15.5 C
Pontevedra
Luns, 29 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA Guarda‘Obradoiro de Perfumes vexetais’, próxima entrega do ciclo Sostendo o Futuro en...

    ‘Obradoiro de Perfumes vexetais’, próxima entrega do ciclo Sostendo o Futuro en A Guarda

    O Concello da Guarda organiza o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro na súa cuarta edición, iniciativa que comprende roteiros, observación e outras actividades de contido de coñecemento do medio natural ao longo do presente ano.

    Dentro deste ciclo medioambiental, a actividade Elaboración de perfumes vexetais, desenvolverase o día 21 de abril de 10:30 h a 13:00 h, na Casa dos Alonsos, concello de A Guarda.

    Este obradoiro trata do analise ambiental de perfumes e cosméticos convencionais, e a elaboración de productos artesanais  con recetas doadamente reproducibles.

    As persoas deberan apuntarse chamando ao concello no 986 61 00 00 ou a través do correo medioambiente@aguarda.es

    Prégase que os asistentes que poidan traian un botiño de cristal reutilizado de un cosméticos ou do aceite.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.