A Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros anunciou o aprazamento do período de matrícula para os cursos gratuítos de formación informática a desenvolver nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela.
As matrículas para o primeiro módulo, do que Redondela oferta 8 prazas e Chapela 12, estaba previsto que comezasen o vindeiro 7 de febreiro pero atrasaranse unhas semanas mentres se resolve unha incidencia administrativa.
A Concellería adianta que se dará aviso da nova data de matriculación pola prensa e na propia web e o facebook do Concello de Redondela, así como das novas datas de celebración dos cursos xa que, no que fai referencia aos contidos dos mesmos, estes non mudarán.
Toda a información estará dispoñible na web municipal (www.redondela.gal) e se atenderán as consultas no mail [email protected].
Os cursos previstos son, entre outros, Alfabetización dixital Windows 10 e Internet, Mecanografía co computador, Tarefas de oficina con Writer e Calc, Aplicacións Google e Drive ofimática na nube, aos que se engade o servizo de Aula Aberta os venres: Seminarios de Subvencións co Concello e taller de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela.