A Oficina Agraria Móbil desprazarase ao Concello de Arbo o vindeiro mércores día 15 de xuño, coincidindo co día de mercado neste municipio.
A oficina, que se situará na Rúa Luis Cubelas, diante da oficina de correos, atenderá ao público dende ás 10:00 á 13:30 horas.
As funcións que realizarán son as seguintes:
- SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
- Información xeral.
- Rexistro de documentación.
- Alta e baixas de animais.
- SERVIZOS VETERINARIOS
- Xestión de guías sanitarias
- Información sobre autorización e rexistro de explotacións gandeiras.
- SERVIZOS AGRARIOS
- Información de axudas e trámites de rexistros.
- Información e trámites de viñedo.
- Aconsellamento de explotacións.