboran no programa de práticas e inserción .
A alcaldesa aproveitou esta ocasión para facer balance positivo do compromiso do Concello de Mos co emprego e asi mesmo agradecer a implicación de AEMOS en todo o relativo a esta materia; formación, técnicas e programas de búsqueda de emprego.
Nesta ocasión contamos coa colaboración e participación dos seguintes poñentes:
Cerca de un centenar de personas puideron asistir presencialmente ou a través de streaming ao evento da mesa sectorial.
Dende o programa Integrado do Concello de Mos, consideramos moi beneficioso, didáctico e práctico a realización de sesións , coloquios e mesas sectoriais para dar a oportunidade ós usuarios participantes de ter un contacto directo e cercano coas empresas, nas que poder resolver as súas dúbidas e inquedanzas relacionadas co mercado laboral.
Dende o ano 2015 o Concello leva executados 6 programas integrados de emprego nos que atendeu a casi 500 persoas cunha procentaxe de inserción dun 75%.
Dentro dos retos acadados neste VI Programa Integrado que se está a desenvolver dende o pasado día 9 de novembro de 2020 o 65% das personas participantes traballan ou traballaron. Ademais impartíronse un total 1062 horas de formación (transversal e específica) e 2270 horas de formación en liña, así como diversos convenios de prácticas con empresas de diferentes sectores nos que participaron un total de 17 persoas ata o día de hoxe.
O acto foi clausurado pola concelleira de Promoción económica, desenvolvemento empresarial e Emprego, Julia Loureiro Campo, que convidou a todas as persoas asistentes á facer uso dos servicios municipais de emprego ubicados na Axencia de Colocación de Mos.
Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical galega actual, traerá o vindeiro sábado 3 de xullo, as 10 cancións do seu disco “Costuras”, á Praza do Seixo, dentro do ciclo O Son da Praza. Con este concerto en directo para todos os públicos, que comezará ás 22.30 horas e será gratuíto (se ben hai que reservar lugar), ábrese a axenda cultural de verán do Concello de Tomiño.
A primeira cita cultural do verán chega a Tomiño da man de “Musigal 2021”, o programa da Deputación de Pontevedra cuxo obxectivo é contribuír á difusión e á promoción da música galega e en galego nos concellos da provincia.
Grazas á capacidade para a composición, a versatilidade e a sensibilidade á hora de interpretar, Guadi Galego (vocalista, pianista e gaitera do grupo Berrogüeto durante unha década), publicou con Carlos Abal o seu novo disco, Costuras, “unha viaxe desde mundos asociados á infancia até o presente máis duro e á vez esperanzador”. A cantante actuará acompañada polo seu grupo e tocará os teclados.
O resto da programación deste verán inclúe cine familiar ao aire libre e cine para persoas adultas; contacontos, teatro e concertos musicais de distintos xéneros; todos ca Praza do Seixo como escenario. Tamén celebrarase un festival familiar en Goián (con circo, xogos tradicionais, teatro e música) e numerosas actividades deportivas e de formación, das cales se irá informando puntualmente.
Reserva de praza para Guadi Galego en: [email protected] ou no teléfono 986 622001/03.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a reformulación do proxecto de mellora de seguridade viaria na estrada autonómica PO-552 na zona das Rexas, ao seu paso polos concellos de Vigo e de Nigrán.
O contrato foi adxudicado á consultora Deseños Estruturais e Viarios S.L., por un investimento superior aos 18.000 euros. Os traballos de redacción do novo proxecto contan cun prazo de execución de seis meses.
O obxectivo é adaptar o proxecto inicialmente deseñado pola Xunta para eliminar un treito de concentración de accidentes identificado entre os puntos quilométricos 6+500 e7+800 desta vía autonómica, coa fin de adaptalo ás suxestións recibidas durante o período de información pública.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade volverá a analizar a sinistralidade do treito e formulará novas propostas de mellora da seguridade viaria, primando a actuación nas interseccións e procurando diminuír a afección do proxecto inicial.
Ademais, o novo proxecto prestará especial atención á mellora da seguridade dos usuarios máis vulnerables, aos pasos de peóns e ás paradas de bus, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade.
Esta actuación está enmarcada na estratexia deseñada pola Xunta para a eliminación de todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas, que acada preto do 80% do seu desenvolvemento, entre as obras rematadas e en execución.
A Deputación de Pontevedra e a Real Academia Galega de Ciencias pecharán este xoves o primeiro bloque temático do II Ciclo de conferencias “Aida Fernández Ríos”, cunha charla titulada “Adegas circulares: máis alá do viño…”, que será impartida por Marta Lores Aguín, catedrática de Química Analítica. A conferencia comezará ás 19.00 horas e todas as persoas que desexen seguila poderán facelo de xeito telemático rexistrándose no sitio web da Deputación (https://www.depo.gal).
Marta Lores falará sobre os diferentes usos que se lle poden dar aos polifenois, unhas sustancias químicas naturais que están presentes no bagazo do viño branco e que teñen moitas propiedades de interese. Na conferencia desvelarase como os polifenois poden converterse en ingredientes útiles para a súa aplicación na industria vinícola e noutros eidos como a industria alimentaria, cosmética ou veterinaria. Ademais, Marta Lores avogará por unha vinificación sostible e proporá o aproveitamento integral do bagazo de uva a prol dunha economía circular que busca valor naquilo que rexeitamos.
A segunda edición do Ciclo “Aida Fernández Ríos” comezou en abril e, dende entón, a Deputación e a RAGC achegaron a ciencia á cidadanía a través dun total de dez charlas que versaron sobre temas tan diversos como o papel das mulleres na ciencia, a contaminación por microplásticos ou os impactos do cambio climático. O ciclo volverá tras o verán, entre os meses de setembro e decembro, con cinco conferencias esta vez en centros educativos da provincia que visibilizarán a importancia da ciencia entre as poboación máis nova.
O Concello de Baiona, a través da súa Concellería de Servizos Sociais, que xestiona a edil, Concepción Vara Rodríguez, informa que mañá 1 de xullo, ábrese a inscrición para presentar as solicitudes para participar no Programa de Turismo do Imserso para a tempada.
As viaxes do programa de turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) poderanse solicitar desde mañá xoves, 1 de xullo, e ata o próximo 30 de xullo, segundo publica hoxe o Boletín Oficial do Estado (BOE).
Desde o Concello de Baiona infórmase que “todas aquelas persoas interesadas en acudir a tratamentos a través do programa de turismo subvencionado polo IMSERSO poden solicitar información achega do programa e o formulario de solicitude a través do departamento de servizos sociais do Concello”.
O programa ofrece destinos nas costas das comunidades de Cataluña, Andalucía, Murcia e a Comunidade Valenciana, así como nas zonas costeiras das comunidades insulares.
Tamén oferta viaxes de turismo de interior, con estancias de entre 4 e 6 días en circuítos culturais, para practicar turismo de natureza, en capitais de provincia e nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Os prezos van desde os 115,98 euros de que custa o programa de capitais de provincia durante 3 noites aos 405,53 euros da estancia de 9 noites nas illas Canarias. Para quen proceda dalgún país de Europa, os prezos oscilan entre os 302,51 euros dos paquetes de turismo de interior e os 455,81 euros das costas peninsulares e das illas Baleares.
No prezo inclúese aloxamento en cuarto dobre a compartir, con suplemento se se trata de cuarto individual, pensión completa, excepto nas capitais de provincia onde será media pensión, e transporte.
Para calquera información pódense poñer en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona a través do teléfono 986385926 en horario 9 a 13 horas. Tamén as propias instalacións municipais situadas na planta baixa do edificio no mesmo horario.
