14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación comeza a súa progrmación con "Tras as Ameas" e "Música...

    A Deputación comeza a súa progrmación con “Tras as Ameas” e “Música no Ar”

    “Tras as Ameas” se estrea este mércores no Castelo cun espectáculo da compañía SU.MA con todas as prazas esgotadas

    A Deputación de Pontevedra inicia este mércores a súa programación para “aviventar” cultura este verán cunha excepcional acollida por parte da cidadanía. Deste xeito, o ciclo “Tras as Ameas”, que levará un total de doce espectáculos familiares aos castelos de Soutomaior e Sobroso, arranca xa esta tarde co aforo completo, como xa o teñen tamén outras catro das actividades previstas. Pola súa banda, “Música no Ar”, que prevé 11 actuacións de música en espazos singulares e patrimoniais da provincia, arranca este  xoves 1 de xullo coa actuación do pianista Javier Otero no Pazo da Oca da Estrada.

    O espectáculo  familiar de circo, danza e acrobacia Ikigai, a cargo da compañía SU.MA, comezará ás 19 horas no Castelo de Soutomaior. Serán 50 minutos de danza, circo, acrobacia, teatro xestual e belcanto en clave de clown, nunha montaxe que aborda temas como a superación persoal e o sentido da vida. Ikigai, como sinala a compañía, supón unha mirada optimista e evocadora da alegría de vivir, na que calquera “catástrofe” pode tornarse na chave para chegar máis profundo ao corazón. Baixo a dirección de  Gonçalo Guerreiro, protagonizan o espectáculo Sue Moreno e María Move, mentres que a música é orixinal é de María Move e Raúl Grillo e a escenografía de Mark Torrecillas.

    Doutra banda, o primeiro dos espectáculos de “Música no Ar” chega este xoves 1 de xullo a un escenario tan singular como o xardín do Pazo de Oca da Estrada, onde o artista Javier Otero Neira, acompañado de Rubén Iglesias, porá en escena o seu novo proxecto, Reconstruction. Neste caso, o acceso é  libre hasta completar o aforo.  Javier Otero é un artista polifacético e experimental, que forma parte dunha nova xeración de pianistas con proxección nacional e internacional.  Reconstruction é o seu novo proxecto e conxuga vangarda coa esencia do piano e a música electrónica. Nel, Otero asumiu todo o traballo de interpretación, produción e postprodución e incluso a publicación foi co seu selo Landra Music. Neste directo, Javier Otero toca o piano e sintetizadores, e Rubén Iglesias o baixo eléctrico e os sintetizadores.

    Resto da programación

    En “Tras as Ameas” amais da actuación de hoxe de SU.MA, xa teñen as súas prazas esgotadas os espectáculos de circo Culturaactiva, o día 22 de xullo en Sobroso, e os de maxia que protagonizarán Pedro Volta o 15 de xullo en Soutomaior e o Mago Paco o 12 de agosto en Sobroso. Tamén está cuberto o obradoiro de Pilar Alonso en Soutomaior o 19 de agosto. Si quedan algunhas localidades para o resto dos eventos que no caso do mes de xullo protagonizarán de Píscore (concerto con fusión) o día 8 en Sobroso e o da compañía Trilitrate  Está de grelo o día 29 en Soutomaior. En agosto, en Soutomaior haberá sesión de contacontos con Aldaolado o día 5 , mentres que en Sobroso celebraranse obradoiros para toda a familia con Taller Abierto o día 26. E xa en setembro, haberá en Soutomaior acción escénica con Teatro Ghazafelhos, que representará A illa sen tesouro o día 1, e música con historia no espectáculo Asdomare, a cargo de Vero Rilo e Sonsoles Penadique, o 29, mentres que en Sobroso terá lugar a sesión de contacontos con Caxoto. A trastenda dos contos o día 8. As persoas interesadas poden inscribirse a co formulario na páxina web (www.depo.gal).

    No caso de “Música no Ar” o venres 16 de xullo actuará Ana Belén Rodríguez Trío na praza de San Fernando de Tui, mentres que o sábado 17 o fará Vertixe Sonora  no Espazo Cara a Ría de Pontecesures e o día 23, Clara Pino (arpa e voz), e Pablo Vidal (contrabaixo)  no exterior da igrexa de San Martiño de Berducido, en A Lama. Xa en agosto, a programación chegará o día 8 á Praza Maior da Cañiza, con  Samudra Trío e o día 22, aos xardíns da praza de Fefiñáns de Cambados con Estefanía Cereijo (piano) e Esperanza Mara (soprano). E en setembro, os espectáculos previstos arrancan o día 5 con Suelen Estar Quartet no Pazo Conde de Gondomar, e continuarán co de Pulso Ensemble o día 9 nos xardíns do Castelo de Soutomaior. Amais, a praza da Igrexa de Santo André en Hío en Cangas acollerá o venres 10 o concerto de Raíces Aéreas e o Mosteiro de Carboeiro de Silleda o día 11 a actuación de Brais González (piano), e Beatriz Arenas (soprano) . O programa finaliza o día 18 con Odaiko Percusión na praia fluvial do Val en Mondariz.

    A información de todas as actuacións figura na web da Deputación e en todos os espazos o acceso para os concertos é libre ata ocupar o aforo, excepto en Cambados e Gondomar, para os que se debe reservar en biblioteca@cambados.es  e taquilla@concellodegondomar.gal. No caso do o concerto do 9 de setembro no Castelo de Soutomaior tamén hai que reservar en participa.cultura@depo.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.