12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosFestival solidario en Mos para o refuxo canino Os Biosbardos

    Festival solidario en Mos para o refuxo canino Os Biosbardos

    Celebrarase o vindeiro sábado 30 de abril pola tarde no Pavillón Soledad Castro

    O refuxo canino Os Biosbardos de Ponteareas organiza un festival solidario contando co apoio e colaboración do Concello de Mos o próximo sábado día 30 de abril no pavillón Soledad Castro de Pena de Francia.

    O evento titulado Troula Biosbarda celebrarase de 17 horas a 20 horas e consistirá nunha tarde divertida e entretida “para nenos e nenas, peludos e adultos”, tal e como explican desde a organización.

    Os cativos divertiranse con hinchables, pintacaras, globloflexia, contacontos, e haberá clase de aerobic e un desfile para todos os públicos.

    No desfile peludo poderá participar co seu mellor amigo quen o desexe e contarase tamén coa presenza dos ‘biosbados’ adoptados.

    Haberá Soldados Espaciais con con Photocall, que chegarán doutra Galaxia, a pasar a tarde con todos os asistentes.

    A Trastenda de Parche terá á venda o seu material que vai desde merchandaising, ata libros, chuches, bisutería, xoguetes e bebidas.

    O festival culminarase ao remate cun sorteo de 50 agasallos entre todos os presentes.

    O prezo de entrada é de 3 € por persoa e Fila 0 para sorteo.  Os interesados en obter máis información poden envíar un correo a atrastendadeparcheosbiosbardos@gmail.com.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.