Martes, 5 Agosto de 2025

A mocidade de Ponteareas “inmunízase” co galego nunha nova edición do Correlingua

A mocidade dos institutos de Ponteareas sumarase este venres ao Correlingua 2021, unha xornada que ten como lema “Inmunízate co galego”, para apelar á defensa do galego fronte ás linguas maioritarias, á cultura dominante, aos prexuízos lingüísticos e á exclusión social. A alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández Davila, explica que en Ponteareas “acollemos este acto para que os rapaces e rapazas se vacinen fronte á vergoña, a intolerancia, a ignorancia e o rexeitamento”, e poidan así “sentirse orgullosos e orgullosas de falar e escribir na nosa lingua”.

O Correlingua chega a Ponteareas o vindeiro xoves coa actuación do Dúo Vaguedades. Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural. A actuación tamén será retransmitida por streaming a través da canle de youtube do Correlingua.

O concelleiro de Lingua, Fernando Groba, e o de Mocidade, Miguel Bouzó, tamén destacan o proxecto e “dan os parabéns” a Mesa pola Normalización Lingüística, a CIG Ensino, a Asociación Sociopedagóxica Galega, e as administracións públicas polo Correlingua, e afirman que iniciativas coma esta “son moi necesarias para que a mocidade coñeza o valor de contar cunha lingua propia”.

O Correlingua recibiu en 2016 o VII Premio Rosalía de Castro de Lingua. O xurado considerou que merecía este premio por ter destacado no compromiso coa lingua, pola capacidade de introducir o galego desde a infancia entre as máis cativas e cativos e por manter ese uso vivo a medida que medran a través de múltiples actividades.

A Guarda presenta unha programación cultural de outono ampla, variada e para todos os públicos

0

O Concello da Guarda presentou, este pasado venres 29 de outubro a Programación de Outono nun acto presidido polo alcalde Antonio Lomba ao que acompañaban a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a concelleira de Desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.

A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero.

O venres 12 de novembro ás 20:30 h a Sala de formación do 1º andar do concello vello acolle o obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais, onde os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. O obradoiro ten unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986 610 000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a [email protected], as prazas son limitadas.

O sábado 13 de novembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo de maxia “A Igualdade non ten Truco”, as inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00 h a 21:00 h.

O venres 19 de novembro ás 19:00ho Centro Cultural acolle a obra de teatro ‘Illas Desertas’, partindo de dous grandes fracasos da historia: a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición de Ernest Shackleton, esta obra nos achega á inutilidade das cousas inútiles. Con presencia das diferentes tecnoloxías e linguaxes a obra propón unha interacción continua co público.As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00 h a 21:00 h.

O xoves día 25 de novembro ás 20:00 h o Centro Cultural acolle o espectáculo ‘O ben querer(se)’, por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Unha actividade da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero.

O sábado 27 de novembro ás 17:00h o Centro Cultural acolle varias actividades dentro da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero e que terán inicio ás 17:00h cos contos en familia “A Igualdade como fío conductor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para bebés (1 a 5 anos). Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.

Seguindo a programación ás 18:30h arranca “Contos en lila”, contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Xa para rematar a xornada do sábado 27 de novembro ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto (a partir dos 16 anos) a cargo de Cris de Caldas, onde mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas ou saltar obstáculos.

O venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello acolle o obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business que servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. O obradoiro teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a [email protected], as prazas son limitadas.

O sábado 27 de novembro a Casa dos Alonso acolle unha homenaxe e inauguración dunha Exposición adicada a Eliseo Alonso, que estará ata o 9 de decembro en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres. Informarase proximamente da hora da homenaxe.

O xoves 2 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Papiroflexia para celebracións”, o obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.

O venres 3 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre ‘Xogando no Nadal’, cunha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica. Para a charla non será necesaria a inscrición previa.

O sábado 4 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle a obra de teatro familiar “Patapatum” da Compañía Elegante Elefante. “Patapatum” é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir dos 4 anos. A música Dixieland, as máscaras e a fisicalidade das personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá. “Patapatum” é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00 h a 21:00 h.

O venres día 10 de decembro ás 18:30 h o Centro Cultural acolle un obradoiro organizado pola Omix sobre “Reutilizando envases” no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.

Tamén na xornada do venres día 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil”, na que Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento…. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.

O venres 17 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.

PROGRAMA DE OUTONO

  • Venres 12 novembro
    • Curso formación comercio Fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais
    • Inscrición previa en OMIX
  • Sábado 13 novembro
    • 18:00 h. Centro cultural
    • Maxia: A igualdade non ten truco
    • Inscrición previa en eventbrite.es ou no centro cultural (16 a 21h.), na semana previa
  • Venres 19 novembro
    • 21:00h. Centro cultural
    • Teatro Illas desertas
    • Inscrición previa en eventbrite.es ou no centro cultural (16 h a 21 h), na semana previa
    • Actividades de conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero
    • Inscrición previa das actividades en eventbrite
  • Xoves 25 de novembro
    • 20:00 centro cultural
    • Espectáculo: O ben querer(se), por aldaolado
  • Sábado 27 de novembro
    • No centro cultural
    • 17:00h. Contos en familia, A igualdade como fío condutor
    • 18:30h. Contos en lila
    • 20:30h. Mulleres de conto
  • Venres 26 novembro
    • Curso formación comercio Posiciona a túa empresa no mapa con google business
    • Inscrición previa en OMIX
  • Sábado 27 novembro
    • Casa dos Alonso – hora por confirmar
    • Homenaxe a Eliseo Alonso e inauguración de exposición
  • Do 27 novembro ao 9 de decembro
    • Casa dos Alonso – de 9:00 h a 14:00 h.
    • Exposición homenaxe a Eliseo Alonso
  • Xoves 2 decembro
    • 18:30 Casa dos Alonso
    • Papiroflexia para celebracións
    • Inscrición previa en OMIX
  • Venres 3 decembro
    • 19:30 Casa dos Alonso
    • Xogando no nadal, charla sobre o xogo e o xoguetes
    • Inscrición previa en OMIX
  • Sábado 4 decembro
    • 18:00 centro cultural
    • Teatro familiar Patapatum
    • Inscrición previa en eventbrite.es ou centro cultural (16 h a 21 h).
  • Venres 10 decembro
    • 18:30h. Centro cultural
    • Obradoiro Reutilizando envases
    • Inscrición previa en OMIX
  • Venres 10 decembro
    • 21:00h. Centro cultural
    • Teatro musical O Candil
    • Inscrición previa en eventbrite.es ou centro cultural (16 h a 21 h).
  • Venres 17 decembro
    • 18:30h. Centro cultural
    • Obradoiro Reutilizando abelorios
    • Inscrición previa en OMIX

Mondariz introduce un novo modelo de subvención de actividades socioculturais

0

O Concello de Mondariz vén de facer efectivo o cambio de modelo nas subvencións municipais para actividades socioculturais organizadas por colectivos sociais do ámbito veciñal, coa recente publicación dunhas bases reguladoras para a convocatoria de subvencións ás asociacións do ámbito veciñal para actividades socioculturais realizadas durante o ano 2021.

“Durante anos prevaleceu a asignación municipal de subvencións nominativas, pero este modelo era incompatible coa lei de subvencións de Galicia, na que se establece a concorrencia competitiva como procedemento ordinario. Este cambio de modelo non só aporta legalidade ao proceso, senón que tamén amplía as oportunidades de subvención de actividades socioculturais a todas as asociacións do ámbito veciñal”, sinala o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

O modelo antigo de asignación de subvencións nominativas nos propios orzamentos municipais, que xa xeraba dúbidas a nivel xurídico, quebrou especialmente durante estes últimos anos de pandemia, cando as restricións de mobilidade e reunión levaron a suspender case toda a actividade sociocultural. Houbo asociacións que, conscientes de que non realizaran ninguna actividade que xustificase a subvención á que tiñan dereito, decidiron por propia vontade renunciar á mesma. “Esa situación deixou claro que o modelo de asignación de subvencións nominativas non era xusto e estaba desfasado, por iso buscamos outro modelo que tivera en conta as actividades socioculturais que realmente se organizan e abrira as portas á participación de novos colectivos sociais”, sinala Barros.

Malia que o Goberno municipal convocou ás asociacións do ámbito veciñal a unha reunión informativa para explicar este cambio de modelo, existen críticas sobre determinados aspectos, como o apartado 9, sobre os compromisos e deberes dos beneficiarios, no que se indica que “as entidades subvencionadas quedarán obrigadas a colaborar co Concello naquelas actividades que este organice cando lles sexa requerido e farán constar o patrocinio do Concello de Mondariz na súa publicidade”. 

“Somos conscientes de que a redacción deste apartado, dentro das bases reguladoras, pode ser malinterpretado. O que se propón é unha relación de colaboración en Concello e asociacións subvencionadas. Con todo, é un problema de redacción xurídica que pode ser subsanado en próximas convocatoria, non é un problema de contido nin de modelo en si”, responde Barros.

Unha vez publicadas as bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), as asociacións do ámbito veciñal de Mondariz teñen até o 15 de novembro para presentar solicitudes de subvención para actividades socioculturais realizadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2021.

Esgotadas en media hora as prazas para a ruta “Voando nas Rías Baixas”

En cuestión de media hora, dende a apertura do prazo de inscrición para participar na ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas” pola Enseada de San Simón do próximo día 14, quedaron cubertas esta mañá a totalidade de 25 prazas ofertadas, cinco máis cas ofrecidas nas últimas andainas froito da eliminación das últimas restricións sanitarias. A camiñada, gratuíta e organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar na Enseada de San Simón na Ría de Vigo onde as persoas participantes poderán coñecer a riqueza ornitolóxica desta zona e a importancia de preservar os espazos naturais protexidos.

A andaina pola Enseada de San Simón, estará conducida por dúas experimentadas persoas guías ornitolóxicas. Da súa man, as persoas participantes descubrirán algunhas das especies que se atopan neste espazo protexido entre as que destaca o parrulo asubiador, que ten neste espazo un dos mellores lugares de invernada de Galicia, así como será posible observar o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilutico patirubio e o claro ou o mazarico real entre outros. Aos visitantes facilitaráselles prismáticos de observación de aves e recibirán como material didáctico unha guía de aves para que elaboren a súa propia lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

Despois desta ruta pola Enseada de San Simón, a última das andainas terá lugar no mes de decembro coa camiñada polo Esteiro do Río Miño e a Foz da Ramallosa ou do Río Miñor o día 19, coas inscricións abertas desde o día 7 de decembro. “Voando nas Rías Baixas” clausurará deste xeito unha iniciativa nada para sensibilizar á poboación da provincia sobre os nosos recursos culturais e naturais.

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño traballa para conseguir un instituto máis inclusivo

0

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño quere ser máis inclusivo. Con este fin, o alumnado está traballando arreo a través de distintos proxectos.

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares o alumnado de 4º de ESO organizou un acto, no que se presentou un traballo realizado o ano pasado titulado “A escola inclusiva en Tomiño onte e hoxe”.

Así, o alumnado, acompañado da directora do centro, Cruz Garrido, puido explicar pormenorizadamente a labor levada a cabo, ante un auditorio no que estaban tamén o inspector de zona, Antonio Estévez; o asesor de bibliotecas escolares de Galicia, Francisco Díaz; a alcaldesa, Sandra González, a concelleira de Educación, Cristina Martínez; o presidente da Anpa, Javier Besada, e a asesora do Centro de Formación e Recursos de Vigo, Isabel Nuevo.

Seguidamente, presentouse un vídeo resumo do proxecto, con catro apartados. No primeiro estudáronse as escolas indianas e a súa labor inclusiva, con especial referencia á labor educativa de Alonso Ríos, en defensa da educación pública. A biblioteca quixo implicarse na reedición do libro “O Siñor Afranio. Ou Como Me Rispei Das Gadoupas Da Morte” de Antón Alonso Ríos, resaltando ademais a súa faceta de mestre en Tomiño.

Na cinta reflectiu en 2º lugar o traballo de investigación realizado polo alumnado comparando as escolas dos seus avós coa actual; amosando as conversas cos avós e avoas, contacto interxeracional moi necesario durante a pandemia.

Un 3º apartado, sobre a formación recibida en temas de bibliotecas inclusivas e creativas, así como en orientación para a selección de lecturas inclusivas. O alumnado explicou conxuntamente co  departamento de orientación, como se desenvolve a atención á diversidade desde unha óptica inclusiva; a mediación para resolver conflitos, etc.

