Martes, 5 Agosto de 2025

Estes son os cortes de tráfico que haberá pola carreira “O Porriño 10K”

A Policía Local do Porriño informa dos cortes de tráfico e restricións de estacionamento que se establecerán este domingo, día 1 de maio, pola celebración da carreira “ O Porriño 10K”.

Desde ás 22:00 horas do sábado ata que finalice a proba deportiva queda prohibido estacionar e aparcar nas seguintes rúas:

  • Avda. de Galicia (carril de entrada de Mos ao Porriño).
  • Domingo Bueno (desde Aloques ata a gasolineira de Atios-A Guía).
  • Fernández López.
  • Manuel Rodríguez (desde o cruce de Pontenova ata a panadería Chinchina).
  • San Sebastián (desde Manuel Rodríguez ata a Praza de San Sebastián).
  • Leandro Diz.
  • Cando e Praza de Abastos.
  • Xogo da Ola.
  • Ramiranes (en sentido saída desde a praza central hacia LIDL).
  • Non se poderá circular polas rúas Pío XII e Fontevella durante a celebración da proba.

Nas mesmas rúas pecharase o tráfico rodado o domingo a partir das 9h.

A romaría da Picaraña volve esta fin de semana a Ponteareas

Despois de dous anos de parón pola situación sanitaria, a romaría da Picaraña prepara unha nova edición chea de actividades e diversión para todos os públicos e adaptada á nova realidade. O Concello organiza en colaboración coa Comunidades de Montes de Ponteareas, a Comunidade de Montes de Arcos e a Asociación Veciña de Canedo dúas xornadas de lecer dunha das celebracións que conta cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades.

O programa arrancará este sábado 30 de abril ás 17.00 horas cunha xornada de xogos de mesa e rol que dará paso ás 22.00 horas á ruta nocturna ‘Afina os teus sentidos e descubre a Picaraña!’, que sairá dende o merendeiro de Chans. Ás 23.59 h as e os apaixonados da astronomía poderán participar nunha observación do ceo nocturno que terá como punto de encontro a entrada do albergue xuvenil.

Como xa é tradición, as mozas e mozos poderán acampar esa mesma noite de forma totalmente gratuíta no recinto do albergue xuvenil da Picaraña, propiedade municipal. Para poder facelo e pasar a noite anterior á celebración da festa xa alí deberán inscribirse de forma obrigatoria na Biblioteca Municipal e aceptar as normas estipuladas para a acampada.

A xornada do domingo comezará con varias andainas, a partir das 10.30 horas dende as casas culturais de Arcos e de Prado e das 11.00 h dende o parque Luís Pardo de Canedo. Tras as rutas será hora de repoñer forzas co xantar popular, no que haberá polbeiro e postos de gastronomía. Ademais tamén haberá animación musical e xogos tradicionais, populares e deportivas para todas as idades pola tarde a partir das 16.30 horas.

Dende o Concello anímase a toda a veciñanza a gozar destas dúas xornadas de lecer único nun espazo natural como o da Picaraña.

A Deputación lanza a campaña “Na casa non quedo” para promover a vida saudable

A Deputación de Pontevedra anima a toda a poboación da provincia a poñerse do lado dos hábitos de vida saudables coa campaña “Na casa non quedo”, que foi presentada hoxe pola presidenta Carmela Silva. Farao mediante a distribución de 4.500 camisetas e chalecos rotulados con este lema que se comezarán a repartir entre as persoas participantes en distintas actividades ao aire libre organizadas pola Deputación nos ámbitos do deporte, do medio ambiente, da cultura ou da convivencia.

Unha vez eliminadas as restricións orixinadas pola pandemia, “con esta campaña, queremos facer un chamamento para que a xente salga dos seus fogares, desfrute do aire libre e realice actividades”, manifestou Carmela Silva. Deste xeito, a través de “Na casa non quedo” dende a Deputación “animamos á xente da provincia a abandonar os hábitos nocivos de non moverse e a poñerse en marcha ocupando o espazo público a pé, en bicicleta ou facendo actividades deportivas de todo tipo. Ademais, precisou a presidenta provincial, afoutamos á veciñanza a que coñeza a provincia con alegría”. 

Os primeiros chalecos, “que tamén inciden na seguridade” ao facer máis visibles ás persoas que os porten cando se realizan actividades nocturnas, serán distribuídos nas DepoAndainas (800), DepoRutas BTT (600), Depo Orienta (600) e Depo Auga (180). As camisetas chegarán nun primeiro momento ás persoas que participen nos Bosques terapéuticos (700), nos Roteiros literarios e nos de Arquitectura (350) e nas rutas ornitolóxicas de Voando nas Rías Baixas (100). Posteriormente se irán ampliando a outras actividades.

O Concello de Nigrán recupera este sábado a gala dos ‘X Premios Nigrán’

0

O Concello de Nigrán recupera este sábado 30 de abril a súa tradicional gala dos ‘X Premios Nigrán’ despois de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia. Como nas anteriores edicións, trátase dun acto público e institucional aberto á participación da veciñanza e arrancará ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. A presentadora Cristina Maró o conducirá e contará coa pianista Brenda Vidal, directora do Conservatorio de Música de Gondomar, e quen interpretará diferentes temas durante a gala.

Tal e como acordou unánimemente a corporación, nesta décima edición serán homenaxeados no eido social as asociacións veciñais e culturais ‘A Camoesa’; no educativo, ‘CEIP Humberto Juanes’; no empresarial, Bar Camoes; no deportivo, Asociación de Escolas de Surf de Patos; e no Cultural, Teatro do Ar. Igualmente, por vez primeira establecéronse tres mencións especiais: ao maquetista Feliciano Figueiró e aos hostaleiros retirados Horacio Gomes e Gustavo Vidal, fundadores do Venus e El Refugio del Pescador respectivamente.

O xa consolidado acto institucional pretende ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria dos galardoados. “Son entidades e persoas que co seu traballo, constancia e esforzo teñen contribuído a por en valor a Nigrán, facendo del un municipio máis amigable e do que sentirmonos orgullosos, por iso se merecen este recoñecemento, neste ano estamos ademais especialmente contentos por poder retomar a gala”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.

OS PREMIADOS

Cultural: TEATRO DO AR

Teatro do Ar é o soño dun grupo de mozos e mozas de Nigrán que, cando remataron a Educación Secundaria no CPI Arquitecto Palacios, decidiron crear unha compañía teatral onde expresarse libremente. Este ano cumpren 10 anos traballando pola cultura en Nigrán e cun futuro moi ilusionante. Ata o de agora xa levan case unha vintena de obras presentadas. Ademais, crearon este curso xunto ao Concello de Nigrán a primeira escola de teatro municipal. Acumulan varios recoñecementos destacados: finalistas dos premios Xuventude Crea 2020 e mención destacada nos Buero Vallejo de Teatro Joven 2021 que organiza Coca Cola. “Apostamos por un teatro propio para trasladar á toda a xente que nos ve a nosa forma de entender esta arte e o mundo que nos rodea”, explica o seu director e dramaturgo, Pedro Rodríguez. Traballan todos os xéneros e agora, ademais de preparar dúas obras novas para presentar durante este ano, están a organizar un forte programa de teatro social para facer a arte accesible. A súa gran calidade, iniciativa, compromiso e xuventude fainos máis que merecedores deste Premio Nigrán 2022.

Educativo: CEIP HUMBERTO JUANES

O CEIP Humberto Juanes é probablemente o centro educativo máis querido e popular do municipio por ter formado ao longo da súa Historia ao maior número de rapaces procedentes de todas as parroquias ao desaparecer as escolas unitarias nos anos 70. Actualmente compréndelle o termo de Nigrán e segue a ser o colexio máis numeroso cuns 400 alumnos. Este centro, ubicado no corazón do municipio, destaca sempre pola súa innovación pedagóxica pero, especialmente, pola súa apertura e compromiso coa sociedade que o rodea. Compre subliñar que o seu patio está aberto todas as tardes e fins de semana para aquel neno que desexe acudir a xogar, sendo realmente o gran parque de Nigrán. Igualmente, as súas instalacións acollen altruístamente actividades municipais como ximnasia acrobática e patinaxe ou o propio Banco de Alimentos do Concello. Grazas á iniciativa de toda a súa comunidade educativa conqueriron unha cociña municipal que o Concello ven de facer realidade para que así todos os colexios de Nigrán poidan beneficiarse dela prescindido do actual sistema de catering. E entre as súas múltiples actividades sobresae o tradicional intercambio con Manchester, sendo tamén pioneiros  neste sentido.

O  actual  C.E.I.P.  Humberto  Juanes  foi concebido,  no  1971, no  chamado “Plan  de  Urxencia  de  Galicia” co  nome  de colexio de  ‘Vilameán’  por  ser   este  o  barrio  de  Nigrán  onde  se  instalou. As  obras  comezaron  o  1  de  marzo  do  1972  e  remataron  o  30  de setembro  dese  mesmo  ano. A  xustificación  fundamental  para  a súa construcción foi  a  de  agrupar  diversas  unitarias  da  zona  nun  só  centro, enchendo as aulas desde o seu primeiro curso en 1973 alumnado de Camos, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue e San Pedro. Humberto Juanes, de quen leva o nome, foi o seu primeiro director e quen exerceu o cargo ata 1996/1997 (agás un curso escolar). Actualmente exerce como directora Cristina Fernández Piñeiro.

Empresarial: Bar Camoes

O ‘Bar Camoes’,  fundado nos anos 40 por Modesto Pérez Pena e Dolores Fernández Iglesias como taberna e tenda á vez na mesma localización actual na rúa dos Pazos, é o máis lonxevo da parroquia de Camos con tres xeracións xa ao fronte do mesmo. O seu neto Javier Figueiró Pérez colleu o testigo da súa nai en 1981, aínda que cando esta faleceu estivo uns anos sen funcionar. Durante moito tempo foi o único bar de todo Camos ao pechar outros tradicionais da zona como o de ‘Leopoldo’, o ‘Bodegón de Pepe’, ou o que tiña Copena (reaberto anos atrás).  Por este motivo, o ‘Camoes’ servíu como auténtico centro social e recreativo da parroquia, sendo unha verdadeira tradición dos homes de Camos ir a xogar as partidas de cartas ou dominó na tarde dos domingos. “O ambiente desa época xa cambiou, non se xogan case, pero segue a ser un lugar de reunión dos parroquianos, sobre todo homes”, adimite Javier, quen confesa que, precisamente, o trato coa xente é o que máis lle gusta. “É un traballo ameno porque van pasando persoas ao longo do día que che contan as súas historias e tes unha sensación de ir cambiando de escenario”, resume sempre cunha sorrisa.

Social: A.Veciños Camos e Centro Cultural ‘A Camoesa’

O Concello de Nigrán quere recoñecer o traballo e bo facer destas dúas entidades da parroquia de Camos por ser verdadeiros núcleos vertebradores da súa vida social, cultural e comunitaria, así como de defensa dos dereitos e intereses da parroquia e os seus veciños, destacando sempre a súa actitude  colaborativa.

A asociación veciñal foi constituída o 27/05/1979 co fin de defender  os valores culturais, históricos, sociais, humanos, ambientais e urbanísticos, (rúas, camiños, saneamento e abastecemento, iluminación, transporte público). Igualmente, traballa para a mellora das condicións de vida dos seus parroquianos, promove o  desenvolvimiento social, a participación veciñal e ofrece información  de todo tipo. Ademais, a entidade organiza a fogueira de San Xoan con sardiñada gratuíta e colabora con diferentes eventos organizados por outras entidades de Camos, como festas patronais, magosto, festivais, eventos gastronómicos…

A Asociación Cultural ‘A Camoesa’ dirixe o centro cultural construído pola  Cominidad de Montes Veciñais en Man común de  Camos e inagurado o 20/08/1994.  Nel organizan diferentes actividades, como Costura,  Calceta, Ioga, Zumba, Pilates,Aerobic,  Hip- Hop, Ballet infanti… Igualmente, en Decembro organizan a semana cultural con actuacións teatrais, musicais, humorísticas…  Ademais, ofrecen excursións e participan sempre en outro tipo de actividades organizadas ben desde o propio Concello, ben desde outras asoacións de Camos. Centos de veciños se ven beneficiados do seu bo facer, contribuíndo a aumentar a unión, a amizade e o sentimento de pertenza á parroquia.

