Despois de dous anos de parón por mor da Covid-19, o Concello de Arbo organiza novamente este ano o Torneo de Fútbol Sala “Vila de Arbo”, un clásico no verán cultural que se organiza no municipio.
O pavillón municipal de deportes de Arbo, acollerá os vindeiros días 29, 30 e 31 de xullo o torneo donde o primeiro clasificado acadará un premio en metálico de 1.100 euros e trofeo.
O prazo para inscribirse remata o venres día 22 de xullo de 2022 e o sábado 23 de xullo ás 13:00 horas terá lugar no salón de plenos a presentación e o sorteo dos equipos.
Os interesados poderán presentar as súas propostas ou solicitar información no teléfono 617 342 562 ou no e-mail [email protected].