A información e o formulario de solicitude de participación no programa de turismo do imserso tempada 2021-2022 atópase dispoñible na páxina web do Concello de Baiona: www.baiona.gal.
REQUISITOS PERSOAS BENEFICIADAS
Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
• Ter como mínimo 65 anos cumpridos. • Pensionistas de xubilación do Sistema Público de Pensións. • Pensionistas de viuvez de Sistema Público de Pensións, cuxa idade sexa igual ou superior a 55 anos • Pensionistas de Incapacidade,outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados, en todos estes casos con 60 anos cumpridos.
Considerarase beneficiario/a, en calidade de acompañante, ao cónxuxe ou parella de feito desta persoa, aínda que non é preciso que reúna os requisitos de idade e pensión. Admitirase como acompañante a un fillo/a con discapacidade, que acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 45%, a condición de que esta discapacidade permítalles viaxar e fágao cos seus pais e compartindo habitación con eles. SOLICITUDE
Se a pasada tempada estaba acreditado para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso púxose en contacto con vostede para a renovación de datos. Se, pola contra, accede por primeira vez ao Programa de Turismo do Imserso ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude, cuxa enchemento deberá realizarse só a través da páxina web do IMSERSO, dalgunha das seguintes formas: • Por Internet • Descargando e cumprimentado o modelo de solicitude oficial; neste caso a solicitude, unha vez cumprimentada e asinada deberá ser remitida a: Apartado de correos 10140 (28080 Madrid). Servizos Centrais do Imserso ( c/ Ginzo de Limia, 58 – 28029 Madrid) Así mesmo, poderá realizarse conforme ao establecido no artigo 38 da Lei 30/1992. (*) Advertencia: O Imserso non tramitará as solicitudes que se remitan a través de correo electrónico.
A Feira do Viño do Rosal quenta xa motores para un evento organizado “aplicando un criterio de prudencia e adaptándonos á nova realidade, porque cremos que é importante ir dando pequenos pasos cara a esa normalidade que estamos todos e todas desexando”. Así o explicaba a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, que este mércores presentaba a nova imaxe da feira acompañada da asociación de adegueiros Cabaqueiros do Rosal, composta polas 9 adegas con DO Rías Baixas O Rosal.
A Feira do Viño afrontará así os vindeiros 16, 17 e 18 de xullo a súa XXIV edición con estritos protocolos de prevención e restricións marcadas dende a propia Xunta. Por este motivo, nesta ocasión será necesaria a inscrición previa para participar en calquera das actividades organizadas ao longo dos tres días, que contarán cun aforo limitado a arredor de 250 persoas.
A feira arrancará o venres 16 de xullo co tradicional acto institucional para dar paso ao monólogo de Sergio Pazos. O sábado 17 o público poderá desfrutar dun concerto experiencia no que combinar a música co viño e, xa pola tarde, haberá actividades infantís e de peche da xornada o concerto do grupo The Soul Jacket. O domingo 18 a feira rematará cunha ruta guiada polos muíños do Folón e do Picón “para poñer en valor unha parte importante do patrimonio” e cun concerto lixeiro onde volver revalorizar a emoción do viño mesturando a experiencia enolóxica coa música.
“Queremos que sexa un acto que sirva tamén para resaltar a importancia que ten o viño no Rosal e que somos denominación de orixe. Por iso convidamos a todas as persoas a que participen nesta nova edición con toda a prudencia do mundo, porque volvemos pouco a pouco a unha feira presencial pero priorizando sempre a saúde pública”, recalcaba a rexedora.
A crueza con que foron violentadas as “rapadas”, as mulleres aldraxadas durante a Guerra Civil, foi sentida hoxe de cheo na praza do Seixo de Tomiño coa performance “Sinais”, que a actriz, directora e escritora Esther F. Carrodeguas puxo en escena no marco do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”. Ao acto asistiron a deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, xunto á alcaldesa Sandra González, e foi retransmitido a través da web da Deputación e do Concello, así como polas redes sociais.
O inquietante son das tesoiras afiadas e a rapa e o rachado das vestiduras dunha boneca serviulle a Carrodeguas -acompañada pola música electrónica de Juanma Lodo- como introdución para citar os nomes e as historias dunha vintena de mulleres represaliadas e para transmitir a enorme dimensión deste castigo ás mulleres e o seu impacto social, tomando como referencia a exposición da Deputación “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”. Mulleres que foi citando cada vez máis apresa, con nomes e apelidos, como Juana Otero, a quen lle tatuaron na fronte as siglas UHP (Uníos Hermanos Proletarios); Lola Cerqueiro, rapada, secuestrada e violada ou as irmás Monterrat e Maruja Abuín, vexadas e rapadas, entre moitas outras. Mulleres que, como finalizou dicindo case sen alento Carrodeguas, “tiveron que estar ao servizo dos vencedores” e que foron castigadas e masacradas “por anticlericais, por facerse visibles, por incitación á rebeldía, por non ser boas mulleres e non subordinarse ao home, por deixarse levar polo diaño, por ter vidas retorcidas…”. A artista freou en seco para concluír que, aínda que tiveron que ficar sen identidade e non todas sobreviviron, “foron elas as gardadoras da nosa esperanza”. “A herba fresca que crece nos bordes da estrada, esa liña verde entre o asfalto son elas, as nosas rapadas”, remachou.
Na súa intervención, a deputada Victoria Alonso instou á veciñanza a reflexionar sobre a necesidade de “mobilizar conciencias” para mudar a sociedade e terminar dunha vez coa lacra da violencia machista que, como lembrou, volveu cobrarse esta semana unha nova vítima que deixa dous menores orfos. Con ela son xa 22 as asasinadas este 2021 e a deputada insistiu en que “hai que seguir traballando para conseguir a violencia cero que pretendemos”, neste caso a través de accións culturais que permitan “reflexionar e que entre todos e todas poidamos recapacitar sobre o que estamos a vivir e aportar o noso grao de area para frear esta violencia, que non só ataca ás mulleres, senón tamén ás e aos máis pequenos para facerlle dano ás mulleres”. “A violencia pode ser física, psicolóxica, pero tamén é un ataque a todas as familias que se ven prexudicadas “, indicou, ao tempo en que incidiu en que “unha muller é libre de decidir, de ir onde desexe, de saír, de entrar, como vestir, de decidir onde quere traballar, e un home non pode decidir sobre ela. Somos libres, somos o 52% da sociedade e só reclamamos o que nos pertence, os nosos dereitos; os mesmos dereitos dos homes”.
Na mesma liña pronunciouse a alcaldesa Sandra González que remarcou que as mulleres asasinadas “son máis que un número, teñen familia, deixan fillos e fillas, e temos que sumar o cruel asasinato de nenas e nenos co único obxecto de facer dano á súa nai”. “É realmente unha lacra insoportable para unha sociedade que día a día esteamos a contabilizar mulleres asasinadas e nenos e nenas que pagan coas súas vidas o dano que un home quere facer a unha muller”, lamentou. A rexedora agradeceu á Deputación o desenvolvemento deste programa cultural para “trasladar ás rúas e ao espazo público esta reflexión, que tamén quere ser artística, non só de palabras”, e destacou o feito de que a institución provincial “leve o selo violeta e selo da igualdade , marca da casa e da presidenta Carmela Silva, que imprime ese carácter feminista que ata a súa chegada non existía” . “Agradezo que esta sexa unha Deputación en busca da igualdade, unha Deputación feminista, e agradezo que traia este espectáculo para concienciar, para crear arte e reflexionar a fin de que consigamos unha sociedade máis igualitaria, máis xusta na que sexa efectivo este lema de Violencia Zero”.