Por último, o alumnado realizou unha mostra divulgativa de lecturas inclusivas que se difundiron polas redes sociais (poemas, contos, etc.) sobre temas como a diversidade, os cambios, a familia, a natureza, as ciencias naturais, os animais, etc.

Ao final do acto fíxose entrega de diplomas aos voluntarios do programa de bibliotecas solidarias 2020-2021.

A Xunta fixa uns investimentos iniciais por 16,5 M€ para a comarca do Baixo Miño no proxecto dos Orzamentos autonómicos 2022

A Xunta de Galicia vén de fixar uns investimentos iniciais de 16.583.762 euros para a comarca do Baixo Miño no proxecto de Orzamentos 2022, segundo informou o delegado territorial en Pontevedra, Luis López, que considera que estas achegas “serán fundamentais para o desenvolvemento e o progreso desta contorna do sur da provincia”.

“O punto de partida para o Baixo Miño por parte da Xunta xurde do noso compromiso con esta bisbarra e está fixado en máis de 16 millóns de euros, unha contía que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico.

Luis López recalcou que a Xunta “é a institución que máis inviste, de longo, nesta comarca e ademais as actuacións deseñadas abranguen todos os ámbitos necesarios para a cidadanía, apostando polas infraestruturas viarias, as obras educativas, a conciliación, a formación e a creación de emprego, o mar, a vivenda e o turismo”.

O delegado territorial salientou que a principal actuación céntrase no avance, “que se agarda importante en 2022”, apostillou, da Vía de Altas Prestacións (VAP) entre Tui e A Guarda, que conta cunha achega para o vindeiro ano de 10.754.172 euros e que vai ser “fundamental” para a vertebración da comarca e a súa interconectividade con outras zonas da provincia.

“Os principais investimentos, por contía ou singularidade, roldan os 13,5 millóns de euros, pero as contas da Xunta tamén contemplan de xeito específico e nominal para os concellos do Baixo Miño outras actuacións de menor contía en instalacións deportivas, novas tecnoloxías, silvicultura, limpeza de montes e desbroces, obras educativas, transporte ou dixitalización no ensino ata alcanzar os citados 16,5 millóns iniciais de investimentos para o vindeiro ano”, significou o delegado territorial.

A Deputación reafirma a súa aposta polo acceso á educación musical con novas subvencións a escolas de música da provincia

A Deputación de Pontevedra revalida a súa aposta pola cultura coa concesión de achegas a 24 escolas de música da provincia que dependen de asociacións sen ánimo de lucro. As subvencións, que teñen un orzamento de 80.000 euros, están destinadas a entidades de 16 concellos da provincia e oscilan entre os 2.100 euros e 4.200 euros “dependendo do número de persoas que estean estudiando nelas”, informou a presidenta Carmela Silva.

Con estas achegas a Deputación democratiza o acceso a estes centros xa que “vivas onde vivas tes que ter dereito a ter unha escola de música onde formarte” e, neste senso, fai que “a formación musical chegue a todos os recunchos, dende as grandes vilas e cidades -que teñen orzamentos que permiten subvencionalas- ata os concellos máis pequenos”. Carmela Silva fixo fincapé na necesidade deste tipo de educación “que constrúe sociedades máis avanzadas porque a cultura e música permítennos as persoas formarnos dunha forma máis integral”.

Para a comarca de Vigo a Deputación aprobou achegas para a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso Mos, a Asociación Cultural e Social de Chapela (Redondela) e Amigos da música (Salceda de Caselas). Ademais, tamén se financiarán cinco entidades do concello de Vigo: a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida, a Asociación Banda Escola de Música de Beade, a Unión Musical de Coruxo, a Asociación Banda de Música Unión Musical de Valladares e o Ateneo musical de Bembrive. As achegas tamén chegarán á comarca do Condado con financiamento para a Banda de Música de Rubios (As Neves) e a Asociación Banda Xuvenil de Xinzo e a Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns (ambas de Ponteareas). Do mesmo xeito, chegarán ao Baixo Miño cunha achega para a Asociación Agrupación musical do Rosal.

As subvencións chegarán á comarca do Deza con subvencións á Asociación Amigos Banda de Música de Agolada, á Nova Banda de Música de Vilatuxe e á Banda de Música de Lalín así como á Asociación Cultural Banda de Música de Silleda. Na comarca de Arousa financiaranse as Pre-escolas de Música dos concellos de Ribadumia e Vilanova. Na comarca de Pontevedra os fondos chegarán á Asociación Cultura e Xuventude de Barro e á Asociación Cultural e Musical Escola de Música de Vilaboa así como a tres entidades do concello de Pontevedra: a Musico Cultural San Martiño Salcedo, a Asociación Cultural A Tempo Escola de Música e a Agrupación Musical de Vincios. E no Morrazo subvencionarase a Asociación Xuvenil Cultural Staccato, de Cangas.

O Complexo Deportivo Álvado Pino acolle o Trofeo Amizade

A vixésimo segunda edición do Trofeo Amizade disputouse o pasado domingo, 31 de outubro, na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Piñeiro de Ponteareas.

A cita supoñía o comezo oficial da tempada de natación autonómica, o que supuxo un récord na inscrición de participantes (286 en total). Este primeiro test do estado de forma contaba con outro aliciente, o sistema de cronometraxe electrónica. Ambas as cousas contribuíron a facer deste trofeo un encontro de moitos dos nadadores máis prometedores do panorama galego, algúns deles tamén destacados a nivel nacional, e doutros xa consagrados (como a nadadora Bea Gómez, participantes nos xogos olímpicos de Londres) na piscina de Ponteareas.

No referente á clasificación final por equipos, foi o club local do condado quen se alzou coa vitoria por equipos, así como na clasificación feminina e masculina.

[su_image_carousel source=”media: 47987,47984,47985,47986″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

O trofeo concello de ponteareas, aos mellores nadadores por puntos FINA resolveuse así:

Mellor nadadora

1. Bea Gómez (CNGalaico)

2. Alicia Bouzas (CNGalaico)

3. Sofía Carballo (CNPonteareas)

Mellor nadador

1. Martin Pardo (CNFluvial)

2. Mario Méndez (CNRías Baixas)

3. Daniel Sánchez (CNGalaico)

Á entrega de trofeos acudiron a alcaldesa e o concelleiro de deportes do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández e Miguel Bouzó, que viviron en primeira persoa o ambiente da xornada deportiva que viviron os integrantes dos 16 clubs galegos que participaron neste “clásico” da natación galega.

Mondariz estuda medidas urxentes para sanear as árbores da praza maior

0

Á vista do estado de conservación das árbores da Praza de España, o Goberno municipal de Mondariz está valorando un plan de acción para substituír ou eliminar as máis danadas e garantir a seguridade deste espazo público de gran actividade social. “Nos próximos meses haberá actuacións ao respecto. Non podemos esperar a que haxa caídas de ramas ou mesmo pés para actuar, cando xa dispoñemos de informes técnicos que recomendan substituír e mesmo eliminar algunhas das árbores porque a podremia interna está demasiado avanzada”, comenta Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

En 2020, a resposta dunha solicitude expresa do alcalde de Mondariz, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro realizou unha avaliación técnica do estado dos icónicos tileiros da Praza de España, no que se corroboraba a diagnose dun estudo previo emitido no ano 2015: unha perigosa tendencia á podremia nos pés das árbores, derivada das podas feitas durante anos para darlles unha estrutura artificial de candelabro.

Despois dunha avaliación visual preliminar dos 35 tileiros da Praza, no informe técnico recomendouse substituír e eliminar catro pés, manter a vixilancia sobre outros 25 pés por diferentes niveis de risco, ir substituíndo ou mesmo eliminando os pés máis desequilibrados, sanear aqueles tileiros que presentan máis ramas secas e defectos estruturais, e separar o empedrado das proximidades das árbores.

“Como esta actuación non se pode adiar, temos previsto aproveitar as obras que se realicen na Praza durante o cambio integral de luminarias e cadros eléctricos en Mondariz para reorganizar o arbolado e instalar uns novos báculos no centro que melloren a iluminación e sirvan de plataforma para colgar elementos durante o verán e dar sombra a este espazo aberto en condicións de seguridade”, explica Barros.

O asunto do estado dos tileiros da Praza de España e a necesidade de actuar para manter a seguridade do lugar foi tratado na última Comisión de Urbanismo celebrada no Concello de Mondariz. Malia que este concello realiza un seguimento periódico do estado de conservación das árbores, como demostran os informes técnicos mencionados, a recente caída dunha árbore no veciño Concello de Mondariz-Balneario, que deixou unha persoa morta e varias máis feridas, alertou da necesidade de tomar medidas inmediatas para previr catástrofes.

Concello de Nigrán e Asociación de Veciños de Camos solicitan á Xunta a desafección da casa dos mestres de Camos

0

Concello de Nigrán, Asociación de Veciños de Camos e Centro Cultural A Camoesa urxen novamente á Consellería de Educación a que outorgue a desafección da casa dos mestres de Camos (en Balinfra, no número 45) para poder recuperala para un uso público ao estar desocupada desde hai anos. Adicionalmente, o grupo parlamentario socialista remitíu o 27 de outubro unha solicitude ao respecto á Mesa do Parlamento de Galicia, mentras que o goberno local presentará unha moción no vindeiro pleno en consonancia coas entidades veciñais da parroquia.

“Levamos anos solicitándoa, a Xunta contestounos no seu momento que estaba adxudicada a unha mestra de fora da parroquia que residía nela e en marzo enviamos incluso un informe policial que o desminte, desde entón non temos resposta algunha e agora está sobre a mesa unha necesidade real para empregala temporalmente como vivenda de emerxencia, un dos fins sociais que podería cubrir”, recalca o alcalde, Juan González, quen lamenta esta despreocupación da Xunta por un inmoble en desuso, adxudicado a un particular, e que os propios veciños de Camos reclaman que sexa devolto.

Así, tras dúas peticións oficiais anteriores por parte do Concello e mesmo da entidade veciñal de Camos, a Xunta alegou que nela vivía unha docente, motivo polo que o Concello de Nigrán, nun terceiro intento, remitíu o pasado mes de marzo un informe policial exhaustivo realizado durante meses e que acredita que indubidablemente permanece deshabitada, circunstancia que os propios veciños veñen denunciando desde hai anos.

“É de xustiza que o Concello poida dispoñer dela para un uso social porque se atopa nun estado de abandono que prexudica ao propio inmoble”, xustifica o alcalde, quen reitera a súa vontade de rehabilitala, tal e como fixo coa súa xemelga pareada ao acadar a súa desafección no 2017 (foi cedida ao CEE Juan María para programa de respiro familiar).

Deste xeito, neste recinto de Balinfra o Concello de Nigrán si dispón desde 2015 das antigas escolas infantís (empregadas, entre outras cousas, para clases de pintura ou local de ensaio das pandereteiras de Camos) e desde 2017 dunha destas dúas casas vinculadas, restando só a desafección educativa da segunda en cuestión. A edificación completa foi construída hai máis dun século para fogar dos profesores de Camos é consta dun volume de 339 metros cadrados dividido en dúas vivendas pareadas (números 43 e 45). Cada unha conta con 80 metros cadrados de planta, dous pisos e xardín nunha parcela municipal de 2.789 metros cadrados acondicionada como parque infantil.

“Non hai dúbida que desde hai moitos anos non ten uso residencial pese a que a mestra á que está adxudicada o negue, o poden confirmar os propios veciños pero ademais tomamos a iniciativa de acreditalo documentalmente desde novembro de 2020 á actualidade para tratar de desbloquear esta situación que prexudica ao municipio e indigna”, defende o alcalde.

“A vivenda é un dereito básico das persoas que contribúe á súa integración social e calidade de vida, é moi importante que Nigrán conte con esta casa en desuso para poder destinala a un fin social”, reitera o rexedor, quen incide en que, precisamente, o único ‘parche’ do recinto de Balinfra é esta casa abandonada. “Gustaríanos poder rehabilitala e integrala nos diferentes usos que se dan actualmente en Balinfra porque xa comprobamos que uns e outros se benefician da presencia mútua”, finaliza González.

