Domingo, 17 Agosto de 2025

A Deputación axiliza a pavimentación da estrada de Luneda que une Arbo coa Cañiza

0

As obras da estrada provincial EP-5206 que comunica o núcleo rural de Luneda (A Cañiza) comezarán en breve. A Deputación está a piques de pechar o prazo de presentación de ofertas entre as empresas interesadas en executar esta actuación, valorada en 283.956 euros, e que será un paso máis para a mellora das infraestruturas na comarca do Paradanta.

O proxecto que acometerá a Deputación abrangue a totalidade do trazado, de case 3 Km, entre o entronque coa contorna da ponte das Achas e o núcleo de Luneda (A Cañiza). As obras comezarán coa demolición do firme asfáltico actual con escavación, saneo e retirada de sobrantes. Tamén se procederá ao fresado onde sexa necesario. Unha vez preparada a plataforma aplicarase unha subbase de rachón debidamente compactada sobre a que se aplicará unha capa de saburra e pedra de macadam antes de aplicar a emusión asfáltica e o novo formigón bituminoso en quente. A estrada será dotada dunha tubaxe de drenaxe de PVC de 160 mm e procederase a un pintado completo, renovación da sinalización vertical e, ademais, instalación de captafaros para optimizar a seguridade en horario nocturno.

Esta estrada provincial, unha das sete que transitan polo concello da Cañiza, dá servizo ao núcleo de Luneda e comunica, ademais, esta zona co veciño concello de Arbo. Nos seus 2.984 metros de lonxitude, a vía absorbe tráfico local, cunha intensidade media diaria de 122 vehículos.

O Concello de Ponteareas súmase á implementación do programa Kit Dixital

O Concello de Ponteareas súmase á implementación do programa Kit Dixital, unha iniciativa de axudas económicas dirixidas a pequenas empresas, micropemes ou persoas autónomas para dar un paso adiante na dixitalización das súas empresas.

A concelleira de Formación e Emprego, Vanesa Fernández Soage, mantivo este luns un encontro informativo con persoas emprendedoras no Centro de Desenvolvemento Local para presentar este programa que “consiste en bonos dixitais de entre 2.000 e 12.000 euros, dependendo da empresa e do número de persoas empregadas, para poñer en marcha servizos ou solucións dixitais como unha páxina web, o comercio electrónico, a xestión de redes sociais, a xestión de clientes ou a factura electrónica”.

Acompañada de técnicos consultores especialistas, durante o encontro deuse a coñecer a todas e todos os participante a información e formas de solicitude deste programa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, incluído no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiado a través de fondos europeos Next Generation.

“Para nós é fundamental acompañar ás e aos emprendedores ponteareáns nese proceso de dixitalización, que sintan que non están sos ou soas no seu intento por adaptarse, crecer e mellorar”, salienta a concelleira.

Neste camiño en colaboración coa oficina Acelera Pyme e a consultora TIC INEO, todas as persoas interesadas en dixitalizar a súa empresa poderán ter de forma gratuíta asesoramento personalizado sobre a súa transformación dixital, participar en talleres e actividades de formación ou recibir información sobre o posible financiamento público para levalo a cabo. Fernández Soage recalcou “o agradecemento unha vez máis a Zona Franca de Vigo e ao seu delegado, David Regades, polo seu apoio a Ponteareas para poder realizar esta xornada informativa”.

Tomiño oferta este verán máis de 450 horas de actividades deportivas, formativas e de lecer

0

Tras dous anos de pandemia, Tomiño recupera a normalidade de cara ao verán (meses de xullo, agosto, setembro e outubro) realizando unha mega oferta de campus, campamentos, cursos e obradoiros. O obxectivo é que a infancia e a mocidade poidan participar en propostas de educación non formal de carácter lúdico, educativo e deportivo.

Unha vintena de actividades (7 campus e 2 cursos deportivos, outros 4 cursos e eventos para a mocidade; 3 obradoiros e 2 campamentos) coas que o Concello tenta contribuír á conciliación da vida familiar e laboral e á inclusión social, fomentando ademais a interacción e a convivencia entre os/as participantes.

A oferta suma nada menos que 451,5 horas de formación e desfrute, divididas en 300 horas en disciplinas deportivas e as restantes en cursos, eventos, obradoiros e campamentos.

As diferentes propostas que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas e horarios, fundamentalmente, durante os meses de xullo e agosto. Cadaquén poderá escoller entre unha ampla oferta de actividades deportivas, científicas, artísticas, etc.

Concretamente, haberá tenis, con xornada de portas abertas; curso de promoción do piragüismo; campus de skate, fútbol feminino e mixto de fútbol; campus de tenis, de pádel, de bádminton e de atletismo; ioga integral para nenos e nenas; infancia e mocidade, campamento urbano e campamento musical; curso de fotografía, obradoiro de vídeo mapping e de canto (Operación Triunfiño en Tomiño); curso de iniciación ao lettering, obradoiro de robótica, evento de gaming (Tomiño Gamer) e a actividade “Constrúe o teu Futuro” con metodoloxía lego® serious play®

A Concellería de Participación Infantil e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, prevé bonificacións para diferentes casos; por exemplo, para os nenos e nenas empadroadas en Tomiño que sexan irmáns e participen xuntos/as na mesma actividade (bonificación a maiores de 5 euros por cada neno/a); persoas que sexan voluntarias do Concello (bonificación do 50% en todas as actividades), ou socios e socias da Agrupación Musical de Goián (bonificación do 50% no campamento musical).

Por último, as persoas que entreguen informe favorable do Departamento de Servizos Sociais do Concello terán unha bonificación do 50%, ou ben, dereito a asistir de xeito gratuíto a todas as actividades que se ofertan na campaña de deportes de 2022.

Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor legal.

En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información, chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a [email protected]. As inscricións poden realizarse a través dun formulario que está disponible en https://tomino.gal/campus-cursos-e-obradoiros-veran-2022/.

A delegación porriñesa Ecoyouth parte cara Mozambique

A delegación española que visitará Mozambique no marco do proxecto europeo “Empoderamento da mocidade para facilitar a transición ecolóxica” partiu onte do Porriño cara Nampula.

8 mozos alumnos dos IES Ribeira do Louro e do CIFP A Granxa, acompañados por persoal de apoio do Concello do Porriño e do IES porriñés, estarán en Maputo e Nampula ata o día 23 participando na última das movilidades deste programa de intercambio xuvenil baixo o título “Conciencia ecolóxica: ferramentas dos medios para a participación e o impacto en Nampula”.

Este programa, cofinanciado polo proxecto Erasmus + da UE, ten como obxectivo fomentar a posta en marcha de campañas de concienciación ambiental, combinando unha análise crítica cunha estratexia de medios coidadosamente planificada.

Regresa o torneo de fútbol sala “Vila de Arbo”

0

Despois de dous anos de parón por mor da Covid-19, o Concello de Arbo organiza novamente este ano o Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo”, un clásico no verán cultural que se organiza no municipio.

O pavillón municipal de deportes de Arbo, acollerá os vindeiros días 29, 30 e 31 de xullo o torneo donde o primeiro clasificado acadará un premio en metálico de 1.100 euros e trofeo.

O prazo para inscribirse remata o venres día 22 de xullo de 2022 e o sábado 23 de xullo ás 13:00 horas terá lugar no salón de plenos a presentación e o sorteo dos equipos.

Os interesados poderán presentar as súas propostas ou solicitar información no teléfono 617 342 562 ou no e-mail [email protected].

Concello e adegas camiñan da man para trasladar a Feira do Viño a outubro

0

Concello e adegas camiñan da man para preparar unha nova edición da Feira do Viño do Rosal, unha edición que a organización decidiu de forma unánime mudar de data este ano para poder celebrala na Praza do Calvario, o seu escenario tradicional, e manter o dinamismo comercial que cada ano xera a feira na contorna.

“Con esta nova data faremos coincidir a nosa Feira do Viño, un dos eventos máis importantes para rosaleiros e rosaleiras, co remate dunha obra histórica para o municipio, como é a transformación do núcleo da Praza do Calvario. Queremos unha praza chea de veciñanza e visitantes que nos permita dar ese pulo comercial tan importante para os comercios da contorna despois do esforzo colectivo que están a facer mentres se están a executar as obras ”, salientou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Deste xeito, a Feira do Viño do Rosal celebrará os seus 30 anos de vida en outono. A vindeira edición terá lugar os días 7, 8 e 9 de outubro, coincidindo ademais cunhas datas tan tradicionais para rosaleiros e rosaleiras como é o remate da vendima.

Realizouse un estudo previo de espazos alternativos para a celebración da nova edición da Feira do Viño que cumpriran coas necesidades técnicas como saneamento, iluminación, música ou aparcamento e tiveran en conta as limitacións sectoriais que non permiten realizar este tipo de eventos en calquera parte do municipio, xa que, por exemplo, toda a zona da Ribeira está afectada pola Rede Natura 2000.

Non obstante, adegas e Concello decidiron que a mellor opción era cambiar a data e estrear un espazo totalmente transformado como a Praza do Calvario, na que se soterraron todas as canalizacións e redes de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións, electricidade e alumeado e na que se tivo en conta a celebración da tradicional Feira do Viño para axeitar necesidades técnicas para o seu desenvolvemento, como ás de subministro eléctrico, recollida de residuos e distribución de stands para esta cita anual. 

“Tras dous anos de pandemia cunha edición da feira virtual e outra contida pola situación sanitaria, este ano volvemos á normalidade e recuperamos a esencia desta festa de interese turístico. Pero, de forma excepcional, farémolo nunha nova data para ofrecer a veciñanza e visitantes unha feira no mellor escenario posible. E, como xa temos demostrado, farémolo adaptándonos ás circunstancias, nesta ocasión á época do ano e á súa climatoloxía”, recalcou a rexedora.