No acto repartíronse tamén entre o público as máscaras das artistas Gemma Marqués, Lara Lars e Laura Romero que forman parte tamén das accións de “Violencia Zero”. A de Tomiño é a décimo quinta das 25 actividades do programa que este ano chegarán a outros tantos concellos da provincia para visibilizar as violencias machistas, así como o traballo das mulleres artistas galegas que loitan pola igualdade.
A alcaldesa Eva Garcia firmou onte ao mediodía, por sede electrónica, as ordes de pagamento aos 45 beneficiarios do primeiro lote de axudas económicas directas outorgadas polo Concello do Porriño, neste ano 2021, a establecementos de hostalería, comercio e autónomos que as solicitaron polo impacto dos peches derivados da pandemia.
Nesta primeira quenda, adxudicáronse axudas por un total de 60.926 euros. Trinta desas axudas por peche total da actividade por un importe de 42.926 € e quince por cese parcial da actividade, por un valor global de 18.000 euros.
O destino destas axudas, segundo as solicitudes presentadas, é para pagar alugueres, hipotecas, seguros, mercadorías, subministracións e gastos xerais.
Nesta primeira quenda denegáronse 20 solicitudes de axudas que xa notificáronse aos interesados para que resolvan a deficiencias e volvan a presentarse. Nas vindeiras semanas, haberá unha próxima reunión do tribunal de avaliación para outorgar novas axudas con cargo ao fondo total de 140.000€ que acordou o pleno da Corporación Municipal do Porriño.
A piscina municipal da Cañiza permanecerá aberta de luns a domingo, do 1 de xullo ata o 15 de setembro (se o tempo o permite). O horario de apertura establecido é de tarde, de 15:00 a 21:00 horas.
Polas mañás permanecerá pechada para dar servizo exclusivo aos 50 nenos dos campamentos municipais de verán, que poderán acceder en horario de 11:00 a 13:00 horas.
Os prezos das entradas son de 1,50 € para os adultos e 1,00 € para os xubilados e a entrada infantil.
Debido á situación sanitaria actual, haberá que manter a distancia de seguridade de 1,5 m, ou na súa falta o uso de máscara que será obrigatoria nos accesos, desprazamentos, paseos e duchas. Non será obrigatoria durante o baño sempre que se respecte a distancia de seguridade.
O aforo, controlado polos monitores, redúcese de 326 a 163 usuarios ao día. Para poder acceder á instalación, os usuarios terán que pasar na entrada un control de temperatura con pistola térmica. Ademáis terán que calzar chanclas antes de acceder ao recinto.
Tamén está habilitado un carril de entrada e outro de saída, debidamente sinalado, que garantirá o distanciamento físico entre os bañistas e traballadores de dous metros.
A reserva de prazas para o día en curso pódese facer chamando ao número de teléfono do concello, 986 651 000, en horario de 8:00h a 14:00h. As reservas para o sábado e domingo realizaranse o venres no mesmo horario. Esta medida permitirá aos monitores axustar o aforo e programar a axenda de citas. As reservas están condicionadas a que a entrada se efectúe entre as 15:00h e 17:00h e se transcurridos uns minutos o usuario non aparece perderá a quenda.
Todas as zonas da piscina (zona de paseo, baños, enfermería, pasamans, taquillas…) desinfectaranse varias veces durante a xornada polos servizos de limpeza municipal.
O Concello garantirá o estado óptimo da auga comprobando diariamente o cumprimento dos requisitos dos equipos de tratamento da auga do vaso. Estas augas estarán sometidas a un riguroso proceso de filtración, desinfección e regulación de Ph.
Ponteareas volve ser esta fin de semana epicentro do bádminton a nivel galego. Este domingo 4 o pavillón municipal Álvaro Pino acolle o Campionato galego sub 9 e sub 19, que reunirá a máis de 60 deportistas de clubs de toda Galicia para disputar esta proba que se celebrará a porta pechada e con todas as medidas de prevención necesarias. “Sentimos orgullo de que Ponteareas se convertera este ano en vila de acollida de moitos campionatos e torneos de bádminton, o que revela a boa saúde deste deporte no noso concello”, salienta o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.
Organizado pola Federación Galega de Bádminton e polo Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello, neste campionato disputaranse as categorías individual masculina e feminina, dobres masculinos e femininos e mixtos. Os encontros desenvolveranse aproximadamente dende as 09.30 ata as 20.00 horas de forma ininterrompida.
Unha competición na que se poderá gozar do alto nivel do bádminton galego nestas categorías, xa que “do Campionato de España celebrado a pasada fin de semana en Santander dos cinco títulos os galegos gañamos 4, co que estrearemos campións de España en Ponteareas”, sinala o presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo. Dende a Federación queren agradecer ao Concello e ao Club Bádminton Ponteareas a súa continua colaboración na organización destes eventos.
O CB Ponteareas é un dos clubs que está a traballar do deporte de base dunha forma máis efectiva, polo que será o que máis xogadores e xogadoras presentará á categoría sub 9, a que conta cos deportistas máis novos. “Agardamos que todas as persoas participantes e as súas familias poidan desfrutar dunha xornada de bádminton moi vistosa e tamén da propia Ponteareas”, destaca a director técnico do club ponteareán, Víctor Lemos.
A Deputación de Pontevedra inicia este mércores a súa programación para “aviventar” cultura este verán cunha excepcional acollida por parte da cidadanía. Deste xeito, o ciclo “Tras as Ameas”, que levará un total de doce espectáculos familiares aos castelos de Soutomaior e Sobroso, arranca xa esta tarde co aforo completo, como xa o teñen tamén outras catro das actividades previstas. Pola súa banda, “Música no Ar”, que prevé 11 actuacións de música en espazos singulares e patrimoniais da provincia, arranca este xoves 1 de xullo coa actuación do pianista Javier Otero no Pazo da Oca da Estrada.
O espectáculo familiar de circo, danza e acrobacia Ikigai, a cargo da compañía SU.MA, comezará ás 19 horas no Castelo de Soutomaior. Serán 50 minutos de danza, circo, acrobacia, teatro xestual e belcanto en clave de clown, nunha montaxe que aborda temas como a superación persoal e o sentido da vida. Ikigai, como sinala a compañía, supón unha mirada optimista e evocadora da alegría de vivir, na que calquera “catástrofe” pode tornarse na chave para chegar máis profundo ao corazón. Baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, protagonizan o espectáculo Sue Moreno e María Move, mentres que a música é orixinal é de María Move e Raúl Grillo e a escenografía de Mark Torrecillas.
Doutra banda, o primeiro dos espectáculos de “Música no Ar” chega este xoves 1 de xullo a un escenario tan singular como o xardín do Pazo de Oca da Estrada, onde o artista Javier Otero Neira, acompañado de Rubén Iglesias, porá en escena o seu novo proxecto, Reconstruction. Neste caso, o acceso é libre hasta completar o aforo. Javier Otero é un artista polifacético e experimental, que forma parte dunha nova xeración de pianistas con proxección nacional e internacional. Reconstruction é o seu novo proxecto e conxuga vangarda coa esencia do piano e a música electrónica. Nel, Otero asumiu todo o traballo de interpretación, produción e postprodución e incluso a publicación foi co seu selo Landra Music. Neste directo, Javier Otero toca o piano e sintetizadores, e Rubén Iglesias o baixo eléctrico e os sintetizadores.
