Xoves, 14 Agosto de 2025

Baiona mellora a iluminación pública co cambio de 54 luminarias por tecnoloxía LED

0

O Concello de Baiona continúa desenvolvendo o seu de mellora do alumeado público e a súa substitución por elementos máis eficientes e, nesa liña nestes últimos días traballouse no cambio das luminarias nas zonas de Cabreiro e Portelos en Baredo.

En concreto, estase a proceder á substitución de 54 puntos de luz do vial por tecnoloxía LED. As obras da iluminación están a levarse a cabo nestes días con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e realizados por persoal do propio Concello.

Antigas luminarias de alto consumo e que están a ser substituídas por luminarias LED

O concelleiro, Óscar Martínez, responsable do alumeado público, destaca que “a rede de iluminación pública está totalmente desactualizada, existindo unha gran cantidade de lámpadas de gran consumo. Neste caso en concreto, había 54 luminarias cun consumo de 100 W que se están substituíndo por unhas cun consumo unitario de 40 W. O cambio a tecnoloxía led ten como obxectivo conseguir unha iluminación de maior calidade, unha maior eficiencia enerxética e un aforro de enerxía”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, subliñou pola súa banda que  “o obxectivo é seguir coas melloras enerxéticas no municipio e dar continuidade á instalación de tecnoloxía led. Así se mellorará a eficiencia enerxética, substituíndo as luminarias desfasadas existentes por outras con mellor rendemento que supoñen un consumo de enerxía máis reducido e respectuoso co medio ambiente. Esta actuación busca unha mellora para as persoas usuarias diarias destes viais e para o Concello, que logrará reducir o consumo de electricidade máis dun 80 % e reducir o gasto da luz que soporta o concello mensualmente”.

Esta nova substitución de luminarias por tecnoloxía Led súmase ás numerosas actuacións realizadas ao longo do pasado ano dentro deste plan de mellora da iluminación pública da localidade coa actualización de luminarias por tecnoloxía LED.

Inaugurada esta semana a VII Semana da Educación de Tomiño

0

“Hai que crer no que aprende, ese é o éxito do que ensina”. Así de contundente amosouse o docente, escritor e investigador especializado en Educación e Matemática José Antonio Fernández Bravo na inauguración este luns no auditorio de Goián da VII Semana da Educación de Tomiño, que nesta nova edición volveu á presencialidade baixo o lema ‘TransFORMANDO a sociedade, educando na diversidade’. “É un momento moi emocionante porque significa que imos superando nada máis e nada menos que unha pandemia mundial, porque agardamos volver á normalidade e porque ciencia e coñecemento fixeron unha vez máis que avanzáramos”, salientou a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, antes de dar paso a “un conferenciante de excepción, o profesor de matemáticas que todo neno e nena desexaría ter pola súa forma de achegar a materia a través do humor, da diversión, con agarimo… porque como el di, para ensinar matemáticas o primeiro que hai que facer é facer sorrir”.

Premio de Metodoloxía Creativa, autor de máis dun cento de libros sobre Educación e aprendizaxe da matemática e director de proxectos europeos Leonardo de Investigación e Innovación, Fernández Bravo explicou ao público que encheu o auditorio que “a escola non é unha cuestión de espazo, senón de tempos”. “Unha cousa é superar contidos e outra obter coñecemento. É moi importante ensinar dende o cerebro do que aprende. Hoxe xa non se trata de que os nenos e nenas aprendan como nós ensinamos, do que hoxe se trata é que nós sexamos capaces de ensinar como eles e elas aprenden. É tan sinxelo como contar coa outra persoa e para iso temos varias estratexias, como escoitar as experiencias do que aprende. E para escoitar debemos crer en el ou en ela”, explicou.

Durante a xornada, Fernández Bravo animou ao público a reflexionar sobre a importancia de desatar ligaduras e superar costumes de dubidoso acerto na ensinanza porque “como é posible a atención á diversidade sen unha diversidade de atención?”. “Durante toda a educación confundimos as necesidades da persoa que aprende cos desexos da persoa que ensina. Pero a pregunta non é que teñen que memorizar, senón que precisan recordar”, recalcou ao tempo que lamentaba que actualmente “confundimos o procedemento co obxectivo”. “Os obxectivos non soen cambiar, pero si os procedementos e non telo en conta é un erro”, explicou.

O programa Máis Emprego de COGAMI posibilita a inserción laboral do 59% das persoas participantes

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) fai balance de como se desenvolveu Máis Emprego, un programa de inserción laboral que está dirixido a persoas con discapacidade e/ou con incapacidade laboral empadroadas na provincia de Pontevedra e con idades comprendidas entre os 18 e os 62 anos.

Co fin de mellorar a situación sociolaboral destas persoas, entraron a formar parte deste programa un total de 132 persoas, 61 mulleres e 71 homes. Todas elas teñen en común, ademais do certificado de discapacidade, correr o risco de estar en situación de exclusión social, por iso se traballa con elas de maneira individual, co deseño de itinerarios personalizados e encamiñados á súa inserción laboral.

Cofinanciado por Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, Máis Emprego desenvolveu durante este ano un total de 7 cursos formativos con temáticas orientadas ás ocupacións máis demandadas por empresas da zona, como os de limpeza hospitalaria en Pontevedra e A Estrada; de auxiliar de servizos impartidos en Pontevedra e Vigo; de almacén e carretilla realizado en Cangas e de expendedor de combustible impartido en Vilanova de Arousa e en Vigo. Foron 83 as persoas formadas a través destes cursos, logrando a inserción laboral o 61% das persoas formadas.

Segundo a procedencia das persoas participantes no programa, participaron 35 persoas da comarca de Pontevedra, 22 proceden da comarca do Salnés, 11 viven no Deza, 13 na comarca de Caldas e outras 13 na do Morrazo, 33 proceden da comarca de Vigo e 2 son do Baixo Miño. Segundo a franxa de idade, 8 persoas do programa son menores de 30 anos, 26 teñen entre 30 e 39 anos, 40 persoas están entre os 40 e os 49 anos e 58 das persoas participantes con idades comprendidas entre os 50 e 60 anos.

Aparte dos itinerarios individualizados, a formación para a mellora da empregabilidade, a orientación laboral na busca activa de emprego e o apoio e seguimento, Máis Emprego contempla a realización de visitas a empresas para captar ofertas de emprego e tamén, analizar as necesidades de especialización de persoal que teñen, que postos son os que contan con máis demanda. Durante o ano pasado realizáronse máis de 60 visitas ao empresariado

Máis Emprego

COGAMI inicia este programa de emprego no ano 2017 co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade. Nesta traxectoria, este programa atendeu a día de hoxe a un total de 450 persoas, das que 426 se formaron nalgún dos 32 cursos impartidos.

De todas estas persoas que pasaron polo programa Máis Emprego durante estes cinco anos, conseguiron inserirse laboralmente un total de 249 persoas, sendo 121 mulleres e 128 homes, contando cunha porcentaxe de inserción que supera o 55%.

Licitadas as obras de humanización da Avenida Santa Mariña de Redondela

0

O Concello de Redondela vén de licitar as obras de humanización da Avenida Santa Mariña, traballos para os que destina un investimento de 450 686,84 con cargo ao Plan Concellos 2021 e que permitirá a transformación deste espazo urbano xa que, a maiores da humanización da zona, procederase á mellora da rede de subministro e saneamento.

Esta actuación, ao igual que a xa adxudicada da mellora da contorna do Pazo Torres de Agrelo de Cesantes, forma parte dun proxecto integral do Goberno local, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Vicente Lamas, “que busca, fundamentalmente, a mellora da calidade de vida da veciñanza ao poder gozar dunha contorna máis amable, máis ‘vivible’ e cuns servizos adaptados ás necesidades dun municipio do século XXI”, asegura Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

As obras abranguerán, polo tanto, traballos de instalación de sistemas de alumeado e sinalización, mobiliario urbano, canalizacións para saneamento e abastecemento, tubaxes para liñas de comunicación e condución elétrica, mellora de beirarrúas e pavimentación.

O firme de todo o trazado obxecto das obras, nunha extensión de 680 metros cadrados, será pavimentado con aglomerado asfaltico de 6 cm de espesor. En ámbalas dúas beiras da rúa, instalaranse canalizacións para a recollida de pluviais que contarán con sumidoiros no lado sur.

Do mesmo xeito, nos dous lados da rúa obxecto das obras realizarase a instalación integral da rede de abastecemento de auga potable.

Os traballos completaranse coa mellora integral das beirarrúas e a instalación de alumeado público que mellore, non só as condicións de luminosidade da zona senón que permitan unha mellora da eficiencia enerxética en canto ao consumo e emisións de CO2.

Finalmente, dotarase á zona da correspondente sinalización de tráfico, tanto horizontal como vertical e de mobiliario urbano (xardiñeiras, bancos, papeleiras e varandas).

Para Digna Rivas, todos os traballos que se están a facer “permiten, pouco a pouco, a transformación dos espazos, tanto nos núcleos urbanos como nos rurais, a fin de mellorar a mobilidade, as condicións de vida e dotar aos veciños e veciñas, dos servizos aos que teñen dereito independentemente do lugar onde residan”.

Crecente é un exemplo do apoio da Xunta aos pequenos concellos na prestación dos servizos de auga

0

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, puxo hoxe o Concello de Crecente, que recibiu unha axuda autonómica de máis de 91.000 euros para a mellora do saneamento e do abastecemento, como exemplo do apoio da Xunta aos municipios máis pequenos na prestación dos servizos da auga.

Vázquez Mourelle, na súa visita hoxe a este concello pontevedrés, explicou que as axudas concedidas polo Goberno galego permitiron dotar de saneamento os núcleos da Xesta e Xestal. As obras levadas a cabo polo Concello permiten agora recoller as augas residuais e dotar de sistema de saneamento a 10 vivendas.

As subvencións da Xunta tamén posibilitaron ampliar e mellorar a rede de abastecemento nos núcleos das Cavadas, O Cazapal e Crecente. Neste caso, executáronse novos tramos de conducións, mellorando a rede de abastecemento, antiga e con pouca capacidade.

Grazas á axuda da Xunta, o Concello tamén realizou tarefas de roza e limpeza do terreo onde se asentan dous mananciais, eliminando raíces e árbores que podían entorpecer as actuacións que se levaron a cabo, de ampliación destas dúas captacións de auga, para garantir auga en cantidade e calidade a estes núcleos.

Ethel Vázquez subliñou que o Executivo autonómico impulsa estas iniciativas, consciente das dificultades técnicas e financeiras que os municipios máis pequenos teñen para acometer este tipo de infraestruturas hidráulicas.

Neste sentido lembrou que estas actuacións se enmarcan na orde de incentivos dirixida aos municipios de poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, á que destinou un orzamento global de case 9,6 M€ e coa que se están a financiar máis de 200 actuacións en máis de 150 municipios galegos.

Fixo fincapé no obxectivo de optimizar os sistemas de abastecemento municipal e aumentar a eficacia das instalacións, sendo tamén financiables a execución de novas infraestruturas hidráulicas. Ambas as liñas de actuación, dirixidas á mellora do saneamento e do abastecemento, eran compatibles entre si, polo que foron moitos os concellos que recibiron incentivos para estes dous conceptos. 

A conselleira avanzou que, ademais destas intervencións en Crecente, a Xunta ten en supervisión o proxecto de saneamento de Rebordechán, co que analizar as alternativas e as fases para a súa execución, ao tratarse dunha actuación que supera o millón de euros.

Lembrou que a Xunta tamén rematou en novembro as obras hidráulicas de mellora dos servizos da auga nas parroquias de Sendelle e da Ameixeira, que supuxeron un investimento autonómico de preto de 400.000 €.

Por último, a conselleira puxo o acento na liña de colaboración da Xunta e no acompañamento que vén ofrecendo aos municipios máis pequenos e do rural, coma este de Crecente, que teñen máis limitadas as súas capacidades, para axudalos na prestación de mellores servizos da auga aos seus veciños. Salientou que este apoio se vai redobrar coa nova Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga, que neste primeiro trimestre se elevará ao Consello da Xunta para a súa aprobación e posterior remisión ao Parlamento. 

As Neves conta cun novo aparcadoiro no centro

0

Dende este luns, As Neves conta cun novo aparcadoiro público no centro do casco urbano. A semana pasada remataron as obras do mesmo, que comezaran hai tres semanas nunha zona próxima ña rúa Cruceiro e que abrangueron, tamén, a mellora da sinalización vial.

Con este novo aparcadoiro o Goberno local quere resolver a falta de estacionamentos  no propio centro e na contorna da rúa Entrecíns. As obras desenrólanse nunha parcela que é a porcentaxe da parte pública da unidade de execución nº3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) das Neves.

En total, terá unha capacidade para 40 vehículos nunha superficie de 1.400 m2, con saída a rúa Cruceiro, limitando, tamén, coa Circunvalación. No mesmo tamén plantáronse media ducia de arbores que darán sombra no verán.

Nova concentración en Salvaterra da Plataforma en Defensa da Sanidade do Condado e A Paradanta

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e a Paradanta está a realizar unha nova serie de mobilizacións polas dúas comarcas. Dentro destas actividades está convocada unha concentración no Concello de Salvaterra este xoves 10 de febreiro ás 20:30 diante do Centro de Saúde.

Dende a Plataforma queren facer un chamamento a toda a veciñanza do entorno a participar nas mobilizacións. Coñecen o esforzo que supón manter no tempo a tensión mobilizadora e ter que deixar de lado moitas veces as tarefas persoais para participar nas distintas actividades. Por iso queren tamén agradecer á veciñanza que, día tras día, vén colaborando coa plataforma apoiándo as reivindicacións. Tamén queren facer un recoñecemento á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño que, unha vez máis, estivo apoiando na pasada concentración no Concello de Arbo.

Por outra banda, a plataforma colaborará conxuntamente cos demais colectivos galegos agrupados na Plataforma SOS Sanidade na elaboración dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública para levar ao Parlamento de Galicia.

Con esta iniciativa, os colectivos en defensa da sanidade queremos, ademais de levar o problema ao Parlamento de Galicia, facer unha campaña de mobilización da sociedade en favor da sanidade pública. Para que esta iniciativa poda chegar ao parlamento será necesario recoller 10.000 sinaturas, tarefa que agardamos comezar en poucos días. Dende a plataforma están convencidos de que esta recollida de sinaturas será un éxito total.

A OMIX de Tomiño visita o Instituto Antón Alonso Ríos para promocionar a súa labor entre a mocidade

0

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Tomiño quere coñecer a opinión que a mocidade da vila ten da propia entidade. Para iso, organizou recentemente, entre outras accións, un concurso co fin de plasmar nunha frase ou nun deseño gráfico ou debuxo o que é a OMIX de Tomiño para a xente usuaria.

Nunha xornada de traballo intensa, a pasada semana, unha representación da oficina municipal, encabezada pola concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, achegouse até o IES Antón Alonso Ríos, para falar da OMIX cos case 600 alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP que asisten ao centro educativo.

A actividade, que contou coa colaboración do claustro docente, aproveitouse ademais para repartir as 600 bolsas de tea sobre o significado da OMIX, serigrafiadas coa creación gañadora de Laura Calvo Calzado, alumna de 1°de Bacharelato.

Durante a presentación, realizada pola técnica do servizo, Elisabet Pérez De Santiago, deuse acoñecer  tamén a programación cultural de primavera chea de posibilidades para a mocidade.

“Saímos do IES coa satisfacción de ter realizado un traballo intenso nunha xornada intensa  pero marabillosa”, sinala Fátima Rodríguez, que estivo acompañada polos técnicos e o concelleiro Agustín González, o máis novo da corporación.

“Falamos da OMIX de Tomino; unha oficina para informar, formar, orientar e asesorar á mocidade que é tamén oficina Eurodesk; entregamos un comic deseñado por Joana Lomba que presenta de xeito ameno o noso servizo para a mocidade, e dimos difusión á nosa programación municipal de primavera, facendo entrega das axendas que recollen toda a oferta de calidade,ademais de repartir bolsas de tea, bolis e chapas”, explica a técnica responsable do servizo.

“Detrás deste servizo municipal público e de calidade, destinado á mocidade de 12 a 35 anos, hai horas de moito traballo realizado con emoción, ganas e ilusión. O que nos motiva é crer na mocidade, crear espazos e ofertas formativas e de lecer, fomentar a participación xuvenil. Ser un referente a seguir”, comenta a concelleira.

Nigrán abre do 15 ao 17 de febreiro o prazo de inscrición para os cursos de “envellecemento activo”

0

O Concello de Nigrán abre do 15 ao 17 de febreiro o prazo de inscrición para os tres cursos do programa ‘Envellecemento activo’: Informática básica (martes ou xoves en horario de mañá), ‘Memoria’ para previr o deterioro cognitivo (martes ou xoves en horario de tarde) e ‘Vivilo Corpo’, dirixido a potenciar as capacidades motoras a través de exercicios de movemento e coordinación (martes e xoves en horario de mañá).

Os tres se celebrarán no Centro da Terceira Idade da Ramallosa e están dirixidos a maiores de 65 anos e/ou xubilados empadroados no municipio, tendo prioridade os que nunca os cursaran (en caso de solicitar varios, débese indicar a orde de preferencia para baremar). Os interesados deben solicitar praza na Oficina de Información Cidadá do Concello (pranta baixa) do 15 ao 17 de febreiro de 10:00 a 13:00 horas. As prazas se cubrirán por rigorosa orde de solicitude tendo en conta os criterios sinalados. O de Informática será impartido polo profesor xubilado Antonio Lago e os outros dous foron adxudicados á AFAGA.

Facer exercicio, manter a mente activa e non illarse socialmente son os tres eixos que os especialistas recomendan levar adiante para previr deterioros cognitivos e neles se basa este programa que ofrece o Concello de Nigrán a través da Concellería de Maiores dirixida pola edil María Mayán.

O caracter fundamental do programa é preventivo, a súa finalidade é a de garantir unha maior calidade de vida dos nosos maiores tratando de evitar ou atrasar a aparición de problemas de memoria, do deterioro cognitivo, do Alzheimer e doutros problemas de saúde e de incapacidades; pero tamén de mellorar aqueles que se poidan ter na actualidade e de acadar un maior grado de autonomía e independencia. “Apostamos por políticas que garantan a calidade de vida dos maiores, tamén con turismo social, bailes e mesmo o centro especializado en demencias neurodexenerativas en Panxón”, indica o alcalde de Nigrán, Juan González.

Aberto o prazo para presentar o cartel do certame “Brais Alonso” en Arbo

0

O Concello de Arbo convoca un novo concurso de carteis con motivo da celebración da  XXVII  Festa dá Lamprea Seca, que se celebrará os días o 13 e 14 de agosto.

Este exitoso concurso denominado “Brais Alonso” vai xa pola súa novena  ediciónó  e ten como obxectivo deseñar o cartel anunciador da festa gastronómica da Lamprea Seca que se celebra o Segundo domingo de Agosto na Carballeira de Turbela.

As propostas serán entregadas no soporte orixinal e electrónico á máxima resolución. Poderán presentarse ata dous carteis por participante. Ademais presenta interesantes premios para os deseños máis orixinais, representativos e creativos. Outorgaranse dous premios: o primeiro de 400 euros e o segundo de 300 euros. O prazo para presentar as propostas finalizará o próximo 25 de febreiro

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que “tanto o concurso de carteis Brais Alonso como o que convocamos para a Festa da Lamprea están a experimentar un gran éxito, recibindo propostas desde diferentes partes de España”. Asegurou tamén que “estas dúas importantes festas, xunto coa  lamprea, son a principal marca identificadora que nos sitúa en Galicia, en España, en Europa e o mundo”.

Nesta ligazón pódense descargar as bases do concurso.

O Concello da Guarda realizará este ano o tradicional Desfile do martes de Entroido

0

O Concello da Guarda informa de que este ano 2022 realizarase, sempre que a situación sanitaria así o permita, o tradicional Desfile do martes de Entroido, que terá lugar o día 1 de marzo de 2022.

Esta decisión foi adoptada despois dun encontro mantido a pasada semana entre o Concelleiro de Festas e Festexos Populares, Rafa Álvarez; a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes e representantes de grupos e comparsas da vila que cada ano participan neste desfile.

Nesta reunión, na que se falou sobre a celebración do Desfile de Entroido deste ano, acordouse por unanimidade a súa realización, sempre respectando as medidas sanitarias vixentes e co ánimo de dinamizar a vila nunhas datas tan características para todos os veciños e visitantes.

Os asistentes á reunión manifestaron a súa dispoñibilidade, gañas e ánimo de participar no tradicional Desfile do martes de Entroido e, vendo o seu interese, optouse por celebrar o mesmo e publicar as Bases de participación, que están xa dispoñibles na sede electrocina da web municipal para inscribir aos grupos e comparsas que desexen participar, contando con axudas á participación por parte do Concello da Guarda.

Ponteareas será meta volante do Gran Camiño, a primeira volta ciclista profesional galega despois de vinte anos

Ponteareas será meta volante do Gran Camiño, a primeira volta ciclista profesional que se celebrará en Galicia dúas décadas despois da última edición profesional da Volta a Galicia. Trátase dun evento de enormes dimensións nas que equipos de todo o mundo volverán ás estradas galegas cunha rolda propia con inicio e fin na comunidade e que percorrerá en catro etapas as catro provincias, máis de 500 quilómetros a través de 45 municipios distintos.

A cita pasará por Ponteareas o vindeiro 24 de febreiro, durante a etapa inaugural, un percorrido de 163 quilómetros con saída no Porriño e meta en Vigo. “Para nós é un orgullo e unha ledicia poder ser meta volante desta proba. Unha vila como a nosa, berce do ciclismo, tiña que estar presente dalgún modo nesta cita histórica que permitirá recuperar as carreiras profesionais en Galicia”, salienta o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó.

A volta durará catro días, nos que os ciclistas percorrerán a diversa orografía das catro provincias para ofrecer espectáculo, valores deportivos e difusión turística conformando un camiño simbólico e único. “Poder gozar dunha volta profesional galega contribuirá a garantir o futuro do ciclismo, xa que non só ofrece unha experiencia única a todas as persoas participantes, senón que tamén permitirá aos novos deportistas contar con referentes próximos e axudará a potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte e actividade ao aire libre”, recalcou o edil.

O Rosal prepara un 2022 cocreando sociedade

0

O Rosal continúa traballando para facer “do noso municipio un lugar accesible para todos e para todas”. Así o asegura a alcaldesa, Ánxela Fernández, que este luns participou nun encontro técnico do proxecto Cocreando Sociedade co ámbito do Benestar do Concello rosaleiro para continuar avanzando en novas accións a realizar durante todo este ano 2022. “Despois da experiencia tan positiva que vivimos o ano pasado no seu arranque, imos seguir reforzando a rede e implicando a máis persoas para levar a cabo novas iniciativas inclusivas ao abeiro deste proxecto piloto participativo e transversal”, recalca a rexedora.

Dende o Concello quere agradecerse a implicación de Avelaíña, San Xerome Emiliani, Agrupación Musical do Rosal, A Galiña Azul, CPi Manuel Suárez Marquier, CRA María Zambrano, UD Ribera O Rosal, Acanor Novás Valinox e Club Ciclismo o Rosal, que continuarán colaborando para crear estratexias e iniciativas inclusivas conxuntas ao longo deste ano. Un compromiso que quedará patente tras a creación dun documento de colaboración prevista para este ano e que será asinado por todas as entidades ou a realización dunha fesa de celebración deste compromiso.

Ao longo deste ano 2021 puxéronse en marcha tres iniciativas desenvolvidas cunha metodoloxía grupal e participativa. Unha de inmersión sensorial no que persoas usuarias de San Xerome e Avelaíña puideron gozar do concerto de bandas sonoras da Agrupación Musical do Rosal sentados entre os propios músicos e músicas; visitas guiadas ás asociacións San Xerome e Avelaíña co obxectivo de coñecer mellor o seu labor, ás persoas usuarias e atopar sinerxías de colaboración; e outra de senderismo inclusivo coa adquisición dunha cadeira todo terreo para persoas con mobilidade reducida.

“Tivemos unha valoración moi positiva por parte de todas as persoas que participaron no programa. A experiencia sensorial foi un éxito redondo para todas e todos os seus integrantes pero tamén para o público, que gozou dun clima máxico durante o concerto que envolvía o auditorio. E coñecer de primeira man San Xerome e Avelaíña permitiunos ver como funcionan e visibilizar claramente o abano de posibilidades de colaboración”, lembra Fernández Callís.

Ao abeiro do proxecto tamén se creou un mapa de recursos compartidos de todas as entidades participantes e un mapa de necesidades dirixido a analizar cal é o contexto real do Rosal e das súas entidades no marco da inclusión para abordar aquelas actuacións que se detectan como máis urxentes, como a creación de espazos de participación das persoas usuarias sen necesidade de apoio das entidades, formación sobre inclusión ou erradicar o descoñecementos das capacidades.

Os diferentes colectivos continuarán traballando e creando proxectos para os vindeiros 3 anos distribuídos en grupos temáticos que abordarán distintos aspectos. Así, a comisión de deportes afondará en accións como adestramentos compartidos, a participación como adestradores ou axudantes de partidos, a dirección de adestramentos ou partidos informais ou a posta en marcha de actividades semanais que poidan rematar nun partido mixto.

En canto ao grupo de cultura traballará para a posta en marcha de concertos conxuntos entre a Agrupación Musical do Rosal e Xeorock, campamentos conxuntos, roteiros polos barrios da banda formada por persoas da Agrupación Musical e San Xerome ou a repetición da experiencia de inmersión sensorial. Pola súa banda, a comisión de educación abordará un proxecto de aprendizaxe aberto a toda a veciñanza sobre accesibilidade en sitios públicos, traballarán na posta en marcha de xornadas sobre os ODS nos centros escolares da man de persoas usuarias de San Xerome ou sesións de xogos na Galiña Azul, en obradoiros de cerámica en Avelaíña para alumnado do CRA ou a realización do Camiño do Santiago de nenos e nenas do CRA con persoas de San Xerome e Avelaíña.

“Queremos aumentar a participación das persoas con diversidade funcional nas actividades cotiás do tecido asociativo, xerar sinerxías entre todas as entidades implicadas, contar coas propias persoas con diversidade funcional no deseño de actividades e poñer en valor o gran tecido asociativo que temos no Rosal”, conclúe a alcaldesa.

O Museo retoma este venres o concerto de violín e piano que simula a viaxe de Castelao Europa en 1921

Logo do obrigado aprazamento por enfermidade do concerto do ‘Dúo Loura’ hai unhas semanas, o Museo de Pontevedra xa ten nova data para o evento: este venres 11 ás 19.30h no Edificio Castelao. Baseándose nos gustos do artista rianxeiro, Lourdes Olbés e Raúl Rodríguez interpretarán pezas nacionalistas e impresionistas de principios do século XX nunha velada que promete ser moi interesante.

A actuación, organizada como complemento á exposición xa finalizada ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, será un percorrido similar ao que protagonizou o rianxeiro polos países do vello continente, pero a través da música. Incluirá pezas de compositores galegos e europeos baixo o título ‘Cadros para unha exposición. Castelao en Europa. A viaxe de 1921’. A entrada é libre ata completar capacidade.  

A primeira parte incluirá a interpretación de ‘Alborada’ de Pascual Veiga, ‘Rosa de abril’ e ‘Romanza’ de Andrés Gaos, ‘Lonxe da terriña’ e ‘Muiñeira’ de Juan Montes, e ‘Unha noite e os teus ollos’ de Chané. Na segunda parte inclúense pezas como ‘Danza española’ de Granados e ‘Cancións populares españolas n° 3 e 5’ de Manuel de Falla, ‘Sicilienne’ de Gabriel Fauré e ‘Pavane por une infante défunte’ de Maurice Ravel, ademais de ‘Nocturno Vigo’ de Reveriano Soutullo, ‘Cantabile (arr.)’ de Manuel Quiroga e ‘Lela (arr.)’ de Juan Durán.

Trátase dunha selección que dá continuidade ao repertorio escollido na inauguración da mostra e da nomenclatura do Edificio Castelao o pasado 2 de decembro, cando o mesmo Dúo Loura interpretou algunhas pezas musicais relacionadas coas vivencias, cavilacións e actividades culturais que o rianxeiro tivo nos nove meses da súa etapa fóra de Galicia en 1921.

O Dúo Loura está formado por Lourdes Olvés e Raúl Rodríguez. Lourdes Olbés é violinista e viola gambista e comezou os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga con Marina Quintillán e Arquímedes Artal, continuándoos no Conservatorio Superior de Vigo con Mario Peris e Sara Ruiz. Formou parte de numerosas formacións tales como a Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia, a Orquestra Vigo 430, a Orquestra Filharmónica de Pontevedra, etc. e formouse con numerosos profesores tales como Vicente Cueva, Vittorio Guielmi, Mykolas Pocius, Lei Wang, Ruslan Asanov, entre outros.

O pianista Raúl Rodríguez é solista e ao mesmo tempo dedícasae á docencia. No ano 2021 recibiu o Premio Extraordinario Fin de Grado Superior, o primeiro premio do VII Concurso de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música de Vigo e o terceiro premio do VI Concurso de Solistas do CSMVigo. Tamén estudou no Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra e realizou os estudos Superiores en Vigo con Arabel Moráguez e Nicasio Gradaille. Para finalizar a súa formación cursou en Madrid o Máster Katarina Gurska coa pianista Nino Kereselidze.

A Xunta acomete a mellora de pistas interiores en Mougás

0

A Xunta de Galicia vén de rematar a mellora de pistas interiores na parroquia de Mougás, no Concello de Oia, cun investimento de 52.000 euros que estivo cofinanciado ao abeiro da orde de axudas para a modernización de infraestruturas de uso público.

Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou esta actuación, que consistíu no acondicionamento de dúas vías desta parroquia, o Camiño do Cabezo e a vía de Fabas, cunha achega de 39.500 euros do executivo autonómico.

A obra centrouse no acondicionamento xeral das plataformas e na reposición do firme para corrixir o seu deterioro motivado polo paso tempo, as cargas de tráfico e os efectos da climatoloxía. En total, remodeláronse algo máis de 4.500 m² de superficie nestes dous viais.

“O Concello de Oia conta cunha ampla rede viaria e ademais ten unhas características residenciais e de servizos nas que prima a dispersión, polo que é necesario ter as pistas en boas condicións para favorecer a mobilidade e a vida socioeconómica da súa veciñanza. Deste xeito, a Xunta sempre vai colaborar co desenvolvemento e as necesidades do municipio para favorecer o seu progreso”, explicou o representante autonómico.

Neste senso, Luis López lembrou que o Goberno galego investíu, nos últimos catro anos, preto de 450.000 euros no Concello de Oia ao abeiro de distintas ordes vencelladas ás infraestruturas, ben de uso público, de ámbito rural ou referentes a humanizacións.

Con estas achegas, melloráronse vías en Viladesuso, Mougás, Santa María, Mavía, Oia, Piniño, A Granxa, Gandarelas, As Amadas, Laxes de Arriba e Loureza e incluso remodeláronse os vestiarios do campo de fútbol das Tornas.

Persoal especializado limpiará o manantial da fonte de San Sebastián para asegurar a súa potabilidade

O Concello do Porriño vén de recibir o resultado das analíticas realizadas ao manantial que abastece a Fonte de San Sebastián, que permanecía pechada tras detectarse contaminación na auga.

A análise realizada na mina determina que os valores paramétricos alterados (microorganismos aerobios 22ºC e bacterias coliformes) xa se atopan dentro dos límites que garanten a potabilidade da auga.

“Para maior seguridade dos usuarios e usuarias, é preciso que persoal especializado acometa a limpeza do manantial que abastece á fonte e valore, se é preciso, proxectar a canalización do caudal no tramo ata o grifo”, explicou o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, “Queremos asegurarnos de que non se producen filtracións contaminantes como a que obrigou a cortar o subministro”.

“Sabemos que esta fonte ten un gran valor, non só patrimonial senón tamén funcional, xa que son moitos os veciños e veciñas da vila que consumen esa auga cada día, e que supón un gran perxuizo que non esté en funcionamento”, concluíu o alcalde, “Pero estamos facendo o necesario para restablecer o subministro o antes posible con todas as garantías sanitaria, o importante é asegurar que a auga mantén a súa calidade e é apta para consumo”.

Dende o Concello informan tamén que xa se deu orden de retirar o valado que protexía a fonte e limitarase á zona do grifo, para permitir o uso e disfrute do resto do entorno.

Adiada para o venres 18 a estrea de “As que limpan” de A Panadaría

0

A estrea da obra “As que limpan” de A Panadaría Teatro prevista inicialmente para este venres, 11 de febreiro, vén de ser adiada para o venres 18 deste mes debido a problemas de saúde das actrices da compañía.

Debido a este cambio o concello de Tui procederá, nos próximos días, á devolución automática dos importes das entradas vendidas até o momento, máis de 300, e a próxima semana volverá abrirse, a partir do luns 14 ás 14 h  a venda para a nova data desta obra.

Debido a este cambio na estrea de “As que limpan” ao venres 18 de febreiro, por ser a data que estaba dispoñible tanto por parte da compañía coma do teatro tudense, mudouse tamén de data a representación de “Rosalía” por Culturactiva. Esta representación que estaba prevista para o venres 18 terá lugar o venres 25 de marzo á mesma hora, ás 19h. As persoas que xa tiñan mercada a súa entrada para “Rosalía” recibirán tamén a devolución do importe de xeito automático.