O Concello de Nigrán ofrece clases de español gratuítas aos ucraínos acollidos

0

O Concello de Nigrán, nun paso máis para integrar aos ucraínos acollidos en familias do municipio, vén de organizar un curso gratuíto de español ex-profeso para eles. Este consta de 24 horas de duración distribuídas en dúas sesións semanais no Centro Antena de A Ramallosa e corren a cargo de Laura Rodríguez Salgado, doutora en Lingüísitica Aplicada e master en profesorado contratada polo Concello. En total, Nigrán conta cunha veintena de refuxiados empadroados na localidade desde inicios do conflito, a gran maioría deles mulleres a cargo do seus fillos (os homes quedaron a loitar no seu país) e sen ningunha noción previa de español, polo que este curso resulta especialmente importante para a súa integración.

“O nivel que teñen é moi baixiño, así que estoulles ensinando os números, as partes do corpo, etc… Un vocabulario mínimo que lles permita sentirse máis tranquilos no seu día a día”, explica a profesora. Entre os que acuden Laura diferencia aos nenos que van ao colexio dos adultos: “os pequenos avanzan moi rápidamente porque están integrados na escola, os adultos é diferente”, recoñece. Así, o perfil que está a acudir é o de muller a cargo dos seus fillos. “Temos nenos de 9 a 14 anos, unha avoa coa súa filla e neta, unha parella…”, estes últimos teletraballan todavía a distancia con Ucraína, o resto están sen emprego. “Aínda que non saben canto tempo van a botar en España o seu grado de motivación é moi alto porque verdadeiramente o precisan incluso para desenvolverse coas familias de acollida”, comenta Laura. Así, o obxectivo final do curso é que os ucraínos finalicen con competencias comunicativas fundamentais (especialmente expresión e comprensión oral), así como favorecer a comprensión dos valores e costumes que configuran o noso marco de convivencia.

O Concello de Nigrán colaborou desde o inicio cos refuxiados que chegaron ao municipio, ben ofrecendo alimentos a través do Banco Municipal ou ben asesorando desde os Servizos Sociais para matricular aos rapaces en centros educativos ou para poder ir ao médico. Ademais, o Concello facilitou a todos os refuxiados a posibilidade de acudir gratuítamente ás actividades deportivas e culturais municipais, feito que a maioría deles aproveitou.

“Demandamos á Xunta que puxese a súa disposición a Residencia de Tempo Libre de Patos e accederon, pero finalmente non se está a empregar con este fin non sabemos porqué. Así que agradecemos enormemente á solidariedade das familias de Nigrán e colaboramos con eles en todo o preciso”, resume o alcalde, Juan González.

Espectacular pregón do Día da Rosa de Mos protagonizado polo himno municipal

0

Onte voltou o Día da Rosa con máis forza que nunca, incluso con maior participación de ramos que en edicións anteriores á pandemia. Fíxoo ademáis co solemne acto de presentación da letra do Himno Municipal, Alborada Camiño da Rosa, composta por Xulio Lorenzo. A devandita letra é autoría de Antonio Barros e Ialma, gañadores do concurso para escribila.

Tamén tiveron o seu lugar e recoñecemento polo gran traballo realizado os outros 5 concursantes: Roi García Lorenzo, Rubén Campo Gil, Gonzalo Otero Lago, José Rodríguez Conde e Albino Rodríguez Cambeiro.

A xornada comezou ás 11h da mañá con Misa Solemne cantada pola Coral Ventos do Val e con saída da cerimonia amenizada musicalmente polo grupo de gaitas Ruada de Torroso.

A continuación, deu paso ao pregón a cargo dos gañadores do concurso da letra do himno, o Secreterio Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. Tamén estiverpon presentes outras autoridades autonómicas como a Delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, que pechou o acto.

Tras o pregón chegou a entrega de premios dos dous clásicos concursos do Día da Rosa: de rosas e de empanadas de pan de millo.

Premios concursos de rosas por parroquias

  • Mellores rosas de Sanguiñeda: Nº 4 Mercedes Cabaleiro.
  • Mellores rosas de Tameiga: Nº 1 Genaro Rodríguez.
  • Mellores rosas de Dornelas: Nª 12 Dorita Leirós.
  • Mellores rosas de Torroso: Nº 16 María Romero.
  • Mellores rosas de Mos: Nº 5 Marcos Pazos e Emma Verguela.
  • Mellores rosas de Petelos: Nº 23 Rosana Campos.
  • Mellores rosas de Guizán: Nº 6 Sita.
  • Mellores rosas de Cela: Nº 4 Evaristo Ucha.
  • Mellores rosas de Pereiras: Nº 6 Abel Alonso.
  • Mellores rosas de Louredo: Nª 8 Delfina Rodríguez.
  • Mellores rosas de todo o Concello de Mos: Os nenos da parroquia de Mos Marcos Pazos e Emma Verguela.

Parroquia con maior participación: Sanguiñeda con 33 ramos participantes.

Premios concursos de empanada de pan de millo

  • Mellor presentación: Nº 8 Rosa Durán.
  • Maior tamaño: Nº 13 Aitana Das Dores.
  • Mellor sabor: Nº 16 María del Carmen Domínguez.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacaba onte na súa intervención que “Celebramos a Festa da Rosa máis especial dos últimos anos, co calor humano da veciñanza, presentando a letra do noso himno e con máis rosas e máis fermosas que nunca. Voltamos a poder celebrar e compartir xuntos, tras dúas edicións marcadas polas restriccións sanitarias. Voltamos cunha Festa da Rosa renovada e mellorada. Este ano o calor humán voltou por fin á Festa da Rosa, o calor dos veciños e veciñas, algo que me emociona enormemente. Tamén é unha Rosa moi especial porque presentamos oficialmente a letra do noso himno: a Alborada Camiño da Rosa composta por Xulio Lorenzo. Felicitar e agradecer a todos os participantes as súas fantásticas propostas. Nesta Festa da Rosa 2022, sinto máis que nunca o orgullo como alcaldesa, pero sobre todo como mosense, de formar parte deste gran pobo que é Mos”. Tivo tamén a rexedora local unhas palabras de especial agradecemento e noraboa pola organización da festa para a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro.

Tocando o final da mañá a Banda de Música Xuvenil de Torroso deu o seu tradicional concerto do Día da Rosa.

O acto rematou con todo o público presente cantando o himno, previo reparto dun folleto coa letra, xunto cos autores da letra, Antonio Barros e Ialma, e tocando o compositor do himno municipal Alborada Camiño da Rosa, Xulio Lorenzo, a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Banda de Gaitas Ruada de Torroso.

Os presentadores do acto e Mestres de cerimonia foron Alejandro Pérez e Cristina Maró.

A guinda gastronómica da mañá púxoa a exaltación e degustación de empanada de pan de millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, a Asociación BaRes Mos e os panadeiros de Mos.

A pregoeira do Corpus 2022 de Ponteareas fai un percorrido pola historia da festividade

Conta que cando a convidaron a participar na revista Pregón alá polo ano 2000 un impulso levouna a cambiar o tema que tiña en mente, os Ranchos de reis, polas “marabillosas e singulares alfombras florais do Corpus de Ponteareas. Entre outras cousas porque esta festividade une dúas manifestacións que definen a miña vida e mostran o que son: a arte e a relixión”. Con esta historia comezaba o seu pregón neste Corpus 2022 a musicóloga e escritora Esther Sestelo Longueira, que fixo un percorrido pola historia desta festa da que “datos antropolóxicos e históricos recentes amosan a Galicia como un dos puntos principais e máis antigos nesta celebración relixiosa e artística tradicional”.

“As nosas alfombras florais acadaron uns niveis de perfección técnicos e artísticos tan elevados e novidosos que nós, sen dúbida, podemos darlle o título das mellores. As e os nosos alfombristas son verdadeiros mestres desta arte e exercen verdadeiro maxisterio, verdadeira pedagoxía con quen ven de fóra a estudar as nosas técnicas e materiais e tamén levando ese bo facer a outros lugares de España e do mundo”, salientou a pregoeira. A musicóloga quixo render “a miña homenaxe máis sincera a todas as persoas que colaboran neste quefacer artístico marabilloso: quen deseña as alfombras, as debuxa, consegue e colecta o material, quen o esfolla, quen cede coches e casas para estes menesteres, que se agacha e se pon de xeonllos para a súa elaboración….”.

Visibelmente emocionada, a pregoeira quixo dedicar unhas verbas á súa tía Mª Josefa Sestelo polas máis de tes décadas dedicada ao deseño creativo da alfombra da rúa de Abaixo, así como agradecer no seu nome e no de toda a súa familia a concesión en 2019 ao seu pai, Alfredo Sestelo, da Medalla do Corpus. Porque “aínda que oriúndo do Porriño por nacemento, foi ponteareán de corazón, devoción e convicción”.

Unha devoción que ela mantén no tempo. “Para min as alfombras florais do Corpus de Ponteareas son unha imaxe quasi impresionista que ten que ser visualizada dende lonxe para apreciala en toda a súa dimensión. Dende a elevación dunha fiestra ou dun típico balcón percibimos a imaxe, sentimos o aroma penetrante da flor, a bruma sutil dos pétalos pulverizados horas antes para modificar o seu peso e poñerllo difícil á brisa incómoda”, asegurou a musicóloga.

Para Sestelo “ese contacto co feito artístico, coa arte, coa beleza, vainos transformando, elévanos”. “A arte significa humanidade, espiritualidade, transcendencia, esforzo, perfección, colaboración, empatía, xenerosidade… É compromiso coa liberdade, de tolerancia, de cambio, de tradición, de vangarda… Nestes tempos de crise, de pandemias, de invasións e de guerras, a arte é das poucas cousas que nos reconcilian co ser humano”.

Son moitos deses valores os que se trasladan á festividade do Corpus Christi de Ponteareas e á súa arte efémera na que tras meses de preparativos a veciñanza traballa unida “como se dunha orquestra ben afinada e sincronizada se tratase” e abren as portas ás e aos foráneos “con profunda xenerosidade facéndoos sentir un máis desa gran familia, interpretando todas e todos xuntos unha preciosa sinfonía de cores e perfumes, onde os nosos sentidos vibran ante tanta beleza”.

A escritora rematou o seu pregón recalcando a importancia de que “sigamos orgullosos e orgullosas desta festividade, deste espírito do Corpus, para que esta tradición non se perda e que as xeracións vindeiras saiban respectala, conservala e valorala. O Corpus e Ponteareas configuran o mellor tándem. Ponteareas deixaría de ser o que é se algún día se esquece do Corpus e da súa orixe. O pasado, o presente e o futuro teñen e poden convivir, precisamente, a través do entendemento e da harmonía que nos achega a todos e toda a festividade do Corpus”.