Resto da programación
En “Tras as Ameas” amais da actuación de hoxe de SU.MA, xa teñen as súas prazas esgotadas os espectáculos de circo Culturaactiva, o día 22 de xullo en Sobroso, e os de maxia que protagonizarán Pedro Volta o 15 de xullo en Soutomaior e o Mago Paco o 12 de agosto en Sobroso. Tamén está cuberto o obradoiro de Pilar Alonso en Soutomaior o 19 de agosto. Si quedan algunhas localidades para o resto dos eventos que no caso do mes de xullo protagonizarán de Píscore (concerto con fusión) o día 8 en Sobroso e o da compañía TrilitrateEstá de grelo o día 29 en Soutomaior. En agosto, en Soutomaior haberá sesión de contacontos con Aldaolado o día 5 , mentres que en Sobroso celebraranse obradoiros para toda a familia con Taller Abierto o día 26. E xa en setembro, haberá en Soutomaior acción escénica con Teatro Ghazafelhos, que representará A illa sen tesouro o día 1, e música con historia no espectáculo Asdomare, a cargo de Vero Rilo e Sonsoles Penadique, o 29, mentres que en Sobroso terá lugar a sesión de contacontos con Caxoto. A trastenda dos contos o día 8. As persoas interesadas poden inscribirse a co formulario na páxina web (www.depo.gal).
No caso de “Música no Ar”o venres 16 de xullo actuará Ana Belén Rodríguez Trío na praza de San Fernando de Tui, mentres que o sábado 17 o fará Vertixe Sonora no Espazo Cara a Ría de Pontecesures e o día 23, Clara Pino (arpa e voz), e Pablo Vidal (contrabaixo) no exterior da igrexa de San Martiño de Berducido, en A Lama. Xa en agosto, a programación chegará o día 8 á Praza Maior da Cañiza, con Samudra Trío e o día 22, aos xardíns da praza de Fefiñáns de Cambados con Estefanía Cereijo (piano) e Esperanza Mara (soprano). E en setembro, os espectáculos previstos arrancan o día 5 con Suelen Estar Quartet no Pazo Conde de Gondomar, e continuarán co de Pulso Ensemble o día 9 nos xardíns do Castelo de Soutomaior. Amais, a praza da Igrexa de Santo André en Hío en Cangas acollerá o venres 10 o concerto de Raíces Aéreas e o Mosteiro de Carboeiro de Silleda o día 11 a actuación de Brais González (piano), e Beatriz Arenas (soprano) . O programa finaliza o día 18 con Odaiko Percusión na praia fluvial do Val en Mondariz.
A información de todas as actuacións figura na web da Deputación e en todos os espazos o acceso para os concertos é libre ata ocupar o aforo, excepto en Cambados e Gondomar, para os que se debe reservar en [email protected] e [email protected]. No caso do o concerto do 9 de setembro no Castelo de Soutomaior tamén hai que reservar en [email protected].
A Policía Local de Tui coordinou, entre os meses de xaneiro e xuño, controis policiais de Seguridade Cidadá e Tráfico, organizados en diferentes puntos do centro urbano do municipio. Organizáronse en Tui diferentes dispositivos co obxectivo de comprobar o adecuado mantemento de vehículos, motocicletas e ciclomotores, e que os mesmos se atopen en posesión de toda a documentación obrigatoria necesaria para poder circular, prestando especial atención ao Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA) e a Inspección Técnica de Vehículos (ITV).
Ademais, a Policía Local de Tui intensificou a vixilancia do uso do cinto e de dispositivos móbiles, así como o control sobre o risco que supón o consumo de alcohol e drogas para a condución, colaborando desta maneira coas campañas que a Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra puxo en marcha no que transcorreu de ano, chegando a facilitar nalgunhas ocasións a Policía Local os medios necesarios para realizar algunhas das mesmas.
Doutra banda, cómpre salientar a estreita colaboración entre a Policía Local de Tui e as patrullas da Garda Civil de Tui para realizar as probas de alcohol e drogas no centro urbano, a pesar de que, na actualidade, a Policía Local de Tui dispón soamente de 5 axentes de policía en activo.
En termos absolutos nas máis de 200 sancións impostas, comprobáronse os datos de centenares de vehículos nos controis efectuados polos axentes locais este ano, dos cales se propuxeron para sanción 134 vehículos por circular coa ITV caducada, desfavorable ou negativa, 47 propostas para sanción por carecer de Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA), 17 denuncias por conducir con presenza de drogas no organismo e 5 denuncias por alcoholemias positivas, alcanzando algunhas destas últimas un resultado superior a 0,60 mg/ l de aire expirado, constituíndo un delito contra a seguridade viaria tipificado no artigo 379.2 do Código penal.
Dende a Policía Local de Tui solicítase a colaboración da cidadanía no cumprimento das normas , no deber de ter a documentación obrigatoria necesaria dos vehículos en regra e na realización dunha condución responsable.
O AECT Rio Minho foi anfitrión, en Vila Nova de Cerveira, do Encontro de Cooperación Transfronteiriza organizado en parcería co Goberno portugués e o CCDR-N para abordar os retos de futuro dos territorios transfronteirizos. O agrupamento, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, amosouse moi satisfeito polo resultado do encontro e, en concreto, polas declaracións da ministra de Coesão portuguesa, Ana Abrunhosa, quen se manifestou claramente a favor das teses que o AECT está a defender de maneira constante sobre a necesidade de destinar máis fondos tanto europeos como estatais ás zonas de fronteira, e sobre que os fondos europeos do POCTEP deben impactar de maneira específica nos territorios transfronteirizos en pro da súa recuperación e dinamización en lugar de deturpalos en outras zonas lonxanas á raia.
No encontro, no que participaron as e os responsables de Reto democráfico e Fondos Europeos do Goberno Español, a secretaria de Función Pública e Valorização do Interior por parte lusa, ademais do presidente da Xunta e da CCDR-N, reivindicouse a singularidade do territorio miñoto fronte a outras zonas raianas do estado “por ser a máis porosa e permeable” e tamén a “máis dinámica”.
Logo do peche da xornada, o vicedirector do AECT Uxío Benítez valorou moi positivamente o feito de que a primeira vez que un Goberno dun Estado organiza un encontro de cooperación transfronteiriza “tivera a ben” escoller unha localidade á beira do Miño, concretamente Vila Nova de Cerveira, como lugar onde reunir a todas as entidades transfronteirizas de España e Portugal.
O nacionalista manifestou, así mesmo, a súa satisfacción polo desenvolvemento do acto e o intercambio de experiencias. Sobre todo, valorou positivamente as declaracións da máxima responsable do goberno portugués, a ministra de Coesão Ana Abrunhosa, quen subliñou que a cooperación transfronteiriza é unha auténtica prioridade do Goberno Portugués, defendeu que debe haber máis financiamento para a fronteira incluso máis alá dos cartos europeos de cooperación transfronteiriza –tamén cartos estatais-, e reclamou que os fondos do POCTEP teñan o impacto e o centro da súa acción nos territorios reais de fronteira. “Nós celebramos esas manifestacións da ministra que veñen a dicir o que leva dicindo o AECT moito tempo”, insistiu Benítez.
A ministra Abrunhosa recoñeceu, de feito, que o peche da fronteira durante dúas ocasións na pandemia supuxo para o territorio do Miño unha “situación dramática”. Asumiu que a decisión dos gobernos centrais de Madrid e Lisboa tivo un impacto moi negativo e manifestou o seu desexo de “non volver a iso”. Pola contra, anunciou que o territorio do Miño ten o compromiso do goberno portugués de que vai ser “o beneficiario dos máis simbólicos investimentos dos últimos anos”, ao tempo que manifestou que o goberno portugués vai reforzar os proxectos do POCTEP e canalizar máis iniciativas neste territorio que no pasado.
Foi nese sentido que Abrunhosa amosou a súa insatisfacción co mapa POCTEP proposto pola Comisión Europea, asegurando que os proxectos deben ter o seu impacto na fronteira, algo que non acontece “e que nos incomoda” por incluír territorios non transfronteirizos: “Eses –dixo- poden ser beneficiarios doutro tipo de axudas”.