Deportivo: Asociación de Escolas de Surf de Patos

A Asociación de Escolas de Surf de Patos naceu no ano 2018 e reúne á totalidade de escolas que traballan neste areal: Patos Surf, Prado Surf, Point Break, La Conservera e Dacss. O obxectivo co que naceu é o de coordinarse entre todas elas para remar na mesma dirección en beneficio de todos os usuarios da praia e, ao mesmo tempo, promover a cultura surfeira desta área de Nigrán e os seus valores asociados. Esta unión de forzas fixo que actividades que anteriormente organizaban individualmente agora sexan comúns: Patos Surfing Day, Papa Noeles surfeiros ou xornadas de limpeza no areal. Ademais, a través delas o Concello ofrece desde este ano, e por vez primeira na súa Historia, Surf como actividade municipal a un prezo simbólico, o que permite abrir esta disciplina deportiva a toda a veciñanza e gañar afeccionados desde a infancia. Igualmente, grazas a asociación, os escolares de Nigrán puideron gozar de bautismos de mar gratuítos. Compre destacar que  colaboran activamente en cada campaña do Banco Municipal de Alimentos e todas as causas solidarias que o requiran. A súa especial sensibilidade quedou plasmada o ano pasado organizando o Campionato de España de Surf Adaptado. Patos en Nigrán e Valdoviño na Coruña (municipios irmandados) son as dúas localidades pioneiras en Galicia na práctica do Surf, retrotraéndose a súa orixe a finais dos anos 60 e, en Patos, popularizándose xa por completo nos anos 90 coincidindo coa apertura da primeira tienda especializada en Vigo. Grazas a elas, o surf é actualmente o motor económico da zona de Patos, coa vantaxe de que é unha actividade totalmente desestacionalizada, beneficiosa para a saúde e que promove sempre os valores de máximo respeto medioambiental.

Mencións Especiais

Por vez primeira, o Concello de Nigrán establece tres mencións especiais: ao maquetista Feliciano Figueiró e aos hostaleiros retirados Horacio Gomes e Gustavo Vidal, fundadores do ‘Venus’ e ‘El Refugio del Pescador’ respectivamente.

Feliciano Figueiró, veciño de Camos, desenvolve incansablemente o seu traballo como maquetista afeccionado desde a súa xubilación. Polas súas mans pasaron a Sagrada Familia, as catedrais de Burgos ou León, La Peregrina, A Almudena, o propio Concello de Nigrán… Centos de obras que regala coa única condición de que sexan expostas nun lugar visible. A súa paixón xurdiu cando apenas contaba con trinta anos, durante a década na que estivo embarcado na mariña inglesa. Alí sobráballe o tempo e decidiu dar renda solta á súa habilidade sen ter ningún coñecemento previo de carpintería ou enxeñería. Cando regresou a terra, Feliciano abandonou unha afección que non volveu reaparecer ata a xubilación dando os seus maiores froitos.

Horacio Gomes e a súa esposa Rosario Iglesias, un matrimonio de emigrantes retornados de Francia, investiron en 1975 todos os seus aforros na compra dun espléndido solar fronte ao Concello de Nigrán para abrir a histórica  “Cafetería  Venus”. A estupenda acollida do negocio propiciou a súa rápida ampliación a Restaurante co famoso “ Bacalhau  á  Venus” como plato estrela, tan famoso que mesmo se chegou a mandar por mensaxería 24 horas a toda España. Nas súas mesas xestáronse moitas das negociacións que, durante a Transición, non ían adiante no  Concello: “á miña casa entraban de todas as cores, e todos se saudaban e respectábanse”. Entre os seus clientes ilustres, todos os alcaldes do municipio da etapa democrática, os presidentes da Xunta Gerardo Fernández Albor e Manuel Fraga, o ministro Javier Solaina, e outras moitas personalidades da vida social, económica e política local, que honraban a casa coa súa presenza. En 1982, impulsados polo éxito do restaurante e o notable auxe do turismo na zona, Horacio e Charo ampliaron de novo o seu servizo abrindo tamén no edificio un pequeno Hostal de 8 habitacións que, co tempo, pasaría a ser de 17 e a denominarse Pensión. En 1999, e despois 23 anos de servizo ininterrompido, retíranse da cafetería-restaurante, a cal -tras dous breves arrendamentos- pasa en 2004 a mans de Amador Domínguez, o seu xerente ata hoxe e propietario da pensión desde 2020.

Gustavo Vidal ‘Tavo’ pechou este ano as portas de ‘El Refugio del Pescador’ tras 40 anos adicados a este histórico restaurante do peirao de Panxón. En 1984 comenzou a súa andaina coa apertura dun pequeno establecemiento moi próximo ao Náutico nun local anexo á carpintería do seu pai Ricardo (nel se reunían os mariñeiros pero tamén os visitantes do verán) e que co paso dos anos se ampliaría con tres grandes salóns chegando a servir a 100 comensais ao día.

Creatividade con materiais de refugallo para nenos e nenas nas casas culturais ponteareás

O Concello de Ponteareas continúa levando actividades de lecer ás 24 parroquias da vila, nesta ocasión destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa. A Concellaría de Cultura pon en marcha un ciclo de obradoiros de xoguetes e xogos de refugallo dirixidos a nenos e nenas de 5 a 10 anos que se celebrarán nos distintos centros culturais ponteareás ao longo dos meses de maio e xuño.

A primeira actividades será o vindeiro martes 3 de maio no Centro Cultural de Celeiros, onde rapaces e rapazas poderán realizar diferentes obxectos con materiais de reboutallo. Trátase de “facilitar un espazo de entretemento para nenos e nenas e fomentar e estimular neles e nelas a creatividade co uso de restos que xa non se aproveita e que ían rematar no lixo, o que nos permite sensibilizar ás novas xeracións dun xeito divertido sobre a importancia de darlle unha segunda vida aos obxectos e de reducir o que desbotamos”, salienta o concelleiro, Fernando Groba.

A actividade, de balde, contará con prazas limitadas a un máximo de 15 participantes. As persoas interesadas poderán facer a reserva de praza no propio centro cultural.

‘Violencia Zero’ leva á reflexión o papel do matriarcado e a lacra do machismo na acción de Cristina Iglesias en Oia

0

Un grupo de mulleres de Burgueira, a parroquia de Oia, amosou o verdadeiro significado do “matriarcado galego” a través dunha nova acción do programa da Deputación “Violencia Zero, coordinada pola actriz Cristina Iglesias e que tivo lugar na Casa da Cultura. Así, nove mulleres puxeron en escena “O matriarcado da muller na cociña”, unha acción na que alzaron as súas voces sobre temas que elas consideran importantes e foron escoitadas por un público entre o que se atopaba a deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa.

Como antesala a esta peza, a actriz Cristina Iglesias sumouse a un dos encontros que estas mulleres realizan de xeito habitual para facer actividades e compartir experiencias. Alí reflexionaron sobre a súa forma de vida, moi ligada ao traballo no campo e aos coidados, e fixeron unhas pequenas prácticas teatrais que foron o xerme de esta acción escénica na que se preguntaron onde están os privilexios e cales son as realidades do matriarcado das mulleres galegas.

[su_image_carousel source=”media: 56715,56718,56717,56716″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As nove mulleres saíron á escena con cadanseu capacho con auga, un elemento que está moi relacionado co traballo no campo, pero que tamén serve como obxecto de descanso ao permitir poñer os pés a remollo nel tras as longas e arduas xornadas laborais ás que están acostumadas estas mulleres. Alí, nun entorno íntimo, reflexionaron sobre todas as tarefas que sistematicamente son encomendadas ás mulleres (coidados, labores do fogar…), sobre o matriarcado e o machismo instaurado que elas, con idades comprendidas entre os 65 e os 80 anos, padeceron ao longo das súas vidas. Falaron tamén do maltrato que se dá de xeito xeral entre os seres humanos e entre as persoas e o planeta e neste senso deron moita importancia ao coidado da contorna.

Tras as actuacións en Pontevedra, Vigo, Moraña, Silleda, Meaño, Forcarei, Agolada e A Lama esta foi a novena acción da VII edición de “Violencia Zero” coa que a Deputación continuará a expandir a loita feminista noutros dezanove concellos da provincia baixo o lema “Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven. Móvete con elas contra a violencia machista!”. Así, este ano o programa continuará visibilizando o talento das mulleres con propostas musicais, de teatro, danza, poesía, performance e outras iniciativas artístico-culturais en Caldas, Moaña, A Guarda, Fornelos, As Neves, Redondela, Salceda, Tui, Meis, Baiona, A Cañiza, Covelo, Barro, Rodeiro, Cambados e Vilaboa.

Tui celebrará este sábado o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade con 160 participantes do máis alto nivel

0

Este sábado, 30 de abril, celébrase o XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade en memoria de Moncho Martínez. Unha proba deportiva espectacular que reunirá en Tui a 160 pilotos de alto nivel entre os que estará Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos nacionais e internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín. Non faltarán á cita os galegos Pedro Gonzalo, Román Pérez ou Abel Carballés.

Unha das novidades desta edición será a saída dende o céntrico Paseo da Corredoira a partir das 14 h, e onde dende ás 9.00 h estará situado o aparcamento pechado. Así o explicaron esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente e o vocal do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira e Iago Araujo, respectivamente, e o director técnico da proba e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.

Así o alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalaba que Tui xunto á promoción cultural “outro dos grandes valores engadidos que ten é a práctica de moitísimas modalidades deportivas”. Nese senso indicaba que “estamos enlazando case todas as fins de semana eventos de tipo cultural con eventos de tipo deportivo” o que concluía “fala moito e ben das potencialidades deste concello. Amosaba o rexedor a gratitude e o recoñecemento ao traballo que levan feito dende o Moto Club Randufe “para que Tui sexa un dos referentes nun ámbito dunha práctica deportiva que ten moitísimos seguidores”. Remataba cunha invitación a presenciar a proba, amosando o seu convencemento en que traerá de novo moitos visitantes a Tui.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, destacaba esta mañá na presentación que “esta é unha proba moi ben organizada, segura e cunha participación alta e de calidade”. Salientaba tamén o edil que será unha edición moi especial ao ser memorial Moncho Martínez, e amosaba a súa gratitude ao Moto Club Randufe por apostar por este tipo de probas. Lembraba que o Enduro forma parte do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença, e destacaba coma tamén o sábado se celebra dentro deste calendario o RAID TT de Jeeps da Eurocidade en Valença.

Dende o club organizador, o Moto Club Randufe, o seu presidente Adolfo Pereira salientaba coma esta “é unha proba moi lonxeva que forma parte do Campionato Galego” engadindo que “estamos moi comprometidos con esta proba que é moi valorada e querida polos pilotos e pola afección”. Iago Araujo, vocal do club detallaba os case 100 quilómetros de percorrido que terán que realizar os e as pilotos cunha especial “Catro Camiños” e outra “Arquipedra” xunto a dúas trialeiras “Rocky Road” e “Gr” e avanzaba coma no tríptico editado recollen códigos coas localizacións para que o público poida disfrutar dos distintos tramos. A entrega de premios realizarase ás 21.30 h en Chan do Carrasco, onde estarán tamén as asistencias.

Javier Quintas, o director técnico da proba e representante da Liga Galega de Moto de Campo, destacou que este é un eduro “impactante pola alta calidade dos pilotos” coa presenza dun referente internacional e lenda do deporte coma Steve Holcombe, pero tamén con outros destacados pilotos nacionais e internacionais, xunto aos galegos. Afirmaba que “están todos os condicionantes para ter unha proba de moi alto nivel” e destacaba a Especial do aserradoiro coma espectacular.

O XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade está organizado polo Motoclub Randufe e a Liga Galega de Moto de Campo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Motociclismo. Este evento forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade e está confinanciado polo programa operativo Interreg Valença-Tui.

Redondela acolle a décima edición do FicAndaina (Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade)

0

Despois de  pasar por Moaña o venres 22 con pases nos institutos da comarca e proxección no salón de plenos do Concello, o FicAndaina (Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade) arrincou en Redondela con proxeccións para centros educativos nunha primeira xornada pola que pasaron polo multiusos da Xunqueira máis de 300 escolares , de Nigrán, Vigo e Redondela.