A mellora e conservación desta tradición, sempre no noso pensamento

Durante o acto, celebrado na sala multiúsos do auditorio municipal, a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, antes de dar paso á pregoeira recalcou o agradecemento do Concello ao colectivo alfombrista a proximidade, o apoio e o asesoramento, así como “ese traballo colectivo e organizado que implica a noite na que Ponteareas non durme para poder mostrar ao mundo enteiro, veciñanza e visitantes, as nosas alfombras florais”. “Debemos levar no noso pensamento de xeito constante a mellora e conservación desta tradición e o contacto e apoio permanente a todas as persoas que traballades todo o ano para mostrar esta arte efémera, o que fai que podamos superar, ano tras ano, todas as expectativas que provoca o espectáculo da vosa creación, sempre cun traballo diferente e reinventando no que cada un de nós deixa o mellor de si”.

A rexedora salientou tamén que “alcaldes e alcaldesas anteriores estarán orgullosos dos avances conseguidos en todo este tempo na promoción da festa; no impulso económico que estes días, cada vez máis, proporcionan a sectores como a hostalaría, o comercio ou os servizos, que se benefician do maior número de visitantes que temos ano tras ano; ou do recoñecemento dun patrimonio inmaterial que como ponteareáns nos representa. Eu síntome orgullosa de continuar este traballo iniciado por moitas outras persoas atrás e asumo a responsabilidade de engrandecelo máis se cabe”.

Por outra banda, Fernández Davila agradeceu á pregoeira “que aceptara a proposta dende o primeiro momento, poñendo en palabras, sentimentos e emocións vividos xunto coa súa familia, e sobre todo co pasamento do seu pais, que de seguro estará orgulloso do papel de embaixadora do Corpus que recolle a partir de agora”.

O acto contou coa participación de numerosas autoridades, como a presidenta da Deptuación de Pontevedra, Carmela Silva; a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias; ou membros da corporación municipal; ex rexedores e representantes de alfombristas.

Este domingo volven as rutas de sendeirismo “Baiona Natural”

0

 

A iniciativa, bautizada como ‘Baiona Natural’ permitiu habilitar novos roteiros de sendeirismo entre as catro parroquias do municipio. Están adaptadas para público maior de 16 anos, este domingo é a quenda do roteiro “A Groba Panorámica”.

O roteiro é gratuíto e é necesaria a inscrición previa na Oficina de Turismo de Baiona no correo electrónico: [email protected], ou por teléfono no 986 68 70 67.

A primeira das sendas denominouse “Chan da Lagoa-Baíña”, este roteiro tivo como eixo principal descubrir a historia pasada da Vila e visibilizar os vestixios que aínda podemos atopar. Ademais, potenciáronse os roteiros de “Descubre Baredo”, “A Groba Panorámica” e “A Groba Montañosa”.

Catro roteiros polos montes da localidade para poñer en valor a súa riqueza paisaxística e etnográfica. Un itinerario de camiños que permitirá aos baioneses e visitantes gozar dunha incrible variedade de lugares para practicar sendeirismo ou pasear á vez que se enriquecen do amplo patrimonio da vila.

Os roteiros deseñados pola empresa Baiventura, empresa local que levará a cabo os percorridos, celebráronse no mes de abril e maio e tamén neste mes de xuño e en setembro. O baionés ao fronte da empresa local, David Fontán, será o guía.

Esta campaña enmárcase dentro da estratexia da Concellería de Turismo de Baiona para reactivar o sector turístico na época post-covid a través do ecoturismo. Deste xeito, compleméntase a oferta turística e cultural da localidade. Baioneses e visitantes poderán gozar dunha nova alternativa na que gozar do seu tempo libre.

“A Groba Panorámica”

Deseñada para dar a coñecer o patrimonio natural de Baiona gozando da contorna panorámica da vila. O roteiro de 7 km mostra a contorna marítima desde os mellores miradoiros do alto da Groba. Entre os puntos de interese polos que transcorre atópanse: miradoiro do Cortelliño, miradoiro Alto dá Groba, A Gabiñeira, Granxa dá Tomada, Fonte dá Groba. Terá unha duración aproximada de 3 h, a súa dificultade é moderada e está recomendada para maiores de dezaseis anos.

O Concello da Guarda convoca os Premios de Educación 2022

0

Co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre as persoas mozas, o Concello da Guarda convoca os premios de Educación 2022.

Nesta convocatoria pode participar todo o alumnado que curse estudos nos Centros Públicos e concertados de Primaria e Secundaria da localidade.

As bases están a disposición dos interesados na sede electrónica da web municipal www.aguarda.es, no taboleiro de anuncios do concello e nos centros educativos da vila.

Os Premios de Educación 2022 contarán nesta edición cun total de 28 premios, consistente en material informático que será entregado aos mellores expedientes académicos e de esforzo persoal e participación dos diferentes cursos e centros educativos da vila.

Despois do ditame, publicarase na web municipal o listado de alumnos premiados.

A Xunta promove os valores da economía social no CEIP de Laredo en Redondela

0

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, puxo en valor ante escolares do CEIP de Laredo de Redondela, algúns dos principios que fan da Economía Social unha fórmula de negocio con proxección. Ardao destacou hoxe o compromiso deste modelo co emprego, coas persoas e coas contornas na súa visita a este centro educativo que resultou galardoado no recente certame de cooperativismo na escola, na categoría de 1º e 2º curso de Educación Primaria.

Difundir e fomentar a cultura emprendedora desde idades temperás e dar a coñecer de que xeito unha idea de negocio pode repercutir no benestar dunha comunidade son dúas das ideas que promulga este certame, e, en xeral, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, que este ano está a destinar 35M€ a promover e consolidar a Economía Social.

Tal e como relatou Ardao, estas iniciativas empresariais son solidarias, porque antepoñen os beneficios sociais e colectivos á rendibilidade financeira. Destacou ademais o seu compromiso coas particularidades do seu entorno e a súa incidencia á hora de fixar poboación no medio rural, á vez que crean actividade económica e afianzan servizos. A directora xeral subliñou tamén a vocación do cooperativismo na xeración de emprego estable e resistente á crise e á hora de enfrontar as desigualdades, para favorecer a redistribución de recursos e fortalecer a democracia institucional.

A Economía Social estase a converter nunha das fórmulas para avanzar cara á igualdade no emprego. Na actualidade, cada vez son máis as mulleres promotoras de novas cooperativas, superando en 2021 xa aos homes ao representar o 50,79%.

Certames como Cooperativismo no ensino pretenden afondar na idea de dar coñecer, desde as idades máis temperás, esta fórmula de emprendemento e fomentar unha reflexión acerca dos seus beneficios.

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de publicar os resultados do certame deste ano, con premios que recaeron neste centro de Redondela e de Cangas, Boiro, Vigo, Vila de Cruces, O Porriño, Barreiros e A Coruña.  

As acción formativas do programa “Conectadas” chegarán a preto de 200 asociacións da provincia

O Goberno da Deputación vén de adxudicar as accións do programa de igualdade “Conectadas”, que este 2022 chegarán a un total de 188 entidades da provincia. A través desta iniciativa, as entidades poderán programar cursos co obxectivo de mellorar a formación das mulleres, intercambiar experiencias, así como mellorar a súa empregabilidade e crear redes para potenciar o asociacionismo. “Conectadas” é un dos programas con maior participación social dos que organiza a Deputación e desde 2016 ao 2019 participaron preto de 20.000 mulleres nas 1.370 accións realizadas nese período. Neste 2022 a iniciativa volve despois dun parón de dous anos pola pandemia.

Cada unha das 188 asociacións programará unha das 30 accións formativas ofrecidas desde este programa, agrupadas en cinco bloques temáticos: “Emprende: iniciativas sostibles para o Emprego”; “ExpresARTE”; “Conéctate”; “Sementa Sostibilidade” e “O teu momento. Coidado e benestar”. Son actividades moi diversas, que inclúen cursos de formación como administradoras de redes sociais, de alfabetización dixital ou de administración entre outros, e serán de carácter gratuíto para as participantes.

As entidades beneficiarias son de 49 concellos da provincia, a maioría delas de Vigo (29), seguidas das da Estrada (13), Lalín (12), Mos (10) e Pontevedra (9). Amais, hai colectivos de Arbo (2), Baiona (2), Barro (1), Bueu (2), Caldas de Reis (5), Cambados (2), Campo Lameiro (2), Cangas (5), Catoira (1), Cerdedo-Cotobade (3), Covelo (1), Crecente (1), Dozón (1), Fornelos (1), Gondomar (3), O Grove (4), A Guarda (3), A Illa (1), A Lama (7), Marín (4), Meaño (1), Meis (1), Moaña (2), Mondariz (1), Moraña (1), Nigrán (2), Oia (2), Pazos de Borbén (1), Ponte Caldelas (5), Ponteareas (6), Portas (1), Redondela (5), O Rosal (2), Salceda de Caselas (5), Sanxenxo (1), Silleda (7), Soutomaior (3), Tomiño (1), Tui (1), Valga (2), Vila de Cruces (1), Vilaboa (1), Vilagarcía (7), Vilanova (5). A Deputación destina ao programa “Conectadas” un orzamento de 314.116 €. 

O Porriño pon o xoves en marcha o servizo de recollida de cartón comercial

A Concellería de Limpeza, que dirixe José Carlos González, informou hoxe de que este xoves, día 16 de xuño, comeza a funcionar o servizo específico para a recollida de papel e cartón comercial do que poderán beneficiarse os establecementos comerciais do Porriño.

Os días establecidos para a recollida serán os martes e xoves. Neses días, a partir das 20 h os usuarios/as deberán depositar o cartón e papel de maneira ordenada ás portas dos seus establecementos, onde o servizo de limpeza municipal o recollerá para trasladalo á planta de reciclaxe.

Os comerciantes que queiran facer uso desta recollida  porta a porta deberá apuntarse chamando ao teléfono 665 571 555.

Coa posta en marcha deste servizo preténdese dar facilidades aos comerciantes para reciclar correctamente e tamén evitar que se acumule na rúa ou nos outros contedores.

A Guarda convoca as subvencións por concorrencia competitiva para actividades sociais, culturais e deportivas

0

O Concello da Guarda informa que dende este martes día 14 de xuño xa se poden presentar solicitudes para as subvencións municipais por concorrencia competitiva dedicadas a actividades sociais, culturais e deportivas no municipio.

As bases destas subvencións xa se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) deste luns, día 13 de xuño.

As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación se pode consultar na web municipal www.aguarda.es ou na sede electrónica.

Documentación

Anuncio Subvencións actividades sociais

Anuncio Subvencións actividades culturais

Anuncio Subvencións actividades deportivas

Anuncio Subvencións deportistas individuais

SmartPeme ofrece esta semana catro novos obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito onlinee presencial, enmarcadas na súa carteira de obradoiros. Os talleres tratarán temas como o debuxo 3D con Onshape e Assembly, deseño de imaxes para preimpresión e medios dixitais, fabricación dixital con impresoras de resina ou utilización do programa Power BI.

Este martes 14 de xuño pola mañá, Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, impartirá un obradoiro sobre fabricación dixital cos programas Onshape e Assembly. Nestes cursos en formato mixto, combínanse clases en liña e prácticas presenciais no Fab Lab do Centro Provincial de Economía Dixital no Viveiro de Empresas de Barro. O curso “Fabricación dixital. Debuxo con Onshape VI – Assembly II”, ten como obxectivo coñecer e familiarizarse coas ferramentas implicadas nun proceso de produción dixital.

O mércores 15 de xuño pola mañá, Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, amosará os distintos aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais, ou as imaxes que se usan para un acabado de impresión, no obradoiro “Deseña e crea as túas imaxes para preimpresión e medios dixitais”.

O xoves 16 de xuño, ás 11:00h, terán lugar dous talleres. O primeiro será “Fabricación dixital. Impresoras de Resina”, un novo itinerario de Fabricación dixital que comezou en maio, e no que se combinan clases telemáticas e presenciais no Fab Lab de Barro, co obxectivo de que o alumnado teña contacto real con este tipo de tecnoloxías e sexa capaz de deseñar e fabricar unha peza en 3D. Esta acción formativa será impartida tamén por Manuel Freire.  No segundo obradoiro, Laureano Pérez Soto, CEO de Datasight Consulting impartirá “Power Bi, a ferramenta analítica para o noso negocio ou Peme”, no que explicará qué é este sistema, o seu funcionamento e a importancia dos datos na toma de decisións das pemes.

Meninas e os materiais cos que se confeccionan as alfombras, protagonistas da nova exposición no auditorio de Ponteareas

As Meninas e os materiais empregados habitualmente na confección das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas son os grandes protagonistas da nova exposición do vestíbulo do auditorio municipal, unha mostra que reúne unha pequena representación dalgúns dos elementos esenciais da festa grande da vila.

Ata o vindeiro 20 de xuño, as e os visitantes poderán achegarse ao auditorio para coñecer coa exposición ‘Corpus en flor’ algún dos materiais empregados de forma habitual na creación das alfombras florais, como poden ser a hortensia, o pampullo seco, a carriza branca, o fiúncho, a tuia, a mimosa ou os carapuchos de landra, entre moitos outros. Cada unha das mostras conta cun cartel informativo co nome da planta en galego, español e portugués para facilitar o seu coñecemento a todas as persoas participantes.

Ademais, na mostra as e os visitantes poderán gozar de grandes lonas con imaxes antigas das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas e coa exposición de 29 novas Meninas de madeira a tamaño natural decoradas polo alumnado dos centros educativos ponteareáns. Con este proxecto o Concello quere difundir unha parte descoñecida da historia de Ponteareas, así como fomentar o talento creativo dos nenos e nenas, enriquecendo a cultura colectiva conectada á imaxe universal da arte floral.

A exposición poderá visitarse de balde polas tardes en horario de 17.00 a 20.00 horas, agás o sábado 18, que estará aberta de 17.00 a 02.00 horas, e o domingo 19, que terá un horario de 09.00 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 h. Na porta de entrada haberá habilitado un photocall para que as persoas visitantes poidan sacarse fotos e difundilas en redes sociais baixo o hashtag #CorpusPonteareas.

A activista Laura Herrera comparte en Tomiño a súa experiencia da xestión colectiva e feminista da auga

0

“Os vertidos das empresas contaminan as fontes e, á súa vez, hai compañías que se están a instalar nas zonas de recarga hídrica dos acuíferos, de maneira silenciosa e saltándose todas as normativas”. Así identifica Laura Herrera, representante da Colectiva Feminista para o Desenvolvemento Local, as principais ameazas sobre a auga que enfrontan as comunidades rurais de El Salvador. A activista iniciou o xoves pasado en Tomiño unha xira por cinco municipios socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para compartir os resultados da Escola de Lideresas pola Defensa Ambiental que a entidade financiou no último ano a través da Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso).

El Salvador vese cada vez máis afectado pola seca e a deforestación, cunha perda anual dunhas 4.500 ha de bosque, impedindo que o solo reteña a auga das chuvias. Nesta situación, “as mulleres e nenas son as máis afectadas, posto que son as encargadas de ir ás fontes cos bidóns e de todos os coidados, para os que a auga resulta básica”, explica Herrera. É por iso que desde o Programa Feminismo e Xustiza Ambiental, do que é responsable, buscan “vincular ás mulleres coa xestión comunitaria da auga, empoderándoas e proporcionándolles ferramentas para desenvolverse nese contexto e integrándoas nas estruturas xa existentes para que saiban cara onde dirixir as súas demandas sobre as  problemáticas que lles afectan”.

Deste xeito, as Escolas de Lideresas promovidas nos municipios de Suchitoto, Candelaria e Tenancingo “aséntanse sobre tres patas que se poderían extrapolar a Galicia”, segundo indicou Sonia Díaz, técnica de Agareso. Trátase da formación en igualdade, en liderado e incidencia política, e en comunicación, “establecendo unha colaboración con tres medios comunitarios a fin de que lles dean voz a estas lideresas”. En palabras de Laura Hererra, “trabállase para que as mulleres perdan o medo a expresarse, a contar as súas historias e a buscar alternativas a situacións que lles prexudican”. Para isto impúlsanse mecanismos de participación como a Consulta Popular polo Dereito Humano á Auga, a fin de visibilizar a necesidade dunha xestión integral deste recurso, que garanta a súa sustentabilidade e que dea prioridade ás persoas nos sistemas de distribución.

Nesta denuncia das consecuencias que ten un mal manexo dos recursos naturais baséase o intercambio de experiencias que Laura Herrera está a protagonizar nos concellos de Tomiño, Burela, Cariño, Pontedeume e Cabanas. A activista centroamericana está a compartir tamén con responsables políticos e colectivos sociais en que consiste o movemento salvadoreño para a xestión popular da auga, tirando aprendizaxes mutuas como a necesidade de diálogo e alianzas.

As visitas deron comezo o xoves cunha recepción no Concello de Tomiño, encabezada pola alcaldesa, Sandra González, á que asistiron membros da corporación e de organizacións locais. A continuación, Laura Herrera desprazouse a unha traída acompañada por membros da asociación de traídas de auga rural Coxapo, que a informaron sobre os problemas que enfrontan no territorio galego. Ademais de coñecer a un grupo de estudantes da vila, puido atoparse asemade coas mulleres implicadas na xestión da auga nas diferentes parroquias e escoitar as dificultades que atopan á hora de participar nun sector tradicionalmente masculinizado. O percorrido culminará o 16 de xuño en Nigrán cun recibimento institucional por parte do alcalde e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González.

As Alfombras florais encherán de cor as rúas guardesas esta fin de semana

0

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na madrugada deste domingo para a confección das Alfombras Florais.

Deste xeito, traballan a reo os veciños do pobo que, colectivamente, organízanse para levar a cabo esta actividade, a realización duns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, no seu máximo esplendor, na mañanciña do domingo cando rematen os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalan para esta ocasión.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda, así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral. Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballan para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais podan gozar das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados unha vez están confeccionadas, sendo auténticas obras de arte en flor.

San Simón acollerá o curso de verán xuvenil de intercambio de músicas tradicionais

0

A Illa de San Simón acollerá en xullo a undécima edición do San Simón Fiddle, o curso de verán infantil e xuvenil, de intercambio de músicas tradicional de Galicia coa de outros lugares do mundo. Nesta edición é a quenda das músicas do Brasil. Ademais, volverá o encontro musical Encordass de música de corda que reivindica o violín como fío conductor e que estará aberto ao público con visitas guiadas e actividades paralelas.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse co director da asociación cultural Galicia Fiddle para abordar os detalles destas novas iniciativas que un ano máis acollerá a Illa de San Simón, espazo xestionado pola Xunta, que volverá converterse nun lugar de intercambio cultural. O curso celebrarase do 4 ao 10 de xullo e os cativos aprenderán tanto melodías galegas como brasileiras, da man dos mestres invitados procedentes de São Paulo e Recife: Filpo Ribeiro, multiinstrumentista, luthier e investigador do universo da rabeca brasileira; Alisson Lima, músico e bailarín experimentado en múltiples disciplinas de danza tradicional; Vanille Goovaerts, violista e rabequeira francesa afincada no país sudamericano, e Ricardo Herz, todo un referente no panorama do violín brasileiro actual.

O curso celebrarase durante unha semana na que os participantes se aloxarán en San Simón. Está destinado a intérpretes de corda (violín, viola, chelo, contrabaixo, guitarra), co fin de potenciar o uso destes instrumentos na música tradicional. Os participantes conformarán un pequeno repertorio que se representará no concerto final do sábado 9 de xullo, onde interpretarán as melodías aprendidas guiados polos artistas brasileiros e polos mestres residentes do San Simón Fiddle, entre os que se atopan destacados músicos do panorama galego e nacional coma Begoña Riobó, Anxo Pintos ou Marta Roma.