O Museo de Pontevedra fai un percorrido polas modalidades do pregado do papel con ‘Origami, de papel a obra de arte’

O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra vai acoller dende este xoves 4 de novembro ata o 23 de xaneiro a mostra ‘Origami, de papel a obra de arte’, unha exposición que pretende facer un percorrido por todas as modalidades que existen do origami, a arte do pregado do papel onde non cabe a posibilidade de cortes nin pegamentos.

A mostra é unha selección de figuras da Escola Museo Origami Zaragoza (EMOZ), un dos poucos museos de papiroflexia que existen no mundo e o único na súa categoría como museo de autor, o que quere dicir que só amosa modelos creados e pregados polas persoas autoras, motivo que o diferencia cos existentes en Xapón e Corea, que son coleccións de modelos expostos en forma de dioramas. Actualmente a EMOZ conta con máis de 5.000 obras orixinais das persoas creadoras máis importantes internacionalmente.

A exposición parte dunha proposta histórica onde se desvelan os inicios do origami tanto no mundo como en España, onde a máxima relevancia recae no Grupo Zaragozano de Papiroflexia fundado en 1944, convertíndoo no primeiro grupo de persoas que se reúnen arredor do pregado do papel no mundo, e salientando a figura dun dos máximos expoñentes en España, Miguel de Unamuno.

A mostra estará dividida en varias zonas, unha primeira de ‘Introdución’ na que se fala da habilidade de dar a un anaco de papel, dobrándoo convenientemente segundo a forma de determinados seres ou obxectos, vendo como ao pregado utilitario se lle foron engadindo outros usos: cerimonial, recreativo, xeométrico, matemático, educativo, artístico etc.

A parte do ‘Origami elemental’ inclúe todos os modelos da papiroflexia tradicional, entendida como o patrimonio origamístico anterior ao século XX, caracterizado por empregar un mínimo de recursos fléxicos, xeralmente pregaduras fixas, fáciles de realizar e de lembrar e que se poden completar en poucos minutos. Unha terceira zona está dedicada ao ‘Origami esencial’, un estilo que naceu a mediados do século XX a partir da obra de Akira Yoshizawa, cun modo de traballar o papel co que o artista trata de expresar unha emoción a través do pregado.

O cuarto apartado, de ‘Origami orgánico’, é o que permitirá ver modelos que seguen os patróns da bioloxía e tamén da xeoloxía, unha tendencia inicidada polo CRIMP, centro francés de investigación liderado polo artista Vincent Floderer. No pregado orgánico rexéitanse os valores ortodoxos da simetría e da xeometría clásicas para conseguir, mediante o que se coñece como ‘froissage’, ou engurrado, que os modelos aludan, ás veces con precisión, ás veces vagamente, a texturas propias de formas xeolóxicas ou biolóxicas.

Unha quinta sección é a do ‘Origami hiperrealista’, grazas ao que cun deseño, cun plan e cunha meta preconcibidos e levando o papel aos seus límites fléxicos e xeométricos, búscase o máximo realismo e o detallismo exhaustivo; todo iso, na medida do posible, sen sacrificar a expresividade. Un dos campos preferidos desta tendencia é o pregado de figuras con forma de insectos, animais pequenos ou plantas, co obxectivo de que se puidesen confundir cun animal ou con vexetais reais.

Na zona do ‘Origami escultórico’ veranse pezas nas que o papel exprésase volumetricamente grazas a un coñecemento preciso das súas características e das súas propiedades para manter formas e volumes por medio de arredondamentos e contraarredondeamentos, pregaduras e contrapregaduras e todo coa máxima de “só pregar”.

No ‘Origami xeométrico’, pola súa parte, haberá pezas modulares obtidas mediante procedementos de pregado fixos e repetitivos que, repetidas, a modo de ladrillos, e convenientemente ensambladas, forman un todo: o modelo buscado. O apartado do ‘Origami teselado’ amosará creacións nas que unha estudada, precisa, laboriosa e intricada serie de pregaduras monte e val transforman o plano bidimensional nunha estrutura tridimensional.

Finalmente, haberá un apartado de ‘Non origami’ ou metaorigami no que se inclúen obxectos de papel tratados de forma heterodoxa (desde o punto de vista do origami) e tamén outros materiais distintos do papel, pero susceptibles de recibir algunha forma de traballo similar: tea, cartón, metal…

Obradoiros

Para completar a exposición, o Museo vai organizar obradoiros de papiroflexia para público de 5 a 90 anos -sendo preciso que a cativada menor de sete anos veña acompañada dunha persoa adulta-. Os días nos que haberá obradoiro serán os sábados 6 e 20 de novembro, e o 11 de decembro, mentres que no Nadal haberá sesións os días 28, 29 e 30 de decembro. Haberá un máximo de 20 participantes por sesión e o horario será de 11.30 a 13.00 horas. É precisa inscrición previa en [email protected].

A Concellería de Igualdade de Baiona presenta o “Novembro Lila”

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona presentou a pasada semana a programación da terceira edición do “Novembro Lila”.

Na presentación, a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, deu a coñecer as novidosas actividades que se idearon para a edición 2021 da programación.

Durante a súa intervención Moreira Costas destacou que “trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres”. Tamén quixo sinalar que o  “Novembro Lila”, como nas anteriores ocasións, ten como obxectivo sensibilizar e concienciar á veciñanza sobre a violencia machista a través de diversas accións que sen dúbida non deixarán ao público indiferente. Haberá actividades variadas para tódalas idades.

“Acadar a igualdade real é un camiño case infinito, no cal cada paso conta e ha de ser firme. Tódalas accións que se están a desenvolver pola área de igualdade teñen como obxectivo educar, sensibilizar e implicar á veciñanza de Baiona. É imprescindible que todas, e todos formemos parte deste cambio”, finalizou a súa intervención a concelleira.

Programación de actividades “ Novembro Lila” organizadas pola Concellería de Igualdade e o Centro a Información á Muller do Concello de Baiona

– O vindeiro venres 5 de novembro: inauguración da exposición, colectiva “Amor, xénero e outras violencias” ás 19:30h. O Multiusos Mercado de Sabarís será o escenario que albergará esta mostra conformada por varias artistas como son Andrea Costas, Mar Caldas, Elena Gómez e tamén alumnado de 1º de Fotografía da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

– 6 de novembro ás 19:30 horas o concerto de Sés no auditorio municipal V Centenario de Baiona. A artista galega presentará Liberar as arterias. As entradas poderanse descargar a través do calendario da páxina web do Concello de  Baiona, a partir do sábado 30 de outubro ás 12:00 h.

7 de novembro, a programación “Novembro Lila” porá en escena “Fendas”, a cargo de Mónica Sueiro,  directora da aula de teatro de Baiona e Non Si? Teatro. A partir dás 12:00 h  no Casino de Sabarís e a continuación na Praza Vitoria Cadaval. Nesta mesma liña, o 27 de novembro, interpretarase “ Creba(me)” pero en distintos escenarios. Nesta ocasión as accións teatrais desenvolveranse na Alameda Carabela Pinta a partir das 17:00 h, na Praza do Pai Fernando, na contorna da Capela da Misericordia e na Praza de Santa Liberata consecutivamente.

12 de novembro no Multiusos Mercado de Sabarís ás 19:30h. A escritora baionesa Iria Misa presenta o seu libro “A cidade do Átomo”  que logrou  o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade en novembro de 2020. A escritora baionesa quixo esperar ata esta data para facer a presentación oficial do seu traballo e formar parte desta programación .

– A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona volve apostar polo  “autocine” con perspectiva de xénero como actividade enmarcada dentro do “Novembro Lila” tras o éxito do ano pasado. A xornada de “autocine” terá lugar o vindeiro sábado, 13 de novembro, ás 19:30 h en Chan da  Lagoa. As entradas poderanse descargar a través do calendario da páxina web do Concello de  Baiona, a partir do sábado 30 de outubro ás 12:00 h.

Sábado 14 de novembro ás 12:00h. : O espectáculo de monicreques “A viaxe de Rosalía” no Multiusos Mercado de Sabarís.

–  Escape room “Rexeita o Maltrato”: 14 de novembro ás 16:30 h na praza do Concello. As bases que rexen a convocatoria poden descargarse do taboleiro virtual da sede electrónica do Concello e no calendario da web municipal.

Sensibilización nas aulas

  • Contacontos pola igualdade o contacontos teatral “O Ratiño Presumido” nos colexios de Baiona. representarase o  Xoves 18 de novembro, no CEP Sabarís e no CEIP Belesar e o venres 19 de novembro  no CPI Cova Terreña e CEIP Fontes.
  • Obradoiro “Os amores non matan” o propio 25N, para o alumnado que cursa 4º curso da ESO do I.E.S Primeiro de Marzo. O  xoves, 18 de novembro, será o turno do alumnado do CPI Cova Terreña.
  • Debuxos e obradoiros contra á violencia de xénero para o alumando de secundaria de Baiona: 24 de novembro ás 12:00h acto de entrega dos premios do concurso de debuxo e eslogan contra a violencia de xénero no Salón de Plenos do Concello de Baiona.
  • O cine itinerante máis pequeno do mundo “ O Festivaliño”, sábado  20 de novembro en sesión de mañá no Multiusos Mercado de Sabarís (de 11:00 a 12:00  e de 12:00h a 13:00h) e de tarde (de 16:30h a 17:30h e de 17:30h a 18:30h), e o domingo 21 de novembro na Alameda Carabela Pinta, nos mesmos horarios.
  • Acto de conmemoración do 25 de Novembro no CEIP Fontes Baíña ás 12horas.
  • Proxección de “Monstras” no Multiusos Mercado Sabarís o venres 26 de novembro ás 18:00h, a primeria web-serie feminista de Galicia: Foron 23 as persoas, todas mulleres, que participaron na gravación desta web-serie, financiada en réxime de crowdfunding. Entre elas, as actrices Patricia Torres, Antela Cid e Neves Rodríguez; a directora de fotografía Bea Saiáns; e a propia directora Eire García Cid, todas elas veciñas do Val Miñor.
  • Domingo 28 de novembro ás 12:00h da man de Títeres Brincadeira chegará “A carteira de Augasclaras”de Carmen Domech  ao Multiusos Mercado de Sabarís.

As actividades están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra, no marco da liña dúas do Plan Concellos 2021 e polos fondos percibidos polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Enmárcanse no IV Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes do Concello de Baiona.

Nigrán acorda con correos a posta en marcha do rexistro dixital Orve

0

O Concello de Nigrán ven de adherirse á plataforma Orve de Correos para que os veciños poidan remitir telemáticamente calquera información ao consistorio (copias autenticadas de solicitudes, notificacións…) desde calquera oficina e coa máxima garantía xurídica. Esta ‘Oficina de Rexistro Virtual’ funciona desde esta semana tamén na sede de Correos en Nigrán, onde adicionalmente é posible, grazas a un acordo co ORAL, pagar os tributos municipais.

“O obxectivo é rachar coa fenda dixital ofrecéndolle á veciñanza con menos destrezas tecnolóxicas a posibilidade de relacionarse telemáticamente co seu concello”, explica Carlos Meijome, director de Correos na área, mentras que o rexedor, Juan González, incide en que contribúe a mellorar a comunicación entre as administracións e a cidadanía, algo especialmente interesante no caso de Nigrán pola gran cantidade de segundas residencias.

No encontro entre González e Meijome falaron tamén da posibilidade de establecer un convenio de colaboración en materia de paquetería e loxística pensando especialmente no pequeno comercio do municipio. 

A Deputación pon en marcha sete novas accións formativas do programa “Tic Emprendes”

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novas accións formativas gratuítas do proxecto Tic Emprendes, impulsado pola institución provincial e que cofinancia o Fondo Social Europeo para fomentar a empregabilidade e o emprendemento entre a mocidade daqueles concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.  

En concreto, serán sete as novas accións formativas do programa, con 125 horas de duración e cun total de 105 prazas para persoas mozas de entre 16 e 30 anos residentes nalgún dos 31 concellos da provincia participantes no proxecto. Tic Emprendes adaptou a oferta da súa formación a aquelas actuacións formativas máis demandadas pola mocidade, e deste xeito contémplanse catro itinerarios: Competencias dixitais en ofimática (unha acción formativa que terá dúas edicións); Márketing dixital: estratexias SEO, SEM, Redes sociais e análise de tráfico web (1 edición; Community Manager (2 edicións) e Operario/a de xestión loxística e dixital de almacén, cun módulo de carretilleiro (2 edicións).

O obxectivo da iniciativa é, por medio dunha formación eminentemente práctica e centrada en actuacións formativas relacionadas coas Novas Tecnoloxías e as TIC, impulsar proxectos  que aumenten a empregabilidade e o emprendemento da mocidade que habita ou vaia habitar en concellos do rural, tanto para emprender e traballar por conta propia como para facelo por conta allea, e así contribuír a evitar o a despoboamento.

Poden participar en “Tic Emprendes” persoas mozas de 16 a 30 anos dos 31 concellos participantes: Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade,Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces. Para inscribirse teñen que estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ser desempregadas non integradas no sistema de educación ou formación e deben ser residentes en calquera dos concellos rurais antes citados.

En cada itinerario ofrecerase formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a busca de emprego e asesoramento para a creación da propia empresa. As solicitudes poderanse presentar preferentemente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Deputación: https://sede.depo.gal. Para mais información, as persoas interesadas poden contactar en https://www.depo.gal/tic-emprendes  e nos teléfonos: 886 217 320 / 986 804 100 (extensión 47 320).

O programa Tic Emprendes, que ten un orzamento total de 700.000 euros, contempla un total de 26 accións formativas enmarcadas en 11 itinerarios que ao seu remate haberán beneficiado a un total de 390 persoas mozas. No que vai deste 2021, desenvolvéronse xa 9 accións formativas e hai outra en marcha, cun total de 122 participantes, dos que a maioría (un 63,1%) foron mulleres (77) e houbo 45 homes. Despois destas 7 novas accións formativas quedarán outras 9 por desenvolver, que se levarán a cabo entre finais deste 2021 e o 2022.

Javier Gómez Darriba intervén este mércores no ciclo sobre a batalla de Lepanto

0

“Política, devoción e iconografía bélica. O tema da Batalla de Lepanto no retablo do Rosario do convento de San Domingos de Tui” é o tema da conferencia que este mércores, 3 de novembro, ás 19.30 horas na igrexa tudense de San Domingos ofrecerá Javier Gómez Darriba. Na súa intervención analizará a iconografía e outros aspectos deste singular retablo.

Esta conferencia forma parte do ciclo que organiza o Concello de Tui en torno ao retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como da “Batalla de Lepanto” pola representación deste episodio bélico que posúe, no 450 aniversario daquela afamada batalla que tivo lugar o 7 de outubro de 1571.

Javier Gómez Darriba é doutor en Historia da Arte con Sobresaínte cum laude pola Universidade de Santiago de Compostela (2020) e Máster en Patrimonio Artístico Andaluz y su Proyección Iberoamericana pola Universidade de Sevilla (2015). Autor de numerosos traballos de investigación sobre a arte galega de época barroca.

A asistencia é libre ata completar o aforo, aínda que se recomenda inscrición previa no correo [email protected]

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, o ciclo está contando cunha moi boa acollida nas conferencias realizadas ata o momento como o testemuña a presenza de público nas mesmas e se congratula do acerto do Concello de Tui ao poñer en marcha esta actividade. Una programación que, aproveitando esta efeméride, trata de poñer en valor este singular elemento do patrimonio cultural tudense, que os tudenses senten como propio, e contribuír ao coñecemento da nosa historia e do acervo cultural de Tui.

A igrexa de San Domingos de Tui, declarada Monumento histórico artístico no ano 1931 (hoxe Ben de Interese Cultural) é un dos espazos patrimoniais de maior interese no conxunto histórico tudense. Entre os múltiples elemento de valor artístico que atesoura está o retablo de Nosa Señora do Rosario, popularmente coñecido como o retablo da “Batalla de Lepanto” por posuír unha representación deste acontecemento na parte superior do mesmo. Trátase dun retablo do século XVIII de grande interese e calidade.

Ao conmemorarse, o 7 de outubro, o 450 aniversario desta batalla acontecida no ano 1571 e que foi a maior batalla naval da historia moderna, na que participaron 450 naves e máis de 200.000 e que enfrontou á flota de Liga Santa (integrada pola Monarquía Hispánica, os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Saboia), comandada polo español Juan de Austria, contra a flota do Imperio Otomán do sultán Alí Pasha que ameazaba a estabilidade no Mediterráneo occidental. A vitoria das tropas cristián marcou o freo á política expansionista do imperio turco.

Conta a tradición que namentres acontecía esta batalla o Papa Pío V rezaba o rosario, e que pedira a toda a Cristiandade que o acompañase con esta oración. Desta foi atribuída esta importante vitoria á Nosa Señora do Rosario. Conta amais a tradición que o rezo do rosario foi entregado pola Virxe María a San Domingos, fundador da Orde dos dominicos.

Comezan as obras do vial Cequeliños de Arbo

0

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra. Unha das súas prioridades e mellorar a seguridade viaria en todas as súas estradas, executando ensanches e mellorar o trazado nos tramos mais perigosos.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, supervisaba esta semana os traballos que se levan realizando e informa que as obras estan avanzando a bo ritmo.

As obras do Vial Cequeliños, que da acceso ao barrio da Igrexa asi como a Igrexa parroquial e o ceminterio, donde actualmente a estes dous últimos lugares non accede un vehículo, comenzaban a semanas pasadas. 

Estanse executando traballos previos e escavacións, desbroce do terreo, demolición dos pavimentos existentes. Realizarase a recollida das augas pluviais no camiño de baixada a igrexa, coa execución de tubeiras de PVC de diámetros 315mm e 250mm e arquetas sumidoiro, nos tramos sinalados nos planos. En total executaranse 92m de tubeira. Será preciso ademais  repoñer unha tubeira de rego existente, que se atopa  moi superficial, entre outras actuacións que conten o proxecto.

O  Concello de Arbo, quere agradecer aos veciños de Cequeliños, que cederon terreo das súas parcelas para a amplitude de este vial – manifesta o rexedor Horacio Gil –  pois con estas melloras que se van a realizar no vial de acceso permitirase ampliar o vial. Esta actuación conta cun orzamento de  89.768,94 €  e será financiado a través dunha  subvención da Deputación de Pontevedra.

A defensa das pesqueiras do Miño no parlamento por iniciativa do BNG arbense

0

Arbo acolleu este pasado venres un acto de presentación das propostas levadas ao parlamento para pór en valor as pesqueiras e retomar unha reclamación histórica desta construción singular e milenaria do enxeño galego.

Diego P. Gago, responsábel local do BNG en Arbo, diante dunha audiencia internacional de medio cento de persoas, fixo un percorrido pola historia destas construcións e pola loita social que o seu avó, Ignacio Gago, abandeirou desde finais dos ’70 e pola que foi recoñecido recentemente como veciño insigne.

As pesqueiras, ou pescos, facilitan a pesca da lamprea cun xeito único en toda Europa que “debe valorizarse como revulsivo económico das localidades Miñotas”, tal e como puxo de manifesto Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves.

Unha arquitectura singular que está perdendo o seu uso paulatinamente polo ausencia de alternativas, ademais do perigo real polas variacións de nivel provocadas polos encoros que fan do Miño unha fábrica de cartos que marchan fóra. “Nin Madrid nin Lisboa dan solución a un problema que non entenden” acuñou Luís Bara, deputado no parlamento galego polo Bloque Nacionalista Galego que xunto a Alexandra Fernández incoou ao goberno do país a retomar a consideración de Ben de Interese Cultural xunto cun plan dinamizador que acolla a tódolos sectores implicados da sociedade.

Foi un acto enriquecedor e construtivo coa participación de veciños e veciñas de Arbo e das demais localidades miñotas, grandes coñecedoras da vida arredor das pesqueiras e que seguirán exixindo que sexan tidas en contas como un recurso económico vivo e un elemento dinamizador da sociedade, ademais dun ben histórico cun grande potencial turístico.

A Deputación abre o martes a inscrición na penúltima quenda das rutas ornitolóxicas ‘Voando nas Rías Baixas’

A Deputación de Pontevedra abre este martes, 2 de novembro, o prazo de inscrición para a penúltima das rutas ornitolóxicas programadas dentro da cuarta edición da iniciativa Voando nas Rías Baixas, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais protexidos. Esta nova ruta, que se desenvolverá o 14 de novembro, permitirá coñecer a riqueza ornitolóxica e paisaxística da Enseada de San Simón, nos concellos de Redondela, Soutomaior, Pontevedra e Vilaboa. Ofértanse 20 prazas para esta camiñada guiada de carácter gratuíto e as persoas interesadas poden anotarse na web https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas.

A Enseada de San Simón, situada no máis profundo da ría de Vigo e espazo protexido pola Rede Natura 2000, conta cun espazo intermareal propicio para a invernada e paso migratorio no outono e primavera de interesantes aves acuáticas e mariñas, ademais de paseriformes dos contornos arbóreos. Xunto ao parrulo asubiador, que ten en San Simón un dos mellores lugares de invernada de Galicia, é posible observar outras especies como o bilurico das rochas, a píldora cincenta, o bilurico patirrubio e o claro, o pilro común e o tridáctilo, o mazarico real, a garza real, a garzota común, gaivotas, corvos mariños e picapeixes.

A andaina estará conducida por dúas experimentadas persoas guías ornitolóxicas de SEO Birdlife. Como recomendacións para as/os participantes, aconséllase levar roupa cómoda e calzado apropiado para moverse polo campo, así como protector solar. Cada participante terá á súa disposición prismáticos de observación de aves, así como dous telescopios terrestres de alta gama para poder desfrutar das aves sen molestalas. Tamén recibirán como material didáctico unha Guía de aves, así como unha lista de aves para que elaboren a súa lista durante a ruta. No caso daquelas persoas que dispoñan de prismáticos e guías de campo recoméndase que os leven, ao igual que unha pequena libreta para aprender a facer un caderno de campo.

Despois desta penúltima ruta, a derradeira terá lugar o 19 de decembro cando se pechará a cuarta edición de Voando nas Rías Baixas coa camiñada polo Estuario do Río Miño (A Guarda) e a Foz da Ramallosa (Nigrán). Neste caso, as persoas interesadas poderán anotarse a partir do 7 de decembro.

O Pleno do Porriño aproba unha moción de reprobación á alcaldesa

A Corporación municipal acordou no último Pleno Ordinario, unha moción de reprobación á alcaldesa, Eva García de la Torre, polo acontecido no Pleno Extraordinario do venres 22 de outubro, moción aprobada por maioría, con 10 votos do Partido Popular e EU SON – grupo municipal que fixo a proposta– e os votos en contra de PSOE, BNG e UDDL.

O acordo acadado censura á alcaldesa “por actitude antidemocrática e impropia do seu cargo” e “polo abuso reiterado da súa posición de poder nos plenos”, segundo figura no texto aprobado

O acordo adoptado tamén esixía que o Concello o difundise nos medios informativos e nas redes sociais do Concello.

SmartPeme pon en marcha catro novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre o novo itinerario iniciado o pasado mes de outubro en fabricación dixital, a mellora do posicionamento local dunha empresa turística e a creación dun plan de márketing.

En concreto, este martes 2 impartirase o obradoiro “Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape IV – Partstudio IVDIO II”. Estará a cargo do experto universitario en Robótica Manuel Freire, quen dará a coñecer as tecnoloxías implicadas no proceso de fabricación dixital, tanto a nivel teórico como a nivel práctico. Os/as participantes terán contacto real coa tecnoloxía e poderán experimentar con ela, chegando a deseñar e fabricar por si mesmos unha peza no Fab Lab.

O mércores 3 será a quenda de “Como mellorar o posicionamento local da túa empresa turística”, a cargo de Mariana Rosa, graduada en turismo. Esta explicará como sacar o mellor rendemento á xeolocalización dos establecementos, como optimizar e profesionalizar a páxina de Google My Business e Google Ads e ferramentas complementarias para mellorar o posicionamento local dunha empresa turística.

Finalmente, o xoves 4 pola mañá, Manuel Freire impartirá “Fabricación Dixital. Laminador cura II”, como continuidade do obradoiro do martes. Pola tarde, a posgraduada en Comunicación Corporativa María Aller pechará a formación da semana con “Crea un plan de márketing para a campaña de nadal”. Neste taller Aller orientará aos usuarios/as para realizar un plan de márketing co obxectivo de aumentar o número de clientes durante estas festas mediante o emprego de ferramentas como as redes sociais, Google Adwords, Facebook Ads e a monitoraxe. Amais, amosará tamén exemplos de campañas exitosas que lle poidan servir de inspiración.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento. Tamén é posible facelo enviando un correo ao enderezo [email protected] ou no teléfono 886 202 020.

Gondomar soluciona a accesibilidade da Casa da Cultura coa axuda da Deputación

0

A accesibilidade á Casa da Cultura de Gondomar xa non é un problema. As obras de eliminación de barreiras arquitectónicas e instalación de ascensor remataron despois dun investimento de 50.728 euros, achegados pola Deputación a través do Plan Concellos. A actuación foi visitada polo deputado de Economía e Facenda, Carlos Font; o alcalde, Francisco Ferreira, e a concelleira e deputada Iria Lamas.

O edificio, situado na rúa Manuel Alonso de Gondomar, está distribuído en andar baixo, dous andares e baixo cuberta. Contaba, ata o de agora, cun núcleo interior de escaleiras como única opción para os desprazamentos verticais. Ademais, existían chanzos na comunicación do porche cuberto da entrada coa rúa. Por todo elo, resultaba un inmoble sen accesibilidade e con obstáculos insalvables para as persoas con mobilidade reducida. Trátase dun equipamento cultural que é moi utilizado pola veciñanza ao albergar no andar baixo a aula municipal de informática e o despacho da traballadora social. No andar primeiro está a Biblioteca Municipal, incluíndo a sala de lectura. No segundo andar hai un amplo salón de xuntanzas e no baixo cuberta está o arquivo e zona de almacenaxe.

O novo ascensor conta cunhas dimensións homologadas que permite a entrada de persoas con cadeira de rodas e comunica os andares baixo, primeiro e segundo. Ademais, solucionouse o problema do chanzo no portal principal cunha rampla homologada e unha plataforma uniforme que permite a accesibilidade dende a rúa Manuel Alonso.

Durante a visita, o deputado Carlos Font destacou a colaboración permanente da Deputación na asistencia aos concellos, posibilitando que estes afronten todo tipo de obras e actuacións para mellorar os servizos que prestan á cidadanía. Neste caso, engadiu, estamos diante dun bo exemplo da utilidade dese Plan Concellos que a Deputación reparte, de xeito regrado e con total transparencia, entre tódolos municipios da provincia menores de 20.000 habitantes e que durante este ano 2021 mobilizou 42,5 millóns de euros.

Francisco Ferreira agradeceu o apoio da Deputación, que cualificou como “vital” para os concellos da provincia e coincidiu na importancia de poder dispor duns fondos regrados que nos permiten afrontar gran parte dos investimentos que acometemos. “A Deputación converteuse nestes últimos anos na institución que máis colabora cos concellos, sen dúbida algunha”, concluíu.

Arañitas de galleta sin gluten

Reconozco que tengo pánico a las arañas, pero coincidiréis conmigo en que éstas son adorables.

Utilizando la misma receta de las galletas en forma de murciélago que hicimos el año pasado, vamos a hacer estas arañitas que os aseguro que están “de muerte”.

click para ampliar

¡Vamos allá!

INGREDIENTES

¡ojo, si hay alguna persona celíaca, asegúrate de que sean aptos!

  • 450 g de harina sin gluten
  • 200 g de azúcar glas
  • 250 g de mantequilla del tiempo
  • 1 huevo
  • Esencia de vainilla (opcional)

Para las arañitas:

  • Bolitas de chocolate o almendras con chocolate (es lo que utilicé yo)
  • Chocolate para postres
  • Para los ojos: glasa o chocolate blanco

ELABORACIÓN

  • Batimos la mantequilla hasta que quede con textura de pomada.
  • Añadimos el azúcar y mezclamos bien.
  • Mezclamos el huevo ya batido
  • Agregar la esencia de vainilla
  • Añadimos la harina en tres veces, y mezclamos hasta integrarla
  • Hacemos bolitas de unos 30 g. y las aplastamos un poco
  • Enfriamos en la nevera durante al menos una hora
  • Las horneamos unos 15 minutos a 180º
  • Dejamos templar un poco y pasamos a una rejilla para que acaben de enfriar
  • Fundimos unas onzas de chocolate y dejamos que temple un poco para poder hacer las patitas de las arañas.
  • Con una manga pastelera con un pequeño agujero en la punta vamos haciendo las patitas.
  • Colocamos en el medio la almendra de chocolate (las podemos pegar con el propio chocolate).
  • Hacemos los ojitos con chocolate blanco o con merengue.

Espero que os gusten.

A Asociación de Hostaleiros de Ponteareas adhírese á campaña “Aquí gañamos tod+s”

Desde o Plan de Emprego de Cruz Vermella no Condado está a levarse a cabo a campaña “Aquí gañamos tod+s” para visibilizar e dar a coñecer tanto ás empresas galegas, como á poboación en xeral, os proxectos que se desenvolven desde a entidade, así como as diferentes vías de colaboración dispoñibles.

A finalidade do Plan de Emprego é mellorar a empregabilidade das persoas con máis dificultades e loitar contra as barreiras sociais que se atopan no camiño cara ao emprego.

Neste sentido, un dos obxectivos da ONG é xerar alianzas con empresas, de tal maneira que xunto a elas poidan proporcionar oportunidades laborais ás persoas máis vulnerables como son mulleres con baixa cualificación e en desemprego, mozos con baixa ou nula formación, persoas desempregadas de longa duración, persoas con máis de 45 anos ou persoas migrantes e refuxiadas. Algúns dos materiais que se repartirán para difundir o lema principal son bolsas de tea e vasos de papel reciclado.

Esta mañá, fíxose entrega dunha partida de vasos a Isidoro Piñeiro Almofrey, presidente da Asociación de Hostaleiros de Ponteareas, para que á súa vez sexan repartidos entre os asociados. Os vasos co lema “Aquí gañamos todos” teñen o obxectivo de difundir a mensaxe sobre a importancia de sumar esforzos, fomentar a igualdade de oportunidades e evitar situacións de discriminación.

Durante as próximas semanas, realizaranse diferentes accións de sensibilización no marco desta campaña en distintas localidades galegas como A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Vigo, Pontevedra e Vilagarcía.

Esta campaña forma parte do proxecto Reto Social Empresarial, do Plan de Emprego de Cruz Vermella, e leva a cabo co financiamento do Goberno de España e do Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).

A Deputación inicia as obras de mellora no barrio do ferrocarril de Arbo

0

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras de mellora da mobilidade peonil na intersección das EP-5202 e  EP-5203, no barrio do ferrocarril do concello de Arbo, unha actuación que transformará este singular espazo dando resposta a unha demanda histórica da veciñanza e que foi adxudicada por un orzamento de 484.906€. As obras están financiadas na súa totalidade pola Deputación a través dun convenio co Concello de Arbo, que aportará o 30% do orzamento con achegas do Plan Concellos, e convértense no maior investimento do ente provincial neste municipio ata o momento. Trátase dun novo proxecto para dar prioridade ás persoas e favorecer a accesibilidade en toda a zona, no marco do modelo de mobilidade amable e sostible da institución provincial para a revalorización do espazo público como un dereito da cidadanía.

As actuacións comprenderán un tramo de case medio quilómetro situado entre a contorna da Capela de San Antonio e a estación de tren, con dúas zonas de actuación. Na primeira delas, na contorna da capela onde entroncan as estradas provinciais EP-5202 e EP-5203, instalaranse pasos elevados de peóns e peoas para darlles seguridade e realizaranse beirarrúas dun mínimo de 2,5 metros de ancho para enlazar coa zona de convivencia proxectada. Por outra banda, dende o entronque das citadas estradas cara a estación de tren de Arbo habilitarase a citada zona de convivencia ao longo de 310 metros, amais dunha senda cun ancho mínimo de 2,5 metros e unha plataforma única na zona de coexistencia  de tráfico rodado e peonil, na que peóns e peoas terán preferencia.

Amais, melloraranse tamén as redes de abastecemento, saneamento e alumeado, apostando polo emprego dos recursos sostibles ao instalar 24 farois LED ademais de restaurar 12 unidades xa existentes.

Nigrán engalana os dos cemiterios municipais de cara ao día de defuntos

0

O Concello de Nigrán engalana con máis de 200 plantas os seus dous cemiterios municipáis, o de Parada e Nigrán, de cara á festividade de Tódolos Santos. Aos tradicionais crisantemos brancos, amarelos, morados e ocres engadíronse este ano por vez primeira azaleas e alegrías vermellas, rosas e brancas. En Nigrán (San Fiz) as flores foron colocadas sobre media ducia de grandes maceteiros trasladados para a ocasión, mentras que en Parada prantaronse o xoves directamente na terra.

“Queremos manter os dous cemiterios en perfecto estado durante todo o ano e así o estamos a facer, pero de cara a festividade de Defuntos, que é cando máis visitas reciben, é tamén importante que o Concello esté á altura e os engalane”, argumenta o alcalde, Juan González, quen sinala a construción de novos nichos en ambos camposantos e a regularización de todos os cemiterios do municipio como un dos mellores exemplos da preocupación do goberno local por estas instalacións.

Dous centenares de nenos apúntanse a clases extraescolares presenciais

0

Tras á volta á normalidade, cerca de 200 nenos se apuntaron ás actividades presenciais ofertadas polo Concello de Tomiño de forma totalmente gratuíta.

Como cada ano, ao inicio do curso escolar, dende a Concellería de Educación do Concello de Tomiño, ofértanse unha serie de propostas de actividades a escoller polas ANPAs (Asociacións de nais e pais do alumnado), para ser incluídas na oferta extraescolar de cada centro, animándoselles ao mesmo tempo a propoñer novas actividades que lles interesen ou que consideren que poden ser demandadas polo alumando.

Este curso –segundo informa a concelleira de Educación, Cristina Martínez- ademais das actividades que xa se viñan realizando en anos anteriores, ofértanse novas propostas, como Predeporte para educación infantil e Kung Fu e Xadrez para educación primaria.

A pesar de que o curso pasado, debido a situación sanitaria, non se puideron por en marcha as actividades, este ano decidiuse, despois de ter contacto cas ANPAS e cos equipos directivos dos centros, volver pouco a pouco á normalidade e comezar coas actividades extraescolares a principios de outubro, como se viña facendo habitualmente. Iso si; antes de iniciar as actividades, falouse cos monitores/as sobre a importancia de cumprir e manter as medidas de seguridade que se recollen no “Protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 nos centros de ensino”.

Entre as actividades escollidas para este curso escolar figuran as seguintes:

EMOCIÓNATE

Esta actividade pretende ensinar aos nenos e nenas as competencias emocionais que lles permitan enfrontarse á vida diaria. Entre os contidos que se traballan están o coñecemento e avaliación das emocións (positivas e negativas), a empatía, resolución de problemas e conflitos ou as habilidades de comunicación.

LINGUA DE SIGNOS

Nesta actividade os rapaces e rapazas experimentan unha nova canle de comunicación, sendo conscientes da utilidade da Lingua de Signos. A utilización deste tipo de linguaxe no seu día a día serviralles para que poidan expresar os seus desexos e necesidades dunha maneira diferente.

PREDEPORTE

Esta actividade presenta unha iniciación ao deporte para os máis pequenos, descubrindo os diferentes deportes tradicionais a través do xogo. A clase de predeporte inicia ao neno/a na práctica do exercicio físico nun ambiente lúdico, combinando as actividades deportivas coas lúdicas e formativas.

MULTIDEPORTE

O multideporte baséase en descubrir os diferentes deportes a través do xogo. O neno/a desenvólvese nun ambiente de liberdade, adquire responsabilidade, auto disciplina e a consideración polos demais. Tamén aborda valores como o respecto e a confianza de traballar en equipo.

XADREZ

Os contidos desta actividade son de carácter xenérico, xa que son etapas con carácter de iniciación nas que se sentan as bases para aprender novas habilidades e destrezas. Coñeceranse os movementos básicos das figuras do xadrez, así como posibles estratexias.

KUNG FU

Contribúe ó desenrolo integral do neno/a; isto é fomentar valores como a auto disciplina, o respecto, a solidariedade, a colaboración e a mellora actitudinal en xeral. Tamén se pretende unha mellora das calidades físicas e coordinativas.

Nas actividades onde a demanda de inscrición era máis alta, desdobrouse ao alumnado en dous grupos, segundo as idades, facendo máis sinxelo para os monitores/as a planificación das diferentes clases.

Choque contra unha árbore en As Neves

0

Onte ao mediodía, ao fío das 14:00 horas, un particular informaba ao 112 Galicia de que un coche chocara contra unha árbore despois de saírse da vía, cando circulaba pola estrada que une Liñares e Salvaterra, no concello pontevedrés das Neves.

O alertante indicaba que ao volante ía unha señora maior e que necesitaba asistencia sanitaria. Ademais, solicitaba axuda posto que, debido á posición na que quedou o vehículo, as persoas que se atopaban no lugar non se atrevían a quitar á ferida do interior do turismo.

Así, tras ser alertados os servizos sanitarios, o 112 Galicia informou dos feitos aos membros do GES-SPEIS de Ponteareas, que finalmente non foi precisa a súa intervención, xa que os veciños do lugar lograron auxiliar á ferida mentres non chegaban os servizos sanitarios.

Ademais dos profesionais de Ponteareas, foron informados os Bombeiros de Porriño e os axentes de Tráfico.

A muller foi trasladada polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

Escapada a Mallorca en el puente de octubre

Como cada último domingo del mes vuelvo con una nueva publicación para mi sección “Cuando sube la marea”. Se trata de mi último artículo antes de cumplir los treinta, así que el del mes que viene lo escribiré desde un piso más arriba.

Allá vamos. En el puente de octubre hice una escapada exprés con dos amigas en la cual buscábamos huir del otoño gallego, cambiar de aires y disfrutar de unos días de sol, temperaturas suaves y, no nos vamos a engañar, probar el agua del Mediterráneo para reconfirmar que la de Galicia es la mejor para activar la circulación sanguínea. ¿Qué sucedió? Dejamos Vigo con 26 grados y sol para llegar a Palma con nubes y fresquito, incluso con un poco de lluvia. Como buenas gallegas, lo disfrutamos igualmente, y además, el tiempo inestable no nos impidió hacer todo lo que teníamos planeado. Os comparto nuestra experiencia por si os apetece hacer una escapada de poquitos días.

Sábado 9

Después de un buen madrugón para coger el avión desde Santiago, aterrizamos en el aeropuerto de Palma alrededor de la una de la tarde, recogimos el coche de alquiler y, después de una parada de abastecimiento en el supermercado, nos dirigimos al que sería nuestro campamento base durante nuestra estancia: una casita ideal, bien ubicada y perfecta para nosotras (si os interesa, escribidme por Instagram). Nuestro anfitrión, un hombre encantador, nos dio muchísimos consejos sobre qué hacer y qué visitar. Siguiendo sus indicaciones y teniendo en cuenta la hora que era, visitamos Palma Nova. Se trata de una playa de un pueblo turístico en la que, a la media hora de extender las toallas, una nube nos tapó el sol y dio paso al frío; todo nuestro gozo en un pozo. Recogimos campamento, nos cambiamos de ropa y fuimos a cenar a Sa Ximbomba, un restaurante precioso de comida italiana y de obligada visita si vais a Palma (Información importante: sólo abre para cenas).

Domingo 10

Una vez tomada nuestra dosis de cafeína acompañada de un delicioso desayuno, pusimos rumbo a Valldemossa, una preciosa localidad ubicada al Noroeste de la isla en la que disfrutamos perdiéndonos por sus calles llenas de encanto y donde nos tomamos un café acompañado de uno de sus dulces típicos:la coca de patata. Finalizado nuestro paseo, arrancamos con destino Deyá, otro pueblo con mucho encanto en el que comimos en la agradable terraza del restaurante Xelini. Terminada la comida, visitamos la Cala Deyá y , posteriormente, nos dirigimos hacia Sa Foradada. Allí disfrutamos al ritmo de la música de una idílica puesta de sol. Finalizado el día (ya agotadas), nos comimos unas pizzas congeladas de esas que, cuando tienes hambre, saben a gloria.

Lunes 11

Nos levantamos con la esperanza de disfrutar de un poquito de sol, así que la crema solar y los bañadores fue lo primero que metimos en la mochila para que nos diesen buena suerte. Comenzamos visitando las Cuevas del Drach. Nos encantaron y nos sorprendieron muchísimo. Al acabar, disfrutamos de un breve, pero mágico concierto de música clásica. A continuación fuimos a conocer Santanyi, pueblo famoso por su mercadillo de los miércoles y sábados (esto nos quedó pendiente). Allí compramos bocadillos y bebidas para llevarnos a las calas, ya que a donde nos dirigíamos no había opción para poder comprar nada. Aparcamos en el parking más cercano a la Cala del Moro, a la que llegamos después de una caminata de unos 25 minutos. Estaba demasiado concurrida y la marea alta, por lo que decidimos continuar nuestro paseo hasta que llegamos a la Cala Almunia. En ella localizamos un agradable rincón con unas vistas maravillosas y en donde pasamos una tarde genial, con baño incluido. Ya alrededor de las siete de la recogimos nuestras cosas y volvimos al coche. Nos cambiamos y pusimos rumbo a Las Salinas, otro pueblo encantador ubicado en el Sur de la Isla. Allí cenamos en un restaurante precioso, Cassai. Muy recomendable si visitáis la zona. Al acabar, regresamos al apartamento porque tocaba dejar la maleta hecha y todo preparado para el día siguiente, nuestro último día.

[su_image_carousel source=”media: 47878,47875″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Domingo 12

“Se nos termina la buena vida”, fue lo primero que pensé nada más levantarme. Recogimos todo y nos despedimos de nuestro anfitrión. Primero visitamos el Castillo Bellver, ubicado en uno de los puntos más altos de la ciudad desde el que divisamos las bonitas vistas de la misma. A continuacion nos dirigimos al centro, buscábamos perdernos por las calles de Palma y disfrutarla sin prisas ni agobios. Dejamos el coche aparcado en Plaza España y desde allí comenzamos nuestro paseo. Primera parada, Can Joan de Saigo, en donde nos tomamos un café acompañado de unas deliciosas ensaimadas. También visitamos los baños turcos, recorrimos el casco antiguo de la ciudad y comimos en La Rosa Vermutería. A las 16:00 de la tarde cogimos el coche ya con destino aeropuerto y con mucha tristeza nos despedimos de esta isla tan bonita. Era la primera vez que visitaba una isla de las Baleares y, sin duda, me he quedado con ganas de más. Volveré, estoy segura.

¡Feliz domingo!

A Deputación pon en marcha manuais de boas prácticas sostibles no turismo

A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos na senda da sustentabilidade coa posta a disposición de entidades do sector turístico de Manuais de Boas Prácticas Sostibles. Así, a web de Turismo Rías Baixas ten xa a disposición de establecementos turísticos, axencias de viaxes, oficinas de turismo, guías de turismo e turistas tres manuais de fácil consulta con recomendacións, medidas e ferramentas de protección medioambiental, baseadas nos 17 ODS establecidos na Axenda 2030, no Código Ético Mundial para o Turismo da OMT e na Carta Mundial de Turismo Sostible ST+20, para que o territorio provincia de Pontevedra sexa un espazo sostible, competitivo e diferenciado.

Os Manuais de Boas Prácticas que a Deputación pon a disposición do sector pretenden axudar a planificar a estratexia de empresas e entidades, introducindo como factor de mellora a protección do medio ambiente. Tamén axudan mediante consellos e recomendacións a controlar aspectos ambientais, minimizando a produción de residuos, facilitando a reciclaxe, empregando eficientemente a enerxía e a auga, xestionando adecuadamente os transporte, impulsando a compra responsable de produtos e materias primas e minimizando o efecto ambiental das emisións atmosféricas, ruídos e verteduras de auga.

No caso concreto do Manual de Boas Prácticas Sostibles dirixido aos establecementos turísticos, ten por obxectivo orientar ás empresas e profesionais de establecementos turísticos sobre melloras ambientais e sociais que permitan consolidar os seus locais e actividades como os e as máis sostibles posibles. Pola súa banda o Manual de Boas Prácticas Sostibles para axencias de viaxes, oficinas de turismo e guías turísticos, pretende axudar a organizar viaxes enriquecedores e sostibles, que aposten por manter unha contorna ambiental, natural e patrimonial máis coidada e atractiva tanto para turistas como para a poboación local. Finalmente, o Manual de Turismo Responsable contén unha serie de consellos para axudar a que as persoas que se achegan á provincia de Pontevedra gocen do destino coidándoo, sen deixar rastro da súa pegada, respectando á xente e ás súas tradicións, valorando o auténtico, divertíndose e elixindo servizos comprometidos coa sustentabilidade.

Os Manuais de Boas Prácticas Sostibles enmárcanse no Plan Estratéxico de Turismo 21-23 e no Plan de Sustentabilidade de Turismo que aprobou a Deputación o pasado ano. A través deste plan preténdese crear un modelo turístico integrado e axeitado á Axenda 2030; planificar o turismo en base ás necesidades do territorio, as persoas e o sector público e privado; avanzar na implantación de medidas concretas desde a sustentabilidade social, económica e ambiental; xerar un turismo ordenado que fomente a creación de riqueza de modo equilibrado e implicar á poboación local e á xuventude nun escenario de continua evolución nas tendencias de consumo.

Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito porán en valor a ‘Fraga dos muíños de Rodas’

0

Concello de Nigrán e Comunidade de Montes de Chandebrito colaborarán novamente para promover o patrimonio máis descoñecido da parroquia. Nesta ocasión, tras a petición realizada desde a entidade comunal a través do seu presidente Víctor Vidal, o Concello vén de solicitar á Deputación de Pontevedra unha subvención de 10.381 € para por en valor a contorna da ‘Fraga dos muíños de Rodas’, unha extensión de gran interese medioambiental e etnográfico ubicada no límite coa parroquia viguesa de Fragoselo e que sobrevivíu sen danos aos lumes de 2017. O obxectivo é sumar esta excepcional fraga aos demais bens patrimoniais ou de interese xa recoñecidos na parroquia.

“Ubícase nunha zona de Chandebrito moi descoñecida para a maioría da xente e conforma un conxunto patrimonial e natural de gran beleza que se unirá a elementos de interese xa coñecidos como o Castro, os petroglifos ou o Bosque da Memoria”, incide o alcalde, Juan González. “Hai uns meses realizamos esta petición concreta de colaboración ao Concello para por en valor esta zona non tan coñecida e que buscamos preservar nas mellores condicións”, subliña pola súa banda Vidal.

Así, a zona acolle os coñecidos como muíños de Rodas (o máis antigo do s. XVIII e os outros dous do s. XIX) denominados a súa vez como ‘Darriba’, ‘Domedio e ‘Dabaixo’ ao localizarse así ao longo do curso do río da ‘Regha’, perfectamente integrados ao mesmo tempo na fraga, o que consegue crear unha simbiose máxica entre patrimonio medioambiental e etnográfico.

O obxectivo desta primeira intervención no ecosistema é facer unha roza manual e eliminación de invasoras en toda a contorna, especialmente nas zonas de acceso aos muíños, ademais, sinalizar este roteiro desde a propia estrada e instalar mesas-paneis informativas de aceiro cortén (por ser un material máis resistente) accesibles en braille e con códigos QR.

“Integrarase na rede municipal de roteiros e será, sen dúbida, un dos reclamos máis populares da parroquia de Chandebrito porque a sensación que transmite é a de estar nun lugar excepcional, que pervive milagrosamente no tempo”, incide González.

Esta mesma subvención provincial para rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural foi outorgada anteriormente ao Concello para a musealización do Castro de Chandebrito.

O Concello do Rosal convoca unha bolsa para contratar a unha persoa graduada en traballo social

0

O Concello de Rosal vén de convocar unha bolsa de traballo para contratación dun ou dunha traballadora social. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que con esta incorporación “queremos reforzar os nosos servizos sociais e mellorar a atención a todos e todas as rosaleiras que o precisen”.

Poderán solicitar esta bolsa todas as persoas tituladas en Traballo Social, que teñan o CELGA 4 ou fagan a proba de nivel esixido e que teñan carné de conducir tipo B. As solicitudes poderán presentar ata o vindeiro 10 de novembro no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica.

Máis información na web do Concello.

A Deputación recolle o 9º premio do documental “Sigue o teu instinto” en Aveiro

O audiovisual turístico da Deputación de Pontevedra “Sigue o teu instinto”, peza central da campaña promocional do destino Rías Baixas – Pontevedra Provincia en 2020, continúa o seu paso triunfal polo circuíto de festivais internacionais. A cinta vén de ser premiada na categoría “International Promotional Films” do ART&TUR – Festival Internacional de Cine de Turismo, como mellor film promocional dun destino, galardón que recolleu este venres en Aveiro a deputada de Turismo Ana Laura Iglesias. Con esta nova distinción xa son nove os recoñecementos de “Sigue o teu instinto”, que se suman aos 14 da súa predecesora en 2019, Fame de Experiencias, o que afianza aos audiovisuais turísticos da Deputación entre os mellores do mundo e volve a situar ao noso destino no panorama internacional.

O ART&TUR – Festival Internacional de Cine de Turismo, celebrado en Aveiro, premiou á peza da Deputación protagonizada pola actriz Celia Freijeiro na categoría “International Promotional Films”. Competindo con ela, entre 51 audiovisuais de todo o mundo, resultaron finalistas “Valencia, destination of the Holy Grail – España”, “The Home of humanity – Sudáfrica”, “World Masters Game 2025 PR Movie (Short Version) – Taiwán”, “Prayer – Japón”, “Two deaf Travellers – Reino Unido”, “Encouraging social well – being from individual activity – Chile”, “Making the world a more accesible and friendly place – Chile” e “Tamsui – Kavalan Trails Trilogy – Taiwan”.

O novo recoñecemento a “Sigue o teu Instinto”, producida por Esmerarte Industrias Creativas, premia á cinta de carácter intimista centrada en aspectos relacionados coa natureza, o turismo de benestar, a sustentabilidade e o medio ambiente, en liña coa aposta da institución provincial polos ODS e a Axenda 2030. Recolle tamén cuestións relacionadas co respecto aos animais e á fauna, a acción ecolóxica cidadá e institucional, e a oferta de turismo rural, activo e de aventura na provincia de Pontevedra.

Recoñecemento aos audiovisuais turísticos da Deputación

O ART&TUR forma parte do CIFFT Circuit, unha prestixiosa competición a través de 14 festivais audiovisuais especializados no sector turístico na que son premiadas as consideradas mellores pezas do ano en todo o mundo. O vídeo promocional de “Fame de Experiencias?”, campaña turística da Deputación que precedeu a “Sigue o teu Instinto”, colleitou un extraordinario palmarés dentro deste circuíto, con 14 premios internacionais. O éxito ao longo destes anos dos audiovisuais da Deputación certifica o recoñecemento á calidade das promocións turísticas da institución nos festivais internacionais do sector.

Amancio Prada percorre a súa discografía galega o próximo martes no Teatro Municipal de Tui

0

Un percorrido pola súa discografía galega será o que ofreza o cantautor Amancio Prada o próximo martes, 2 de novembro, no Teatro Municipal de Tui.  O concerto comezará ás 20.30 h. As entradas, aos prezos de 8€ e 6€, pódense mercar en www.tui.gal até 10 minutos antes do inicio do espectáculo.

Dende 1974, Amancio Prada ten musicado, cantado e gravado a obra da gran poeta galega Rosalía de Castro ofrecendo concertos dende Santiago a París, Barcelona, Granada, La Habana, Oviedo ou Moscú. Ao longo da súa carreira ten musicado tamén poemas doutros autores coma Federico García Lorca, Álvaro Cunqueiro, Juan de la Cruz, Teresa de Jesús, Agustín García Calvo, Antonio Pereira, Juan Carlos Mestre ou Gustavo Adolfo Bécquer.

O programa do concerto “O camiño do meu contento” que o próximo martes, 2 de novembro, ás 20.30 h Amancio Prada ofrecerá no Teatro Municipal configúrase en base a toda a discografía galega do artista: Vida e Morte (1974); Rosalía de Castro (1975); Caravel de Caraveles (1976); Lelia Doura (1980); A dama e o cavaleiro (1987); Rosas a Rosalía (1997) xunto a Real Filharmonía de Galicia; Coplas de mar e terra (1999); Rosalía, siempre (2005); Federico García Lorca, poeta en Galicia (2013) e Resonancias de Rosalía (2014).

A mocidade de Ponteareas coñece a vila da man da Biblioteca Municipal

A mocidade de Ponteareas está a coñecer a vila do Tea con outros ollos esta semana. A Biblioteca Municipal está a realizar co CEIP Nosa Señora dos Remedios e o Colexio da Inmaculada visitas guiadas ao Museo Municipal e ao casco vello. A iniciativa parte das concellarías de Turismo e Cultura, que dirixen Eva Gil e Fernando Groba respectivamente, coa intención de que “os pequenos e pequenas desfruten e aprendan da nosa historia e do noso patrimonio”.

No Museo Municipal a visita pon en contacto ao alumnado coa historia de Ponteareas, observando pezas que van dende o Paleolítico ata a Idade Contemporánea. Mentres que no centro da vila os rapaces e rapazas coñecen os monumentos e feitos mais significativos da historia do concello.

Durante a visita tamén se aproveita para que o alumnado descubra o funcionamento da Biblioteca. Desta forma coñecen as vantaxes de utilizalo: como por exemplo facerse socio e poder levar libros para o seu domicilio, utilizar de maneira gratuíta os ordenadores, ter acceso a internet de balde, poder estudar tranquilamente, facer traballos en grupo, pedir libros a outras bibliotecas…

A Biblioteca de Ponteareas organiza diversas visitas: ao Castro de Troña, ao Cemiterio Municipal, a Igrexa románica de Ángoares, un percorrido pola historia de Ponteareas, visitas ao Museo Municipal… Os centros escolares e colectivos interesados tan só teñen que poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Ponteareas a través do correo electrónico ([email protected]) ou chamar ao teléfono 986 660 765 para solicitar aquela visita que interese.

A empresa SMRC Automotive Interiors Spain recibe á alcaldesa de Salceda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de Benestar Social, Angela Ledo, visitaron o pasado xoves a empresa SMRC, ubicada no termo municipal de Salcedo, na zona do Cerquido.

SMRC, do grupo Motherson, está considerada unha empresa socialmente responsable, preocupada polo benestar social, o coidado do medioabiente e a saúde das persoas traballadoras. Nesa de responsabilidade social colaborará na campaña de Nadal que levará a cabo o programa de alimentos que xestiona o concello e que acolle a máis de corenta familias.

Por outra banda, a empresa recibiu positivamente a proposta de colaboración co programa de reforzo escolar que ten previsto por en marcha o concello de Salceda para nenas e nenos de familias en situación ou risco de exclusión social. Un programa no que se está a traballar co obxectivo de que estes menores escolarizados en Salceda que presentan carencias a nivel escolar e vulnerabilidade económica e social deixen atrás esta desvantaxe socioeducativa, agravada pola pandemia.

Nesta mesma xuntanza tratouse a posibilidade establecer un convenio de tamén colaboración nalgún dos programas de emprego e formación levados a cabo polo concello, co fin de favorecer a integración no mercado laboral das persoas desempregas que participan nestas accións formativas.

A visita finalizou cun percorrido  polas instalacións nas que a alcaldesa estivo acompañada tamén polo responsable de recursos humanos e o director da planta de Salceda, na que un alto porcentaxe da súa plantilla son veciños e veciñas do municipio.

Angela Ledo, Concelleira de Benestar Social, quixo resaltar a importancia da colaboración do sector empresarial nas iniciativas sociais que se desenvolven dentro do noso municipio”

Verónica Tourón, alcaldesa e concelleira de formación e emprego, destaca a excelencia do traballo que desenvolve esta entidade da nosa localidade, manténdose fiel aos seus principios e valores de orixe, exercendo unha constante responsabilidade social.

Mondariz inaugura en novembro o segundo ciclo de cinema feminista

0

O Concello de Mondariz intensifica en novembro a súa programación de actividades culturais, cun ciclo de cinema feminista que permitirá disfrutar de filmes nacionais e internacionais protagonizados por mulleres todas as semanas do mes. O ciclo de cinema “Con ollos de muller”, que arrancara o ano pasado cunha primeira edición, será inaugurado o venres, 5 de novembro, coa película “Figuras ocultas” (Theodore Melfi, 2016), e rematará o 26 de novembro co filme “Moxie” (Amy Poehler, 2021). Como colofón, o último sábado do mes (27 de novembro) proxectarase a película “A illa das mentiras” (Paula Cons, 2020) nun evento que contará coa presenza da directora galega e dunha das actrices protagonistas para un coloquio final co público.

“O 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A idea de programar actividades culturais que promovan a conciencia social sobre as desigualdades de xénero e as violencias relacionadas xorde do compromiso que ten o Concello de Mondariz con esta causa. Ademais deste ciclo de cinema feminista, organizaremos un escape room para a mocidade que leva por nome Rexeita o maltrato“, explica Anxos Carballo, concelleira responsable das áreas de Educación, Cultura, Mocidade e Igualdade en Mondariz.

A axenda de proxeccións cinematográficas no auditorio municipal do Concello de Mondariz durante o ciclo de cinema feminista “Con ollos de muller” será a seguinte:

  • Venres, 5 de novembro de 2021 (21:00 horas): “Figuras ocultas” (Theodore Melfi, 2016). Filme estadounidense nomeado aos premios BAFTA e Oscar que conta a historia real das científicas afroamericanas que traballaron na NASA na década de 1960, en plena carreira espacial e loita social polos dereitos civís das persoas de raza negra en Estados Unidos.
  • Venres, 12 de novembro de 2021 (21:00 horas): “Una cuestión de género” (Mimi Leder, 2018). Filme estadounidense baseado na vida de Ruth Bader Ginsburg, a segunda muller que chegou a ser maxistrada do Tribunal Supremo de Estados Unidos.
  • Venres, 19 de novembro de 2021 (21:00 horas): “Criadas y señoras (Tate Taylor, 2011). Filme estadounidense que nos leva ao Mississippi da década de 1960, onde unha moza soña con ser escritora e documenta a memoria persoal de mulleres negras que pasaron a vida ao servizo de grandes familias, sufrindo todo tipo de discriminación racial.
  • Venres, 26 de novembro de 2021 (21:00 horas): “Moxie” (Amy Poehler, 2021). Filme estadounidense que conta a historia dunha rapaza que, farta do ambiente sexista e tóxico do centro educativo onde estuda, decide publicar unha revista de xeito anónimo que provoca todo tipo de reaccións no seu entorno.
  • Sábado, 27 de novembro de 2021 (21:00 horas): “A illa das mentiras” (Paula Cons, 2020). Filme español rodado en Galicia que conta a historia das mulleres que axudaron no rescate do buque Santa Isabel no ano 1921 fronte ás contas da illa de Sálvora, con toques de misterio. A proxección contará coa presenza da directora, a galega Paula Cons, e unha das actrices protagonistas, Victoria Teijeiro.

Un auditorio municipal polivalente convertido en sala de cinema

As proxeccións terán lugar no auditorio municipal, con capacidade para máis de cen persoas e un equipamento audiovisual de recente adquisición que permite visionados de calidade cinematográfica, comparables aos das salas de cinema das cidades. A entrada a estes eventos será libre e gratuíta até completar a cabida permitida, sen necesidade de inscrición previa. As portas abriranse 30 minutos antes de cada proxección.

Con estas, xa son moitas as películas que proxecta o Concello de Mondariz nestas renovadas instalacións municipais. Durante os meses de primavera, coincidindo coa celebración das Letras Galegas, proxectáronse diferentes filmes galegos e unha retrospectiva da obra cinematográfica de Ignacio Vilar, coa presenza do director, que se prolongou até o pasado mes de outubro e tamén levou o cinema, como recurso educativo, ao alumnado do CPI de Mondariz con visionados especiais para esta audiencia. Ademais de Ignacio Vilar, no último ano teñen pasado por Mondariz directores e actores galegos de gran recoñecemento nacional e internacional como Óliver Laxe, Benedicta Sánchez, Amador Arias (“O que arde”) e Miguel de Lira e Federico Pérez (“Cuñados”). Este mes de novembro sumaranse a esta listaxe Paula Cons e Victoria Teijeiro (“A illa das mentiras”). 

“Na programación cultural priorizamos sempre a calidade das actividades, fronte a cantidade das mesmas. Para un concello pequeno como Mondariz, é un orgullo contar coa presenza de tantos directores, directoras, actores e actrices. O coloquio co público enriquece enormemente o visionado do filme, xa que se establece coas cineastas unha conversa íntima que nos achega ao proceso de creación”, asegura a concelleira Anxos Carballo.

