Tag: é noticia
Continúan subindo o número de visitas ao Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra segue a asinar boas cifras constatando un crecemento sostido no tempo e mellorando con moito os datos prepandemia. No pasado mes de maio o número de visitantes subiu un 50 % con respecto ao mesmo mes do 2022, pasando de 10.260 visitas a recibir 15.361 neste exercicio.
A Xunta fomenta incentivos para que se escollan os postos de difícil cobertura no rural
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou no acto de entrega da II Beca de Medicina Rural da Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, os investimentos en materia de equipamento diagnóstico e fomento de incentivos para os profesionais que exercen a medicina en postos de difícil cobertura, que está a realizar o Goberno galego.
Novos obradoiros de SmartPeme esta semana
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e autónomos, oferta esta semana cinco novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial.
Mañá abren os prazos para participar nas primeiras actividades deportivas da Deputación
A Deputación de Pontevedra abre este luns, 5 de xuño, o prazo para participar nas primeiras actividades deportivas dos programas que conforman “Depo Actívate”: “Depo Andainas”, “DepoRutas BTT”, “Depo Orienta” e “Depo Auga”.
Areeiro alerta dun crecemento exponencial do mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA) da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que alerta dun elevado crecemento de concentración de esporas de mildio que, no equipo instalado na viña da EFA, teñen subido dos 20 esporanxios por día aos 5.000 rexistrados estes días.
Comezan os Bosques Terapéuticos de xuño
O mes de xuño comeza con dúas novas rutas do programa da Deputación de Pontevedra “Bosques Terapéuticos”, nas que as persoas participantes poderán desfrutar de actividades baseadas na terapia de shinrin yoku ou “baño de bosque”, unha técnica orixinaria de Xapón que consiste en internarse na natureza para relaxar a mente e reducir o nivel de tensión.
Última fin de semana das actividades “Vive o Rio Minho”
As actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ van rematar esta fin de semana cun éxito absoluto de participación, xa que se cubriron todas as prazas ofertadas para cada fin de semana dende finais do mes de abril sempre en apenas minutos.
Arrancan de novo os Roteiros Literarios
Esta fin de semana regresan os Roteiros Literarios organizados pola Deputación e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia da man de autoras e autores galegos, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas que se ambientan en diversos espazos da súa xeografía.
Comezan as visitas guiadas ás ruínas de San Domingos
O Museo de Pontevedra pon en marcha este xoves as visitas guiadas ás ruínas de San Domingos. Desde o 1 de xuño ata o 15 de outubro, terán lugar todos os xoves ás 12:00 horas, a cargo do equipo de Educación do Museo.
A Deputación anima a coñecer o bosque do Castelo de Soutomaior este sábado
A Deputación organiza este sábado, 3 de xuño, unha das 30 actividades que a institución ten previsto realizar este ano no Castelo de Soutomaior: ‘O bosque segundo a estación’, un obradoiro e roteiro familiar para coñecer as súas cores, formas, texturas e as especies que habitan nel, así como...
Esta semana SmartPeme trae catro novos obradoiros
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas da provincia, oferta nesta próxima semana catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial.
O xurado delibera sobre a oferta gañadora para rehabilitar Santa Clara
“Aquí está o futuro de Santa Clara”. Así o dixo o vicepresidente César Mosquera ao amosar a documentación dos cinco anteproxectos aspirantes para rehabilitar o convento das clarisas e convertelo en parte do Museo de Pontevedra.
Adxudicados os traballos de conservación do firme das estradas provinciais
A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar os contratos para as obras de conservación de firmes que se desenvolverán en 79 estradas da rede provincial ao seu paso por 45 concellos, e nas que se investirá un orzamento de 4,4 millóns (4.430.381€).
A Deputación traerá uns meses cargados de actividades deportivas
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa do lanzamento da programación dunha nova edición do programa “Depo Actívate”, co que a institución provincial agrupa cada ano todas as súas actividades encamiñadas a fomentar o deporte e o turismo deportivo e a difundir o patrimonio natural e cultural da provincia de Pontevedra.