Método de aprendizaxe

O San Simón Fiddle destaca polo método de aprendizaxe empregado nas suas aulas, onde a música é transmitida oralmente, prescindindo de partituras e agudizando a capacidade de retentiva musical dos rapaces, que tras uns días na illa son quen de aprender unha melodía en poucos minutos. Isto permítelles descubrir outra maneira de relacionarse co seu instrumento, e gozar facendo música independientemente do seu nivel técnico.

Ademais da actividade musical, o curso complétase con obradoiros de danza, talleres de temática de natureza ou mostras de luthería. Como novidade, nesta edición adicada a Brasil os asistentes poderán ver cómo se constrúe un marimbau, aprender a bailar capoeira ou iniciarse na práctica do berimbau, un dos instrumentos típicos do país. Tamén haberá actividades acuáticas, cine ao aire libre ou xogos populares, facendo así a aprendizaxe máis entretida e amena.

Encontro musical e cultural

A fin de semana previa a San Simón Fiddle, celebrarase o Encordass Fiddle Fest, o festival aberto ao público enmarcado dentro do encontro musical e cultural para adultos Encordass. Tamén contarán con visitas guiadas, degustación de viño, demostracións de danza ou concertos a bordo pola Ría de Vigo. Artistas internacionais e bandas emerxentes amenizarán ao público cunha proposta musical diferente e un orixinal plantexamento, onde os asistentes poderán decidir entre múltiples concertos simultáneos.

O encontro musical Encordass celebrarase do 1 ao 4 de xullo e os días 2 e 3 será o Encordass Fiddle Fest. As inscricións así como a información deste encontro e o festival están dispoñibles na web de Galicia Fiddle.

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas elabora unha alfombra para a procesión do Corpus de Sevilla

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas foi convidada polo Concello de Sevilla para participar na procesión do Corpus Christi 2022, onde fará unha particular ofrenda floral, elaborando unha alfombra de flores, con motivo da Celebración da Festividade da, como as que se fan en Ponteareas con motivo da festa do Corpus Christi.

A alfombra reproduce a bóveda de crucería da Catedral de Sevilla que será realizada con flores e elementos vexetais. Este manto floral instalarase na Praza de San Francisco para que o Santísimo pase por encima, como ocorre coas alfombras que se fan en Ponteareas para o paso da procesión, tamén, do Corpus Christi.

Un equipo de vinte alfombristas de Ponteareas desprazarase a Sevilla para a confección desta ofrenda floral. Os traballos de elaboración comezan co plasmado do debuxo no chan, logo realízase o perfilado. A continuación do perfilado, e tras un traballo previo de esfolle, énchense os ocos con caraveis, e diversos elementos vexetais como a túa verde e marrón, breixo negro, cáscaa de piñeiro ou a cascase de arroz.

A vila de Ponteareas, no sur da Provincia de Pontevedra, alcanzou especial renome pola celebración da festividade de Corpus Christi, onde os veciños confeccionan artísticas alfombras de flores naturais para o paso da procesión do Santísimo Sacramento.

Trátase dunha obra colectiva que expresa a cultura popular das xentes de Ponteareas que, ao longo de douscentos anos, souberon conservar e promover esta celebración, recoñecida como “Festa de Interese Turístico Internacional”. É pois a festa do Corpus Christi a máis representativa de Ponteareas. Esta confección das alfombras florais serviulle a Ponteareas para ser coñecida como “A Vila do Corpus”. Pola súa historia e tradición secular Ponteareas é “o berce do alfombrismo español”.

Rematada a segunda obra de restauración do obradoiro de emprego Revaloriza Tui

0

O alumnado do Obradoiro dual de Emprego “Revaloriza Tui ” vén de rematar a restauración do Lavadoiro do  Souto en Guillarei.  Foi un traballo conxunto realizado polos alumnos a alumnas das dúas especialidades deste proxecto formativo Colocación de Pedra Natural e Montaxe e Instalación de Construcións de Madeira.

En marzo completaran xa a restauración do lavadoiro de Laxes en Randufe.  Agora tras concluír estes dous primeiros traballos o alumnado avanza na restauración do Lavadoiro de  Fontenla en Areas e da fonte de Albelos en Guillarei.

O obradoiro iniciou a súa actividade en outubro de 2021 formando, durante nove meses, a vinte persoas nas dúas especialidades con que conta esta acción de formación e emprego.

Ao remate do proxecto o alumnado recibirá o correspondente certificado de profesionalidade tras completar a súa formación.

O Obradoiro dual de emprego “REVALORIZA TUI 2021” foi concedido pola Consellería de Emprego e Igualdade ao Concello de Tui, sendo financiado pola Xunta e cofinanciado polo Concello de Tui. 

Nueva oportunidad para las aguas del río Tea

Aprovechar nuestros recursos y sacar de ellos el mayor rendimiento posible es una estrategia de gestión que conviene seguir. De manera sencilla, se trata de potenciar aquello que ya tenemos, intentando hacerlo mejor y más atractivo,  sin necesidad de comprar o importar elementos nuevos o extraños. Se trata de aplicar, por tanto, la eficiencia.

 Los equipos de gobierno que dirigen y gestionan los recursos públicos (presupuestos, impuestos, subvenciones), tienen recientes ejemplos de despilfarro de dinero público  (palacios de congresos, museos, circos, aeropuertos, tres de alta velocidad…) desarrollados en la última década.

Ese tiempo de derroches ha servido para tener hoy más presente que nunca que las inversiones, mejoras, reformas y proyectos deben contemplar los distintos usos, las necesidades y prioridades y por supuesto el retorno económico que van a suponer, con el objetivo de que el dinero se use, como digo, de la forma más eficiente posible.

El río Tea, a su paso por la villa de Ponteareas, constituye uno de estos recursos susceptibles de aprovechar, potenciar y hacer atractivo. Con la seguridad de que generará un retorno en diversas formas, entre ellas, también económico.

Me alegra que el gobierno municipal contemple entre sus objetivos a corto plazo una actuación en el entorno de la playa fluvial de A Freixa. Esta debe ser complementaria a la reforma y ampliación de la actual depuradora, cuya capacidad no cubre las demandas de la población actual, para erradicar repetidos vertidos hacia su cauce y dar luz verde a la instalación progresiva de una red de saneamiento que cubra a todas las parroquias. La resolución de esta deuda histórica con los vecinos, por un lado, y con el medioambiente y la naturaleza, por otro, constituye uno de los ejes básicos del crecimiento y la sostenibilidad de la Ponteareas del futuro.

Diversos clubes deportivos locales se han adelantado, entiéndase la expresión, a esta actuación y ya están generando valor añadido al entorno del Tea.

 EL Club Piragüismo Tea celebró el pasado 29 de junio una jornada de Liga en la modalidad de slalom, y el Club Natación Ponteareas ha organizado una intensa agenda de eventos para este verano, que atraerán a cientos de visitantes (entre participantes, acompañantes y público) y que comenzó este sábado, 4 de junio, con la celebración del campeonato gallego de natación en aguas abiertas.  A Freixa será testigo de tres etapas del circuito gallego de aguas abiertas (junio, agosto y septiembre), una de ellas puntuable además para la copa de España. Esta realidad muestra el potencial indudable del río para la práctica de actividades deportivas, el turismo activo y saludable, los campus de tecnificación, y las concentraciones de equipos y deportistas, además, por supuesto, de la celebración de competiciones. Todo ello debe tenerse en cuenta e incorporarse como un elemento más de la actuación que se lleve a cabo en este entorno natural.

El área del Tea se beneficia de su proximidad a la zona urbana, lo que permite el acceso a pie/bicicleta desde diversas zonas de viviendas, y muy cerca también de la conexión con la autovía a52, y cuenta con un camping cercano, que también se beneficiará de una reforma para volver a ser usado.

Hasta que llegue esta actuación, que esperamos sea una realidad y no otra promesa, y contemple aportaciones de todos los sectores implicados, este recurso debe recibir cuidados que aseguren su uso como zona de esparcimiento y disfrute, cuanto menos en la época estival. Actualizar la zona del arenal, contratar servicio de socorrismo, limpieza, desbroce y mantenimiento de baños públicos, señalización de normas… servicios básicos que deben asegurarse mientras se proyectan actuaciones más profundas y definitivas que mantengan al río Tea como elemento principal de reclamo turístico de nuestra comarca.

A Guarda celebra o Día Mundial do Ioga o domingo 19 de xuño

0

Un ano máis o Concello da Guarda únese ás celebracións do Día internacional do Ioga, programando unha actividade que terá lugar o vindeiro domingo día 19 de xuño nos xardíns do Centro Cultural ás 10.30 h da mañá, onde o Centro Awen Yoga ofrecerá una sesión de Ioga ao aire libre en colaboración co Concello.

O obxectivo desta actividade é celebrar este día e invitar a todas as persoas a achegarse ao mundo do Ioga e que coñezan os seus beneficios.

En sánscrito Ioga significa unión entre corpo, mente e espírito.

O Día Internacional do Ioga recoñece tanto a orixe do ioga como a súa práctica. A iniciativa de celebrar este día a nivel internacional foi presentada ante as Nacións Unidas polo Primeiro Ministro da India, Narendra Modi, en setembro de 2014 con estas palabras:

«El yoga es una inestimable contribución de la antigua tradición de la India. Encarna la unidad de la mente y el cuerpo, el pensamiento y la acción, la moderación y la satisfacción plena, la armonía entre el hombre y la naturaleza, y un enfoque holístico de la salud y el bienestar».

Trala súa proposta, a ONU aprobou a resolución, cuxa iniciativa foi apoiada por 175 países, o máis elevado número de países solidarios na historia da organización.

Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais do Centro Awen: Elvira, Pablo, Iria e Carmiña, profesora de ioga para nenas/os e adolescentes. A primeira parte estará dirixida aos máis pequenos para continuar cunha sesión de ioga para adultos, unha relaxación e algunha sorpresa máis.

Se podes respirar, podes practicar Ioga. Anímate a coñecelo aínda que nunca o practicases!

Prazas limitadas. Actividade gratuíta.

Recoméndase aos participantes traer una esterilla ou toalla, un cinto ou foulard, roupa cómoda e unha manta ou coxín.