A Deputación tende a man aos concellos da provincia para cumprir as novas leis de residuos

O novo marco lexislativo sobre residuos supón “unha auténtica revolución” que impón aos concellos “esixencias radicais” baixo ameaza de sanción. Así o anunciou onte o vicepresidente César Mosquera quen anunciou que, ante os importantes e urxentes requirimentos que deben facer fronte os gobernos locais, a Deputación de Pontevedra vai tender novamente a man aos concellos da provincia para que a través do Revitaliza vaian “polo camiño que marca a lei”: haberá novas liñas de axudas, darase asesoramento, e ofertarase incluso a creación dun corpo de control e inspección provincial.

O vicepresidente Mosquera vén de convocar unha reunión cos concellos da provincia para este mércores na que explicará todos os cambios da lexislación. Segundo dixo, o novo marco normativo derivado da directiva da UE de 2018, a lei galega de 2021 e a nova lei estatal que está en tramitación no Senado supón un novo enfoque e require tomar decisións ao respecto.

A “fase de buenismo” na que se pretendía acadar obxectivos de reciclaxe a través de accións voluntarias con tratamentos máis ecolóxicos acabouse, segundo dixo Mosquera,  e éntrase nunha fase de resultados na que se marcan obrigas claras. Para os concellos isto suporá que de maneira inminente haberá novas esixencias: obriga de cumprir obxectivos de separación e preparación para a reciclaxe; obriga normativa de ter ordenanzas de xestión, servizo e económicas; obriga dun corpo de inspección e control municipal; e obriga de recollida de información e traslado á Xunta de Galicia.

Os prazos para cumprir cos obxectivos de reciclaxe, lembrou Mosquera, están vencidos xa, posto que en xuño de 2020 era obrigado ter preparado para reciclar o 50% dos residuos, en 2025 esixirase reciclar o 55%, o 60% en 2030, e o 65% en 2035. Os resultados actuais distan moito na realidade ,xa que a provincia apenas chega ao 15%, Galicia está entre o 12 e o 13%, e o Estado alcanza o 15-16%. Os únicos municipios que se aproximaron a cumprir no Estado– con arredor do 40% de reciclaxe- foron varios concellos Revitaliza (Vilaboa, As Neves, Mondariz e Mondariz Balneario) que quedaron ás portas polas dificultades da COVID.

As sancións están aí, destacou tamén o nacionalista, subliñando que xa hai abertas moitas dilixencias informativas e expedientes a comunidades como Asturias ou Canarias, que deben facer fronte a peticións de 35 millóns de euros de multas máis 6 millóns de euros anuais por cada exercicio que non cumpran coa reciclaxe. “Hai un réxime sancionador que recaerá sobre as comunidades autónomas e moi probablemente rebotará nos concellos. Hai que poñer mans á obra”, destacou Mosquera.

Para facer fronte á situación a Deputación está disposta novamente a dar instrumentos que faciliten cumprir os requirimentos. Segundo adiantou Mosquera, ofertaranse aos concellos liñas de axudas para a elaboración de novas normativas de residuos, cuxa primeira edición foi outorgada este mes. Tamén se ofrecerá que a Deputación sexa a responsable de transmitir a información local sobre os residuos de cada concello á Xunta.

Así mesmo, cabe a posibilidade de crear un corpo de inspección de residuos provincial que dea servizo aos municipios, xa que ningún conta cun corpo de funcionarios de carreira que poida facerse cargo do control da xestión e o tratamento do lixo. Finalmente, está previsto abrir unha nova liña de subvencións co matiz de estar vencellada ao cumprimento de obxectivos de reciclaxe.

“O mércores imos propoñer todo isto aos concellos para saber se queren ir por aí. Os que queiran sumarse, adiante. Os máis avanzados van ter toda axuda e soporte na Deputación”, finalizou Mosquera.

Ponteareas aumentou o persoal dos Servizos Sociais para mellorar a atención á veciñanza

O Concello de Ponteareas reforzou nas pasadas semanas o departamento de Servizos Sociais coa incorporación dunha nova traballadora social ao seu cadro de persoal, un paso “histórico que nos permite continuar traballando para atender as necesidades da veciñanza. Por primeira vez Ponteareas conta con catro persoas neste servizo o que permite non só atender ás persoas usuarias que o poidan precisar, senón que tamén posibilitará iniciar novos programas cos que axudar aos veciños e veciñas”, asegura a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

“A incorporación desta nova traballadora permitirá reducir o tempo de espera das citas á veciñanza, ao tempo que reforza o servizo urxente que se presta a aquelas persoas que, tras a valoración técnica da súa situación, non poden pasar a formar parte da lista de espera”, sinalou Carrera.

A edil de Benestar Social salienta os esforzos feitos dende o Concello para “aumentar o persoal destinado aos servizos sociais co obxectivo de dar a maior cobertura posible por parte das profesionais a todas aquelas persoas e familias que o precisen, unha cuestión de vital importancia sobre todo tras os problemas sociais que trouxo consigo a pandemia”. Así mesmo, Verónica Carrera adiantou que “dende o goberno local estamos traballando en continuar a reforzar o cadro de persoal para mellorar a atención prestada á veciñanza”.

Durante todo o 2021, os Servizos Sociais tramitaron 149 axudas de emerxencia social municipal que supuxeron un investimento de máis de 100.000 euros. Ademais, tamén se deu cobertura a 163 familias a través do Centro de Reparto de Alimentos Municipal, que fixo entrega o ano pasado de case 37.000 kg de alimentos. Para este servizo Ponteareas conta por primeira vez cunha partida específica de 15.000€ nos seus orzamentos que permite dar asistencia de forma íntegra a todas as persoas usuarias.

Inicio do obradoiro “Cultiva a mente” en Salceda de Caselas

O Concello de Salceda de Caselas retoma a actividade desenvolvida polos obradoiros “Cultiva a mente” en colaboración con AFAGA, no centro terapéutico situado na antiga Escola da Vendanova.

Estes obradoiros realizaranse dende o día de hoxe ata o vindeiro mes de xuño e están dirixidos a persoas maiores de 55 anos. Un dos obxectivos fundamentais destes obradoiros é previr o deterioro cognitivo das persoas participantes a través de técnicas de memoria e aprendizaxe. Outro dos obxectivos importantes destes obradoiro é fomentar a socialización e o contacto entre as persoas participantes despois de dous longos anos de restricións pola pandemia.

Nesta edición acudirán dous grupos de catorce persoas aumentando desta forma a participación da cidadanía neste tipo de actividades.

Ángela Ledo concelleira de Benestar Social: “A concellería de Servizos Sociais e Benestar, co inicio deste obradoiro, continua apostando de forma decidida por accións destinadas a previr o envellecemento da poboación e mellorar a súa calidade de vida”.

Verónica Tourón: “Dende o concello temos adquirido un compromiso firme de atención ás persoas maiores de forma directa para mellorar tanto o seu benestar físico como mental a través de actividades lúdicas que melloren a súa vida diaria”.

O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia centrará as súas actividades nos centros de ensino

0

O Concello de Redondela, a través da concellería da Muller, que xestiona Iria Vilaboa, vén de presentar o programa de actividades que desenvolverá con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se conmemora o 11 de febreiro e que busca visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas da ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés).

Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, “de crear referentes femininos para as nenas en idade escolar descubran o importante papel que as mulleres desenvolveron na ciencia ao longo da historia e que poidan contribuír a elección destas especialidades á hora de realizar os estudos”.

Ao entender da alcaldesa, a organización de actividades para esta celebración de carácter internacional, vai máis aló “xa que tamén se trata de poñer o foco de atención sobre a situación das mulleres que desenvolven o seu labor profesional nunhas especialidades a fin de poñer fin as desigualdades de xénero no ámbito científico”.

Por ese motivo as actividades programadas estarán dirixidas, prioritariamente, aos centros de ensino con charlas impartidas pola escritora Isabel Blanco, autora do libro Galegas na ciencia de Isabel Blanco con ilustracións de María Lapido que será presentado na Casa da Cultura de Redondela o xoves 10 de febreiro ás 20 horas.

Será a propia Isabel Blanco a encargada de desenvolver os encontros co alumnado dos centros escolares comezando o mércores 9 de febreiro as 10.40 horas no IES Illa de San Simón para continuar o venres 11 de febreiro ás 12.20 horas no IES Mendiño; o 24 de febreiro ás 9 horas no IES Pedro Floriani e rematar o luns 7 de marzo no IES de Chapela ás 13.20 horas.

“A loita pola igualdade é preciso desenvolvela en todos os eidos comezando polo ensino –apunta a alcaldesa de Redondela– e, nese sentido, as charlas amosa ás nenas que non hai ningún tipo de carreira ou labor profesional ‘exclusiva para homes’ como parecía que eran as do ámbito científico”.

“Trátase de capacidades, empeño e tesón o que nos permite desenvolver unha determinada actividade, neste caso científica, e non é unha cuestión de xénero, tal e como se demostra no libro de Isabel Blanco e tal e como o amosan diariamente mulleres de todo o mundo que desenvolven o seu labor profesional nos distintos eidos científicos”, conclúe Digna Rivas.

Aprobado por unanimidade o IV Plan de Igualdade e rexeitamento unánime do concerto en Mos de Kaydy Cain

0

O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe en sesión ordinaria, fóra da orde do día e por urxencia, unha declaración institucional conxunta de toda la Corporación Municipal de rexeitamento do concerto que está previsto se celebre nunha sala do municipio o vindeiro venres 11 de febreiro. Tanto a inclusión por urxencia na orde do día como a declaración institucional recibiron os votos favorables dos membros de todos os grupos da Corporación. Trátase dun concerto de Kaydy Cain, un dos cantantes de trap con letras máis machistas.

Así mesmo, tamén se aprobou por unanimidade no Pleno desta mañá, o IV Plan Municipal de Igualdade do Concello de Mos (2022-2025).

Concerto de Kaydy Cain

A totalidade dos membros integrantes da Corporación Municipal do Concello de Mos decidiron hoxe en Pleno apoiar a declaración institucional conxunta de repulsa ao concerto na localidade dun dos cantantes de trap con letras máis machistas, Kidd Keo.

Coa aprobación desta declaración, a Corporación Municipal do Concello de Mos rexeita conxuntamente, e en consenso e co respaldo das técnicas do CIM (Centro de Información á Muller) o vindeiro concerto do cantante de trap, Kaydy Cain, nun local do municipio mosense. Coa declaración aprobada, a Corporación toma en consideración o acordo de instar á disconformidade coa celebración do tipo de actos sexistas como o vindeiro concerto de Kaydy Cain o 11 de febreiro en Mos, por facer apoloxía do machismo con letras vexatorias e denigrantes sobre as mulleres; esixir respecto para a figura da muller en todo tipo de actos públicos; e declarar o Concello de Mos libre de violencias machistas. 

As letras deste cantante caracterízanse polos contidos e as expresións machistas, con comentarios denigrantes, despectivos e vexatorios sobre a muller. É por elo que, desde o Concello de Mos, a través desta declaración institucional maniféstase en xeral a máis rotunda repulsa ante a celebración deste tipo de concertos. O concerto de Kaydy Cain está programado para o próximo 11 de febreiro ás 21:00 horas contando ademais cunha zona de menores de entre 14 e 17 anos que poden acceder sen autorización.

Con esta declaración o Concello de Mos quere recalcar que entre os seus principais obxectivos atópase o fomento dos valores da igualdade entre homes e mulleres e da prevención da violencia de xénero, así como inculcalos desde a infancia e a adolescencia mediante o desenvolvemento de diferentes accións e políticas sociais en centros educativos mosenses, como os colexios de Educación Primaria e o Instituto. 