En dúas sesións, estes alumnos puideron gozar dos 2 bloques da sección oficial, donde puideron elixir a súa película favorita, que cos votos das demais sesións, decidirán o premio do público a mellor curta de Ficción. Do mesmo xeito, ademais das proxeccións, os alumnos asistiron a  charla de Miguel Rebouras, un mozo que despois de sufrir un accidente domestico, superou as súas dificultades a través do deporte, a pesar de ter que depender dunha cadeira de rodas para continuar coa súa vida.

Algún centro, incluso aproveitou o finalizar o evento, o espazo para abrir un coloquio entre eles e traballar sobre a  experiencia vivida. Na tarde do mércores, deuse paso a unha experiencia sensorial, donde os asistentes, puideron poñerse na pel dunha persoa cega e unha xorda, ante as súas dificultades para gozar de algo tan colidíano como ver unha película.

A organización facilitou a proxección dunha película con audiodescripción e una subtitulada  e con intérprete en lingua de signos, abrindo o rematar un coloquio, donde se contou coa participación de Oscar Proietti, miembro da ONCE que nos falou das dificultades coas que se atopou nun primeiro momento para adaptarse a sua nova situación, despois de haber perdido a visión total. A sua vez, tamén poidemos comprobar as diferentes axudas que hoxe en día existen para facilitar a sua vida diaria.

O xoves foi a quenda dos máis pequenos e os alumnos de primaria de  diferentes colexios de Redondela que se achegaron ao auditorio de Redondela para gozar do cine de animación sempre cun enfoque sobre a diversidade funcional.

O venres chegará de novo o quenda dos centros de secundaria e institutos de Redondela, Soutomaior, así coma centros de educación especial de Vigo.

Pola tarde, chegará un dos platos fortes do festival, coa proxección da película Valentina, gañadora do premio Goya 2022 ó mellor longametraxe de animación. A cinta, dirixida pola galega Chelo Loureiro, está producida integramente en Galicia e con colaboracións como a de Emilio Aragón nas cancións.

As entradas para a película Valentina e para as sesións da fin de semana, poden mercarse de maneira anticipada, polas mañas no propio Multiusos da Xunqueira, ou por Bizum a través da páxina asociacionandaina.com/entradas-fic-2022 

Redondela súmase ao programa ‘Pontevedra Recopila’

0

Redondela acolleu na mañá do xoves, 28 de abril, o inicio da campaña que a fundación Ecopilas levará a cabo en Pontevedra para facilitar que a cidadanía de 12 municipios da provincia que non dispoñen de puntos limpos poidan desfacerse correctamente das pilas e baterías usadas.

No acto de presentación desta iniciativa, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, estivo acompañada polo presidente de Ecopilas, José Pérez; o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez e alumnos e alumnas do CEIP Santa Mariña, ao ser unha campaña que vai ter unha importante presenza nos centros escolares.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou a importancia deste proxecto “que da continuidade ao traballo que este Goberno desenvolve na protección, conservación e mellora do medio ambiente como patrimonio de toda a veciñanza”. Rivas agradeceu especialmente a presenza “destes nenos e nenas que amosan, en todas as iniciativas medioambientais que realizamos dende o Concello, unha implicación e unha responsabilidade moi por enriba da súa idade”.

[su_image_carousel source=”media: 56702,56701,56700,56699,56698,56697,56696″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A alcaldesa puxo de relevo “o labor continuado” que desenvolve a Concellería de Medio Ambiente co obxectivo de que Redondela “poida seguir ofrecendo a veciñanza e visitantes, un entorno natural limpo, saudable e sostible”.

Pola súa banda, para José Pérez, presidente de Ecopilas, “cada vez máis cidadáns son conscientes da necesidade reciclar as pilas para evitar danos ambientais e aforrar materias primas. Con todo, non é suficiente cunha cidadanía sensibilizada, se non lles facilitamos e achegamos os medios que lles permitan contribuír a este labor. Coa campaña ‘Pontevedra Recopila’ -continúa Pérez- damos resposta a unha particularidade de Galicia, como é a dispersión poboacional que impide que todos os municipios dispoñan de puntos limpos, e ofrecemos a estes últimos un servizo de calidade de recollida e reciclaxe”.

A campaña ‘Pontevedra Recopila’, terá unha duración dun ano e permitirá crear unha rede de puntos de recollida destes residuos en centros públicos, colexios e comercios locais –nos que se instalarán contedores específicos– para facilitar así a súa retirada e reciclaxe, condicionados pola alta dispersión poboacional da rexión.

As pilas recollidas serán, posteriormente, trasladadas a plantas de tratamento autorizadas, permitindo a recuperación dos materiais reutilizables contidos nas pilas.

‘Pontevedra Recopila’ inclúe o desenvolvemento dunha campaña de concienciación sobre os beneficios ambientais da reciclaxe destes residuos e da importancia da colaboración da cidadanía para garantir o seu adecuado tratamento. Para iso, Ecopilas instalará unha carpa itinerante, onde ademais de recibir información por parte de monitores ambientais, os cidadáns poderán depositar as súas pilas usadas a cambio de material de merchandising da fundación ambiental.

Ponteareas aproba unha ordenanza fiscal para o comercio “máis xusta e equitativa”

O Concello de Ponteareas aprobou inicialmente en pleno a nova ordenanza fiscal reguladora da taxa de apertura de establecementos e de licencias de actividade, un novo regulamento que establecera unhas tarifas “máis xustas e equitativas” ao tempo que permitirá actualizar e modernizar os procedementos vixentes dando resposta ás necesidades presentadas polo comercio local ponteareán. Tras analizar as ordenanzas en vigor, fíxose un estudo “para buscar alternativas que aporten transparencia aos cálculos de custes de tramitación e baseadas en factores máis coherentes”, como salientou a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

Deste xeito, mentres que as regulacións vixentes tomaban o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) como referencia para calcular a taxa de apertura, a nova ordenanza basearase nos metros cadrados que terá o establecemento, sexa construído ou a ceo aberto, e diferenciando unicamente entre actividades que necesitan informe de impacto ambiental ou non. Tras a aprobación da ordenanza, os locais de ata 50 metros que non precisen avaliación ambiental pagarán unha taxa de 300 euros, aos que se sumará un euro por cada metro a maiores. Por contra, as actividades que deban ir acompañadas de informe de impacto ambiental pagarán 600€ ata os 50 m e un euro por cada metro a partir dese espazo.

O Goberno local tamén detectara nas dúas ordenanzas que actualmente regulan estas cuestións “un agravio no cambio de titularidade de licencias de actividades vixentes, supoñendo un custe para o novo titular moi similar ao dunha nova solicitude”. Para reparalo o novo regulamento contempla unha tarifa plana de 150 euros, común para o cambio de titularidade de todas as licenzas en vigor, independentemente da actividade e dos metros do establecemento.

“Con esta nova ordenanza poñemos fin a un regulamento desfasado que está prexudicando ao comercio local de Ponteareas e poñemos en marcha unha política fiscal non só cunha redistribución máis xusta, senón tamén máis transparente e accesíbel”, recalca a rexedora. Tras a aprobación inicial en pleno con 11 votos a favor e 9 abstencións, a normativa pasará a exposición pública durante 30 días tras a súa publicación no BOPPO, tempo no que se poderán presentar correccións e suxestións.

Con esta medida Ponteareas dá un paso máis para cumprir os requisitos marcados pola rede galega de Concellos Emprendedores á que está adherido o municipio dende 2020 e que traballa para unha maior simplificación administrativa, dar máis facilidades de acceso industrial e máis incentivos fiscais para favorecer o acceso ao solo empresarial.

Por outra banda, o Concello apoiou de forma unánime á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado Paradanta e a SOS Sanidade Pública na súa demanda de solucións para salvar o servizo de atención primaria. Cristina Fernández Davila recordou que “a situación sanitaria no noso municipio é insostible. Temos a 9.000 persoas sen médico ou médica de familia asignado que non poden solicitar cita por internet, non son atendidos no centro de saúde telefonicamente e que deben decidir por si mesmos se a doenza que padecen require unha visita a urxencias ou deben esperar tres ou catro semanas para unha receita ou unha consulta cun facultativo ou facultativa cada vez diferente”.

Unha situación de precariedade cada vez máis agudizada, xa que nestes intres tampouco se está a substituír ao persoal de baixa ou permiso do PAC, un servizo de urxencias que atende a máis de 50.000 persoas de Ponteareas e da comarca. “Temos os mellores facultativos e facultativas, pero están sobrecargados e mal retribuídos”, salienta.

Ante esta situación, o pleno aprobou instar á Consellaría de Sanidade a implantar de forma inmediata unha atención primaria digna con profesionais suficientes para atender ás persoas doentes; a implantar unha actividade hospitalaria con capacidade para atender ao 100% da cidadanía; a adoptar medidas estruturais para unha contratación digna que permita ofertar unha atención sanitaria de calidade; acabar coa precariedade laboral cun plan de mellora da atención primaria que redimensione os equipos multidisciplinares e a desenvolver instrumentos participación cidadá na sanidade para que a cidadanía exprese as súas necesidades.

Ademais, o Goberno municipal aprobou en pleno con 14 votos a favor e 5 abstencións o apoio á manifestación que se celebrará o vindeiro 12 de maio en Vigo baixo o lema ‘Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a sanidade pública’.

Entre outros asuntos, o pleno tamén deu luz verde por unanimidade á revisión e modificación das tarifas urbanas de taxi do concello de Ponteareas, unha medida solicitada polo propio colectivo e busca actualizar os prezos para “permitir unha razoable explotación do servizo, unha adecuada renovación da flota e prestar un servizo de calidade aos usuarios e usuarias”. Esta modificación reducirá o metros percorridos na percepción mínima, que pasará dos 1.500 actuais a 1.400, quedando conxelados o resto dos conceptos da tarifa, polo que a repercusión na veciñanza será mínima.

Novo curso do VI Plan de Formación de Covelo

0

O concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo de inscrición para o curso de  Xardinería que se desenvolverá do 18 ao 31 de maio.

Enmarcado dentro da segunda fase do VI Plan de Formación do Concello de Covelo, este curso contará cunha parte teórica e outra práctica cun total de 50 horas repartidas en 10 xornadas para capacitar nesta materia a 10 alumnos/as.

De 9 a 14 horas o alumnado de xardinería estudará e ademais porá en práctica os seus coñecementos arranxando e embelecendo a contorna da fonte da ponte de entrada á Covelo.

As persoas participantes adquirirán coñecementos de poda, plantación, coidados, mantemento de xardíns, manexo de maquinaria e ferramenta e prevención de riscos laborais, entre outros contidos. Os coñecementos adquiridos e o diploma obtido terase en conta e valorarase nas sucesivas bolsas de emprego do Concello.

Co obxectivo de mellorar o currículo das persoas, o Concello pon en marcha este novo curso despois de ter recollido a través dun proceso de participación ás necesidades formativas da veciñanza. Con isto, e analizadas as demandas do mercado laboral, o concello de Covelo realizará arredor de sete cursos no 2022 sumando un total de 36 cursos de formación ao longo destas seis edicións orientados a un mellor acceso á inserción laboral.

As persoas desempregadas que estean empadroadas terán prioridade pero no caso de quedar prazas tamén poderán participar persoas empadroadas en activo e persoas doutros concellos. A inscrición deberá realizarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello.

O VI Plan de Formación continuará ofrecendo novos cursos ao longo do ano co obxectivo “de facilitar a inserción laboral, mellorar o currículo das persoas e achegar formación de balde acorde coas demandas do mercado laboral á veciñanda do concello”, explica Lourdes Enes, concelleira de Formación e Emprego.

Remata a primeira fase da reforma da Praza do Calvario

0

A reforma integral da Praza do Calvario e a súa contorna avanzan a bo ritmo. O Concello vén de completar a primeira fase de execución desta transformación co soterramento de todas as canalizacións e a renovación das redes de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións, electricidade e alumeado. Un gran paso non soamente para a reorganización do espazo, senón tamén para a modernización de elementos. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca o grande avance das obras que “seguen a planificación prevista para seguir construíndo O Rosal das persoas”.

Ata o momento, os traballos centráronse na parte soterrada da praza, na que se levou a cabo a demolición e retirada das antigas tubaxes e canalizacións, que foron substituídas por novos materiais máis eficientes, resistentes, sostibles e acordes á normativa vixente e ás necesidades actuais da contorna da Praza do Calvario. En total, case 1.700 metros de tubaxe de todas as redes que supón, subliña a rexedora local, “a renovación das redes que estaban nun estado avanzado de deterioro por mor da falta de mantemento e renovación dende hai anos”.

En total foron 334 metros de colector de pluviais coa renovación das acometidas existentes, ademais de 284 metros do de saneamento e 230 m de canalización de abastecemento. Tamén se soterraron e renovaron 271 metros de canalización de alumeado e servizos enerxéticos, así como 213 m de rede eléctrica de baixa tensión e 360 metros soterrados das redes de telecomunicacións con 10 puntos de acceso.

Unha actuación na que o Concello tamén tivo presente a celebración da tradicional Feira do Viño, para a que se adecuaron as acometidas precisas para o seu desenvolvemento, ademais de atender ás necesidades de subministro eléctrico, recollida de residuos e distribución das casetas para esta cita anual.

Rematada esta primeira fase, a reforma da praza comeza agora os traballos en superficie. A primeira das actuacións consistirá na colocación do firme e o pavimento de pedra para despois continuar coa instalación do mobiliario urbano con bancos, papeleiras e alumeado, así como a adecuación das zonas axardinadas e zonas verdes.

A transformación da Praza do Calvario, que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros cofinaciados entre o Concello e a Deputación de Pontevedra, e para o que xa solicitaron tamén fondos europeos, suporá unha transformación integral deste entorno xerando espazos públicos para a veciñanza de alta calidade. O obxectivo é revitalizar a zona urbana e comercial a través dun deseño de praza unitario, atractivo e dinámico que poña en valor a historia da vila e o seu patrimonio.

As persoas interesadas poden xa consultar o proxecto íntegro de reforma na páxina web do Concello.

O Porriño adhírese a un convenio de xestión da biomasa para loitar contra os incendios forestais

O Concello do Porriño adhírese ao convenio de Xestión da Biomasa suscrito pola Xunta, Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais.

A propagación de incendios forestais afecta a nosa riqueza ambiental e paisaxística e tamén ás actividades agroforestais que se desenvolven no monte. Asimesmo, ameazan a seguridade das persoas e dos bens.

“Para loitar contra os incendios forestais é necesario facilitar aos particulares o cumprimento das súas obrigas de manter limpos os montes”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Antía Carrera, “Especialmente nas áreas máis sensibles, aquelas que abarcan o perímetro os terreos forestais e os núcleos de poboación habitados”.

O referido convenio establece facilidades para os titulares de montes que se comprometan co sistema, como o abono dunha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea cada ano para a xestión da biomasa nos seus terreos.

A edil, explicou que unha vez formalizado o acordo o Concello do Porriño informará nas diferentes parroquias as zonas afectadas e como proceder.

Crece a preocupación en Arbo ante a decisión do Goberno Central de manter o trazado da liña de alta tensión polo concello

0

Dentro da Planificación Eléctrica 2021-2026 aprobada polo Consello de Ministros no mes de marzo, a Interconexión España – Portugal figura recollida dentro das prioridades do Goberno de España e teñen previsión de poñela en servizo antes de 2024, polo que o Partido Popular de Arbo, presentou o 25 de marzo de 2022 unha moción ao pleno para aprobar o rexeitamento a que trazado algún pasase polo municipio de Arbo.

O Pleno de data 28 de marzo de 2022 aprobou a moción presentada polo Partido Popular de Arbo e adoptou, por seis votos a favor, do alcalde-presidente e os dos cinco concelleiros do grupo municipal do PP, e coas catro abstencións dos concelleiros do grupo municipal de AGRELAR, no que se recollían as seguintes propostas: Rexeitar calquera trazado de Interconexión que afecte ao termo municipal de Arbo, preguntarlle ao Goberno de España se admite a posición unilateral de Portugal sobre o proxecto referido á LAT 400kV, en especial no referente ao punto de conexión con Galicia-España, instar ao Goberno de España a que achegue un trazado alternativo que non prexudique aos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, instar tanto á Deputación de Pontevedra como á Xunta de Galicia a realizar estas mesmas solicitudes ante o Goberno de España e instar aos partidos políticos galegos con representación, tanto no Congreso como no Senado, a presentar iniciativas para que o Goberno de España teña en conta os dereitos dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves.

O Partido Popular na súa moción apela a facer unha fronte común desde Arbo e desde Galicia na defensa dos intereses e dereitos da veciñanza. Precisamos dunha resposta unánime de todos os axentes públicos e sociais de Arbo.

“Tendo en conta que a decisión final sobre o proxecto depende do Goberno de España, desde o Concello de Arbo seguiremos insistindo en que se debe escoitar aos veciños da vila que din non a esta liña de alta tensión”, informa o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

O BOE do martes 26 de abril de2022, publicaba a resolución de 8 de abril de 2022, da Dirección General de Calidade y Evaluación ambiental do Goberno de España, pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto “Interconexión norte con Portugal”.

Á vista das últimas novas publicadas no BOE o 26.04.2022, o alcalde de Arbo, Horacio Gil, mantivo unha reunión a día de hoxe con representantes de ambas as dúas asociacións de afectados para fixar a folla de ruta a seguir, na  que se acordou solicitar unha reunión á Subdelegación do Goberno e ao Ministerio de Transición Ecolóxica a que acudirá o alcalde e un representante das asociacións de afectados.

O rexedor da vila mostra un profundo pesar e preocupación e manifesta que “seguiremos apoiando aos veciños e de Arbo e insistindo en que os arbenses non queren que ningún trazado pase polo noso territorio. Contamos co apoio explícito da Xunta de Galicia, aínda que a decisión é do Goberno de España, tal e como se lle ten traslado ao alcalde, que mantén un contacto permanente coa administración autonómica, así como un espírito colaborativo e de unión tanto co concello das Neves como cos municipios do norte de Portugal que tamén están afectados”.

O Concello acolle “con moitas reservas” o anuncio da implantación do Bacharelato de Artes en Redondela

0

O Concello de Redondela vén de acoller “con reservas e escepticismo” o anuncio realizado pola Xunta de Galicia sobre a implantación do Bacharelato de Artes no municipio para o vindeiro curso que, “se ben da resposta ás continuas e insistentes demandas que levaba facendo a Federación de ANPAS de Redondela e o propio Goberno local, non aclara nin prazos, nin lugar para poñelo en marcha”.

Digna Rivas amosase escéptica sobre tal anuncio “toda vez que a matrícula para o vindeiro curso xa está pechada e moitos mozos e mozas, que tiñan a intención de estudar o Bacharelato de Artes, formalizaron a súa matrícula en Vigo, Mos ou Pontevedra ou, ante a falta de posibilidade de desprazarse, optaron por outras especialidades”.

“As mozas e mozos de Redondela non son de segunda categoría e, como Goberno de todas e todos, non imos consentir que se lles trate como tales”, afirma con rotundidade a alcaldesa redondelá quen, en todo caso, considera “estraño” que a pesar de terse anunciado a posta en marcha do Bacharelato de Artes “a estas alturas non saiba “nin como, nin onde, nin cando e, nin tan sequera si será en horario de mañá ou tarde”.

Digna Rivas lembrou que o Goberno local “apoiou, apoia e apoiará as xustas reivindicacións das Federación de ANPAS coas que traballamos conxuntamente para que os mozos de mozas de Redondela poidan contar con este bacharelato que, curiosamente, teñen noutros concellos de menor entidade que o noso”.

Doutra banda, a alcaldesa de Redondela considera “absolutamente lamentable e vergoñento” que logo de desatender as insistentes peticións de reunións formuladas pola Federación de ANPAS coa Consellería para tratar de buscar unha solución a este problema “o conselleiro opte por ningunear ás afectadas e afectados e opte por reunirse co PP local para trasladarlle a nova”. “Asemella que as eleccións municipais xa están no horizonte e hai que empezar a vender logros, aínda que, como é habitual, sexan só fume” engade Digna Rivas.

“A falta de cortesía e lealdade institucional para con este Concello é algo a que nos ten acostumados a Xunta de Galicia pero, ata o de agora, nunca o tiñan feito faltándolle tamén ao respecto ás nais e pais representados pola Federación de ANPAS”, puntualiza a rexedora local redondelá quen insiste en que o Concello “seguirá da man das ANPAS ata que consigan o que por dereito e por importancia do municipio lles corresponde”.

Baiona ilumina de laranxa e verde a fachada do Concello polo Día Nacional da Fibrose Quística

0

A facha do Concello de Baiona iluminouse este mércores, 27 de abril, de cor laranxa e verde con motivo do Día Nacional da Fibrose Quística.

A fibrose quística é unha enfermidade crónica e hereditaria dexenerativa que afecta principalmente os pulmóns e ao sistema dixestivo. Coa iluminación da fachada, a pedimento da Asociación Galega de Fibrose Quística, preténdese dar visibilidade a esta enfermidade e conseguir unha verdadeira sensibilidade social.

Cabe lembrar que esta iniciativa, do mesmo xeito que outras similares, enmárcase no compromiso que mantén o Concello de Baiona á hora de apoiar aos grupos de axuda mutua no seu labor de promoción da saúde das persoas afectadas por algunha enfermidade e as súas familias.

Tomiño conmemora o Día Internacional da Danza con “Antes de que llegue la bestia”, o último traballo da Compañía Ensalle

0

Antes de que llegue la bestia”, o último traballo da COMPAÑÍA ENSALLE, é a obra seleccionada pola Concellalía de Cultura para conmemorar o Día Internacional da Danza (29 de abril) en Tomiño.

Esta obra multidisciplinar combina linguaxes coma o teatro, a danza e o audiovisual, e contén un transfundo socio-político inherente ao quefacer escénico da compañía. 

A peza escénica que poderase ver este sábado ás 21 horas no Auditorio de Goián, ten unha duración de 60 minutos, e  conta coa colaboración do colectivo audiovisual“Terrorismo de autor”.

“Besta é a palabra clave da peza. A “besta” política e económica, a “besta” social, o que deixou a “besta” nos nosos corpos, a miña “besta”, explican os autores da obra. “A mirada sitúase no contexto socio-político actual: como está construído o sistema no que vivimos, como nos afecta, como nos relacionamos con el, como podemos evidenciar á “Besta”, como podemos destruír a evidencia”, engaden.

ENSALLE é unha  compañía de creación contemporánea nada en Madrid en 1995 e asentada en Vigo dende 2003. As súas creacións, son o resultado dun traballo de continuidade e en evolución permanente, levando á escena propostas que mesturan linguaxes cun contido socio-político e vital. As súas creacións foron presentadas en espazos e festivais ao longo de toda de España, México, Chile, Arxentina, Uruguai, Portugal, con grande éxito.

  • Data: Sábado 30 de abril
  • Hora: 21h
  • Idade: Público adulto, a partir de 16 anos.
  • Lugar: auditorio de Goián
  • Prezo: 5€

O pleno do Concello da Cañiza aprobará o proxecto de recuperación do entorno da ponte das Achas

0

No Pleno Extraordinario deste 28 de abril aprobarase o Convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a execución deste proxecto por un importe de 411.015,58 €, dos que están subvencionados polo organismo provincial o 70 %, un total de 287.710,91 €. O Concello asume con fondos propios o 30 % restante: 123.304,67 € distribuídos en dúas anualidades.

A sinatura deste convenio converte en realidade a xestión realizada polo Alcalde ante a Deputación que preside Carmela Silva, coa redacción e execución dun proxecto moito máis ambicioso e integral do que se solicitaba inicialmente. Ademáis da recuperación da ponte románica de Achas, a Deputación recuperará a súa contorna, un total de 560 metros que coincide con todo o tramo vello da estrada provincial EP-5002.

A execución deste proxecto dará resposta a unha reivindicación das veciñas e veciños das Achas e da Cañiza que leva enriba da mesa máis de 30 anos. Por iso Luis Piña agradece á Deputación e a súa Presidenta  o apoio a esta actuación.

Por outra banda o Alcalde afirmou que antes de poder asinar este Convenio ,que se aprobará no Pleno de mañá, era necesario ter a disposición do Concello os terreos afectados pola obra de recuperación. Un pequeno tramo lindante co vial da EP-5002 que grazas á cooperación dos veciños conseguiuse ceder en menos de 15 días.