Teléfonos a través dos cales podes contactar para pedir máis información: 

Campamentos, campus e cursos de iniciación centran a ampla oferta deportiva e lecer deste verán en Tui

0

Tui acollerá este verán diversas actividades deportivas e lecer promovidas polo Concello de Tui e por distintas asociacións e club deportivos do municipio que en conxunto presentan unha ampla oferta para os meses estivais.

Na presentación destas actividades o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, amosábase satisfeito pola oferta que se presenta durante os meses de xullo e agosto no municipio, ás que se sumará a apertura da piscina municipal a finais do mes de xuño.  A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, era a encargada de explicar os detalles do campamento que organiza o propio concello. Trátase do Campamento Urbano Igual É + no que se ofertan 150 prazas para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Haberá tres quendas entre o 27 de xuño e o 30 de xullo. Será de luns a venres de 9 a 14 h con opción de aula matinal e mediodía. A inscrición está aberta até o luns 13.

Mentres na Aula da UNED do 27 de xuño ao 8 de xullo celebrarase o Campus Urbano Inglés no meu entorno para mocidade de 10 a 15 anos. O horario será de 10 a 18.30 h. A inscrición está aberta até o 25 de xuño podendo realizar na web do Centro Asociado da UNED en Pontevedra no apartado da aula tudense.

A ANPA do CEIP de Guillarei organiza tamén un Campamento de Verán que abarcará todo o período de vacacións escolares dende o 23 de xuño ao 7 de setembro, de luns a venres de 9 a 14, con opción de aula madruga e mediodía.  A inscrición pode realizarse até o 17 de xuño no 675 91 63 55.

En Caldelas a Asociación A Insua organiza tamén un campamento para os meses de xullo e agosto que se celebrará polas mañás de 9 a 14 h e de luns a venres.  Neste caso a inscrición pode realizarse en [email protected] ou no 667 93 32 05.

Amais o Conservatorio Profesional de Música de Tui oferta do luns 27 ao 29 de xuño cursos gratuítos de Música e Movemento para nenos e nenas de 5 e 6 anos, e de Proba Instrumental para os que teñen de 7 a 10 anos. A información e a inscrición está accesible na web deste centro de ensino.

Xa no que se refire ás actividades deportivas o Club Bádminton Tui realizará adestramentos abertos a todas as persoas que desexen probar este deporte no mes de agosto os martes e xoves de 10 a 11.30 h e de 11.30 h a 13 h no pavillón do IES San Paio.

Por outra o Club Balonmán Tui realizará a actividade “Balonmán con amigos” no colexio Maristas do 27 de xuño ao 1 de xullo de luns a venres de 9 a 13 h, e do 1 ao 12 de agosto no pavillón  Gustavo Rodríguez. Trátase dunha actividade gratuíta financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte. Pódese acadar máis información no 684 15 54 64 ou 656 764 852.

Catro serán os campus de fútbol e fútbol sala que se van realizar en Tui este verán. O Club Deportivo Caldelas organiza o VI Campus de Fútbol Sara Tui entre o 27 de xuño e o 8 de xullo dirixido a rapaces e rapazas con idades entre os 4 e os 18 anos. Desenvolverase polas mañás, de 9 a 13 h no Campo Municipal de Fútbol O Foxo de Caldelas. As persoas interesadas poden inscribirse no 680 81 13 58.

O Tyde FC realizará, entre o 18 ao 22 de xullo de luns a venres de 10 a 13.30 h, o V Campus de Fútbol Solidario do Tyde con SOS Tomiño Baixo Miño no Campo Municipal de Fútbol Álvarez Durán. Está dirixido a idades entre os 4 e os 13 anos. A inscrición pode realizarse no 616 73 92 69.

A Quinta de Tui FS amplía a duración do seu Campus de Fútbol Sala Antonio Martín “Toñín” que se celebrará entre o 4 e os 22 de xullo de luns a venres de 9 a 14.30 h nos pavillóns municipais para nenos e nenas de 4 a 15 anos. Neste caso as persoas interesadas deben dirixirse a [email protected] ou  ao 690 05 85 79.

O Club Deportivo Fútbol Sala Tui programación o seu Campus de Fútbol Sala nos pavillóns municipais entre o 22 de agosto e o 2 de setembro, sendo preciso inscribirse no 669 48 24 25.

O Club Kaiak Tudense ofertará de novo por quincenas os seus Cursos de Iniciación ao Piragüismo entre o 1 de xuño e o 31 de agosto os luns, mércores e venres de 11 a 13 h ou de 16.45 a 19 h para rapaces e rapazas de 8 a 14 anos. A información pode ampliarse e realizarse a inscrición en [email protected] ou 687 99 84 97.

O Club Remo do Miño realiza no mes de agosto Cursos de Verán de Remo con inscrición no 651 91 51 50. Por último o Club Remo Tui levará a cabo entre o 1 de xullo ao 31 de agosto, os luns, mércores e venres de 10.30 a 13.00 h os seus Cursos de Verán de Remo. É preciso inscribirse no 648 70 58 89.         

O Concello de Nigrán lanza de novo o reto #SanXoanSenLixo2022

0

“Repitamos o reto, o mar non é un vertedoiro”. Baixo esta premisa o Concello de Nigrán lanza de novo o desafío #SanXoanSenLixo2022 motivado polo éxito acadado no 2019 (último ano que houbo fogueiras en Praia América-Panxón). O obxectivo é que sexa viral outra vez e que o areal volva a amencer completamente limpo grazas ao civismo dos participantes. Esta campaña de concienciación medioambiental foi presentada esta mañá no areal de Panxón coa presencia do alcalde e concelleiros, representantes das concesionarias Aqualia e Cespa, e como ‘padriños’ o futbolista nigranés da U.D Ibiza, Miki Villar; Pedro Novalbos, da Asociación de Escuelas de Surf de Patos; Juan Díaz, presidente da ED Val Miñor Nigrán,  e outros particulares. Persoas recoñecidas como a deportista Desi Vila, o cantante Serafín Zubiri ou o adestrador do F.C. Barcelona feminino, Jonatan Giráldez, apadrinarán tamén a campaña participando no reto consistente en subir unha fotografía ou vídeo as súas redes sociais cun cartel baixo a etiqueta #SanXoanSenLixo2022.

O Concello de Nigrán, consciente da enorme cantidade de desperdicios que se xeneran esa noite, especialmente vidro e plástico, fai un chamamento á responsabilidade de cada un para que non se contamine a area nin chegue ao mar.”Queremos repetir o éxito de 2019 no que por vez primeira Praia América amencía  limpa. Os servizos de limpeza do Concello van acudir coma sempre, pero do que se trata é de que os participantes tomen conciencia, non debemos esperar a que ninguén recolla o lixo por nos”, insiste o alcalde.

Brigadas medioambientais

Con  este obxectivo o Concello repetirá a organización de 2019 instalando illas de reciclaxe a pé de praia e creará unha brigada medioambiental formada por voluntarios que creen conciencia durante a noite (en quendas dunha hora a partir das 21:30) invitando aos asistentes a facer a recollida selectiva e informando da ubicación dos contedores. Os participantes nesta brigada serán agasallados cun bautismo de surf gratuíto durante o Patos Surfing Day (26 de xuño) grazas ás escolas de surf de Patos. Os interesados poden anotarse a través dun formulario web en www.nigran.es. “Trátase dunha iniciativa que funcionou moi ben no 2019, con moi boa acollida entre a mocidade presente na praia, e que consideramos moi importante para que o reto se faga realidade, por iso animamos á xente a que doe unha hora do seu tempo a este cometido”, indica.

O Concello de Nigrán editou tamén cartelería ao respecto na que se incide en 5 premisas básicas: Non deixes lixo. Recicla. Respecta a protección do sistema dunar. Evita facer buratos, teñen impacto negativo no ecosistema. Recorda que as cabichas contaminan. Súmate a esta campaña medioambiental difundíndoa e concienciando aos teus.

A Guarda pecha o Ciclo Medioambiental “Sostendo o Futuro” cun contacontos na praia do Muíño

0

O Concello da Guarda pecha este mes de xuño o Ciclo Medioambiental Sostendo o Futuro programando para o día 23 un “Contacontos na praia do Muiño” dirixido os mais pequenos onde ofreceranse dúas propostas.

O Contacontos está baseado no libro “Os nosos bosques” de temática medioambiental da editorial Miudiño, onde amosan a riqueza da vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país, falarase do respecto pola natureza a posta en valor dos bosques como recurso…

A segunda proposta é “Os nosos mares”, onde amosa a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños… para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país. Este contacontos se complementara con algún xogo que vaia na temática e co entorno da praia do Muíño onde se realizará esta actividade.

Para rematar daráselle uns ramiños de agasallo os nenos das flores de San Xoán, para fomentar as nosas tradicións e que será feito en colaboración coa Asociación de Alfombras da Guarda.

Constituída a Comisión do Irmanamento entre o Concello da Guarda e a Câmara de Póvoa de Varzim

0

No día de hoxe, venres  10 de xuño, quedou constituída a Comisión de Irmanamento entre o concello da Guarda e a Cámara de Póvoa de Varzim.

Esta comisión está integrada polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba,  un representante de cada un dos grupos municipais e un representante da asociación O Piueiro, Tomás Núñez González.

A Comisión de Irmanamento acordou autorizar ao Alcalde da Guarda na sinatura da “Minuta de Acordo de Germinaçao” que terá lugar o próximo 29 de xuño en Póvoa de Varzim.

Este Irmanamento comezou a súa andadura no 2020, cunha proposta da asociación O Piueiro de creación dunha comisión organizadora, posteriormente so equipo de goberno da Guarda se puxo en contacto con representantes  da Cámara de Póvoa de varzim para manifestar de maneira explícita a vontade de Irmanamento pero debido  á pandemia do Covid houbo que retrasar  a súa celebración ata o 2022.

Os actos centrais en Póvoa terán lugar o 29 e 30 de xuño, e na Guarda se farán coincidir coa celebración da romería de Sta. Trega o 23 de setembro e a celebración dun Pleno Extraordinario o 24 de mesmo mes.

A relevancia deste Irmanamento, entre dous pobos cunha intensa relación ao longo dos tempos, permitirá estreitar estes lazos,  incrementar  as relacións culturais, fomentar  un turismo  mutuo entre os cidadáns  de ambas entidades e posibilitará un intercambio de experiencias e de coñecementos entre os responsables  da xestión  municipal  coa finalidade de  propiciar o intercambio  de iniciativas e de mellora en materia dos servizos á cidadanía.