Actividades como este concerto son todo o contrario ao que desde o Concello de Mos se lles quere ensinar aos nenos/as e mozos/as, precisamente o que se quere é evitar este tipo de mensaxes sexistas, dominantes e ofensivos, e promover a igualdade real de oportunidades, a tolerancia e o respecto mutuos entre homes e mulleres. É por elo que se manifesta en contra e fai pública a súa repulsa como institución a través desta declaración conxunta.

Aprobación unánime do IV Plan Municipal de Igualdade

Tamén na sesión plenaria ordinaria celebrada esta mañá aprobouse por unanimidade o IV Plan Municipal de Igualdade do Concello de Mos (2022-2025), que contou cunha fase de avaliación mediante enquisas entre o persoal do Concello e o tecido asociativo mosense.Desde o departamento municipal de Benestar Social e o CIM (Centro de Información á Muller de Mos) traballou na elaboración do IV Plan de Igualdade e para elo a administración local mosense púxose en contacto con todos os departamentos municipais e as asociacións co obxectivo de recabar datos que permitiron establecer un baremo da situación das políticas de igualdade en Mos.

O Concello de Mos iniciou o procedemento ante a finalización do período de vixencia do III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes, aprobado en 2015 e prorrogado en Pleno no ano 2019.

O IV de Igualdade contou cunha fase de avaliación, durante a que se levou a cabo a recollida de información co fin de facer unha diagnose da situación actual da igualdade no Concello de Mos, imprescindible para poder elaborar o IV Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Mos. Para realizar a análise da fase inicial de avaliación, empregouse o método da enquisa, e para elo elaborouse unha ficha onde se establecen os indicadores que serviron para coñecer a realidade en relación coa igualdade e medir o impacto que tiveron as actuacións do III Plan de Igualdade. A información e valoración que dende os departamentos do Concello e as diferentes asociacións do municipio ofreceron foi imprescindible para o coñecemento da realidade de Mos sobre o cumprimento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. A colaboración de todos os axentes sociais implicados, achegou unha información valiosísima.

O IV Plan de Igualdade Municipal conta con subvención do Servizo Provincial de Igualdade da Deputación no marco das Axudas para o Fomento da Igualdade de Oportunidades e Prevención da Violencia de Xénero para concellos de menos de 20.000 habitantes do ano 2021.

Este documento servirá de guía e marco para promover e fixar pautas de fomento da equidade entre sexos, tanto entre os traballadores e traballadoras municipais como entre a veciñanza mosense en xeral. Un documento marco que promova o cambio social de cara a obter repercusións reais, positivas e tanxibles, que dea continuidade ós precedentes elaborados tamén polo Concello e consiga progresivamente a igualdade real, a igualdade da práctica e non da teoría. A través deste Plan, e co máis óptimo aproveitamento dos propios recursos nun documento adaptado á idiosincrasia mosense, espérase beneficiar de xeito tanxible tanto á poboación como ó persoal do Concello no que a igualdade de xéneros se refire.

Posto que a conciliación e o recoñecemento laboral seguen a ser máis complicados para as mulleres que para os homes, adicando as primeiras máis tempo ás tarefas domésticas e ocupando postos de menor categoría e con peores condicións laborais, dende o Concello de Mos decidiuse emprender unha serie de políticas transversais para cambiar a situación e, entre ditas medidas, atópase este Plan de Igualdade que xa leva anos aprobando. A vontade desta administración local é a de converterse nun Concello pioneiro en materia de igualdade e, para elo, márcase o obxectivo de que todas a iniciativas municipais inclúan dúas liñas formativas: en igualdade e en prevención da violencia de xénero.

O Concello de Mos ten adquirido o firme compromiso de incluír a concienciación igualitaria en todas e cada unha das actividades organizadas, tanto en materia de formación e emprego, como musicais, culturais, de ocio, deportivas…; así como tamén facelas extensivas á comunidade educativa achegándoas a profesorado, alumnado e familias; e ao voluntariado mosense: Protección Civil, Mos Axuda, Voluntariado Xuvenil, Voluntariado Social e Medioambiental e persoal municipal. Dentro deste marco de fomento da igualdade o CIM (Centro de Información á Muller de Mos) ten un especial peso específico e importancia capital, xa que xunto co Consello Municipal da Igualdade, vela pola igualdade de oportunidades da cidadanía mosense independentemente de cal sexa o seu xénero.

O de Mos é un municipio volcado no fomento da igualdade ente homes e mulleres. Unha igualdade real e efectiva que incida en potenciar a integración social das mulleres. Un Concello participativo de xeito activo na promoción de actuacións encamiñadas a erradicar a desigualdade e a discriminación por razón de sexo no ámbito local, así como a participación plena da cidadanía en todos os ámbitos da vida municipal. Un Concello que quere defender os dereitos das mulleres velando polo cumprimento das disposicións legais e previndo as posibles discriminacións que se poidan producir en calquera eido. Así como fomentar a concienciación das mulleres da súa propia situación, e promover cambios nas actitudes e comportamentos dos homes que perpetúan a desigualdade entre ambos. Impulsar, promover e apoiar o asociacionismo feminista e de mulleres e aqueles outros que promovan a igualdade entre xéneros respectando a súa autonomía. E potenciar a participación social das mulleres co fin de que se constitúan responsables e protagonistas do seu propio proceso de promoción e desenvolvemento e para a consecución dunha igualdade real e efectiva.

SmartPeme imparte esta semana catro obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións tratarán temas como o e-mail márketing, a creación de páxinas profesionais con WordPress ou a promoción a través de Instagram.

O primeiro dos obradoiros terá lugar este martes 8 e ensinará ás e aos asistentes a dar os seus “Primeiros pasos con Google Analytics 4” da man de Esther Garcinuño, diplomada en Ciencias Empresariais, quen realizará unha aproximación á ferramenta para comezar a sacarlle partido.

O mércores 9 SmartPeme ofrecerá dous talleres. No primeiro deles Patricia Cabaleiro, posgraduada en turismo con máis de dez anos de experiencia no sector, ensinará a “Como sacarlle partido ao Instagram da miña vivenda turística”, unha aplicación con máis de 20 millóns de usuarias e usuarios que é toda unha xanela de cara ao exterior para este tipo de establecementos. O mesmo día Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá un taller titulado “Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing” que ten como obxectivo facer que as persoas que asisten a el saiban como dar a coñecer as súas mensaxes, produtos e servizos mediante o correo electrónico.

Para pechar a semana o xoves 10 impartirase “Crea unha páxina profesional con WordPress I”, un obradoiro no que María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, axudará a comprender as posibilidades que ofrece WordPress.

O Concello de Ponteareas convoca unha praza de técnico de Medio Ambiente

O Concello de Ponteareas acaba de convocar unha praza de técnica de Medio Ambiente. Unha figura profesional que, cun contrato de 3 anos, permitirá a Concellería, que dirixe Rosa Covelo, avanzar na tramitación e apertura de expedientes. “Será, sobre todo, unha figura que facilitará en gran medida o labor de facer cumprir a lei de prevención fronte aos lumes”.

As persoas interesadas neste posto de traballo e que superen o proceso selectivo pasarán a formar parte da listaxe de selección de persoal temporal no Concello de Ponteareas, coa finalidade de ser utilizadas como sistema preferente para a cobertura de contratacións e nomeamentos de carácter temporal, para prazas ou postos de traballo na categoría de técnico ou técnica de Medio Ambiente.

Máis información sobre a convocatoria: https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2022/01/24/2022002264

Nigrán abre ata o xoves o prazo de inscrición para o escape room ‘Estrelas’ este domingo

0

O Concello de Nigrán abre desde hoxe e ata a medianoite do xoves 10 de febreiro o prazo de inscrición para participar no escape room ‘Estrelas’ do domingo 13 de abril ás 11:00 horas nas inmediacións do Pavillón de Panxón.

Toda a información (bases, solicitude e autorización en caso de menores) está a disposición dos interesados na web municipal no apartado de ‘Programación Mes da Muller’. Esta actividade de escapismo será similar á desenvolvida o ano pasado en diferentes centros educativos e se encadra na programación do Concello e o CIM co gallo do Día Internacional das Mulleres o 8 de marzo.

As persoas participantes deberán superar unha serie das probas ao redor da biografía de varias mulleres relevantes. O xogo foi elaborado pola empresa especializada Territorio Comanche.

Ponte Solidario denuncia as listas de espera para as citas de Emerxencia Social en Ponteareas

A asemblea de Ponte Solidario asegurou onte “levar meses” informando á concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas sobre as problemáticas das listas de espera dos Servizos Sociais locais. As persoas que acoden a este servizo de xestión exclusivamente municipal, explica a asociación “atópanse con citas que se demoran máis de tres meses para a solicitude dunha axuda de emerxencia”. Esta realidade está a afogar ás familias cun grao de vulnerabilidade social e económica moi elevado.

Ponte Solidario leva anos denunciando a carencia de recursos materiais, humanos e económicos dos Servizos Sociais comunitarios e a Concellería responsable non aporta solucións concretas. Entre as demandas do colectivo social está a contratación doutras figuras técnicas que complementen aos actuais perfís profesionais e que garanta os dereitos de inclusión da cidadanía. Ademais, dende o colectivo reclaman que a lista de espera nun servizo de urxencia como son os Servizos Sociais non pode demorarse máis de corenta e oito horas.

Ponte Solidario, que participa xunto aos partidos do goberno municipal na Plataforma pola Sanidade Pública do Condado-Paradanta, solicita “coherencia” á hora de defender uns servizos públicos de calidade. “Da mesma forma que se reivindica a redución das listas de espera na atención primaria –afirma a Asociación– non se pode tolerar que persoas con problemas socioeconómicos graves teñan que agardar meses para ser atendidas polos servizos sociais”.

O colectivo entende que os dereitos sanitarios e de servizos sociais “deben ser unha prioridade para calquera administración pública”. Sen Sanidade Pública e Servizos Sociais Públicos de calidade “estamos atentando contra dereitos humanos fundamentais e deixando no camiño a moitos veciños e veciñas”, afirman.

O colectivo social anuncia mobilizacións na vila ata conseguir o obxectivo de que “todas as unidades de convivencia que soliciten unha cita en Servizos Sociais teñan garantida a atención en menos de corenta e oito horas”.

Luz verde da Deputación a 1,2 millóns de euros do Plan Concellos para obras e contratación de case un cento de traballadores

A Deputación aprobou o venres, en Xunta de Goberno, a mobilización de 1,25 millóns de euros, no marco do Plan Concellos, para o financiamento de obras en dous concellos da provincia e a contratación de 97 persoas noutros seis. A presidenta Carmela Silva explicou que os investimentos destinaranse a financiar a parte municipal do orzamento das grandes actuacións do Plan ReacPon en Moaña e Caldas de Reis, mentres que os empregos reforzarán os servizos municipais de Silleda, Vilagarcía, Agolada, Fornelos de Montes, Vila de Cruces e Mos. “As contratacións permitirán garantir os servizos básicos dos concellos”, salientou Carmela Silva.

Na Liña 1 de investimentos apróbanse 290 000 € para a rehabilitación do edificio do Concello Vello en Moaña, proxecto cun orzamento de 1,16 millóns que con esta aprobación sufragará a Deputación ao 100 %. Pola súa banda a Caldas dedícanse 87 000 € para o proxecto de transformación da área do río Bermaña, cun orzamento de 580 000 euros que tamén asume a institución provincial. Ambos proxectos xa están aprobados e asinados dentro do Plan ReacPon.

Respecto á Liña 3 de Emprego aprobáronse as achegas para os seis concellos citados por un total de 875 000 euros. “Temos solicitudes dos concellos de todo tipo, desde operarios e operarias de obras, a forestais, persoal de maquinaria, limpeza, etcétera”, detallou a presidenta.

Por concellos Silleda recibe unha achega de 92 300 euros para contratar oito peóns/as de obras públicas e un/ha administrativo/a, mentres que Vila de Cruces contará con 148.000 euros para empregar 15 traballadoras/es e de distintos ámbitos. Pola súa banda Vilagarcía recibe 309 000 euros para 36 contratacións, Agolada outros 116 000 para incorporar 14 persoas, Fornelos 87 500 para doce empregos, e Mos 120 000 euros para 11.

O Porriño restaura os murais contra a violencia machista que foran obxecto de accións vandálicas

O Concello do Porriño vén de restaurar os murais contra a violencia machista que sofriran actos vandálicos e fai un chamamento á tolerancia e a poñer fin a calquera expresión de odio.

Estas obras, situadas en puntos negros do centro urbano onde se deron agresións machistas, foron instalados pola concellería de Igualdade o pasado 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, no marco da campaña ‘O amor non é violencia’.

Son obras das artistas Eva Casais, Gemma Marqués, Tamara Baz e Lorena Arévalo, que reivindican as relacións de igual a igual entre persoas. Unhas semanas despois de ser instalados amaneceron con pintadas e, pese a ser borradas, volveron ser atacados.

Ante estes actos vandálicos o alcalde, Alejandro Lorenzo, expresou a súa “condena firme” e recordou que dende o Concello “non se tolerarán comportamentos coma estes que demostran que queda moito por facer a prol da igualdade”. O rexedor quixo agradecer a colaboración cidadá, xa que en canto a veciñanza tivo coñecemento das pintadas o trasmitiron ao Concello que “os restaurou e devolveu ao seu estado inicial” e advertiu o fará “tantas veces como sexa preciso para demostrar que a mensaxe que estes murais representan é moito máis forte que calquera expresión de odio. A intolerancia non ten cabida no Porriño”.

Pola súa banda, a concelleira de igualdade, Carolina González, acudiu a ver os traballos de restauración dunha das obras, que desenvolveu a propia autora, Tamara Baz.

“Quen pretenda silenciar as reivindicacións feministas e contra a violencia machista debe saber que non o vai conseguir no Porriño”, advertiu a concelleira, “Queda moito por facer neste eido, pero o faremos con firmeza e sen dar nin un paso atrás”. González explicou que unha vez borradas as pintadas os murais foron cubertos con barniz para que calquera ataque posterior poida borrarse con facilidade e sen lastimar a obra.

O desfile de comparsas de Gondomar perde a súa condición de concurso e as agrupacións recibirán unha axuda pola súa participación

0

Todo está listo para celebrar o Entroido que este ano, tras case dous anos de non poder manter as súas datas tradicionais debido á pandemia, egresará ás rúa do municipio o vindeiro domingo 27 de febreiro, con forma de desfile e abandonando a súa tradicional categoría de concurso.

Nesta ocasión todos os participantes que se inscriban percibirán unha axuda económica pola súa presenza, sempre suxeitas ás bases publicadas polo concello e que se poden consultar e descargar na sede electrónica ou a través da páxina web www.concellodegondomar.gal. O prazo de presentación inscricións finalizará o vindeiro 20 de febreiro e deberán entregarse no Rexistro Municipal ou a través de sede electrónica, achegando o anexo I das bases.

Requisitos e axudas

As comparsas participantes deberán ter un mínimo de 20 compoentes e o máximo delas que se poderán inscribir será de 10, cun mínimo de 6, permitindo as bases convidar ata 5 comparsas máis.

As axudas económicas previstas oscilarán entre os 250 e os 400 euros para as agrupación que desfilen senes carrozas, dependendo o importe final do número de integrantes que oscilará entre un mínimo de 10 compoñentes ata un máximo de 81. No caso de que vaian acompañadas por carroza, entendéndose por ela a plataforma decorada arrastrada por un vehículo de motor, os premios oscilarán entre os 400 e 550 euros. Cada carroza a maiores que se some á comparsa recibirá unha axuda de 100 euros.

Tamén no caso das rondallas estipúlase un número de máximo de participantes, fixado en 10 e un mínimo de 6, dando sempre preferencia ás representantes de Gondomar e ás da comarca do Val Miñor. Estas agrupacións deberán estar integradas por un mínimo de 20 persoas para poder desfilar e percibir a axuda de 200 euros por parte do concello de Gondomar.

Percorrido e datas

O desfile, como tradicionalmente celebrouse, terá lugar o domingo de entroido,
27 de febreiro, a partir das 16.30 horas. O percorrido previsto para parte dende Eduardo
Iglesias, accedendo por Anxo Urzáiz dirección á Praza Paradela, que abandonarán
pasando por diante do consistorio para saír pola Avenida do Conde.

No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan celebrar o domingo o desfile pospoñerase ata o martes 01 de marzo e se nese día tampouco fose posible trasladaríase ao sábado 05 de marzo, ultima data para celebrar o desfile que de non poder ser realizado nalgún dos días indicados cancelarase ata a próxima edición.

O enterro da sardiña para chorar e despedir o entroido está prevista o día 2 de marzo a partir das 19.30 sempre que as condicións sanitarias e climatolóxicas permítano.

Digna Rivas reúnese coa mocidade de ‘Axentes do Cambio’ para consultar a súa opinión sobre diversos proxectos

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros, reuníronse esta pasada semana cos mozos e mozas que forman parte do Órgano de Participación Infantil e Adolescente de Redondela ‘Axentes do Cambio’, aproveitando a reunión quincenal que este mantiña no Multiúsos de Chapela.

A alcaldesa redondelá quixo coñecer, de primeira man, a opinión da mocidade sobre distintos proxectos que o Goberno local vai poñer en marcha. Nese sentido, Digna Rivas subliñou a importancia deste órgano de representación da mocidade “como interlocutor á hora de valorar todos aqueles proxectos deste Goberno que afecten a mozos e mozas”.

Entre os proxectos que a rexedora redondelá consultou cos mozos e mozas, está a remodelación do Campito e o deseño da pista de skate a carón da Senda Verde, ámbalas dúas actuacións en Chapela, así como a remodelación duns terreos municipais próximos á Igrexa de Cesantes, co fin de destinalos a espazo de ocio para a xuventude.

Cómpre salientar que, para fomentar a participación da mocidade e a infancia naquelas decisións e proxectos que lles afecten, a web do Concello disporá, próximamente, dunha canle para que toda a cidadanía, especialmente a menor de 18 anos, poida expresar a súa opinión sobre estes proxectos e contribúa a adecualos o mellor posible aos gustos e necesidades da poboación máis nova.

Digna Rivas lembrou que un órgano de participación da mocidade e da xuventude “non pode ser un elemento decorativo e simbólico” senón que, “como é este, ten que ser un órgano activo e dinámico de participación, onde a infancia e a mocidade poidan expoñer as súas ideas e proxectos para que o Concello, posteriormente, os poña en marcha”.

A alcaldesa valorou “o compromiso e traballo” que estaba realizando ‘Axentes do Cambio’ á hora de “estudar os proxectos e de presentar achegas que os melloren”.

O Órgano de Participación Infantil e Adolescente de Redondela púxose en marcha a comezos de 2021. Nun primeiro momento, debido á situación de pandemia, facía só xuntanzas en liña, pero xa foi a partir de xuño cando empezaron a reunirse de xeito presencial. Nos seus encontros debaten e fan propostas arredor de temas de interese para a infancia e a mocidade, como o cambio climático, o coidado dos animais, a prevención do acoso e/ou o coidado da saúde mental. O seu obxectivo é traballar a prol da infancia e adolescencia redondelá, e adoptar un papel proactivo de cara a facer propostas á Corporación e como órgano para a rendición de contas.

No pasado mes de xuño adoptaron o nome de Axentes do Cambio, co que se recoñecen a partir de entón. Na rede social Instagram teñen perfil, co nome @axentesdocambio: https://www.instagram.com/axentesdocambio/.

O grupo está aberto á incorporación de calquera rapaz ou rapaza de entre 8 e 18 anos que resida en Redondela. Para calquera información podedes contactar no correo electrónico [email protected].

A Navegación terapéutica realizada en Baiona no 2021 chegou a 16 mulleres e 21 menores

0

Un total de 16 mulleres vítimas da violencia de xénero e 21 das súas fillas e fillos menores de idade participaron en Baiona, o ano pasado, no programa de navegación terapéutica Vela contra a violencia de xénero froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Monte Real Club de Yates da localidade que a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, ven de coñecer de primeira man.  

Grazas a esta iniciativa, que a Xunta apoiou con case 15.000 euros, estas mulleres vítimas e os menores ao seu cargo puideron practicar actividades adaptadas de vela co obxectivo de mellorar a confianza en si mesmas e rachar coa realidade que viven.

Para acadalo, deseñáronse recursos específicos para reducir o impacto emocional nas vítimas, coa perspectiva de minimizar o seu estado de ansiedade; acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades persoais, intelectuais, sociais e emocionais; fortalecer a autoestima e a súa resistencia ante as adversidades; e potenciar a empatía, a escoita activa e as relacións saudables.

Ademais co impulso deste deporte entre estas mulleres vulnerables, a Xunta contribúe a mellorar a súa saúde física e emocional, a incrementar o impulso na toma de decisións e ofrece recursos para a xestión das emocións e da comunicación.  

O programa artellouse en grupos de oito membros e en actividades de mulleres e nenas e nenos. Con isto contribúese a que tanto as nais como as nenas e nenos gañen momentos de tranquilidade e poidan desfrutar da experiencia con autonomía.

As actividades, que se celebraron entre o 20 de maio e o 1 de outubro de 2021 contaron con participantes usuarias do Centro de Recuperación Integral (CRI) de Santiago como do  Centro de Emerxencias para Vítimas de Violencia de Xénero de Vigo (Cemvi).  O programa incluíu sesións de coñecemento da Bahía de Baiona, teoría e práctica da vela ou de seguridade na navegación.

Vela en feminino

O club baionés, por outra banda, recibiu en 2021 unha axuda de algo máis de 18.000 euros da Xunta para a promoción e difusión da muller no mundo da vela e favorecer a igualdade entre homes e mulleres nesta disciplina deportiva.

Co obxectivo de aumentar a súa presenza nesta disciplina, tripulacións femininas puideron participar en 5 trofeos, nalgúns deles por primeira vez, como foi o caso do Trofeo Repsol con 18 regatistas. Tamén no Campionato galego de a dous -no que se concederon o ano pasado, con carácter pioneiro, premios para as mellores tripulacións feminina e mixta- e no Circuíto Nacional Feminino de Biskaia e Mallora e a Liga Nacional Feminina, entre outros.

Grazas á colaboración entre o Goberno galego e o Club de Yates, tamén se elaboraron o ano pasado pezas audiovisuais sobre a presenza de mulleres na vela e outras iniciativas para divulgar a vela en clave feminina.

Tui recupera por San Valentín a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui”

0

O Concello de Tui recupera con motivo de San Valentín a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” que se puxo en marcha no ano 2020 con dobre obxectivo. Por unha banda a dinamización comercial da cidade pero tamén a súa promoción turística.