A Deputación continúa apostando polo turismo deportivo sostible
A próxima convocatoria do Plan de Recuperación do Goberno de España para o fomento do turismo deportivo sostible contará cun orzamento total de máis de 36 millóns de euros dos fondos europeos Next GenerationEU, unha convocatoria que servirá, entre outras actuacións, para a mellora das instalacións deportivas municipais.
Esgotadas todas as prazas da ruta “Voando nas Rías Baixas” na Lanzada
En 24 horas esgotáronse as prazas para a quinta das rutas ornitolóxicas previstas na sexta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO Birdlife, e que se desenvolverá o vindeiro 4 de xuño na praia da Lanzada, nos concellos de Sanxenxo e O Grove.
Areeiro advirte dos primeiros síntomas de aparición de oídio nas viñas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario que advirte da aparición dos primeiros síntomas de oídionas viñas e recomenda incluír o patóxeno nos plans de tratamento.
Aberta a inscrición na ruta da Lanzada de “Voando nas Rías Baixas”
A Deputación de Pontevedra abre desde este luns o prazo de inscrición para a terceira das rutas ornitolóxicas da sexta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife.
Sanidade presenta o programa PROTEGO para a prevención de condutas adictivas
A Consellería de Sanidade, por medio da súa Dirección Xeral de Saúde Pública, convidou aos equipos de prevención de condutas adictivas, xestionados por concellos e asociacións sen ánimo de lucro, así como a profesionais e asociacións implicados na atención e protección de menores, para darlle difusión ao Programa PROTEGO, e que o poidan utilizar para mellorar as habilidades educativas das familias así como as relacións entre pais e fillos.
Aberto o prazo para os oito “Bosques Terapéuticos” de xuño
A Deputación abriu esta mañá o prazo para participar nos oito “baños de bosque” que organizará no mes de xuño. As persoas interesadas en gozar dos beneficios dos “Bosques Terapéuticos” e desfrutar dos espazos naturais da provincia poden xa formalizar a súa solicitude na páxina web da Deputación www.depo.gal.
SmartPeme lanza cinco novos obradoiros para a transformación dixital de pemes e autónomos
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana cinco novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros e encamiñadas á transformación dixital das pemes e persoas autónomas da provincia.
A Xunta destaca o traballo de Avempo coas persoas con esclerose múltiple
O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, destacou o traballo que realiza a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (Avempo). Así o sinalou tras reunirse con responsables desta entidade para coñecer os programas e propostas que teñen en marcha.
Gran homenaxe da Xunta a Del Riego no Día das Letras Galegas
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades celebra a implicación que a sociedade galega está a demostrar durante todo o mes de maio no gran día das súas Letras, cuxo acto central terá lugar mañá en Vilanova de Lourenzá, vila natal de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado neste 2023.
Concerto de Davide Salvado no convento de Santa Clara
Davide Salvado presenta este xoves 18 de maio ás 21:00 h na igrexa do convento de Santa Clara o seu novo proxecto ‘Permita Deus’, concibido coma “un acto de fe no patrimonio’, no marco das actividades programadas polo Museo de Pontevedra no ‘Día dos Museos’.
SmartPeme propón esta semana dous novos obradoiros
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros que se celebrarán de xeito telemático. Centraranse no posicionamento SEO e no deseño de páxinas webs a través de Elementor.
Areeiro prevé un aumento do mildio polas esporas no ambiente
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que alerta da posibilidade de que a presenza do mildio nas viñas aumente nos vindeiros días, despois de constatar un aumento do volume de esporas recollidas, que pasou dos 20 esporanxios/m3 de aire a máis de 100/m3 ou incluso a 200.
Volver os roteiros literarios da Deputación
Volven os Roteiros Literarios organizados pola Deputación e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para dar a coñecer as cidades e vilas da provincia da man de autoras e autores galegos, que exercen de guías tomando como base obras literarias propias ou alleas que se ambientan en diversos espazos da súa xeografía.
SmartPeme organiza unha xornada para promover a responsabilidade social das empresas
A sede de Vigo da Deputación vén de acoller unha xornada con motivo da terceira edición do programa de Desenvolvemento de Solucións Innovadoras promovido no marco de SmartPeme.
“Bosques Terapéuticos” este domingo na contorna da Carballeira de San Xusto
A contorna da Carballeira de San Xusto, lugar de encontro e referente de lendas e contos no concello de Cerdedo-Cotobade, será este domingo 14 de maio escenario da nova ruta do programa da Deputación de Pontevedra “Bosques Terapéuticos”.
En 2027 rematará a rehabilitación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra
As rehabilitacións dos edificios centrais e do convento de Santa Clara estarán listas en 2027, xusto a tempo para a celebración do centenario do Museo de Pontevedra. Así o confirmou o vicepresidente César Mosquera, quen deu conta dos avances das reformas de ambas construcións, que ao seu entender suporán unha “revolución absoluta” e un “cambio radical” na institución.
Aberto o prazo de inscrición da cuarta ruta de “Voando nas Rías Baixas”
A Deputación de Pontevedra abre este luns 8 de maio, o prazo de inscrición para a cuarta das rutas ornitolóxicas programadas dentro da sexta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución en colaboración con SEO Bridlife.
SmartPeme trae esta semana catro novas accións formativas
As accións tratarán temas como o malware, impresoras de filamento, as novas obrigacións para o rexistro de persoas viaxeiras ou debuxo en 3D con Onshape II – PartStudio II.
Gran celebración da Deputación polo Día das Letras Galegas
A Deputación de Pontevedra vai celebrar as Letras Galegas deste ano dedicadas a Francisco Fernández del Riego con charlas, espectáculos de teatro e cociña, contadas, publicacións, obradoiros e exposicións que se desenvolverán durante todo o que queda de 2023.
O CAAN da Deputación supera as 200 adopcións no primeiro cuadrimestre de 2023
O primeiro cuadrimestre deste 2023 está volvendo amosar unha enorme concienciación cidadá na adopción de animais e, deste xeito o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra logrou dar saída a un total de 227 cans e cadelas .
Areeiro advirte da necesidade de continuar en alerta polo mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que mantén as súas recomendacións para a vixilancia das viñas ante as condicións climatolóxicas previstas a curto prazo, cun tempo inestable e temperaturas nocturnas elevadas, pola potencial aparición de novos síntomas de mildio.
Hoxe comeza o ciclo de conferencias Aida Fernández Ríos
Cunha dobre sesión sobre “Avances en novas terapias" arranca hoxe xoves 4 de maio a cuarta edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos, que organizan a Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias para achegar á cidadanía as ciencias e as aplicacións do coñecemento científico á sociedade, como coadxuvante do desenvolvemento socioeconómico.
Adxudicadas as prazas dos campamentos de verán “Depo Aventura 2023”
A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar as 1.540 prazas dos campamentos de Depo Aventura 2023 que se desenvolverán nas instalacións da Lanzada entre o vindeiro 25 de xuño e o 9 de setembro e para os que houbo unha espectacular acollida.
SmartPeme ofrece esta semana catro obradoiros
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta primeira semana de maio catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros.
Areeiro recomenda renovar o tratamento nas viñas contra o mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda realizar unha nova intervención nas viñas contra o mildio. Tamén advirte da aparición dos primeiros síntomas de black rot, así como de enfermidades de madeira.
A Deputación lanza un novo libro, ‘O pasado por vir II. Un tempo posible’
A Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Memoria Histórica, vén de publicar ‘O Pasado Por Vir II. Un Tempo Posible’, un novo libro que recolle proxectos de progreso desenvolvidos en Galicia de principios do século XX, pero truncados polo golpe do 1936.