Na mesma liña que a ministra se manifestou o presidente do CCDR-N Antonio Cunha, quen reivindicou que o territorio galego e do Norte de Portugal debe ser “ambicioso e visionario” e procurar fontes alternativas de financiamento ademais de conseguir moitas candidaturas no próximo cadro europeo 21-27.
Pola súa banda, o director do AECT Rio Minho, Fernando Nogueira, manifestou a existencia de “moitas expectativas” para que o territorio do Miño poida recuperarse tras o encerramento. Subliñou a necesidade de poñer en marcha a tarxeta transfronteiriza que facilite a mobilidade da cidadanía da raia, a implementación dun ITI para desenvolver economicamente o territorio, así como a inxección de fondos de resiliencia e recuperación: “A fronteira agarda un plan real e oficial para o territorio transfronteirizo”, finalizou.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, centrou a súa intervención na defensa do rexionalismo europeo e no entramado complexo que debe seguir a cooperación transfronteiriza grazas aos gobernos locais, rexionais e estatais. “Temos que reivindicar esta terra –Galiza- como xerme do europeísmo. Os raianos fomos os primeiros europeos que existiron”, subliñou.
Altos cartos estatais e rexionais
Entre os altos cargos que estiveron presentes no encontro de Cooperación Transfronteiriza estiveron tanto presencial como de maneira telemática o secretario de Estado de Política Territorial e Función Pública (España), Víctor Francos; o embaixador de Portugal en España, João Mira-Gomes; a embaixadora de España en Portugal, Marta Betanzos Roig; e a secretária de Estado da Valorização do Interior (Portugal), Isabel Ferreira.
A parte de ‘Desafíos futuros’ foi moderada polo integrante do Grupo de Trabalho da Estratégia Comum de Desenvolvimento Transfronteiriço (ECDT) da Universidade do Porto, José Alberto Rio Fernandes. Este deu paso á conferencia sobre a ‘Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteiriço (ECDT)’, impartida polo secretario Xeral de Reto Demográfico (España), Francesc Boya Alós, ao que seguirán o presidente do Conselho Diretivo da Agência para o Desenvolvimento e Coesão, IP (Portugal), Nuno Oliveira dos Santos e a secretaria Xeral de Fondos Europeos (España), Mercedes Caballero Fernandez, que falaron sobre ‘A importancia dos próximos programas de cooperación territorial transfronteiriza’. Tamén participaron, achegando as ‘Visións rexionais’ o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo Aller e o vice-Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, Beraldino Pinto.
Na parte de intercambio de experiencias, o vicedirector do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, expuxo o traballo realizado coa marca turística ‘Rio Minho’. Participaron tamén expoñendo o ‘Programa IACOBUS’ o responsable do AECT Galiza- Norte de Portugal, Xosé Lago; falou sobre ‘TUT – Transporte Urbano Transfronteirizo’ o integrantes da Eurocidade Chaves- Verín, Nuno Vaz; abordou o ‘Territorio Museo’, o integrante da Eurocidade do Guadiana, Luís Romão; expuxo o proxecto ‘Zasnet – Meseta Ibérica’ Hernâni Dias, do AECT Zasnet; falou sobre o ‘Cluster da Educación da Cencyl’ Cristina Oliveira, da Comunidade de Trabalho Rexión Centro de Portugal – Castela e León; abordouse o ‘Proxecto AGROPOL’ da Comunidade de Traballo da Eurorrexión Alentejo-Centro-Extremadura, a cargo de Teresa Jorge e Clara Lourenço; e finalmente falouse sobre ‘Turismo Activo e os eixos fluviais: exemplo de Douro-Duero’ con representante da AIMRD – Associação Ibérica de Municípios Ribeirinhos do Douro, Jesús Rivas Rojo.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou onte co alcalde e Gondomar, Paco Ferreira, asuntos de interese para o concello, así como o estado da colaboración coa Xunta en distintos proxectos.
En concreto, na reunión trataron o asunto da reordenación do parque empresarial da Pasaxe, para o que a Xunta aprobou no seu momento un proxecto sectorial co fin de regularizar a súa situación. Ademais, a Administración autonómica tamén se encargou da redacción do proxecto de urbanización da primeira fase, que xa está realizado.
Neste ámbito de cooperación, tamén destaca o centro de saúde, que se rematou en 2019 grazas a un investimento de 1,9 millóns de euros.
Ademais, o Goberno galego tamén traballa noutros asuntos que benefician ao concello, como as bonificacións previstas para familias numerosas para setembro de 2021 nas peaxes na AG-57.
En materia de augas, o presidente da Xunta avanzou que a Xunta executará a mellora da drenaxe na confluencia dos ríos Miñor e Zamáns, nunha actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. E salientou que Augas de Galicia xa está a redactar o proxecto para a ampliación da EDAR de Gondomar.
O Concello continúa coa colaboración activa e estreita coa veciñanza para avanzar nos diferentes ámbitos municipais, tamén no deportivo. O Consello Municipal do Deporte celebrou o seu segundo encontro para seguir achegando propostas e ideas, debatendo e reflexionando sobre o devir deste ámbito no Rosal. Nesta nova reunión a creación de novas instalacións ou a promoción de xogos tradicionais e deportes minoritarios foron algúns dos eixos principais do debate.
Durante o encontro abordouse o tema das pistas para correr, sobre o que se propuxo a creación de circuítos permanentes con sinalización en cada punto quilométrico e preparados para todo tipo de persoas. Ademais, as e os integrantes do Consello falaron da posibilidade de deseñar carteis con itinerarios para que as persoas que visitan o Rosal coñezan o terreo e as posibilidades que ofrece e propuxeron recoller ideas sobre que facer coa recta da Cumieira, moi utilizada para adestrar series.
A pesar de que a situación sanitaria aínda non permite realizar todo tipo de actividades con normalidade, dentro do Consello propúxose tamén traballar en darlle pulo e promocionar os deportes minoritarios e os xogos tradicionais, así como todo tipo de deportes que hai no Baixo Miño. Para iso, os e as integrantes deste órgano consultivo consideran imprescindible contar con representantes dos barrios e facer un esforzo para que sexan actividades cunha alta afluencia de participantes.
Xunto ao concelleiro de Deportes e ao de Participación Veciñal, Germán Fernández e Ramón Fernández Leal, o Consello está integrado por representantes do Acanor Novás Valinox de balonmán, da UD Ribera de fútbol, do Club Atletismo Trega, do Club Ciclista O Rosal, e dos clubs de petanca, fútbol gaélico, futgolf ou judo. Tamén conta coa participación de deportistas relacionados co décatlon ou o trial, como o olímpico David Gómez e o piloto Gabriel Marcelli, coa futbolista Sara Álvarez, o activista deportivo Ignacio Rivas, o ciclista Christian Silva, o asesor deportivo Víctor Valderradam, o ex ciclista profesional e animador deportivo Serafín Martínez ou o profesor de Educación Física xa retirado Félix Piñel.
O Concello do Rosal puxo en marcha os consellos municipais co obxectivo de crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.
A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade do Concello do Porriño, que dirixe Pedro Pereira, comunica o remate dos traballos realizados estes días na rotonda de confluencia de Antonio Palacios coa rúa Domingo Bueno e a avenida de Galicia.
Consistiron no rebaixe dos bordillos e do adoquín perimetral. A reforma da rotonda realizouse a solicitude da empresa “Citic Censa” para facilitar o paso de camións. A configuración anterior da rotonda, cos bordes altos, impedía ou dificultaba o paso de transportes con pezas especiais de grandes dimensións. O problema radicaba en que os vehículos pesados tiñan moi complicado o radio de xiro entre as rúas Domingo Bueno e Antonio Palacios.