A campaña baséase en dúas accións centrais. Por unha banda está a decoración das rúas con pezas vinculadas co tema do amor coma as palabras “Amor”, “Love”, ou “Tui” e co banco do amor e pérgola do amor, que se estrearan hai dous anos. Amais nesta ocasión engádese un sorteo de 10 vales de compra por valor de 30€ cada vale, para premiar as compras no comercio local participantes.  Así a través das asociacións locais ACITUI e EMPRETUI, entrégase cartelería e as rifas a todos os establecementos que expresamente soliciten participar na campaña. Así, entre o 7 e o 14 de febreiro, os clientes dos locais participantes que consuman 10€ no comercio e 5€ na hostalería recibirán a súa rifa para entrar no sorteo que se realizará o venres, 25 de febreiro, ás 12 h na Radio Municipal de Tui. Para recibir o premio deberán presentar o tícket de compra correspondente.  Os vales de compra poderán consumirse nos establecementos participantes que se poderán consultar na web www.tui.gal o martes 15 de febreiro.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, sinala que “Tui é un amor. Namórate de Tui” ten por obxectivo “incentivar as compras no comercio local, así por unha banda convida aos visitantes a vir coñecer Tui e a namorarse de todo o que esta cidade lle ofrece, e doutra banda lanza unha mensaxe directa á cidadanía do importante que é coidar o noso e demostrarlle a Tui que a queremos”. Lembra Ana Núñez “ao comerciante o importante de esforzarse por namorar e enfeitizar aos seus clientes cos seus produtos, atención e servizos”.

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración nesta campaña das dúas asociacións de comerciantes de Tui, ACITUI e EMPRETUI.

Publicadas as bases para o desfile de comparsas do entroido porriñés

Despois do parón provocado pola pandemia, o Entroido do Porriño volve este ano ás rúas da vila para que as comparsas exhiban a súa creatividade e imaxinación. O Concello vén de facer públicas as bases que rexerán o tradicional desfile de comparsas dentro do programa de actividades do Entroido 2022.

Os desfiles terán lugar nas datas e horarios sinalados no programa de festas do Entroido, o sábado 26 de febreiro ás 18h e o e o martes  1 de marzo ás 18:30h, sempre e cando a situación sanitaria o permita e cun estricto cumprimento das medidas de seguridade sanitaria. 

Tal e como recollen as bases, o prazo de inscripción abrirase o 10 de febreiro e as asociacións poderán inscribir as súas comparsas ata o día 18, ambos incluídos.  Estas deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello do Porriño. 

Este ano os grupos optarán a premios de ata 1.000 euros, dependendo do número de componentes da comparsa (300 euros de 10 a 19 compoñentes, 550 euros de 20 a 39 compoñentes, 850 euros de 40 a 55 compoñentes e 1.000 euros de 56 ou máis comopoñentes). O importe máximo que se establece é de 13.950 euros polo que os premios se repartirán ata acadar esta cifra seguindo rigorosamente a orde de inscrición.

As bases poden consultarse na seguinte ligazón: https://oporrino.org/documentos/bases-do-desfile-de-comparsas-do-entroido-2022/.

De paso, voy a urgencias

El acceso a la atención sanitaria en nuestro país lo constituyen los centros de atención primaria. Mediante consultas ordinarias o urgentes, en horario de mañana y tarde, o en los centros de atención continuada durante la noche, fines de semana y/o festivos se resuelven la mayoría de los problemas de salud que acontecen sin tener que acudir al hospital.

A las urgencias hospitalarias se puede llegar derivado precisamente desde la atención primaria (cuando se precisa mayor nivel de especialización, medios técnicos más complejos, o…), en ambulancia (en caso de accidentes, necesidad de valoración y/o tratamiento urgente…) o por iniciativa propia.

Todos entendemos, a priori, que acudir a las urgencias hospitalarias, al mayor nivel asistencial, por iniciativa propia debe responder a un motivo que no puede esperar y que precisa ser valorado en ese momento.

Antes de la llegada de la pandemia del covid-19, solicitar una cita con el médico de familia (presencial) podía demorar, a lo sumo, una semana. Desde marzo del 2020 el tiempo para esta cita, casi siempre telefónica, se ha demorado bastantes días más. Los contagios en las sucesivas olas han ido evolucionando al alza, mientras la presencia de profesionales sanitarios lo han hecho a la baja, mala progresión.

En esta tesitura, con el acceso a la atención primaria saturado y nuestra paciencia al borde del ataque de nervios, la alternativa para conseguir una valoración inmediata por un facultativo es acudir al hospital, lo que supone la saturación añadida de las urgencias hospitalarias.

Está claro que esta situación debe revertirse en cuanto sea posible y volver a tener acceso a una cita presencial con nuestro médico de familia en un corto plazo de tiempo. Esto, por ahora, no parece un escenario cercano.

Así que tendremos que tirar de solidaridad y sentido común, y dejar nuestras quejas por escrito cuándo y dónde corresponda, de una manera lo más racional posible.

Esta semana, por ejemplo, sucedía que:

Tras una discusión en el ámbito familiar, una mujer embarazada llama al 061 solicitando una ambulancia por una crisis de ansiedad. Ya en urgencias hospitalarias, tras tranquilizarla y realizar algunas pruebas complementarias, se descarta patología urgente, se entrega su informe de alta y se remite a su domicilio.

La gestante nos dice que ha venido en ambulancia y que tenemos que solicitarle otra ambulancia que la lleve de vuelta a su domicilio. Y no fue fácil hacerle entender que la ambulancia no era un servicio de taxi.

La sanidad es de todos, y entre todos tenemos que cuidar de ella. Está maltrecha, exhausta y no deja de recibir estoques de aquí y de allá, es cierto… pero debemos ser conscientes de que sus recursos son limitados, y debemos hacer un uso responsable de ellos.

Concluyo con una respuesta antológica que hace unos años me dio una paciente al ser preguntada por el motivo de consulta en el Hospital Xeral Cíes:

“Tengo unas molestias desde hace varios días y, como tenía que venir al Corte Inglés, me he dicho pues ya de paso voy a urgencias”.

¡Clamor popular!

Hace unos días tuvo lugar un hecho que ha provocado la indignación de la sociedad, principalmente de la gallega, y no es otro que la injusticia realizada con el grupo Tanxugueiras para la elección del representante español en el festival de Eurovisión.

Vayamos por partes, cómo diría Hanibal Lecter. La primera es lo poco que sirve en este país nuestro la opinión del pueblo y eso, a la vista ha quedado. En la primera eliminatoria, el ‘supuesto’ jurado profesional, ya dejaba eliminado al grupo gallego de la final, pero las votaciones del público cambiaron las tornas.

Además, al grito de tongo, y cómo no podía ser de otra forma, en la final se volvía a repetir la misma situación. El jurado, dio la puntuación suficiente para que no quedaran mal clasificadas, pero para que tampoco tuvieran opción para ganar y sin embargo, en el voto popular  fueron las ganadoras, además, en las dos vertientes. ¿Sirve de algo la opinión del pueblo? Pues, ni en este ni en otros momentos, sirve para nada.

Si una cosa quedó clara es que todo esto parecía estar ya decidido desde un principio. Tenemos un supuesto jurado imparcial que no querían que fuera el representante gallego en nombre de España, ¿el motivo? ¿Qué cantan en gallego? Pues siempre será mejor eso, ya que es un idioma cooficial de este país a alguien que canta en no se sabe que. ¿Que es muy folclórico? Pues el folk, es la tradición de un pueblo, de una nación, pero claro, mejor el reguetón,  que es folclore popular importado de sudamérica.

¿Qué enseñaron el torso de dos chicos bailando en falda? ¡Oh, mi madre, que gran sacrilegio!, mejor llevar a una que menee el trasero. Claro, ya sé, las Tanxugueiras, terminan su tema diciendo que “no hay fronteras”, por cierto, en un perfecto castellano para que los del centro lo entendieran perfectamente, y la canción elegida a dedo, termina diciendo watch it SloMo, algo muy patrio para representar a España y un lenguaje muy claro que los del jurado entendieron perfectamente, por eso, había dos extranjeros en el mismo, porque en este país, no hay gente profesional del mundo musical para acudir a un festival de estas características, pero visto lo visto, creo que si hay gente muy competente, pero que no quisieron participar de esta pantomima.

Si algo ha quedado claro, es que pese a que lo diga el estupendo trío gallego, es que SI hay fronteras: idiomáticas, políticas, de ideas, y de idiosincrasia, el pueblo gallego es abierto y en la propia canción lo demostraban cantando en todos los idiomas oficiales, pero claro, somos la Galicia profunda. Esa que no entiende lo que ocurre en el centro, ese que siempre han dejado de lado, esa, que pese a ser el primer reino de Europa, nunca han querido tener en cuenta, porque para muchos, es el norte de Portugal, pues España es el Norte de África y quién sabe, a lo mejor a los gallegos, nos venía mejor ser de Portugal, seguro que nos tendrían más en cuenta.

Pues esta semana de indignación, no puedo más que recomendar esta formación de pandereteiras, con una fantástica producción que han sabido aunar tradición y modernidad, en su estilo visual y musical, así que os dejo con su tema Terra y el más reciente Averno en colaboración con la colaboración de Rayden.

Salceda abre o prazo para a inscrición no desfile de carrozas e comparsas

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellería de Cultura que dirixe Álex Rodríguez, vén de publicar as bases para participar no XXIII Desfile de Comparsas e Carrozas do Entroido 2022, que se vai celebrar o domingo 27 de febreiro de 2022.

Durante a semana do 7 ao 13 de febreiro as comparsas e agrupacións de Salceda poderán realizar a súa inscrición, e dende o 14 ao 20 de febreiro as comparsas de calquera concello poderán formalizar a inscrición, que será obrigatoriamente pola sede electrónica do Concello.

Nun ano no que a pandemia aínda non rematou, as bases recollen xa diferentes supostos nos que se podería adiar a celebración. No caso de que a incidencia de casos se sitúe en cifras altas nos días previos ao desfile, dende a Concellería de Cultura que dirixe Alex Rodríguez, se contempla a posibilidade de adiar a celebración ata que as condicións sexan máis favorables, tendo sempre como data límite o 3 de abril de 2022.

Logo da cancelación do 2021, este ano volve o desfile con algunhas modificacións respecto ás edicións anteriores. Por unha banda, o percorrido vese modificado na súa parte final, evitando que os colectivos entren na Praza do Concello como en diferentes anos. Por outra, este ano non se celebrará o concurso de coplas ao final do desfile, como si se viña facendo en edicións anteriores.

As agrupacións deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes, e poderán presentarse con ou sen carroza, establecéndose diferentes categorías en ámbolos dous casos. Todas as comparsas admitidas recibirán unha compensación económica pola súa participación, que varía entre os 150 e os 900 € en función do número de compoñentes. Ademais da dotación económica, establécese un xamón como premio para diversas categorías:

Toda a información e as bases do concurso poden consultarse a través da páxina web do Concello www.salcedadecaselas.gal ou no taboleiro de anuncios do mesmo Concello e as redes oficiais.

En Salceda, o Entroido é unha das súas festas máis importantes, para o que se prepara xa unha ampla programación que será presentada ao completo uns días antes das festas.

A programación municipal completará o xa tradicional enfrontamento entre Castro Barreiro e A Feira, que hai xa máis de 130 anos se ven celebrando, e para o que os barrios levan xa tempo traballando arreo no máis estrito segredismo.

