20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación constitúe a comisión para a elaboración dunha axenda urbana e...

    A Deputación constitúe a comisión para a elaboración dunha axenda urbana e rural propia

    Está integrada por persoal do servizo de Infraestruturas, Mobilidade, Turismo Rías Baixas, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza

    A Deputación de Pontevedra vén de constituír a Comisión Interdepartamental co obxectivo de elaborar de xeito participativo e con visión estratéxica unha Axenda Urbana e Rural propia para converter á provincia de Pontevedra nun espazo máis sostible, resiliente, inclusivo e seguro. A presidenta Carmela Silva presidiu esta mañá xunto ao vicepresidente César Mosquera a reunión de constitución da comisión que traballará establecendo redes con institucións, sectores estratéxicos e o tecido social, e estará integrada por persoal dos servizos de Infraestruturas (que coordina a comisión), Mobilidade, Turismo, Medio Ambiente, Cooperación e do Plan Revitaliza.

    Dende hoxe mesmo, que se ten constituído o grupo de traballo, a Deputación inicia o procedemento de elaboración da Axenda Urbana, centrándose, nun primeiro momento, na diagnose da situación de partida da provincia para poder obter un documento estratéxico que contemple os principios, obxectivos, criterios e pautas de actuación para o desenvolvemento sostible e integrador da provincia. Para elo a Comisión Interdepartamental seguirá a metodoloxía da Axenda Urbana Española que conta con fichas de axuda para poder poñer en marcha o plan. A Axenda Urbana e Rural da provincia identificará as áreas funcionais do territorio que, en moitos casos, coincidirán coas comarcas o que permitirá ser máis eficaces á hora de implantar accións ou programas. Amais determinará as actuacións que se levarán a cabo, establecendo prioridades e ordenándoas en función da súa tipoloxía (se se trata de actuacións de carácter normativo, de planificación, de financiación, de mellora da gobernanza, de transparencia e participación, de intercambio e difusión de coñecemento ou boas prácticas e experiencias). Finalmente, o plan establecerá unha calendarización das actuacións e marcará os indicadores de avaliación de resultados.

    Amais, a Comisión Interdepartamental de Axenda Urbana e Rural para a provincia tamén valorará a presentación de propostas ao programa de axudas á elaboración de proxectos pilotos de Plan de Acción Local que contempla o compoñente 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno do Estado. Para elo a comisión da Deputación de Pontevedra traballará dende unha visión estratéxica, holística, integrada e sostible de acordo cos obxectivos establecidos na Axenda Urbana Española e aliñados coa Axenda 2030, a Nova Axenda Urbana das Nacións  Unidas e a Axenda Urbana da Unión Europea. Coa constitución deste grupo de traballo a Deputación sitúase ao nivel de institucións provinciais como Barcelona ou Granada, que están tamén a traballar no desenvolvemento de Axendas Urbanas de ámbito provincial. A institución leva xa máis de tres anos traballando naaplicación dun modelo de desenvolvemento integral da provincia sostible. Deste xeito xa no 2019 presentou un estudo da aplicación da Axenda 2030 nos programas da Deputación de Pontevedra. Tamén ten en marcha outras iniciativas transformadoras, centradas na Axenda 2030, no impulso da accesibilidade, na eficiencia enerxética, na loita contra o despoboamento ou no impulso da conectividade e a dixitalización na provincia como Ágora, o Plan Estratéxico de Fondos Europeos, o Plan Estratéxico Provincial de Turismo 2021-2023, o programa ReacPon, a estratexia provincial de Infraestruturas e Vías, ou os Plan de Mobilidade Urbana Sostible, DepoRemse ou de Reequilibrio, así como os Plans de Sustentabilidade Turística nos destinos Condado-Pardanta e Deza-Tabeirós-Montes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.