Luis Piña salientou a colaboración destes veciños e agradeceu a implicación de todos eles con este proxecto ao asinar e ceder gratuitamente as parcelas. Un  xesto que posibilitará que a obra se axilice.

A SINATURA DESTE CONVENIO PERMITIRÁ DESENVOLVER UNHA ACTUACIÓN INTEGRAL EN TODO O TRAMO ANTIGUO DA PONTE DE ACHAS E A SÚA CONTORNA

O proxecto elaborado pola Deputación para o acondicionamento dos 560 metros entre os núcleos das Achas e a Ponte, prevé unha actuación integral para a mellora da seguridade viaria entre estes dous núcleos, recuperando ademais os valores patrimoniais da ponte das Achas, substituindo o firme de asfalto actual por pavimento de lastra de granito e as actuais varandas metálicas por un peitoril de pedra de 110 centímetros de altura.

Ademáis e segundo se recolle no Convenio, no núcleo das Achas proxéctase unha zona de convivencia de tráfico rodado e peonil mediante unha plataforma elevada de formigón de cor gris escura, previo saneo do pavimento existente.

 O embelecemento da zona consistirá tamén na pavimentación con lastras graníticas dos sobreanchos da estrada. No contacto dos novos pavimentos coas vivendas disporase unha cenefa con lousas graníticas rectangulares. Ademais, enlazando coa plataforma elevada de preferencia peonil proxéctase unha senda ao longo da marxe dereita de 2,50 metros de ancho medio.

Ata a zona da depuradora disporase unha cuneta de formigón practicable entre a senda e a calzada, que funcionará tamén como rega para as parcelas lindeiras. A drenaxe solucionarase en ámbolos dous treitos da senda cunha canalización soterrada de PVC de 400 mm de diámetro.

O proxecto, que inclúe tamén a aplicación dunha nova capa asfáltica, prevé que a circulación do tráfico rodado no acceso ao núcleo da Ponte quede restrinxido ao sentido de Oeste a Este. Con este fin ampliarase a zona verde existente na intersección e disporase unha sebe vexetal de buxos no linde coa senda.

Tamén se contempla o alumeado da senda con novas luminarias led sobre columnas de 9 metros. Ademais se soterrarán as liñas de enerxía eléctrica e telefonía. A obra complétase coa disposición ao longo da actuación de banco de granito e asento de pedra.

O Concello de Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz este sábado

0

O Concello de Nigrán súmase á celebración do Día Internacional do Jazz este sábado convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’, dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz 2022 na súa XVI edición. O prazo de presentación de propostas comeza o propio 30 de Abril (Día Internacional do Jazz) e remata o domingo 29 de maio de 2022. As bases completas poden consultarse na web do Concello ou na propia Casa Consistorial. O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.

Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas propias bases, poidendo enviarse as propostas por correo electrónico, por Rexistro ou Correos, seguindo as indicacións facilitadas na convocatoria.

“O Concello de Nigrán mantén unha vinculación estreita co mundo do jazz a través da súa programación cultural e estamos moi orgullosos, por iso queremos un ano máis conmemorando o Día Internacional do Jazz abrindo o prazo de participación deste concurso que une música e deseño baixo o paraugas deste xénero musical”, explica o alcalde, Juan González, quen incide nas virtudes desta música internacional “tamén como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos”.

Novo horario de atención á cidadanía da Oficina de Biorresiduos e compostaxe en maio

0

A Oficina de Biorresiduos e compostaxe do Concello de Tui, situada no Centro Municipal de Formación en Guillarei, terá a partir do 5 maio horario de atención á cidadanía os xoves 10 a 14 h.

Deste xeito, con este horario fixo semanal, búscase prestar unha atención máis personalizada e mellorar o servizo non tendo que concertar cita previa para realizar calquera das xestións nesta oficina de compostaxe municipal.  Así as persoas interesadas poderán achegarse os xoves á oficina a solicitar un composteiro individual ou aireadores, así coma caldeiros para a compostaxe comunitaria, recoller material estruturante e resolver as dúbidas sobre a xestión de residuos e o proceso de compostaxe.

Por outra parte, tamén no mes de maio, comezarán as charlas informativas nas parroquias tudenses para explicar o Plan Municipal de Compostaxe. Nas mesmas as persoas interesadas poderán obter un composteiro individual complementando no momento o impreso de solicitude.  As primeiras charlas terá lugar o venres, 6 de maio, ás  20 h no Centro Cultural de Pexegueiro, e ás 21.30 h no Centro Cultural de Areas.

Os ‘Círculos concéntricos’ de Iria Supertramp, este venres 29 na biblioteca municipal

0

Abril remata no Rosal cedendo de novo o protagonismo aos libros. Este venres día 29 a biblioteca municipal será o escenario que acollerá a presentación da obra ‘Círculos concéntricos’, de Iria Supertramp, un libro que case é unha biografía en forma de espiral e de peixe que morde a súa propia cola, debuxando feridas cíclicas que tentan pecharse para dar paso a outras novas.

A autora da obra agóchase baixo o pseudónimo de Iria Supertramp, un alter ego creado a partir dunha película sobre o abrupto de liberar o eu interno, sobre a busca insaciable da esencia, sobre a sede da alma contada dende os días de seca. Detrás del atópase unha rapaza galega que algunha vez forzou a metáfora no camiño sinuosos de estudar interpretación e traballo social e que, pouco a pouco, vai atopando o seu sitio no mundo poético.

O acto comezará ás 19.00 horas, será de balde e contará coa colaboración da Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal.

Angoares rende homenaxe a un dos seus veciños ilustres, o poeta ponteareán Alfonso Pexegueiro

Angoares quere render homenaxe a un dos seu veciños ilustres, veciño do Cabalón e encargado de levar o nome da parroquia polo mundo no seu cantar, o poeta Alfonso Pexegueiro González. A Asociación de Veciños e Veciñas de Angoares, en colaboración co Concello de Ponteareas, organiza este sábado 30 de abril ás 19.00 horas un acto na Casa Veciñal no que o autor e a súa obra serán os grandes protagonistas.

Nado na parroquia ponteareá en 1948, o escritor e poeta comezou a súa andaina literaria en 1975 coa creación do grupo de comunicación poética ‘Rompente’, participou na ruptura poética dos anos 70 e, en 1980, fundou xunto con outros autores e autoras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, encontros de autoras e autores vascos, cataláns e galegos.

Da súa obra poética cómpre salientar ‘Seraogna’, un libro anovador publicado en 1976 e considerado pola crítica como precursor dos novos rumbos que seguiría a creación poética galega, e ‘Mar e naufraxio’, co que obtería o Premio da Crítica Galicia en 1978. No campo da narrativa publica ‘Relatos para salferir’ (1981 e ‘Destinos dun maldito’ (1991), continuando o seu labor poético na derradeira década do século XX con ‘Serán os cisnes que volven?’ e ‘Hipatia’.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza da parroquia e da vila a participar nesta merecida homenaxe a un dos escritores insignes de Ponteareas, “capaz de unir dun xeito único nos seus versos e na súa prosa o compromiso ético coa harmonía estética”.

Amelia Tiganus presenta na Guarda o seu novo libro

0

O Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.

Na xornada deste mércores día 27 de abril o Salón de actos do IES A Sangriña da Guarda  acolleu unha charla a cargo de Amelia Tiganus, que contou coa asistencia de Fátima Rodríguez, Concelleira de Igualdade e que estivo dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña.

Mañá xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro” La revuelta de las Putas”.

Esta actividade no Centro Cultural da Guarda require dunha inscrición previa en https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile

Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.

Publicou varios artigos, un comic titulado “ Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar ‘La revuelta de las putas’ e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.

Das súas  aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa  Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta – onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.

Tiganus deixa claro que: «Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente».

Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría “Superación”.

Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas.

Baiona convoca a III edición de “O Enxeño engaiolado”

0

Con motivo do día Internacional do Libro, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura e do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, convoca a III edición do Concurso de Relato Curto e Conta Infantil “ O Enxeño Engaiolado”.

“Esperamos que os veciños e veciñas de Baiona anímense a participar e demóstrenos todo o seu talento neste concurso que naceu durante o confinamento, por este motivo ten este título tan especial. Con esta terceira edición pretendemos seguir incentivando e premiando a capacidade artística, literaria e creativa dos participantes, e contribuír con iso ao desenvolvemento e implicación dos baioneses para que deixen voar a súa imaxinación”, comenta a concelleira de cultura, Miriam Costas.

Na categoría de relato curto, o certame está aberto á participación de todas as persoas maiores de 16 anos que deberán presentar un relato breve cunha extensión comprendida entre 1.500 e 4.500 palabras. En canto á de conto infantil, poderán participar as persoas de entre 12 e 16 anos que deberán presentar unha historia cunha extensión mínima de dous folios e máxima de catro.

Os participantes de ambas as categorías deberán realizar os escritos a dobre espazo en Arial de 12 puntos. Os orixinais que deberán ser inéditos, poden estar escritos en galego ou castelán. Os orixinais enviaranse por correo electrónico á dirección [email protected] en formato PDF e asinados cun pseudónimo. Nun correo aparte co mesmo pseudónimo, enviarase outro arquivo cos datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, DNI e teléfono). O prazo para presentación de traballos, abriuse o sábado 23 de abril coincidindo co Día do Libro, e permanecerá aberto ata o 30 de setembro do 2022.

O xurado, composto por especialistas no ámbito bibliotecario e literario, concederá aos gañadores na categoría de relato curto tres premios consistentes en cheques-librería trocables en librerías de Baiona ata o 31 de decembro de 2022. O primeiro premio consistirá nun vale de 300 €; o segundo premio, 200 € e, finalmente, o terceiro premio, 100 €. En canto á categoría de conto infantil, entregarase un único premio de 100€.

As obras gañadoras publicaranse na páxina Web do Concello de Baiona: www.baiona.gal.

O fallo do xurado farase público no Concello de Baiona e na Biblioteca o día 19 de outubro de 2022. Ese mesmo día comunicarase a forma de entrega dos premios.

V xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos

0

O Concello de Covelo convida a participar na quinta xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos que, de xeito excepcional, será este sábado día 30 de abril. As persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.

As xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos están organizadas polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra (liña de subvención Plan Concellos para o ano 2022).

As visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural, que tamén ofrece as rutas do Museo Pazo da Cruz e as de observación das estrelas, da man da Asociación Galega de Astronomía.

A organización ofrece a oportunidade de visitar este espectacular serradoiro nos seguintes tramos horarios: de 10 a 11:30 horas, de 12 a 13:30 horas, de 14 a 15:30 e de 16 a 17:30 horas. As inscricións poderán realizarse a través do número de teléfono 654 500 652 e cada grupo terá un máximo de 25 persoas participantes. Recoméndase seguir facendo uso de mascariñas e xel desinfectante ademais de manter a distancia de seguridade pola COVID-19.

O Concello de Covelo oferta esta actividade guiada totalmente de balde dentro da programación anual que permite á cidadanía gozar dunha oferta de lecer estable e organizada.

As rutas do Museo Pazo da Cruz

As rutas do Museo Pazo da Cruz son guiadas polo propietario e director do Museo Etnográfico Pazo da Cruz, Maximino Fernánndez Sendín.  Con saída dende a praza Mestre Cerviño na que se explicará a historia e principais características do Cruceiro dos Aflixidos de Cerviño,  a continuación visita  ó Museo Etnográfico Pazo da Cruz en A Hermida, á Casa Leónides en A Graña, ós Chozos da Serra do Suído e á Capela da Xestosa. O desprazamento realizarase en autobús.

