25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño oferta este verán máis de 450 horas de actividades deportivas, formativas...

    Tomiño oferta este verán máis de 450 horas de actividades deportivas, formativas e de lecer

    Tras dous anos de pandemia, Tomiño recupera a normalidade de cara ao verán (meses de xullo, agosto, setembro e outubro) realizando unha mega oferta de campus, campamentos, cursos e obradoiros. O obxectivo é que a infancia e a mocidade poidan participar en propostas de educación non formal de carácter lúdico, educativo e deportivo.

    Unha vintena de actividades (7 campus e 2 cursos deportivos, outros 4 cursos e eventos para a mocidade; 3 obradoiros e 2 campamentos) coas que o Concello tenta contribuír á conciliación da vida familiar e laboral e á inclusión social, fomentando ademais a interacción e a convivencia entre os/as participantes.

    A oferta suma nada menos que 451,5 horas de formación e desfrute, divididas en 300 horas en disciplinas deportivas e as restantes en cursos, eventos, obradoiros e campamentos.

    As diferentes propostas que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas e horarios, fundamentalmente, durante os meses de xullo e agosto. Cadaquén poderá escoller entre unha ampla oferta de actividades deportivas, científicas, artísticas, etc.

    Concretamente, haberá tenis, con xornada de portas abertas; curso de promoción do piragüismo; campus de skate, fútbol feminino e mixto de fútbol; campus de tenis, de pádel, de bádminton e de atletismo; ioga integral para nenos e nenas; infancia e mocidade, campamento urbano e campamento musical; curso de fotografía, obradoiro de vídeo mapping e de canto (Operación Triunfiño en Tomiño); curso de iniciación ao lettering, obradoiro de robótica, evento de gaming (Tomiño Gamer) e a actividade “Constrúe o teu Futuro” con metodoloxía lego® serious play®

    A Concellería de Participación Infantil e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, prevé bonificacións para diferentes casos; por exemplo, para os nenos e nenas empadroadas en Tomiño que sexan irmáns e participen xuntos/as na mesma actividade (bonificación a maiores de 5 euros por cada neno/a); persoas que sexan voluntarias do Concello (bonificación do 50% en todas as actividades), ou socios e socias da Agrupación Musical de Goián (bonificación do 50% no campamento musical).

    Por último, as persoas que entreguen informe favorable do Departamento de Servizos Sociais do Concello terán unha bonificación do 50%, ou ben, dereito a asistir de xeito gratuíto a todas as actividades que se ofertan na campaña de deportes de 2022.

    Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor legal.

    En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información, chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións poden realizarse a través dun formulario que está disponible en https://tomino.gal/campus-cursos-e-obradoiros-veran-2022/.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.