21.4 C
Pontevedra
Sábado, 31 de Xullo de 2021
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de...

    O venres remata o prazo de inscrición nos cursos de Prevención de Riscos Laborais de Tui

    Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción

    Até este venres, 2 de xullo, está aberto o prazo de inscrición para participar nos cursos de prevención de riscos laborais na construción, que proximamente se van impartir en Tui.

    Están organizados polo Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción.

    Trátase dun curso Básico de Prevención en Riscos Laborais cunha duración de 60 horas, e dun curso de Prevención Específico, de 6 horas lectivas. Para a realización do curso específico terán preferencia as persoas que realicen o curso básico, amais aquelas outras interesadas deberán presentar a documentación acreditativa de posuír o curso básico. Estas actividades formativas van dirixidas a maiores de 18 anos, aínda que no caso de quedar prazas vacantes poderían inscribirse maiores de 16 anos.

    As persoas interesadas teñen que inscribirse, até este venres, 2 de xullo, enviando a ficha de inscrición, accesible en tui.gal, ao correo cfo@tui.gal. Deben indicar a preferencia de horario de mañá ou tarde para realizar o curso.  A orde de inscrición para cubrir as prazas será a orde de entrada do correo coa ficha de inscrición.

    Pódese ampliar esta información de luns a venres de 9 a 14 h no 986 60 39 49.

    COLABORACIÓNS

    O Morrazo e O Salnés, éxito asegurado

    Con motivo del día de la patria gallega esta publicación está dedicada a nuestra mágica tierra. “Miña terra galega, donde el cielo es siempre gris” cantaba Siniestro Total allá por los 80.

    Santiago Lopo, «A carteira»

    Santiago Lopo volve a sorprendernos cunha novela na que demostra a súa habilidade para conxugar unha chea de elementos que semellan dispares e que, baixo a súa pluma, combinan á perfección, e facelo dun xeito ameno sen que iso signifique deixar de lado nin a fondura de pensamento nin certa capacidade reivindicativa.

    Clafoutis, un postre clásico francés a base de cerezas

    Os presento uno de los postres más conocidos de la repostería francesa, el Clafoutis. Un postre sencillo, con una elaboración y una combinación de ingredientes que le dan una textura y sabor exquisitos. La combinación de almendra y cereza veréis que es realmente deliciosa.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    8 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    3 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    43 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS