15.2 C
Pontevedra
Xoves, 7 de Decembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA mocidade de Ponteareas coñece a vila da man da Biblioteca Municipal

    A mocidade de Ponteareas coñece a vila da man da Biblioteca Municipal

    O persoal municipal está a realizar visitas guiadas cos colexios do municipio polo casco vello e o Museo

    A mocidade de Ponteareas está a coñecer a vila do Tea con outros ollos esta semana. A Biblioteca Municipal está a realizar co CEIP Nosa Señora dos Remedios e o Colexio da Inmaculada visitas guiadas ao Museo Municipal e ao casco vello. A iniciativa parte das concellarías de Turismo e Cultura, que dirixen Eva Gil e Fernando Groba respectivamente, coa intención de que “os pequenos e pequenas desfruten e aprendan da nosa historia e do noso patrimonio”.

    No Museo Municipal a visita pon en contacto ao alumnado coa historia de Ponteareas, observando pezas que van dende o Paleolítico ata a Idade Contemporánea. Mentres que no centro da vila os rapaces e rapazas coñecen os monumentos e feitos mais significativos da historia do concello.

    Durante a visita tamén se aproveita para que o alumnado descubra o funcionamento da Biblioteca. Desta forma coñecen as vantaxes de utilizalo: como por exemplo facerse socio e poder levar libros para o seu domicilio, utilizar de maneira gratuíta os ordenadores, ter acceso a internet de balde, poder estudar tranquilamente, facer traballos en grupo, pedir libros a outras bibliotecas…

    A Biblioteca de Ponteareas organiza diversas visitas: ao Castro de Troña, ao Cemiterio Municipal, a Igrexa románica de Ángoares, un percorrido pola historia de Ponteareas, visitas ao Museo Municipal… Os centros escolares e colectivos interesados tan só teñen que poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal de Ponteareas a través do correo electrónico (bibliotecamuseo@ponteareas.gal) ou chamar ao teléfono 986 660 765 para solicitar aquela visita que interese.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.