A Deputación lanza unha nova liña de axudas para mulleres adestradoras

A Deputación dá un paso máis no seu compromiso coa igualdade e co impulso ao deporte feminino na provincia de Pontevedra e lanza unha nova liña de axudas para fomentar e apoiar ás mulleres que desexen formarse para ser adestradoras. Trátase, como subliñou a presidenta provincial Carmela Silva, dun novo e innovador esforzo encamiñado a rachar coas “dramáticas cifras” de infrarrepresentación que existen neste eido para as mulleres, que teñen que ver como o 84% dos postos de adestradores nos 50 clubs femininos de elite en España están ocupados por homes, e nos masculinos “estamos totalmente excluídas”.

Acompañada do deputado de Deportes, Gorka Gómez, Carmela Silva lamentou que amais da irrelevancia das mulleres nos corpos técnicos dos equipos de elite femininos e da súa total ausencia nos masculinos, “onde Irene Vilaboa, do equipo de balonmán Teucro, é a única adestradora na División de Honor Prata Masculina”, hai que sinalar tamén o feito de que só hai 7 mulleres presidentas deses clubs femininos. “Cada vez que se fan fotos, todo son garabatas e traxes negros e azuis; as mulleres non existimos”.  Amais, segundo o Anuario de Estatísticas Deportivas 2021 do Ministerio de Cultura e Deporte, a porcentaxe de adestradores e adestradoras formados no ámbito estritamente federativo no o 2019 estivo composto nun 68% por homes e soamente nun 32% por mulleres. “Ante estes datos hai que tomar decisións –manifestou a presidenta-. E por iso impos poñer en marcha estas novas axudas, que van permitir que as mulleres poidan matricularse naqueles cursos que lles permitan ter a formación para acadar os títulos que se existen para ser adestradoras. Non coñezo moitas administracións que teñan estes proxectos de financiar a formación das mulleres. Así que este é un paso innovador e de novo somos unha referencia na aposta porque as mulleres estean ben representadas no eido do deporte”.

Carmela Silva lembrou que desde a chegada do actual Goberno provincial tense feito un enorme esforzo “para equiparar as condicións de mulleres e homes no acceso ao deporte”. Sinalou que se igualaron as contías dos premios “que antes eran diferentes, máis grandes para os homes”, se equipararon tamén os recursos para deportistas promesa, de alto nivel e para o deporte olímpico e se impulsou que no financiamento aos clubs se tivese en conta que tiveran equipos de mulleres, “de xeito que nas nosas bases sumamos mais puntos a aqueles clubs que promoven o deporte feminino”. Agora avánzase nesta política coas novas axudas que se lanzarán a próxima semana coa súa aprobación e publicación no Boletín da Provincia e que van servir para fomentar que as mulleres “poidan ocupar os postos de adestradoras”.

As mozas interesadas terán de prazo ata o 1 de decembro deste 2021 para solicitar as achegas, aínda que a liña manterase nos vindeiros anos. Neste senso, a presidenta subliñou que se fará tamén un esforzo na súa divulgación para que a información chegue a todas as mulleres que estean pensando en matricularse nestes estudos. “Como é a primeira vez é probable que non academos un número moi grande de participantes –explicou-, pero a medida que se vaia tendo coñecemento, estou segura que en pouco tempo imos mellorar a cifra de mulleres adestradoras, porque teñen os títulos que se demandan para selo. Temos que animalas e non teño dubida de que o feito que haxa axudas  as matrículas vai ser un elemento máis de impulso para que finalmente poidamos aumentar esa cifra”.

Arranca o Obradoiro de Emprego “SOMOSMOS”

0

O Concello de Mos comezou un novo obradoiro de emprego que leva por nome “SOMOSMOS”, tras a clausura hai un par de semanas doutros dous obradoiros, o “Mos Peregrino” e “Mocidade no Camiño”.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, déronlle a benvida na Axencia de Colocación de Mos ao equipo directivo e docente e aos 20 alumnos traballadores do “SOMOSMOS” que se formarán nas especialidades sociosanitaria e albanelería durante 9 meses.

A mediados do pasado mes de setembro a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedíalle unha axuda de 376.946 € ao Concello de Mos para a posta en marcha do  Obradoiro dual de Emprego “SOMOSMOS” que permitirá que 20 mosenses poidan formarse nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio e albanelería.

A través da especialidade de albanelaría vanse realizar actuacións no Paseo do Río Louro que consistirán na reparación dos bordos do paseo e a consolidación de soleiras existentes, reparación de cimentacións de mobiliario urbano, así como reparacións de muros. Actuarase tamén no Muíño do Cubo onde se van a realizar obras de delimitación da parcela, limpeza das paredes do Muiño e consolidación destas e da canle, realizadas en mampostería de pedra do país e obras de rehabilitación necesarias para a restauración e conservación do Muiño.

A especialidade de atención sociosanitaria, está enfocada a poder cubrir con persoal cualificado a alta demanda de postos de emprego neste sector. Este obradoiro conseguirá que a súa cualificación non sexa só teórica senón que os alumnos poderán poñer en prácticas os seus coñecementos adquiridos con exemplos diarios de atención. É necesario realizar unha substitución  xeracional entre os actuais traballadores e que mellor forma que aprender da experiencia deles. Ademais existe un crecemento na demanda destes servizos debido ao envellecemento da poboación e o crecemento da esperanza de vida.

Nigrán abre este mes co Cineclub Val Miñor Alice-Guy

0

O Concello de Nigrán abre este mes de novembro oficialmente co Cineclub Val Miñor Alice-Guy e a figura do escritor Bernardino Graña unha programación especial adicada á memoria no sentido máis amplo do termo e que se extenderá ata decembro con documentais, curtametraxes, exposicións… “Memoria histórica e a memoria dos nosos maiores será o nexo de unión de toda a programación”, explica o alcalde, Juan González.

Por este motivo, o cineclube regresa este xoves ás 20:30 ao Auditorio Municipal con ‘Canciones para después de una guerra’, un documental do director Basilio Martín Patino baseado na España de posguerra e realizado de forma clandestina en 1971, non sendo estreado ata 1976, despois da morte do dictador Francisco Franco. A comisión de censura, tras varios visionados e un importante número de modificacións no filme, non só aprobara a película, senon que lle concedera a categoría de Interese Especial. Pero… antes do seu estreo no Festival de San Sebastián, foi prohibida e incautada.

A programación regresa este sábado 30 ás 20:00 horas co documental ‘O home que quixo vivir’, de Xan Leira, sobre o escritor Bernardino Graña, usuario da residencia Stella Maris de Panxón. No mesmo acto, que pon fin á exposición baixo o mesmo título inagurada a inicios de mes, presentarase o libro de Heitor Mera ‘Cartas de Bernardino Graña’. “A obra de Bernardino Graña (Cangas, 27.09.1932) é magna. Poesía, narrativa, teatro, conferencias… Un creador e un intelectual de altura que colaborou na modernización da nosa literatura desde moitos lugares nos que loitar. Puxo toda a súa intelixencia ao servizo do seu pobo” , refire Xan Leira sobre o impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega afincado en Nigrán.

Xa no mes de novembro, o Auditorio Municipal acolle o día 6 ás 20:00 horas a aproxección do documental ‘Donde acaba la memoria’, dirixido polo veciño de Nigrán e docente na Universidade de Vigo Pablo Romero Fresco. Este constrúe un retrato de Ian Gibson percorrendo Las Hurdes, a Residencia de Estudiantes e Granada coa colaboración de Mike Dibb, Carlos Saura, Roman Gubern e, por descontado, co propio Ian Gibson. “O plan inicial era revisitar o documental histórico de Buñuel en Las Hurdes, pero pronto se fixo evidente que a historia estaba en Ian…”, confesa Pablo Romero, quen despois dun ano de montaxe para converter 50 horas de metraxe nun corte final dunha hora sufriu o roubo da cinta na súa propia oficina. “Esa foi a primeira das moitas mortes de ‘Donde acaba la memoria’ durante case unha década que tamén incluíu o nacemento dos meus dous fillos e cambios de traballo e de país. Pero unha película sobre a perseveranza dunha vida adicada á busca non pode abandonarse así como así”, refire.

Posteriormente, o 15 de novembro os irmáns José e Ramón Trigo presentarán a exposición e novela gráfica ‘Kartoffel’, ambientada en Vigo no 1943 e que retrata a presencia de nazis en Galicia, particularmente na nosa área.

O sábado 20 o Auditorio Municipal acollerá desde as 18:00 horas unha homenaxe a Xohana Torres, poeta, dramaturga e escritora en lingua galega (elixida académica no 2001) que elixiu Monteferro para pasar os seus derradeiros anos.

Xa no mes de decembro, o día 6 proxectarase o documental ‘Negro Púrpura’, a cargo da produtora Illa Bufarda e baixo a dirección de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva. Este retrata a Galiza do s. XX a través do cláviceps purpúrea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéuticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD.

A programación remata o martes 7 ás 20:00 no Auditorio Municipal coa proxección da curtametraxe de Aaron Siebert ‘Elas’ e a presentación do Arquivo Histórico Audiovisual de Nigrán en formato web. ‘Elas’ é a tese de fin de Master de Siebert, veciño de Camos, na Eastman School of Music de New York. O traballo, no que tamén é encargado da banda sonora, retrata a dureza da vida da muller galega. 

Susana Alonso gaña por terceira vez o Nacional de Ultramaratón

0

Esta semana celebrouse, no salón de sesións do Concello de Mos, a recepción a Susana Alonso Carballo que o pasado sábado 23 de outubro revalidou o título de Campioa de España de BTT – Ultramaratón. Susana Alonso foi recibida e felicitada na Casa Consistorial mosense por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde, José Areal, concelleiro de Deportes, e demais membros da Corporación Municipal; aproveitando tamén para asinar o convenio de colaboración polo que a administración local mosense lle outorga unha subvención anual nominativa.

León acolleu o sábado pasado o Campionato de España de Ultramaratón. Unha nova Power Race de nivel nacional cun percorrido de 134 quilómetros por 11 municipios da provincia. A proba contou cunha cifra próxima a 500 participantes de todo o país, deles, 62 dos rexistrados foron mulleres, e unha delas foi a mosense Susana Alonso, que se fixo por terceira vez co título de Campioa de España.

A mosense Susana Alonso adxudicouse o sábado, por terceira vez consecutiva, o Campionato de España de XC Ultramaratón tras acabar primeira a Power Race León, disputada sobre 134 quilómetros e na que estivo acompañada no podio pola lucense Teresa Barreira, terceira clasificada. Nunha xornada marcada polo frío (entre 3 e 15 graos), a choiva non fixo acto de presenza nun percorrido que acumulaba case tres mil metros de desnivel.

Os primeiros 30 quilómetros estaban sinalizados e a partir de aí, ata o quilómetro 110, o GPS exerceu de guía nun trazado que favoreceu que se formasen grupos moi definidos, unha vez que rompeu o pelotón. O dúo galego formado por Susana Alonso e Teresa Barreira impuxo un ritmo moi alto desde a saída que a maior parte das corredoras non puideron seguir. Con todo, a catalá Ramona Gabriel completou o primeiro terzo da carreira na cabeza, coa mosense moi preto e Barreira en terceira posición. Alonso pasou á acción no segundo terzo da proba, no que adiantou a Gabriel e aos poucos foi abrindo unha brecha que chegou aos dous minutos. Mentres tanto, Barreira resistía na terceira praza, a pesar dos intentos da valenciana Marta Romeu, que tratou de adiantala pero acabou sufrindo unha caída que a obrigou a retirarse.

Susana Alonso comezou mandando no tramo inicial da proba, pero viuse asediada polo empuxe de Ramona Gabriel, que unha vez superado o ecuador da carreira chegou a coller o mando. Nos quilómetros finais, a mosense terminaba con maior frescura e volveu a retomar o liderado para impoñerse con algo máis de catro minutos de renda sobre Gabriel, que ocupou a segunda praza en meta.

Por detrás, a tamén galega Eva Ortega (Biciosos Rías Baixas) lideraba a categoría máster-30, pero un fallo no GPS fíxolle perder tempo e tívose que conformar co subcampionato. En categoría elite, Susana Alonso lanzouse en solitario cara á meta e impúxose por diante de Gabriel e Barreira. “Había que navegar e era complicado, non só cuestión de quen estaba máis forte”, explica a mosense, que recoñeceu que “ao principio da carreira fixo moito frío e cando saíu o sol veume ben”. En homes fíxose co título de Campión de España o segoviano Francisco Herrero.