Despois do parón provocado pola pandemia, o Entroido do Porriño volve este ano ás rúas da vila para que as comparsas exhiban a súa creatividade e imaxinación. O Concello vén de facer públicas as bases que rexerán o tradicional desfile de comparsas dentro do programa de actividades do Entroido 2022.
Os desfiles terán lugar nas datas e horarios sinalados no programa de festas do Entroido, o sábado 26 de febreiro ás 18h e o e o martes 1 de marzo ás 18:30h, sempre e cando a situación sanitaria o permita e cun estricto cumprimento das medidas de seguridade sanitaria.
Tal e como recollen as bases, o prazo de inscripción abrirase o 10 de febreiro e as asociacións poderán inscribir as súas comparsas ata o día 18, ambos incluídos. Estas deberán formalizarse no Rexistro Xeral do Concello do Porriño.
Este ano os grupos optarán a premios de ata 1.000 euros, dependendo do número de componentes da comparsa (300 euros de 10 a 19 compoñentes, 550 euros de 20 a 39 compoñentes, 850 euros de 40 a 55 compoñentes e 1.000 euros de 56 ou máis comopoñentes). O importe máximo que se establece é de 13.950 euros polo que os premios se repartirán ata acadar esta cifra seguindo rigorosamente a orde de inscrición.
As bases poden consultarse na seguinte ligazón: https://oporrino.org/documentos/bases-do-desfile-de-comparsas-do-entroido-2022/.