11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarXuventude de Gondomar pon en marcha unha campaña de promoción da lectura

    Xuventude de Gondomar pon en marcha unha campaña de promoción da lectura

    “Abrindo portas” é o título desta nova iniciativa na que se busca fomentar o pracer da lectura entre os máis novos achegándolles mensualmente propostas literarias que poidan suscitar o seu interese

    Abrir a porta ás novas xeracións aos diferentes mundos que se ocultan entre as páxinas dos libros e motivar o seu gusto pola lectura é o obxectivo de “Abrindo portas. A lectura ten o poder de transformar”, que o departamento de xuventude pondrá en marcha este próximo venres e que se desenvolverá mensualmente.

    Descubrir as distintas opcións que ofrece a lectura así como a súa capacidade de espertar o espírito creativo, crítico ou empático está tras este programa que consistirá en ofrecer cada mes obras de diferentes temáticas que poidan suscitar o interese da mocidade atendendo as súas inquietudes, apostando neste mes de febreiro por obras relacionadas coa sexualidade e afectividade.

    Cada último venres de mes, a través da conta de Instagram @omixgondomar, presentaranse tres títulos diferentes dirixidos cada un deles a unha franxa de idade: de 12 a 16 anos; de 17 a 24 anos ; e, máis de 25 anos, cuxa selección virá recomendada pola librería Libraida, colaboradora co departamento neste proxecto.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.