Precisamente ao longo do mes de xullo, “Citic Censa” ten que atender varios pedidos de pezas especiais que se teñen que trasladar ao Porto de Vigo.
As obras de reforma da rotonda, co rebaixe de bordes e adoquíns realizaronse e financiaronse pola propia empresa “Citic Censa”. Pola súa banda, o Concello aproveitará para acondicionar a zona verde da rotonda durante o mes de xullo, segundo informou o concelleiro Pedro Pereira.
O Concello de Redondela vén a poñer a disposición das persoas contribuíntes a Oficina Virtual Tributaria 3.0, unha ferramenta “próxima e intuitiva” que permite á cidadanía acceder á xestión de tributos dende calquera dispositivo móbil, a calquera hora e dende calquera lugar.
“Trátase de facilitar e axilizar a realización dos trámites tributarios e, polo tanto, de achegar á administración á cidadanía”, explica a concelleira de Facenda, María Castro.
O contribuínte poderá acceder directamente na web https://redondela.tributoslocales.es ou a través da web do Concello, e dende calquera dispositivo móbil, non só dende o ordenador. Así, usuarios e usuarias terán a posibilidade de realizar pagos, consultas, solicitudes e co seu certificado electrónico: acceder as súas notificacións electrónicas, solicitar fraccionamentos, domiciliar recibos, etc.
A Nova Oficina Virtual Tributaria, proporcionada por Gestión Tributaria Territorial, empresa adxudicataria, amosa un deseño creado e pensado para o contribuínte, no que queda reflectido nun evidente cambio de imaxe e estrutura da aplicación web, en favor da manexabilidade, accesibilidade e navegación das e dos usuarios. Ademais posúe un deseño adaptable que implica a visualización real e completa en dispositivos móbiles.
Prazos de pagamento do IBI
Doutra banda o Concello lembra a toda a veciñanza que o período de voluntario de pagamento do IBI (Imposto de Bens Inmobles) Urbana e Rústica 2021 comezará o vindeiro 16 de xullo e rematará o 15 de outubro.
Asi mesmo, a Concellería de Facenda lémbralle as persoas interesadas que o vindeiro 2 de xullo, remata o prazo para as domiciliación dos recibos. Estes recibos domiciliados serán cargados en conta o día 1 de setembro.
A ludoteca municipal acaba de ampliar o prazo de inscrición para participar nas actividades programadas para este verán, nas que cativos e cativas de 6 a 12 anos poderán desfrutar dun mes de xullo e agosto cheo de aventuras e diversión, sempre en grupos pequenos e cumprindo con todas as medidas de prevención dada a situación sanitaria. As persoas interesadas poderán anotar aos nenos e nenas nestas actividades ata o vindeiro 2 de xullo, aínda que o proceso de matrícula continuará aberto nos meses de xullo e agosto sempre que haxa prazas para aqueles rapaces e rapazas que se queiran ir sumando.
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, anima á veciñanza a inscribir aos cativos e cativas na ludoteca municipal para que gocen dun verán de lecer activo, lúdico e tamén educativo.
As inscricións poderán realizarse de 09.00 a 15.00 horas nas instalacións da ludoteca na Avenida de Castelao, enviando un correo electrónico a [email protected] ou no teléfono 673 79 47 60.
A programación de verán da ludoteca arranca o vindeiro luns 5 de xullo con xogos, manualidades, repostería e cociña, expresión corporal e musical, saídas… e unha morea de actividades coas que os nenos e nenas desfrutarán das vacacións estivais. As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto e poderá elixirse entre unha mañá ou dúas á semana. Os martes e xoves estarán destinados a nenas e nenos de 6 a 9 anos e os luns e mércores aos de 9 a 12 anos. A taxa por neno e mes é de 14,64€ por unha mañá completa ou de 29,28 en caso de acudir dúas.
Para a inscrición é imprescindíbel achegar fotocopia do DNI de pai/nai ou titor/titora do menor; fotocopia do DNI da nena ou neno usuario da ludoteca; fotocopia do libro de familia e os impresos que se proporcionan na ludoteca, que deben entregarse cumprimentados e asinados.
A ludoteca municipal é un espazo lúdico e educativo que dende 1998 ofrece unha ampla variedade de actividades de lecer nas que as nenas e nenos son os protagonistas. Sempre cunha atención personalizada e de calidade onde o benestar da infancia é o fundamental.
O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de entrega ás alumnas gañadoras do CPI de Cova Terreña do Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Cultura e Educación.
Cunha especie de manual na que explica pormenorizadamente todo o que hai que saber a materia, a baionesa Ivonne Ferreira Silva, alumna de 4º de ESO do colexio Cova Terreña o pasado curso 2019-2020, foi a gañadora do IV Concurso.
Inés Rey Torres, de 4º da ESO do curso 2020-2021 recentemente finalizado, resultou gañadora por unanimidade da V edición do concurso grazas ao traballo “ Trincheiras Enredadas” no que relata dúas historias para exemplificar como a falta de anonimato e protección de datos podería afectar ás persoas durante os anos da Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa.
“A privacidade das persoas na Rede mantenas seguras. Non debemos permitir que o desexo de información, likes e followers, desemboque na falta de empatía e respecto pola integridade, a intimidade, a dor e o sufrimento das persoas. A favor da privacidade na rede, guerra sen cuartel”, indica Inés Rey no seu escrito gañador.
As dúas gañadoras recibiron unha tableta, ademais dun kit de robótica para a súa aula. Tamén o CPI de Cova Terreña de Baiona recibe o recoñecemento especial do certame ao ser o centro que máis traballos presentou, un total de oito propostas.
Ao CPEIG gustoulle estar presente no acto de entrega dos galardóns, pero a situación actual aínda aconsella ser precavido, polo que enviaron unha carta de felicitación e recoñecemento ao gran traballo das alumnas e do centro baionés.
A directora do CPI Cova Terreña, Isabel Martínez Cabaleiro, foi a encargada de dar lectura da misiva na que se recollían os eloxios ao traballo realizado.
No acto tamén participaron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez , e o Concelleiro de Educación, Óscar Carreño, e como único público asistente, dadas as circunstancias derivadas da crise sanitaria do COVID-19, os orgullosos proxenitores das premiadas.
Durante a súa intervención o rexedor agradeceu “ás alumnas, equipo directivo do centro e ao profesorado pola súa participación e implicación ano tras ano traballando activamente en proxectos de formación e na promoción duns bos hábitos de uso das novas tecnoloxías para formar e educar ao alumnado, concienciar e implicarse cunha actitude responsable”, á vez que deu o parabén a “os pais e nais polo gran traballo levado a cabo polas súas fillas ”.
O rexedor puxo en valor a participación do centro sinalando que este recoñecemento vén poñer de manifesto que no CPI Cova Terreña “ofrécese un selo de calidade como referente en bos hábitos en canto ao uso das novas tecnoloxías, e reflectindo o seu compromiso para ofrecer o mellor á comunidade escolar”
Uns bos hábitos e unha concienciación do uso adecuado das novas tecnoloxías que tamén deben estar presentes non só nas persoas mozas senón no conxunto da sociedade en xeral.
Este concurso ten por obxecto “que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade, promovendo o coñecemento de cales son os dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos”.
Ao abeiro da programación de lecer destinada á mocidade rosaleira, o Concello do Rosal pon en marcha este verán un obradoiro monográfico de baile moderno no que os rapaces e rapazas maiores de 12 anos mergullaranse en distintos tipos de danzas. Neste taller, os mozos e mozas participantes coñecerán máis de preto a fusión de bailes urbanos como o funky, o hip-hop, o gym-jazz ou o street dance con outros como o ballet clásico, a danza ou o jazz que comezou a desenvolverse nos anos 70.
O obradoiro celebrarase os luns 19 de xullo e 2, 9 e 16 de agosto en horario de 10.00 a 12.00 horas. As persoas interesadas en participar deberán facer a inscrición previa a través da páxina web do Concello. O prezo do curso será de 18 euros por persoa e o prazo de inscrición remata o vindeiro 12 de xullo.
No caso de non cubrirse o mínimo de prazas para poder desenvolver o obradoiro, dende o Concello enviarase un correo electrónico a cada participante para que proceda a facer o ingreso do prezo do curso e garantir e formalizar a praza.
Con este tipo de actividades o Concello busca favorecer unha programación de lecer o máis variada posible para este verán na que se fomente a participación de toda a mocidade rosaleira.
Dentro do plan de mellora da rede municipal de viais, o Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras de pavimentación nos barrios de Chan da Igrexa, na parroquia de Pesqueiras, e en Cotodouro-Gandarachán, na parroquia de Alxén, cun orzamento total de 57.394,79€, que o Concello de Salvaterra de Miño financia a través do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
Coas obras que se plantexan neste proxecto preténdese mellorar o servizo que ofrecen os camiños, xa que son viais moi empregados polos veciños da zona, e que nestes momentos encontrábanse nun estado de deterioro moi importante. Para a pavimentación definitiva extendeuse e compactouse máis de 2.500m2 dunha capa de rodadura de mistura bituminosa en quente tipo AC 16Surf 50/70, con limpeza de cunetas incluídas.
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou durante unha visita ao Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, a licitación das obras de substitución da cuberta desta instalación, para as que o Goberno galego investirá máis de 500.000 euros.
A conselleira sinalou que esta obra se enmarca no conxunto de actuacións previstas pola Xunta de Galicia para levar a cabo ao longo deste ano nos distintos centros de servizos sociais da Comunidade para mellorar a atención e a comodidade dos usuarios. No ámbito da discapacidade, ademais do que se vai executar nas instalacións de Redondela están proxectadas obras nos CAPD da Coruña e tamén no de Sarria, cun investimento total de preto de catro millóns de euros.
A obra que se vai a realizar no concello pontevedrés recolle a substitución da cuberta e de todos os caleiros e baixantes do edificio, así como a impermeabilización da terraza do centro ou a aplicación dun sistema de illamento térmico, entre outras medidas.
Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia, un ano máis, a performance da VI Edición do programa “Mulleres en acción: Violencia Zero” chega a Tomiño este mércores 30 de xuño, ás 12.00 horas na Praza do Seixo, a carón do Concello. O evento poderá seguirse tamén por streaming.
Presidirán o acto, a deputada provincial de Cultura e Igualdade (Mª Victoria Alonso); a comisaria do Programa “Mulleres en acción Violencia cero” e directora de Cultura da Diputación (Paula Cabaleiro) e a alcaldesa de Tomiño (Sandra González).
A acción escénica que visita Tomiño, titulada “Sinais”, estará a cargo de Esther Carrodeguas, escritora, actriz, directora e perfomer. “Unha reflexión sobre a maneira na que somos capaces de ver (ou non ver) os sinais que a vida nos ofrece para protexernos ou para lembrarnos a ferida que nos provocou. Porque os sinais non deixan de ser xamais unha maneira de comunicación”, explica a artista.
A situación actual supón un importante reto, xa que dificulta o contacto directo co público nas accións, pero Mulleres en acción segue apostando por un impacto emocional. “Deixamos de ter unha participación colectiva na arte mural, pero intervimos artisticamente elementos de protección como as máscaras; adaptamos os eventos aos protocolos de seguridade, e integramos a situación actual na mensaxe das obras”, comentan dende a organización.
Esther F. Carrodeguas
Rianxeira de pura raza, asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. Fundou a compañía universitaria Teatro dá Falúa e dirixiu Teatro Airiños desde 2011 até 2019. En 2015 gañou o Premio Abrente para Textos Teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia coa peza Voaxa e Carmín, na que desvela a historia de Maruxa e CoraliaFandiño Ricart, as coñecidas como Marías de Santiago de Compostela. Este feito fará que se embarque xunto a Xavier Castiñeira na plataforma profesional ButacaZero. Na actualidade compaxina a súa faceta como empresaria e creadora co seu traballo como docente e profesional para compañías externas como directora, dramaturga ou guionista de cinema.
O Club de Bolos da Carrasca é unha institución de casi 100 anos de antiguidade moi vinculada á emigración cunha gran aportación á actividade cultural e deportiva do municipio, desenvolvendo dende moitos anos unha tarefa continua de promoción, difusión e defensa da cultura tradicional galega e do deporte.
A pasada semana o Clube de Petanca do Centro Cultural “Bolos da Carrasca” proclamouse Campión Galego Feminino da Liga Xunta de Galicia de División de Honra. Un equipo formado por dez mulleres de Nigrán e outros concellos do Val Miñor que competiron durante dous meses con clubes de toda Galicia nunha competición marcada poolo estricto cumplimento das medidas sanitarias e protocolos COVID.
“Unha honra para Nigrán contar cun club de tanta tradición e que aposte como o fai pola culrura e o deporte. Felicitar a toda a Sociadade de Bolos da Carrasca e en especial as compoñentes da equipa feminina campioas galegas, Sita, Mili, Mari, Silvia, Bea, Tania, Olga, Lolailo, Bea e a súa capitana e seleccionadora galega de petanca, Melu”, declara Juan González, alcalde de Nigrán.
Obter o título de Campioas Galegas levará ao Clube de Petanca de A Carrasca os días 15, 16 e 17 de outubro ata Torrelavega (Cantabria) para participar na Liga Nacional. Contará co apoio de todo Nigrán e a súa bandeira, así como o compromiso de acompañalas do concelleiro de Deportes, Luís Sanromán, tamén presente no recibimento as campioas galegas de petanca.
Este pasado venres día 25 e o sábado día 26 de xuño as persoas que forman parte do grupo de voluntariado municipal participaron nunha formación que tratou de dar resposta a unha das súas primeiras demandas: formación en comunicación con grupos e que, ademais, valeu para traballar a cohesión do equipo.
A formación tratou tamén a formación básica en voluntariado, repasando a lexislación vixente e aspectos importantes do papel que desempeña a persoa voluntaria.
A encargada da formación foi Sandra Fernández Prado, de Lingoreta empresas, quen artellou unhas xornadas cheas de dinámicas e accións que facilitaron o traballo e axudaron a esclarecer dúbidas e impulsar ideas. Todas as persoas interesadas en formar parte de este fantástico grupo de voluntariado poden informarse en [email protected].
Ducias de persoas concentráronse este luns 28 diante da Casa do Concello de Ponteareas para conmemorar o Día Internacional do Orgullo, unha xornada que busca reivindicar os dereitos da comunidade LGBTQ+, loitar pola diversidade e denunciar as actitudes homófobas. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila; a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera; o edil de Mocidade, Miguel Bouzó; e outros membros da corporación municipal quixeron estar presentes neste acto organizado en colaboración coa plataforma POD Ponteareas, unha agrupación creada recentemente que xorde das inquedanzas da veciñanza no activismo LGBTQ+.