O Concello repón 120 exemplares do fondo da Biblioteca Municipal para as catro casiñas de libros de Ponteareas

Co obxectivo de fomentar a lectura entre a veciñanza de todas as idades, o Concello de vén de repoñer 120 exemplares pertencentes ao fondo da Biblioteca Municipal para empregar nas catro casiñas de libros de Ponteareas. Con esta reposición consolídase unha iniciativa posta en marcha no ano 2018, a concellaría de Cultura, que dirixe Fernando Groba, quere promover o intercambio de libros, “estendendo os servizos da biblioteca a todas e todos os ponteareáns, garantindo o acceso de balde á cultura e fomentando a lectura en lugares públicos”.

Ponteareas conta con catro casiñas de libros instaladas na Praza Maior, no parque da Perillana, nos xardíns da Xiralda e no parque Ferro-Ucha, nas que acaban de incluírse novos libros de literatura infantil, xuvenil, adultos, ensaio, historia, arte… “Calquera persoa pode achegarse a estas casiñas e gozar da lectura, porque nelas pódense atopar libros de todos os xéneros e para todos os públicos”, salienta o edil.

Ademais, todas as persoas que o desexen poden incorporar libros a estas casiñas viaxeiras, que comezaron a súa andaina pola vila cun lote inicial achegado pola biblioteca municipal. Unha actividade interactiva e participativa na que cada persoa pode coller un libro e deixar outro.

A nova senda de Parderrubias suporá unha transformación da seguridade para os veciños

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a transformación que supón para a seguridade e a mobilidade dos veciños de Salceda de Caselas a nova senda de Parderrubias, cun investimento da Xunta de máis de 900.000 euros.

Vázquez Mourelle supervisou hoxe o resultado dos traballos do novo itinerario para uso de peóns e de ciclistas non deportivos na estrada autonómica PO-411, entre o acceso ao IES Pedras Rubias e a travesía de Salceda de Caselas, tras o paso sobre a PO-510. 

A conselleira subliñou que a senda favorece os desprazamentos cotiáns dos veciños, que xa a están a empregar, beneficiándose dunha maior seguridade viaria na contorna do centro educativo. En total puxéronse en servizo máis de 2 km de itinerarios dun ancho variable de entre 1,80 e 2,00 metros, adaptándose  ao espazo dispoñible á beira da estrada.

En concreto, executáronse 3 treitos alternos entre ambas as marxes da estrada, comezando a senda pola marxe dereita no viario de acceso ao IES Pedras Rubias, para mellor mobilidade e protección na entrada do centro. Desde o acceso do IES ata Salceda, no enlace coa estrada PO-510, executouse o itinerario pola marxe esquerda ao longo de 1,7 km, e xa no punto final, no terceiro treito, a senda volve á marxe dereita desenvolvéndose ao longo duns 300 metros.  

A titular de Infraestruturas e Mobilidade detallou que as obras incluíron outras actuacións complementarias para contribuír a incrementar a seguridade dos peóns e ciclistas nesta vía autonómica, tendo en conta que son os usuarios máis vulnerables das estradas e, polo tanto, precisan de especial atención, remarcou.

A este respecto referiuse tamén á disposición dun paso de peóns sobreelevado, para que os veciños da zona poidan atravesar a estrada en condicións de maior seguridade ou á ampliación do paso sobre o regato de Landres. Esta última actuación retrasou as obras sobre o prazo inicialmente previsto, pola autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

As obras aproveitáronse para repoñer case 500 metros de colectores da rede de saneamento co fin de garantir o seu correcto funcionamento e evitar afeccións futuras á senda.

Ademais actuouse nas interseccións e nos accesos ás vivendas, executándoos na mesma cor que a senda para unha maior integración, e trasladouse unha marquesiña, para gañar funcionalidade e seguridade.

Ethel Vázquez puxo en valor o fito que supón o remate desta actuación, polo que a Xunta dá por concluída a que é a 1ª fase do Plan de sendas da comarca de Vigo, poñendo á disposición dos veciños máis de 12 km de itinerarios seguros, sustentables e saudables, logo dun investimento de arredor de 6 M€.  As actuación contan co financiamento dos fondos da Unión Europea FEDER 14-20.

Fixo fincapé na aposta decidida do Goberno galego polo fomento dunha mobilidade máis saudable e sostible, pola que se quere acadar unha Galicia máis verde, en liña co crecemento verde da Unión Europea; ao tempo que se presta especial atención á protección dos usuarios máis vulnerables das estradas.

A conselleira afirmou que o departamento que dirixe seguirá traballando nesta liña que permitiu construír nos últimos anos 200 km de sendas peonís e ciclistas nas que a Xunta investiu máis de 50 M€.

Comezan a traballar na Cañiza as 12 persoas seleccionadas a través do Plan Concellos da Deputación

0

O pasado 28 de marzo comezaron a traballar as 12 persoas seleccionadas no procedemento de contratación para cubrir os postos de 2 mozos de recollida de lixo, 7 peóns de obras públicas e 3 conductores operadores de maquinaria de vías.

Unha convocatoria pública de emprego á que están destinados un total de 128.458,73 euros, subvencionados case na súa totalidade pola Liña 3 do Plan Concellos da Deputación Provincial, tendo o Concello que aportar de fondos propios 3.555,68 euros.

A selección de persoal respetou os principios de igualdade, mérito e capacidade, nun proceso que cumpre por terceiro ano consecutivo coa preceptiva publicidade da convocatoria e das Bases. Tamén estiveron garantizados os principios de transparencia, imparcialidade, profesionalidade e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección e, segundo a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, a igualdade efectiva de mulleres e homes.

O tribunal cualificador estivo constituido por persoal funcionario dos Concellos de As Neves e Melón así como persoal laboral fixo dos concellos de Mondariz e Crecente. Tamén formou parte o  normalizador lingüista do Concello da Cañiza.

Todas as prazas ofertadas son a xornada completa, 7,5 horas e os salarios deste persoal  están equiparados cos dos empregados do concello con similares ocupacións.

Por terceiro ano consecutivo eliminouse a entrevista no proceso de selección, converténdose nun concurso garantista ao 100 %  dos principios constitucionais de igualdade de oportunidades, mérito e capacidade.

90 deportistas serán homenaxeados o Día da Rosa no acto Xoga Mos c@s Mellores

0

Todos os clubes e deportistas individuais mosenses con logros deportivos durante os últimos 4 anos serán homenaxeados o vindeiro luns, 13 de xuño e Día da Rosa, ás 20h no Multiusos das Pozas, no acto titulado Xoga Mos c@s Mellores. Son un total de 90 galardoados que inclúen 4 mencións especiais: a Florentino Soliño Rodríguez, que leva máis de 50 anos na directiva do Alerta Club de Fútbol, a Alejandro de Miguel e Alberto Costas, e unha homenaxe póstuma ao gran Alejandro Gómez.

Entre os galardoados hai deportistas e clubes das disciplinas máis variadas e variopintas, desde o coñecido como deporte rei, o fútbol, ata os máis exóticos como a capoaeira. E é que Mos conta con campións das disciplinas deportivas máis variadas, “Mos é terra de DEPORTE con maiúscula. De deportistas de primeiro nivel”, aseguran a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, José Areal.

“Non hai mes que non recibamos no Concello a un deportista ou clube, ou varios, para felicitalos polos seus novos logros deportivos. E non son méritos menores, xa que temos en Mos desde campións provinciais ata autonómicos, de España, de Europa e incluso do Mundo”, insiste Arévalo, rexedora local.

Por iso queda claro que Mos atópase moi ben situado no mapa deportivo, destacando no fútbol, co UD Mos Feminino en Primeira Nacional, ou con Rubén Blanco e Brais Méndez no primeiro equipo do RC Celta (Brais ademáis debutou como internacional coa Selección Española). E en disciplinas tan variopintas e variadas como: A Capoeira. O Taekwondo. E outras disciplinas de artes marciais (Taekwondo) e deportes de contacto (Kick Boxing e Full Contact)… O Tiro con Arco. A Hípica. O Xadrez. O Ciclismo. A Natación. O Atletismo. O Alpinismo. O Tenis de Mesa. A Patinaxe. Deportes de Motor e Náuticos, O Baile, O Balonmán, O Deporte Adaptado, …

Ademais en Mos hai campións de todas as idades, desde a categoría biberón do Club Louro Tameiga e Unión Deportiva Mos, ata a gran Celia Iglesias, nadadora do Club Natación Mos con máis de 90 anos.

Campións auténticos referentes a nivel mundial, e con pavillóns deportivos municipais mosenses bautizados co seu nome. Como son os 3 grandísimos e inigualables: Óscar Pereiro. Patricia Martínez. E Soledad Castro.

Grandes mulleres deportistas que triunfan en disciplinas nas que habitualmente destacan os homes: Susana Alonso Carballo: bicicleta de montaña. E Verónica Romero: alpinismo, expedicións polares e atletismo de alto rendemento competindo contra homes. Toda unha amalgama que suma 90 galardóns, que serán entregados o vindeiro luns, co deporte mosense como verdadeiro protagonista para poñer o broche de ouro ao Día da Rosa.

O Rosal inicia unha campaña de sensibilización para un consumo de auga responsable

0

O Concello do Rosal inicia unha campaña de sensibilización e concienciación cidadá sobre a situación na que se atopan as reservas de auga na comarca e a necesidade de facer un consumo responsable da auga. Augas de Galicia decretou a situación de prealerta de seca en toda a demarcación hidrográfica de Galicia Costa, xa que os recursos hídricos existentes mantéñense en niveis inferiores aos habituais nesta época do ano.

“Con esta iniciativa queremos concienciar aos nosos veciños e veciñas para que fagan un uso racional da auga nos seus domicilios para non poñer en risco o abastecemento en caso de falta de chuvias”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora salienta que “aínda que ningunha traída tivo que restrinxir os litros diarios, temos que ser responsables na xestión da auga no noso día a día”.