O serradoiro dos Carranos

O serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para movela serra e foi construído aproximadamente no 1922, coincidindo curiosamente coa construción da central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. A súa construción fíxose en pedra e escavando a rocha do lugar aínda que despois foi reconstruido en ladrillo. O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o aserradeiro propiamente dito, un sequeiro e almacén de Madeira, unha pequena forxa e un pequeño almacén. Tamén podemos apreciar un pequeno forno para a queima de residuos e os raís para o transporte de madeira ata o interior do serradoiro. A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o nome o serradoiro e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí.A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación  xa que se sitúa á beira do camiño empedrado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.

http://www.concellodecovelo.es/carranos/index.html

Observar as estrelas

Para as/os interesadas/os nas experiencias de observación das estrelas en plena natureza, ofrécense saídas dende a Igrexa de San Salvador de Prado para facer parte da Ruta de As Estrelas ata a Serra do Faro na parroquia de San Salvador de Prado, onde se atopa o miradoiro e observatorio astronómico Alto do Castelo, recentemente declarado paraxe Starlight. As e os participantes poderán contar con telescopios adecuados e coas explicacións de técnicos  da Asociación Galega de Astronomía.

Mos acolleu esta mañá o XXVI Campionato Galego de Natación Adaptada

0

A Piscina Municipal do Pavillón Óscar Pereiro foi esta mañá, desde as 10.30 horas, esceario do XXVI Campionato Galego de Natación Adaptada. Trátase dun evento deportivo organizado pola Federación Galega de Deporte Adaptado co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego e o Concello de Mos.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros mosenses de Deportes e Política Social e Igualdade, José Areal e Sara Cebreiro, respectivamente apoiaron e estiveron presentes esta mañá no campionato.

Desde a organización comentan que nesta 26 edición do campionato a participación é inferior que antes da pandemia da COVID-19 (cando podían chegar ata 200 participantes), sen embargo, contaron cun número total de nadadores inscritos de 70, unha cifra nada desprezable. Trátanse de nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 14 e máis de 50 anos e con diferentes discapacidades intelectuais. As categorías de participación no campionato divídense en 3, dependendo do grao de discapacidade.

A categoría Competición, que se rexe polas mesmas normas que o deporte convencional. A categoría Adaptada, na que se adaptan lixeiramente as normas á condición dos nadadores. E a categoría Xogo, para os deportistas con maior dificultade, que dispoñen de máis licenzas ou permisividade na competición.

Os participantes na Piscina Municipal mosense foron na súa maioría das categorías Adaptada e Xogo, e forman parte de 9 clubes: Aceesca, Asdan, Aspanaex, Disfunga, EVD Galicia, Juan XXIII, Méndez Núñez, Saiar e Club Natación Ponteareas. As mosenses Escravas da Virxe Dolorosa participaron con 3 nadadoras.

A importancia do Deporte Adaptado radica en promover obxectivos como a auto-superación, mellora da auto-confianza, empregar sanamente o tempo libre e o lecer, promover o deporte como estilo de vida e establecer o deporte como medio de integración, ao tempo que se melloran as cualidades perceptivo-motoras dos deportistas que o practican, que ademáis adquiren e perfeccionan as súas capacidades condicionais e coordinativas.

O deporte adaptado mellora as funcións físicas, motoras, sensoriais, psicolóxico-persoais, sociais, de integración, de comunicación e mentais. Ten funcións recreativas que facilitan as relacións sociais e o protagonismo como medio de afirmación persoal. Competitivas: un gran reto, os deportistas síntense admirados, aumentando así a súa autoestima e eliminando os sentimentos de marxinación. E de integración social a través das relacións coa comunidade. Tamén o deporte e a actividade física pode desenvolver un sentimento de liberdade para as persoas con capacidades diversas e permitir unha manifestación de infinidade de emocións que necesitan mostrar tales como: a ira, a confusión, a angustia, a desilusión ou a frustración entre outras, así como o medo ou a alegría de enfrontarse a novas situacións por experimentar.

A continuación detállase o máis destacado da clasificación:

25 LIBRES

CATEGORÍA XOG-15M

1º ASIER GONZÁLEZ BORRAS MENELA 01:55:90

CATEGORÍA XOG+15

1º Mª DOLORES CAMPOS RIVERA ASPANAEX 00:51:20

2º OLALLA DÍAZ MARTINEZ MENDEZ NUÑEZ 00:52:50

3º ANA ISABEL CARRO PELLEJERO MENDEZ NUÑEZ 00:54:60

4º CONCEPCIÓN FERNANDES MACIEL ESCLAVAS 00:56:10

5º LUCÍA MARTÍNEZ ROMERO ACEESCA 01:01:40

6º MERCEDES PADÍN DEIRA ESCLAVAS 01:33:80

7º PILAR CAMINO SEOANE SAIAR 01:42:70

8º BEGOÑA GARRIDO IGLESIAS SAIAR 01:47:60

9º MARÍA LUSTRES CARREGAL SAIAR DESC

10º Mª FLORIPES FERNÁNDEZ LOSADA ESCLAVAS M(00:38:60)

CATEGORÍA XOG+15M

1º HIPÓLITO ROMERO SANANDRES ACEESCA 00:47:60

50 LIBRES

CATEGORÍA ADP+15F

1º Mª DE LOS ANG SINEIRO SUEIRO MENDEZ NUÑEZ 01:17:50

CATEGORÍA ADP+15M

1º EVARISTO GONZÁLEZ GÓMEZ ASPANAEX 01:05:40

CATEGORÍA COM+15F

1º LOIRA FERNÁNDEZ GUARDIOLA CN PONTEAREAS 00:48:70

CATEGORÍA COM+15M

1º MAURO RODRÍGUEZ BALIÑA CN PONTEAREAS 00:36:90

50 ESPALDA

CATEGORÍA ADP+15F

1º Mª TERESA CABANELAS GONZÁLEZ JUAN XXIII 01:40:70

CATEGORÍA ADP+15M

1º FRANCISCO MARTÍNEZ SÁNCHEZ ASPANAEX 01:15:30

CATEGORÍA COM+15F

1º IRENE RODRÍGUEZ-TOUBES FORRYAN CN PONTEAREAS 01:04:30

CATEGORÍA COM+15M

1º ANDRÉS DA SILVA ALONSO MENELA 00:42:40

50 BRAZA

CATEGORÍA ADP+15M

1º RAFAEL LLECHA GALIÑANES MENDEZ NUÑEZ 01:27:70

CATEGORÍA COM+15F

1º IRENE RODRÍGUEZ-TOUBES FORRYAN CN PONTEAREAS 01:14.30

CATEGORÍA COM+15M

1º LORENZO BOTNARI ZAVTUR DIFUNGA 00:53:30

100 LIBRES

CATEGORÍA COM+15F

1º LOIRA FERNÁNDEZ GUARDIOLA CN PONTEAREAS 01:56:20

CATEGORÍA COM+15M

1º LORENZO BOTNARI ZAVTUR DIFUNGA 01:31:80

100 ESPALDA

CATEGORÍA COM+15F

1º Mª TERESA BLANCO GULIAS MENDEZ NUÑEZ 02:35:70

CATEGORÍA COM+15M

1º JORGE ABALO DIZ SAIAR 01:58:20

100 BRAZA

CATEGORÍA COM+15F

1ºMª JOSÉ GUNTÍN MIRANDA ASPANAEX 03:35:90

CATEGORÍA COM+15M

1º IVÁN LAGO GONZÁLEZ CN PONTEAREAS 02:12.20

50 MARIPOSA

CATEGORÍA COM+15M

1º MAURO RODRÍGUEZ BALIÑA CN PONTEAREAS 00:41:40

Este sábado lecer e ciencia mestúranse no Mercado de Tomiño

0

Nun planeta sen moscas ou colibrís o chocolate volvería converterse nun luxo e sen abellas e outros animais a supervivencia do ser humano estaría en perigo. A polinización natural é un labor silencioso do que dependen a gran maioría dos cultivos alimentarios do mundo e que agora está en crise. Este será o primeiro tema que abordará o ciclo ‘Mercado con-ciencia’, posto en marcha polo Concello de Tomiño ao abeiro da campaña ‘Vive!’ que mesturará ciencia e lecer dun xeito divertido e próximo no Mercado de Tomiño.

Este sábado 30 de abril, o público poderá compartir este sábado a sesión vermú con Luis Navarro, investigador e docente do departamento de Bioloxía Vexetal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Creador do proxecto Divulgare de divulgación feita por científicos para todos os públicos, contará os problemas que padecen os máis de 300.000 polinizadores dun xeito atractivo, sinxelo e accesible a todas as persoas que se acheguen a tomar algo ao primeiro andar do mercado. A actividade comezará ás 12.00 horas e será de balde.

“Queremos achegar a ciencia á veciñanza de forma amena, nun contexto lúdico que anime a todos os tomiñeses e tomiñesas a gozar do noso comercio, das nosas instalacións e das nosas rúas”, salienta a alcaldesa, Sandra González.

Esta iniciativa forma parte das accións programadas dentro de ‘Vive!’, unha campaña municipal coa que se procura reactivar a actividade económica e social de Tomiño, fomentando o consumo no comercio e na hostalaría local.

A activista Amelia Tiganus visita Gondomar

0

Grazas á invitación do Concello de Gondomar, a activista feminista e abolicionista Amelia Tiganus, nada en Rumanía e afincada no País Vasco, visitou durante dous días a vila de Gondomar.

Durante o día de onte realizou unha visita ao IES Auga da Laxe onde mantivo un encontro co alumnado de 1º da ESO. Hoxe pola mañá acudiu ao IES Terra de Turonio onde departiu con rapaces e rapazas de 4º da ESO.

Xa pola tarde participou nunha sesión aberta do “Clube das Lecturas Debuxadas”, organizado polo Concello de Gondomar en colaboración con Espazo Lectura dentro dos actos programados polo día do libro e que contou coa participación de decenas de persoas que encheron a sala da Biblioteca Municipal onde se celebrou o encontro, no que estivo acompañada do alcalde Paco Ferreira e membros do goberno municipal.

O rexedor tivo a oportunidade de departir uns momentos coa escritora que adicou ao pobo de Gondomar dous exemplares dos seus libros que se atopan na Biblioteca Municipal a disposición dos seus usuarios.

Amelia ten publicados varios libros e un cómic titulado “Amelia, la historia de una lucha”, con la intención de chegar o publico máis xoven e ven de publicar recentemente “La revuelta de las putas” onde conta a sua experiencia vital tras ser explotada sexualmente polas mafias da prostitución en España, e como puido refacer a súa vida e renacer.

Voluntarios retiraron esta fin de semana plásticos, latas, botellas e embalaxes do parque forestal da Picaraña

Ponteareas continúa coa súa campaña de recollida de lixo e limpeza nos seus montes e contornas naturais para preservar o medio ambiente, evitar a contaminación e mesmo reducir o risco de incendios. Esta fin de semana un grupo de voluntarios e voluntarias levaron a cabo unha nova xornada de limpeza para retirar todo o lixo abandonado no parque forestal da Picaraña. Unha mañá de traballo na que as e os participantes recolleron, entre outros residuos, moitos plásticos e vidro, unha gran cantidade de latas e botellas, embalaxes e ata asentos de automóbil.

O edil de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó, quixo agradecer en nome do Concello o gran labor realizado por parte de todas e todos os participantes, especialmente o da ADC Picaraña, “non soamente pola súa colaboración nesta recollida, senón por todo o traballo que desenvolven ao longo de todo o ano para manter o parque forestal da Picaraña como un lugar vivo e atractivo”.

O programa de voluntariado ambiental xuvenil posto en marcha polo Concello busca concienciar á mocidade sobre a importancia de conservar a contorna natural e implicala para facer de Ponteareas unha vila medioambientalmente máis sostible.

Redondela engalánase para celebrar a XXXV Festa do Choco

0

O Concello de Redondela procede, nestes días, ao embelecido do casco urbano de cara á celebración da trixésimo quinta Festa do Choco que terá lugar entre o 29 de abril e o 8 de maio e que, unha vez levantadas moitas das restricións sanitarias marcadas pola Covid, recupera a súa celebración popular e de rúa.

“Queríamos que, neste ano que é especial porque marca a recuperación dunha certa normalidade, Redondela estiver adobiada como corresponde á celebración dunha das nosas festas máis emblemáticas”, afirma a alcaldesa Digna Rivas para quen o engalanado do pobo con redes e outros elementos mariñeiros “busca converter Redondela nun gran escenario que exprese o orgullo da nosa tradición mariñeira e o valor do mar e da Enseada de San Simón e do seu produto estrela, o choco, recoñecido internacionalmente.

