A alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de Benestar Social, Angela Ledo, visitaron o pasado xoves a empresa SMRC, ubicada no termo municipal de Salcedo, na zona do Cerquido.
SMRC, do grupo Motherson, está considerada unha empresa socialmente responsable, preocupada polo benestar social, o coidado do medioabiente e a saúde das persoas traballadoras. Nesa de responsabilidade social colaborará na campaña de Nadal que levará a cabo o programa de alimentos que xestiona o concello e que acolle a máis de corenta familias.
Por outra banda, a empresa recibiu positivamente a proposta de colaboración co programa de reforzo escolar que ten previsto por en marcha o concello de Salceda para nenas e nenos de familias en situación ou risco de exclusión social. Un programa no que se está a traballar co obxectivo de que estes menores escolarizados en Salceda que presentan carencias a nivel escolar e vulnerabilidade económica e social deixen atrás esta desvantaxe socioeducativa, agravada pola pandemia.
Nesta mesma xuntanza tratouse a posibilidade establecer un convenio de tamén colaboración nalgún dos programas de emprego e formación levados a cabo polo concello, co fin de favorecer a integración no mercado laboral das persoas desempregas que participan nestas accións formativas.
A visita finalizou cun percorrido polas instalacións nas que a alcaldesa estivo acompañada tamén polo responsable de recursos humanos e o director da planta de Salceda, na que un alto porcentaxe da súa plantilla son veciños e veciñas do municipio.
Angela Ledo, Concelleira de Benestar Social, quixo resaltar a importancia da colaboración do sector empresarial nas iniciativas sociais que se desenvolven dentro do noso municipio”
Verónica Tourón, alcaldesa e concelleira de formación e emprego, destaca a excelencia do traballo que desenvolve esta entidade da nosa localidade, manténdose fiel aos seus principios e valores de orixe, exercendo unha constante responsabilidade social.