Con esta campaña faise fincapé en que a auga dispoñible na natureza para uso humano é un recurso limitado recompilando unha serie de consellos prácticos e de accións que se poden levar a cabo para contribuír á redución do seu consumo. Cambiar a forma de regar e lavar o coche, arranxar roturas de tubaxes, un correcto mantemento das piscinas ou empregar a auga só para uso doméstico son algúns dos consellos que se recollen nesta campaña de difusión que se realizará a través das redes sociais municipais.

A Oficina Agraria Móbil estará en Arbo o mércores 15 de xuño

0

A Oficina Agraria Móbil desprazarase ao Concello de Arbo o vindeiro mércores día 15 de xuño, coincidindo co día de mercado neste municipio.

A oficina, que se situará na Rúa Luis Cubelas, diante da oficina de correos, atenderá ao público dende ás 10:00 á 13:30 horas.

As funcións que realizarán son as seguintes:

  1. SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
    • Información xeral.
    • Rexistro de documentación.
    • Alta e baixas de animais.
  2. SERVIZOS VETERINARIOS
    • Xestión de guías sanitarias
    • Información sobre autorización e rexistro de explotacións gandeiras.
  3. SERVIZOS AGRARIOS
    • Información de axudas e trámites de rexistros.
    • Información e trámites de viñedo.
    • Aconsellamento de explotacións.

Charlas en Baiona para coñecer o uso axeitado dos parques biosaudables

0

O Concello de Baiona acolle o martes 14 de xuño  a unh charla charla explicativa sobre o correcto uso dos parques biosaudables, dirixida a toda aquela persoa interesada en practicar exercicio ben. Esta terá lugar ás 11:00 horas na instalación ao carón do Campo de Fútbol do Aral, enfrente do Centro de Saúde,  e a seguinte será o 21 de Xuño ás 11:00 no mesmo lugar.

O Concello de Baiona, xunto ao de Nigrán e Gondomar, participa nun proxecto pioneiro de fomento do uso correcto dos parques biosaudables, idea que foi desenvolvida desde a Unidade de Fiosioterapia de Atención Primaria do Centro de Saúde do Val Miñor. O obxectivo é mellorar o nivel de saúde da comunidade, fomentando o exercicio físico de forma segura (na web www.baiona.gal pódense descargar folletos explicativos).

AporM censura ao alcalde porque a piscina municipal de Mondariz tampouco abrirá ao público este verán

0

O goberno municipal de Mondariz vén de anunciar que a piscina municipal, situada no barrio do Pé do Muíño, na parroquia de Riofrío, tampouco vai abrir as súas portas este verán. O alcalde, nunha mensaxe dada a coñecer nas redes sociais, afirma que “non poderá abrir ao público este verán porque é necesario realizar unha serie de obras de reparación para poñer en marcha esta instalación, e estas obras demandan cuantiosos recursos que neste momento o Concello de Mondariz non pode destinar”.

O goberno municipal decidiu non solicitar á Xunta de Galicia as subvencións que a administración autonómica convoca todos os anos para facilitar que os concellos doten as súas praias e piscinas de socorristas.

Xoán C. Montes, líder da oposición mondarizá, que conta con catro edís, preguntaralle no próximo pleno ao grupo de goberno por que o alcalde do BNG e o tenente de alcalde do PSOE non fixeron nada durante os últimos tres anos para poñer a piscina ao día, reparando o que fose necesario para que, este verán, unha vez superada a pandemia, as veciñas e veciños puidesen gozar de novo das súas instalacións, ao igual que van facer os dos concellos limítrofes: Covelo, As Neves, Ponteareas, Salvaterra ou A Cañiza.

“Un goberno responsable coida as instalacións e equipamentos municipais, manteno en boas condicións e pono a disposición dos veciños e veciñas. O goberno municipal de Mondariz é incapaz de abrir durante o verán a piscina, en particular para os nenos e as nenas, unhas instalacións inauguradas no ano 2015 que custaron máis de 300.000 euros”, afirma o portavoz de AporM, que mantivo aberta esta instalación durante os catro anos do seu mandato.

Tres anos pechada

O portavoz municipalista sinalou tamén que “se este verán non abre a piscina, sumará tres anos pechada, pola falta de previsión e mantemento do goberno municipal, que foi incapaz de abrir a piscina ao público nin un só día desde que chegou á alcaldía”.

Este domingo Oia celebra o curro de Mougás

0

Como vén sendo tradicional, o segundo domingo do mes de xuño celebrarase o curro de Mougás, que na edición deste ano prevé reunir un total de 400 bestas e 120 poldros. Despois das rapas da Valga e Torroña, esta é a terceira e última cita de primavera no concello de Oia.

A partir das 9.00 horas deste domingo día 12 comezarase a xuntar os cabalos para conducilos ata o recinto do curro de Mougás, a onde chegarán sobre as 12.00. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, desenvolveranse as actividades de rapa, desparasitado e marcaxe dos animais, que posteriormente volverán quedar libres no monte.

A xornada, gratuíta para o público asistente, transcorrerá no seu tradicional ambiente festivo, tal e como vén sendo habitual todos os anos a excepción dos momentos nos que as restricións pola COVID-19 obrigaron a celebrar estas rapas das bestas sen público.

Despois dos curros da Valga (8 de maio),  Torroña (5 de xuño), e Mougás (12 de xuño), no verán celebraranse os denominados “curros das moscas”.

60 inscritos na listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida en pouco máis dunha semana aberta

0

Desde o pasado 1 de xuño, data na que o Concello de Mos abriu a listaxe municipal de demandantes de vivenda protexida, xa hai inscritos 60 veciños e veciñas interesados en optar a esta futura oportunidade residencial no municipio.

A listaxe municipal continuará activa para que se anote toda a veciñanza que o desexe e con estos 60 xa incritos procederase a formalizar inscrición no rexistro oficial autonómico de Vivenda Protexida de Galicia para que a Xunta inicie os trámites pertinentes a este respecto.

Nesta listaxe municipal poden apuntarse as persoas que desexen solicitar este tipo de inmobles incluídos no proxecto de impulso da vivenda protexida no Concello.

A listaxe municipal de demandantes de vivendas está xestionada polos servizos municipais e nela poden inscribirse os cidadáns interesados en solicitar o acceso a algunha das futuras vivendas que se desenvolvan a partir do proxecto do Concello.

Cómpre lebrar que a finais do pasado mes de maio o director xeral do IGVS, Heriberto García Porto, e a alcaldesa, Nidia Arévalo, acompañados de varios técnicos municipais, reuníronse para estudar as posibilidades en materia residencial. Durante a xuntanza, Xunta e Concello de Mos, analizaron as alternativas para desenvolver vivendas protexidas no municipio.

Durante a reunión, continuación da mantida o pasado mes de marzo, analizáronse posibles alternativas de solo para a construción de vivendas protexidas en Mos, tanto de promoción pública como privada. A tal fin, estudáronse diferentes posibilidades de novos desenvolvementos de solo residencial.

O concello da Guarda precisa socorristas para garantir a seguridade nas praias

0

O Concello da Guarda precisa persoal para cubrir as prazas de socorristas de cara á inminente tempada estival e garantir deste xeito a seguridade nos areais da Praia fluvial do Muíño, na desembocadura do Río Miño e na Praia marítima de Area Grande, ámbalas dúas con Bandeira Azul.

Todas as persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as prazas de socorristas no Concello da Guarda e que conten coa titulación esixida para o desempeño do traballo de socorrista, deberán anotarse nas oficinas do Servizo Galego de Emprego de Tui á maior brevidade posible.

Este ano o Corpus Christi de Ponteareas estrea alumeado

Ponteareas porá fin en poucas semanas ás obras de renovación do seu alumeado público, a través do que se substituíron as luminarias públicas nas parroquias e no centro urbano por tecnoloxía LED e telexestión, o que permitirá un maior aforro enerxético, mellorar a seguridade cidadá e axustar a iluminación ás necesidades da vila. “Xa temos renovadas máis do 90% das luminarias e cadros de mando. Con este cambio tamén fomos implantando unha ferramenta que nos permite monitorizar, medir, controlar e realizar xestións en remoto do alumeado público, ofrecendo así unha maior calidade”, sinala Chus Garrote, tenenta de alcaldesa e concelleira de Vías, Obras e Alumeado.

Precisamente será o tradicional Corpus Christi de Ponteareas o que estree este novo alumeado público no centro urbano da vila. Dada a importancia que ten para a veciñanza esta festa grande e a elaboración das alfombras florais a noite previa a Corpus, o Concello realizou estudos lumínicos pormenorizados para axustar as ópticas en cada un dos tramos e “conseguir unha iluminación óptima cunha alta uniformidade coa mínima potencia. Ademais, a axeitada temperatura de cor daralle ás nosas rúas un aspecto harmónico e un ambiente acolledor”.

Concello e Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas visitaron esta semana o percorrido das alfombras de noite para probar in situ o novo alumeado e preparar todo para a vindeira semana. Alcaldesa, tenenta de alcaldesa e concelleiros foron recorrendo tramo a tramo cos e coas alfombristas subindo a iluminación un 50% máis en cada zona para comprobar a melloría e ver aqueles puntos nos que se precisarán proxectores para as zonas de sombra, que coas novas luminarias serán moitos menos.

O Concello comezou hai uns meses a renovar o sistema lumínico do municipio, comezando polas parroquias máis afastadas e as rúas máis transitadas. Con este cambio conséguese unha importante diminución do consumo enerxético, increméntase o aforro de custos e mantemento, redúcese a pegada e carbono e tamén diminúese a contaminación lumínica.

Ademais, a nova iluminación está analizando posibles melloras en zonas quentes como poden ser cruces de peóns ou espazos no que ata o de agora contaban con luz deficiente ou inexistente. “Este cambio era algo necesario para todo o municipio e é unha satisfacción que estea completamente renovado nesta época do ano, coincidindo cun Corpus que sabemos que será todo un éxito de participantes tras dous anos de parón pola pandemia. Veciños e visitantes serán testemuñas do noso novo alumeado”, salienta Garrote.

Este proxecto do Goberno municipal do BNG-PSOE conta co cofinanciamento ao 80% con fondos do Instituto de Diversificación y Ahorro Energético (IDAE) do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.