Posposta a matrícula dos cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

0

A Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros anunciou o aprazamento do período de matrícula para os cursos gratuítos de formación informática a desenvolver nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela.

As matrículas para o primeiro módulo, do que Redondela oferta 8 prazas e Chapela 12, estaba previsto que comezasen o vindeiro 7 de febreiro pero atrasaranse unhas semanas mentres se resolve unha incidencia administrativa.

A Concellería adianta que se dará aviso da nova data de matriculación pola prensa e na propia web e o facebook do Concello de Redondela, así como das novas datas de celebración dos cursos xa que, no que fai referencia aos contidos dos mesmos, estes non mudarán.

Toda a información estará dispoñible na web municipal (www.redondela.gal) e se atenderán as consultas no mail [email protected].

Os cursos previstos son, entre outros, Alfabetización dixital Windows 10 e Internet, Mecanografía co computador, Tarefas de oficina con Writer e Calc, Aplicacións Google e Drive ofimática na nube, aos que se engade o servizo de Aula Aberta os venres: Seminarios de Subvencións co Concello e taller de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela.

Novo reparto de manteis individuais para promocionar os encantos do municipio de Arbo

0

O Concello de Arbo aposta pola dinamización da hostalería local e novamente, vai repartir manteis de papel entre os hostaleiros do municipio para poñer en valor o patrimonio histórico e os lugares máis emblemáticos da localidade , así como promocionar  as adegas, restaurantes e casas de turismo Rural.

Arbo, que impulsou esta iniciativa no ano 2021, combinará unha axuda con material gratuíto para os hostaleiros para garantir a seguridade sanitaria, co fomento turístico do municipio entre os visitantes e a promoción das adegas, casas de turismo rural e restaurantes.

O obxectivo do Concello é que todos os comensais que gozan da deliciosa gastronomía, e máis si cabe nestes primeiros meses que en Arbo estamos en temporada de Lamprea,  ofrecida polos restaurantes e casas de turismo rural  poidan coñecer a través dos manteis os recursos turísticos do Concello, así como promocionar as adegas e a oferta hostaleira que Arbo ofrece, para que o destino sexa o destino escollido polos visitantes durante todo o ano.

Coa promoción nesta tempada,  se contribuirá  a alongar a estancia e satisfacción do visitante que mentres está a comer poderá coñecer, a través do mantel, todos os recursos que no resto do municipio pode visitar. Deste xeito alongarase   a estancia do visitante incrementando o seu gasto e contribuíndo ao desenvolvemento socioeconómico da comarca.

“A nosa oferta turismo rural, as nosas adegas, os ríos, as montañas, a natureza, o noso clima que permite practicar diferentes actividades de turismo activo o longo de Arbo, contando Arbo con empresas especializadas en deportes de aventura como kayak ou rafting, cinco rutas de senderismo para disfrutar da tranquilidade e beleza do noso patrimonio e como non a lamprea e o viño, fan de Arbo unha referencia de turismo enogastronomico”, informa o alcalde do concello, Horacio Gil.

Con esta nova aposta do Concello contribúese a potenciar máis aínda a imaxe do destino de Arbo, como destino a disfrutar cos cinco sentidos, estimulando a imprescindible colaboración sempre dos hostaleiros. Así mesmo, tamén permite poñer en valor o territorio, sendeiros, aos seus produtores, hostalairos e o patrimonio.

A N-551 en Areas poderá converterse en tramo urbano

0

O Concello de Tui considera de vital importancia o cambio na delimitación como tramo urbano da N-551 en Areas o que convertera este treito de estrada en zona urbana, e permitirá o crecemento do municipio nesta zona coa construción de empresas, espazos comercias e vivendas ao reducirse de 50 a 25 metros a afección.

Arestora, e por un período de 30 días, está sometida a información pública a resolución do Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana pola que se aproba provisionalmente o “Estudo de delimitación de tramo urbano e modificación da liña de límite de edificación na N-551 entre os pp.kk. 0+150 a 1+900” en Tui.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que é “una noticia importante, porque nos vai permitir viabilizar en todo ese tramo de estrada actuacións de ámbito urbano que doutro xeito non poderiamos levar a cabo”. Engade o mandatario que “de aprobarse definitivamente suporá que a afección neste tramo urbano da estrada pasará dos 50 metros actuais a 25, co que se viabilizarán posibles construcións de vivendas, negocios ou superficies comerciais, que até o de agora non era posible executar”.

O rexedor tudense explica que foi o propio concello quen se dirixiu por escrito ao Ministerio solicitando este cambio. Unha modificación que reiterou o propio Enrique Cabaleiro na reunión que o pasado 12 de xaneiro mantivo en Madrid co director General de Carreteras,  Javier Herrero.

O Concello de Tui realizou un estudo para tratar de facer unha nova delimitación considerando ese tramo entre o coñecido coma o cruce do Parador na Avenida de Portugal, e o GADIS, en Areas, como travesía urbana.  Ese documento foi trasladado ao Ministerio que iniciou os pertinentes trámites administrativos.

Este Estudo de Delimitación sométese agora durante 30 días, tras a súa publicación no BOE,  a información pública para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións. De non presentarse alegacións considerarase aprobado definitivamente. Tamén enviaron notificación ao propio Concello de Tui e á Xunta de Galicia para que emitan informe. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, avanza que o seguinte paso a dar, tras conseguir esta delimitación como tramo urbano, será traballar de cara á humanización deste treito de estrada por parte do Ministerio, de forma previa ao traspaso de competencias sobre o mesmo ao Concello de Tui. Así llo trasladou xa o pasado mes de xaneiro ao director General de Carreteras,  Javier Herrero, na reunión que mantiveron en Madrid onde lle confirmaron a “inminente licitación” da humanización do tramo da avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até a intersección coa N-551.

«Mulleres, ciencia e máis», a ambiciosa programación de Nigrán para celebrar o ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’

0

O Concello de Nigrán arrancará o 11 de febreiro co gallo do ‘Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia’ a súa programación máis ambiciosa ao respecto ao extenderse ata o 13 de marzo e incluír obradoiros, teatro, contacontos, un scape-room, cine, monicreques ou a exposición ‘Bravxs’. Máis dunha vintena de eventos e actividades que se integran tamén na conmemoración do 8-M, Día Internacional da Muller, e que está financiado polo Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

“Trátase do cartel máis extenso xamais realizado desde o Concello e está pensada para chegar a todo tipo de públicos tendo en conta en cada actividade a perspectiva de xénero como fío conductor”, explica o alcalde, Juan González, mentras que a edil de Igualdade, Patricia Diego, engade que, como é habitual, algunhas serán abertas ao público en xeral e outras se realizarán directamente nos centros educativos.

Aínda que a programación arranca este día 11 de febreiro coa función de teatro “Ciencia que alimenta” a cargo da compañía Roto e Descosida, (Auditorio Municipal, 19:00 horas), este luns 7 de febreiro abre o prazo de inscrición para participar no scape-room ‘Estrelas’ sobre a biografía de varias mulleres relevantes (o ano pasado fíxose nos institutos con gran éxito). Este celebrarase o 13 de febreiro ás 11:00 horas nas inmediacións do Pavillón de Panxón. Toda a información, incluídas as bases e a autorización, están penduradas na web www.nigran.es.

Programa

Venres, 11 de febreiro. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Representación teatral “Ciencia que alimenta” a cargo da compañía Roto e Descosida, no Auditorio Municipal as 19:00 h. A obra abrangue unha sucesión de experimentos científicos ou demostracións de algún concepto da ciencia que son realizados por dúas personaxes, un profesor científico (toda unha eminencia) e o seu axudante (burlón, pasota e un chisco toupón). A ciencia require estudo, atención e esforzo, pero a recompensa (o coñecemento), pode ser moi grande para as persoas que se achegan a ela.

Do 11 de febreiro ata o 11 de marzo. Exposición “Bravxs: mulleres científicas, investigadoras e inventoras” Consta da ilustración de dez caras de mulleres relevantes no ámbito científico a cargo de Marta Riera e da súa correspondente biografía. Irase rotando nos seguintes centros educativos: I.E.S. Val Miñor, I.E.S Escolas Proval, C.E.P.I. Arquitecto Palacios. A iniciativa conta coa colaboración da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a cofinanciación da Federación Española de Municipios e Provincias.

Domingo 13 de febreiro: Scape Room ‘Estrelas’ nos alrededores do Pavillón Deportivo Municipal ás 11:00 h. Actividade de escapismo. As persoas participantes deberán superar unha serie das probas ao redor da biografía de varias mulleres relevantes. Para participar será necesario realizar unha inscrición previa

Domingo, 20 de febreiro: cine infantil ‘Bella y el circo mágico’. No Auditorio Municipal ás 17:30 h.

Sábado, 5 de marzo: espectáculo de monicreques ‘Cousas de casa’ a cargo da compañía “Mircromina Títeres no Auditorio Municipal ás 18:30 h. Este espectáculo realiza un percorrido, de forma lúdica e divertida, por conceptos que permiten reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e homes en distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser nai e a corresponsabilidade do pai nos coidados.

Contacontos

Xoves 3 de marzo: C.P.I Da Cruz-Camos e C.P.I. Angel de la Guarda: Contos vellos novos finais, a cargo de Caxoto. Diagnosticando a igualdade

Venres 4 de marzo: C.P.I. Arquitecto Palacios e C.P.I. Carlos Casares: Contos vellos novos finais, a cargo de Caxoto. Diagnosticando a igualdade.

A actividade é un espectáculo de narración oral, no que se abordarán contidos relativos á igualdade laboral (teito de cristal, fenda salarial, reparto laboral segundo o sexo…)

Martes 8 de marzo: Iluminaranse de cor violeta lugares emblemáticos e colgarase unha pancarta alusiva ao 8M no balcón do edificio consistorial

C.P.I. Humberto Juanes: “Cinema de historias da man de Alice Guy. A nai do cinema ”, a cargo de Raquel García Rodríguez (Raquel Queizás). Ralizaranse dúas sesións. A actividade mestura a narración co teatro e o cinema ao redor da figura de Alice Guy-Blanché, primeira persoa en dirixir un filme de ficción, pioneira nos efectos especiais e na linguaxe cinematográfica (planos, iluminación, atrezzo, caracterización …), fundadora do que máis tarde se denominaría produción executiva. Tamén foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, cómica e maga.

Mércores, 9 de marzo: C.E.I.P. Mallón . Cartas con ciencia a cargo de “Donde viven los cuentos”. O fío condutor da actividade serán as cartas recibidas por Elena Ojea, veciña de Nigrán e licenciada en Ciencias Ambientais que recibiu o premio Muller Científica do IES Val Miñor. Darase a coñecer a súa figura como muller relevante na ciencia, a través de proxectos coma o Future Oceans Lab na Universidade de Vigo, un grupo de investigación sobre sistemas mariños e cambio climático. Cada carta terá coma remitente unha muller galega científica, poñendo en valor a súa profesión e loita pola igualdade.

Xoves, 10 de marzo: Escola Infantil ‘As dunas’: ‘As gafas violetas’ a cargo de Voltereta e Volvoreta.

Domingo, 13 de marzo Actuación musical “O Benquerer(se). No Auditorio Municipal ás 19:00 h. a cargo de Aldaolado. Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, Aldaolado falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara o empoderamento. Para isto parten de experiencias propias que aparecen nas historias e poemas, pero tamén chaman por mulleres que marcaron a nosa historia.