Digna Rivas destacou o traballo que, “neste cometido, está a desenvolver a empresa local Eurored” e agradeceu “aos seus propietarios e ao seu director a colaboración e axuda que nos adicaron dende o primeiro momento no que nos acercamos a expoñerlle a idea”. Eurored fornecerá e colocará, de balde para o concello, redes e demais apeos mariñeiros nas prazas da vila para que, esta Festa do Choco 2022, que recupera o seu sabor de celebración popular e de rúa “celébrese nun casco urbano especialmente engalanado para a ocasión”.

A Festa do Choco manterá, no que atinxe ao seu aspecto gastronómico, o formato que resultou todo un éxito o pasado ano, cedendo o protagonismo aos locais de hostalaría do municipio que, durante o tempo que dure a festa, ofrecerán menús nos que o choco é protagonista indiscutible e nos que queda patente “o excelente nivel da nosa hostalaría que, partindo dunha materia prima de extraordinaria calidade, como é o choco da nosa Enseada de San Simón, son capaces de innovar e ofrecer pratos marabillosos”, apunta a alcaldesa de Redondela.

O programa de actividades de rúa arrincará xa o venres pola tarde cos clowns e aéreos da Cia. Sempre Arriba á partir das 18 horas na Praza da Casa da Torre. De seguido música collerá o relevo con dos concertos, un primeiro a cargo de 33 RPM, na Praza da Constitución ás 19 horas, e posteriormente o que protagonicen Broken Peach ás 20:30 horas na Carpa da Alameda de Castelao.

O sábado 30 de abril ás 12 horas e na Carpa da Alameda Castelao, chegará o primeiro dos Showcooking a cargo de Lucía Freitas, do restaurante A Tafona de Santiago, posuidor dunha Estrela Michelín.

A Casa dos Alonsos acolle este sábado a presentación do libro “Palabras como corpos prata”

0

O vindeiro sábado día 30 de abril ás 18:00 h será presentado na Casa dos Alonso o libro “Palabras como corpos prata” de Joaquín Cadilla, unha obra que inclúe máis de corenta poemas.

O acto será presentado polo escritor e periodista Manrique Fernández e no mesmo intervirán homes e mulleres do mar da Guarda, que darán lectura a varios poemas para rematar cunha actuación musical a cargo da artista guardesa Laura Tantes, que interpretará varios temas tradicionais.

O libro estará dispoñible no acto e o seu prezo será en forma de doazón, destinadas integramente á Asociación Avelaíña, tamén estará dispoñible en vindeiras datas nas librarías da vila.

Os bautismos de surf gratuítos volven a Nigrán

0

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de bautismos de surf gratuítos dirixidos a escolares do municipio co fin de promover desde a infancia este deporte de gran raigame na localidade. Así, en outubro correspondeulle a 230 alumnos de Primaria e esta semana serán 110 da ESO tamén dos centros públicos de Nigrán (IES Proval e Val Miñor e CPI Arquitecto Palacios). Igualmente, constan de 2 horas de clases a cargo de profesores titulados grazas á colaboración das cinco escolas de surf do municipio.

“O surf forma parte da esencia de Nigrán e por iso queremos achegalo aos nenos, o deporte é saúde e o surf ademais leva asociados uns valores medioambientais que hai que fomentar desde a infancia”, explica o alcalde, Juan González, quen precisamente incluíu este ano o surf por vez primeira na Historia da localidade no abano de actividades deportivas municipais ofrecidas desde o Concello.

A cultura do deporte sobre as ondas está cada vez máis arraigada entre a cidadanía e conleva un xeito de vida ecolóxico, sano e sostible, por iso o Concello de Nigrán está irmandado con Valdoviño, municipio coruñés co que comparte Historia común grazas precisamente ao surf. Este deporte supón tamén para Nigrán un importante revulsivo económico, o barrio de Patos en Panxón, coas praias da Cansadoura, o Pico de Patos e o propio areal de Patos, son o espazo de cinco escolas e, paralelamente, de negocios de hostalaría e tendas temáticas. Ademais, supón un atractivo turístico durante todo o ano, especialmente no inverno, cando os bañistas desaparecen. Xusto durante eses meses celébranse campionatos locais, autonómicos, nacionais e internacionais xa recoñecidos e que reforzan esa imaxe de municipios sans, saudables, ecolóxicos e onde a natureza é a protagonistas.

O libro sobre Alejandro Viana de Roberto Mera, Premio Antón Losada Diéguez na categoría de Investigación e Ensaio

O xurado da XXXVII edición do Premio Antón Losada Diéguez vén de outorgar o galardón na categoría de Investigación e Ensaio ao libro ‘Alejandro Viana. Un galego a fronte do rescate dos refuxiados republicanos’, unha obra escrita por Roberto Mera na que recupera de forma minuciosa a figura dun persoeiro ponteareá pouco coñecido para a propia veciñanza da vila e que “desenvolveu un labor importante na recuperación da dignidade dos refuxiados españois perdedores da guerra e da súa evacuación a América cunha ética estrita”, como recolle o xurado nas actas.

Trátase do primeiro libro de Roberto Mera, que afonda na historia do seu tío bisavó cunha pequena parte da súa biografía centrada fundamentalmente entre os anos 1939 e 1941, durante a Guerra Civil e o seu exilio en Francia, “onde axuda ás persoas refuxiadas con alimentación, roupa, sanidade, albergue e os embarques de 17.000 refuxiados e refuxiadas españois cara a América”. Aínda que a historia remata no ano 1952, cando Viana chega a México, Mera proxecta continuar coa historia do seu antepasado centrada noutras etapas da súa vida, como cando foi deputado, empresario ou alcalde de Vigo, antes de 1936.

O Concello de Ponteareas quere trasladar os seus parabéns ao escritor por esta obra que achega ao público un personaxe pouco coñecido para os propios ponteareáns e ponteareás e que tivo un papel moi relevante tras a Guerra Civil, clave na organización dos máis de 30 barcos que levaron a miles de persoas fuxidas cara ao exilio, pero tamén na xestión de visados, pasaxes en liñas regulares, subsidios ou pagos a médicos en campos de concentración. “Queremos felicitar a Roberto Mera por devolver á nosa memoria a un persoeiro ponteareá tan importante cun libro minucioso que nos permite coñecer a historia dun home que salvou moitas vidas e que non debe caer no esquecemento”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

Festival solidario en Mos para o refuxo canino Os Biosbardos

0

O refuxo canino Os Biosbardos de Ponteareas organiza un festival solidario contando co apoio e colaboración do Concello de Mos o próximo sábado día 30 de abril no pavillón Soledad Castro de Pena de Francia.

O evento titulado Troula Biosbarda celebrarase de 17 horas a 20 horas e consistirá nunha tarde divertida e entretida “para nenos e nenas, peludos e adultos”, tal e como explican desde a organización.

Os cativos divertiranse con hinchables, pintacaras, globloflexia, contacontos, e haberá clase de aerobic e un desfile para todos os públicos.

No desfile peludo poderá participar co seu mellor amigo quen o desexe e contarase tamén coa presenza dos ‘biosbados’ adoptados.

Haberá Soldados Espaciais con con Photocall, que chegarán doutra Galaxia, a pasar a tarde con todos os asistentes.

A Trastenda de Parche terá á venda o seu material que vai desde merchandaising, ata libros, chuches, bisutería, xoguetes e bebidas.

O festival culminarase ao remate cun sorteo de 50 agasallos entre todos os presentes.

O prezo de entrada é de 3 € por persoa e Fila 0 para sorteo.  Os interesados en obter máis información poden envíar un correo a [email protected].

O Museao presenta unha colección de publicacións “esenciais” sobre os seus fondos más importantes

O Museo de Pontevedra presentou onte unha nova colección de publicacións denominada ‘Esenciais’ que pretende divulgar de maneira amena e alcanzable información sobre os seus fondos e temáticas máis importantes. O primeiro exemplar está dedicado a Castelao, figura destacada no nacemento do Museo e a única á que a entidade ten dedicadas de forma monográfica dúas salas expositivas como artista.

O libro, titulado ‘Castelao no Museo de Pontevedra’, foi dado a coñecer hoxe  nunha presentación na que participaron o vicepresidente César Mosquera, o director do Museo Xosé Manuel Rey, a responsable de Publicacións Ángela Comesaña e o coordinador de Difusión e Contidos Divulgativos e autor dos textos, José Manuel Castaño.

As publicacións da colección están pensadas para un público non especialista e editaranse nun formato manexable e cómodo, cun deseño atractivo e sinxelo, que terá entre as máis de 100 páxinas do primeiro volume e as 20 ou 30 dos seguintes títulos. Cada dez exemplares monográficos porase a disposición unha caixa contedora para as persoas que os queiran coleccionar. Os idiomas dispoñibles serán o galego, o español e o inglés, “para saír ao mundo máis internacional”, en palabras de Ángela Comesaña. A saída á rúa iníciase cunha tirada de 500 exemplares en galego que moi probablemente precisen dunha reedición. O prezo para o público será de dez euros.

O vicepresidente César Mosquera asegurou que con esta colección o Museo colócase á vangarda de algo que está esquecido no mundo da arte, que é a unificación do rigor científico e o coidado da parte divulgativa. Destacou que o título de ‘Esenciais’ é moi acertado porque abordaranse os fondos máis importantes da colección do Museo achegando a información máis básica e importante de cada un deles. “Facer publicacións así é un eixo incluído no Plan estratéxico do Museo. Esta é a liña pola que hai que seguir e avanzar. Entre a comunicación pura -como é deseñar unha nova imaxe para o Museo- e a investigación rigorosa hai un grande campo que abordar”, sinalou.

Pola súa banda, o director Xosé Manuel Rey, salientou que ‘Esenciais’ xorde do desexo de renovación da política editorial que vén levando adiante o Museo e que quere dar pulo tanto aos soportes tradicionais como a xerar novas narrativas sobre as coleccións propias. Neste sentido destacou que, ademais de na colección de monografías, estase a traballar na dinamización da revista que edita o Museo desde 1942 e que tivo unha “estocada” en 2008.

Sobre a nova colección, Rey sinalou que quérese avanzar na comunicación científica de maneira amable que “debe estar presente de maneira irrenunciable en calquera Museo moderno”. Subliñou que as autoras e autores das monografías serán persoal especializado tanto propio do Museo como alleos co fin de achegar as voces máis autorizadas ao público. Destacou neste sentido que está en marcha o segundo número de ‘Esenciais’, que versará sobre o Tesouro de Caldas.

O coordinador de Difusión e autor dos textos de ‘Castelao no Museo de Pontevedra’, José Manuel Castaño, explicou que o autor rianxeiro é o protagonista da primeira publicación da nova serie de ’Esenciais’ porque, xunto aos fondos arqueolóxicos, son as ‘chaves’ no eido educativo da institución. Subliñou que o texto busca presentar ao autor non de forma cronolóxica, senón en función de como están artelladas as salas dedicadas a el no Museo, para que aquelas persoas que viron a sala, as que a van ver por primeira vez, ou as que queiran repetir, poidan facer unha composición de lugar de como está estruturada a súa colección visible, ademais de tamén coñecer parte dos fondos que están nas salas de reserva lonxe da vista do público.

Os capítulos nos que se divide o libro de Castelao son: Castelao no Museo de Pontevedra, O Álbum Nús, A viaxe de 1921, Castelao e a Sociedade Polifónica, Castelao viñetista, Castelao artista e escritor, As cruces de pedra, Castelao e o cartelismo e Os álbumes de guerra.

Autarquia arranca com projecto para delinear estratégia municipal diferenciada

Prosseguindo com a adoção de uma estratégia que potencie a fixação da população, através de uma análise pertinente dos recursos existentes, potenciais e disponíveis, e mediante a atração de investimento em áreas-chave, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira convida todos os munícipes a participar no novo projeto denominado ‘Em Cerveira, Acontece…’, e que se reveste de uma forte índole interativa e interventiva em várias áreas prioritárias. Considerada um dos maiores desafios mundiais, a questão demográfica, nomeadamente os desequilíbrios demográficos e as políticas de natalidade e de imigração, dá o mote para o primeiro encontro, agendado para dia 29 de abril, às 18h00, no Auditório da Biblioteca Municipal, com a participação do Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira, e do Professor Doutor do Instituto de Ciências Sociais da Universidade do Minho, José Cunha Machado.

