21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece catro contacontos de dinamización á lectura dende este vindeiro venres...

    Nigrán ofrece catro contacontos de dinamización á lectura dende este vindeiro venres ata o 8 de outubro

    Están dirixidos a crianzas e celebraranse no Auditorio Municipal, sendo imprescindible a inscrición previa ao haber un aforo limitado por cuestións de seguridade sanitaria

    O Concello de Nigrán, a través da Biblioteca Municipal, ofrece semanalmente desde este venres no Auditorio Municipal e ata o 8 de outubro catro contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura “Ler conta Moito”. Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa para cada un deles na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986 383 979.

    O primeiro deles, pensado para nenos e nenas de 4 a 8 anos, terá lugar este venres 17 de setembro ás 18:00 horas e será ‘Daniela Pirata e as mozas pirata’ a través de ‘Donde Viven los cuentos’. Trátase dun contacontos interactivo de Susana Iser. A nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo de piratas mulleres que conseguirán cumprir as misión de Daniela con máis rapidez e eficacia. Daniela tratará de competir con elas para darse conta ó final de que xuntas son mellores. Na actividade os nenos acompañarán a Daniela na súa viaxe e experimentarán todas as dificultades que deberá superar. Para iso, xogarán, bailarán e se emocionarán nunha nova aventura pirata con valores moi actuais.

    O segundo, tamén a cargo de ‘Donde viven los cuentos’ e ás 18:00 horas, será o vindeiro venres 24 de setembro e titúlase ‘Unha viaxe para cantar e contar’, dirixido á primeira infancia (de 0 a 5 anos). Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que vivirán aventuras trepidantes ao mesmo tempo que aprenderán conceptos como as cores, os números, as formas, as partes do corpo… Esta sesión constará de catro contos adaptados o galego: Polo camiño, Animales a mano, Mi cara, e La araña hacendosa.

    O martes 28 de setembro ás 18 horas será a quenda de Raquel Queizás con ‘Dámoslle a volta a un conto. Contos pola igualdade’, dirixido a crianzas a partir de 3 anos. Trátase dun espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques. Miña avoa, con 14 anos xa gañaba para manter á familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noite montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas… de Portugal. O estraperlo. Outra muller valente e revolucionaria como tantas. Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade.

    O programa o finaliza tamén Raquel Queizás o venres 8 de outubro ás 18:00 horas con ‘Travesías’, dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos. Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS