19.7 C
Pontevedra
Martes, 15 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: programación cultural

    Seis espectáculos marcan o inicio da programación de 2022 no Teatro Municipal de Tui

    O Teatro Municipal de Tui abre a programación de 2022 con seis espectáculos a celebrar entre o 4 de febreiro e o 18 de marzo. Teatro e música son os dous eixos desta proposta cultural da que a metade dos eventos van dirixidos a público infantil e a outra metade a público adulto. O teatro tudense terá o 85 % do aforo e contará cun protocolo covid nunha aposta pola cultura segura. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o próximo martes, 1 de febreiro, ás 21h a través de www.tui.gal. Os prezo en función do evento oscilan entre os 10 € e os 3 €.

    “Unha provincia de película!”, a nova programación cultural da Deputación

    Cultura para todas e todos, accesibilidade, inclusión, ocupando espazos, coidando o medio ambiente, cumprindo cos 17 ODS da Axenda 2030 e coa igualdade como eixo transversal a todas as accións.

    A Guarda presenta unha programación cultural de outono ampla, variada e para todos os públicos

    O Concello da Guarda presentou, este pasado venres 29 de outubro a Programación de Outono nun acto presidido polo alcalde Antonio Lomba ao que acompañaban a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes; o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez e a concelleira de Desenvolvemento Local e Formación, Fátima Rodríguez.

    A Concellería de Cultura de Redondela presenta a programación cultural para os vindeiros catro meses

    A Concellería de Cultura que xestiona Iria Vilaboa vén de presentar a programación cultural dos vindeiros catro meses –outubro/febreiro–, unha programación variada e para todos os públicos e que, nas datas do Nadal, prestará especial atención ás actividades dirixidas aos máis pequenos e pequenas.

    A programación cultural de verán de Redondela, que comeza hoxe, contará cunha ducia de concertos espallados por diferentes puntos

    A programación cultural de verán de Redondela arranca hoxe, 16 de xulo, coa actuación de Os Carunchos, grupo de música tradicional galega, a partir das 21:30 horas na alameda Rosalía de Castro de Chapela. Este ano, a Concellaría de Cultura ofrece unha ducia de actuacións na que se combinan...

    O cinema no Paseo Fluvial abre a programación cultural do verán

    O cinema abre a programación cultural do verán en Tui. O Paseo Fluvial volverá converterse nunha sala de cinema ao aire libre con capacidade para 300 persoas na que se proxectarán tres películas das que o público poderá gozar esta semana; Zog y los doctores voladores, El viaje de Chihiro e Stand by me. As entradas poden reservarse de forma gratuía en www.tui.gal.

    Homenaxe a Xela Arias e celebración da lingua galega na programación das Letras Galegas 2021 en Mondariz

    O Concello de Mondariz inicia este sábado, 15 de maio, a programación conmemorativa das Letras Galegas 2021 cun concerto de "Desertores" en homenaxe a Xela Arias, que fora colaboradora do grupo durante a movida viguesa dos anos oitenta.

    Tomiño retoma a programación cultural co espectáculo “Só.”, do artista Xampatito Pato

    A programación cultural volve a Tomiño o vindeiro 25 de abril. Será no Auditorio de Goián a mans do artista Xampatito Pato, co seu espectáculo “Só.”, unha auténtica revelación na escena circense.

    Programa Cultural de Semana Santa en Mos

    A concellería de Cultura e Turismo do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro ten preparada unha programación cultural de Semana Santa, chea de actividades lúdicas para gozar en familia sen necesidade de moverse do municipio.

    Unha viaxe teatral pola vida de María Casares inaugura a axenda cultural de outono do Concello de Tomiño

    “Despois das ondas. Unha viaxe teatral pola vida de María Casares” abre o vindeiro sábado, tras o parón do Covid-19, a Axenda Cultural de Outono do Concello de Tomiño. Nesta peza, mesturando cinema en directo, teatro e música, percorreranse os lugares e momentos da vida de María Casares, actriz coruñesa de talla internacional considerada musa do existencialismo francés, na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

    Obxectivo “Culturminho”: crear unha programación cultural transfronteriza

    A Deputación de Pontevedra presentou onte en Tui o 1º Foro da Cultura do Rio Miño Transfronteirizo, ‘Culturminho’, que se vai celebrar en formato dixital os vindeiros 6, 7, 8 e 9 de outubro. Trátase dun evento que, segundo dixo o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, servirá de lugar de encontro de todos os axentes culturais, asociacións, colectivos, concellos e outras entidades institucionais do territorio do Miño para fomentar a creación dunha programación cultural realmente transfronteiriza e conxunta para ambas marxes do río.

    Mondariz da a coñecer unha ampla programación cultural para este outono

    O Concello de Mondariz vén de dar a coñecer a súa progración cultural de outono, unha serie de actividades nas que abunda o cinema e o teatro e repítense actividades que tiveron unha grande aceptación en edicións pasadas como as xornadas de micoloxía –que cada vez contan con máis persoas afeccionadas ao mundo dos cogomelos– e as clases de defensa persoal para mulleres.

    A programación cultura de setembro arrinca co Festival de Cans e a exposición ‘Fuera de escena’

    A programación cultural do mes de setembro no Concello do Porriño arrinca coa exposición “Fuera de Escena” e a celebración da XVII edición do Festival de Cans. Este martes 1, ás 20 horas, terá lugar a inauguración de “Fuera de escena”, coa presencia da alcaldesa, Eva García de la Torre e da concelleira de Cultura, Cami Moreira. Haberá unha visita guiada e ademais, a actuación da cantante porriñesa Noemí Fernández.

    Música, novo circo e cinema, na programación semanal de ‘Volvemos á rúa’ de Tui

    Esta semana prosegue a programación cultural 'Volvemos á rúa' con novas propostas entre as que, a primeira, será a música da man do pasarrúas que o mércores, dende ás 21 h, ofrecerá a charanga tudense A Tu Ritmo. Amais na fin de semana, a partir das 21 h, continúan os pasarrúas o sábado co grupo folclórico Inquedanzas da Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis e o domingo co grupo folclórico San Fins de Rebordáns.

    Programación cultural do Concello do Porriño “para un tempo novo”

    A Concellería de Cultura e Festas anuncia para o vindeiro sábado 25 de xullo, a celebración do “Primeiro Encontro de Músicas Ibéricas” que terá lugar no Torreiro da Guía, en Atios, a partir das 22 horas, cun aforo limitado a 100 espectadores.

    Redondela presenta unha Programación Cultural de Outono con protagonismo do teatro, a música e o humor

    "Estou super orgullosa, como alcaldesa, de presentar esta Programación Cultural de Outono elaborada pola Concellería de Cultura é que está dirixida a todos os públicos e que inclúe todo tipo de actividades", asegurou Digna Rivas na presentación do amplo programa de actividades culturais, presentación na que estivo acompañada do concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa.

    Marta Valcárcel presenta o programa de actividades «Vive agosto en Salvaterra»

    A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar a programación que, durante o mes de agosto, ofrecerá o Concello e que se desenvolverá baixo o lema «Vive agosto en Salvaterra». A programación cultural presentada, como xa é habitual no concello fronteirizo, é "variada, para todos...

    A música de violonchelo, protagonista en Nigrán con tres concertos do ‘IV Curso de Verán SonCello’

    O Concello de Nigrán ofrece ata o venres 19 de xullo tres concertos de violoncellistas que asisten no CEE de Panxón ao curso de verán da Asociación de Violoncellistas de Galicia 'Soncello'. Este curso inclúe a celebración destes concertos, levados a cabo por músicos convidados, profesores e o propio alumnado,...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.