Esta primeira conferência compromete-se a abordar a “Demografia do Município de Vila de Cerveira – Resultados Provisórios dos Censos 2021 em Debate”, promovendo a realização do retrato do diagnóstico da demografia do município de Vila Nova de Cerveira, tendo em consideração a dinâmica demográfica registada nos últimos 20 anos (Censos 2011 – Censos 2021), com particular incidência no estado da população e na influência que esta tem sofrido pelos três fenómenos demográficos: natalidade/fecundidade, mortalidade e migrações.

Com base no diagnóstico existente e na auscultação do ‘Em Cerveira, Acontece…’, a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, em estreita parceria com unidades de investigação credíveis ligadas ao setor, pretende desenvolver um conjunto de cenários que permitirão construir projeções da população para as próximas duas décadas, por um lado, traçando um plano de ação de âmbito municipal que identifique ações/medidas que estão a ser adotadas e que favorecem a dinâmica demográfica concelhia e, por outro lado, apresentando desafios e linhas de ação orientadoras para o futuro.

Com abertura pelo Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, o programa desta conferência contempla a apresentação dos resultados provisórios dos Censos 2021, divulgados pelo Instituto Nacional de Estatística (INE), procurando dar resposta a duas questões cruciais: de onde vimos? e onde estamos?, a cargo do Professor Doutor José Cunha Machado, do Instituto de Ciências Sociais (ICS) da Universidade do Minho (UM), a que se segue um debate, onde se procurará responder a outra questão fundamental: para onde podemos ir?

De sublinhar que o Município de Vila Nova de Cerveira encontra-se apostado em delinear políticas que assegurem a competitividade, a sustentabilidade e respostas sociais humanizadas, redobrando parcerias locais, regionais, nacionais e transfronteiriças. Para uma concretização bem fundamentada, torna-se imperioso continuar a dar voz e a ouvir os Cerveirenses sobre temáticas que lhes dizem respeito, de forma a encontrar consensos na implementação.

Solicita o teu composteiro no Concello de Covelo

0

Concienciar para o respecto e posta en valor do medio natural é un dos eixos da estratexia de desenvolvemento sostible que o goberno de Covelo desenvolve co firme propósito de ofrecer calidade de vida a súa veciñanza. En liña cos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías e en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS Axenda 2030) o goberno local traballa para conservar o seu ben máis prezado, a natureza.

Conscientes da importancia de promover hábitos de vida sustentables e respectuosos co medio ambiente Covelo colabora dende hai cinco anos coa Sociedade Galega de Medio Ambiente na formación e concienciación para o uso de composteiros domésticos.

O vindeiro venres 13 de maio Covelo entregará 25 composteiros máis que se suman aos 100 entregados en anteriores campañas. Nese mesmo acto tamén se desenvolverá o curso de formación para un correcto uso optimizando así os recursos para obter o mellor compost. O curso durará unha hora e comezará ás 18:30 horas no edificio multiúsos.

O Concello informa que quedan poucas unidades e lembra que as persoas interesadas deben solicitalas nas oficinas municipais ata o luns 9 de maio. Os únicos requisitos son residir en vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín, estar empadroados/as,   non ter participado nos programas anteriores e ter gañas de aprender e de vivir en equilibrio coa súa contorna natural.

Segundo a FAO (Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura), “a base de todo sistema agrícola é un solo fértil e saudable. A terra e a auga son fundamentais para mellorar a seguridade alimentaria. A nivel doméstico é posible obter tres quilos de compost a partir de dez quilos de lixo orgánico, emitíndose cinco veces menos gases de efecto invernadoiro que coa compostaxe industrial. O compost provén da descomposición de prantas, animais e microorganismos presentes na terra que pasan da súa forma orgánica (seres vivos) a súa forma inorgánica (minerais solubles ou indisolubles) convertíndose en humus.

O concello de Covelo está adherido ao “Programa de Compostaxe doméstica” de Sogama para que a veciñanza interesada poida aproveitar os restos orgánicos que xeran nos seus domicilios e reducir, con isto, a cantidade dos mesmos.

A compostaxe doméstica é o proceso de descomposición biolóxica de materia orgánica xerada no fogar, como os restos de comida ou podas, obtendo un abono natural con excelentes propiedades para o solo e que o propio produtor pode empregar  na sua horta, xardín e terras de cultivo en substitución de fertilizantes artificiais.

O Desafío Terras de Turonio volta con forzas tras un parón de dous anos

0

Tras dous anos de receso por mor da Covid-19, o Desafio Terras de Turonio volta con forzas como a gran cita do ciclismo de montaña.

A proba de BTT-Maratón por parellas e individual, que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, terá lugar o sábado 7 de maio con máis de 450 participantes chegados desde as comarcas do Baixo Miño e Val Miñor, resto do sur de Pontevedra e diferentes puntos de Galicia e Portugal.

Así o indicou Santi Sánchez, responsable da organización na presentación da proba, celebrada onte pola mañá no salón de plenos do Concello de Tomiño, coa asistencia da alcaldesa Sandra González; a deputada provincial Raquel Giráldez (en representación da Deputación de Pontevedra, entidade colaboradora); o concelleiro de Deportes, Fran Campo e o responsable do ximnasio tomiñés Meu Fit, Mauro Blanco, que facilitará baños, duchas e vestiarios o día da proba.

Nesta edición 2022 haberá dous percorridos: un de longa distancia (104 Km. parellas) e outro de corta distancia (62 Km. individual). A saída será ás 9 da mañá desde a Praza do Seixo, a carón do Concello de Tomiño, patrocinador institucional do desafío.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estará situado a tomiñesa Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado pola Serra de Argallo e da Groba, dous das serras máis importantes do sur das Rías Baixas, que porán a proba a resistencia dos ciclistas, pasando tamén polos concellos de O Rosal, Oia, Baiona e Gondomar.

Ao finalizar a proba haberá duchas, comida e servizo de fisioterapia para todos os participantes.

Como comentou o concelleiro Fran Campo, “na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, que tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha cita destacada no calendario a nivel rexional e nacional”.

Desafío Terras de Turonio 2022

SÁBADO 07 MAIO

Lugar: Tomiño (Praza do Seixo).

Ruta longa

  • 08:00 a 08:45 Retirada de dorsais.
  • 09:00 Saída proba.
  • 14:00 Chegada primeiros participantes.

Ruta curta

  • 08:00 a 09:30 Retirada dorsais.
  • 10:00 Saída proba.
  • 13:00 Chegada primeiros participantes.

PERCORRIDO

PERCORRIDO RUTA CURTA

Distancia total

61 quilómetros

Desnivel positivo acumulado

1300 metros

Avituallamentos

  1. Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.
  2. Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
  3. Km 50 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.

Puntos crave da proba

  • Km 17 ^ Subida “O Muro” (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
  • Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2’5km. Dificultade 5).
  • Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2’9km. Dificultade 2).
  • Km 36     Tramo “Camiño de cabalos” (Lonxitude 2km Dificultade 5).

PERCORRIDO RUTA LONGA

Distancia total

104 quilómetros.

Desnivel positivo acumulado

2700 metros

Avituallamentos

  1. Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.
  2. Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
  3. Km 52 Mougás (Oia). Líquido.
  4. Km 72 Chan dá Lagoa (Baiona). Sólido | Líquido.
  5. Km 92 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.

Puntos crave da proba

  • Km 17 ^ Subida “O Muro” (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
  • Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2’5km. Dificultade 5).
  • Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2’9km. Dificultade 2).
  • Km 36 ^ Tramo “Camiño de cabalos” (Lonxitude 2km Dificultade 5).
  • Km 57 ^ Subida Curro de Mougás (Lonxitude 2’4km. Dificultade 5).
  • Km 80 ^ Subida Groba (Lonxitude 3’5km. Dificultade 4).

Regulamento

O DESAFÍO TERRAS de TURONIO é unha proba BTT de longa distancia que se celebrará o 07.05.2022 e que se pode disputar sobre dúas distancias:

  • Distancia longa 104 km (PARELLAS)
  • Distancia curta 62 km (INDIVIDUAL)

Categorías

  1. Haberá 5 grupos de idade para os participantes na distancia longa (Parellas):
    • Masculina. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior a 75 anos.
    • Feminina. Con licenzas da categoría feminina.
    • Mixta. Cando os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.
    • Veteranos. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 75 anos.
    • Centenarios. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 100 anos.
  2. Poderanse confeccionar equipos aínda que a categoría ou o equipo que figura na súa licenza sexa distinto.
  3. Os participantes da distancia curta (Individuais) dividiranse en masculino e feminino.
  4. Recibirán obsequio os mellores tempos de cada grupo de idade e individual.
  5. Recibirán tamén obsequio o equipo máis afastado e o de maior idade.

 Máis información e inscricións: http://desafioterrasdeturonio.blogspot.com.es/

O Porriño pon en marcha un novo servizo de recollida de cartón comercial

O Concello do Porriño continúa coa súa aposta pola reciclaxe e a favor do medio ambiente poñendo en marcha un servizo específico para a recollida de papel e cartón do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do municipio.

O concelleiro de Limpeza, José Carlos González, informou hoxe de que este novo servizo, que comezará a prestarse o vindeiro mes de maio, “busca garantizar a reciclaxe do cartón comercial e evitar que se acumule na rúa ou nos outros contedores” e precisou que “se trata de dar facilidades aos comerciantes para reciclar correctamente, pero aqueles que queiran xestionalo polos seus propios medios ou depositándoo no colector azul poden seguilo facendo”.

A vindeira semana, anunciaranse os días establecidos para a recollida e os usuarios/as só terán que depositar o cartón e papel de maneira ordenada ás portas dos establecementos onde o servizo de limpeza municipal o recollerá para trasladar á planta de reciclaxe.

“Alcanzar os obxectivos de reciclaxe que marcan as directrices europeas require da implicación de todos e sei que a veciñanza do Porriño contribuirá a conseguilo”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “trátase de coidar o planeta e os nosos recursos, de deixar un mundo mellor para as próximas xeracións. Entre todos o faremos”.

Teléfono de recollida de entullos: 665 571 555

Dende a concellería de Limpeza recordan que depositar entullos na vía pública está prohibido e é obxecto de sanción.

O Concello do Porriño dispón dun servizo de recollida de voluminosos que require de cita previa.  Todos aqueles que queiran desfacerse de voluminosos deberán chamar ao 655 571 555 e o servizo de limpeza municipal indicaralles onde e cando deben depositar estes enseres.

Tamén poden acudir directamente ao Punto Limpo, sito no Polígono A Granxa (rúa Cíes 187) de luns a venres en horario de 10 a 14 h (os luns tamén de 16 a 20h).  

A nova escola infantil da Guarda recibe máis de 40 solicitudes de matrícula para o vindeiro curso

0

A nova escola infantil da Guarda, pertencente á rede pública autonómica, recibiu un total de 43 solicitudes de matriculación para o vindeiro curso 2022-2023, o primeiro no que este centro entrará en servizo e tamén o primeiro no que a atención educativa será gratuíta para todos os nenos. O Consello escolar avaliará agora as peticións cursadas e, tras o proceso de reclamacións, o listado definitivo de admitidos publicarase o vindeiro 31 de maio.

En paralelo, a Xunta avanza nos trámites para a posta en marcha da escola no mes de setembro. Coas obras do inmoble completamente rematadas, nestes momentos está licitado e pendente de adxudicación tanto equipamento como a xestión do servizo. Nos traballos do novo centro investíronse 845.000 euros (incluído o equipamento); dos cales a Administración autonómica sufragou máis do 60% a través de fondos Feder, e o Concello achegou o resto.

A escola, de 41 prazas de 0 a 3 anos repartidas en tres unidades, é un edificio novo de dúas plantas que substitúe a dous inmobles en desuso da década dos anos 60 do século pasado, os cales albergaban as vivendas para o profesorado e o comedor do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde.

Aulas na planta baixa

Na planta baixa emprázase a zona para deixar as cadeiras dos bebés; o despacho de dirección; as aulas; un espazo de usos múltiples; as áreas de hixiene (incluído un aseo adaptado); as zonas de descanso; a cociña e o patio de xogos. A planta primeira contén os usos auxiliares da escola: a sala de xuntas; oficina; vestiarios e almacén. A construción e posta en funcionamento desta nova escola é froito do convenio de colaboración asinado en xuño de 2020 entre a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e o Concello da Guarda.