A Guarda abre a contratación laboral temporal dun patrón para o servizo de salvamento

O Concello da Guarda selecciona un patrón de embarcación para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello, durante 2,5 meses a xornada completa. Titulación mínima esixida: patrón de navegación básica (PNB) ou patrón de embarcación de recreo (PER) ou licenza federativa para o goberno de embarcacións de recreo. As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro e na sede electrónica do concello (http://aguarda.sedelectronica.gal)

A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil Tomiño-Cerveira, a estudo pola Comisión Europea

O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N).

Tomiño organiza unha decena de campus e actividades de verán

O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición nas Actividades de Verán para nenas e nenos. Unha decena de propostas e, concretamente, oito campus deportivos e dous campamentos: urbano e musical. Piragüismo, tenis, pádel e fútbol; rugby, skate, balonmán e atletismo, son as disciplinas dos campus organizados pola Concellería de Deportes.

A Guarda recupera o Cruceiro Pinto de Salcidos

O Concello da Guarda ven de rematar recentemente as obras do Proxecto de Urbanización do entorno do Cruceiro Pinto de Salcidos. Neste proxecto de renovación do pavimentado do camiño da Cruz, no entorno do cruceiro Pinto, situado no núcleo de San Lourenzo da parroquia de Salcidos, realizouse unha obra para a acondicionar este ben patrimonial, permitindo mellorar este camiño para o servizo do común dos cidadáns.

A Guarda inaugura unha exposición fotográfica sobre as alfombras florais

O pasado venres, 7 de xuño, a Casa dos Alonsos da Guarda acolleu a inauguración da Exposición fotográfica 'Alfombras Florais na Guarda', unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo. No acto de inauguración interviron o alcalde en funcións, Antonio Lomba e a presidenta da Asociación Cultural Alfombras da Guarda, Mª Emilia Baz, contando coa presenza de numerosas persoas que participan cada ano na elaboración das Alfombras Florais na Guarda.

Suscribirse a este canal RSS