Tag: lectura
Xuventude de Gondomar pon en marcha unha campaña de promoción da lectura
Abrir a porta ás novas xeracións aos diferentes mundos que se ocultan entre as páxinas dos libros e motivar o seu gusto pola lectura é o obxectivo de “Abrindo portas. A lectura ten o poder de transformar”, que o departamento de xuventude pondrá en marcha este próximo venres e que se desenvolverá mensualmente.
A Biblioteca Municipal de Tui presente nas redes sociais para promover a lectura
Dende o pasado luns 11 de xaneiro, coincidindo coa celebración do “Día dos usuarios das bibliotecas”, a Biblioteca Municipal de Tui comezou a súa presenza no ámbito das Redes Sociais abrindo os seus perfís.
Tui celebra as Vodas de Ouro da Biblioteca Pública con actividades para todos os públicos
A Biblioteca Pública Municipal de Tui cumpre 50 anos de actividade en Tui. As súas primeiras instalacións estiveron na casa do concello e dende 2003 conta con 400 m2 na Área Panorámica. Onte a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicentes, e o técnico da Biblioteca, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron en rolda de prensa o programa conmemorativo deste aniversario, que se desenvolverá até o 24 de outubro, cando precisamente se celebra o Día da Biblioteca.
As Axencias de lectura de Areas, Xinzo e Ribadetea volven a abrir as súas portas
A concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de dar a coñecer que as Axencias de Lectura de Áreas, Xinzo e Ribadetea volverán abrir as súas portas a vindeira semana. O horario será de 16:00 a 18:00 h os martes en Areas, os mércores en Xinzo e os xoves en Ribadetea.
A Biblioteca de Tui acolle o contacontos «A música da auga» do Bardo Abelardo
A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá xoves, 17 de outubro, ás 18 h o contacontos musical 'A música da auga' a cargo do Bardo Abelardo. Esta proposta vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 11 anos. A entrada é de balde até completar a capacidade do local. Esta actividade forma parte do programa organizado para conmemorar o Día da Biblioteca.