Persoas integrantes desta plataforma foron as encargadas de dar lectura ao manifesto entre carteis con lemas como ‘Celebra a diversidade, a liberdade e o amor’, ‘Amor é amor, pero case ninguén o entende’, ‘O amor é a mellor forma de expresarnos’ ou ‘O noso é amor, o voso é odio’. O acto rematou coa actuación do transformista cómico Rianxeira, na que mesturou humor e reivindicación nunha xornada tan sinalada.
Os actos do Día Internacional do Orgullo completáronse cun novo mural na rúa dos Ferreiros creado por persoas integrantes de POD Ponteareas e que xa permite visibilizar a loita polos dereitos deste colectivo dende a N-120.
“Apostamos pola tolerancia, a diversidade e o respecto e loitaremos, sen descanso e con todos os recursos dispoñibles, contra a homofobia e a intolerancia, porque é o único xeito de acadar unha sociedade igualitaria e realmente xusta”. Así o manifestou na mañá de onte a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, no acto institucional do Día do Orgullo LGTBIQ+ que tivo lugar na Praza do Concello.
O acto, insistiu a rexedora local, quere expresar o sentir da cidadanía “en apoio de aqueles e aquelas que, por motivos de identidade ou da súa orientación sexual, son vítimas de persecución, acoso e mesmo violencia”. Redondela, afirmou con rotundidade Digna Rivas, “foi sempre referente en defensa dos valores individuais e, afortunadamente, contamos cunha cidadanía que sabe perfectamente que o respecto aos demais, no máis amplo sentido da palabra, é a mellor vía para acadar unha sociedade igualitaria, xusta e decente”.
O manifesto foi lido por Andrés e Carolina de Pvlse e Puri por parte da asociación Irisar. No escrito, faise fincapé na necesidade de “seguir buscando unha igualdade real para todas as persoas que queren vivir a súa vida de maneira libre e sen imposicións” e quería ser, ao mesmo tempo, unha mensaxe de compromiso con todas esas persoas que loitan todos os días por mostrarse elas mesmas e por non deixar que ninguén lles diga o que deben sentir ou a quen amar”.
Amosábase tamén o apoio ás persoas trans que seguen vendo como o mundo que lles rodea “parece non entender a súa realidade e que esa venda que a moitos non deixa ver a persoas fermosas, xera unha dor inmensa e fainas sentirse apartadas. Vémosvos, escoitámosvos e querémosvos, tal e como sodes ou queredes ser, sen vós, este mundo perdería cor e sería un lugar máis triste”.
Cinco puntos de compromiso pechaban este manifesto. Cinco puntos cos que o Concello de Redondela deixaba ben clara a súa postura ao condear “calquera discriminación ou atentado tanto físico coma verbal contra as persoas LGTBIQ+” e procurar “o benestar e respecto aos dereitos de calquera persoa, sexa cal sexa a súa identidade ou orientación sexual”.
De esquerda a dereita, Vicente Lamas (concelleiro), Carolina (Pvlse), Alberto Álvarez (concelleiro), a alcaldesa Digna Rivas; Puri (Irisar), Marta Alonso (concelleira) e Andrés (Pvlse).
O Concello deixou clara a súa censura “aos espazos que se proclaman «libres de LGTBIQ+», eufemismo que empregan para repudialos. A eles nos enfrontamos declarándonos «Concello de liberdade» para todas as persoas, independentemente da súa identidade de xénero ou afinidade sexual”.
Redondela amosaba, neste acto e con este escrito, o seu compromiso firme e decidido a promover “a igualdade, empoderamento e integración do colectivo LGTBIQ+” e “o movemento para a construción dunha sociedade inclusiva, segura e con solucións para todas e todos”.
Doutra banda, o Concello redondelán amosa, nestes días, o seu compromiso dun xeito visual, alumeando coas cores arcoiris, tanto a ponte de madeira da Alameda Castelao como a propia Casa do Concello. Amais, o banco coas cores arco iris situado na Praza do Concello, convértese nun photocall coa lenda «Posa» para que veciñas e veciños saquen fotos nese lugar e, con ese simple xesto estean amosando o seu apoio ás persoas LGTBIQ+.
Os actos do Día do Orgullo LGTBIQ+ continuarán este vindeiro 2 de xullo, venres, cunha charla impartida pola asociación Pvlse e que, baixo o título «Diversidade e historia LGTBIQ», terá lugar ás 20 horas na sala de exposicións do Multiúsos da Xunqueira.
Ás 21 horas, e na Alameda Castela, abrirase un Punto de Información Arcoiris e, ás 22 horas o punto e final aos actos o poñerá o concerto de Sacha na horta, tamén na Alameda Castelao.
A Consellería de Sanidade informa da existencia de 102 rapaces que deron positivo por covid-19 como consecuencia do gromo de Baleares. A maioría destes casos, concretamente 89, pertencen á provincia de Pontevedra, sendo a metade deles positivos na variante Delta.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fai un chamamento aos mozos para que acudan aos cribados, xa que é fundamental para controlar a expansión do virus. Lembra, ademais, que o uso da máscara é obrigatorio en interiores e no exterior cando non se poida garantir a distancia de metro e medio.
Por outra banda, García Comesaña confirmou coa conselleira de Saúde do Goberno balear que alomenos 18 galegos permanecen illados nun hotel de Mallorca, tras confirmar que interaccionaron nas festas, que supostamente foron a orixe do gromo. Ademais de interesarse polo estado dos rapaces galegos, o titular de Sanidade ofreceu a colaboración da Xunta para atallar canto antes o gromo.
Un equipo de enfermería da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza desprazarase mañá ao aeroporto da Lavacolla para ofrecer probas PCR aos estudantes que chegan de Baleares.
O día 23 de Xuño, o grupo dos maiores do proxecto Vincúlate, acompañados pola responsable do proxecto no concello e pola responsable de ADA intervencións, tivo a oportunidade de visitar a protectora Os Palleiros, de onde veñen os cans cos que traballan tódalas semanas dende hai tres meses.
Na visita, os rapaces e rapazas percorreron as instalacións acompañados pola presidenta da protectora e parte do persoal voluntario, que lles explicaron o funcionamento da mesma, que nestes momentos acolle a un total de 65 cans nas instalacións e 25 en casas de acollida.
A continuación o grupo almorzou na casa ANCEU Coliving, un espazo multicultural onde xente de todo o mundo ten a oportunidade de vivir e traballar de forma remota compartindo un espazo común na vila de Anceu.
A experiencia esta resultando moi enriquecedora tanto para os 30 participantes no proxecto como para as distintas persoas que, dalgunha maneira, colaboran ou participan no mesmo.
O alcalde, Carlos Gómez, resalta que “obxectivo desta visita era cumprir cunha demanda feita polos propios rapaces, moi implicados no proxecto, que querían coñecer máis a fondo o día a día dos seus compañeiros de catro patas así como tamén aproveitar a visita para continuar traballando tanto nas habilidades sociais como na xestión emocional”. O rexedor local salienta que “o enfrontarse a esta realidade do abandono animal é unha boa oportunidade para afondar nos sentimentos e traballar sobre a súa xestión”.
Para Carlos Gómez, “a idea é que os participantes neste proxecto teñan a oportunidade de coñecer diferentes realidades de ocio e laborais que lles podan axudar á hora de encamiñar a súa vida adulta así como tamén que se enfronten a situacións novidosas que lles xeren inquedanzas e os motiven”.
Así mesmo, o alcalde quixo agradecer o interese amosado por Ángela González Martínez, responsable do departamento de anatomía, produción animal e ciencias veterinarias da facultade de veterinaria de Lugo, que se desprazou para ver o desenvolvemento das sesións cos rapaces e rapazas e visitou as instalacións da protectora co fin de colaborar facendo un estudo dos beneficios do proxecto nos animais participantes do mesmo e as actividades que se desenrolan no municipio de Baiona
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.