O Concello da Guarda presentou, este pasado venres 29 de outubro a Programación de Outono nun acto presidido polo alcalde Antonio Lomba ao que acompañaban a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a concelleira de Desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.
A programación de Outono deste ano conta con actividades para todos os públicos, con eventos culturais con obras de teatro e exposicións, así coma numerosos obradoiros e accións formativas e a programación das conmemoracións do Día contra a Violencia de Xénero.
O venres 12 de novembro ás 20:30 h a Sala de formación do 1º andar do concello vello acolle o obradoiro sobre fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais, onde os participantes terán a oportunidade de coñecer como facer fotografías de xeito profesional para o seu uso en plataformas de comercio electrónico e redes sociais. O obradoiro ten unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986 610 000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a [email protected], as prazas son limitadas.
O sábado 13 de novembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle o espectáculo de maxia “A Igualdade non ten Truco”, as inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00 h a 21:00 h.
O venres 19 de novembro ás 19:00ho Centro Cultural acolle a obra de teatro ‘Illas Desertas’, partindo de dous grandes fracasos da historia: a aventura da aviadora Amelia Earhart e da expedición de Ernest Shackleton, esta obra nos achega á inutilidade das cousas inútiles. Con presencia das diferentes tecnoloxías e linguaxes a obra propón unha interacción continua co público.As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00 h a 21:00 h.
O xoves día 25 de novembro ás 20:00 h o Centro Cultural acolle o espectáculo ‘O ben querer(se)’, por Aldaolado, onde as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Unha actividade da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero.
O sábado 27 de novembro ás 17:00h o Centro Cultural acolle varias actividades dentro da programación de conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero e que terán inicio ás 17:00h cos contos en familia “A Igualdade como fío conductor”, da man de Cris de Caldas, un espectáculo para bebés (1 a 5 anos). Contos con música, exposición de libros e conversa didáctica coas familias.
Seguindo a programación ás 18:30h arranca “Contos en lila”, contos para rir, emocionar e reflexionar sobre o mundo que queremos. Poñede as orellas para escoitar uns contos en lila, por unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Xa para rematar a xornada do sábado 27 de novembro ás 20:30h terá lugar “Mulleres de conto”, una peza para público adulto (a partir dos 16 anos) a cargo de Cris de Caldas, onde mulleres anónimas que con intelixencia, retranca e pouco máis, pois nada tiñan, foron quen de vencer as inxustizas ou saltar obstáculos.
O venres 26 de novembro ás 20:30h na Sala de formación no 1º andar do concello vello acolle o obradoiro de posicionamento de empresas no mapa con Google My Business que servirá para que os participantes coñezan as novidades e funcionalidades de google, mellorando a información e posicionamento da empresa nos mapas online. O obradoiro teñen unha duración aproximada dunha hora e é preciso unha inscrición previa chamando ao 986610000 ext.7 ou remitindo un correo electrónico a [email protected], as prazas son limitadas.
O sábado 27 de novembro a Casa dos Alonso acolle unha homenaxe e inauguración dunha Exposición adicada a Eliseo Alonso, que estará ata o 9 de decembro en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres. Informarase proximamente da hora da homenaxe.
O xoves 2 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre “Papiroflexia para celebracións”, o obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.
O venres 3 de decembro terá lugar na Casa dos Alonso un obradoiro organizado pola Omix sobre ‘Xogando no Nadal’, cunha charla na que o xogo e o xoguete serán os protagonistas, nunhas datas nas que moitas familias planifican os agasallos de Nadal, tentando axudar nunha compra máis consciente e pedagóxica. Para a charla non será necesaria a inscrición previa.
O sábado 4 de decembro ás 18:00h o Centro Cultural acolle a obra de teatro familiar “Patapatum” da Compañía Elegante Elefante. “Patapatum” é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir dos 4 anos. A música Dixieland, as máscaras e a fisicalidade das personaxes proporcionan un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da vida cotiá. “Patapatum” é unha reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00 h a 21:00 h.
O venres día 10 de decembro ás 18:30 h o Centro Cultural acolle un obradoiro organizado pola Omix sobre “Reutilizando envases” no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.
Tamén na xornada do venres día 10 de decembro ás 21:00h o Centro Cultural acolle a peza de teatro musical “O Candil”, na que Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabillón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento…. As inscricións para esta actividade abriranse a semana previa a través da web eventbrite.es ou no Centro Cultural en horario de 16:00h a 21:00h.
O venres 17 de decembro ás 18:30h o Centro Cultural acolle o obradoiro “Reutilizando Abelorios”, no que se posibilita: artellar obxectos, traballar a creatividade e darlle segundos usos a obxectos. O obradoiro ten prazas limitadas e as persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX a través do mail [email protected] ou no teléfono 986610000 ext. 7.
PROGRAMA DE OUTONO
- Venres 12 novembro
- Curso formación comercio Fotografía de produto para comercio electrónico e redes sociais
- Inscrición previa en OMIX
- Sábado 13 novembro
- 18:00 h. Centro cultural
- Maxia: A igualdade non ten truco
- Inscrición previa en eventbrite.es ou no centro cultural (16 a 21h.), na semana previa
- Venres 19 novembro
- 21:00h. Centro cultural
- Teatro Illas desertas
- Inscrición previa en eventbrite.es ou no centro cultural (16 h a 21 h), na semana previa
- Actividades de conmemoración do día internacional contra a violencia de xénero
- Inscrición previa das actividades en eventbrite
- Xoves 25 de novembro
- 20:00 centro cultural
- Espectáculo: O ben querer(se), por aldaolado
- Sábado 27 de novembro
- No centro cultural
- 17:00h. Contos en familia, A igualdade como fío condutor
- 18:30h. Contos en lila
- 20:30h. Mulleres de conto
- Venres 26 novembro
- Curso formación comercio Posiciona a túa empresa no mapa con google business
- Inscrición previa en OMIX
- Sábado 27 novembro
- Casa dos Alonso – hora por confirmar
- Homenaxe a Eliseo Alonso e inauguración de exposición
- Do 27 novembro ao 9 de decembro
- Casa dos Alonso – de 9:00 h a 14:00 h.
- Exposición homenaxe a Eliseo Alonso
- Xoves 2 decembro
- 18:30 Casa dos Alonso
- Papiroflexia para celebracións
- Inscrición previa en OMIX
- Venres 3 decembro
- 19:30 Casa dos Alonso
- Xogando no nadal, charla sobre o xogo e o xoguetes
- Inscrición previa en OMIX
- Sábado 4 decembro
- 18:00 centro cultural
- Teatro familiar Patapatum
- Inscrición previa en eventbrite.es ou centro cultural (16 h a 21 h).
- Venres 10 decembro
- 18:30h. Centro cultural
- Obradoiro Reutilizando envases
- Inscrición previa en OMIX
- Venres 10 decembro
- 21:00h. Centro cultural
- Teatro musical O Candil
- Inscrición previa en eventbrite.es ou centro cultural (16 h a 21 h).
- Venres 17 decembro
- 18:30h. Centro cultural
- Obradoiro Reutilizando abelorios
- Inscrición previa en OMIX